Bioloxía e xeoloxía 1º ESO Os reinos de moneras, protoctistas e fungos As móneras, os protoctistas e os fungos son seres vivos que podemos atopar en case calquera lugar. Aprende a diferencialos. © Editorial Planeta S.A.U., 2021. Todos los derechos reservados de reproducción, traducción, adaptación y ejecución reservados para todos los países. Impreso por User Surname 331975Surname 331975 Centro AMTEGA Os reinos de moneras, protoctistas e fungos Impreso por User Surname 331975Surname 331975 Centro AMTEGA Bioloxía e xeoloxía 1º ESO Sumario 1 As características de moneras, protoctistas e fungos ...... 3 1.1 Consolidación ............................................................................................................ 5 2 O reino das moneras ................................................................................ 5 2.1 As bacterias ............................................................................................................... 6 2.2 Consolidación ............................................................................................................ 11 3 O reino dos protoctistas ......................................................................... 11 3.1 Os protozoos ............................................................................................................. 13 3.2 As algas ...................................................................................................................... 15 3.3 Consolidación ............................................................................................................ 15 4 O reino dos fungos ..................................................................................... 16 4.1 Os fungos unicelulares ............................................................................................ 16 4.2 Os fungos pluricelulares .......................................................................................... 16 4.3 Consolidación ............................................................................................................ 20 5 Os liques ............................................................................................................. 20 5.1 Consolidación ............................................................................................................ 21 6 Os virus ............................................................................................................... 21 6.1 Consolidación ............................................................................................................ 23 7 Exercitación e competencias 23 .............................................................. © Editorial Planeta S.A.U., 2021. Todos los derechos reservados de reproducción, traducción, adaptación y ejecución reservados para todos los países. 2 Os reinos de moneras, protoctistas e fungos Bioloxía e xeoloxía 1º ESO Impreso por User Surname 331975Surname 331975 Centro AMTEGA 1 As características de moneras, protoctistas e fungos 1 As características de moneras, protoctistas e fungos No noso planeta viven diferentes tipos de seres vivos, que se alimentan, se reproducen e se relacionan co medio de distintas maneiras. Estes clasifícanse en cinco reinos, de entre os cales, as moneras, os protoctistas e os fungos son os máis pequenos e simples. Descubrir como son axudaranos a comprender mellor a contorna en que vivimos. O reino dos fungos é un dos cinco nos que se clasifican os seres vivos que habitan o noso planeta. Hai fungos unicelulares, como os lévedos, e pluricelulares, como os cogomelos. No século XVIII, os seres vivos estaban clasificados en dous grupos, o reino animal e o reino vexetal, xa que as características dos seres vivos que formaban parte deles eran fáciles de distinguir. Cando se descubriron os microorganismos, grazas á invención do microscopio, o biólogo alemán Ernst Haeckel engadiu un novo grupo aos xa coñecidos, o reino protoctista. No século XX, Whittaker engadiu dous reinos novos, o reino dos fungos e o reino das moneras. Así, na actualidade, os seres vivos clasifícanse en cinco reinos: moneras, protoctistas, fungos, plantas e animais. Os reinos de moneras, protoctistas e fungos son os que abarcan os organismos máis pequenos e sinxelos. Fronte ao reino das plantas e os animais, onde todos os seres vivos son pluricelulares, nestes tres reinos intégranse tamén organismos unicelulares. As súas principais características son as seguintes: • As moneras: o reino das moneras é o máis sinxelo que existe. Os seus organismos son todos unicelulares, e a célula que os constitúe é procariota, é dicir, carece de núcleo. A súa nutrición pode ser tanto autótrofa como heterótrofa, e reprodúcense de maneira asexual. Algúns destes seres teñen mobilidade, como as bacterias, que contan cun flaxelo para desprazarse. Xunto coas bacterias, tamén forman parte deste reino as cianobacterias. • Os protoctistas: o reino dos protoctistas está integrado por seres vivos unicelulares, como os protozoos, e pluricelulares, como as algas evolucionadas. Todos eles están constituídos por células eucariotas, é dicir, con núcleo. Nútrense de maneira autótrofa e heterótrofa, e reprodúcense de maneira sexual e asexual. Forman parte deste reino protozoos como as amebas ou os paramecios, e as algas. © Editorial Planeta S.A.U., 2021. Todos los derechos reservados de reproducción, traducción, adaptación y ejecución reservados para todos los países. 