Claudia Cid Nieto Lara S. Santos 4º ESO B Traballo xeoloxía “A historia da Terra” ÍNDICE: --BLOQUE 1— 1. DATOS PARA COÑECER O PASADO. Fósiles………………………………………………………………………… 2 Tipos de fósiles……………………………………………………………….. 2 Formación dun fósil…………………………………………………………... 2 Rexistro fósil………………………………………………………………….. 2 2. OS ESTRATOS E AS ROCHAS SEDIMENTARIAS. Concepto de estrato............................................................................................. 2 Formación........................................................................................................... 3 - A datación por isótopos radioactivos............................................................................ 3 - Idade absoluta e idade relativa...................................................................................... 3 -- BLOQUE 2— 1. COMEZOS DO NOSO PLANETA. O eón hádico.................................................................................................. 3 Precámbrico Arcaico............................................................................................... 3 Proterozoico....................................................................................... 4 Ediacárico.......................................................................................... 5 Fanerozoico o Paleozoico.......................................................................................... 5 Cámbrico................................................................................ 6 Ordovícico.............................................................................6-7 Silúrico................................................................................... 7 Devónico................................................................................ 8 Carbonífero………………………………………………... 8-9 Pérmico……………………………………………………. 9-10 o Mesozoico………………………………………………………….. 10 Triásico…………………………………………………….. 10-11 Xurásico……………………………………………...11-12-13-14 Cretácico………………………………………….14-15-16-17-18 o Cenozoico…………………………………………………………. 18 Terciario…………………………………………………… 18 Cuaternario…………………………………………………18-19 - Bibliografía………………………………………………………………………... 19 2 Traballo xeoloxía “A historia da Terra” 1. DATOS PARA COÑECER O PASADO 1.1 FÓSILES Un fósil é calquera resto dun ser vivo que habitou no pasado, ou calquera proba da súa actividade, que chegou aos nosos días grazas á súa mineralización ou á conservación nas rochas. 1.2 TIPOS DE FÓSILES Podemos observar tres tipos de fósiles: - Restos de partes duras: Os esqueletos externos ou internos. Por exemplo: as conchas de moluscos, ósos de vertebrados. - Moldes corporais: Restos do corpo dun ser vivo mineralizado. Moldes internos: Petrificación do barro. Molde externos: Desaparición de materia orgánica. - Pegadas de actividade: Probas da actividade biolóxica dun ser. Por exemplo: Excrementos (coprolitos) de dinosaurios, as pistas de reptación, pegadas de pisadas… 1.3 FORMACIÓN DUN FÓSIL 1. Un animal morre e os seu cadáver queda nunca zona de acumulación de sedimentos. 2. Os sedimentos cobren os restos e quedan fóra dos outros animais e da descomposición. 3. Os sedimentos convérsense en rocha e os restos do animal mineralizaranse polo que se conservan os ósos ou o molde do corpo. 4. A erosión fai, que despois de millóns de anos, os restos fósiles se descobran. 1.4 REXISTRO FÓSIL Son o conxunto de fósiles coñecidos. 2.1 OS ESTRATOS E AS ROCHAS SEDIMENTARIAS 2.1. CONCEPTO DE ESTRATO É cada unha das capas nas que se dispoñen as zonas sedimentarias. Estratificación cruzada en areniscas, no Cañón do Antílope, Arizona, Estados Unidos. 3 Traballo xeoloxía “A historia da Terra” 2.2. FORMACIÓN Prodúcese pola acumulación, compactación e cementación dos materiais rochosos. As zonas nas que se produce chámanse concas sedimentarias. - A DATACIÓN POR ISÓTOPOS RADIOACTIVOS Concepto: Son átomos cunha desintegración lenta e se converten noutros átomos liberando enerxía en forma de radiación. - IDADE ABSOLUTA E IDADE RELATIVA Idade aboluta: Valor numérico máis ou menos exacto. Por exemplo: Se unha rocha ten 3000 anos, estamos falando de seu valor numérico, e polo tanto da súa idade absoluta. Idade relativa: Establécese por comparación con outras rochas. Por exemplo: Ordenar por idade os estratos dunha rexión. 2. COMEZOS DO NOSO PLANETA 2.1. O EÓN HÁDICO Comezou coa formación do noso planeta e rematou hai 3800 millóns de anos, idade da rocha máis antiga coñecida. 2.2.PRECÁMBRICO O Precámbrico é a etapa mais longa da Historia da Terra, engloba os eóns Arcaico, Proterozoico e Ediacárico. Comeza cando ésta se formou, hai 4.600 millóns de anos, e acaba hai 570 millóns de anos deixando paso ao período Cámbrico. A pesar de ser unha etapa tan longa e na que deberon ocorrer moitos sucesos, os xeólogos case non teñen datos sobre ela xa que as rochas formadas durante o precámbrico foron erosionadas, enterradas ou metamorfizadas. - Arcaico: O eón arcaico, en Xeoloxía, é o eón que comprende desde ai 4000 a 2500 millóns de anos. En el dedúcese unha evolución da codia terrestre, polo cal tivo que haber unha tectónica de placas (movemento de placas) e unha estrutura interna terrestre similar á que coñecemos hoxe en día, aínda que a diferenciaba o maior calor. Pódese observar a atmosfera composta por metano, amoníaco e outro gases tóxicos. Os primeiros fósiles eran bacterias que habitaban no mar. 4 Traballo xeoloxía “A historia da Terra” Calcúlase que había máis actividade tectónica debido á maior velocidade en que se produce a litosfera, polo cal tamén cabería esperar que houbese maior actividade nas dorsais e un maior número delas, así como maior actividade nas zonas de subducción e maior número de placas e máis pequenas evidentemente. O comezo do Arcaico sitúase nos 4000 millóns de anos, cadrando coa aparición das primeiras rochas de orixe terrestre (Gneises granulíticos da Formación Acasta, Canadá, con 4030 millóns de anos). Aínda que se atoparon fragmentos de rocha máis antigos (circóns detríticos da Formación Jacks Hills, Australia, datados en 4404 MA) non se coñece de que rochas proceden nin a dinámica terrestre daquela época. Tamén se atoparon fragmentos de meteoritos de idades até 4570 MA, idade á que se supón se formou o Sistema Solar, pero que non aportan información sobre a xeoloxía anterior ao Arcaico. Localizamos nesta etapa a orogenia kenósica, na