CRONOLOXÍA DA HISTORIA DA UE 1950: 9 de maio, Robert Schuman pronuncia a declaración que leva o seu nome e que é considerada como a primeira proposta oficial para a construción dunha Europa integrada. 1951: 18 de abril, asínase o Tratado de París, polo que se constitúe a Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro (CECA), entre seis estados: Bélxica, Francia, Alemaña, Italia, Luxemburgo e os Países Baixos. 1957: 25 de marzo, asínanse os Tratados de Roma, entre os mesmos seis estados. 1973: Dinamarca, Irlanda e o Reino Unido incorpóranse á unión. 1979: primeiras eleccións ao Parlamento Europeo por sufraxio universal directo. 1981: Grecia incorpórase á unión. 1986: España e Portugal incorpóranse á unión. 1990: a República Democrática Alemá (RDA) se reunifica coa RFA, polo que é incluída á súa vez na unión. 1992: asínase o Tratado da Unión Europea. 1995: Austria, Finlandia e Suecia incorpóranse á unión. 1997: asínase o Tratado de Amsterdam. 1998: créase o euro no Tratado de Maastricht. 1999: entra en vigor o Tratado de Amsterdam. 2002: entra en vigor o Euro en doce países da Unión Europea. 2004: 1 de maio, Estonia, Letonia, Lituania, Polonia, República Checa, Hungría, Eslovaquia, Eslovenia, Malta e Chipre incorpóranse á unión. 2005: 3 de outubro, dáse inicio ás negociacións para a adhesión de Turquía á unión. 2007: 1 de xaneiro, Bulgaria e Romanía adhírense á Unión. Entra en vigor o Euro en Eslovenia. Do fin da guerra á Declaración Schuman (1945−1950) Europa tivo q pasar outra catástrofe, a Segunda Guerra Mundial, para que se apreciase todo o dano que causara a rivalidade nacionalista. Pronto se fixo evidente a necesidade dalgún tipo de integración europea que puidese volver ordenar o mapa político. Tres realidades mostraron a necesidade de integración europea: − Os europeos víronse inferiores ante as dúas novas potencias, Estados Unidos e a Unión Soviética, cun poder económico, político e militar superior a Europa, deixando atrás a importancia que tivera esta anteriormente. − A prioridade de que non se volvese a repetir ningunha guerra, logo das dúas anteriores que tanto danaran o continente. E a necesidade de buscar un acomodo entre Francia e Alemaña que contase co visto bó de Estados 1 Unidos, xa que a unidade era a forma de garantir a paz. − E para rematar, o desexo dos europeos dun continente máis xusto, libre e próspero para a mellora das relacións internacionais. En 1946 o primeiro ex−ministro británico, Winston Churchill pronunciou un discurso na universidade de Zúrich (Suíza) considerado por moitos como o primeiro paso cara á integración durante a posguerra. Winston Churchill Os Estados Unidos no canto de illarse, como fixeran na Primeira Guerra Mundial, decidiron intervir nos asuntos europeos. A adopción dunha política de libre comercio converteuse nunha prioridade para que calquera país puidese recibir axudas económicas norteamericanas, o que non se puidese facer anteriormente debido á autoridade nazi e fascista. Neses momentos estábase iniciando a guerra fría.Os Estados Unidos aplicaron a Doctrina Truman cuxa finalidade era frear a expansión do comunismo e da Unión Soviética, por iso lanzaron o Plan Marshall de axuda económica aos países europeos, para que se puidesen desenvolver economicamente e deste xeito non se estendese o comunismo. Plan Marshall Os norteamericanos promoveron a creación dunha organización europea que administrase e organizase a masiva axuda económica do Plan Marshall. Con este obxectivo creouse, en 1948, a Organización para a 2 Cooperación Económica Europea (OECE). Este foi un dos primeiros organismos que agruparon a gran parte dos países da Europa occidental. A OECE axudou a liberalizar o comercio entre os estados que a conformaban, introduciu ideas sobre acordos monetarios e desenvolveu a cooperación económica nalgúns aspectos concretos. En 1949, seguindo a iniciativa norteamericana, a maioría dos estados democráticos de Europa Occidental fundaron, xunto a Estados Unidos e Canadá, a OTAN, a gran alianza militar occidental enfrontada á URSS. Un ano antes, en 1948, comezara a súa andadura o BENELUX (Unión Aduaneira de Bélxica, os Países Baixos e Luxemburgo) coa aplicación dun arancel exterior común. Este organismo fora creado en 1944. Outro paso importante foi a creación do Consello de Europa en 1949, que intentaba que os países europeos se axudasen na política. Este organismo aínda existe hoxe e o que fai é reforzar a democracia e os dereitos humanos. Da Declaración Schuman ao Tratado de Roma (1950−1957) O primeiro paso na creación da Comunidade Europea vaino a dar o Ministro de Asuntos Exteriores francés, Robert Schuman, en 1950. Propón un plan para xestionar en común a produción franco−alemá de carbón e aceiro. Tratábase de achegar aos dous países para que deixasen ao lado a súa rivalidade. 