Subido por patriciaaldaomorgade

2. FAMILIAS DE INSTRUMENTOS

Anuncio
os INSTRUMENTOS DE VENTO
Reciben o nome de aerófonos. O son prodúcese pola vibración do aire. Agrúpanse en:
VENTO METAL
VENTO MADEIRA
a. Aerófonos de soplo directo
B. AERÓFONOS DE SOPLO INDIRECTO
Acordeón
Órgano
Gaita
Audición:
A PANTERA ROSA, de Henry Mancini.
Imos escoitar 3 versións desta famosa banda sonora. Fíxate nos instrumentos que escoitas
en cada unha.
-
Versión 1: Brass Quintet - The Pink Panther Versión 2: Woods - The Pink Panther Theme
Versión 3:The Pink Panther theme accordion
Escribe o nome dos seguintes instrumentos e identifícaos polo seu son. Despois clasifícaos:
AERÓFONOS DE
MADEIRA
AERÓFONOS DE METAL
Vídeo de repaso: Los instrumentos de viento - Aprende música -
AERÓFONOS DE SOPLO
INDIRECTO
Visualiza o seguinte vídeo. Cales son os instrumentos protagonistas? Sabes a que familia pertencen?
Whole Lotta Love vs. Beethoven 5th Symphony
OS INSTRUMENTOS DE CORDA
Os instrumentos de corda reciben o nome de cordófonos. O son prodúcese cando vibran
as súas cordas. Teñen unha caixa de resonancia que amplifica o son das vibracións.
Como se clasifican os instrumentos de corda?
Distinguimos 3 tipos de instrumentos dentro desta familia, que se diferencian pola forma en
que facemos vibrar as súas cordas:
Podemos repasar este tema co seguinte vídeo:
Los instrumentos de cuerda- Aprende música -
Audición:
O Verán - As catro estacións, do compositor italiano Vivaldi.
Imos escoitar 3 versións desta famosa obra. Fíxate nos instrumentos que escoitas en cada
unha.
Versión 1. Mari Samuelsen: Presto from summer
Versión 2. A. Vivaldi - The Four Seasons "Summer Storm"
Versión 3. Summer Storm- Sinfonity
Escribe o nome dos seguintes instrumentos e identifícaos polo seu son. Despois clasifícaos:
CORDA FRETADA
CORDA PUNTEADA
CORDA PERCUTIDA
Cantamos:
Debaixo Da Figueira - Pelogato24
Debaixo da figueira da tía Xoldeirona
hai un pobre cego
tocando a zanfona
Debaixo da figueira da tía Xoldeirona
hai un pobre cego, cunha gorra vella
tocando a zanfona
Debaixo da figueira da tía xoldeirona
hai un pobre cego cunha gorra vella, cunhas lentes negras
tocando a zanfona
Debaixo da figueira da tía Xoldeirona
hai un pobre cego, cunha gorra vella, cunhas lentes negras, cunha barba branca
tocando a zanfona
Debaixo da figueira da tía Xoldeirona
hai un pobre cego cunha gorra vella, cunhas lentes negras, cunha barba branca,
cunha capa grande
tocando a zanfona
Debaixo da figueira da tía Xoldeirona
hai un pobre cego, cunha gorra vella, cunhas lentes negras, cunha barba branca,
cunha capa grande, cunhas botas rotas
tocando a zanfona
Debaixo da figueira da tía Xoldeirona
hai un pobre cego, cunha gorra vella, cunhas lentes negras, cunha barba branca,
cunha capa grande, cunhas botas rotas, cunha vara longa,
tocando a zanfona.
Investigamos:
A zanfona galega
A zanfona, é un instrumento cordófono, porque o seu son se produce mediante cordas
fretadas. Ten varias características que a fan especial. Busca información na rede e completa
as preguntas:
Cal é a súa orixe? Como funciona? Que elemento frota as cordas? (Non é un arco), Como
toca as notas musicais? En que tipo de música a atopamos? Busca algún artista galego
destacado que toque este instrumento.
Mira o seguinte vídeo. Saberías dicir que tipo de instrumentos aparecen?:
Awesome Pipe Drumming - Blue Man Group
OS INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN
Os instrumentos de percusión constitúen o soporte rítmico, imprescindible en calquera obra
musical. Clasifícanse en:
-
IDIÓFONOS: emiten sons ao seren sacudidos, golpeados ou entrechocados.
-
MEMBRANÓFONOS: teñen unha membrana ou pel tensa que produce son.
Ademais, podemos distinguir entre:
-
Instrumentos de Altura Indeterminada: só poden interpretar ritmos.
-
Instrumentos de Altura Determinada: producen diferentes notas musicais.
Identifica os seguintes instrumentos e escribe o seu nome:
AUDICIÓN: BSO Harry Potter
A BANDA SONORA é o conxunto de temas musicais, cancións e sons que aparecen ó
longo dunha película. Imos escoitar un tema da película Harry Potter. Que instrumento soa?
A ____________, é un instrumento ________________, porque o seu son se produce
________________________________________________________________________.
Este instrumento ten varias características que o fan especial. Mira o seguinte vídeo sobre
este curioso instrumento.
Harry Potter theme on a Real Celesta! Hedwig's theme by Argentina Durán - YouTube
Agora escoitamos e percutimos seguindo o musicograma:
Harry Potter - Percusión corporal - YouTube
Descargar