1. ORIXE DO PROXECTO: O proxecto que se presenta a continuación detalla o proceso de producción do primeiro traballo musical de Xoán FÓRNEAS. FÓRNEAS é un artista lugués coñecido nacionalmente pola súa faceta como actor de teatro, cine e series de televisión. Foi no ano 2022, tras un longo proceso de selección, cando o seu potencial como futuro artista do pop nacional non pasou desapercibido para os creadores da serie “RED FLAGS”, na que Fórneas forma parte do elenco principal da mesma. En “RED FLAGS”, producida por Atresmedia e ZETA PRODUCCIONES e rodada a finais do 2022, Fórneas ademáis de interpretar a Igor, poñerá voz a unha das cancións principais da serie: Unha versión da canción “En el punto de partida” de Rocío Jurado. Este tema será lanzado como primeiro single de FÓRNEAS a mediados do vindeiro mes de septembro de 2023, coincidindo coa estrea de “Red Flags”. Ademáis formará parte das playlists oficiais da serie en tódalas plataformas de música en streaming. Tras esta experiencia, FÓRNEAS empeza a desarrollar as ideas do que será será o seu primeiro proxecto musical en solitario, e para o que concorre a esta axuda, o EP de título “LIBER-KID”. 2. INTEGRANTES DO PROXECTO. Fórneas é o líder do proxecto e o único creador do mesmo, o resto de colaboradores que en adiante se mencionan, son profesionais do medio cos que Fórneas xa traballou e cos que agora desexa desenvolver este proxecto profesional. A continuación preséntase unha listaxe dos mesmos. PRODUCTOR MUSICAL. Pablo Serrano Pablo Serrano é un músico, compositor, produtor musical de 29 anos, cuxo nome artístico é PBSR. Graduouse cun BA (Hons) en Tecnoloxía Musical e Composición para Cinema no London College of Music en 2016. Pablo tamén traballa como produtor musical e arreglista, así como enxeñeiro de gravación e mestura, para diversos proxectos desde folk-pop a neo-clásico pasando pola electrónica, Pablo ten o seu propio selo discográfico: Solar Canvas. Traballou man a man xunto ao compositor galego Nico Casal na serie de tv Maricón Perdido, de Bob Pop, como produtor musical e músico de gravación, resultando gañadora do Premio Ondas en 2021 a mellor serie de comedia. Ademáis, algunhas das producións propias de Pablo ou outras realizadas como produtor musical foron sincronizadas por Netflix, Sky Sports ou RTVE. MARKETING E ESTRATEXIA DIXITAL: Teresa Navajas Xestora cultural con máis de 15 anos de experiencia en industrias artísticas. Posúe unha perspectiva moi ampla da xestión cultural grazas á aprendizaxe de colaborar con artistas, creadores, promotores, institucións, marcas e outros axentes da industria musical, audiovisual e a arte contemporánea. IDENTIDADE VISUAL Casa Antillón Fundada no 2019, Casa Antillón confórmano Marta Ochoa, Ismael López, Emmanuel Álvarez e Yosi Negrín, catro arquitectos que exploran diversos territorios culturais, entendendo a construción do espazo físico e artístico a partir da experimentación expositiva, o evento social e o comisariado de arte emerxente. Hoxe en día traballan para artistas musicais emerxentes como Judeline, Oddliquor ou Natalia Lacunza, desarroiando a identidade estética e visual dos mesmos. ESTILISMO Atenea Martínez Molina De orixe galego, Atenea é unha das estilistas máis prometedoras do panorama nacional. Hoxe en día imaxe e música , para ben ou para mal, van estrictamente ligadas… por tanto contar cunha profesional que está a crear e marcar tendencia é unha virtude para o proxecto. Atenea ten traballado con artistas como Nathy Peluso, Anaju, Judeline ou Samantha Hudson. DIRECCIÓN DE VIDEOCLIPS Javier Ferreiro Nacido en Lugo. No 2012, prodúcese un xiro moi importante tanto na súa carreira persoal como profesional, cando é admitido na Escola Internacional de Cinema e Televisión de San Antonio dos Baños (Cuba). O seu proxecto final na EICTV foi a curtametraxe “ALFA”, estreado no Festival Internacional de Cinema de Guadalaxara. Recentemente filmou o curtametraxe “Domingo de Estrea” no que mestura ficción e documental para narrar a vida dunha familia galega cun fillo gai, durante a celebración do Entroido, nun pequeno pobo cunhas fortes tradicións. As relacións familiares extremas, o homoerotismo e o significado da enfermidade son os temas principais que Javier explora nas historias que escribe e filma. DISEÑO