3 Declaración Shuman, 9 de maio de 1950 Robert Schuman Ese mesmo ano, o goberno francés propuxo a creación dunha Comunidade Europea de Defensa (CED), que se baseaba nunha forte implicación política e militar. Foi substituida en 1954 pola Unión Europea Occidental (UEO), organización que estivo practicamente anulada pola OTAM. 4 No Tratado de París, asinado en 1951, naceu a Comunidade Europea do Carbón e o Aceiro, a CECA, que converteu en realidade o Plan Schuman de 1950. A esta primeira comunidade europea uníronse seis países: Francia, Alemaña, Italia, Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo ("Os Seis"). Firma do Tratado de París En 1957, estes seis países asinaron os Tratados de Roma polos que se creaba a Comunidade Económica Europea (CEE) e a Comunidade Europea da Enerxía Atómica (EURATOM). O Acta Única Europea, aprobada en 1986, supuxo a primeira modificación da CECA, a CEE e a EURATOM. Estas son as novedades que introduciu o Acta Única Europea: −Consagra a existencia do Consello Europeo, é dicir, a reunión periódica de Xefes de Estado e de Goberno. −Libre comercio entre os países membros. − Tomáronse medidas para coordinar a política monetaria dos estados membros. Encamiñándose así ao obxectivo de Unión económica e monetaria. −Aprobou iniciativas para promover os dereitos sociais. −Apoiouse economicamente aos países que o necesitasen. Tratado de Bruselas 5 O tratado de Bruxelas ou Tratado de fusión das Comunidades Europeas foi asinado o 8 de abril de 1965 polos Estados membros das 3 Comunidades Europeas existentes ese entón (a CECA, a CEE e a EURATOM), creando unha soa Comisión Europea e un só Consello Europeo para as tres Comunidades. Xuntábanse nun só os tres poderes executivos destas comunidades. O camiño cara o Tratado da Unión Europea (1986−1992) Nesta época desátanse novas guerras na Europa Oriental, ademais de caer o comunismo. Ante o baleiro de poder a CEE é vista como unha organización que garante estabilidade. En 1987 unha enorme quebra provoca unha gran inestabilidade nas principais bolsas mundiais, ademais dos problemas que hai no Sistema Monetario Europeo foron factores que interviñeron na posterior adopción da unión monetaria e económica. O Consello Europeo celebrado en Maastricht en decembro de 1991, aprobaba o Tratado da Unión Europea, coñecido como "Tratado de Maastricht". O Tratado foi asinado e entrou en vigor o 7 de febreiro de 1992.Desde este momento o nome de Comunidade Económica Europea será substituido por Unión Europea (UE). O Tratado de Ámsterdam (1997) O Tratado de Amsterdam foi aprobado polo Consello Europeo de Amsterdam en xuño de 1997.Asinado en outubro de 1997 polos ministros de Asuntos Exteriores dos 15 países membros da UE. E entrou en vigor en maio de 1999. O Tratado afirma que a Unión Europea baséase nos principios de liberdade, democracia, respecto dos dereitos humanos e das liberdades fundamentais e do Estado de Dereito. E é que este tratado baséase principalmente na igualdade entre as persoas. ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DE CADA PAIS Os representantes de cada país elíxense por sufraxio universal que consiste no dereito ao voto de toda a poboación adulta dun Estado independentemente da súa raza, sexo, crenzas ou condición social. INSTITUCIONS E OUTROS ÓRGANOS DA UNION EUROPEA Os países que constitúen a UE seguen sendo nacións soberanas independentes, pero comparten a súa soberanía para ser máis fortes e ter unha influencia mundial que ningún deles podería exercer individualmente. Compartir a soberanía significa que os Estados membros delegan algúns dos seus poderes decisorios nas institucións comúns creadas por eles para poder tomar democraticamente e a nivel europeo decisións sobre asuntos específicos de interese conxunto. No proceso decisorio da UE e no procedemento de codecisión interveñen tres institucións principais: −O Parlamento Europeo (PE), que representa aos cidadáns da UE e é elixido directamente por eles. −O Consello da Unión Europea, que representa aos Estados membros. −A Comisión Europea, que defende os intereses da Unión no seu conxunto. Estas tres institucións elaboran as políticas e leis que se aplican na UE.A Comisión propón as novas normas, pero son o Parlamento e o Consello os que as adoptan. Outras dúas institucións desempeñan un papel moi importante: o Tribunal de Xustiza vela polo cumprimento da lexislación europea e o Tribunal de Contas controla o financiamento das actividades da Unión. 