SOCIOLINGÜISTICA HISTORIA DO GALEGO NO SÉC. XX

Anuncio
SOCIOLINGÜISTICA
% HISTORIA DO GALEGO NO SÉC. XX
No século XX vanse a acelerar eses procesos lingüísticos que comezaron no anterior. Por un lado a conciencia
idiomática medra cualitativa e cuantitativamente.Nos usos lingüísticos do crecente galeguismo o uso da lingua
xa nos quedará reducido ó plano literario ou a algunha intervención pública.
Agora góstase polo emprego do galego en tódolos ámbitos e nos textos, e confórmase os poucos unha filosofía
coherente de normalización lingüísticas o mesmo tempo o galeguismo lingüístico multiplícase e organízase en
colectivos que levan adiante medidas normalizadoras.
Na Galicia do séc. XX segue a aumentar a castelanización da sociedade. Segundo vai avanzando este século o
español vai cambiando influencia como lingua de relación social e instálase nas clases medias e no
proletariado urbano; son precisamente os núcleos urbanos os máis expostos as transformacións lingüísticas
que se derivan dos novos valores socioeconómicos e da crecente intervención da lingua do estado (español) na
sociedade. A televisión e a xeneralización do ensino fixo que o uso do galego descendese,
Distinguimos 3 etapas:
• 1900 − 1936 ! Guerra Civil
• 1936 − 1975 ! Morte de Franco
• 1975− á actualidade
Comeza simbolicamente máis que no 1900 no 1966 coa fundación da Coruña da primeira Irmandade da fala.
Antes de esta data o galeguismo lingüístico continúa centrado como no século XIX case con exclusividade da
conquista dos usos literarios. Como feito máis salientable dos 16 primeiros anos do século está a creación da
Real Academia Galega. Coa creación no 16 da primeira Irmandade da fala xa estamos ante un acontecemento
singular da recuperación de usos da lingua.
O principal artífice e alma do movemento é Antón Vilas Fontes. Os obxectivos das irmandades son a
exaltación e o fomento de práctica social do idioma despois da fundación da da Coruña. Tratan este grupo de
intelectuais de todo tipo de dignificar e revalorizar o idioma, de entendelo no seu uso social tanto na literatura
como no ensino, na ciencia ou en calquera outra manifestación publica oral ou escrita.
Abordan proxectos normalizadores ata o momento impensables. Son conscientes de que os usos escritos son
fundamentais na revalorización do idioma, de ahí que funden editoriais, xornais, revistas de producción en
galego, potencian a narrativa e o teatro en lingua galega como xéneros de mais acceso a poboación. EX:
Editoriais: Lar, Céltiga, Nós; xornais: A nosa Terra.
%O GRUPO NÓS
Colabora na recuperación funcional do galego. Por un lado foron eles os creadores da prosa literaria en lingua
galega. Os membros de este grupo foron os membros mais dinámicos do Seminario de Estatutos Galegos. A
excepción de Castelao os homes que conforman este grupo parten dun cosmopolitismo elitista que estaba
lonxe do que era o movemento galeguista e chegan a un galeguismo universalista alertados polo auxe que tiña
nese momento o nacionalismo. Son os auténticos protagonistas da universalización e europeización da cultura
galega e por lo tanto da lingua: Castelao, Risco, Cuevillas e sobre todo Otero Pedrayo, enriquecen e amplían o
marco referencial na narrativa galega transforman o galego nun vehículo apto para a transmisión de contidos
universais. Os homes deste grupo colaboran fundamentalmente na conformación dunha lingua capaz de
1
expresar contidos científicos. EX: estudios etnográficos (Risco), estudios históricos e xeográficos (Otero
Pedrayo), estudios prehistóricos (Cuevillas).
A empresa colectiva con máis importancia posiblemente sea a publicación da revista Nós, adicada o mundo da
cultura; vaise publicar durante 16 anos.
%O SEMINARIO DE ESTUDIOS GALEGOS
É unha iniciativa paralela e complementaria de grupo Nós fundado en 1923 por mozos universitarios ten como
obxetivo principal o estudio de todas as manifestacións da cultura galega: pretende a formación de
investigadores e a divulgación dos resultados. Como aporte lingüístico principal ten a ampliación do plan
funcional do galego, os niveis de investigación e divulgación científica. Estructuran o traballo en seccións
pero sempre interdisciplinamente.