que moitas placas colisionan entre si, dando lugar a un menor número de placas e máis grandes. O fin desta orogenia Kenósica marca o fin do Arcaico. - Proteozoico: Eón xeolóxico perteneciente ao Precámbrico que abrangue dende hai 2500 millóns de anos até hai 545 millóns de anos. Caracterízase pola presenza de grandes cratóns que darán lugar ás plataformas continentais. As cordilleiras xeradas neste eón sufriron os mesmos procesos aos farenozoicos. A Terra sufriu as primeiras glaciacións e rexistrou unha gran cantidadede estromatolitos. Sen dúbida supuxeron un importante cambio na Terra. A intensidade do metamorfismo disminuíu neste momento xeolóxico. O Proterozoico pódese dividir en tres eras: Paleoproterozoico (2500-1600 millóns de anos). Mesoproterozoico (1600-1000 millóns de anos). Neoproterozoico (1000-545 millóns de anos). O rexisto xeolóxico do Proterozoico é moito mellor que o da época anterior, o Arcaico. Ao contrario que os depósitos de auga profunda do Arcaico, o Proterozoico posúe moitos estratos que foron depositados en extensos mares epicontinentais superficiais. Ademais, moitas destas rochas están menos metamorfizadas que as do Arcaico e un alto número permanecen inalteradas. Os estudos destas rochas mostran que durante este eón se produciu acreción continental rápida e masiva (única do Proterozoico), ciclos de supercontinentes e a moderna actividade oroxénica. Un dos eventos máis importantes do Proterozoico foi o aumento da concentración de osíxeno na atmosfera da Terra. A vida unicelular e pluricelular aparece cadrando Estromatolitos dos Andes co aumento de osíxeno; isto pode ser debido a un Orientais Cochabamba aumento nos nitratos oxidados que usan os eucariotas, ao (Bolivia). contrario das cianobacterias. O florecemento dos eucariotas non evitou a expansión das cianobacterias; de feito, os estromatolitos alcanzaron a súa maior abundancia e diversidade durante o Proterozoico, e tocaron teito hai 1200 millóns de anos . 5 Traballo xeoloxía “A historia da Terra” - Ediacárico: Os científicos modificaron, por primeira vez en 120 anos, o calendario xeolóxico do noso planeta para incluir un período que cobre uns 50 millóns de anos, hai 600 millóns. Ao final do Proterozoico, produciuse a orixe e diversificación de numerosos grupos de invertebrados. Por aquel entón os animais xa era moi abundantes nos mares. Invertebrados no fondo mariño. 2.3. FANEROZOICO ---PALEOZOICO--Comezou hai 543 millóns de anos e rematou hai 248 millóns de anos. Nesta era abundaban os invertebrados, apareceron os vertebrados e as plantas e a vida conquistou o medio terrestre. Podemos incluír este período entre a era primaria e a era secundaria. Paleogeografía: A principios do Paleozoico, os continentes estaban separados, pero cara finais desta etapa uníronse e formaron un grande super-continente chamado Panxea. Clima: A evidencia xeolóxica mostra que houbo unha pequena glaciación hai 430 millóns de anos. Crese que só durou un ou dous millóns de anos, facendo que as placas de xeo, similares ao tamaño da Antártida de hoxe, cubrise a área que hoxe coñecemos como África do Norte. Nese momento, esta parte do continente africano atopábase no polo sur.Os modelos de clima usáronse para axudar a comprender o clima pasado e o clima rexional do super-continente Panxea. Os modelos suxiren que houbo monzóns que afectaron a costa sub-tropical do este, a cual tiña estacións de chuvia e seca ben diferenciadas. Esta hipótese está sustentada pola evidencia que ficou preservada nas rochas que se formaron nesa época. É probable que o interior de Panxea fose seco, ao igual que o interior dos continentes típicos de hoxe. A vida no Paleozoico: Durante esta etapa produciuse a aparición e a expansión de numerosos grupos de animais invertebrados e a orixe dos vertebrados e das plantas. A vida, inicialmente acuática, estendeuse a terra firme. Dividimos este período en seis etapas: Cámbrico, Ordovícico, Silúrico, Devónico, Carbonífero e Pérmico. 6 Traballo xeoloxía “A historia da Terra” - Cámbrico: O Cámbrico constituiu unha das grandes divisións da xeoloxía histórica. Considérase que o Cámbrico abranguía dende hai 570 millóns de anos até 500 millóns de anos. Este período recibe a súa denominación do nome Cambria que á sua vez é a forma latinizada de Cymru, termo co que os galeses se refiren ao seu país, Gais. Foi precisamente en Gais onde se identificaron os primeiros restos xeolóxicos do Cámbrico. Neste período produciuse un estoupido de vida e por primeira vez no rexistro fósil se distinguen organismos pluricelulares máis complexos que as esponxas ou as medusas. Entre as criaturas do período cóntanse, por exemplo, as algas verdes de tipo Un exemplar de trilobites Volvox, de apenas uns milímetros de diámetro, ou coa rocha que o contén. tamén os trilobites, un famoso grupo de artrópodos que sobreviviu a dúas extincións. Durante o Cámbrico cincuenta grandes grupos de organismos (gumes) xorden de repente, en moitos casos sen que existan precursores evidentes (Gould, 1989). Este súbito xurdimento de vida recibe o nome de estoupido cámbrico. Tres grandes eventos marcaron o límite Neoproterozoico-Cámbrico: Posíbel extinción da Fauna de Ediacara. Incremento na bioturbación dos sedimentos. Biomineralización xeneralizada entre os invertebrados. CARACTERÍSTICAS AMBIENTAIS: Ocorren 3 extincións, a última marca o límite Cámbrico-Ordovícico. Son debidas ao enfriamento, xa que sobreviven trilobites de auga fría. O nivel do mar é en xeral moi baixo e progresivamente alto sen continente polar. EXTINCIÓNS DO CÁMBRICO: Límite Cámbrico Inferior-Medio: Produciuse unha extinción en masa que acabou cos Arqueociatos, e afectou aos poboacións de trilobites e acritarcos. Crese que foi debido á regresión, un enfriamento global e ao vulcanismo. Final do Cámbrico: Os trilobites voltaron a sofrer un duro golpe, ao parecer debido a un enfriamento xeral que se reflecte por unha menor abundancia dos depósitos de calizas. - Ordovícico: O Ordovícico foi o segundo período xeolóxico da era Paleozoica que se estendeu dende hai 505 millóns de anos até hai 440 millóns de anos. Sucesor do Cámbrico e anterior ao Silúrico. Neste período, un día tiña 21 horas e non había animais en terra firme pola escaseza de osíxeno na atmosfera.Tamén predominaron os trilobites. FAUNA: 7 Traballo xeoloxía “A historia da Terra” No Ordovícico