6 Os poderes e responsabilidades destas institucións establécense nos tratados, nos que se basean todas as actividades da UE. Os tratados tamén establecen as normas e procedementos que seguen as institucións da UE. Os tratados son acordados polos Presidentes e/ou os primeiros ministros de todos os países da UE, e son ratificados polos seus Parlamentos. Ademais das institucións, a UE conta con diversos organismos que se ocupan de ámbitos especializados: −O Comité Económico e Social europeo representa á sociedade civil, os patróns e os empregados. −O Comité das Rexións representa ás autoridades rexionais e locais. −O Banco Europeo de Investimentos financia proxectos de investimento da UE e axuda ás pequenas empresas a través do Fondo Europeo de Investimentos. −O Banco Central Europeo é responsable da política monetaria europea. −O Defensor do Pobo europeo investiga as denuncias dos cidadáns sobre a mala xestión das institucións e organismos da UE. −O Supervisor Europeo de Protección de Datos protexe a intimidade dos datos persoais dos cidadáns. −O Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas publica información sobre a UE. −A Oficina de Selección de Persoal das Comunidades Europeas contrata ao persoal das institucións da UE e outros organismos. −A misión da Escola Europea de Administración é ofrecer formación en áreas concretas para o persoal da UE. Ademais, creáronse, órganos especializados para determinados ámbitos técnicos, científicos ou de xestión. POLÍTICA ECONOMICA E MONETARIA A Unión Económica e Monetaria (UEM) fai referencia á zona cunha moeda única dentro do mercado da UE, onde as persoas, as mercancías, os servizos e os capitais circulan sen restricións. O euro: É a moeda da zona euro, composta por 13 dos 27 Estados membros (en 2007) da UE que comparten esta moeda única. Os billetes e moedas de euro puxéronse en circulación o 1 de xaneiro do 2002. Banco Central Europeo (BCE): Creado en 1998, de conformidade co Tratado de Maastricht, para introducir e xestionar a nova moeda e garantir o bo funcionamento dos sistemas de pago. É tamén responsable de executar a política económica e monetaria da UE. Unha das principais tarefas do BCE é manter a estabilidade de prezos na zona euro, preservando o poder adquisitivo do euro. O BCE substituíu ao Instituto Monetario Europeo (IME), institución monetaria creada en 1994 dentro do marco da UE, e a súa misión consistía en coordinar a política económica e monetaria dos estados membros e en preparar a introdución do euro. FONDOS ESTRUCTURAIS 7 Os Fondos Estruturais son un dos instrumentos financeiros que ten a Unión Europea para conseguir tres obxectivos prioritarios: −Promover o desenvolvemento e o axuste estrutural das rexións menos desenvolvidas. −Apoiar a reconversión económica e social das zonas con deficiencias estruturais. −Apoiar a adaptación e modernización das políticas e sistemas de educación, formación e emprego. Entre os Fondos Estruturais figura o Fondo Social Europeo (FSE) que participa na consecución dos tres obxectivos e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), cuxa principal función é o apoio á consecución do primeiro e segundo obxectivo. POLÍTICA AGRARIA O obxectivo da Política Agrícola é garantir aos agricultores un nivel de vida razoable, ofrecer aos consumidores alimentos de calidade a prezos xustos. Esta política nace nos anos 50, cando os membros fundadores da UE acababan de superar unha década de escaseza de alimentos, comezou subvencionando a produción de produtos alimenticios básicos para garantir a autosuficiencia. Na actualidade, céntrase na conservación e a xestión dos recursos naturais. Actualmente os excedentes de carne de vacún e manteiga xa son cousa do pasado, debido á consecuencia da primeira serie de reformas. A CAP constitúe unha rede de seguridade financeira para os agricultores afectados por catástrofes naturais ou enfermidades animais. A substitución das subvencións á produción polos pagos directos aos agricultores representa o cambio máis radical da PAC (Política Agrícola Común) desde a súa creación en 1958. Ao mesmo tempo, as reformas van estendéndose cada vez a máis produtos. O destinar as axudas aos agricultores en lugar da os produtos reduce o risco de distorsión do comercio debido a subvencións comunitarias para a exportación