Historias da filosofía; Marcelino Agís Villaverde

Anuncio
Historias da Filosofía
No libro Historias da filosofía faise un percorrido moi ameno o longo das distintas etapas da filosofía .
A filosofía nace en Grecia 700 anos a. de c. Surxe no porto de Mileto onde os cidadáns síntense libres e
comezan a preguntarse pola orixe do mundo, que é a alma , as sucesións das estacións, etc.
FILOSOFÍA PRESOCRÁTICA
−Tales naceu en Mileto, e o que máis lle gustaba era ir o porto e alí ollar o ceo cheo de estrelas. Tales foi un
gran astrónomo. Sabia moito dos misterios das estrelas, pero non se preocupaba do que tiña diante do seus
pés. A el débense descubrementos como : as estacións, que o ano ten 365 días,predeciu eclipses. Foi un dos
sete sabios.
−Pitágoras naceu en Samos, cidade en que era considerado como un deus.
Oseu pensamento foi moi variado, aprendeu en Caldea astronomía, en Fenícia loxística, en Exipto estivo cos
mellores matemáticos , enxeneiros, etc.
Por iso non é só famoso polo seu teorema. Fundou a escola pitagórica e para entrar nela había que superar
varias probas. Durante o día da proba os estudiantes non poden durmir , nin falar , nin berrar , deben tomar só
auga e sal , vence−lo frío, etc. Unha vez superada a proba pasan a formar parte dos elexidos e teñen acceso a
sabiduría que lles é explicada polo mestre.
Agora o xoven debera preguntarse cada día estas tres cousas : que fixen mal, que fixen ben e que deixei de
facer.
−Heráclito puido ser gobernador , pero cedeulle ese pribilexio o seu irmán, porque el tiña que adicarse a
meditar. A xente dicia que era triste e raro pero máis ben foi un incomprendido.
Solía banarse nun río e dixo: ¡Nunca te poderás bañar dúas veces no mesmo río! Pero ninguén o entendeu.
Tamén dixo co cosmos estaba cheo de forzas que se enfrontaban e que o motor do mundo é o lume( da luz ,
calor , deixanos ver...) pero tampouco ninguén o entendeu.
−Parménides, foi totalmente oposto a Heraclito. As súas vidas e pensamentos foron tamén lóxicamente
distintos.
−Heráclito non quiso gobernar, Parménides foi foi gobernador de Samos e escribiu en verso, Heráclito en
prosa.
Parménides defendeu que existe un Ser inmóvil e eterno que o invade todo, Heráclito, dixo que no mundo
todo se move sen parar.
−Zenón foi discípulo de Parménides e ainda que non entendía moi ben as teorías do seu maestro, non se
cansaba de repetilas. Explicaba como o mundo, en apariencia cheo de movemento e vida, estaba en total
quietude. Un día estaba escoitando o seu discurso outro filósofo(Antístenes), e camiñou para comprobar que o
dito por Zenón era falso, pero calou.
−Anaxágoras, viña duna familia aristocrática pero por levar a contra renunciou a todo para adicarse a
filosofía. Escribiu o libro máis vendido da antiguedade Sobre a Natureza.
1
Foi acusado de impiedade, pero saíu na súa defensa Pericles e pudo volver a Xonia, pero por levar a contra
deixouse morrer de fame. A súa derradeira vontade foi: Dadelle os nenos un día de vacacions para festexar a
niña morte.
−O derradeiro filósofo presocrático foi Demócrito; a súa teoría foi cas cousas orixínanse ó unírense os átomos
no baleiro e o afastárense deixan de existir, é dicir todo está composto de átomos.
FILOSOFÍA CLÁSICA
Houbo tres grandes filósofos clásicos: Sócrates, Platón e Aristóteles.
−Sócrates, a súa frase máis famosa foi: So sei que non sei nada.
A pesar que foi o filósofo máis admirado non deixou nada escrito. Trataba de erradicar a ignorancia e
defendía a verdade. Foi encarcelado polas súas ideas. Morreu no cárcere despois de tomar unha copa de
cicuta.
Só foi recoñecido despóis de morto.
−Platón, era un mozo moi guapo, que facía poemas e por iso as mozas andaban tolas atrás súa.
