Comunicado de prensa núm. 1

Anuncio
II CICLO DE CINE E HISTORIA: “A HISTORIA QUE VIVIMOS”
Santiago, 18 e 25 de xaneiro, 1, 8 e 15 de febreiro de 2007
CURSO DE FORMACIÓN DO PROFESORADO
Comunicado de prensa
Nova Escola Galega e a Asociación Cultural Sine Nomine convocan unha rolda de
prensa que terá lugar na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela ás 12.30 horas do
martes 16 de febreiro para presentar o curso de formación do profesorado titulado A
Historia que vivimos. Na rolda de prensa participará, ademais, de representantes das
entidades organizadoras, Dna. Elvira Cienfuegos, concelleira de Educación de Santiago de
Compostela.
Nos meses de xaneiro e febreiro de 2006, Nova Escola Galega e a Asociación Cultural
Sine Nomine, organizaron un curso de formación do profesorado sobre Cine documental e
Historia de España. Dado o éxito da experiencia, as dúas asociacións realizan unha nova
convocatoria.
Na organización do curso participan o Departamento de Educación do Concello de
Santiago, a Consellería de Educación da Xunta de Galicia, o Departamento de Historia
Contemporánea da Facultade de Historia da USC, a Fundación 10 de Marzo e a Fundación
Araguaney.
Programa:
1.- 18 de xaneiro (xoves). Película: Promises. Dir: Carlos Bolado, B.Z. Goldberg e Justine
Shapiro. 2001 (106 minutos) sobre o conflicto palestino-israelí a través da mirada da infancia.
Charla: Ghaleb Jaber Ibrahim . Presidente da Fundación Araguaney.
2.- 25 de xaneiro. Película: El efecto Iguazú. Dir: Pere Joan Ventura. 2002 (90 minutos) sobre os
traballadores de Sintel e a súa loita.
Charla: Carlos Domench, inspector de Traballo.
3.- 1 de febreiro. Película: La espalda del mundo. Dir: Javier Corcuera. 2000. (89 minutos).
Contén tres curtas: unha sobre o traballo infantil en Lima e como o compaxinan cos estudios,
outra sobre unha muller kurda exiliada que chega ser deputada, e outra sobre a pena de morte en
Texas.
Charla: Carlos Taibo. Profesor da Universidade Autónoma de Madrid.
4.- 8 de febreiro. Película: The March. Dir: David Wheatley.1990 (95 minutos).
Charla: Miguel Fernández representante de Cáritas e portavoz do Foro da Inmigración e Embai
Lo, presidente da asociación de senegaleses de A Coruña.
5.- 15 de febreiro. Película: La memoria es vaga. Dir: Katie Halper. 2004 (58 minutos)
Charla: Ramón L. Facal (profesor de historia de secundaria e da USC) e Victoriano de la Torre
representante de Amnistía Internacional
Lugar e hora: Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche.
Rúa Frei Rosendo Salvado.
Tódalas sesións se iniciarán as 18 horas.
Descargar