A GUERRA CIVIL (1936−1939) COMEZO E INTERNACIONALIZACIÓN DA GUERRA

Anuncio
A GUERRA CIVIL (1936−1939)
COMEZO E INTERNACIONALIZACIÓN DA GUERRA
Ante o perigo dun golpe de estado, derivado do descontento de militares e partidarios de dereitas polo traspaso
de poder á Fronte Popular, esta tomou as primeiras medidas que consistían en establecer unha vixilancia sobre
os militares sospeitosos, colocar en postos clave do exército a mandos republicanos, e en destinar a lugares
menos perigosos ós xenerais sospeitosos (Mola a Pamplona, Franco a Canarias, e Goded a Baleares). Os
golpistas estaban constituídos por unha Xunta Militar, presidida polo xeneral San Jurjo e contaba cos apoios
políticos da Falanxe e o Bando Nacional. A CEDA non se involucrou no golpe, pero Gil Robles estaba
informado.
Golpe de Estado
O 17 de Xullo iniciouse a rebelión en Ceuta, en Melilla e no protectorado español en Marrocos. Ó día seguinte
comezou na península.
As medidas tomadas dende o indeciso goberno foron as de cesar ós oficiais golpistas e as tropas que lles foron
fieis, negarlle ás organizacións obreiras armas para combater ós fascistas. A dimisión de Casares Quiroga deu
na subida ó poder de José Giral, que lle entregará armas ós obreiros.
Esta indecisión provocou que os sublevados controlasen no verán do 36 o norte de Marrocos, as Canarias,
Baleares, Galicia, a zona occidental dos Pirineos, o sistema central e parte de Extremadura.
As dúas Españas
En canto á España Republicana cómpre destacar o débil goberno de José Giral, a toma das rúas por parte das
organizacións obreiras, o apoio de 8.500 oficiais, 160.000 soldados, a maior parte da Aviación e case toda a
Mariña e a formación das milicias populares. O goberno controlaba os recursos financieiros, e as zonas máis
industriais e mineiras. 270.000 km2 e 14.000.000 de habitantes.
Na España nacional destacan a morte do xeneral San Jurjo, polo que se constituiu a Xunta de Defensa
Nacional en Burgos dirixida polo xeneral Cabanellas e na que Franco asume o control político e militar. O
Bando Nacional ten o control das zonas rurais (70% prod. Agricola e 20% da industrial).230.000 km2 e
10.000.000 habitantes.
A Implicación Internacional
Francia e Gran Bretaña acordaron unha posición de neutralidade no Comité de Non Intervención.
Os aliados da república foron: −México
− URSS.− envío de armas, víveres, especialistas...
−Francia.− envío de armas na clandestinidade
−Brigadas Internacionais: 60.000 voluntarios sobre todo dos Partidos Comunistas europeos loitaron ata
outubro do 38 (chamamento á solidaridade x parte da Internacional Comunista)
−A maior parte dos intelectuais de todo o mundo.
1
Os aliados dos Rebeldes: −Alemaña armas, avións, homes.
−Italia Armas, avións, homes
−Portugal Armas, Víveres, 10.000 homes (viriatos).
−TEXACO (petróleo), General Motors e Ford (camións).
−EEUU permitiu a saida de petróleo e armas para os dous bandos.
AS OPERACIÓNS MILITARES
A LOITA POR MADRID (XULLO DO 36 − MARZO DO 37)
Madrid foi o principal obxectivo a tomar, e para isto debíanse levar a cabo dúas operación simultáneas. Dende
o Norte o exércitode mola estancouse no Sistema Central ante a resistencia dos milicianos, as tropas leais e o
Quinto Rexemento (ainda que tomou San Sebastian deisando ós Republicanos aillados de Francia). Polo Sur,
Franco non cruzou Xibraltar ata contar con avións alemáns e italianos en setembro, feito tralo cal alcanzou
Madrid rápidamente. Simultáneamente Largo Caballero subiu o poder e Franco conceutrou o poder político e
militar.
O asalto de Madrid foi rexeitado gracias á chegada das Brigadas Internacionais e de tanques e avións
soviéticos.
