[Video] Charla en Compostela. A cuestión nacional andaluza

Anuncio
[Video] Charla en Compostela. A cuestión nacional andaluza
Mar de Lumes :: 15/04/2014
Esta pasada fin de semana, en Mar de Lumes organizamos unha palestra informativa sobre a
cuestión nacional andaluza con Antonio Torres, membro da Dirección Nacional do SAT e Secretario
Xeral de Andalucía Comunista.
Con el aprendemos que a conceptualización de Andalucía como nación colonizada polo Estado
español non é un invento recente e que, ao contrario, os nosos povos — o andaluz e o galego — se
teñen movido en moitas ocasións en sentidos moi similares. Soubemos tamén que figuras como Blas
Infante e Castelao están máis próximas do que parece e que hoxe a sensación de pertenza nacional
crece naquel país de forma esperanzadora, aínda que lentamente.
Como a intervención deu para moito, incluímos a continuación o vídeo da palestra celebrada na
Adega Grândola de Compostela, este 12 de abril:
Desde Mar de Lumes non é a primeira vez que organizamos actividades sobre Andalucía.
Anteriormente, tíñamos contado xa con Fran León, de Jaleo!!!, para unha charla-coloquio no C. S.
Faísca de Vigo. Facémolo porque o proxecto uniformizador que España representa non só nos
agrede ás nacións do norte — Galiza, Euskal Herria, Cataluña — senón a todas as que conforman a
súa imposíbel «integridade territorial».
_______________
http://www.lahaine.org/mm_ss_est_esp.php/video-charla-en-compostela-a-cuestion-na
lahaine.org :: 1
Descargar