España no reinado de Fernando VII

Anuncio
ESPAÑA NO REINADO DE FERNANDO VII
O RETORNO DO REI DESEXADO: A REACCIÓN.
E
n 1814 o rei Fernando VII puido regresar á Península, protagonizando un retorno triunfal. O monarca, en
Valencia, rodeado de aristócratas e do exército, anulou mediante un decreto toda a obra lexislativa das Cortes
gaditanas: ordenou o desterro dos liberais máis destacados, restableceu o tribunal da Inquisición, suprimiu a
liberdae de prensa e imprenta e restableceu tyódolos antigos privilexios da nobreza. Os liberais, tivéronse que
ocultar. Agrupados en sociedades secretas, conspiraron para derruba−lo rei e facerse de novo co poder. Pero
estes intentos fracasaron.
O TRIENIO LIBERAL (1820−1823)
D
espois de varios intentos fracasados, triunfou en Cádiz un pronunciamento militar (1820). Alí rebelouse
Riego, para sufoca−la rebelión das colonias contra a metrópole. Obrigaron ó rei a acepta−la Constitución de
1812, que xurou respectar. Formouse un goberno liberal que volveu poñer en funcionamento toda a
lexislación das Cortes de Cádiz..
A DÉCADA OMINOSA (1823−1833)
F
ernando VII aceptou de mala gana ser rei constitucional e conspirou para volver ser un monarca absoluto. O
monarca conseguiu que as potencias europeas enviasen un exército formado principalmente por soldados
franceses, que penetrou polos Pirineos e ocupou todo o país coa finalidade de restablece−lo absolutismo.
Nesta 2ª invasión, os franceses non atoparon a mesma resistencia que durante a guerra de Independencia e
esmagaron a fráxil revolución liberal española. Riego e os principias políticos liberais foron executados.
Desde aquela e ata 1833, Fernando VII gobernou de forma despótica, sen aterse a ninguna lei constitucional.
O país convertérase nunha inmensa polvoreira de odios, que moi pronto volvería a estalar.
A ESPAÑA DE ISABEL II
UNHA FAMILIA REAL DIVIDIDA
C
ando en 1833 morreu Fernando VII, deixou como sucesora á súa filla Isabel, que só tiña tres anos. Na espera
da súa mayoría de idade, a súa nai, María Cristina, fíxose cargo da rexencia. Don Carlos, o irmán do defunto
rei, reivindicou a coroa para si. O conflicto dinástico, converteuse nunha cruel guerra civil que se prolongou,
ata case o derradeiro tercio do século XIX.
LIBERAIS E ABSOLUTISTAS
O
s liberais, apoiaron a María Cristina a cambio de que a rexente aplicase o seu programa político. Os
1
absolutistas, apoiaron a don Carlos, e por iso foron denominados carlistas. A primeira guerra carlista
prolongouse desde 1833 ata 1839.
ORGANIZACIÓN DO ESTADO LIBERAL
M
aría Cristina, apoiada polos políticos liberais, iniciou a súa rexencia acosada polo carlismo. O primeiro que
fixo fou promulga−lo Estatuto Real (1834), unha carta outorgada ou Constitución non aprobada polo pobo.
Isto non satisfizo á maioría da xente, que desexaba unha auténtica Constitución. Convocáronse eleccións pero
había un sufraxio censitario, que só deixaba votar os máis ricos. Os liberais dividíronse en dous partidos
políticos: os moderados e os progresistas. Uns e outros ocuparon varias veces o poder. Sen embargo, a longa
guerra carlista e a escasa implantación dos partidos políticos entre o pobo fixo que os militares se convertesen
nos auténticos árbitros das loitas políticas. Foi o apoio do exército o que fixo oscila−la política española cara
un lado ou cara o outro. Fíxose unha nova división provincial do Estado, promulgouse un código civil.
INDUSTRIALIZACIÓN E DESAMORTIZACIÓN
CARA A UNHA ECONOMÍA LIBERAL. A INDUSTRIALIZACIÓN
U
n dos primeiros decretos que aprobaron os liberais foi o que regulaba a liberdade de industria e comercio
(1834). Este decreto autorizaba a instalar industrias en calquera punto do reino; calquera persoa podía ter unha
ou máis industrias e consagraba definitivamente a liberdade de fabricación de bens, prohibindo toda
ordenanza gremial. Este decreto supuso o inicio da industrialización en España. Ó longo do século XIX, a
industrialización foi desenvolvéndose, sobre todo en Cataluña (téxtil) e no País Vasco (siderurxia), aínda que
de forma moi lenta por falta de mercados xa que a maior parte da poboación non tiña medios económicos para
merca−los productos industriais. A industrialización foi acompañada da construcción do ferrocarril e da
creación das primeiras compañías de seguros e sociedades anónimas.