Admiraba a Sócrates, do que foi discípulo.Coa morte do seu mestre fuxiu a Sicilia , onde tivo problemas cun
tirano chamado Dionosio, e foi vendido como escravo. Por sorte foi rescatado.
Platón decidiu acabar ca idea de explicar o mundo acudindo a auga, o lume, o aire...
Con el nace a nova filosofía, na que os razoamentos viran dun mundo por riba do noso, e así surdiu a idea de
dous mundos: o que percibimos cos sentidos , e un mundo ideal que máis ben só o ben os filósofos.
−Aristóteles, seu pai era médico, pero morreu cando el ainda era un neno e entón foi adoptado por un curmán
que o deixou na academia platónica, e alí estivo vinte anos con Platón.
Aristóteles era o mellor discípulo de Platón, e este aconselloulle antes de morrer que si ás súas ideas iban en
contra das del que non dudara en expresalas . Pero a Academia de Platón un sobriño de Platón e Aristóteles
marchou a Macedonia onde montou dúas escolas . O rei envoulle o seu propio fillo para que lle ensinase. Era
o futuro emperador: Alexandre Magno. Aristóteles fundou en Atenas unha escola distinta á Academia
platónica e chamouna o Liceo. Alí tratábanse temas diversos: matemáticas, moral , lóxica...
No seu testamento deixou a Antípater encargado de administrar as súas propiedades e o Teofrastro que
coidara a súa familia e a súa escola.
FILOSOFÍA HELENÍSTICA
Alexandre Magno, tratou de instaurar un reino universal e reunir todas as cidades e gobernar no mundo. Este
cosmopolitismo durou ata a súa morte.
Os homes non saben que facer agora que non está Alexandre Magno . Neste momento:
• O filósofo Epicuro funda unha nova escola en Atenas baseada na felicidade e o amor.
• Na escola de Epicuro había que traballar a horta por iso se chamou a filosofía do angazo.
• Outro filósofo chegou tamén a Atenas ;chamabase Dióxenes e defendeu que o mellor era seguir o
exemplo dos homes virtuosos. Dióxenes predicou co exemplo pois case non tiña pertenencias.
2
• Tamén chegou a Atenas Zenón, como non era grego tiña que encinar nos pórticos.Defendeu co home
debe buscar a felicidade non no placer senon na razón, e dicir, o deber polo deber. Era moi estricto e
non estaba satisfeito polo que acabou suicidándose.
• Filósofo grego tamén foi Pirrón, el chegou a conclusión de que as cousas son como son e de que nada
do que pensemos importa, polo que é mellor ser feliz sen preocuparse das grandes verdades.
En Alexandría os filósofos cegaron a conclusión que era o cerebro e non o corazón a sede da intelixencia. En
medio de tantos filósofos eminentes destacou tamén unha filósofa: Hipatía.
Nesta cidade de Alexandria creou Alexandre magno unha biblioteca , que posuiu máis de medio millón de
libros, pero todo se perdeu ca invasión dos bárbaros.
−Arquímedes demostrou cun balde cheo de auga e un pedrolo que : Todo corpo sumerxido nun fluido
experimenta un empuxe vertical cara arriba igual o peso do liquido que desaloxa.
FILOSOFÍA E CIENCIA NA ÉPOCA IMPERIAL
Os romanos non perderon tanto tempo en reflexionar como os gregos. Eles decían: primeiro vivir e despois
filosofar.
Os romanos viviron das rendas da filosofía grega , ainda que tiveron os seus propios filósofos .Practicaron o
cristianismo e a filosofía estoica.
−Séneca(o cordobés) non se sabe moi ben se foi o primeiro filósofo español, Meteuse en política e por iso foi
desterrado.
Foi preceptor do emperador Nerón, pero este era moi cruel e decidiron asesinalo. O malo foi que Nerón
enterouse e fixo matar a todos os participantes na conxura.
Séneca por ser o preceptor de Nerón tivo o privilexio de escoller como morrer(abriuse as venas na bañeira).
Escribiu nove traxedias e moitas cartas morais. Defendeu que tódolos homes son iguais.
Os derradeiros filósofos estoicos tamén foron opostos: un era escravo(Epictelo) e outro emperador(Marco
Aurelio).
−Epictelo practicaba o modelo socrático de filosofar e non escribiu nada , pero o seu pensamento foi recollido
por Flabio Arriano.