abundaron os trilobites, graptolites, braquiópodos, bivalvos, etc. Pero entre eles apareceron novos grupos tales como o escorpión mariño, o ortocono, os bryozoos e alguns máis. Todos foron mariños nesa época xa que había moita falta de osíxeno na atmosfera, pero se cree que os escorpións mariños, trilobites e gasterópodos abandonaban as augas para chegar ás beiras, sen por iso pasar a ser considerados animais terrestres, dada a súa necesidade de tornar constantemente ao medio acuático para encher as súas branquias. CLIMA: Estímase que o clima nese tempo foi cálido e tropical. De feito en varios lugares había temperaturas moi altas de entre 40ºC, 50ºC e poucas veces até 60ºC. Así foi o clima até fins do Ordovícico cando ocorreu unha glaciación en case todos os continentes, principalmente en Gondwana, e se extinguiron moitas das novas especies deste período. Isto foi a causa da extinción masiva do Ordovícico-Silúrico. - Silúrico: O Silúrico foi un período xeolóxico da era Paleozoica que se estendeu dende hai 440 millóns de anos até hai 410 millóns de anos. É o tempo xeolóxico que precede ao Devónico. Caracterízase porque o nivel dos océanos era elevado, co que existe un amplo registro de sedimentos mariños en todos os continentes. Amplos mares epicontinentais estendíanse na zona tropical. Aparecen predadores máis avanzados (primeiros peixes pertencentes á Mandibulata). Ocorreron importantes acontecementos oroxénicos (como a unión Báltica-Avalonia con Laurentia): Orogenia Caledónica no Noroeste de Europa. Orogenia Acadiense dos Apalaches, en América do Norte. Emersión de amplas áreas terrestres. Cooksonia, unha planta vascular primitiva do período Silúrico. As plantas encontrábanse restrinxidas a ambientes palustres. Sir Roderick Murchinson foi o primeiro en identificar o sistema Silúrico ao examinar estratos de rocha sedimentaria que tiñan fósiles ao sur de Gais ao principio da década de 1830. CARACTERÍSTICAS AMBIENTAIS: O clima cálido e húmido proporcionou un ambiente moi beneficioso para a vida mariña de todos os tipos. Nos medios mariños, os trilobites, aínda que non se extinguiron, non se recuperaron da extinción ordovícica, pero si se recuperaron e expandiron os seguintes grupos: Braquiópodos, gasterópodos, bivalvos, briozoos, crinoideos, fitoplancton (acritarcos), zooplancton. EXTINCIÓN: Ao final do Silúrico tivo lugar un proceso menor de extinción coñecido como o evento “Lau”. 8 Traballo xeoloxía “A historia da Terra” -Devónico: Período xeolóxico que se estendeu dende hai 416 millóns de anos até hai 359 millóns de anos. É o cuarto período da Era Paleozoica, despois do Silúrico e antes do Carbonífero. O seu nome procede de Devon, un condado ubicado na península de Cornualles (Cornwall), no suroeste de Inglaterra, onde as rochas devónicas son comúns. Neste período producíronse importantes inovacións na biota terrestre, destacando a primeira expansión xeneralizada sobre os continentes da vida, que até entón só tiña unha presenza importante nos mares. A expansión das plantas terrestres contribuiu, xunto á continentalización e a elevación oroxénica, a un progresivo enfriamento do clima, que produciu a crise de extinción que marca o final do período. Eldredgia venustus. Pertenece ao Devónico e procede de Sica Sica (Bolivia). A grande diversificación de manibulados, amonoideos e euriptéridos tivo un efeito profundo sobre moitos animais acuáticos relativamente inermes. Contribuiron ao declive no Paleozoico medio da diversidade en trilobites (80 familias ordovícicas por 23 familias silúricas; no Devónico mesmo foi a peor). Os seus esqueletos externos calcificados ofereciían pouca resistencia ás mandíbulas dos peixes e seguramente os trilobites non tiñan mecanismos para a locomoción rápida. A iso sumábase a presión exercida por nautiloideos e ammonoideos que continuaron evoluicionando con éxito. Os pequenos e inermes ostracordemos, que se extingen ao final do Devónico, tamén serían unha presa fácil xa que carecía mesmo da capacidade de excavar o sedimento que tiñan polo menos algunhas especies de trilobites. EXTINCIÓN: O final do período ven marcado por unha crise de extinción masiva que afectou máis aos mares que aos continentes durante o tránsito Frasniense-Fameniense, e mais ás latitudes tropicais que ás medias. Foi hai uns 364 millóns de anos, e a maioría dos peixes agnatos desapareceron de repente. Os corais (constituídos por Tabulados, corais rugosos e estromatopóridos), que dominaran o período extinguíronse, e até o Triásico non voltaron os arrecifes coralinos a ser importantes. Moitos taxóns mariños sufriron unha forte redución da súa diversidade, desaparecendo grupos planctónicos como os graptolites e os tentaculites. Tamén desapareceron acritarcos, ostrácodos, ammonoideos, e peixes. Ademais, extinguíronse o 85% de xéneros de braquiópodos e ammonoideos, ademais de moitos tipos de gasterópodos e trilobites. Nos medios terrestres, as plantas vasculares non semellan afectadas por esta crise. As comunidades polares da Provincia de Malvinokaffric non experimentaron perdas. Aínda que se sospeita do enfriamento global como causa principal (debido a que aparecen de novos depósitos glaciais en Gondwana), non se excluiu a influencia dun impacto extraterrestre, para o que se propuxeron varios posibles lugares de colisión. Sen embargo, a existencia na actualidade na zona intertropical de plantas moi antigas (como é o caso dos fentos arborescentes xa sinalados) fai tamén pensar que a estabilidade climática a través do tempo xeolóxico é maior do que moitos pensan. - Carbonífero: Esténdese dende os 360 aos 300 millóns de anos antes da actualidade. É posterior ao Devónico e anterior ao Pérmico. 