Eladio Rodríguez González

Anuncio
ELADIO RODRÍGUEZ GONZÁLEZ
Naceu en San Clodio, Leiro (Ourense) o 26−07−1864 e morreu en A Coruña o 14−04−1949.
Foi funcionario municipal entre 1888 e 1937 no que se xubilou como oficial mallor honorario.
Colaborou en numerosos periódicos e revistas (revista gallega,...) e diriweu os sornáis La mañana e El
Noroeste.
Foi escritor, poeta e foi autor do Diccionario Enciclopédico Gallego−Castellano e foi presidente del.
Foi un dos 40 membros fundadores da Academia Galega en 1905.
Pertenceu a Liga e a Solidariedade Galega.
Fixo varios libros entre os que destacan Folerpas en 1894, Oracións campesinas e Raza e terra en 1922.
Na súa poesía destacaban os temas costumistas, temático paisaxístico... e pertenceu o coro Cantigas da terra.
Bo coñecedor do léxico galego, traballou durante moitos anos na redacción dun Diccionario Enciclopédico
Gallego−Castellano, que se editou en 3 tomos en tempos moi posteriores á súa morte. Non obstante o aporte
que fixo á Literatura galega, centrouse na súa poesía. Tamén exercera como xornalista e como empregado
municipal en A Coruña. Figurou entre os membros numerarios fundadores da Real Academia Galega.
Moi novo estabelecéuse na Coruña, onde foi empregado municipal e xornalista. Foi numerario fundador da
Academia Galega, e segredario durante sete anos baixo as presidencias de Murguía, Martínez Salazar e Ponte
Blanco. Eleito pre-sidente da Academia o 20 de novembro de 1926, como sucesor do derra-deiro dos citados,
renuncióu a ise posto por motivos de saúde en 1934. Morreu na Cruíia o 14 de abril de 1949. Excelente
coñecedor do léxico galego, traballou moitos anos no seu Diccionario gallego−castellano, de carácter
enciclopédico, e que se acha agora (1961) en curso de póstu-ma publicación. Corno poeta, deixou dous libros,
Folerpas e Oraciós campesiñas. Algúns poemas dista derradeira colección foran xa re-unidos con
anterioridade nun folleto.
Nos versos de Rodríguez González achamos sempre métrica correi-ta, lingua esmerada. En Folerpas, a carón
disas características, pode-rnos rexistar realismo para os detalles materiais, idealismo na represen-tación da
mentalidade campesiña. A expresión abonda en tópicos. Hai variedade de temas. Moitos alegados
rexionalistas, que son prosa ver-sificada. Cadros de costumes que non engaden cousa aos prototipos
co-ñecidos. Rasgos picarescos. Atopamos tamén ensaios narrativos, como Os orfos da emigración5 e máis
outros. O puzo do barco titúlase len-da, pero o elemento épico está cáxeque afogado polas consideracións ou
refresións didácticas. O puzo do lago desenrola un motivo tradi-cional moi coñecído. Aínda que a fábula é ben
distinta da de A Virxe do Cristal, trátase dunha lenda executada con arregro a unha tectó-nica inspirada no
poema de Curros, coa correspondente aparición da Nosa Señora. A métrica segue tamén moi fielmente o
modelo, con oita-vas, romances, rimas internas e os aleixandrinos finas. O mesmo ocu-rre coa linguaxe, tanto
polo que se refire ao vocabulario como polo que respeita á fraseoloxia. Falta inspiración persoal. Curros é o
autor máis seguido en Folerpas, no que mira aos procedimentos estilísticos, ben que se trata do Curros
costumísta ou épico. Na sátira política, que é abondante, Rodríguez está lonxe da enérxica locución de Curros,
e, ao se laiar dos males que sofren os labregos, achégase máis ao enfoque tí-pico de Lamas Carvajal. Non hai
lirismo.
Oraciós campesiñas comprende poemas de inspiración sentimental e descriptiva, así como cantos de
1
reivindicación agraria. Os enlevos do campo, coas dores dos seus habitantes, ofrécensenos en versos moles e
opacos. Os remates dos poemas soen ser prosaicos, e o autor, non acertando a erguer o tono nun acorde final,
recurre a medios tipográ-ficos, como puntos suspensivos ou signos de admiración, para dar unha sensación de
elocuencia ou cambio de rexisto no coroamento da can-ción. O léxico e a sintase son excelentes, e a
versificación boa. Rodrí-guez González beneficiase niste libro como poucos poetas galegos
Barcia, Pondal, das ínnovacións métricas de `Rosalía. Usa o oitosí-labo en combinación co endecasílabo e o
decasílabo, e aínda con outros tipos de versos curtos: de catro, cinco, seis e sete sílabas.
• Como poeta publicou en 1894 o libro Folerpas.
• En 1927 sacou o libro Oracións Campesinas.