No estudio da lingua a sección de filoloxía e das primeiras que se poñen en marcha. Como primeiro traballo
establecen as normas lingüísticas. Serán aprobadas no ano 33 polo seminario. Nese momento establécense un
debate a hora de establecer unhas normas. Nese momento, a hora de interpretar como configurar a lingua
estándar, a tendencia q defende o seminario de estudios galegos é a aproximación ó portugués.
No ano 31 fundase a 1ª forza política decididamente nacionalista na que se agruparan a practica totalidade dos
colectivos galeguistas que ata o momento superaban sen moita cohesión no pais. Alexandre Bóveda e
Castelao consideraban a lingua como un dos trazos individalizadores mas importantes do país. Defenden a súa
expansión e dignificación social. Tamén pretenden a súa dignificación legal, e dicir, reclaman a
cooficialidade. A cooficialidade do galego non se conseguirá ata a aprobación do estatuto de Galicia por parte
das cortes da república no ano 38.
%A LINGUA NA SOCIEDADE DO MOMENTO
Resulta evidente a simbólica recuperación funcional do galego nestas primeiras fases do 20. Avanza cada vez
máis no usos culturais e tanto literarios como científicos, ademais os galeguista teñen mais coherencia cos
ideais lingüísticos defendidos. O gran avance ideolóxico lingüístico coa formación do nacionalismo
claramente defendido. Pero a situación da lingua no conxunto da sociedade segue estar moi, moi lonxe do
ideal; se ven é certo que hai unha recuperación dos mundos culturais. Compre non esquecer o nº de
exemplares que se editan en galego é aínda reducidísimo; a isto hai q engadir o alto índice de analfabetismo
que había no momento. Si hai recuperación cultural pero moi escasa.A situación da lingua na educación:
empézase a reclamar o ensino en galego.
%O GALEGO NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN
Non pasa de ter un uso anecdótico en comparación co español, salvo as publicacións galeguistas, o emprego
da lingua galega na prensa restrinxíase a artigo de opinión, algún ensaio literario, poesías e algún comentario
humorístico, nunca na relación de noticias.
Na radio vaise entendendo no ano 32 e 35 e esquece a súas emisións en lingua galega. Como salientar a
importancia que ten para o proceso lingüístico a chegada que ten este proceso de comunicación. O sistemas
radiofónico vaille permitir o español incrementar a súa presencia en núcleos demográficos, en contactos da
relación humana nos que antes non tiña ningún acceso. Se a importancia dos medios escritos estaba limitada
polo analfabetismo, coa radio non vai ser así.
Na igrexa o emprego do galego nos actos formais era practicamente nulo, a lingua prestixiosa das
celebracións que aparece alternando co latín en moitos actos litúrxicos é o español. Fronte a este uso formal,
nos usos forais os curas utilizaban o galego cos seus fregueses.
2
Despois de todo isto será difícil deducir cal pode ser a tendencia xeneralizada no que se refire as
valorizacións, prestixio social e os usos lingüísticos na poboación galega do momento.
%O GALEGO NA ETAPA FRANQUISTA
Os primeiros anos da dictadura son anos de represión dura e silencio. Houbo unha dialéctica clara, partía dun
primeiro principio: a indisolubilidade da patria. Para cada patria, unha única lingua. O español pasa a ser a
esencia da españolidade. O gañado na preguerra pérdese, a funcionalidade lingüística que se recuperara tamén
se perde. Con todo o réxime franquista nos prohibe expresamente o galego. No plano cultural desaparece. Os
intelectuais que quedan no pais ou gardan silencio ou escriben en castelán. Ata o 46 silencio absoluto.
Pero na emigración americana, nos exiliados, continúa o labor de recuperación (países centrais: Arxentina,
Brasil, México, Venezuela e Cuba). Coa chegada dos exiliados as actividades vanse multiplicar nos centros
culturais destes países (creación de editoriais, programas de radio en galego). Destaca o centro de Bos Aires
como centro de intelectualidade e no que a lingua galega desempeña funcións que aquí tiña negadas.
Intelectuais: Castelao, Rafael Dierte, Eduardo Blanco Amor, Luís Seoane.
A partir dos anos 50 hai unha lenta recuperación nos ámbitos culturais. Xa non 46 cabe citar a publicación dun
libro de poemas que se titula Cómaros verdes de Aquilino Iglesia Alvariño. No ano 49 introducción da poesía:
Benito Soto (pirata), Censo Emilio Ferreiro, M. Cuña Noras.. Nese mesmo ano publícase unha obra de
Cabanillas titulada Camiños do tempo. Entre o ano 46 e o ano 68 aparece un suplemento cultural de un xornal
de Santiago que se chamaba La noche; nel hai moitas celebracións en galego.
