Organización territorial española

Anuncio
A organización territorial española
A orixe e formación do Estado autonómico arranca no ano 1978 coa Constitución de 1978. Esta inclúe
condicións como permitir constituír en comunidade autónoma a provincias con realidades semellantes...
Para acceder á autonomía establecéronse vías como favorecer as autonomías en rexións de tradición
autonómica ( Catalunya, Galicia...)
O Estado autonómico organízase do seguinte xeito:
• Cada autonomía posúe un Estatuto
• As comunidades fanse cargo de diversas competencias como poden ser infraestructuras autonómicas,
cultura...
As institucións dentro da autonomía son:
♦ O Parlamento, elixido por sufraxio
♦ O Goberno autonómico, con poderes executivos.
♦ O Tribunal Superior de Xustiza
♦ O Presidente da Comunidade
O financiamento é para todas as comunidades do mesmo xeito excepto Navarra; os ingresos proveñen de:
• Tributos do Estado central
• Ingresos achegados polo Estado; para a sanidade, servizos sociais...
• Ingresos propios.
Á mesma vez as CC.AA divídense en provincias municipios.
O municipio é unha entidade básica de organización territorial rexido por un concello.
A provincia é unha entidade local formada por unha agrupación de municipios.
Existen desequilibrios territoriais que poden ser económicos, xeográficos, sociais...
A orixe deles pódese remontar á industrialización. Existen desequilibrios demográficos, acentuados nos anos
60, cando os piares do desenvolvemento español se asentaron no turismo e no sector secundario.
Os desequilibrios demográficos débense principalmente á emigración que provocou un baleiro no interior de
España.
Trala crise económica de 1975 naceu un novo modelo de desequilibrio; no que xa o desenvolvemento non
parte da industria e se avanza cara unha economía postindustrial.
Especializámonos no sector terciario. Os eixes de desenvolvemento son:
• Madrid
• O litoral mediterráneo
• O val do Ebro
• País Vasco
1
• As Illas Baleares e Canarias.
• O eixe en declive é a cornixa cantábrica principalmente.
• Escasamente desenvolvidos son as dúas Castelas, Estremadura, Andalucía e Galicia.
As políticas territoriais
A política rexional iníciase nos 60 para fomentar a industria nas zonas atrasadas. En 1986 iníciase unha nova
etapa que pretendía acadar a adhesión a UE, desenvolver as autonomías...
Os obxectivos principais pretendían acadar un desenvolvemento rexional equilibrado. As estratexias foron a
detención do declive da cornixa, impulsar o despegue do eixe mediterráneo, apoio ó resto das rexións...
Os instrumentos empregados son os fondos procedentes da política rexional da UE:
• Fondos estructurais para desenvolver as economías atrasadas
• Os fondos de cohesión
• As iniciativas comunitarias
Estas axudas colaboraron na diminución dos desequilibrios.
Tamén se empregou unha Política de incentivos rexionais e un fondo de compensación Interterritorial.
A ordenación do territorio
Características:
É unha disciplina moi nova e defínese como a expresión da política económica, social, cultural e ecolóxica de
toda sociedade.
Os obxectivos son o desenvolvemento socioeconómico equilibrado de todas as rexións, a organización
integral do espazo.
O instrumento básico é a elaboración dun plan que comprende os seguintes aspectos básicos:
• Análise da situación actual
• Planificación territorial
En España esta política iníciase nos anos 80, o principal problema que ten é a coordinación entre as diversas
administracións con competencia na ordenación do territorio.
ESPAÑA E A UNIÓN EUROPEA
A UNIÓN EUROPEA NO MUNDO E ESPAÑA EN EUROPA.
A actual Unión Europea está formada na actualidade por vintesete estados:
· Alemaña.
· Francia.
· Reino unido.
· Italia.
2
· España.
· Países Baixos.
· Grecia.
· Bélxica.
· Portugal.
· Suecia.
· Romanía
· Austria.
· Dinamarca.
· Finlandia.
· Irlanda.
· Luxemburgo
· Malta
· Chipre
· Bulgaria
· Estonia
· Letonia
· Lituania
· Rep. Checa
· Eslovenia
· Hungría
· Eslovaquia
· Polonia
. Na actualidade, a Unión Europea pode presentarse como a principal potencia mundial, posto que o valor do
seu produto interior bruto (PIB) é superior ao das grandes potencias mundiais.
O territorio da Unión europea (3.236.198 km2) representa algo menos da cuarta parte da superficie mundial.
Destaca pola súa elevada densidade de poboación (aprox. 115 hab/por km cadrado). O sector terciario
predomina fronte a outros sectores económicos.
