O reinado de Alfonso XIII En 1902 chega ao trono Alfonso XIII e iníciase a segunda etapa da Restauración, marcada polo desastre do 98. Como consecuencia deste desastre, os partidos dinásticos inician unha política reformista pero o medo a aceptar os riscos dunha verdadeira democratización mantivo a quenda de partidos. Desta maneira, o sistema da Restauración mostrouse incapaz de adaptarse ao s.XX. Partidos e organización obreiras: • Rexeneracionismo e revisionismo político. O impacto do 98 na opinión pública fixo aflorar o descontento da maior parte das clases medias e dos intelectuais co sistema da Restauración, producíndose un movemento intelectual e social crítico co sistema e as súas prácticas políticas coñecido como Rexeneración. Este movemento tivo varias vertentes: • O rexeneracionismo social e económico aglutinaba o malestar dos pequenos e medianos empresarios que non se sentían representados polo sistema. O seu ideólogo foi Joaquín Costa, que censuraba o sistema político e o falseamento da democracia ao tempo que propuña unha serie de reformas económicas e educativas. Foi sempre un defensor convencido da necesidade de deixar atrás os mitos dun pasado glorioso, modernizar a economía e alfabetizar á poboación. Tamén defendía o desmantelamento do sistema caciquil e a transparencia electoral. • O rexeneracionismo intelectual e literario estivo representado entre outros por Ángel Ganivet, Miguel de Unamuno e Ramiro de Maeztu. Este grupo expresaba un pesimismo existencial e irracionalista e reflexionaba sobre a decadencia de España impregnando o seu pensamento a obra literaria da xeración do 98. Ideolóxicamente, estes intelectuais evolucionarion e mostraron unha gran diversidade oscilando desde o socialismo e o anarquismo até o conservadorismo tradicional e o fascismo. • O rexeneracionismo político. Empregar os argumentos rexeneracionistas para dar un novo impulso á política da Restauración. Os primeiros en adopatar estes puntos de vista foron os conservadores liderados por Silvela, este cando presidiu o goberno (1899−1900) anunciou o seu propósito de emprender reforma radicais e unha revolución pero desde arriba, creando tamén dous ministerios novos: Instrucción Pública (actualmente educación) e Agricultura. OP seu traballo político foi continuado por Antonio Maura. Os políticos liberais tamén se sumaron a este espírito. Santiago Alba, José Canalejas e Melquíades Álvarez impulsaron a renovación do partido liberal e propuñan unha reforma do réxime monárquicos desde a esquerda co cal lograron atraer as simpatías de intelectuais liberais como Ortega y Gasset ou Manuel Azaña. • Por riba dos dous partidos estaba o rei, que é maior de idade desde 1902. A constitución do 76 outorgáballe un papel moi relevante nomeando e destituíno gobernos, dirixindo forzas armadas, etc. Ademais o novo rei tiña un carácter dinámico e un espírito moderno, así e todo parecía anunciar unha época de reformas desde arriba. • O reformismo conservador e a crise de 1909 • O Maurismo. Antonio Maura personificou a renovación do partido conservador á morte de Silvela (1905). Presidiu o goberno en dúas ocasións: o Goberno Curto (1903 − 1904) e o Goberno Longo (1907−1909). Tras perder o poder en 1909 foi moi crítico co seu propio partido, que pasou a ser dirixido por Eduardo Dato. O seu programa político denominouse maurismo e tiña os seguintes principios: • Conservadurismo católico de masas. Era preciso defender a influencia social da Igrexa fronte ás pretensións da esquerda de crear un estado laico. Neste sentido, os católicos debían mobilizarse e expresar a súa opinión nas eleccións. 1 • A monarquía debía conectar coa realidade social, para iso había que acabar co caciquismo e implantar un sistema político onde os cidadáns estivesen representados por corporacións. No fondo, esto implicaba unha crítica directa ó parlamentarismo liberal e á democracia. • Había que incorporar outras forzas políticas ó sistema. En concreto, o catalanismo conservador da Lliga Regionalista, para isto, Maura concedeu máis autonomía ós concellos e deputacións e presentou un proxecto para dar certa entidade administrativa ás comunidades (agrupacións de municipios ou provincias) pero este proxecto non se chegou a aprobar. • Defendía unha política exterior