WEB Alejandro Pena López ASESORÍA LEGAL Alberto de Lara Bendahan 3. ESTADO DO PROXECTO: En marzo de 2023, FÓRNEAS grabará en o seu primeiro single “El punto de partida” da man do productor Pablo Serrano e que será a antesala do EP de nome “LÍBER-KID”. “Criatura” “LÍBER- KID” será o primeiro traballo discográfico de FÓRNEAS que se publicará a finais do ano 2023, o cal nace dun acto de aceptación, e en consecuencia de reivindicación, posto que neste proxecto Fórneas, que se considera a sí mesmo un showman abertamente homosexual, fará unha viaxe musical, personal e única á súa adolescencia e maila súa infancia “roubadas”. E emprega este termo, porque aínda hoxe ás persoas LGTBIQ+ róubaselles a posibilidade de ser e expresarse libremente dende que son nenos, xustamente no momento en que empezan a distinguir entre ben e mal. Un roubo inxusto e sistemático: Os nenos constrúen unha máscara social tras a que ocultarse ou pasar desapercibidos ante o mundo, coa finalidade de sobrevir nunha sociedade que os exclúe, e en moitas ocasións repudia, fandendo incluso que cheguen a odiarse a sí mesmos. O proxecto atópase en fase de producción e desarroio. Hai varias vías de traballo que permanecen abertas neste momento: Por un lado temos a vía musical, e que se refire estrictamente ao traballo de composición e producción musical co fin de definir e concretar a estética sonora de FÓRNEAS. E por outra banda estamos a traballar na estratexia de marketing musical para dito lanzamento que se detallará máis adiante no apartado de visión a largo plazo. “LÍBER-KID” pretende ser unha viaxe musical (re)conciliadora. Os oíntes do EP que estean a vivir un proceso parecido ao que viviu o noso artista, atoparán en “Liber-Kid” un espazo musical de empatía e protección, coma se fora unha banda sonora que acompaña ao descubrimento da súa propia identidade e maila súa liberación sexual. E por outra banda “Líber-Kid”, axudará aos oíntes que non pertencen ao colectivo LGTBIQ+, a derribar prexuízos e romper estigmas sociais que levan séculos enquistados, conseguindo maior asertividade para coas persoas marxinadas, a través de letras sinxelas e honestas que narren ese proceso de liberación personal que é profundamente necesario para sentirse un ser humano independente e libre, porque aínda que estamos en pleno século XXI, queda moito respecto por conquistar. No dossier artístico do proxecto, inclúese un fragmento da primeira maqueta de “El punto de partida”, cuxa grabación e producción musical en estudo terá lugar o vindeiro mes de marzo de 2023. Dado que é unha versión sobre a que aínda se está a traballar e que está sen rexistrar, incúese un enlace privado que será eliminado da web en canto se resolva esta convocatoria. Por outra banda, inclúese tamén unha maqueta do que será o tema que abra o EP “Líber-Kid”, de título “CRIATURA” e que está inspirada na idea dunha nana contemporánea, onde Fórneas lle canta ao seu neno pequeno, e a tódolos nenos e nenas que aínda sendo cativos, xa empezan a ter conciencia do que lles ocorre, por máis que os adultos tratemos de negárllelo. “Criatura” Letra Orixinal de Fórneas Siempre hay una canción en la memoria que adormece sus heridas, las que acolcharon su pecho los años de noches frías. El día en que abriste los ojos ya era firme la sentencia, aunque el amor sea puro ocultarlo es la condena. No hagas ruido que a lo lejos hay silencios que te acechan, ¿Dónde irá esa criatura? ¿Cómo callará su pena? 4. LOGROS Fórneas é artista dende que era neno. Entre os anos 2005 e 2011, cando aínda era menor de idade e a música era unha aficción, ganou varios certames de música galegos, como cantante. Entre eles destacan os antigos, e hoxe en día desaparecidos, Festival da Canción de Ordes e o Festival da Canción do Landro. Por aquel entón o nome que figuraba para referirse ao artista era o de “Juan Fórneas”. Adxúntanse referencias xornalísticas para a acreditación das súas victorias en ditos certames, para que se teñan en conta na puntuación dos criterios automáticos: - Festival da Canción do Landro (E.M. 2011, 2 de Agosto, “Viveiro festejó a lo grande el Festival do Landro”, La Voz de Galicia) - Festival da Canción de Ordes ( Anónimo, 2006, 25 de Abril , “Juan Fórneas gana en Ordes”, El Correo Gallego.) Tamén cabe sinalar