3 Os reinos de moneras, protoctistas e fungos Bioloxía e xeoloxía 1º ESO Impreso por User Surname 331975Surname 331975 Centro AMTEGA 1 As características de moneras, protoctistas e fungos • Os fungos: o reino dos fungos está formado por seres unicelulares, como os lévedos, e pluricelulares, como os cogomelos. Todos eles están constituídos por células eucariotas. A súa nutrición é heterótrofa e reprodúcense de forma asexual e sexual. Os fungos non poden desprazarse. Forman parte deste reino os cogomelos, os mofos, os lévedos e os liques. Profundiza Conceptos esenciais sobre moneras, protoctistas e fungos Ser vivo Organismo formado por unha ou varias células que realiza as funcións vitais dos seres vivos, que son tres: - Función de reprodución. - Función de nutrición. - Función de relación. Unicelular Organismo formado por unha soa célula. Pluricelular Organismo formado por dúas ou máis células. Moneras Reino dos seres vivos que agrupa principalmente organismos unicelulares formados por unha célula procariota: - Bacterias. Protoctistas Reino dos seres vivos que agrupa organismos unicelulares e pluricelulares formados por unha ou máis células eucariotas: - Protozoos. - Algas. © Editorial Planeta S.A.U., 2021. Todos los derechos reservados de reproducción, traducción, adaptación y ejecución reservados para todos los países. 4 Os reinos de moneras, protoctistas e fungos Bioloxía e xeoloxía 1º ESO Impreso por User Surname 331975Surname 331975 Centro AMTEGA 2 O reino das moneras Fungos Reino dos seres vivos que agrupa organismos unicelulares e pluricelulares formados por unha ou máis células eucariotas: - Lévedos. - Mofos. - Cogomelos. Liques Organismos pluricelulares de células procariotas e eucariotas formados por unha simbiose entre algas e fungos. 1.1 Consolidación Actividades para consolidar o que aprendiches nesta sección. Practica Encontrarás actividades de ejercitación en la versión online. ......................................................................................................................................................................................................... 2 O reino das moneras As moneras son organismos unicelulares de células procariotas. Son os seres vivos máis pequenos que existen e os primeiros que apareceron no planeta. Están rodeados por unha membrana plasmática que, á súa vez, está recuberta por unha parede celular. Nalgúns casos, ao redor da parede celular tamén pode haber unha capa protectora denominada cápsula. Ao ser células procariotas, as moneras carecen de núcleo, conque o material xenético que necesitan para levar a cabo os seus procesos vitais atópase disperso polo citoplasma constituíndo o nucleoide. O reino das moneras está formado polas bacterias e as cianobacterias ou algas cianofíceas. © Editorial Planeta S.A.U., 2021. Todos los derechos reservados de reproducción, traducción, adaptación y ejecución reservados para todos los países. 5 Os reinos de moneras, protoctistas e fungos Bioloxía e xeoloxía 1º ESO Impreso por User Surname 331975Surname 331975 Centro AMTEGA 2 O reino das moneras 2.1 As bacterias As bacterias son organismos procariotas unicelulares capaces de vivir en todo tipo de medios, como o solo, a auga e o aire, ou no interior doutros seres vivos como, por exemplo, a Escherichia coli, que se atopa nos intestinos e nos axuda a dixerir os alimentos. As bacterias soportan temperaturas extremas, que poden alcanzar incluso os 80 °C baixo cero. A súa parede celular dálles forma e consistencia, e nalgunhas bacterias está recuberta pola denominada cápsula, unha capa que lles permite adherirse ás superficies onde viven. As bacterias tamén poden ter flaxelos, unha estrutura alongada que lles permite desprazarse. Segundo a súa forma, as bacterias poden clasificarse en catro tipos: • Os cocos: de forma esférica. • Os bacilos: alongados, en forma de bastón. • Os espirilos: con forma de espiral. • Os vibrións: en forma de vírgula. As bacterias que teñen forma esférica, como as da imaxe, denomínanse cocos. En canto á nutrición, as bacterias poden ser autótrofas ou heterótrofas: • As bacterias autótrofas: fabrican o seu propio alimento a partir de materia inorgánica. Para levar a cabo este proceso, poden servirse da luz do Sol (fotosíntese) ou de determinadas reaccións químicas (quimiosíntese). Así, dicimos que poden pertencer aos seguintes tipos: • As bacterias fotótrofas: cando fabrican os nutrientes que necesitan mediante a fotosíntese, a partir da luz do Sol. As cianobacterias, por exemplo, están consideradas como un tipo de bacteria que pode realizar a fotosíntese. Na orixe da vida no noso planeta, elas foron as responsables de que se acumulase o osíxeno na atmosfera. • • As bacterias quimiótrofas: cando fabrican os seus alimentos mediante a quimiosíntese, coa axuda da enerxía desprendida por algunhas reaccións químicas. As bacterias heterótrofas: son as bacterias que se alimentan doutros seres vivos ou dos seus restos, e representan a maior parte das moneras. Segundo a forma como obteñen o alimento, clasifícanse en distintos tipos: • As bacterias simbióticas: cando se alimentan grazas á asociación con outro organismo que tamén obtén un beneficio. Esta asociación denomínase simbiose. © Editorial Planeta S.A.U., 2021. Todos los derechos reservados de reproducción, traducción, adaptación y ejecución reservados para todos los países. 