−Marco Aurelio escribiu as súas reflexións nun caderno titulado Pensamentos
−Galeno, este filósofo namorouse duna rapaza, que morreu de enfermidade , dende aquela Galeno adicouse a
súa vida, a loitar contra a morte.
Galeno foi o pérgamo e estudiu os vinte volúmenes da súa biblioteca, e logo tódolos da biblioteca de Corinto
e tamén os de Alexandria.
Foi o médico persoal do emperador Marco Aurelio,e era tanto o seu saber, que ninguén o deu superado en mil
anos.
−Ptolomeo, era un gran astrónomo. A xente rica chamabao para predecir o futuro dos seus fillos. Ptolomeo
dixo que a Terra non era redonda e que a Terra era o centro do universo. No século I, en Roma é a época das
catacumbas, neste intre os cristiáns tiñan que fuxir debido a que o emperador Augusto non estaba de acordo cá
3
súa relixión e os perseguia e eles tiñan que refuxiarse en covas. Augusto quería restaurar a relixión tradicional
e eacabar co cosmopolitismo. No século IV Constantino firmou a paz entre a igrexa e o estado.
Platón fixera o proxecto duna cidade idal, pero non foi capaz de levala a cabo. Platón quería crear unha cidade
cunha educación perfecta onde todos os cidadáns se levasen como irmáns. Esa república ideal non foi adiante.
−Plotino, seiscentos anos despois tentou crear esa cidade ideal, pero tamén fracasou.
Montou unha escola filosófica en Roma a que acudiu o emperador Galiano e a súa esposa.
Plotino propuso fundar unha cidade de filósofos chamada Platonópolis, pero non se levou adiante.
FILOSOFÍA PATRÍSTICA
Decátase de que hai poucos libros de filosofía cristiá e el dille a súa nai que quere ser filósofo. Para convencer
a súa nai de que a filosofía é boa , fálalle de San Agustín, que chegou a ser bispo e loitou contra os erexes. Foi
un filósofo cristiá máis sen permitir que a fé sustituíse a intelixencia.
San Agustín depende nas súas obras da felicidade e o amor. A principal dificultade coa que se atopa e a de
difernciar entre a liberdade do home e a de Deus. Escribiu unha Autografía.
FILOSOFÍA MEDIEVAL
−Boecio é un filósofo que está no cárcere, condenado a morte e non pode facer nada por demostrar a súa
inocencia. Ali comeza a escribir sobre filosofía e así os días fánselle máis levadeiros. O carcereiro gardou
todos os escritos e así é como en ninguna biblioteca medieval falta A consolidación da filosofía, de Boecio.
A época medieval , non foi como tratan de dicir un tempo perdido en ideas teolóxicas, unha idade escura, chea
de tormentos e inquisidores.
A idade media foi o tempo en que centos de relixiosos rescatan a cultura e transmitena a outras xeracións.
Tamén é a época en que nacen as escolas, que despois daran lugar as primeiras universidades. E por último é o
momento en que se interpretou a biblia . Destaca San Agustín.
Esta época como sucede o longo da historia, é unha época de paréntesis, de crise, de tránsito. Os filósofos
medievais son a ponte entre a idade antiga e o renacemento. Así ademáis de San Agustín debemos nomear a
San Isidoro, que puxo a cultura o servicio de Deus e deixou a meirande enciclopedia da Idade Media. A el
debemos a evolución que fixo o latín e o mencer do vocabulario das linguas románces, na súa obra
Etimoloxías. Santo Anselmo foi outro filósofo que tratou de explicar a existencia de Deus, os ateos non lle
facían caso; como se decía : Predicaban no deserto.
Abelardo era un filósofo que daba clases na universidade de Notre−Dame e namórase de Eloisa, ela dille que
está embarazada. O seu castigo foi que ela fíxose monxa e el ingresou nun mosteiro. Foron enterrados na
mesma tumba para poder vivir xuntos na mesma tumba.
Tomé de Aquino, a súa familia tentou quitarlle a vocación relixiosa, pero el pasaba o tempo entre as pregarias
e o estudio. O fin deixárono que se fixese domínico. Foi o mellor filósofo da Idade Media, chamáronlle o boi
mudo, porque era corpulento e moi calado. Escribe Cuestións Deputados e Sumas.