9 Traballo xeoloxía “A historia da Terra” O período Carbonífero debe o seu nome ao carbón. Cando as árbores mortas e outros vexetais caían nos pantanos, quedaban cubridos de lodo. Co tempo, os restos vexetais secáronse e formaron o que chamamos turba. Enterrada baixo capas de terra e rocha a grande profundidade, a turba quedou comprimida e quentouse até que, finalmente, se converteu en carbón. Por iso, a miúdo hai que extraer o carbón a miles de metros de profundidade. Tamén por esa razón, os mineiros atopan ás veces fósiles de troncos de árbores e plantas. Mentres, van extinguíndose os peixes primitivos, expándense os cartilaxinosos e óseos. Os anfibios invaden a terra firme e comezan o seu desenvolvemento os réptiles, que durante o Xurásico terán o seu clímax. No Carbonífero abundan os insectos, algúns moi grandes, como as libélulas. Tamén serán abundantes árboles de ata 40 m, como o Lepidodendron. Isto explícase pola alta concentración de osíxeno na atmosfera. Esta etapa é moi activa dende o punto de vista tectónico. Climáticamente rematou cunha glaciación, durante a cual os glaciares extándense por todo o centro e sur da panxea. CARACTERÍSTICAS AMBIENTAIS: A vida mariña é similar ao Devónico a excepción da ausencia de varios grupos de organismos oceaánicos que morreron na extinción en masa devónica. Os insectos evolucionan ao aspecto que teñen na actualidade. Aparecen novos tipos de fentos que colonizaron os pantanos. Ocorre unha gran expansión de anfibios que dominaron os hábitats terrestres e foron desplazados consecutivamente polos réptiles adaptados totalmente ao medio terrestre. EXTINCIÓNS: No Carbonífero ocurriu un suceso de extinción que probablemente foi debido ao cambio climático. -Pérmico: Extendeuse dende arredor de 280 a 251 millóns de anos atrás. Como a maioría dos períodos xeolóxicos, os estratos que definen o principio e o final do Período están ben identificados, pero a data exacta de inicio é incerta por uns poucos millóns de anos. Houbo importantes cambios climáticos cunha tendencia xeral de climas tropicais a condicións máis secas e áridas. Produciuse unha contracción dos pantanos. Extinguíronse grandes cantidades de fentos e anfibios, que requerían condicións húmidas. Os glaciares do Carbonífero sobre a rexión polar do sur de Gondwana retrocederon durante o Pérmico. O fin do período está marcado por unha grande extinción que está datada con maior exactitude. O Pérmico debe o seu nome a exposicións extensas na rexión arredor da cidade de Perm en Rusia. CARACTERÍSTICAS AMBIENTAIS: A vida mariña foi similar ao Devónico e Carbonífero a exepción de varios grupos de organismos oceánicos que morreron na extinción en masa devónica. Produciuse a evolución de insectos. Antes de rematar o Pérmico, o reparto básico estaba xa establecido. As invencións e innovacións deberían xurdir del, ou ben non aparecer. Tratábase dun reparto extraordinariamente versátil, con potencial para cambiar física e morfolóxicamente máis alá de calquera límite alcanzado ata entón e con unha riqueza enorme de guións orixinais e novas papeles por interpretar como xamais antes houbera existido. 10 Traballo xeoloxía “A historia da Terra” EXTINCIÓNS: Ao final do Pérmico produciuse a extinción máis catastrófica que a vida sufriu xamais, xa sexa en términos de número total de especies perdidas ou dos seus traumáticos efectos sobre a seguinte evolución. Foi como mínimo dúas veces máis severa que calquera outra e posiblemente entre cinco e dez veces máis extensa. Estímase que tan só sobreviviu o 5% das especies, cando no peor dos demais episodios a cifra foi cercana ao 50%. Resultou ser tamén a máis difícil de estudar debido a problemas cronolóxicos na datación e a carencia dun conxunto apropiado de seccións con fósiles que inclúan o crucial intervalo de tempo. Esta gran extinción, que eliminou ao 90% das especies mariñas e ao 70% das terrestres debeuse á actividade fundamentalmente volcánica. Para o gran público a única extinción masica foi a dos dinosaurios no Cretácico. Sen embargo houbo moitas outras e de maior importancia como a que se explica antes. --- MESOZOICO--Foi un período da Terra que se iniciou hai 225 millóns de anos e finalizou hai uns 65 millóns de anos. Chámase mesozoico (palabra que tamén funciona como adxectivo, co prefixo "meso-", que significa "medio") porque se atopa entre dúas eras, a Era Primaria e a Era Terciaria. Durante estes 160 millóns de anos non se produciron grandes movementos oroxénicos. Nesta era desapareceron grandes grupos de animais como os trilobites, graptolites e peixes acorazados. Os invertebrados característicos deste período foron os Amonites, de caparazón con forma de caracol, e os belemnites, máis pequenos e co caparazón alongado e puntiagudo, entre outros equinodermos, braquiópodos e cefalópodos. Desenvolvéronse amplamente os vertebrados, sobre todo os réptiles, polo que a esta Era se lle chama tamén a Era dos réptiles ou Era dos dinosaurios. Tamén aparecen os mamíferos, as aves, e as angiospermas ou plantas con flores. O mesozoico divídese en tres períodos: Triásico. Xurásico. Cretácico. -Triásico: Extendeuse dende hai aproximadamente 251 a 208 millóns de anos atrás, sendo un dos tres períodos xeolóxicos de Era Mesozoica. Como ocorre coa maioría dos períodos xeolóxicos, as datas exactas de inicio e fin do período son inciertas por uns poucos millóns de anos. Os primeiros mamíferos, os cales evolucionaron dos réptiles mamiferoides, deron a súa aparición neste período, posiblemente polos cambios de clima que se fixeron e a deriva continental. Caracterízase fundamentalmente pola aparición dos primeiros dinosaurios, 11 Traballo xeoloxía “A historia da Terra” inicialmente representados por formas bípedas, carnívoras e de pequeno tamaño. Non obstante, a finais do período xa se diversificaran a gran escala e se converiran nos vertebrados dominantes en todo o planeta, levando á extinción a grupos anteriores como os arcosauros máis primitivos e os propios réptiles mamiferoides con escasas excepcións. CARACTERÍSTICAS AMBIENTAIS: As plantas terrestres non experimentaron unha extinción dramática ao final da Era Paleozoica. A transición dos tipos paleozoicos recentes e mesozoicos comezou antes do inIcio da Era Mesozoica. Así pois, as condicións eran moi similares ao Pérmico. As plantas que floreceron en Laurasia estaban adaptadas ao seu clima seco e cálido: cícadas e as palmeiras. Entre a vexetación arbórea había algunhas coníferas e ginkgos. Os fentos predominaban nas zonas húmidas, xunto con palmeiras e alguns predecesores dos piñeiros actuais. Gondwana, moito mais húmida, estaba poboada por bosques de fentos xigantescos e coníferas voluminosas. Existen probas de que os escaravellos estaban implicados na polinizazón de algunhas gimnospermas, pero polo demais había poucas destas plantas que tratasen de Coelophysis carnívoro bípedo de hasta 3 metros de lonxitude. atraer aos insectos, mesmo semella como se os conos das cícadas estivesen deseñados para repelelos. Mais da metade das especies coñecidas