A FRONTE NORTE (ABRIL−OUTUBRO DE 1937)
Debido ás dificultades Mola iniciou a ofensiva en que participaron lexionarios, requetés, soldados italianos e a
Lexión Cóndor. Coa caída de Bilbao Franco anulou o Estatuto de Autonomía. Pronto caíron tamén Santander
e Asturias. Para alixeira−la presión, os republicanos atacaron con escaso exito Brunete e Belchite. A
República perdeu grandes recursos industriais e mineiros, así como a metade da poboación e moito territorio.
O goberno de Negrín intentaría superar a situación.
A FRONTE LESTE (OUTUBRO 1937 − ABRIL 1939)
Ante a idea de volver a atacar Madrid os republicanos atacaron e apoderáronse da cidade de Teruel a finais do
37, ainda que a perderon meses máis tarde.
As tropas franquistas avanzaron polo Ebro ata alcanzar o Mediterráneo, e a caída de Lleida o 3 de Abril
ocasionou a derrogación do Estatuto de Autonomía de Cataluña. A marcha cara Valencia dos nacionais e o
avance na súa retaguardia dos republicanos deu lugar á batalla do Ebro, a máis cruenta da Guerra. A derrota
republicana debeuse principalmente á dificultade para chegar da axuda soviética e á retirada das Brigadas
Internacionais. Franco tomou Barcelona o 26 de xaneiro do 39, e o 28 de marzo Madrid rendeuse tras intentar
lograr unha capitulación pactada. O 1 de abril do 39, a guerra rematara.
A Guerra Civil española foi considerada como un antecedente da II Guerra Mundial polos seus trazos
característicos:
• Guerra ideolóxica entre fascismo e democracia, civlización cristiá e comunismo (utilízanse medios de
propaganda para limpiar as inxusticias do bando propio e difundir as do contrario).
• Participación de toda a poboación: o exército, organizacións obreiras, mulleres (no B.N funcions de
auxilio social. No B.R as mesmas e no fronte).
• Loita de clases: obreiros contra patróns, e xornaleiros contra grandes propietarios.
2
• Mestura de formas de combate arcaicas (combate corpo a corpo, milicias populares e mal
equipadas...) e novidosas (tanques, bombardeos...).
A ESPAÑA REPUBLICANA
A Represión Popular
Leváronse a cabo persecucións dos contrarios (aristócratas, burgueses, militares antirrepublicanos, relixiosos,
afiliados a partidos de dereitas...). Os relixiosos foron uns 7.000 (12 bispos, 6.500 cregos e 300 monxas,
aprox.) e o número total de falecidos foi de 50.000. Para reconducir esta represión establecéronse Tribunais
Populares.
A Colectivización
Levada a cabo polos sindicatos obreiros UXT CNT, que pretendían acabar co apitalismo coa colectivización
no campo (destrucción da grande propiedade privada sobre todo nas rexións latifundistas: Aragón, Andalucía,
Extremadura, A Mancha, Murcia), pero respetouse a pequena burguesía. Colectivizáronse tamén as grandes
empresas, industrias, e comerciais, e as pequenas empresas son controladas polos obreiros.
En Catalunya os sindicatos obreiros controlaban as fábricas e a organización dos servicios públicos, e
decretouse a colectivización das industrias e das grandes propiedades rústicas. O non mantemento das
disciplinas de traballo provocou unha diminución da producción e a falta de suministros.
Nas zonas agrarias dominadas pola República a colectivización foi levada a cabo polos campesiños, pola CNT
e pola UXT fora dun marco legal.
En Andalucía e Aragón o dominio anarquista provocou unha intensa colectivización criticada polo PCE. Esta
colectivización causou temores e rechazos entre os 1/2anos e pequenos propietarios.
O goberno de Largo Caballero reforzou a intervención económica coa creación dos Comités Directivos. O
intentouse reorganiza−la industria pero os dous ministerios estaban en mans da CNT. Os resultados
económicos foron malos e houbo que recurrir ás reservas de ouro do Banco de España para afrontar os gastos
da guerra.
