Subido por Lucia Dominguez

ACTIVIDADES SOBRE O TEMA 4

Anuncio
ACTIVIDADES SOBRE O TEMA 4: ESPAÑA NO SÉCULO XIX
1-CARLOS IV E A GUERRA DA INDEPENDENCIA (1808-1814)
a)-Quen foi o ministro de Carlos IV que de feito gobernou España?.
O ministro de Carlos IV que gobernou España foi Manuel Godoy
(1767-1851).
Despois de ter como ministros a Floridablanca e Aranda , Carlos IV
nombra primer ministro a Manuel Godoy que era un home da súa
confianza pero sin apoios políticos.De orixe humilde foi ascendendo
gracias a amistade ca reina Mª Luisa de Parma. Chega a primer
ministro con só 25 anos.
A súa primeira intervención consistiu en salvar o rei Luis XVI , primo
de Carlos IV, da guillotina. En 1793 ,tras a execución de Luis XVI,
España formou parte dunha coalición de potencias que loitaron
contra Francia. Era unha forma de defender o Antigo Réxime ante a
radicalización da Revolución Francesa.
En 197, España cambia de política respecto a Francia. A Revolución
entra nunha fase máis moderada e Godoy alíase co país veciño
firmando o Tratado de Basilea o que lle valiu o apelativo de
“príncipe de la Paz”. Máis tarde España e Francia aliaronse en
contra de Gran Bretaña.
FALTA, FALTA, FALTA, FALTA
FALTA
b)- Por que invadiron os exércitos franceses España?
Napoleón, autoproclamado emperador, fracasa na invasión de
Inglaterra, entón proponse rendila cun bloqueo económico que lle
impida comercializar co continente ; pero para eso necesita
neutralizar a Portugal. O seu plan consiste en invadir Portugal desde
España con tropas francesas e tamén españolas. Godoy cede as
presións e España acaba firmando o Tratado de Fontainebleau no
que fixa o reparto de Portugal.
Un exército francés moi numeroso atravesaría España para
colaborar na invasión e despois da victoria o sur de Portugal sería
para Godoy.
En febreiro de 1808 , as tropas francesas entran na península pero
por onde pasaban ocupaban as fortalezas das cidades, compórtanse
como conquistadores; estaban poñendo en práctica o plan secreto
de Napoleón que era incorporar a Francia o nordeste de España e
extender a súa frontera ata o Ebro.
c)- Que consecuencias tivo a conspiración e o motín de Aranjuez?
As consecuencias que tivo o motín de Aranjuez foi a destitución de
Godoy e a abdicación de Carlos IV no seu fillo Fernando.
Pouco despois, Napoleón reune a Carlos IV e Fernando en Bayonne
e consigue que ambos renuncien os seus dereitos como reis. O
emperador francés, Napoleon , cede o trono o seu irmán Jose
Bonaparte que reinará como Jose I ata finais de 1813.
d)- Que batalla naval perderon os españois e franceses contra Gran
Bretaña?
A batalla de Trafalgar foi un combate naval que enfrentou a Gran
Bretaña contra Francia e España e tivo lugar frente o cabo de
Tralgar en Cádiz o 21 outubro de 1805.
Na batalla de Trafalgar enfrentáronse:
-armada de Francia co apoio da de España con 33 buque de
guerra(15 españois e 18 franceses).
-flota de Gran Bretaña liderada por Nelson con 27 naves.
Napoleón decidiu aliarse con España ofrecéndolle territorios a
cambio de que lle axudara a invadir as islas británicas, consciente
de que Gran Bretaña era o seu enemigo máis teimudo.
O 21 octubre de 1805 as flotas de Francia e España encontrábanse
frente o cabo de Trafalgar, onde a armada británica mantiña un
bloqueo do mar Mediterráneo. Debido a súa superioridade en
estratexia, experiencia e armamento os británicos lograron derrotar
os seus enemigos aínda que estos os superaban en número.
Na batalla perdeu a vida o vicealmirante Nelson, un dos mellores
marinos británicos.
Despois de Trafalgar, Napoleón abandonou a idea de invadir Gran
Bretaña.
e)- Tras a invasión da Península Ibérica polos franceses. Que tipo de
guerra mantiveron os españois?
FALTA, FALTA, FALTA, FALTA
FALTA, FALTA.
2- AS CORTES DE CADIZ E A CONSTITUCIÓN DE 1812
A- Le o texto e responde ás preguntas:
a)-A que familia e persoa fai referencia especialmente , na España
de 1812, o artigo 2?