que no ano 2020 participa na webserie XAN, de Lucía Estévez e Miguel Canalejo e que resultou galardoada nos “XIX Premios Mestre Mateo” na categoría de mellor serie web, e onde FÓRNEAS participa no proceso de composición do trap “Coa Comedia Nin” do capítulo “Xan e os límites do humor”. Xa por último, que Fórneas vaia versionar “El punto de partida” para a serie “RED FLAGS” é unha oportunidade que moitos artistas emerxentes desexarían ter, posto que a sincronización de cancións en series e filmes é unha das mellores estratexias para dar a coñecer a música dun artista descoñecido. O que nos da pe a falar da estratexia de marketing musical deste proxecto, posto que hoxe en día, require o mesmo ou máis dedicación que a propia producción musical. 5. VISIÓN A LONGO PLAZO Como se dicía no anterior punto, a aparición das plataformas de streaming e a dixitalización da industria musical a partir da década do 2010, cambiou o paradigma de consumo e producción da música. A gran melloría técnica que experimentaron as tecnoloxías para a producción musical, xunto co abaratamento das mesmas, deron lugar á aparición dos hoxe coñecidos como “Home Studios”, que veñen a ser estudios de grabacións “caseiros”, logrando unha democratización da industria musical. Por tanto aumenta exponencialmente o número de artistas que publican a súa música, xa que non se necesita de intermediarios como distribuidoras ou discográficas para acadar novas audiencias, pero en consecuencia aumenta tamén a competitividade entre artistas e a fugacidade no consumo da música. Por iso hoxe en día un lanzamento musical necesita máis traballo de estratexia e márketing que de horas no estudo de grabación. As proporcións son algo así: Un 80% do tempo de traballo ten que adicarse a á promoción dun lanzamento e un 20% a producción artística do mesmo. O lanzamento do EP de FÓRNEAS, contará cunha estratexia de MARKETING 360, baseada na recirculación do producto. Isto quere dicir que se traballa no diseño a presentar en tódalas canles posibles (televisión, prensa, radio, redes sociais, etc.) e coa finalidade de aproveitar e unificar todos os impactos que veñan e aparezan polo camiño. Hoxe en día é fundamental unha visión lateral na industria musical, hai que estar atento a todos os impactos que se xeneran coa finalidade de amplificalos para conseguir mayor alcance e fidelización de público e oíntes: O feito de que FÓRNEAS sexa unha das promesas do audiovisual galego e nacional, é unha garantía da súa disciplina, profesionalidade e talento. O lanzamento do seu primeiro EP vai despertar a curiosidade no público que descoñece a súa faceta musical, sobre todo no público xoven que verá a serie “RED FLAGS”. Os productores e showrunners de “Zeta Producciones”, que tamén foron responsables de éxitos como “Élite” de Netflix, obtiveron estudos e análisis previos que propulsaron a producción de “RED FLAGS” nos que se diluciidaban datos de alcance e éxito sobre o público potencial de dita ficción, que abarca idades entre os 14 e os 30. Por tanto, tamén podemos afirmar que son altas as probabilidades de que a versión de “El punto de partida” de FÓRNEAS, obteña bos datos de difusión e visualizacións en plataformas de música en streaming. Ademáis sabemos que nos últimos anos, artistas como Guitarrica de la Fuente, Leo Rizzi, María Becerra ou Bad Gyal, iniciaron a súa carreira musical versionando temas que xa eran coñecidos. Por iso facer covers ou versións, resulta unha boa estratexia musical para artistas emerxentes, quenes deben centrarse na creación do seu fandom, tratando de chegar a novas audiencias e co fin de consolidar unha base de prescriptores nos seus perfís das plataformas de música en streaming: Spotify, Deezer, Apple Music, etc. Ademáis tamén contamos co interese de estrenar o E.P de FÓRNEAS, facendo un concerto en vivo no marco dun dos festivais de artes escénicas e música máis especiais dos últimos anos: “Castelo Conta”. Unha iniciativa veciñal en pleno rural galego, para reivindicar a importancia deses núcleos poblacionais e en favor da defensa da súa cultura. Xa por último, Fórneas aspira a ser un artista de escenarios e crea música coa mirada posta no ámbito internacional. Para iso quere contar con boas estratexias de comunicación, para así poder acadar as áreas