nacionalista e expansionista en Marrocos para esquecer a derrota do 98 e darlle un certo pulo ós militares que se converteran nun poderoso grupo de presión e contaban coas simpatías do propio rei. Durante o goberno de Maura, aprobouse a construcción dunha escuadra naval e comezaron as operacións bélicas no norte de África incrementando de modo espectacular os gastos militares. • A semana tráxica. Nesta crise iniciada en xullo de 1909 en Barcelona converxeron varios problemas políticos e sociais, como son o problema do catalanismo, o problema dos republicanos e os problema do movemento obreiro. • O problema do catalanismo. O catalanismo estaba representado pola Lliga Regionalista de Prat de la Riba e Francesc Cambó. Tiña como obxectivo lograr unha certa autonomía administrativa e estaba disposto a colaborar coa monarquía. En 1905 uns oficiais do exército ofendidos por unhas caricaturas que se publicaron nunha revista nacionalista asaltaron esta publicación e tamén o local onde a Lliga editaba un xornal. Como consecuencia, aprobouse unha lei, a Lei de Xurisdiccións, pola que os delictos contra a patria e o exército serían xulgados por tribunais militares. Como reacción, as forzas políticas catalanas formaron unha coalición, Solidaritat Catalana, que logrou uns resultados espectaculares nas seguintes eleccións. Todo isto demostrou que as relacións entre o exército e o pobo catalán eran moi difíciles. ♦ O problema dos republicanos: Un grupo de republicanos reuniuse en torno a Lerroux antimonárquico e inimigo do nacionalismo catalán, respaldado por parte da burguesía. En 1908 creou o seu propio partido, o Partido Republicano radical. ♦ O problema do movemento obreiro: O sindicalismo catalán, tradicionalmente influído polo anarquismo encontrara un poderoso instrumento da loita. A folga xeral na que podía paralizar a sociedade e derrubar o capitalismo. En 1907 os sindicatos formaron unha federación, Solidaridad Obrera que se estendeu por toda Cataluña e na que os anarquistas e os radicais de Lerroux loitaban polo control. Pola súa parte UXT era un sindicato minoritario en Cataluña e non se mostraba moi partidario das folgas xerais. Os sucesos de xullo de 1909: A crise empezou cando o goberno de Maura obrigou a recrutar tropas con destino a Marrocos chamando para isto aos reservistas (ós que xa cumpriron no exército). Moitos deles casados e con fillos. As protestas estendéronse por todo o país e o 26 de xullo as organizacións obreiras convocaron unha folga xeral que só tiña éxito en Barcelona e arredores, onde dexenerou un motín que durou unha semana, A Semana Tráxica: erguéronse barricadas, houbo enfrontamentos coas tropas, houbo actos de proclamación da República. Incendiáronse uns 60 edificios relixiosos, morreron unhas 80 persoas e foron detidas aproximadamente unhas 2000. A represión foi espectacular, dictándose 5 penas de morte, entre elas unha para Ferrer i Guardia, un educador anarquista que non participara nos preitos pero foi declarado sen probas, culpable e responsable da organización dos sucesos. Todo isto provocou a repulsa internacional, Maura tivo que dimitir e deixar paso aos liberais. 2 3. O reformismo liberal e a crise de 1917. • O revisionismo da esquerda: Como consecuencia da semana tráxica, o partido liberal renovou as súas propostas. José Canalejas presidiu o goberno entre 1910 e 1912 e dedicouse a renovar o programa liberal admitindo o intervencionismo do Estado na economía e a sociedade, a reforma social, a separación entre Igrexa e Estado e a democratización do réxime. Mostrouse moi rigoroso na represión da vaga de folgas de 1911 − 1912 e foi asasinado por un anarquista en novembro de 1912. Pola súa parte, a esquerda antidinástica formou unha coalición electoral, Conxunción Republicano−Socialista, que reunía entre outros a Pablo Iglesias (era a primeira vez que o PSOE colaboraba con grupos burgueses), Lerroux e intelectuais como Melquíades Álvarez ou Pérez Galdós. Nas eleccións de 1910 a Conxunción obtivo numerosos votos nas grandes cidades e Pablo Iglesias foi elixido deputado, o primeiro do movemento obreiro. A pesar do éxito, a coalicción foi disgregándose: separouse o Partido Radical de Lerroux, que foi moderando o seu discurso e Melquíades Álvarez fundou o Partido Reformista, un