A familia e persoa a que fai referencia é a dos Borbóns,
concretamente Fernando VII que usurpou o poder a seu pai Carlos
IV e ambos abdicaron en Bayonne en favor de Jose I, irmán de
Napoleón.
b)-En que artigo e de que forma está expresado o principio da
soberanía nacional?
O principio da soberanía nacional está expresado no artigo 3.
“ La soberanía reside esencialmente en la Nación y por lo mismo
pertenece a ésta exclusivamente el derecho de establecer sus leyes
fundamentales”
c)-Establece a Constitución a separación de poderes?. En que
consiste?
A Constitución de 1812 establece a separación de poderes nos
artigos: 15, 16 ,17 .
A separación de poderes é un sistema que busca a independencia
entre o poder lexislativo, o poder executivo e o poder xudicial para
evitar o abuso de poder.
d)-Quen exerce o poder lexislativo? e o executivo?, e o xudicial?
O artigo 15 refírese ó poder lexislativo que corresponde ás Cortes
xunto co rei. Posteriormente no artigo 27 concreta que as Cortes
reuniranse anualmente e detalla que os poderes son amplios
(aprobar as leis, o sucesor da Coroa, etc…).
O artigo 16 refírese ó poder executivo otorgando ese poder ó rei
quen nombra e cesa os ministros e dirixe a administración axudado
dun Consello de Estado (que limita o poder do soberano).
O artigo 17 refírese ó poder xudicial que reside nos tribunais
prohibindo ás Cortes e ó rei exercer este poder.
B- Que grupos se podían diferenciar dentro das Cortes?.Que ideas
defendían cada un deles?.
Nas Cortes diferenciáronse tres grupos:
- Liberais;eran a maioria dos deputados. Eran partidarios de
reformas revolucionarias inspiradas nos principios da Revolución
Francesa.
-Absolutistas; eran unha minoría. Eran partidarios de manter o
Antigo Réxime.
- Algúns Deputados americanos, preocupados polos problemas
das colonias.
3- O REINADO DE FERNANDO VII (1814-1833)
a)- Quen apoiou a Fernando VII cando voltou a España?
Fernando VII voltou a España en marzo de 1814 e foi apoiado por un
grupo de 69 deputados absolutistas que lle entregaron o Manifesto
dos Persas, no que lle suxerían que restituíse a plena soberanía real. O
monarca decretou a abolición da Constitución de 1812 e de todas as
leis saídas das Cortes de Cádiz e empezou a gobernar como un rei
absoluto. Volvíase o Antigo Réxime.
b)-Que é un pronunciamento?
Un pronunciamento son sublevacións militares para restaurar o
liberalismo .
Durante o sexenio absolutista déronse varios pronunciamentos por
parte dos militares que estaban en contra da restauración do Antigo
Réxime. Estos pronunciamentos foron todos fallidos e de carácter
liberal.
En 1820 triunfou o pronunciamento liberal dirixido polo coronel Riego
e Fernando VII prometeu xurar a Constitución de 1812. O 9 marzo xura
a Constitución e comenza o trienio liberal.
c)- Por que algúns militares protagonizaron pronunciamentos contra
Fernando VII?
Estos pronunciamentos estaban en contra da restauración do Antigo
Réxime.Entre eles : Espoz e Mina (1814), Díaz Porlier(1815),
Richart(1816) ou Lacy e Milans del Bosch(1817). Estos
pronunciamentos foron todos fallidos e de carácter liberal.
A maioria dos militares que encabezaban estos pronunciamentos
pasaron á masonería.
d)-Con que fin publicou Fernando VII a Pragmática Sanción?. Cal foi a
reacción do seu irmán Carlos ante este feito?
Fernando VII promulgou a Pragmática Sanción para anular a Ley Sálica
de 1713.
Fernando VII solo tiña 2 fillas e en España existía unha lei que impedía
reinar ás mulleres; era a Ley Sálica. Para solucionar este asunto o rei
promulgou a Pragmática Sanción en 1830.
A Pragmática Sanción era unha medida destinada a abolir a lei que
antepoñía o dereito o trono dos homes ás mulleres.
O irmán do rei , Carlos María Isidro, autoproclamouse rei e sublevouse
xunto co sector absolutista.
Ó morrer Fernando VII, Isabel(filla do rei e menor de idade) queda
recoñecida como reina de España frente a candidatura do seu tio
Carlos. Pero os carlistas provocaron o inicio dunha guerra que durou
sete anos (1ª guerra carlista) para defender o seu suposto dereito ó
trono.
Descargar