de insectos estaban equipadas para perforar, mordisquear e succionar os corpos das plantas. En canto á Fauna pódense distinguir tres categorías de organismos no rexisto triásico: supervivientes da extinción Pérmico-Triásico, novos grupos que floreceron brevemente, e novos grupos que continuaron adiante para dominar o mundo Mesozoico. EXTINCIÓNS: Ao final do Triásico produciuse a extinción dos conodontos e réptiles placodontos. Desapareceron o 20% de animais mariños, aínda que todos estes grupos se recuperan no Xurásico. As vítimas terrestres incluiron a maioría dos xéneros de réptiles mamiferoides e grandes anfíbios. Os beneficiarios primarios da extinción sobre a terra foron os dinosaurios, que se expandiron durante o Xurásico e dominaron os hábitats terrestres ao longo do resto da Era Mesozoica. Os únicos réptiles mariños que sobreviviron foron os ictiosaurios e os plesiosaurios. -Xurásico: Período xeolóxico que se estendeu dende arredor de 200 a 140 millóns de anos atrás. Ë posterior ao Triásico e anterior ao Cretácico. Caracterízase pola hexemonía dos grandes dinosaurios e pola escisión do supercontinente Panxea nos continentes Laurasia e Gondwana. Este ultimo convertiuse en Australia e Laurasia en Norteamérica e Eurasia, dando orixe a novas especies de mamíferos. 12 Traballo xeoloxía “A historia da Terra” CARACTERÍSTICAS AMBIENTAIS: A paisaxe xurásica é máis rica en vexetación que a do triásico, especialmente en latitudes altas. A calor e o clima húmido permitiu que as xunglas formasen parte de grande cantidade de paisaxes xurásicas. Os bosques comezanse a estender por toda a superficie terrestre e destacan familias como as coníferas acompañadas de diferentes tipos de fentos e palmeiras. A distribución diferencial da flora constituiu un fiel reflectido da separación das zonas ecuatorial e setentrional. O desenvolvemento de reinos diferenciados obedecía á existencia de barreiras mariñas entre o norte e o sur, e á presenza dun maior gradiente de temperaturas desde os polos até o ecuador. Os gradientes térmicos non eran tan pronunciados como o son actualmente, non existen probas de xeo polar durante o Xurásico, e a flora alexada do ecuador correspondía a plantas de zonas amornadas. As paisaxes Xurásicas estaban dominadas por Cycadophyta, e polos seus parentes as cicadeoideas, con xeito de ananases xigantes cubridas, na estación propicia, por chamativas «flores» que non eran auténticas flores. Os bosques de ginkgos, e especialmente de coníferas, daban á paisaxe certo toque de modernidade, pero as plantas con verdadeiras flores, as árbores de madeira dura e especialmente as herbas, aínda estaban ausentes. En canto á fauna podemos distinguir entre: FAUNA TERRESTRE: As primeiras rás fósiles aparecen nesta etapa. Os crocodilos encontrábanse xa plenamente estabelecidos. Grandes réptiles arcosaurios permanecían como dominadores do ecosistema terrestre. O rexistro fósil coñecido do Xurásico é demasiado pobre para permitirnos detalles sobre a diversificación dos dinosaurios, aínda que os restos fósiles de enormes dinosaurios que aparecen en rochas xurásicas indican que Condorraptor, un dinosaurio carnívoro do evolucionaron rapidamente. Neste Xurásico medio. Era duns 7 metros de longo período os saurópodos aumentaron e posuía unha gran dentadura. significativamentre o seu tamaño, como Diplodocus e Brachiosaurus. Os depredadores tamén medraron adaptándose a novas metodoloxías de caza. Algúns como o Alosaurio dominaron as terras do Xurásico. Ademais xurdiron outros grandes dinosaurios fitófagos como o anquilosaurio, que posuía unha enorme coraza para se defender dos depredadores, e o estegosaurio, con placas óseas no lombo e defensas espiñosas no rabo. FAUNA AÉREA: Neste período aparecen as primeiras aves de pequeno tamaño. Pero o que en realidade dominaba os ceos nestes tempos foron os grandes pterosaurios. Esta familia de réptiles, que por certo non eran dinosaurios, alimentábanse dos peixes nos grandes mares cos seus longos bicos que posuían dentes puntiagudos. Deron a un novo grupo, os pterodactiloideos, entre os que destaca Pterodactylus, que foi achado en África oriental, Inglaterra e Francia. O rabo de éstos era moi curto, a súa cabeza era maior e o seu pescozo máis longo que os pterosaurios triásicos. Un animal moi notable e característico deste período era o Arqueoptérix, o principal fósil dos xacementos de Solnhofen. A pesar de que posuía o bico, as garras e o corpo dun pterosaurio, posuía tamén 13 Traballo xeoloxía “A historia da Terra” rabo e plumas de aves como as actuais. Os fósiles foron achados entre 1860 e 1988. O seu esqueleto, do tamaño dunha pomba, seméllase ao dun dinosaurio terópodo, e presenta rasgos propios deste grupo: un longo rabo óseo, presencia de garras nos dedos e de dentes nas mandíbulas. FAUNA ACUÁTICA: Durante o Xurásico as máis evolucionadas formas de vida mariña eran os peixes e os réptiles. Os Ictiosaurios sobreviven ao cambio de período. Compartían os mares cos primeiros crocodilos acuáticos, os cales tiñan aletas en vez de patas, e cos teleósteos, predecesores da maioría dos peixes actuais. Os plesiosaurios son outro grupo destacado neste período que non pudo chegar ao seguinte, ao igual que os crocodilos con aletas. A FRAGMENTACIÓN DA PANXEA: O máis espectacular desenvolvemento xeográfico da Era Mesozoica foi a fragmentación de Panxea, un proceso de rifting que comezou na rexión do Tetis, seguindo a vella sutura hercínica. O Tetis avanzou formando un estreito e profundo brazo oceánico que separou Europa de África. O rifting propagouse cara o norte e finalmente cara o sur comezando a separar Sudamérica e África. Finalmente a Panxea deu lugar ao setentrional supercontinente de Laurasia e o meridional supercontinente de Gondwana; o Golfo de México abriuse no novo rift entre Norteamérica e o que agora é a Península de Yucatán de México. O rifting que formou o Atlántico tivo outra consecuencia importante, a extensión produciu fallas normais entre África e os continentes norteños e as zonas afectadas por tales fallas afundíronse, de forma que a auga que entraba desde o Tetis comezou a evaporarse . Ditas evaporacións localízanse agora a ambos lados do Atlántico: España, Marruecos, Terranova, etc. Durante o Xurásico medio e superior un brazo de rifting se desplazou entre Norteamérica e Sudamérica, dando orixe ao Golfo