6 Os reinos de moneras, protoctistas e fungos Bioloxía e xeoloxía 1º ESO Impreso por User Surname 331975Surname 331975 Centro AMTEGA 2 O reino das moneras • As bacterias parasitas: cando obteñen o alimento doutro organismo, en cuxo corpo se desenvolven sen achegar ningún beneficio. Este tipo de bacterias provoca enfermidades en animais e plantas. • As bacterias saprófitas: cando se nutren de materia en descomposición, que transforman en materia inorgánica para máis tarde convertela de novo en orgánica, é dicir, en nutrientes. As bacterias reprodúcense por bipartición e fano con gran rapidez, conque unha soa bacteria pode orixinar miles de bacterias idénticas en poucas horas. Aínda que moitas bacterias son inofensivas, e mesmo axudan aos seres vivos a realizar determinadas funcións, algunhas poden causar graves enfermidades. Algunhas das máis importantes son o tétanos, a tuberculose, a gastroenterite, a pneumonía ou a salmonelose. Estas enfermidades combátense mediante os chamados antibióticos, unhas substancias descubertas en 1928 polo científico británico Alexander Fleming. En concreto, Fleming descubriu a penicilina a partir dun fungo chamado Penicillium, que segregaba unha substancia que evitaba o desenvolvemento das bacterias. Os antibióticos utilízanse na actualidade como medicamentos, xa que son capaces de eliminar ou reducir a multiplicación das bacterias. Existen diferentes tipos de antibióticos, útiles cada un con certas bacterias. Profundiza O reino das moneras Monera Reino de seres vivos formado polas bacterias e as cianobacterias ou algas cianofíceas (antes, algas verdeazuladas). Estas últimas considéranse un tipo de bacterias. Bacteria Organismos unicelulares procariotas que conforman o reino das moneras. As bacterias son uns organismos que: - Se adaptaron a multitude de ambientes e son capaces de vivir en condicións extremas. - Se poden nutrir de maneira autótrofa e heterótrofa. - Se reproducen de forma asexual. © Editorial Planeta S.A.U., 2021. Todos los derechos reservados de reproducción, traducción, adaptación y ejecución reservados para todos los países. 7 Os reinos de moneras, protoctistas e fungos Bioloxía e xeoloxía 1º ESO Impreso por User Surname 331975Surname 331975 Centro AMTEGA 2 O reino das moneras Procariota Célula cuxa principal característica é que non ten un núcleo celular diferenciado, conque o material xenético se atopa repartido polo citoplasma. Unicelular Organismo composto por unha soa célula. Fototrofia Forma de nutrición autótrofa en que o organismo usa os raios do Sol, a auga e o dióxido de carbono para conseguir materia orgánica a través da fotosíntese. Quimiotrofia Forma de nutrición autótrofa en que o organismo obtén a enerxía a partir de substancias químicas que hai no medio. Simbiose Relación entre dous organismos na que ambos obteñen un beneficio. Neste caso, as bacterias obteñen a materia orgánica do outro organismo a cambio de beneficialo dalgunha maneira. Relación parasita Relación en que a bacteria obtén o alimento doutro ser vivo producíndolle un prexuízo, como unha enfermidade, por exemplo. Relación saprófita Forma de nutrición heterótrofa en que o organismo se alimenta da materia orgánica morta en descomposición. Coco Tipo de bacteria con forma esférica. Poden vivir formando colonias agrupadas en varios tipos: - Diplococos: de dous en dous. - Estreptococos: formando cadeas. - Estafilococos: formando acios. - Sarcinas: formando paquetes. Bacilo Tipo de bacteria con forma alongada que recorda a un bastón. © Editorial Planeta S.A.U., 2021. Todos los derechos reservados de reproducción, traducción, adaptación y ejecución reservados para todos los países. 8 Os reinos de moneras, protoctistas e fungos Bioloxía e xeoloxía 1º ESO Impreso por User Surname 331975Surname 331975 Centro AMTEGA 2 O reino das moneras Espirilo ou espiroqueta Tipo de bacteria con forma de espiral. Vibrión ou vibrio Tipo de bacteria con forma de vírgula alongada. Antibiótico Substancia química que mata ou impide o crecemento dos microorganismos. Desde o descubrimento da penicilina por sir Alexander Fleming, os antibióticos úsanse de forma habitual no tratamento de enfermidades infecciosas causadas por bacterias. As bacterias e a industria As bacterias son utilizadas polo ser humano en diferentes ámbitos. A capacidade de fermentación das bacterias é útil para levar a cabo a transformación dalgunhas substancias noutras, como, por exemplo, a do leite en queixo, iogur ou outros lácteos. É frecuente o uso de bacterias na investigación, así como na creación de substancias para uso médico, como algúns antibióticos, a insulina ou hormonas como a do crecemento. Tamén se utilizan para tratar os residuos, depurar a auga ou obter gas que se poida usar como combustible. Así mesmo, poden usarse tamén como pilas para obter enerxía. Profundiza A estructura das bacterias As formas e os compoñentes das bacterias As bacterias son organismos pertencentes ao reino das moneras. Son unicelulares e están formadas por unha célula procariota. As formas As bacterias poden ter diferentes formas e, segundo sexa esta, clasifícanse en: - Os cocos: bacterias esféricas. © Editorial Planeta S.A.U., 2021. Todos los derechos reservados de reproducción, traducción, adaptación y ejecución reservados para todos los países. 