ACTIVIDADE SOBRE COMUNICACIÓN HUMANA NON VERBAL. Visiona un dos seguintes vídeos ( ou ambos) e responde as cuestións. CUESTIÓNS VÍDEO 1. https://www.youtube.com/watch?v=FjPvphZvBcA A importancia da linguaxe non verbal. 13 `m 1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. 8. 9. 10. 11. 12. Canta carga de comunicación ten a linguaxe non verbal? Por que ocorre isto? Que parte do cerebro é a responsable da comunicación /linguaxe non verbal? Que son as microexpresións? De onde proceden? Como se sabe se un político mente? Hai xestos conscientes (culturais) e xestos inconscientes. Que movementos xestuais son innatos e por tanto non podemos controlar? A raíz do tema tratado, que significado ten a expresión “A cara é o espello da alma”? Que tipo de persoas son capaces de controlar as expresións faciais? O experto fala dunha canle de comunicación non verbal moi potente, cal? En que radica o éxito de políticos como Trump? Que consello nos dá o experto en comunicación para saber se o discurso dun político é crible? Por último, que feito motiva a entrevista? CUESTIÓNS VÍDEO 2. https://www.youtube.com/watch?v=Xr_I6qcd3Ns TED Sonia El Hakim 16m 1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. 8. 9. De que maneira soluciona a conferenciante o problema que se produce no tren? Que significa escoitar activamente? Ou o que é o mesmo,que características ten a escoita activa? É posible pechar as canles non verbais de comunicación? A ponente conta unha anécdota na que fala de como equilibrou a negociación nunha reunión na que en principio estaba en clara desvantaxe. Como o fixo? Canto tempo tardamos en facernos unha impresión sobre unha persoa? É posible contaxiar actitudes positivas ( e negativas) a través dos xestos? Que anécdota aporta para argumentar a súa afirmación? Que feito nos pode levar a pensar que as palabras de alguén non son fiables? En cantas partes dirías que está estruturada a conferencia? Descríbeas minimamente. Despois de escoitar esta conferencia TED,,que conclusión, moralexa se pode extraer? Formúlao nunha frase breve.