CARACTERÍSTICAS.
O medio natural de todo o territorio comunitario, e en concreto o seu clima, atópase dentro do dominio dos
climas tépedos, con predominio dos climas oceánico e mediterráneo (nalgunhas rexións con matices
continentais), tamén se pode dicir que temos un clima ártico en Finlandia e Suecia, pero é un ámbito moi
reducido.
.
A poboación está desigualmente distribuída nos países da Unión Europea: os 4 máis poboados son Alemaña,
Italia, Reino Unido e Francia; e os catro menos poboados son Luxemburgo, Malta, Chipre e
3
Irlanda. España, actualmente cuns 45 millóns de habitantes, ocupa a quinta posición por volume de
poboación.
Para a economía da Unión a agricultura é un sector estratéxico. Europa é unha potencia agrícola mundial.
No sector secundario (Industrial), a Unión aparece xunto con EEUU, Canadá e Xapón como unha das grandes
potencias mundiais. A industria foi o factor esencial do desenvolvemento económico europeo e traduciuse
nunha mellora do nivel de vida da poboación; modificou a organización territorial provocando desequilibrios
espaciais. Tamén é a actividade que xera maiores problemas ambientais.
A siderurxia foi un dos elementos que impulsou desde os seus comezos o proxecto de construcción europea.
Con todo, este sector sufriu paulatinamente procesos de reconversión (a baixa produtividade polas antigas
tecnoloxías), un proceso de reconversión industrial a aqueles sectores menos competitivos (siderurxia, naval,
téxtil..), que supuxo elevados custos sociais.
A actividade industrial perde importancia no contexto económico comunitaria fronte ao incremento das
actividades de servizos.
Unha das características da estrutura industrial da Unión Europea é o seu alto nivel de diversificación
industrial (abarca moitas ramas): a industria alimentaria é a que presenta maior importancia en valores de
produción, seguida da industria química, a fabricación de vehículos de motor e a enxeñería eléctrica;
desenvolvemento máis notable en Alemaña.
A Unión é unha potencia comercial no mundo, tanto polos seus intercambios comerciais internos como polo
seu comercio exterior.
O PROCESO DE CONSTRUCIÓN EUROPEA.
Idea de Europa: co Imperio Romano aparece a primeira situación dunha cidadanía única no territorio europeo;
Carlomagno constituíu unha unión monetaria (libra de prata); en 1814, Napoleón puxo de manifesto a súa
aspiración europeísta; Tras a Segunda Guerra Mundial, Europa é un espazo en estado de ruína económica
(xorde o desexo de reconstrución).
Cara a 1950 (coa Guerra Fría), exponse a integración europea como unha terceiro vía fronte a EEUU e a
Unión Soviética. O nacemento da Comunidade Económica Europea (CEE) apóiase en: o acordo aduaneiro do
Benelux (entre bélgica, holanda e Luxemburgo) e a Comunidade Europea do Carbón e o Aceiro (CECA). o
nacemento da CECA. A Europa dos seis: Alemaña, Italia, Francia, Bélxica, Holanda e
Luxemburgo, que será en diante o núcleo a partir do cal iranse adherindo sucesivamente os demais países
democráticos europeos.
·
O seguinte paso foi a proposta de crear un mercado común entre os seis. Esta proposta materializouse en 1957
en dous tratados: o da CEE (máis coñecido como o Tratado de Roma, que prevía eliminar continxentes e
aranceis entre os seis e instaurase políticas comúns) e o da Comunidade Europea da Enerxía Atómica
(EURATOM).
· A Europa dos nove: Reino Unido, Dinamarca e Irlanda (1973).
· A incorporación de Grecia: 1981.
A incorporación de España e Portugal: 1986. Destaca neste período o Acta Única Europea e o Tratado de
Maastricht.
· A Europa dos Quince: Austria, Finlandia e Suecia (1995). Destaca o Tratado de Ámsterdam.
ESPAÑA EN EUROPA
O réxime político do xeneral Franco, unha ditadura na segunda metade do s. XX, imposibilitou a
incorporación de España nas institucións europeas. Supuxo un longo proceso:
O plan de Estabilización (1959) establece os primeiros pasos de aproximación cara a Europa:
apertura do comercio exterior e o abandono do modelo autárquico. España solicita a apertura de negociacións
coa Comunidade Económica Europea (CEE).
4
O segundo momento ten lugar coa firma en Luxemburgo do Acordo preferente coa CEE
(rebaixando aranceis na exportación industrial española dentro da Un. Europea).