grupo republicano posibilista que logrou atraer a intelectuais como Ortega y Gasset ou Azaña. • O crecemento sindical: A principios do século XX, o movemento obreiro e os sindicatos medraron de modo significativo. A UXT foise estendendo entre os mineiros e ferroviarios chegando a organizar folgas de ámbito nacional. Pola súa parte, Solidaridad Obrera pasou a converterse nun sindicato de ámbito nacional, Confederación Nacional do Traballo, CNT, definida como anarcosindicalista e partidaria do comunismo libertario; só empregaba como táctica a acción directa e tiña como obxectivos a revolución social, a supresión do Estado e a eliminación dos partidos políticos substituídos por agrupacións libres de traballadores. A CNT aglutinou á maioría dos sindicatos cataláns e logrou gran implantación en zonas como Valencia, Andalucía ou Aragón. Con todo, tras intentar organizar unha folga xeral en 1911, foi ilegalizada e tivo que actuar desde a clandestinidade. • Os problemas do Réxime: A sucesión de Canalejas, os problemas do turnismo e a I Guerra Mundial marcaron o inicio dunha etapa de grandes problemas que desembocaron na crise do 17. • A sucesión de Canalejas. En poucos anos, o partido liberal perdeu o seu líder e tamén aos seus dirixentes históricos; os políticos que os sucederon na dirección do partido, o Conde de Romanones, García Prieto, Santiago Alba... non lograron aglutinar a todas as faccións do partido nin obter gran respaldo electoral. • A resolución da quenda de partidos. En 1913, o rei entregoulle o goberno ós conservadores para que fabricasen unha maioría nas Cortes, pero Alfonso XIII decidiu marxinar a Maura que era rexeitado pola esquerda e os liberais e chamou como xefe de gabinete a Eduardo Dato. A desunión de ambos partidos, liberal e conservador, dificultou a gobernabilidade do país xa que ningún grupo político era capaz de obter un respaldo sólido dentro do seu propio partido. Isto levou a unha gran inestabilidade (especialmente desde 1917), a un bloqueo parlamentario continuo e á case permanente suspensión das Cortes. Recorreuse sistemáticamente á formación de gobernos de concentración nos que se incluían dirixentes de ambos partidos á vez. • A I Guerra Mundial: A I Guerra Mundial modificou o panorama internacional. España permaneceu neutral, pero sufriu os efectos da guerra xa que as repercusións económicas e sociais foron moi importantes. As relacións comerciais víronse alteradas, incrementáronse as exportacións aos países belixerantes, algúns individuos fixeron grandes fortunas, a industrialización acelerouse, houbo unha gran inflación e o aumento dos prezos diminuíu os ingresos dos obreiros militares e asalariados. Pronto empezaron as protestas militares; primeiro con motíns e disturbios e máis tarde con folgas organizadas por UXT e CNT. Presionouse ao estado para que controlase os prezos das subsistencias. O desenlace do conflicto (1918) 3 tamén tivo enorme repercusión. Para o movemento obreiro internacional fora unha guerra entre traballadores de distintos países; a desaparición dos imperios europeos e a Revolución Rusa (1917) animaron aos republicanos españois a loitar por unha sociedade máis democrática. Mentres, eses mesmos acontecementos eran recibidos con temor polos terratenentes, a burguesía e gran parte da clase media e neste grupo empezou a aparecer o desexo dunha solución militar autoritaria que puxese orde no país. A crise de 1917 foi un punto de confluencia de distintas facturas. O exército convertérase dende 1905 coa lei de xurisdiccións nun grupo de presión. En 1916 organizou as Xuntas Militares de Defensa, unhas organizacións de oficiais que esixían do goberno melloras profesionais e salariais. O descontento era maior entre as guarnicións da Península xa que as que participaban na guerra de Marrocos ascendían máis rápido. O goberno intentou disolver as xuntas e deter ós dirixentes por rebeldía, pero estes oficiais negáronse e os goberno tivo que admitir as súas peticións e recoñecer oficialmente o movemento en xuño de 1917. A oposición política encabezada pola Lliga Regionalista encontraba as Cortes constantemente suspendidas e decidiu convocar unha asemblea de parlamentarios en Barcelona en xullo de 1917. Nela participaron os catalanistas, os republicanos e