Foi profesor de Teoloxía na universidade de París, e chegou a ser catedrático de dita Universidade. Nas
universidades do século XVIII había dous tipos de profesores: os mugalláns (que impartían as clases de mala
maneira) e os progresistas, como Tomé de Aquino(que motivaban ós estudiantes) .
4
FILOSOFIA RENACENTISTA
Polo ano 1500 prodúcense unha serie de cambios culturais : a imprenta, América, deixase o Latín ... Todo isto
deu lugar o Renacemento.
−Copérnico escribe A revolución dos corpos celestes, este libro foi prohibido pola igrexa. Copérnico
descubríu que era a Terra a que xiraba ó redor do sol.
En España durante o renacemento construironse grandes universidades como a de Santiago en 1495. No
renacemento hai grandes filósofos como:
−Leonardo de Vinci que dixo que a experiencia é a nai de todos os saberes. Tentou facer unha máquina de
voar, pero non puido levar a cabo a súa matinación.
−Nicolas Maquiavelo que escribiu O Príncipe en 1513. Este filósofo florentino dáballe consellos os
gobernantes no seu libro, ainda co máis sorprendente é a diferencia que fai de príncipe e tirano, o primeiro
actúa en interese do Estado, e o segundo no seu propio proveito.
−Galileo Gali lei , era profesor de mate, na Universidade de Padua, polo ano 1609 cando supo que había uns
anteollos para ver o lonxe, pero estaban prohibidos pola Igrexa. El desarrollou esa idea pero para ver as
estrelas.
−Erasmo escribiu a obra máis importante do Renacemento Eloxio a locura , para el, filósofos bispos ,
príncipes, reis...todos estaban anegados de loucura, pero a loucura coma a do cristianismo era boa e admirable.
FILOSOFÍA MODERNA
−Descartes naceu en 1596, e a súa infancia foi problemática: quedou sen nai, estivo moi enfermo...
O seu pai chamáballe o meu filósofo porque sempre facía preguntas.
Estudiou leis, física e despois escribiu o primeiro libro da filosofía moderna: Regras para a dirección da
mente. En Francia e para fuxir do latín escribiu Discurso do Método. Dexesaba construir o edificio da
filosofía , pero non atopaba a forma porque todo o que pensamos podemos dubidar, daquela escribiu a famosa
frase: penso, logo existo.
En España despois duna época esplendorosa(Idade de Ouro) pasouse a un tempo de bancarrota, e o reinado de
Felipe III.
−Baruch Spinoza, foi un dos grandes filósofos, ninguén osa a chamarlle filósofo español xa que foi desterrado
por ser xudío. A obra da súa vida foi Ética que contén axiomas, demostracións e definicións.
−Bieito Espinoza, este filósofo moderno é cohernte ata o límite. Non lle interesaban as riquezas, busca tan só
a verdade, tiña moi claro o sentido da vida, e para el o ben supremo era a unión do home ca natureza .
Tratou transmitir a idea de que o diñeiro e os bens son un medio e non un fin. E el cumpliuno.
No século XVI nace o ensaio, un xénero literario que causou furor na filosofía moderna, xa cá filosofía
basease na palabra. O seu lema foi: O libro e non eu é a miña vida.
−Guillerme Leibniz, foi un neno superdotado. Era tan intelixente que lía con catro anos todo tipo de libros, e
un mestre prohibiulle seguir lendo, e facíao as agachadas.
5
Coñecia tódolos libros da súa biblioteca e o seu orden. Un día oeu unha voz que dicía: Ordea con lóxica os
teus coñecementos. Aparte de filósofo foi diplomático e pasaba a vida viaxando. Morreu só e olvidado de
todos.
−Thomas Hobbes, escribiu a primeira filosofía civil e nela trata temas como: O Estado é o monstro invencible,
existe un ben primeiro que é a vida e a súa consecución...
−John locke, escribiu Ensaio sobre o entendemento humano, este filósofo empirista ten o valor de dicir que
non entende a filosofía escolástica, e suxire unha
solución, achandar obstáculos inútiles, e dicir, meter a escavadora en todos os coñecementos adquiridos,
votalos fora, e comezar de novo a filosofía
−David Hume, escribiu o Tratado da natureza humana, pensou acadar moita fama con este libro e non foi así,
entón decepcionado abandonou a filosofía e foi preceptor dun marqués, embaixador en París, etc.Pasados os
anos escribiu outro libro, que si lle deu algo de fama Investigación sobre o intelecto humano
FILOSOFÍA DA ILUSTRACIÓN
O século XVIII foi o século da ilustración, das luces, da razón, dos libros debido o perfeccionamento da
imprenta, da Enciclopedia...
