Cantigas de amigo

Anuncio
AS CANTIGAS DE AMIGO
Son breves cancións postas en boca duna muller namorada. Teñen unhas características temáticas e formais
diferentes do resto da lírica medieval, e proceden duna tradición autóctona do pobo, anterior ó trobadorismo.
Nelas, a natureza ten un papel relevante, e presenta un valor simbólico no que abundan as connotacións
eróticas. A muller expresa a súa paixón amorosa, máis chea de dolor que de gozo, a súa sumisión ó seu amigo
(amado) , ou ben a oposición da nai a ese amor. A muller diríxese á súa nai, á natureza, ó seu amado, á unha
amiga confidente, etc.
−Forma das cantigas de amigo:
− o paralelismo: enlaza as estrofas de dúas en dúas, facendo que os versos da segunda estrofa sexan unha
pequena variante dos versos da primeira estrofa. O paralelismo pode ser de dúas clases:
− paralelismo perfecto: substitución da última palabra do verso por outra sinónima, ou repetición das mesmas
palabras pero con ordenación diferente, de modo que varíe a rima.
− paralelismo imperfecto: os versos da segunda estrofa reproducen libremente a estructura sintáctica ou o
significado dos versos da primeira estrofa.
− o leixaprén: consiste na repetición dos segundos versos dun par de estrofas como primeiros versos do par
seguinte.
−o refrán: é a repetición dun ou máis versos ó final da estrofa, sen axeitarse á medida dos demais versos e, ás
veces, tampouco á rima.
−A métrica:
Nas cantigas de amigo, os metros máis empregados son o redondilho maior (heptasílabo) e o redondinho
menor (pentasílabo), pero en moitas cantigas o número de versos é irregular.
−Variedades das cantigas de amigo:
• Mariñas ou barcarolas: son aquelas cantigas nas que atopamos a presencia do mar que, non só aparece
como escenario, senón que aparece personificado e, moitas veces, é o interlocutor da muller.
• Bailadas: son as cantigas de amigo máis ledas, e nelas exprésase a alegría de vivir e de amar, con
frecuentes incitacións ó baile. Estas cantigas son a letra das melodías que guiaban unha danza, e o
paralelismo e leixaprén poderían corresponder á existencia de dous coros que se alternaban na
execución da bailada.
• Cantigas de romaría: preséntannos o ambiente das festas campestres a carón da ermida, a moza
agardando a asistencia do amigo á romería, laiándose da súa ausencia ou bailando coas compañeiras.
• Albas e alboradas: son aquelas cantigas que teñen como asunto a separación dos amantes ó mencer.
Tamén se podería considerar cantigas de fonte, cantigas de despedida, cantigas de amiga e nai... como
subxéneros da cantiga de amigo. Tamén, unha mesma cantiga pode ser de varios tipos.
1
−Trobadores máis importantes:
−Escola Compostelá:
−Bernal de Bonaval: Viviu entre finais do século XII e a primeira metade do século XIII, sendo un dos máis
antigos xograres coñecidos. Naceu en Compostela, e é un xograr que, mesmo nas súas cantigas de amor,
empregou a estructura paralelística tradicional, propia das cantigas de amigo. Figurou nas cortes de Fernando
III e de AfonsoX.
−Airas Nunes: Foi crego de Compostela, e debeu nacer a finais do século XII. Traballou na corte literaria de
Afonso X, onde participou na composición das Cantigas de Santa María. É autor da bailada das abelaneiras
floridas, duna pastorela arcaica e do sirventés á procura da verdade. Cultivou tódolos xéneros da poesía
galegoportuguesa medieval.
−Xohan Airas: Viviu nas cortes de Afonso X de Castela e Afonso III de Portugal. Cultivou sobre todo
cantigas ó xeito provenzal, e as súas cantigas de amigo arrédanse, na temática e na forma, dos modelos
tradicionais.
−Corte do rei don Dinís:
Destaca o propio don Dinís que, despois de Afonso X é o máis fecundo dos nosos trobadores. Fixo 76
cantigas de amor, 52 de amigo e 10 de escarnio e maldicir. Caracterízase pla fidelidade ós modelos
tradicionais, aínda que tamén cultivou a cantiga provenzalizante.
−Especialistas nas cantigas de amigo:
−Martín Códax: Este xograr galego (de Vigo probablemente) deixounos sete cantigas de amigo ó estilo
tradicional. De seis delas consevamo−la música.
−Mendiño: Deste xograr só se conserva unha cantiga: a da ermida de San Simón. Probablemente nacera
nalgún punto da ría de Vigo. A cantiga segue os modelos tradicionais.
−Xoan Zorro: Non se sabe onde naceu, inda que sí se sabe que figurou na corte portuguesa a finais do século
XIII e comezos do XIV. Cultivou únicamente cantigas de amigo, e é autor dunha versión da bailada das
abeleiras floridas.
−Pero Meogo: Autor de nove cantigas de amigo que forman un ciclo. Caracterízanse pola presencia dos
cervos e da fonte, que constitúen símbolos eróticos.
2
Descargar