Subido por Silvia Bs

Explotación de filones estrechos por el método de cono

Anuncio
1. ENUNCIADO
O obxectivo desta actividade é comprender un método de explotación diferente aos
explicados en clase, os cales constitúen os métodos convencionais.
Responde as cuestións que se expoñen a continuación, tras a lectura e comprensión do
seguinte texto: Título: “Explotación de filóns estreitos polo método do cono”. Peter
Applin. Mining. Edición en español. 1997.
Preguntas:
1. Indica a produción anual de mineral de cada mina.
2. Que é unha mata?
3. Que é a pirrotita, pentlandita e calcopirita?. Indica as características básicas dos
tres minerais. Que é a anfibolita?
4. De que menas se extrae o cobre, o cobalto e o niquel?
5. Realiza un esquema tridimensional do xacemento Selebi-North.
6. Que dilución en % de toneladas de estéril respecto a toneladas de mineral se
produce en Selebi-North empregando o método de cámaras baleiras con
subniveis?
7. Enumera e explica os inconvintes de empregar o método das cámaras baleiras
con subniveis en Selebi-North. Poderíanse levar cámaras baleiras de máis de
25m segundo a corrida da capa? Razoa a resposta.
8. Explica os motivos polos que non se pode aplicar o método de corte e recheo
ascendente en Selebi-North.
9. Por que se reduce o trazado das galerías en estéril no método do cono de
deslizamento fronte ao método de cámaras baleiras con subniveis? Xustifica a
resposta.
10.Por que se reduce a contaminación do estéril? Que ocorrería se se realizase a
extracción despois da dilatación dos planos de estratificación dos hastiais?
11.Indica as condicións que se deben cumprir para poder empregar o método do
cono de deslizamento.
12.Como clasificarías o método do cono de deslizamento? Xustifica a resposta.
3
2. RESOLUCIÓN
1. Indica a produción anual de mineral de cada mina.
Phikwe: 1,95 Mt
Selebi: 0,92 Mt
Selebi North: 0,59 Mt
2. Que é unha mata?
Material en forma dunha mestura sulfurada, que contén entre un 45 a 48% de cobre.
No noso caso contén aproximadamente: 38% de Nin, 40% de Cu e 1% de Co.
3. Que é a pirrotita, pentlandita e calcopirita?. Indica as características básicas dos
tres minerais. Que é a anfibolita?
Nome
Pirrotita
Pentlandita
Calcopirita
Imaxe
Categoría
Minerais
sulfurosos
Minerais sulfurosos
Minerais sulfurosos
Clase
2.CC.10
2.BB.15a
2.CB.10a
Cor
Bronce, marrón
escuro
Amarelo-bronce, marrón
Amarelo-latón,
amarelo mel
Raia
Gris escura, negra
Negra
Negra verdosa
Lustre
Metálico
Metálico
Metálico
Transparencia
Opaco
Opaco
Opaco
Sist. cristalino
Hexagonal,
Monoclínico
Isométrico, hexoctaédrico
Tetragonal,
escalenoédrico
4
Háb. cristalino
Tabular ou
prismático en
prismas
hexagonais; de
masivo a granular
Masivo a granular
Comunmente en
drusas, con caras
estriadas
Exfoliación
Ausente
Boa
Pouco marcada
Fractura
Irregular
Concoidal
Concoidal
3,5 – 4
3,5 – 4
Dureza (Mohs) 3,5 – 4,5
Densidade
4,58 – 4,65 (media 4,6 – 5 (media = g/cm3)
= 4,61 g/cm3)
4,19 g/cm3
Magnetismo
Debilmente
magnético;
fortemente
magnético ao
quentarse
Non magnético
Magnético ao
quentarse
Radiactividade Non radioactivo
Non radioactivo
Non radiactivo
Lugar onde se
pode atopar
Xunto a
pentlandita en
rocas ígneas
básicas, en filóns e
en rocas
metamórficas.
Aparece en rochas ígneas
máficas e ultramáficas.
Moi común nos filóns
de sulfuros
diseminados polas
rochas ígneas.
Tamén xunto a
pirita, marcasita e
magnetita, ou
presente en
meteoritos
chegados á Terra.
Rara é a vez na que se atopou
en meteoritos.
Ni, Cu e Pt
Fe e Ni
Mena de
A miúdo atópase formando
intercrecementos dos seus
cristais cos da pirrotita.