O primeiro deste volumes caracterízase pola súa variedade temática. Hai nela alegatos rexionalistas, cadros de
costumes, rasgos picarescos, e mesmo algúns ensaios narrativos. O segundo recolle, en especial, poemas de
inspiración sentimental e descriptiva, pero, xunto a eles, figuran cantos de revindicación agraria.
Os diccionarios da Gran Enciclopedia Galega conteñen todo o material nos diccionarios que o precederon.
Numerosas definicións acompañadas de ditos, modismos, refrans, noticias de carácter etnográfico. Toda esa
riqueza vese non poucas veces entorpecida pola admisión de castelanismos, americanismos, latinismos,
helenismos e outras veces aduenodizas tomadas directamente do diccionario castelán e non do expolio de
obras científicas ou literarias galegas.
O terceiro e último tomo desta obra complétase cun apéndice dos editores, no que se engaden unhas cinco mil
voces tomadas principalmente dos materiales publicados por Aníbal Otero en Cuadernos de Estudios Gallegos
(1948 e ss.) e Archivum (Oviedo, 1953 e ss.). Contén tamén este tomo unha reedición do Vocabulario
castellano−gallego das Irmandades da Fala, todo revisado.
• Francisco Javier Rodríguez (A Coruña, 1863) Diccionario gallego−castellano.
• Juan Cuveiro Piñol (Barcelona, 1876) Diccionario gallego.
• Marcial Valladares Núñez (Santiago, 1884) Diccionario gallego−castellano.
• Real Academia Gallega (A Coruña, 1913−1928) Diccionario gallego−castellano.
• Filgueira Valverde, Tobío Fernández, Magariño Negreira e Cordal Carús (1926) Vocabulario popular
galego−castelán.
• Leandro Carré Alvarellos (A Coruña, 1928−1931) Diccionario galego−castelán.
• Eladio Rodríguez González (Vigo, 1958−1961) Diccionario galego−castelán.
• Xosé Luis Franco Grande (Vigo, 1968) Diccionario galego−castelán.
• José Ibáñez Fernández (Madrid, 1950) Diccionario galego da rima e galego−castelán.
• Aníbal Otero (Vigo, 1967) Contribución ó diccionario gallego.
A Real Academia Galega é unha institución que foi creada na Habana en 1905 á iniciativa de patriotas
galegos residentes en aquela capital. É unha das corporacións que máis traballa en España pola difusión da
cultura literaria, histórica e artística. O seu obxectivo é cultivar as belas artes e a contribuír ó coñecemento da
historia, antigüedades, literatura e lengua de Galicia.
Adícase a investigacións, adquisicións e conservación dos libros, manuscritos e demáis monumentos que
estén relacionados cos fins do seu instituto. Adxudica premios en metálico e retribucións por traballos
literarios e históricos de verdadeira importancia. A súa sede está en A Coruña.
Ata 1984 tiveran 8 secretarios, 8 tesoureiros e 3 archiveiros−bibliotecarios.
Os presidentes foron M.Murguía, A. Martínez Salazar, F.Ponte e Blanco, Eladio Rodríguez González,
M.Lugris Treire, M.Casás Fernández, S.Martinez Risco e Macías, e o actual D.García Sabell; secretario:
2
M.Dónega, tesoureiros: Rozas, A.Mejide Pardo, archiveiro−bibliotecario: J.Naya Pérez.
A Academia ofrece diversos servicios, dos que sólo apuntaremos os máis significativos:
• 1.−Biblioteca: Custódianse cerca de 40000 volúmenes. Destacan: Luis Seoane, Angel Hermosilla e o
Ministerio de Cultura.
• 2.−Investigación: Acuden moitos estudiosos nacionais e extranxeiros para investigar sobre temas
deste país.
• 3.−Hemeroteca: As coleccións de periódicos e revistas que se refiren a Galicia son interesantísimas e
numerosas.
• 4.−Archivo: O archivo da Real Academia Galega está sumamente nutrido e contén pezas únicas e
interesantes para a historia de Galicia.
• 5.−Museo Académico: Gárdanse pezas referentes todas a relixión galaica.
• 6.−Museo Emilia Pardo Bazán: É o máis completo dos museos monográficos de España. Figura todo
o interesante que foi legado a Academia para a súa formación.
• 7.−Publicacións: A Real Academia Galega deu a estampa numerosos estudios contidos en libros e
folletos.
• 8.−Asambleas: A Academia promoveu diversas asambleas de carácter literario é científico.
Importantes: Primeira e segunda asambleas lusitano−galegas en Braga (Portugal) en 1955.
O periódico El Noroeste foi un xornal coruñés que ó longo da súa existencia levou varios subtítulos, ó tempo
que ía pasando por diferentes épocas. Nace en 1880, e no mes de decembro de 1896 era director Eladio
Rodríguez, que antes pertencera ó equipo redactor. Nesta época tiña por subtítulo Diario católico regionalista.