A VENDA DE BENS ECLESIÁSTICOS E ESTATAIS: A DESAMORTIZACIÓN
O
Estado iniciou no segundo tercio do século XIX o proceso de desamortización. Coñécese con este nome o
conxunto de leis e decretos mediante os que o Estado declaraba en venda gran parte dos bens que o propio
Estado, a Igrexa e os concellos tiñan por doazón. Estes bens estaban en mans mortas, é dicir, non se podían
vender nin comprar xamais. O Estado liberal pretendía dúas cousas: crear unha nova clase media de
propietarios, campesiños e burgueses, que agradecidos ó Estado se convertesen no firme sostén do réxime
liberal á vez que traballaban e facían produci−las terras. En segundo lugar, pretendíase enche−las arruinadas
arcas do Estado cos cartos obtidos pola poxa destes bens. A desamortización era necesaria para consolida−lo
Estado liberal. A maior parte das poxas de terra foron parar ás mans duna burguesía que as transformou en
grandes latifundios improductivos. A burguesía apoiou o réxime liberal, pero o campesiñado sen terras e sen a
penas cartos, non se sentiu moi atraído polo liberalismo.
A REVOLUCIÓN DE 1868
O PRELUDIO DA REVOLUCIÓN: CRISE DO FERROCARRIL + DE SUBSISTENCIA
A
2
segunda metade do século XIX en España iniciouse cunha certa prosperidade económica. As clases altas
ganaran moitos cartos coa desamortización. Os primeiros bancos que canalizaron o aforro cara a
investimentos rendibles. Moitos cartos investíronse na instalación da rede de ferrocarril e todos crían que sería
un negocio fabuloso. Sen embargo, o mercado e a industria eran moi pequenos e a penas se transportaron
mercadorías. En 1866, os investimentos do ferrocarril caeron na bolsa. Era a primeira vez que ocorría unha
crise coma aquela e tivo efectos devastadores: arruináronse moitos accionistas da burguesía e varios bancos
tiveron que pechar. Esta crise coincidiu con outro problema: a crise de subsistencia de 1866−1868. Unhas
colleitas catastróficas causaron o aumento dos prezos agrícolas, en especial do trigo. A fame e o
encarecemento da vida e a inestabilidade política e ineficacia dos gobernos de Isabel II, acabou por estalar un
movemento revolucionario en setembro de 1868.
A REVOLUCIÓN DE 1868 E O SEXENIO REVOLUCIONARIO
A
revolución iniciouse en Cádiz. O exército foi o que se levantou dirixido polo xeneral Prim. O levantamento
tivo unha grande acollida popular. Uníronse a el a burguesía progresista, os campesiños famentos e os
traballadores. Isabel II tivo que abandona−lo país. A etapa que se iniciou coñécese como Sexenio
Revolucionario (1868−1874), e estivo marcada por unha grande inestabilidade política e social. Houbo unha
rexencia, unha monarquía democrática e houbo unha dictadura que concluíu cun golpe de Estado. A
Constitución de 1869 estableceu o sufraxio universal, os campesinos e obreiros afastáronse da burguesía e
fundaron asociacións de seu baixo a influencia do anarquismo e do socialismo.
CARA Á RESTAURACIÓN BORBÓNICA.
A
revolución foi perdendo forza envolta en múltiples enfrontamentos. Cánovas del Castillo e a complicidade
dalgúns xenerais abriuse a posibilidade de que volvesen os Borbóns. A restauración da monarquía produciuse
finalmente en 1875, na figura de Afonso XII, fillo de Isabel II.
A RESTAURACIÓN
A ESTABILIDADE POLÍTICA
I
níciase en 1875 a Restauración, porque o trono español foi de novo ocupado por un membro da casa de
Borbón, Afonso XII. Á súa morte, a súa esposa María Cristina (non a nai de Isabel II) quedou como rexente
ata a maioría de idade do seu fillo, Afonso XIII. O sistema político que se implantou coa Restauración foi
obra de Canovas del Castillo. Basouse na Constitución de 1876, qe abandonaba os principios democráticos e
volvía ó liberalismo. Basábase na fraude electoral (moitas veces apoiada no caciquismo). Foi unha época de
grande estabilidade que se prolongou ata principios do século XX. A estabilidade política permitiu un notable
desenvolvemento económico e o afianzamento da burguesía financiera e industrial.
A CUESTIÓN OBREIRA
H
abía moitos problemas sen resolver. O máis importante foi o querer ignora−la existencia dunha crecente masa
proletaria. A isto contribuíu a penetración de ideoloxías revolucionarias, coma o socialismo e o anarquismo. O
socialismo español organizouse como partido político en 1879, ano no que se fundou o Partido Socialista
3
Obreiro Español (PSOE).
O DESENVOLVEMENTO DOS NACIONALISMOS
D
urante os anos da Restauración renaceron os sentimentos nacionalistas en determinadas zonas da Península.
No País Vasco, o desenvolvemento do nacionalismo foi tamén consecuencia do crecemento económico e da
existencia duna próspera burguesía. Foi fundamental o labor de Sabino Arana, que fundou o Partido
Nacionalista Vasco (PNV) e estudiou as orixesa da lingua e da historia dos vascos. Noutras rexións tamén se
desenvolveron importantes movementos de carácter nacionalista. En Galicia, un conxunto de intelectuais
comprometidos coa causa nacionalista reivindicou o uso da lingua galega na literatura e na prensa e comezou
un labor de difusión e normalización lingüística que culminou coa creación da Real Academia Galega (1906).
4
Descargar