XERENCIA Vicexerencia de Economía e Infraestruturas Casa da Balconada. Rúa Nova, 6 15782 Santiago de Compostela Tel. 881 811010 Correo electrónico: vicexerencia.economia@usc.es http://www.usc.es/gl/goberno/xerencia/ CRITERIOS PARA A PUBLICACIÓN DOS CONTRATOS MENORES A Lei de Contratos do Sector Público (LCSP) que entrou en vigor o 9 de marzo de 2018 indica o seguinte no seu artigo 63.4: La publicación de la información relativa a los contratos menores deberá realizarse al menos trimestralmente. La información a publicar para este tipo de contratos será, al menos, su objeto, duración, el importe de adjudicación, incluido el Impuesto sobre el Valor Añadido, y la identidad del adjudicatario, ordenándose los contratos por la identidad del adjudicatario. Quedan exceptuados de la publicación a la que se refiere el párrafo anterior, aquellos contratos cuyo valor estimado fuera inferior a cinco mil euros, siempre que el sistema de pago utilizado por los poderes adjudicadores fuera el de anticipo de caja fija u otro sistema similar para realizar pagos menores. Para cumprir co mandato do artigo citado, a USC publica trimestralmente os contratos menores subscritos no exercicio 2018. Atendendo ao principio de transparencia, que é o primeiro obxectivo que inspira a regulación contida na LCSP, é pertinente facer explícitos determinados criterios seguidos á hora de facer á presente publicación: - Foron excluídos, de acordo co parágrafo segundo do art. 63.4 , aqueles contratos de valor estimado inferior a 5.000,00 € no que sistema de pagamento empregado foi o de anticipos. - O sistema contable informatizado da USC non rexistra o obxecto de contrato stricto sensu para os contratos menores, se non unha descrición do gasto; descrición que, aínda sendo semellante ao obxecto, non é exactamente o mesmo. Por este motivo, na listaxe que se publica o que se reflicte como obxecto do contrato é o subconcepto económico rexistrado para cada contrato menor, xa que se considera conceptualmente a característica do contrato menor máis semellante a aquela. A USC está traballando nunha modificación que permita, no exercicio económico 2019, o rexistro do código CPV no seu sistema informático contable para cada contrato menor formalizado. O CPV, cuxas siglas en inglés corresponden cos termos Common Procurement Vocabulary, consiste nun sistema de identificación e categorización de tódalas actividades económicas susceptibles de ser contratadas (Regulamento (CE) 2195/2002) para describir o obxecto dos contratos, sendo posteriormente actualizado no Regulamento (CE) 213/2008 da Comisión de 28 de novembro de 2007. - O sistema contable informatizado da USC non rexistra a duración do contrato menor, polo que se considera como tal, para os efectos desta publicación, o período de tempo transcorrido desde a data da autorización do gasto, ata a data da factura que perfecciona o gasto menor (no caso de contratos menores con varias facturas asociadas, considerase a factura de data máis tardía).