de maior influencia na prensa cultural. Quere xirar polo país e polo mundo coa finalidade de facer viaxar a súa música e a súa cultura, con letras en galego e castelán fusionadas con música de raíz e vanguadia, sen esquecer o máis importante: Comunicar unha mensaxe transgresora e directa que se basea na defensa e conquista das liberdades, que todo ser humano merece dende o momento no que nace. 6. DEDICACIÓN AO PROXECTO PROFESIONAL A continuación preséntase un cuadrante onde se mostran as principais actividades de cara á publicación do EP “LÍBER-KID”. Estas actividades son susceptibles de modificación, en función dos plazos ou necesidades que nos requira a “Aceleradora de proxectos musicais para artistas emerxentes” no caso de resultar beneficiarios da mesma. CALENDARIO DE TRABALLO 2023 MARZO AGOSTO -Grabación 1º single para a serie RED FLAGS “ EL PUNTO DE PARTIDA” - Concerto de presentación no “Castelo Conta”. -Presentar o EP a varias axencias de booking para traballar a programación de futuros concertos. -Entrevistas e actividades promocionais da serie RED FLAGS e do single “El punto de Partida” ABRIL SETEMBRO -Masterización “El Punto de Partida” -Rodaxe Videoclip -Estrea do single “El punto de Partida” e mailo videoclip. -Preparación de cara ao lanzamento do EP. MAIO OUTUBRO - Desarroio de contido promocional para web e medios de comunicación. - Preparación de contidos gráficos e materiais, - Promoción previa ao lanzamento do EP “Líber-Kid” : Ultimar materiais gráficos e actividades para captar audiencias do EP. para os perfís de FÓRNEAS en plataformas de streaming e RRSS. XUÑO NOVEMBRO - Grabación do EP “Líber-kid” - Lanzamento do EP “Líber Kid” - Mezcla e Mastering do EP “Líber-Kid” - Rodaxe Videoclip da canción “Criatura” XULLO DECEMBRO -Ensaios Concerto Presentación de EP. - Actvidades promocionais do EP: Podcasting, actuacións en vivo, radio, RRSS. etc -Apertura dos perfís de FÓRNEAS en RRSS e plataformas de streaming. CARTA MOTIVACIONAL En Lugo, a 26 de Decembro de 2022. Á atención da Comisión de Valoración: A música sempre foi a miña mellor aliada para afrontar as situación máis complexas da miña vida. E cantar sempre foi a mellor maneira de expresar os meus sentimientos. Curiosamente de neno, empecei cantando cancións de mulleres porque adoraba aquelas voces agudas, pero dalgún xeito e dentro de mín, xa sentía que o meu neno quería adicarlle aqueles versos cantados a outro neno. Xa percibía como a miña atención non quería captar a das nenas, senon a dos que serían homes nun futuro… Imaxinábame cantándo “Volveré junto a tí” de Laura Pausini, aos meus compañeiros de clase e que xa me facían algo de tilín, pero aos que desgraciadamente non lles podía dicir nada do que me pasaba por dentro. E tamén penso que mellorei as miñas habilidades musicais a base de ensaiar en bucle aquelas cancións, porque era a miña única maneira de poder dicir o que sentía, a través de escudarme nas letras e palabras doutros. Ás veces sentíame un pouco perdido con aquela necesidad imperiosa de facelo, sobre todo porque non había absolutamente ninguén ao meu redor con quen poder compartir libremente aquelo que me pasaba. O certo é que medrei nunha familia de clase traballadora que tratou de darme o mellor, pero na que non existía un espazo de liberdade onde abordar os primeiros atisbos da identidade sexual ou da orientación sexual dun cativo. A min sempre se me dixo que de maior casaría cunha muller coa que tería descendencia. E sentín esa presión moi cedo, pero por máis que rezaba e por máis que me obrigaba a fixarme na beleza das miñas compañeiras de clase, o certo é que cada vez que chegaba a casa despois do colexio, o único compañeiro no que pensaba era en Jose Ramón… Ao principio pensaba que eu sentía unha gran paixón pola nosa amizade, ata que comenzaron a xurdir os primeiros soños nos que nos bicabamos a escondidas de todos no patio do colexio, ou incluso imaxinaba excursións á montaña luguesa onde a solas me declaraba o seu amor. Ahí comecei a percatarme de que había un desaxuste no meu corazón: Será que eu poida ser gay? Non teño nin dez anos e xa sinto amor por outro neno? Por qué me tocou ser gay? Por qué non coñezo personalmente a ningún gay? Por qué os gays sólo salen na tele? Son un neno tan malo como para que