9 Os reinos de moneras, protoctistas e fungos Bioloxía e xeoloxía 1º ESO Impreso por User Surname 331975Surname 331975 Centro AMTEGA 2 O reino das moneras - Os bacilos: bacterias alongadas con forma de bastón. - Os vibrións: bacterias con forma de vírgula. - Os espirilos: bacterias en forma de espiral ou resorte. Os compoñentes As bacterias contan con diferentes capas que protexen o seu citoplasma do exterior: - A membrana citoplasmática: é unha fina capa que rodea o citoplasma e que realiza diversas funcións celulares. - A parede celular: é unha capa máis grosa que rodea a membrana citoplasmática e ten como función protexer a bacteria. - A cápsula: cobertura extra que rodea a parede celular e que só se dá nalgunhas bacterias. A súa función é dificultar a fagocitose das bacterias. No citoplasma das bacterias non atopamos estruturas celulares membranosas, senón os seguintes elementos: - Os ribosomas: son uns orgánulos pequenos que se atopan no citoplasma de todas as células. A súa función é sintetizar as proteínas necesarias para o funcionamento celular. - Os vacúolos: son uns gránulos que se forman no citoplasma e que conteñen substancias de reserva para as bacterias. - Os tilacoides: son uns orgánulos parecidos aos cloroplastos que se atopan nas cianobacterias, unhas bacterias que realizan a fotosíntese. - O ADN bacteriano: atópase libre no citoplasma debido á ausencia de núcleo diferenciado. Algunhas bacterias teñen a capacidade de desprazarse grazas á presenza de flaxelos, unhas estruturas alongadas que se moven como unha hélice. 2.1.1 As cianobacterias As cianobacterias, ou algas cianofíceas, tamén chamadas verdeazuladas, están consideradas como bacterias capaces de realizar a fotosíntese. Isto débese a que posúen un pigmento verde, denominado clorofila, que capta a enerxía luminosa. Foron os primeiros organismos que se orixinaron no noso planeta, cando a atmosfera contiña unha cantidade mínima de osíxeno. A súa capacidade para realizar a fotosíntese fixo que liberasen osíxeno á atmosfera e a cantidade deste elemento no aire aumentase, o que propiciou que aparecesen o resto dos seres vivos. As cianobacterias poden unirse en grupos formando filamentos. Viven en lagos ou lagoas, augas salobres, augas termais, solos húmidos, troncos mortos ou codias de árbores. Reprodúcense de forma asexual, por bipartición ou fragmentación dos filamentos. © Editorial Planeta S.A.U., 2021. Todos los derechos reservados de reproducción, traducción, adaptación y ejecución reservados para todos los países. 10 Os reinos de moneras, protoctistas e fungos Bioloxía e xeoloxía 1º ESO Impreso por User Surname 331975Surname 331975 Centro AMTEGA 3 O reino dos protoctistas Algunhas forman esporas, unhas estruturas que lles permiten sobrevivir cando o ambiente exterior non é favorable. As cianobacterias do xénero Nostoc son esféricas e agrúpanse formando filamentos. 2.2 Consolidación Actividades para consolidar o que aprendiches nesta sección. Practica Encontrarás actividades de ejercitación en la versión online. ......................................................................................................................................................................................................... 3 O reino dos protoctistas O reino dos protoctistas está formado por organismos moi diversos. Poden ser unicelulares ou pluricelulares, pero todos están constituídos por células eucariotas, é dicir, células cun núcleo diferenciado. A súa nutrición pode ser autótrofa ou heterótrofa, e reprodúcense de forma asexual ou sexual. Algúns presentan cloroplastos para facer a fotosíntese, e outros poden desprazarse. Dentro deste reino inscríbense os protozoos e as algas. Profundiza O reino dos protoctistas Protoctista Reino dos seres vivos que está formado por organismos eucariotas sinxelos. Este reino está formado polas algas e os protozoos. © Editorial Planeta S.A.U., 2021. Todos los derechos reservados de reproducción, traducción, adaptación y ejecución reservados para todos los países. 11 Os reinos de moneras, protoctistas e fungos Bioloxía e xeoloxía 1º ESO Impreso por User Surname 331975Surname 331975 Centro AMTEGA 3 O reino dos protoctistas Protozoo Organismo unicelular eucariota que forma parte dos protoctistas. Os protozoos teñen unha nutrición heterótrofa parasitando a outros organismos ou alimentándose doutros microorganismos. Adoitan vivir na auga e clasifícanse segundo a súa forma de moverse. Flaxelado Tipo de protozoo que se despraza usando flaxelos que teñen no extremo do corpo. Con estes flaxelos poden propulsarse a través do medio. Exemplo: tripanosoma. Ciliado Tipo de protozoo que se caracteriza por desprazarse usando cilios que rodean o seu corpo. Exemplo: paramecio. Rizópodo Este tipo de protozoo desprázase por medio de pseudópodos, que son unhas proxeccións do citoplasma. Exemplo: amebas. Esporozoo É un tipo de protozoo que non ten ningunha estrutura propia para desprazarse, por tanto son inmóbiles e se se moven é debido a axentes externos. Exemplo: Plasmodium. Alga Protoctistas formados por células eucariotas vexetais coa característica principal de que conteñen clorofila, conque poden realizar a fotosíntese e realizar unha nutrición autótrofa. As algas poden ser unicelulares ou pluricelulares e viven en ambientes acuáticos ou húmidos. Alga unicelular As algas unicelulares viven na auga, flotando na superficie e formando parte do fitoplancto. Moitos dos animais acuáticos aliméntanse delas. As algas unicelulares poden ser flaxeladas, como as clamidomonas, ou non flaxeladas, como as diatomeas. Alga parda Alga pluricelular cuxo pigmento ten unha cor pardenta, de aí o seu nome. Estas algas son principalmente mariñas e adoitan vivir nas zonas intermedias. Alga verde Algas pluricelulares e unicelulares cunha cor verde debida ao pigmento da clorofila. Estas algas son tanto de auga doce como salgada e viven na zona intermareal, que é onde rompen as ondas. © Editorial Planeta S.A.U., 2021. Todos los derechos reservados de reproducción, traducción, adaptación y ejecución reservados para todos los países. 