de México; outro deu lugar á apertura do Golfo de Vizcaia. O Océano Atlántico Norte era relativamente estreito, e o Oceano Atlántico Sur non se formou até o Cretácico, cando a propia Gondwana se fragmentou. EXTINCIÓNS: O máis espectacular desenvolvemento xeográfico da Era Mesozoica foi a fragmentación de Panxea, un proceso de rifting que comezou na rexión do Tetis, seguindo a vella sutura hercínica. O Tetis avanzou formando un estreito e profundo brazo oceánico que separou Europa de África. O rifting propagouse cara o norte e finalmente cara o sur comezando a separar Sudamérica e África. Finalmente a Panxea deu lugar ao setentrional supercontinente de Laurasia e o meridional supercontinente de Gondwana; o Golfo de México abriuse no novo rift entre Norteamérica e o que agora é a Península 14 Traballo xeoloxía “A historia da Terra” de Iucatán de México. O rifting que formou o Atlántico tivo outra consecuencia importante, a extensión produciu fallas normais entre África e os continentes norteños e as zonas afectadas por tales fallas afundíronse, de forma que a auga que entraba desde o Tetis comezou a evaporarse . Ditas evaporacións localízanse agora a ambos lados do Atlántico: España, Marruecos, Terranova, etc. Durante o Xurásico medio e superior un brazo de rifting se desplazou entre Norteamérica e Sudamérica, dando orixe ao Golfo de México; outro deu lugar á apertura do Golfo de Vizcaia. O Océano Atlántico Norte era relativamente estreito, e o Oceano Atlántico Sur non se formou até o Cretácico, cando a propia Gondwana se fragmentou. -Cretácico: O Cretácico, ou tamén Cretáceo, é un período que constitúe unha das maiores divisións na escala do tempo xeolóxico, durando aproximadamente 80 millóns de anos. A súa extensión abarca entre os 146 e 65 millóns de anos atrás, polo que excede en duración por si só a todo o Cenozoico, constituíndo case a metade da súa era, o Mesozoico. O seu nome provén do latín creta, que significa "xiz", e foi definido como un período separado polo xeólogo belga Jean d'Omalius d'Halloy en 1822, baseándose en estratos da Depresión de París, Francia. A vida en mares e terra aparecía como unha mezcla de formas modernas e arcaicas. Como ocorre coa maioría de eras xeolóxicas, o inicio do período é incerto por uns poucos millóns de anos. Con todo, a datación do final do período é relativamente precisa, pois ésta faise coincidir coa dunha capa xeolóxica con forte presenza de iridio, que se supón coincide coa caída dun meteorito no que agora corresponde coa península de Iucatán e o Golfo de México. Este impacto puido provocar a extinción masiva do final deste período, na que desapareceron, entre outros moitos grupos, os dinosaurios. Durante o Cretácico, o nivel dos mares estaba en continuo ascenso. Este crecemento levou ao nivel do mar ata cotas xamais alcanzadas anteriormente e áreas terrestres e zonas anteriormente desérticas convertéronse en chairas alagadas. Ao final do período, dúas quintas partes das áreas continentais do mundo xacían baixo augas pouco profundas. O supercontinente Panxea rompeu para dar lugar aos continentes actuais, aínda que con posicións substancialmente diferentes. A progresiva separación dos continentes foi acompañada pola formación de amplas plataformas e arrecifes. As temperaturas ascenderon ata alcanzar o seu máximo fai uns 100 millóns de anos; non había xeo nos polos. Os sedimentos mostran que as temperaturas na superficie do océano tropical deberon ser entre 9 e 12 ºC máis cálidas que na actualidade, mentres que nas profundidades oceánicas as temperaturas deberon ser de ata 15-20 ºC maiores. En realidade o planeta non debeu de ser moito máis cálido que no Triásico ou o Xurásico, pero o gradiente de temperatura entre os polos e o ecuador debeu de ser máis suave; isto produciu que as correntes de aire do planeta amainaran, contribuíndo a menos correntes oceánicas e xa que logo a océanos máis estancados que hoxe, evidenciados por extensas deposicións de lousa. Despois do Cretácico medio iniciaron un lento descenso que foi acelerándose progresivamente e nos últimos millóns de anos do período, a media das temperaturas anuais do oeste norteamericano caera desde os 20º C ata os 10º. O sistema de fallas do Xurásico separara Europa, África e o continente americano, aínda que estas masas permaneceron próximas entre si. A India e Madagascar estábanse afastando da costa oriental africana. Na India produciuse un episodio de vulcanismo masivo a finais de 15 Traballo xeoloxía “A historia da Terra” Cretácico e principios de Paleoceno e Australia, aínda xuntas, empezaron a perder contacto con Sudamérica e a derivar cara ao leste. Estes movementos crearon novas vías mariñas, entre elas os primitivos Atlántico setentrional e meridional, así como o mar Caribe e o Océano Índico. Mentres o Atlántico ampliábase, as oroxenias que empezaran durante o Xurásico continuaron na Cordilleira de Norteamérica, mentres que a Oroxenia Nevada foi seguida por outras oroxenias como a Oroxenia Laramide. Unha importante masa de auga estendíase desde as augas do Polo Norte ata a península de Iucatán e México. Outra vía mariña cruzou África a través da rexión do Sáhara central. O mar de Tetis, que anteriormente limitaba co sur de Europa, creceu ata cubrir as illas británicas, Europa central, o sur de Escandinavia e a Rusia europea. O efecto de todo iso foi a división da Terra en doce ou máis masas de terra illadas, o cal favoreceu o desenvolvemento de faunas e floras endémicas. Estas poboacións produto do seu illamento nos continentes insulares do Cretácico tardío, evolucionaron ata xerar gran parte da actual diversidade da vida terrestre actual. Nas rexións cretácicas de latitudes superiores aos 50º tanto meridionais como setentrionais orixináronse enormes xacementos de carbón. No intervalo comprendido entre fai 120 e 75 millóns o mar de Tetis sobordaba de microplancton que se converteu en petróleo (máis da metade das reservas petrolíferas mundiais coñecidas corresponden a xacementos orixinados en Tetis, como Golfo Pérsico, norte de África, Golfo de México e Venezuela). Tamén destacou a fragmentación e destrución de cunchas e rocas na evolución da bioerosión. CARACTERÍSTICAS AMBIENTAIS: Ao final do Cretácico, o plancton oceánico adquirira un carácter completamente moderno. As diatomeas orixinadas no Xurásico e ata moito antes, experimentan