de producións excedentarias. Actualmente a UE é o maior importador de alimentos do mundo e o maior mercado para os produtos alimenticios do Terceiro Mundo. Cando a UE ampliouse en maio de 2004, o seu número de agricultores aumentou nun 55% ao que logo se lle sumaron un 53% adicional. Os agricultores e as empresas transformadoras de alimentos dos novos países membros recibiron fondos para modernizarse antes ata da ampliación. Durante os tres primeiros anos de pertenza á Unión, unha dotación especial de fondos especialmente adaptada ás necesidades destes agricultores permite financiar axudas para a xubilación anticipada, as zonas menos favorecidas, a protección do medio ambiente, a repoboación forestal, as explotacións agrícolas de semisubsistencia, as agrupacións de produtores e o cumprimento das normas da UE en materia de alimentos, hixiene e benestar animal. 8 Produtos de calidade: a base da política agrícola da UE. A UE promove a produción de alimentos de calidade mediante a asistencia financeira á innovación na agricultura e a transformación dos alimentos e ao uso de etiquetas de calidade voluntarias. Entre están as etiquetas para identificar os produtos alimenticios totalmente orixinarios dunha rexión na que se utilizan técnicas recoñecidas, os alimentos moi coñecidos cun claro vínculo xeográfico cunha zona determinada da UE ou os alimentos elaborados con ingredientes tradicionais ou utilizando métodos tradicionais. Existe tamén unha etiqueta para os alimentos ecolóxicos. POLITICA PESQUEIRA As industrias vinculadas ao sector pesqueiro (industria naval, subministradores de equipos e industria da transformación de peixe) empregan a varios centenares de miles de persoas. Con todo esta actividade só pode seguir adiante se hai suficientes peixes para capturar. Actualmente a cantidade de peixes vai diminuíndo, debido á captura de peixes que son moi pequenos, á subida da temperatura dos océanos e á esquilmacion dos bancos de peixes. 9 A política pesqueira común non comezou a tomar forma ata a década dos anos setenta, cando os gobernos de todo o mundo decidiron ampliar a súa soberanía e reserva de pesca a 200 millas náuticas. Os Estados membros decidiron que a Comunidade Europea (na súa situación de entón) sería o mellor instrumento para defender os seus intereses nas negociacións internacionais. En 1973 coa incorporación de Dinamarca, Irlanda e Reino Unido acordar que a liberdade de acceso ás augas doutro país suspenderíase durante dez anos e que as franxas costeiras, dunha extensión de entre 6 e 12 millas, quedarían reservadas aos pescadores locais e a quen pescasen tradicionalmente nelas. En 1983 deuse libre acceso a todos os caladoiros de pesca (durante 20 anos). Ademais, a franxa costeira ampliouse a 12 millas. A incorporación de España e de Portugal en 1986 duplicou o número de pescadores da Comunidade, á vez que a capacidade pesqueira aumentou un 75 %, a tonelaxe un 65 % e a produción e consumo de peixe un 45 %. Co fin de dar a estes dous novos Estados membros, con enormes intereses pesqueiros, o tempo necesario para adaptarse, respectando ao mesmo tempo as disposicións da PPC (Política Pesqueira Común), foi preciso aplicar unha serie de acordos transitorios que estiveron vixentes ata o final de 1995. No informe que se fixo en 1991 destaca a necesidade dunha explotación da pesca racional, responsable e sostible, dun control máis eficaz da industria pesqueira no seu conxunto e dunha repartición máis ampla de responsabilidades na xestión da PPC. Así mesmo, recomendaba un maior equilibrio entre os recursos e a súa explotación e unha máis estreita coordinación entre a política estrutural e a de conservación. En 1992 ,adoptouse, un novo regulamento de base polo que se establecía un réxime comunitario para a pesca e a acuicultura, así como, en 1993, un novo regulamento de control. Ademais, neste ano (1993) revisáronse en profundidade os elementos estruturais da PPC. O obxectivo era garantir unha maior coherencia entre os diferentes aspectos desta política, eliminar a compartimentación que a separou doutras actividades comunitarias e adaptarse aos profundos cambios que estaban afectando ao sector debido ao grave 10 desequilibrio existente entre o número de buques e a cantidade de peixes dispoñibles. En 1994 e 1995 adoptar unha iniciativa comunitaria especial chamada PESCA así como unha serie de medidas socioeconómicas de acompañamento para axudar á industria pesqueira a paliar as consecuencias sociais e económicas da necesaria reestruturación do sector. 6 11