Contou cun suplemente titulado Nós. Páxinas gallegas do diario da Coruña El Noroeste. Considerando o
inmediato antecedente do Nós. Boletín mensual da cultura galega. O seu creador foi Eladio Rogríguez 36, e
empezou o 17 de setembro de 1918 sendo o seu primeiro artigo Na xuntanza está a forza e na forza o triunfo.
E nos seguintes números publicáronse poemas.
Contou con varios colaboradores como o poeta: Manuel Antonio, Vicente Risco, Luis Villadefrancos Calé,
Xosé Iglesias Rouca, etc.
Raza e terra foi un libro de Eladio que saíu do prelo en Ferrol en 1922 e é o número 9 da colección Céltiga
que dirixía o médico é escritor Xaime Quintanilla Martínez. A temática é a mesma cá de Folerpas aínda que
xa os separaran 28 anos. A rexeneración de Galicia, os seus mitos e a súa historia, en As novas rutas. A
Galicia asoballada polo centralismo, polo caciquismo... Vía Crucis é O Camiño.
Oracións Campesinas O 3º libro
Francisco Fernández del Riego afirma que Eladio era un bo coñecedor da lingua.
En Oracións campesinas descóbrense mellores calidades poéticas: no descrivismo e no sentimentalismo.
Oracións Campesinas sae do prelo na Coruña en 1927. Figuran 81 poemas que a maioría xa foran publicados
nos periódicos ou revistas.
A Nosa Terra
O 4 de Outubro de 1907 reproduce o 1º poema de Folerpas.
Non volven a aparecer colaboracións suas ata que A Nosa Terra se constitúe en voceiro das Irmandades da
3
Fala en 1916. E nos anos seguintes publica varios poemas seus. A continuación da a coñecer unha serie que
leva por título Pinturas de almas dedicada a algúns artistas galegos. O 1º é dedicado ó pintor Sotomayor
seguíndolle Llorens, Castelao, Sobrino, Asorey...
Diccionario Enciclopédico Gallego−castellano
Foi un traballo de toda a vida e o autor non chegou a velo publicado. O diccionario xa o tiña listo para
publicar en 1927 como consta na última garda de Oracións Campesinas.
Foi o diccionario no que está recollido canto se conoce de costumes, estilos consuetudinarios, supersticións,
herencias, folklore, mitolixía popular e outros aspectos da vida galega. Contén ademáis as frases, modismos e
locucións adverbiales que se usan máis a cotío en Galicia, as variantes que moitas palabras teñen nas
diferentes comarcas das 4 provincias, os milleiros de refráns que na nosa terra son un tesouro de experiencia
campesina.
Na revista Nós o comentarista láiase de que fique inédita a obra de Eladio Rodríguez, malía que o concello
coruñés acordase da súa publicación. Os anos que seugen non son propicios.
− A Guerra Civil, a persecución dos máis sobranceiros galeguistas e intelectuais, a dura e inquisitorial
posguerra, a pouca saúde do autor e o seu pasamento en 1947. Oito anos despois se faga por fin realidade o
soño do poeta e lexicógrafo ribeiran, saíndo o 1º volume, o que seguirán o 2º (1960) e o 3º (1961). Recolleu o
material publicado nos diccionarios que o precederon formando unha voluminosa obra que saíu en 3 volumes.
Recóllense milleiros de palabras duna lingua que nin estaba normativizada nin tampouco normalizada,
nalgúns casos acolle termos espurios, como sucede con varios castelanismos, latinismos, helenismos e
americanismos.
A nenez de Eladio transcorreu como calquera outro do Ribeiro, onde tódalas familias se adicaban ó cultivo
das cepas e a elaboración do viño, pero xa se empezaban a senti−los funestos das pragas, que habían
ocasiona−la ruina económica dos máis dos labregos. A maioría da xente que quería gañar cartos ía para
América.
Aprende as primeiras letras en San Clodio, nunha escola que estaba nas dependencias da entón ruinosa casa
conventual e despois vaise vivir co seu tío. Pero despois volveu a San Clodio e viviu 24 anos.
Acadou no certame brigantino 4 premios: o de honra Os orfos da emigración, o primeiro accésit Arrenégote
moda, o carnaval de prata O puzo do Barco, e a liga de prata As festas da miña terra. A revista Galicia axiña
acolle as súas poesías, a primeira foi O puzo do Lago que saíu no suplemento literario en 1887, e despois
publicaríanse moitos máis.
Ábrenselle as portas do xornal La Mañana e despois o do coruñés El Noroeste. Pero despois volveu traballar
no La Mañana do que era director.
Colaborou en A Monteira de Lugo inserindo 3 poemas:
O puzo do barco, ¡Canté! é ¡Demo non digas!. Na Revista Gallega saíron algunhas poesías e algúns textos en
castelán.
No mes de Agosto de 1900 sae en Follas Novas o poema xa coñecido No muiño que saíra en varias revistas e
periódicos.
4
Descargar