Pablo Iglesias. Na asemblea esixiuse a autonomía para Cataluña e a convocatoria dunhas cortes constituíntes, pero foi disolto polas autoridades. O movemento obreiro organizara xa unha campaña a prol do abaratamento do prezo das subsistencias e convocara unha folga que fora un rotundo éxito en 1916. En colaboración coa CNT, a UXT buscou o apoio do exército e os parlamentarios para organizar unha folga xeral indefinida o 13 de agosto do 17. O motivo alegado era o incremento do prezo dos productos básicos. Pero a folga podía desembocar nunha revolución que derrotase ó réxime. O conflicto durou 5 días. O exército non apoiou ós folguistas e reprimiunos duramente. Houbo máis de 70 mortos e o comité organizador onde estaban, entre outros, os membros do PSOE, Julián Besteiro e Largo Caballero, foi detido. • A descomposición do sistema. Este período caracterizouse pola fragmentación dos partidos dinásticos e a inestabilidade gobernamental. Como feitos a destacar temos a axitación social e o desastre de Annual. Logo da crise do 17, intentouse a formación de gobernos de concentración nacional cos líderes de todos os partidos agás a esquerda e os republicanos. Porén, o entendemento era imposible, así nestes cinco anos sucedéronse doce gabinetes. Os problemas pola reivindicación autonomista catalana pasaron a un segundo plano a medida que aumentaba a axitación social, especialmente en Barcelona. En gran parte, unha das causas desta maior axitación social foi a repercusión da Revolución Rusa (1917). A axitación manifestouse nun incremento no número de folgas e sobre todo nos enfrontamentos obreiros ca patronal. UXT alcanzou o seu récord de afiliados con 200 000. A CNT dirixida por Salvador Seguí e Ángel Peña pasaban dos 700 000 afiliados e organizou en 1919 unha folga xeral na que controlou incluso as noticias que daba a prensa. Os empresarios, pola súa banda, colaboraron coa represión cerrando empresas e contratando pistoleiros. Os directivos sindicais foron detidos e as autoridades aplicaban a Lei de Fugas, que consiste en permitir escapar ós obreiros detidos para dispararlles. Nestes cinco anos houbo uns 300 mortos en todo o país. P propio Eduardo Dato, xefe do goberno, e Salvador Seguí foron asasinados. A situación complicouse aínda máis en 1921 co desastre militar de Annual (Marrocos). As tropas españolas dirixidas polo xeneral Fernández Silvestre foron derrotadas polos independentistas marroquís guiados polo caudillo Abd el−Krim. O exército español fuxiu en desvandada até Melilla e sufriu 12 000 baixas. A ocupación española de Marrocos era unha cuestión de honor para España por ser o único lugar onde se mantiña o colonialismo tras a Paz de París (1898), pero na realidade, esta ocupación era pouco rendible economicamente. A derrota de Annual contribuíu a dividir aínda máis ós políticos e á opinión pública española entre os partidarios e os detractores da guerra. A investigación sobre as responsabilidades do desastre plasmouse nun informe que implicaba ao goberno, a altos cargos militares e ao propio rei, acusado de animar a Fernández Silvestre a emprender unha operación imprudente. A guerra xa era moi impopular, pero agora 4 fíxose dificilmente tolerable para as clases medias e populares. Entre 1922 e 1923, a monarquía de Alfonso XIII só tiña dúas alternativas: ou ben unha democratización real do sistema ou ben o establecemento dun réxime autoritario. Fixéronse algúns esforzos de solución a través de medios civís e constitucionais pero o réxime acabou derivando nunha solución autoritaria. Os sistemas dictatoriais foron unha constante na Europa dos anos 20, especialmente nos países máis atrasados e España non foi unha excepción. • A dictadura de Primo de Rivera 17 anos. 30, 40 anos. Páx. 238: Alternancia entre 1875 e 1898. Oleada. En guerra. La verdad sobre el caso Savolta. −4− Partidos Dentro do sistema Á marxe do sistema Conservador Partidos dinásticos Liberal A.Maura, E. Dato J. Canalejas, García Prieto, Santiago Alba, Conde de Romanones Carlistas Nacionalistas Republicanos Obreirismo Cataláns Vascos PNV 5 Conservadores Lliga Regionalista Esquerda Unión Republicana (N.Salmerón) Socialistas: PSOE, UGT Anarquistas: Solidaridad obreira CNT Partido Radical (A. Lerroux) Partido Reformista (Melquíades Álvarez) 6