O lema da ilustración foi : ¡Ten o valor de servirte da túa propia razón!
−Rousseau , el non se considera un filósofo senon un home que fala de filosofía.
Foi admirado, perseguido e proscrito.
Rousseau defendía a vida do home primitivo e pensaba que era máis feliz co home civilizado.
Manolo Kant, era de familia humilde pero el estudiou e aceptou ser preceptor, porque tiña que traballar
para ganar cartos. Ó fin fíxose profesor da universidade. Sempre foi un home puntual, raro e rutinario.
Comezou a escribir xa de moi maior porque nunca tivera tempo para facelo. Escribiu Crítica do Xuízo
Estético, que buscaba dar resposta a unha pregunta básica: ¿ Que é o home?
Kant pensaba cá nosa razón abonda para mover a vontade. Por iso quixo establecer unha lei moral
universal para todos os homes, e despois de morto pensar dixo:
Actúa de tal xeito que a máxima da túa vontade teña sempre validez ó mesmo tempo, como principio duna
lexislación universal.
ROMANTICISMO E IDEALISMO
En contra do que pensaban os Ilustrados do século XVIII, de que esta etapa non remataría, no século XIX,
chega o Romanticismo. O Romanticismo proclama a exaltación da natureza, afirmación dos sentimentos,
da paixón, do patrimonio, do tráxico...
Os intelectuais berraron a famosa frase:!A imaxinación ó poder!
O Romanticismo comezou en Alemania xa antes de comenzar o século XIX.
6
−Así Hamann que defendeu cá cultura non é pribilexio dos aristocráticos. Aposta pola vida cotidián, pola
historia concreta.
−Herder, para el a linguaxe humana é a linguaxe filosófica son linguaxes poéticas. A linguaxe é a base da
cultura e nela está a base do noso ser.
Os pensadores alemáns da época pensaban cá alma tiña dúas partes: unha poética e outra romántica que
non se podían separar, por iso, chamábanse, poétas filósofos. Entre os que destacan : Schiller, Novalís...
−Goethe, o seu era a poesía, por iso a súa filosofía é unha poesía pensante. A súa obra é meditada,
complexa e madura. Asi se reflexa en Fausto que representa a loita metafísica entre o ben e o mal. Como
bo romántico admira moito a natureza . Agora imos falar dos filósofos idealistas, estes son os que se
preocupan do amor pola Terra, exaltan a fala propia ou o folcrore. Son a versión abstracta do sentimento
romántico. Destacan:
−Fichte, nado en Alemania . Se lle coñece por ser filósofo. Escribiu Discurso do Eu e do Non−Eu a
Nación Alemana, que foi o catecismo da filosofía política do idealismo. Compartiu con Kant a estima polos
ideais da revolución francesa, pero con visión de futuro.
−Alexandre Von Humboldt nado en Berlín, cidade onde morreu. Viaxou moito e estivo en África, Ásia e
ata no porto da Coruña.
El e seu irmán Guillerme(lingüista) defenderon que non hai que quedarse có superficial
−Xurxo Guillerme Hegel, con el o pensamento chega o cumio do abstracto, por iso se di que é un filósofo
duro de roer.
O seu primeiro libro foi Fenomenoloxía do Espíritu. A súa filosofía foi moi meditada, quiso facer unha
filosofía total. Chega a conclusión de que o home organízase en Estados, con gobernos, leis... pero enriba
de todo está Deus.
FILOSOFÍA E CIENCIA NO XIX
Hegel morreu en 1831 convencido que con el a historia universal estaba rematada, pero non foi así e a súa
morte, as súas ideas tomaron dous bandos: político ou relixioso.
−Ludovico Feuerbach, publicou A esencia do cristianismo. O seu mestre foi Hegel.
−Henrique de Saint−Simon, opúxose o liberalismo industrial que estaba a nacer froito da Revolución
Industrial.