12 Os reinos de moneras, protoctistas e fungos Bioloxía e xeoloxía 1º ESO Impreso por User Surname 331975Surname 331975 Centro AMTEGA 3 O reino dos protoctistas Alga vermella Algas unicelulares e pluricelulares que teñen unha cor vermella debida á cor vermella do pigmento das clorofilas. Estas algas viven en auga salgada nas zonas profundas do mar. 3.1 Os protozoos Os protozoos son organismos unicelulares formados por unha soa célula eucariota. Atópanse en todo tipo de augas ou en solos húmidos, e diferéncianse dos demais seres eucariotas en que o seu tamaño é microscópico. A súa nutrición é heterótrofa, é dicir, aliméntanse doutros seres vivos, como bacterias ou algas unicelulares. Algúns protozoos son parasitos e viven dentro doutros seres vivos, aos que lles causan enfermidades. Segundo a súa forma de desprazarse, poden clasificarse en varios tipos: • Os ciliados: desprázanse mediante cilios, uns orgánulos con forma de coroa de pelos curtos. Un exemplo é o paramecio, que adoita vivir nas charcas. • Os flaxelados: desprázanse mediante flaxelos, uns orgánulos similares aos cilios pero máis longos e que adoitan ser só un ou dous. É flaxelado o tripanosoma. • Os rizópodos: desprázanse por medio dunhas prolongacións do citoplasma denominadas pseudópodos, que en grego antigo significa “falsos pés”. Pertence a este grupo a ameba. • Os esporozoos: non se desprazan, como os Plasmodium. Os protozoos poden causar enfermidades, como a malaria ou a enfermidade do sono: • A malaria: é unha enfermidade provocada polo protozoo chamado Plasmodium. Provoca febre, dor de cabeza, dor muscular, diarrea, decaemento e tose. Transmítese a través da picada do mosquito Anopheles. • A enfermidade do sono: está causada por un tripanosoma. Presenta dúas fases con distintos síntomas. Na primeira o enfermo sofre febre, xaquecas, dores articulares e proído, mentres que na segunda experimenta confusión, alteración nos sentidos e falta de coordinación. A enfermidade do sono transmítese ao ser humano a través da picada da mosca tse-tse. Os protozoos poden causar enfermidades graves como a malaria, orixinada polo Plasmodium. Esta transmítese a través da picada dun mosquito e © Editorial Planeta S.A.U., 2021. Todos los derechos reservados de reproducción, traducción, adaptación y ejecución reservados para todos los países. 13 Os reinos de moneras, protoctistas e fungos Bioloxía e xeoloxía 1º ESO Impreso por User Surname 331975Surname 331975 Centro AMTEGA 3 O reino dos protoctistas en África causa a morte de máis dun millón de nenos ao ano. Na imaxe, test da malaria. Profundiza A locomoción dos protozoos Protozoo Organismos eucariotas unicelulares que se nutren de forma heterótrofa. Hai catro tipos de protozoos dependendo da súa forma de desprazarse: - Flaxelados: mediante flaxelos. - Rizópodos: mediante pseudópodos. - Ciliados: mediante cilios. - Esporozoos: non se desprazan. Pseudópodo Prolongación do citoplasma dalgúns protozoos, como as amebas e outros organismos unicelulares, en que unha serie de proteínas flúen nun mesmo sentido debido á interacción coa actina. Estes pseudópodos utilízanos para moverse e cazar. Actina Proteína que forma parte do esqueleto das células. Flaxelo Estrutura en forma de látego que presentan algúns organismos unicelulares. Estas estruturas en forma de filamento están formadas por uns microtúbulos constituídos por proteínas. Os flaxelos utilízanse para o desprazamento. Microtúbulos Estruturas tubulares da célula formadas por proteínas. © Editorial Planeta S.A.U., 2021. Todos los derechos reservados de reproducción, traducción, adaptación y ejecución reservados para todos los países. 14 Os reinos de moneras, protoctistas e fungos Bioloxía e xeoloxía 1º ESO Impreso por User Surname 331975Surname 331975 Centro AMTEGA 3 O reino dos protoctistas Cilio Apéndice en forma de pelo formado por proteínas. É exclusivo das células eucariotas e, no caso dos protozoos, os cilios recobren o corpo. Utilizan os cilios para desprazarse. 3.2 As algas As algas son organismos unicelulares e pluricelulares de células eucariotas que viven en distintos medios acuáticos, tanto en augas oceánicas como continentais. Habitan en zonas superficiais, xa que necesitan recibir a luz solar para levar a cabo a fotosíntese. Realizan este proceso grazas á clorofila, un pigmento que se atopa nos cloroplastos, uns orgánulos situados no citoplasma das súas células. A súa nutrición, por tanto, é autótrofa. As algas poden ser unicelulares ou pluricelulares: • As algas unicelulares: son microscópicas e habitan a capa máis superficial dos océanos, mares, ríos e lagos. Forman parte do plancto e sérvenlles de alimento aos animais acuáticos. Poden ter flaxelos ou non. Un exemplo de algas unicelulares con flaxelos son as do xénero Chlamydomonas. • As algas pluricelulares: están formadas polos filoides, unhas láminas que constitúen a parte máis vistosa das algas; o rizoide, que fixa a alga a unha