Deus me mande este castigo? Bendito castigo… Porque a primeira vez que namorei tiña 9 anos e foi de Jose Ramón, un amor puro e despoxado de calquera connotación sexual, baseado no cariño, na admiración e na alegría de pasar anacos xuntos… Todo isto tiven que vivilo en absoluto silencio e sen compartilo con ninguén. Unha frustración mental e emocional demasiado alta para un neno. Foi a primeira vez de outras tantas… En “LÍBER-KID” viaxo á miña infancia e maila miña adolescencia para contar a viaxe que eu mesmo experimentei no meu proceso de liberación sexual, porque creo que é importante contar este tipo de vivencias deixando rexistro delas, para que non caian no esquecemento nin continúen a existir. Quero seguir abrindo camiño ás xeracións vindeiras, sen esquecer a xusta homenaxe que merecen as loitas dos que me precederon e grazas aos que hoxe me sinto un home libre; Todas esas persoas que no século pasado conquistaron os dereitos dos que hoxe o colectivo LGTBIQ+ gozamos, pero que en ocasións penden dun fío porque aínda hai xente disposta a facernos dano; insultando, agredindo ou asasinando… como aconteceu hai un par de anos na Coruña. Por iso hoxe sinto o compromiso de loitar pacificamente polos dereitos e as liberdades das persoas LGTBIQ+ do agora e do mañá. Eu sempre quixen facer música, ter o meu propio álbum coas miñas cancións, pero nestes últimos anos a miña propia autoexigencia e Maila miña baixa autoestima foron ganando a batalla, frenando en moitas ocasións as miñas ideas por medo ao fracaso ou a ser xulgado inxustamente. Non foi un camiño de rosas. O certo é que cando empecei a colaborar con outros artistas en proxectos musicais profesionais, percateime de que eu era o meu peor inimigo cada vez que me dispoñía a escribir a miña propia música. Había algo co que aprendera a convivir en aparente equilibrio: os meus pensamentos intrusivos e tóxicos e que trataban de destrozar a miña propia autoestima. E ditos pensamentos tiñan a orixe na miña homofobia interiorizada e eran os vestixios dunha adolescencia chea de hostilidade e opresión para comigo. “Líber-Kid” é un homenaxe ás adolescencias e infancias que se rouban inxustamente. A palabra Líber-Kid non existe, quixen crear un neoloxismo para definir unha ilusión que me foi arrebatada e que nunca volverá, pero coa que tamén quero facer un pouco de humor cando digo que algún día a RAG definiráa así: Líber-KID. Substantivo sen xénero. Dise daquel neno, nena ou nene , de natureza e nacemento queer, que dende o seu primeiro uso de razón xa puido manifestar libremente calquera atisbo da súa personalidade LGTBIQ+, sen que o criterio ou condicionante dunha persoa adulta irrumpa esa sensación de liberdade plena. Líber era o Deus romano en honor á liberdade e á fertilidade. O seu homólogo grego era Dioniso, que ademáis era o Deus do teatro. Dalgún xeito “Líber” representa á miña raíz, á cidade amurallada e romana que me viu medrar e á que volvo para reconciliarme co meu pasado. Porque co tempo dinme conta de que o amor da familia e dos amigos sempre acaba ganando, e non é xusto estigmatizar un lugar ou xulgar con contundencia ás persoas que quizáis non entenden o que che ocorre. Por iso Líber apela precisamente á liberdade que experimentei ao reconciliarme co meu pasado e co meu lugar de orixe. Kid significa neno en inglés. O idioma da globalización e co que se escribe o POP con maiúculas. Para min é unha maneira de homenaxear á cultura dos 90 que me brindou un primeiro espacio de seguridade, a través do cal puiden chegar a influencias tan importantes como Cher, Queen ou Elton John, artistas cuxo universo musical e estético era tan onírico e fantasioso que me facían ter fé en que algún día podería pasar a aspiradora en mini-saia, pintar os ollos se se me antoxaba ou tocar o piano cun traxe de lentexuelas sen sintirme xulgado. Xa por último, concorro a esta axuda porque necesito seguir traballando neste proxecto para facelo máis forte. O pago en especie desta convocatoria resúltame fundamental na concepción do meu proxecto, porque creo que canto máis asesorado estea e máis recursos materiais e didácticos se me ofrezan, poderei sustentar de mellor forma e contido e estas tremendas ganas coas que desexo contar e cantar ao mundo esta historia. Atentamente Xoán Fórneas.