Proponía que cada quén ocupase o posto que lle correspondía, segundo a súa eficacia.
Esta sociedade utópica, chamou a atención de Carlos Marx.
As ideas de Saint−Simon foron acollidas tamén pola escola politécnica de París.
−Cosnte, o seu mestre foi Saint−Simon. Defendeu que a historia da humanidade pasa por tres etapas de
progreso: a teolóxica, a metafísica e a positiva. A teolóxica baseada nos deuxes. A metafísica baseada na
razón e a positiva baseada no progreso.
−Artur Schopenhauer, ten que fuxir debido a invasión prusiana. Non lle gustaban as teorías de Hegel e de
7
Fichte.
O seu libro máis importante foi O mundo como vontade e representación. Defende que só o home coa súa
razón pode liberarse duna vontade cega.
−Soren Kierkegoard, fíxose sacerdote, pero criticaba a xerarquía eclesiástica. A súa obra non foi
recoñecida ata que Unamuno a atopou e quedou entusiasmado.
Defendeu a liberdade do home e afirma que o home pode elixir que tipo de home quere ser.
−Carlos Marx , naceu en 1818 e era xudeo. O seu pai renunciou a súa relixión para que o fillo (Carlos)
pudiese ir a universidade.
Marx casa con Yenny Von Westphalen e van a París , onde Marx publica os seus libros máis radicais que
non tiveron éxito.
Ainda que Hegel foi o seu mestre el non estaba de acordo cá súa filosofía, e por iso escribiu Contribución á
crítica da filosofía do Dereito de Hegel onde dixo non é a conciencia dos seres humanos o que determina o
seu ser, senón o ser social o que determina a súa conciencia.
−Darwin demostrou unha teoría revolucionaria: A selección natural das especies, e defendeu que o home
procede de primates.
−John Stuart Mill , foi un filósofo ingles. Defendeu que a sociedade non podía ser feliz se non o eran os
seus individuos. A felicidade é o primeiro fin . Publicou tamén un libro en colaboración coa súa muller
sobre a liberdade.
FILOSOFÍA CONTEMPORÁNEA
−Federico Nietzche, estudiou filosofía e teoloxía. Foi unha persoa con pouca saude, que de adulto
contraeu a sífilis, enfermidade da que morreu. Entre as súas obras están : A vontade de poder, O
nacemento da traxedia no espírito da música etc.
−Durkheim ,foi como conta defensor da socioloxía filosófica.
Foi profesor na sorbona. Algúns dos seus libros son:
A división do traballo social e O Suicidio.
Ernst Cassirer, de familia xudia, cando chegou Hitler o poder tivo que emigrar. O concepto máis
importante da súa filosofía é que o home non é só un animal racional, senón que tamén é un animal
simbólico.
−Hursel e Bergson, as súas vidas foron moi similares, pero Bergson era xudeo, e xamáis o ocultou e máis
el mesmo se presentou para ser fichado no rexistro polos nazis.
Fuxe da rixidez , do positivismo e a súa filosofía é moi humana.
−Heidegger, foi nazi. Sucedeu a husserl na cátedra universitaria, xa que era un dos seus discípulos.
Publicou O ser e o tempo, o seu libro non foi ben acollido, xa que quería expresar a súa propia filosofía: O
sentido do ser.
8
−Wittgenstein, amigo do filósofo Rusell, o que lle animou a continuar escribindo tras publicar Tractatus
lógico−philosophicus.
−Sigmund Freud, ía para médico, pero decidiu estudiar o mundo dos sonos e da mente humana, con el
nace o picánalise.
Interpretando os soños chegou a explicar as reaccións das persoas.
−Sartre, escribía tódolos días sobre a filosofía . Na súa obra Náusea describe as súas angustias,
sufrimentos e rebeldías.
−Ricoeur, era un home dunha gran humanidade. Prestou o seu apoio a un mozo que íua para filósofo.
Ricoeur leu a obra do rapaz e dixo : Este é un perfecto esquema para toda unha vida. O rapaz quedou
contento porque esta era a opinión dun home que daba conferencias na Aula de Cultura de caixa
galicia(en Santiago).
−Ortega y Gasset, foi o máximo pensador español que deseña a teoría xeracional.
Traballou na interpretación dos símbolos, mitos e a linguaxe humana
9
Descargar