Non hai misericordia; Xelís de Toro

Anuncio
XelÃ-s de Toro
XelÃ-s de Toro (1962, Santiago de Compostela) É licenciado en FiloloxÃ-a Galega. Foi lector de galego
nas universidades de Birmingham (1990−93) e Oxford (1993−97). En 1990 fundou Edicións Positivas xunto
con Francisco MacÃ-as. Publicou os seguintes libros de narrativa: ''Seis cordas e un corazón'', 1989 (co
seudónimo de Roque Morteiro, Xerais 1990), novela, Premio Compostela Cultural; ''Non hai misericordia''
(1990, Xerais 2003), relatos, Premio Narrativa Cidade de Lugo; ''Terminal'' (1994); ''Os saltimbanquis no
paraÃ-so'' (1999), novela Premio San Clemente en 2000 ; ''The Corunna boats'' (Xerais 2004), novela e
''Riofero'' (Xerais 2009), novela.
NON HAI MISERICORDIA
A obra xira arredor dun programa de radio. Nel lense relatos cun tema común: a violencia.
No programa vanse lendo os contos, e ao remate de cada un son comentados por un sociólogo, un teólogo,
un psicólogo, un asistente social e polo autor.
• O primeiro conto fala dun grupo de amigos, VÃ-ctor (un camareiro), Mónica (a súa moza), Gabi e
Sócrates. Os amigos adoitan pasar a tarde no bar onde traballa VÃ-ctor, até que un dÃ-a este,
farto desa situación laboral, abandona o traballo. Esa mesma tarde deciden ir de festa os catro.
Ao usar a mesma máquina tragaperras, únese ao grupo Lamas, un home que se converte en millonario ao
vender un baixo comercial.
Comezan a beber xuntos por bares e pubs, e cando xa Lamas comeza a estar bébedo, amosando un
inequÃ-voco interese sexual por Mónica, VÃ-ctor decátase e faille saber que se poderÃ-a chegar a un
acordo para se deitaren. Logo de mercar uns gramos cocaÃ-na nunha discoteca, marchan en coche cara outra
con VÃ-ctor levando o vehÃ-culo. De sócato para o coche, e comezan a mallar en Lamas.
• No segundo relato a protagonista é Rosa, unha dependenta duns 40 anos, nai de dúas fillas, que co
seu salario mantén tamén ao seu home, desempregado. Pola mañá, antes de ir ao traballo,
atopa o corpo de Lamas na beiravÃ-a, e avisa ao bar que hai preto. Pola mañá a xornada de
traballo é normal, agás pola visita da policÃ-a para que lles conte o que saiba do corpo atopado.
Ao mediodÃ-a regresa a casa, pero tras unha discusión porque o marido non colabora nas tarefas da casa,
este dálle un bofetón. Pola tarde dille a unha clienta que non se dá decidido por uns zapatos que non lle
rompa a cabeza, e o xefe dille que quede ao remate para falaren. O xefe, comeza botándolle unha bronca,
para acabar abusando sexualmente dela no propio despacho. Ela déixase facer, consciente de que o seu
posto de traballo é sumamente importante para alimentar ás súas fillas.
Antes de chegar a casa para nun bar ao que adoitaba ir de nova, coas amigas, pero decátase de que xa nada
é o mesmo.
• O terceiro conto fala dun grupo de rock, Os Gladiadores, que vai dar un concerto importante, pois van
ser vistos polo membro dunha compañÃ-a discográfica. O concerto sae ben, con moito público.
As letras do grupo falan de desencanto coa vida para a xente da súa idade e da falta de esperanza.
Ao remate do concerto o da discográfica fala con eles. Dilles que soan ben, pero que deben modificar varios
aspectos (coma as letras) e substituÃ-r ao baterÃ-a.
1
• O cuarto relato fala de Carlos, amigo dos membros de Os Gladiadores e camareiro ocasional do pub
onde tocaron. Traballa tamén de locutor na emisora de radio pública, e o dÃ-a seguinte ao
concerto ten unha oposición para o seu posto, no que leva traballando dous anos facendo un
programa de música. Malia que conta co posto, antes das probas o técnico de son infórmalle de
que xa está reservado para unha moza, filla de alguén importante, e que non conte con el.
Ao final hai un epÃ-logo no que se presentan dous relatos do que ai que destacar un: o qe fala de Rosa, a
protagonista do segundo conto. Intenta durmir na cama pero non é quen, e acende a radio e escoita a
análise dos comentaristas sobre a violencia. Finalmente, colle un encrucillado que deixaran na mesa as súas
fillas, e non dá atopado unha palabra: MISERICORDIA.
OPINION PERSONAL
O tema de este libro me pareceu bó pero me aburriron algunas partes e outras me pareceron bastante
sádicas. O terceiro e o cuarto conto me pareceron bastante malos en comparación cos outros tres. É un
libro que se lee bastante rápido o cal se agradece e me pareceu bastante instructiva a parte, ao final de cada
conto cando comentaban os feitos na radio e sobre todo que o autor dé a súa opinion.
2
Descargar