superficie; e o cauloide, que une o rizoide cos filoides. Segundo a cor que teñen, que vén determinado polo pigmento (clorofila ou outros), clasifícanse en verdes, vermellas e pardas. Un exemplo de alga pluricelular é a Gelidium sesquipedale, tamén coñecida como carromeiro. Úsase para a obtención de ágar, un compoñente das xelatinas. As algas poden utilizarse como alimentos ou fertilizantes. Tamén forman compoñentes usados na industria química, cosmética e, mesmo, en medicina. As diatomeas son algas autótrofas unicelulares que forman parte do plancto. Están recubertas por unha coiraza dura. 3.3 Consolidación Actividades para consolidar o que aprendiches nesta sección. Practica Encontrarás actividades de ejercitación en la versión online. © Editorial Planeta S.A.U., 2021. Todos los derechos reservados de reproducción, traducción, adaptación y ejecución reservados para todos los países. 15 Os reinos de moneras, protoctistas e fungos Bioloxía e xeoloxía 1º ESO Impreso por User Surname 331975Surname 331975 Centro AMTEGA 4 O reino dos fungos ......................................................................................................................................................................................................... 4 O reino dos fungos Os fungos son organismos unicelulares ou pluricelulares de células eucariotas. Viven en océanos, ríos e lagos ou en zonas húmidas. A súa nutrición é heterótrofa e, segundo a maneira como obteñen o alimento, poden ser saprófitos ou parasitos: • Os saprófitos: son aqueles que se alimentan de materia orgánica en descomposición. • Os parasitos: son os que viven sobre ou dentro dos seres vivos, se alimentan deles e lles provocan enfermidades. 4.1 Os fungos unicelulares Os fungos unicelulares máis comúns son os lévedos, capaces de vivir en ambientes moi diferentes. Obteñen enerxía a través da transformación de azucres, e elaboran gases e outros produtos, que transforman o substrato no que se atopan. Este proceso chámase fermentación e é o responsable da produción dalgúns alimentos, como o pan, a cervexa ou o viño, e outras substancias. A maioría dos lévedos están constituídos por células esféricas e reprodúcense de maneira asexual por xemación. É dicir, na célula aparece un avultamento denominado xema do que nace unha nova célula. O lévedoSaccharomyces cerevisiae transforma a fariña en pan, a cebada e outros cereais en cervexa, ou o mosto da uva en viño. Practica Encontrarás actividades de ejercitación en la versión online. 4.2 Os fungos pluricelulares Son fungos formados por hifas, uns filamentos ou fíos que se unen para constituír unha estrutura chamada micelio. Entre os fungos pluricelulares podemos atopar mofos e cogomelos. © Editorial Planeta S.A.U., 2021. Todos los derechos reservados de reproducción, traducción, adaptación y ejecución reservados para todos los países. 16 Os reinos de moneras, protoctistas e fungos Bioloxía e xeoloxía 1º ESO Impreso por User Surname 331975Surname 331975 Centro AMTEGA 4 O reino dos fungos Os mofos son fungos que se desenvolven sobre alimentos en mal estado. Un exemplo é o fungo Penicillium, que produce un antibiótico, a penicilina, capaz de eliminar certas bacterias causantes de enfermidades. Os cogomelos son fungos comestibles aínda que tamén hai especies velenosas. A maioría crece en ambientes moi húmidos, sobre todo no outono, a época na que o solo se enche de follas en descomposición. Os fungos absorben esta materia orgánica a través do micelio, que durante case todo o ano permanece baixo terra. Cando as choivas comezan a ser máis frecuentes, asoman á superficie coas súas estruturas reprodutoras. Estas estruturas reprodutoras constitúen a parte visible do fungo, os cogomelos, as que máis coñecemos. Os cogomelos presentan, en xeral, unha forma de paraugas. Outras teñen forma globular, de coral ramificado ou parecen unha especie de cornixa nas árbores. As súas partes son as seguintes: • O chapeu: é a parte superior do cogomelo. Na súa parte inferior atópase o himenio, unha serie de láminas, onde se forman as esporas ou células reprodutoras. • O pé: é a estrutura que soporta o chapeu. Ás veces está rodeado por un anel. Un exemplo de cogomelo é o níscaro, ou Lactarius deliciosus, un cogomelo comestible moi común e apreciado en España, que crece nos piñeirais durante o outono. Os cogomelos constan de distintas partes, entre as que destacan o chapeu, baixo o cal está o himenio; o pé e o micelio. Como o resto dos fungos pluricelulares, o cogomelo está composto por unha serie de fíos ou filamentos denominados hifas. Profundiza O reino dos fungos Fungo Seres vivos eucariotas que poden ser unicelulares ou pluricelulares. Adóitanse reproducir mediante esporas e nútrense de forma heterótrofa, xa sexa parasitando un organismo ou como saprófito, é dicir, nutríndose dos restos en descomposición. Hai tres tipos de fungos: - Lévedos. - Mofos. © Editorial Planeta S.A.U., 2021. Todos los derechos reservados de reproducción, traducción, adaptación y ejecución reservados para todos los países. 