O Goberno de Juan Negrín reforzou a autoridade, a intervención estatal e a centralización das actuacións.
Coordinación e planificación da economía baixo a dirección do Consejo Nacional de Economía.
Municipalizáronse os servicios urbanos, melloráronse as condicións laborais e garantíase a propiedade das
terras para quen as traballara.
Produciuse unha transformación social: predominio na rúa de uniformes obreiros, a muller adquire funcións
prooductivas e incluso milicianas, nomes para as persoas (Libertad, República)
A RECONSTRUCCIÓN DO ESTADO
A CENTRALIZACIÓN DO PODER
Durante Goberno de Largo Caballero tomáronse unha serie de medidas para recupera−la forza do estado:
− Disolver as xuntas e tamén os comités.
− Regulou os consellos.
3
− Potenciou os tribunais populares.
− Estableceu un forte control sobre o Banco de España.
− Militarizou as milicias.
A centalización foi dificil porque Cataluña e o País Vasco funcionaban pola súa conta, e xurdiron diferencias
ideolóxicas entre os partidos.
O PCE opinaba que primeiro se debía gañar a guerra e despois facer a revolución. Isto ocasionoulle
entrontamentos coa CNT e o POUM, entre os que destacan os sucesos de maio de 1937 en que houbo
enfrontamentos nas rúas de Barcelona entre afiliados do PCE e o POUM e que ocasionaron cerca de
500mortos. O POUM estivo apoiado por boa parte da CNT e pola FAI. Estes acontecementos provocaro a
perda de apoios dos comunistas, dalgúns sectores republicanos e algún sector do PSOE.
Durante o goberno de Juan Negrín os sindicatos obreiros perderon poder, mentres que os partidos políticos
recuperaban o seu predominio. Estivo apoiado polo PCE, que pola súa discipplina, control do exército e apoio
soviético convertíuse no principal partido de esquerdas. Triunfou a centralización do poder. En abril de 1938
as tropas nacionais alcanzan o Mediterráneo, e Negrín fará unha serie de propostas para rematar a guerra
Trece puntos de Negrín
O EXÉRCITO POPULAR
José Giral propuso a creación de Batallóns de voluntarios para integrar ós milicianos no exército.
Largo Caballero propuso crear o exército popular que supón a militarización das milicias populares para o
que se tomaron as seguintes medidas:
• Organización do exército en brigadas mixtas.
• Establecemento dun comisario político nas unidades para impoñer disciplina.
• Sustitución das estrelas como distintivos polos galóns, e saudo co puño en alto.
Juan Negrín centralizou o poder militar e creou o ministerio de Defensa Nacional.
EDUCACIÓN E CULTURA
Potenciouse a expansión educativa cun claro adoutrinamento político, polo que se crearon 5.500 escolas,
aprobouse o Plano de Estudios da Escola Primaria, e popularizouse o Bacharelato.
Xurdiron as milicias da cultura formadas por mestres, universitarios, etc, que realizaban a labor de
alfabetización.
A maior parte dos intelectuais españois estaban a favor da República.
A ESPAÑA<<NACIONAL>>
Estaba unida por un sentimento católico e antirevolucionario, patriótico e tamén unida pola forte cohesión do
exército.
O NOVO ESTADO
A CONCENTRACIÓN DO PODER
4
Eoutono de 1936 Franco concentrou nas súas mans plenos poderes, é o xeneralísimo e tamén o xefe do
Estado. Ten o poder lexislativo e é o presidente do Consello de Ministros. Goberna cunha xunta técnica
formada por militares e civís que actúa a modo de goberno. Unifícanse no decreto de abril de 1937 as forzas
políticas (carlistas e falanxistas) no que se bautizou co nome de MOVEMENTO ou FET (falanxe española
tradicional) y de las JONS.
A POSTURA DA IGREXA
A Igrexa non participa no golpe, pero apoia ó bando nacional por defendéla relixión e a unidade da patria e a
orde ante o perigo comunista. Ademáis a Igrexa presenta a guerra como unha cruzada.