Poden formarse e
atoparse en: rochas
pegmatitas
neumatolíticas,
rochas hidrotermais
de alta temperatura,
depósitos de
metamorfismo de
contacto, así como
constituínte primario
de rochas ígneas
básicas.
Cu.
A anfibolita é unha roca escura, pesada, metamórfica composta no seu maior parte
polo mineral anfíbolo. Son as rocas máis antigas atopadas, cunha idade aproximada de
entre 4.200 e 4.300 millóns de anos.
5
É moi dura e ten un alto brillo. A combinación da súa capacidade de ser puída, a súa
cor escura e a súa textura fixeron da anfibolita unha pedra popular na construción.
Utilízase como lastra e como revestimento ou revestimento en edificios (tanto para
uso interior como exterior).Tamén se utiliza como pedra triturada para aplicacións
tales como construción de camiños e a cama da pista do ferrocarril.
4. De que menas se extrae o cobre, o cobalto e o niquel?
Cobre: Bornita, Calcopirita, Cuprita e Calcosina.
Cobalto: Cobaltita.
Níquel: Pentlandita.
5. Realiza un esquema tridimensional do xacemento Selebi-North.
6. Que dilución en % de toneladas de estéril respecto a toneladas de mineral se
produce en Selebi-North empregando o método de cámaras baleiras con
subniveis?
Ás veces, chegaba a superar o 15%.
7. Enumera e explica os inconvintes de empregar o método das cámaras baleiras
con subniveis en Selebi-North. Poderíanse levar cámaras baleiras de máis de
25m segundo a corrida da capa? Razoa a resposta.
O maior inconvinte de empregar o método das cámaras baleiras con subniveis en
Selebi-North era a contaminación por estéril, xa que unha vez avanzados 25-30m en
6
dirección á corrida, producíanse desprendementos de rochas do muro e teito,
contaminado os puntos de carga con estéril.
Este mineral contaminado, era despois transportado ao exterior onde resultaba
preciso escoller os maiores fragmentos do estéril para volver a cargalos e trasladalos
ao vertedoiro.
Por esta razón, os resultados de produción eran irregulares tanto en tonelaxe coma en
lei, o que facía inviable a explotación.
Non se poderían levar cámaras baleiras de máis de 25m segundo a corrida da capa
debido aos desprendementos que se producían a teito e muro, de feito, de querer
continuar a explotación con esta técnica, teríanse que reducir as lonxitudes das
cámaras en dirección da corrida a menos de 25m, aumentando o avance de cueles de
apertura inicial e das perdidas da explotación en pilares suplementarios.
8. Explica os motivos polos que non se pode aplicar o método de corte e recheo
ascendente en Selebi-North.
Pola remota localización e falta de material de recheo para empregar dito método.
9. Por que se reduce o trazado das galerías en estéril no método do cono de
deslizamento fronte ao método de cámaras baleiras con subniveis? Xustifica a
resposta.
Porque a explotación esta limitada a dentro do xacemento, ao atacala de forma
lonxitudinal á capa de explotación, mentres que antes a maioría das galerías eran en
estéril ao atacar de forma transversal a capa en cuestión.
10.Por que se reduce a contaminación do estéril? Que ocorrería se se realizase a
extracción despois da dilatación dos planos de estratificación dos hastiais?
Porque é o mineral compactado tras as voaduras, o que sostén o teito e muro. Desta
forma pódese ir extraendo o mineral a medida que avanza o cono en retirada de tal
maneira que é detrás do cono onde o estéril entra na sección onde antes estaba o
cono de mineral.
Se se producise a extracción despois da dilatación dos planos de estratificación dos
hastiais, o mineral contaminaríase con estéril, por esta razón o oco entre a fronte da
cámara e a fronte do cono non debe ser maior que a distancia crítica d 25-30m, a cal
daría lugar a dita dilatación.
11.Indica as condicións que se deben cumprir para poder empregar o método do
cono de deslizamento.
Ter un xacemento cunha capa de mineral cun alto buzamento, así como presentar este
condicións de debilidade estrutural a teito e muro.
7
12.Como clasificarías o método do cono de deslizamento? Xustifica a resposta.
Método de explotación con afundimento, debido a que o teito e muro vanse ir cara o
espazo que ocupaba o cono a medida que este avance en retirada, e polo tanto vaise
producir un afundimento.
8
Descargar