O paso decisivo e o máis importante ten lugar nos anos 1985 e 1986 co Tratado de Adhesión, que dá lugar á
integración de España. En 1989 a peseta intégrase no Sistema
Monetario Europeo.
·
O último avance deste proceso prodúcese en 1998 co ingreso na Unión Económica e
Monetaria e en 1999, inclúese a España no conxunto dos 11 países comunitarios que adoptan o euro como a
moeda única.
·
POLÍTICAS DA UNIÓN EUROPEA
Política Agrícola
A Política Agraria Común (PAC) é unha peza fundamental na construción da unidade económica europea
desde o Tratado De Roma. Persegue: aumentar a produción para abastecer a demanda da poboación europea e
asegurar un nivel de vida adecuado para a poboación agraria. Para iso, foi establecendo medidas que buscan a
modernización das explotacións agrarias, a protección dos agricultores e a corrección de desequilibrios
estruturais.
Política social e dereitos cidadáns
Recollen unha serie de medidas sociais para avanzar na dimensión social da UE e para garantir os dereitos
cidadáns.
Os dous alicerces básicos da política social son o Fondo Social Europeo (FSE) E A Carta Social, con cuxo
impulso político e cuxa achega económica puxéronse en marcha numerosas iniciativas europeas,
especialmente para corrixir o elevado e crecente nivel de desemprego en Europa.
Política rexional
Europa é un espazo composto por rexións moi heteroxéneas, o cal tradúcese en: desequilibrios demográficos,
diferenzas de renda e graos de desenvolvemento.
A preocupación pola política rexional da UE aparece xa expresada no Tratado de Roma, no cal recóllese o
desexo de reducir as diferenzas entre as diversas rexións e o atraso das menos favorecidas.
Para ese fin de creo en Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
As medidas de cohesión prestan especial atención ao emprego e ás rexións menos desenvolvidas.
Política ambiental
O Acta Única Europea establecía que se debía de ter en conta a necesidade de protexer o medio ambiente en
todas as áreas de actuación comunitaria (formalizáronse os principios de prevención e preservación).
O aumento da importancia dos problemas ambientais na política comunitaria débese
principalmente a dúas causas: ao interese crecente pola calidade de vida dos europeos, e ao feito de que os
problemas ambientais teñen unha incidencia económica que supera os ámbitos locais e estatais.
A UNIÓN ECONÓMICA E MONETARIA (UEM)
O proceso para a construción desta unión afróntase a través de 3 etapas:
(1990−1993) caracterizouse pola adopción de programas de converxencia en cada un dos países comunitarios
e por un esforzo de coordinación entre as políticas económicas dos países membros.
(1994) introduciu como medidas máis importantes: a independencia dos bancos centrais con respecto aos seus
gobernos e a prohibición de que o sector público financiásese acudindo aos bancos centrais. Creouse o
Instituto Monetario Europeo.
(1999) prodúcese: a equivalencia dun euro fixada en 166,386 ptas; o establecemento deste moeda única; a
creación do Banco Central Europeo e a adopción dunha política monetaria única.
5
Conceptos a ter en conta
ECU: Unidade de Conta Europea utilizada ata a implantación do euro e da Unión Económica e Monetaria en
1999.
EUROSTAT: é a oficina estatística da UE. Elaboran e publican regularmente estatísticas con datos
demográficos, sociais...
TRATADO DE ROMA: é o tratado constitutivo da CEE, o máis importante por ser o núcleo do proceso de
integración europea e recoller os obxectivos principais. No asinouse o EURATOM.
ACTA ÚNICA EUROPEA: entrou en vigor en 1987. o seu obxectivo principal era a plena realización do
mercado interior garantindo a libre circulación de persoas, mercancías, capitais e servizos.
TRATADO DE MAASTRICHT: asinouse en 1992 e entrou en vigor en 1993. é o acordo polo que nace a UE
e avánzase en dous obxectivos: o camiño cara á unión política e o establecemento da unión económica e
monetaria.
TRATADO DE ÁMSTERDAM: aprobado en 1997. consolidou tres alicerces básicos para a UE:
Comunidades europeas, Política exterior e de Seguridade Común, e a cooperación en Xustiza e Asuntos do
Interior.
FONDO SOCIAL EUROPEO (FSE): principal elemento da política social europea para o desenvolvemento
dos recursos humanos. O seu obxectivo o solucionar os problemas do emprego.
España no sistema mundo
Hoxe en día vivimos nunha sociedade na que o capitalismo se implantou a escala mundial e supón a
globalización do comercio...