17 Os reinos de moneras, protoctistas e fungos Bioloxía e xeoloxía 1º ESO Impreso por User Surname 331975Surname 331975 Centro AMTEGA 4 O reino dos fungos - Cogomelos. Lévedo Fungo unicelular con forma ovalada e parede celular. Os fermentos pódense reproducir por xemación e bipartición, e aliméntanse de azucres, provocando reaccións de fermentación. A fermentación úsase na industria para elaborar diferentes produtos como a cervexa ou o pan. Mofo Fungo unicelular e pluricelular que crece sobre a pel dos alimentos e en zonas húmidas, xa que necesitan de ambientes cálidos e húmidos. Os mofos pluricelulares non forman ningún tipo de estrutura diferenciada. Cogomelo Fungo pluricelular formado por hifas que se agrupan formando un micelio. Os cogomelos crecen formando unhas estruturas típicas constituídas por un pé e un chapeu. Na parte inferior do chapeu atópanse as esporas. Os cogomelos son apreciadas polo seu uso culinario pero non hai que esquecer que moitas poden ser tóxicas e chegar a ser mortais. Hifa Filamento unicelular ou pluricelular que forma o micelio dos cogomelos e que pode ser simple ou con estrutura ramificada. Micelio Tallo dos cogomelos pluricelulares formado por hifas que constitúen a base vexetativa do fungo. Espora Célula reprodutora que se orixina por meiose e que constitúe o inicio da reprodución dos fungos. Alá onde caen, crean novas hifas e forman un fungo novo. Existen varios tipos de esporas en función da súa forma de diseminación. Diseminación do fungo Philobolus Fungo Os fungos son seres vivos eucariotas que poden ser unicelulares ou pluricelulares. Estes organismos adoitan reproducirse mediante esporas e nútrense de forma heterótrofa, xa sexa parasitando un organismo (parasito), a base dos restos en descomposición (saprófito) ou en simbiose con algas (liques). Existen tres tipos de fungos: os lévedos, os cogomelos e os mofos. © Editorial Planeta S.A.U., 2021. Todos los derechos reservados de reproducción, traducción, adaptación y ejecución reservados para todos los países. 18 Os reinos de moneras, protoctistas e fungos Bioloxía e xeoloxía 1º ESO Impreso por User Surname 331975Surname 331975 Centro AMTEGA 4 O reino dos fungos Lévedo Tipo de fungos unicelulares. Os fermentos utilízanse na industria porque producen a fermentación dos azucres. Grazas a esta fermentación, obtéñense diferentes produtos, como a cervexa ou o pan. Cogomelo Tipo de fungo pluricelular que crece formando unha estrutura moi característica, cun pé e un chapeu. Os cogomelos son moi apreciados en gastronomía e forman parte de numerosas receitas de cociña en moitas culturas, incluída a nosa. Hai que ir con coidado á hora de apañalos no bosque, xa que existen moitas clases que son tóxicas e algunhas, mesmo, poden chegar a producir a morte. Mofo Tipo de fungo que pode ser unicelular ou pluricelular. Crece formando filamentos en zonas húmidas e sobre outros organismos, como na pel das persoas, os animais ou os alimentos. Philobolus Mofo pluricelular que ostenta un curioso récord: ser o organismo que maior aceleración alcanza no disparo das súas esporas. Esta particularidade valeulle o sobrenome de “fungo pistoleiro”. Espora Células reprodutoras dos fungos, encargadas de dispersar e reproducir novos espécimes. Alá onde caen, crean novas hifas e forman un fungo novo. Existen varios tipos de esporas en función da súa forma de diseminación. Diseminación Acción de dispersarse que levan a cabo as esporas dos fungos. Pode diseminarse usando diferentes métodos, xa sexa pola acción dos animais, como se observa na animación, ou pola acción do vento. Hifa Cada un dos filamentos que constitúen o micelio dos fungos. Micelio Masa de hifas que constitúen o corpo vexetativo dos fungos. Practica Encontrarás actividades de ejercitación en la versión online. © Editorial Planeta S.A.U., 2021. Todos los derechos reservados de reproducción, traducción, adaptación y ejecución reservados para todos los países. 19 Os reinos de moneras, protoctistas e fungos Bioloxía e xeoloxía 1º ESO Impreso por User Surname 331975Surname 331975 Centro AMTEGA 5 Os liques 4.3 Consolidación Actividades para consolidar o que aprendiches nesta sección. Practica Encontrarás actividades de ejercitación en la versión online. ......................................................................................................................................................................................................... 5 Os liques Os liques son organismos pluricelulares formados a partir da asociación entre un fungo e unha alga unicelular. Esta relación é simbiótica, o que significa que beneficia aos dous organismos. O fungo protexe a alga do desecamento, xa que pode capturar auga e sales minerais do chan, aínda que estea seco, mentres que a alga leva a cabo a fotosíntese, conque proporciona materia orgánica ao fungo. Aínda que os liques non pertencen propiamente ao reino dos fungos, ás veces clasifícanse neste grupo. Adoitan vivir sobre o chan, en rochas ou ramas. Os que viven pegados a unha superficie chámanse liques rochosos; os foliosos están parcialmente desenganchados e presentan lóbulos; e os fruticosos teñen forma de pequenas árbores. Os liques participan activamente na formación do solo, xa que ao instalarse sobre as rochas provocan que estas se vaian erosionando e desprendan pequenas partículas que pasan a formar parte da superficie terrestre xunto cos liques e os restos de seres vivos. Así mesmo, os liques tamén serven de alimento a outros seres vivos, como os renos ou os caracois, e utilízanse mesmo para producir cosméticos e fármacos. Ademais, non crecen en ambientes contaminados, así que son útiles como indicadores de contaminación. Algúns liques crecen sobre as rochas e provocan a meteorización destas. Os anacos de rocha que se desprenden pasan a formar parte do solo. © Editorial Planeta S.A.U., 2021. Todos los derechos reservados de reproducción, traducción, adaptación y ejecución reservados para todos los países. 