a súa gran expansión no Cretácico medio, xunto con dinoflagelados. O mesmo ocorre nos mares cálidos co nanoplancton calcáreo e os foraminíferos planctónicos (globigerinas), que apareceran no Xurásico. A partir deste momento o nanoplancton contribuíu en cantidades inmensas á formación dos sedimentos calcáreos coñecidos co nome de creta. Por encima do leito nadaban Ammonites, Belemnites e peixes de varios tipos cunha nova xeración de réptiles acuáticos. Os ictiosaurios desapareceran practicamente a finais do Cretácico inferior e o seu lugar foi ocupado por novas quenllas de gran tamaño e por grandes teleósteos como Xiphactinus que medían entre 2 e 4 metros de lonxitude. Había grandes tartarugas mariñas como Archelon, de máis de 3 metros de lonxitude e cunhas aletas que, estendidas ambas, superaban a lonxitude do animal. Tamén eran comúns as raias. Entre os réptiles os elasmosaurios, un grupo de plesiosaurios de pescozo longo, alcanzaban lonxitudes de 12 metros. Os réptiles mariños máis poderosos pertencían a un novo grupo, os mosasaurios (3-10 metros), que apareceron no Cretácico superior. Tratábase de grandes lagartos (os maiores que existiron) emparentados coas actuais serpes (aínda que durante moito tempo relacionóuselles cos varanos). Os mosasaurios posuían longas mandíbulas e dentes robustos, unha cola alta e extremidades en forma de paleta. Debían alimentarse de peixes, aínda que se acharon ammonites fósiles con marcas de fileiras dentais que encaixan exactamente co modelo de dentición de certos mosasaurios. En canto ao bentos, comezou a ofrecer un aspecto moderno, e continuou a decadencia dos braquiópodos. Os neogasterópodos difundíronse con rapidez, e case todos os seus membros estaban dotados de novas capacidades predatorias (a de perforar cunchas e succionar a carne contida nelas, a de emponzoñar ás súas vícimas, ou tragarse enteiros a peixes pequenos). Outros predadores eran os crustáceos, representados no Xurásico por criaturas semellantes á lagosta e que no Cretácico están constituídos por verdadeiros 16 Traballo xeoloxía “A historia da Terra” cangrexos e lagostas (abrían as cunchas forzándoas coas súas pinzas, como os actuais). Os bivalvos enterrábanse cada vez máis profundamente no sedimento para escapar de predadores, ou ben desenvolveron cunchas moi macizas ou espiñas para disuadilos. Un grupo de bivalvos, os inocerámidos, posuían cunchas de case 1,8 metros de lonxitude. Durante un tempo, a capacidade dos corais para construír arrecifes foi practicamente igualada polos rudistas (bivalvos ostreidos con cunchas cónicas de ata 1 m de altura). Fixábanse a unha superficie dura do fondo aglutinándose entre eles e chegando a formar inmensos arrecifes en todos os mares do mundo. Con toda probabilidade estas densas construcións protexíanlles de ser devorados. Os pterosaurios cretácicos desenvolveron gran variedade de formas que seguiron unhas determinadas tendencias. Tamaño en aumento ao longo do Cretácico. Pérdida progresiva dos dentes. Os ósos comezaban a presentar oquedades nas partes non sometidas aos principais esforzos. Destaca especialmente Pteranodon. As aves fósiles no Cretácico son raras, excepción feita de descubrimentos illados procedentes do Cretácico inferior dun paxaro chinés descrito en 1992, e dos españois (1988-1992) Iberomesornis e Concornis do Cretácico inferior de Cuenca. Os mamíferos aínda eran un compoñente pequeno e relativamente menor da fauna. Por suposto, os réptiles arcosaurios, sobre todo os dinosauros tiveron un lugar moi importante no Allosaurus. EE.UU Cretácico. De feito, foi o período no que maior auxe e desenvolvemento alcanzaron. Os principais xacementos de dinosauros atópanse nas Facies Wealden (Cretácico inferior) e na Formación Nemegt do Cretácico Superior en Mongolia no Deserto do Gobi. O Wealden inclúe amplas extensións de sedimentos continentais e lacustres que se estenden polo sueste de Inglaterra e da illa de Wight aínda que tamén está amplamente representado no norte de España. No plano ambiental era unha rexión dominada por fentos, atravesada por cursos de auga en cuxas ribeiras crecían cícadas e que desembocaban en pantanos e lagoas. Os dinosauros dominantes na zona eran os ornitópodos, un grupo xurdido a finais do Xurásico. Tamén habería saurópodos, aínda que máis escasos. Na Península Ibérica son abundantes os xacementos de icnitas sendo moito menos importantes os restos de dinosauros aínda que recentemente están aparecendo numerosos restos (Teruel, Valencia, A Rioxa). Na Rioxa aparece un dos maiores xacementos do mundo de pegadas tanto de terópodos carnívoros como ornitópodos herbívoros. EXTINCIÓNS: A este acontecemento do final de Cretácico coñéceselle como episodio K-T (ou K/T), do alemán Kreide/Tertiär para Cretácico/Terciario, que constitúe a principal subdivisión do Cenozoico, era promesozoica. A extinción masiva de finais do período Cretácico 17 Traballo xeoloxía “A historia da Terra” exterminou aos dinosauros, réptiles nadadores, plesiosaurios e mosasaurios, Ammonoidea, rudistas e inocerámidos. O nannoplancton calcáreo e os foraminíferos planctónicos experimentaron perdas importantes pero se recuperaron durante era Cenozoica. Con todo, non foi maior que outras extincións masivas e ata foi moito menos catastrófica que a extinción do Pérmico. Aproximadamente desapareceron o 50% das especies e o 25% das familias. Algúns dos grupos que se extinguen mostran claras pautas de redución progresiva da diversidade durante os últimos 10 millóns de anos do Cretácico, mentres que outros parecen desvanecerse completamente xusto no momento da transición. Tamén hai outros grupos, como os ictiosaurios, supostamente extinguidos no límite K-T, pero que realmente habían partido moito antes. Entre os sobreviventes áchanse a maior parte de plantas e animais terrestres (insectos, caracois, ras, salamandras, tartarugas, lagartos, serpes, crocodilos e mamíferos placentarios) e a maioría de invertebrados mariños (estrelas de mar e Echinoidea, moluscos, artrópodos) e de peixes. Durante o Albiano produciuse unha intensa extinción de insectos. Entre as causas atópanse: Hipóteses climáticas: Só resultaron afectadas as faunas tropicais, con extinción dos rudistas e outros poboadores do mar de Tetis, mentres que as faunas de latitudes elevadas permaneceron intactas. Unha posible causa do arrefriado achámola nos