Características do capitalismo:
• Predomina a propiedade privada
• A competencia é libre
• Os prezos regúlanse pola lei de oferta e demanda
• Crecente división do traballo
• Crea desigualdades territoriais
Os factores que favorecen o capitalismo global son:
• A revolución tecnolóxica
• A mellora dos transportes e o progreso telecomunicativo.
• A crise dos sistemas comunistas.
• As medidas liberalizadoras.
A economía funciona dunha maneira cada vez máis global. A producción tende a organizarse a escala
mundial, no que as empresas multinacionais xogan un papel fundamental, levando a súa producción fóra do
seu país de orixe.
O consumo evoluciona cara unha crecente uniformización das preferenzas. Os intercambios medraron e
diversificáronse. Mentres as direccións de todos os fluxos de intercambio son cada vez máis complexas
establecéndose entre países moi diferentes...
Mundialización política, social , cultural e ambiental
No apartado xeopolítico trunfa unha nova orde internacional dirixida dende as principais potencias, como son
a UE, os EEUU, Xapón...
6
No terreo social o mercado laboral de traballadores está globalizado
No ámbito cultural hai cambios sobre todo nos grandes centros mundiais de investigación, cambios nos
modelos artísticos e musicais...
No terreo ambiental os problemas acadan unha dimensión mundial ( efecto invernadoiro...)
Como consecuencia da mundializacón un acontecemento nun país pode influír nos asuntos locais doutro.Os
estados cada vez dependen máis das decisións externas.
A intensificación das desigualdades territoriais
A crecente interdependencia entre os distintos países non trae a igualdade, pódense distinguir dous espazos:
• Os espazos centrais, os cales concentran a producción de innovacións ( maior número de grandes
empresas, mellor tecnoloxía...) e controlan os intercambios internacionais de mercadorías, de capital...
• Na semiperiferia estarían países moi próximos á países centrais ( Rusia, América do sur...) a
influencia é maior ca en países, xa por último, periféricos
• Periferia; países do terceiro mundo, en vías de desenrolo. A súa actividade económica é de menor
rango.
As áreas xeoeconómicas
Clasificación:
• Países ricos e desenvolvidos
• Países pobres en vías de desenrolo
Ambos presentan trazos sociais, económicos ... moi diferentes.
Os países ricos presentan un alto nivel económico, un crecemento demográfico baixo, alta urbanización ...
A economía destes países rexistra un movemento expansivo e nela predomina a industria e os servicios
tecnolóxicos.
A poboación crece lentamente ou decrece.
A urbanización é intensa.
O benestar social é predominante consolidándose o Estado do benestar.
Existen desequilibrios territoriais resultante da concentración do crecemento económico
Os países desenvoltos manteñen un predominio a escala mundial.
Os países subdesenvolvidos deben o seu atraso ben a situación climática ( deserto, selva...) que presentan
grandes obstáculos ou por unha baixa implicación no sistema capitalista.
Estes países defínense polo predominio do sector primario, que aguanta o peso da economía e absorbe máis do
50% da poboación. O crecemento económico é fráxil mentres a poboación faino a un nivel contrario e
acelerado. As cidades só concentran un terzo da poboación aínda que esta tendencia está a cambiar.
7
O nivel de vida e de benestar social é baixo pois as necesidades básicas non están sequera cubertas. Hai
grandes desequilibrios territoriais e manteñen unha posición de dependencia mundial.
Axudas ó desenvolvemento:
• AOD, axudas oficial ó desenvolvemento , é insuficiente e non sempre beneficia ós máis necesitados.
Parte da axuda é un préstamo e reverte cara os países desenvolvidos.
• A ONU, Co organismo PNUD.
• As axudas non oficiais ( as ONG ), na súa maioría son organizacións sen ánimo de lucro
desvinculadas a ningún goberno.
As axudas españolas ó desenvolvemento diminuíron na derradeira época.
Os movementos antiglobalización
A sociedade perdeu o control da globalización, esta beneficio a uns poucos en detrimento de outros, supón a
perda da identidade cultural e causa un grave deterioro medioambiental.
Os movementos antiglobalización constitúense por organizacións diversas. Chaman a participación da
sociedade civil, á extensión a toda a poboación dos beneficios da globalización, á conservación ambiental e é
defensa do dereito cultural.
Os métodos de actuacións son a manifestación...
A posición de España no mundo sitúase como unha potencia intermedia e posúe un desenvolvemento humano
alto.Estamos pois, dentro dos países desenrolados.
Formamos parte de organizacións defensivas como a OTAN. Colaboramos con diversas organizacións non
gobernamentais.
Pertencemos tamén a OCDE co fin de favorecer a expansión económica e potenciar o comercio mundial.
8
Descargar