20 Os reinos de moneras, protoctistas e fungos Bioloxía e xeoloxía 1º ESO Impreso por User Surname 331975Surname 331975 Centro AMTEGA 6 Os virus Practica Encontrarás actividades de ejercitación en la versión online. 5.1 Consolidación Actividades para consolidar o que aprendiches nesta sección. Practica Encontrarás actividades de ejercitación en la versión online. ......................................................................................................................................................................................................... 6 Os virus Os virus son tan diminutos que só se poden observar cun microscopio electrónico. Estes microorganismos non se consideran seres vivos, xa que non poden realizar as tres funcións vitais básicas (só a reprodución) e a súa estrutura é diferente á da célula. Son formas acelulares, xa que non forman células. Están formados por unha molécula de material xenético, rodeada dunha estrutura protectora chamada cápsida e, ás veces, unha capa externa que os rodea. Para vivir, os virus necesitan infectar células vivas de animais, plantas e mesmo bacterias. Son parasitos intracelulares estritos. Introdúcense nas células e utilizan o seu material xenético para duplicarse. Esta infección pode destruír as células dos organismos e provocar enfermidades, como o arrefriado, a gripe, a sida, a varicela ou o herpes. Profundiza Os virus Virus Estruturas infecciosas que non poden considerarse seres vivos xa que non están formadas por células nin realizan as funcións vitais. Para poder reproducirse, os virus necesitan infectar células doutros organismos. © Editorial Planeta S.A.U., 2021. Todos los derechos reservados de reproducción, traducción, adaptación y ejecución reservados para todos los países. 21 Os reinos de moneras, protoctistas e fungos Bioloxía e xeoloxía 1º ESO Impreso por User Surname 331975Surname 331975 Centro AMTEGA 6 Os virus Os virus están formados por unha cápsida, unha cuberta externa e material xenético. Cápsida Estrutura proteica que forma a cuberta do virus. Dentro da cápsida atópase o material xenético. Infección Acción que realizan os virus ao introducirse dentro dos organismos para acceder ao interior das súas células e poder reproducirse. Reprodución dos virus Os virus non poden reproducirse por eles mesmos. Esta é unha das características pola que non se consideran seres vivos. Para poder levar a cabo a súa reprodución necesitan dunha célula. Este proceso componse de cinco fases: adsorción, desencapsidación, copia, tradución e transcrición. Adsorción Fase na que o virus entra na célula. Pode producirse de dúas formas: - A célula fagocita o virus. - O virus inxecta o seu material xenético no interior. Desencapsidación Fase na que o virus xa se atopa no interior da célula e verte o seu material xenético ao citoplasma da mesma. Copia Fase na que o material xenético do virus se transforma para interactuar coa célula. Pode ocorrer de dúas maneiras. - Se o material xenético do virus é ADN de cadea simple, o virus usa mecanismos celulares para duplicalo converténdose en ADN de dupla hélice. - Se o material xenético do virus é ARN, o virus usa mecanismos da célula para transformalo en ADN de cadea simple e logo duplícao. Cando o virus consegue transformar o seu material xenético a ADN de dupla hélice pode introducirse no núcleo da célula. Tradución Fase na que o mecanismo do núcleo da célula traduce o ADN en ARN-m (ARN mensaxeiro), que viaxa aos ribosomas. Transcrición Fase que ten lugar nos ribosomas. No seu interior transcríbese o ARN-m (ARN mensaxeiro) ás proteínas, que formarán de novo o virus. © Editorial Planeta S.A.U., 2021. Todos los derechos reservados de reproducción, traducción, adaptación y ejecución reservados para todos los países. 22 Os reinos de moneras, protoctistas e fungos Bioloxía e xeoloxía 1º ESO Impreso por User Surname 331975Surname 331975 Centro AMTEGA 7 Exercitación e competencias Practica Encontrarás actividades de ejercitación en la versión online. 6.1 Consolidación Actividades para consolidar o que aprendiches nesta sección. Practica Encontrarás actividades de ejercitación en la versión online. ......................................................................................................................................................................................................... 7 Exercitación e competencias Pon a proba as túas capacidades e aplica o aprendido con estes recursos. Practica Encontrarás actividades de ejercitación en la versión online. Practica Encontrarás actividades de ejercitación en la versión online. Practica Encontrarás actividades de ejercitación en la versión online. © Editorial Planeta S.A.U., 2021. Todos los derechos reservados de reproducción, traducción, adaptación y ejecución reservados para todos los países. 23 Os reinos de moneras, protoctistas e fungos Bioloxía e xeoloxía 1º ESO Impreso por User Surname 331975Surname 331975 Centro AMTEGA 7 Exercitación e competencias Practica Encontrarás actividades de ejercitación en la versión online. Practica Encontrarás actividades de ejercitación en la versión online. © Editorial Planeta S.A.U., 2021. Todos los derechos reservados de reproducción, traducción, adaptación y ejecución reservados para todos los países. 24