A HEXEMONÍA DO EXÉRCITO
A declaración do Estado de Guerra conleva o establecemento de xuizos sumarísimos (rapidos de la ostia)
prohibición de todo tipo de reunións, unha censura total, e unha incautación dos vehículos e medios de
comunicación. Ademáis establécese unha forte disciplina, destácase o papel dos lexionarios e dos regulares
marroquís, créase a figura do alferez provisional: mando intermedio. Intégranse as milicias (requetés carlista,
e falanxistas) no exo e baixo as ordes de mandos militares.
A REPRESIÓN DOS SUBLEVADOS
Os sublevados levaron a cabo unha forte represión contra as organizacións e partidos da Fronte Popular e
contra os militares e forzas de seguridade que permaneceron fieis á República. O número de víctimas desta
represión foron máis de 85.000.
A CONTRARREVOLUCIÓN
A contrarrevolución baseábase na defensa dos principios de ore, relixión, propiedade, etc. Esta
contrarrevolución conta co apoio da Igrexa, aristocracia, burguesía, pequenos e medianos campesiños
propietarios ( polas súas forte conviccións relixiosas), e de sectores diversos das clases medias urbanas.
As medidas desta contrarrevolución foron:
• Medidas para a recuperación das terras por parte dos antigos propietarios
• Supresión de partidos e sindicatos para evitar oposición. Obreiros e patronos quedaron unificados nun
mesmo sindicato.
• Control da educación e a cultura. Prohibese a liberdade de expresión, e so se aceptan profesores fieis
ó novo réxime.
• Anúlase a lexislación laica da República e resacralízase a vida social. Anúlanse as leis non aprobadas
pola Igrexa.
• Uniformízase a lingua (Castelán)
• Supresión dos estatutos de autonomía.
• Restablecemento da pena de morte e das Compañías de Xesús.
EDUCACIÓN E CULTURA
Depúranse os mestres, os libros de texto e as bibliotecas.
Educación politizada (insistindo nos principios do novo réxime) e confesional (defende os principios da
Igrexa)
Refórmase o bacharalato no decreto do 20 de septembro de 1938.
5
Un bo número de intelectuais como Torrente Ballester, Cunqueiro e Camilo J. Cela, apoiaron ó réxime
franquista
OS ESTRAGOS DA GUERRA
CONSECUENCIAS DEMOGRÁFICAS
• Preto de 145.000 mortes. A represión cobrou a lo menos 135.000 víctimas ás que hai que sumar entre
35.000 e 50.000 entre o 39 e o 45.
• Máis de medio millón de exiliados.
• 400.000 españois feridos, e 300.000 prisioneiros.
A DIFICIL RECONCILIACIÓN
Os rencores, os medos e os odios entre outros sentimentos de un grupo a outro provocou que a reconciliación
entre as dúas españas fose imposible. A paz de esta guerra non chegou ata a morte de Franco, xa que a guerra
trouxera unha estricta orde policial, a guerra permaneceu na memoria colectiva dos españois.
OS EFECTOS ECONÓMICOS
O balance económico da guerra foi desastroso:
• Diminución da poboación activa
• Destruccion de vivendas
• Destruccion de medios de comunicacion e transporte (pontes, estradas, liñas férreas)
• Destrucción na agricultura
• Destrucción de industrias
• Reducción dos recursos económicos españois (ouro a moscova e débedas contraidas cos alemáns e
italianos).
ESPAÑA, UNHA EXCEPCIÓN NA EUROPA OCCIDENTAL
Entre 1939 e 1945 desenvolveuse en Europa a II Guerra Mundial que enfrontaba o fascismo e a democracia.
Esta guerra rematou coa victoria dos aliados, é dicir, da democracia. En 1945 fundouse a ONU, organización
na que España non podería entrar ata 1955.
A Guerra Civil española desenvolvida entre 1936 e 1939 enfrontaba tamen o fascismo contra a democracia,
pero esta guerra rematou coa victoria franquista ou fascista. Esta victoria chocou coa ideoloxía triunfante en
Europa, o que provocou un aillamento e un boikot internacional, como se pode observar en que España foi
excluida dos beneficios do Plan Marsall, non puido entrar na ONU ata o 55 e na CEE ata 1986.
6
Descargar