O Método Grönholm - Revista Galega de Teatro

Anuncio
ESPECTÁCULOS
Un xoguete dramático para
remover conciencias
Manuel Xestoso
Título:
O método Grönholm
Autor:
Jordi Galcerán
Compañía:
Talía Teatro
Dirección:
Xúlio Lago
Ax. Dirección:
Diego Rey
Elenco:
Toño Casais
Artur Trillo
María Ordóñez
Dani Trillo
Vestiario e
Maquillaxe:
Martina Cambeiro
T
alía Teatro volve recorrer aos textos de Jordi Galcerán despois de poñer en escena, con éxito, Palabras encadeadas.
Montar O método Grönholm é unha operación arriscada: a
obra tivo numerosas versións escénicas nos últimos anos e, ademais,
existe unha adaptación cinematográfica que tivo unha notoria difusión. Non obstante, semella que prevaleceu o criterio da pertinencia
da obra no momento presente: a crítica á cultura empresarial americana, á deshumanización dos departamentos de “recursos humanos”, á competitividade descarnada promovida nas relacións laborais… son elementos de máxima actualidade que o público desexa
ver reflectidos sobre as táboas. Nese sentido, non se equivocaron ao
aceptar o reto.
A situación é coñecida: catro aspirantes deben pelexar con todos os
medios ao seu alcance para conseguir un posto de alto executivo
nunha multinacional. Trátase de esnaquizar aos rivais: a competición
é dun lacerante sadismo e non se contempla a posibilidade de ningunha barreira moral que a modere. A filosofía da empresa queda retratada nunha máxima: “Non necesitamos unha boa persoa que pareza un
fillo de puta senón un fillo de puta que pareza unha boa persoa”.
A partir de aquí, constrúese un xogo que logra transmutar en farsa
–cruel, como case todas– a iniquidade da situación cos instrumentos
clásicos da comedia: os enganos, as duplicidades, os diálogos ambiguos. A risa preside unha boa parte da representación ata que esa hilaridade vai deixando ver a traxedia que agocha no seu interior e xorde
a angustia e a desesperación dos personaxes. Hai unha obvia evocación temática de títulos como Morte dun viaxante ou Glengarry Glen
Ross, e unha máis disimulada atmosfera sartriana.
Pero O método Grönholm é, en realidade, un xoguete dramático
cuxa intención o sitúa por riba dos produtos deste xénero. Hai un
mecanismo moi ben medido de trampas que o autor lle tende ao
espectador, un cálculo no desenvolvemento da peripecia que descansa no virtuosismo do diálogo e no racionamento medido da información. Cada palabra e cada acción convértense en pistas falsas que distraen a atención sobre o que realmente esta a suceder. O drama chega,
daquela, a través do compromiso dos personaxes cunha intriga moi
43
44
Foto: Rubén Prieto
ben graduada e, sobre todo,
na capacidade dos actores
para convencer ao público
de que debe entrar no xogo.
Talía colle a obra como o
que é e sérvea co máximo
de honestidade: existe unha
asunción da pulcritude formal e a audacia contida que
se espera dun espectáculo
dirixido a grandes públicos
pero que non renuncia a
acadar un certo calado que
remova conciencias.
Neste sentido, é un acerto por parte da compañía a
elección de Xulio Lago
quen, sen dúbida, é o director que mellor manexa o
rexistro realista esixido pola
Toño Casais, Artur Trillo, María Ordóñez e Dani Trillo en O método Grönholm
obra. A súa man nótase no
movemento coral, no mantemento da tensión precisa, no timing dos diálogos e das réplicas. Probablemente tamén se debe ao seu labor un elemento decisivo: unha sobriedade que contribúe a sinalar a naturalidade
con que aceptamos esa falta de humanidade nas relacións persoais.
Evitando caer nos subliñados –e a obra préstase a unha certa caricaturización– a representación resulta máis convincente sen ter que ser explicativa.
Os actores –todos eles de coñecida solvencia– desenvolven con eficiencia o seu cometido, malia que a figuración da tensión dos personaxes conduce, en ocasións, a un hieratismo corporal un tanto esaxerado;
tamén é certo que ese estatismo alude a un código moral propio dos
ambientes corporativos. Artur Trillo resolve con gravidade reflexiva o
seu papel. Toño Casais presenta o contrapunto, aínda que a súa convicción tropeza co obstáculo de que o seu personaxe é o máis manipulado
polo autor. Dani Trillo sustenta o realismo áspero da intriga. María
Ordóñez ten momentos brillantes, a pesar de que presenta unha cara
demasiado afable para o seu personaxe. Todos eles acertan en non acentuar a dureza dos seus personaxes: son as condicións de traballo as que
os converten en seres desapiadados.
A impresión xeral é a de limpeza e eficacia. A mensaxe transmítese
sen estridencias, con corrección e sen xenialidades. Apuntemos que
afortunadamente, xa que a obra non require ningunha orixinalidade
engadida que interfira na súa traballada sinxeleza. O público así o
entende e premia o esforzo de todos e o comentario social que estaba
agardando.
O método Grönholm, de Talía Teatro / Foto: Rubén Prieto
Descargar