movementos tectónicos que estaban separando Australia da Antártida. As frías correntes profundas do océano meridional serían canalizadas cara ás augas ecuatoriais, máis cálidas, do mar de Tetis. As augas máis frías, combinadas co descenso do nivel do mar, afectarían as temperaturas ecuatoriais, e desprovisto ao clima da influencia moderadora dos mares cálidos. Os cambios climáticos resultantes diso xerarían condicións globais máis frías, e climas moi extremos nos interiores continentais Hipóteses extraterrestres: As hipóteses máis estrañas proveñen deste grupo. Aínda que son moi numerosas, destaca excesivamente unha posible diminución da radiación solar que afectou toda a cadea trófica. Outra destas teorías argumenta que unha supernova relativamente próxima puido aumentar o nivel de radiación na Terra e afectar a todos os organismos terrestres e acuáticos da zona fótica. Impacto meteorítico: Luís Álvarez e Walter Álvarez, a partir dunha capa de iridio, esferulitos vítreos e cuarzos fracturados, postularon que apareceu unha nube de po escurecendo o globo. Posteriormente repetíronse fenómenos de choiva aceda, e desapareceu o fitoplancto. As críticas que se fan a esta teoría é que as desaparicións non foron súbitas. Moitas especies atravesaron o Imaxe do impacto meteorítico límite sen perdas. O fitoplancton calcáreo no límite K/T. desaparece preto da capa de iridio, a uns 10000 anos. Ammonoidea desaparece gradualmente de 10 a ningún en 2 millóns de anos. Uns 12 millóns de anos por baixo da capa de iridio está o último. Os inocerámidos desaparecen 60000 anos antes da capa de iridio. O balance sobre a extinción K-T indica de momento un empate entre o modelo catastrófico baseado nun impacto e o modelo de arrefriado global progresivo. Existen 18 Traballo xeoloxía “A historia da Terra” probas de ambos e os dous poden ter importancia. Un terceiro conxunto de causas reside no interior das plantas e animais mesozoicos: non se sabe cales foron os trazos biolóxicos que determinaron a morte duns e a supervivencia doutros. Todas estas liñas de investigación e outras converxen no episodio K-T e forman un gran debate. ---CENOZOICO--Iniciouse hai uns 65 millóns de anos e esténdese ata a actualidade. Divídese en Era terciaria e Cuaternaria. A Era Terciaria é a era do gran pregamento alpino que formou as cordilleiras actuais como os Alpes, Andes e Himalaia. Ao Cenozoico tamén se lle chama a era dos mamíferos os cales, ao extinguirse os dinosauros a finais do Cretácico, pasaron a ser a fauna característica deste tempo. Hai uns 30 millóns de anos xurdiron os primeiros primates superiores (os máis primitivos estaban xa presentes hai 65 millóns de anos), aínda que o Homo sapiens non apareceu ata hai uns douscentos mil anos. -Terciario: Foi un período que empezou hai 65 millóns de anos, cando os dinosauros se extinguiron, e finalizou hai 1,7 millóns de anos. Durante o Terciario, os continentes empezaron a desprazarse ata as posicións que ocupan hoxe. A paisaxe foi semellándose máis ao que nos rodea, e así apareceron as plantas con flores, os mamíferos, e as aves actuais. Os continentes proseguiron o seu desprazamento, o que produciu cambios climáticos. O primeiros 20 millóns de anos foron cálidos, ata o punto de que había selvas tropicais preto dos polos Norte e Sur. Os primeiros mamíferos e aves desenvolvéronse nun clima húmido e caluroso. Os océanos enfriáronse ao redor dos polos e formáronse os casquetes polares. CARACTERÍSTICAS AMBIENTAIS: Moitos dos mamíferos e aves desapareceron, pero xurdiron os primeiros antepasados dos animais actuais como o can que apareceu en Norteamérica no Oligoceno, igual que a primeira foca. Tamén había xigantescos mamíferos con cascos. No Mioceno, as pradeiras americanas parecíanse ás sabanas africanas de hoxe. Alí había elefantes, animais parecidos ao cervo, porcos xigantes, enormes cabalos con garras, camelos, antepasados dos felinos con dentes de sabre, rinocerontes e hienas. Hai uns catro millóns de anos, América do Norte e do Sur uníronse polo istmo de Panamá. Os animais evolucionaron, estendéronse, emigraron e extinguíronse. Europa albergou tamén a un primitivo membro dos primates, composto por lémures, monos e grandes simios. Durante o Oligoceno, a India chocou con Asia e formouse a cordilleira do Himalaia. Varios animais fixeron a súa entrada na vida terrestre en Asia. -Cuaternario: É o último dos grandes períodos xeolóxicos. Desenvólvese entre o final do período terciario e o comezo das glaciaciones como o inferior, é dicir,hai 1,64 millóns de anos ata os nosos días como límite superior. Foi durante o Cuaternario cando apareceu o home sobre a Terra. Á súa vez, extinguíronse grandes especies, tanto vexetais como animais e foron as aves e mamíferos os vertebrados que dominaron a Terra. En síntese, houbo un gran predominio dos mamíferos, unha gran expansión do home e a presenza dunha flora e unha fauna moi parecida á actual, polo que tamén se apuntaron as migracións de grandes mamíferos 19 Traballo xeoloxía “A historia da Terra” ou a orixe do home como posibles criterios. Por iso, ás veces é denominada etapa Antropozoica. O Cuaternario divídese en Pleistoceno e Holoceno. Actualmente négaselle a cualificación de Era xeolóxica, prefiriéndo referirse ao cuaternario como un Sistema (xunto co terciario), dentro da Era Cenozoica. No Pleistoceno, a primeira e máis longa parte do período, caracterízase polas grandes glaciacións. No Holoceno , segundo período do Cuaternario, que comezou hai uns 10.000 anos, o desxeo fixo subir trinta ou máis metros o nivel do mar, alagando grandes superficies de terra. Serán as glaciaciones o fenómeno climático máis importante deste longo período. Considéranse que se produciron catro, cos seus consecuentes interperíodos, denominándose: Glaciación de Günz, Glaciación de Mindel, Glaciación de Riss e Glaciación de Würm. Esta etapa é na que vivimos na actualidade e é moi importante xa que é neste período onde aparecen on primeiros homínidos (Homo habilis), aínda que para algúns científicos o primeiro foi o Homo rudolfensis. Homo habilis. Primeiro homínido aparecido no Pleistoceno (Era BIBLIOGRAFÍA: www.wikipedia.es www.kalipedia.com www.geocities.com www.xtec.es www.neofronteras.com www.welcomeargentina.com www.geofisica.unam.mx www.windows.ucar.edu www.duiops.net www.celestia.albacete.org www.muypatagonia.com 20