Xogos e deportes alternativos

Anuncio
ÍNDICE:
1. Que son os xogos e deportes alternativos?
2. Voleibol
2.1. Obxectivo do xogo
2.2. O volei praia
2.3. Nº de xogadores por equipo
2.4. Terreo de xogo
2.5. Puntuación
3. Floorball
3.1. Obxectivo do xogo
3.2. Material necesario para practicalo
3.3. Normas básicas
4. Sóftbol
4.1. Obxectivo do xogo
4.2. Campo de xogo
4.3. Xogadores
4.4. Vocabulario básico
5. Aeróbic
5.1. Partes dunha sesión
5.2. Definición de BEAT, FRASE MUSICAL e SERIE MUSICAL
5.3. Pasos básicos
6. Opinión persoal
1.- Qué son os xogos e deportes alternativos?
Chamamos deportes alternativos ás actividades físicas e deportivas que xurden
como “alternativa” aos deportes tradicionais, aos populares e os deportes xa
instaurados na sociedade.
2.- O Voleibol
O voleibol é un deporte onde dous equipos enfróntanse sobre un terreo de
xogo liso separados por unha rede central, tratando de pasar o balón por
encima da rede ata o chan do campo contrario.
O voleibol praia é unha modalidade de volei que se xoga sobre unha superficie
de area, xeralmente na praia, aínda que tamén hai campos artificiais en
localidades de interior.
A principal diferencia que ten o volei praia co voleibol, a parte da superficie
onde se practica e que se xoga ao aire libre, é o número de xogadores por
cada equipo; sendo no volei praia dous e no voleibol seis.
Terreo de xogo:
Puntuación:
Gaña un partido de voleibol o equipo que consiga gañar tres dos cinco sets do
xogo. Os catro primeiros sets xóganse a 25 puntos. Para gañalo é necesario ter
dous puntos máis que o equipo contrario. Se se produce un empate a 24, o
xogo segue ata que se consegue esa ventaxa de dous puntos.
Se se gaña un punto, e non se posuía o saque, recupérase.
O quinto set, xógase a 15 puntos.
3.- Floorball
O obxectivo do xogo é meter unha pelota de plástico na portería do equipo
contrario utilizando un bastón.
Para participar no xogo, todos os xogadores necesitan un pao de plástico
(excepto o porteiro, que xoga sen el).
A bola coa que se xoga ten que ser redonda, oca, branca, de plástico e con 26
furados, un diámetro de 8’9 cm e un peso de 55 gramos.
Principias regras do xogo:
 O porteiro no pode ter a bola máis de tres segundos.
 A bola pode ser golpeada co pé pero só unha vez e sen pasarlla a
ningún compañeiro.
 Pódese xogar a pelota no aire sempre que sexa por debaixo dos
xeonllos.
 Non se permite o xogo sen stick.
 Non se pode entrar en contacto físico co contrincante de ningunha
forma.
 Non se pode mover a portería para evitar un gol nin entrar na área
pequena de portería se se é un defensor.
4.- Sóftbol
O sóftbol, é un deporte de equipo no que unha pelota é lanzada por un xogador
defensivo chamado pitcher ou lanzador e golpeada por un xogador ofensivo
chamado bateador. As carreiras (puntos) pódeas conseguir o bateador
correndo e pisando unha serie de tres bases (marcas) no chan, e acabar
tocando a marca final, chamada home. No sóftbol ó ter 3 strike faise un out (ao
chegar a 3 out cambiánse os equipos, o que atacaba pasa a defender e
viceversa).
Terreo de xogo:
Xogadores:
Un equipo de sóftbol está composto por nove xogadores: pitcher, catcher,
primeira, segunda, short stop, terceira, left field, short field e right field.
Co lanzamento lento, engádese un xogador a maiores, un fildeador extra.
Vocabulario básico:
- Pitcher: lanzador.
- Catcher: receptor.
- Home Run: despois de ser golpeada polo bateador, a pelota sae
voando por enriba do límite de fondo da zona de xogo.
- Entradas: cada vez que une quipo ataca e defende.
5.- Aeróbic
Partes dunha sesión de aeróbic:
- Quencemento: O quencemento é un conxunto de exercicios que
preparan tanto física como psíquicamente á persoa para que realice a
posterior actividade de maior intensidade.
- Alto impacto: consiste en realizar os exercicios saltando.
- Baixo impacto: exercicios nos que non se realizan saltos.
- Tonificación: a finalidade é mellorar diferentes factores, o ton muscular,
a forza, a flexibilidade e a elasticidade.
- Estiramentos
O beat, tamén coñecido como pulso ou tempo musical, son os golpes de
batería que escoitamos nun tema musical.
A frase musical, trátase da agrupación de oito beats.
A serie musical é a suma de 4 frases musicais.
Pasos básicos:
1. Dun tempo:
- Con pés xuntos:
- Marcha (M)
- Uve (V)
- Carreira (Jogging)
- Con pés separados:
- Caixa ou borracho (C)
- Chachacha (Cha)
- Patadas (Kicks)
2. De dous tempos
- Con pés xuntos:
- Step Touch (ST)
- Viña ou grapevine (GV)
- Lunge (L)
- Con pés separados:
- Touch Step (TS)
- Knee lifts ou xeonllos (KL)
- Heel lifts ou glúteos (HL)
- Cambios de peso (CP)
- Saltos (H)
- Jumping Jack (JJ)
6. Opinión persoal
BIBLIOGRAFÍA:
-
El Rincón del Vago
-
Wikipedia
-
Educa Madrid
-
http://www.acanomas.com/Reglamentos-JuegosDeportivos/920/Softbol.htm
-
Enciclopedia Planeta 2010
-
http://www.slideshare.net/olgasegovia/apuntes-4-eso-aerbic-presentation
Descargar