No ano 1950 aparece unha editorial Galaxia (pedra base da recuperación). O obxectivo desta editorial é que o
galego sexa útil para calquera xénero ou tema e non so para usar folclóricos. De todas formas pese a isto o
réxime combate calquera tentativa normalizadora. Con todo tipo de censuras, ataques...tamén a
intelectualidade española do momento pois infravalora o galego como lingua de transmisión pública.
%MOVEMENTOS E ASOCIACIÓNS OU ACONTECEMENTOS QUE
INCENTIVA A UTILIZACIÓN DO GALEGO
1958 − Madrid − Créase un colectivo cultural galeguista − Brais Pinto
1961 − Santiago − Créase unha asociación cultural − O galo
1963 − Cantares gallegos − Pose o día das letras galegas en honor a esta
obra.
1960 − Partidos políticos que se crean na clanestividade que defenden unha
posición galeguista.
1965 − Santiago (universidade de) − Cátedra de lingua e literatura galega.
1968 − Instituto da lingua galega que depende universidade.
1970 − indicadores topográficos empezan a legalizarse, algunha
comunidade, algunha emisora (radio de Vigo)
3
1974 − Aparece a TV en galego, televisión TVE empeza a emitir un
informativo breve (5 min) en galego.
Fins 60 − prin. 70 − O galego vai colándose no ensino sobre todo no ensino
universitario.
%PRINCIPAIS CARACTERÍSTICAS SOCIOLINGÜISTICAS DAS
DÚAS PRIMEIRAS ETAPAS
A castelanización global da sociedade aumenta sobre todo na época franquista. Desde o punto de vista
humano−xeográfico, o español continúa a medrar entre os habitantes dos núcleos urbanos fronte o maior grao
de conservación do galego no rural. En 1970 (final da etapa) dous tercios da poboación galega vivían en
núcleos de menos de 2000 habitantes. Tamén hai maior presencia do español a medida q se ascende na escala
social sobre todo se falamos da escala social económica.
% Elementos q inciden esta castelanización:
• Relativo crecemento urbano.
• Expansión das clases medias.
• Progresiva xeneralización do ensino.
• Os grandes medios de comunicación de masas (prensa, radio, televisión)
Todo isto vai levar a:
• unha diminución de falantes monolingües en galego
• medra o número de bilingüe e o número de monolingües en castelán
• menos os monolingües en castelán a poboación galega chega a manter un comportamento lingüístico
diglósico.
*** Bilingüismo: capacidade individual que posúe unha persoa para expresarse en dúas
linguas.
*** Diglosia: Utilización q fai una persoa do seu bilingüismo.
Galego na lingua oral en contextos formais para a relación iguais; e castelán en usos escritos e relacións con
clases elevadas (lingua de prestixio).
O proceso de revalorización social que se iniciara na última etapa do séc. XIX e principios do XX, atravesa
varios momentos diferentes. Na 1º etapa hai un avance moi significativo, mentres que no franquismo hai unha
reducción case a cero. O poder franquista somete a lingua galega a desprezos constantes xerados pola súa
ideoloxía con usos moi localizados na práctica cultural galeguista. Na dictadura desaparecen estes usos
escritos salvo no exilio. O español é a lingua escrita para inmensa maioría dos galegos. Nos últimos anos do
franquismo hai unha pequenísima recuperación dos usos escritos.
· Análise das funcións lingüísticas nestes últimos anos
O galego segue a perder terreo nas funcións de ámbito mais restrinxido (nas catro primeiras funcións) e sofre
altibaixos condicionados cos acontecementos históricos−sociopolíticos nas de aspecto máis amplo (cultural).
4
• Individual
• Familiar En galego para a maior parte dos galegos.
Pero o castelán avanza a un ritmo máis acelerado que nos séculos anteriores. Hai un reparto que coincide
facilmente cos traballos e ocupacións máis tradicionais e máis modernas. A utilización de unha ou outra linea
está determinado por la caracterización máis rural, máis urbano.
• Institucional. Practicamente en lingua galega.
• Cultural. O bo avance na primeira etapa que xa describimos, pero co franquismo redúcese a cero.
%SITUACIÓN ACTUAL DA LINGUA (75 − actualidade)
A situación actual é un fenómenos complexo no que se interveñen múltiples e variados factores. Hai algúns
indicadores negativos e outros positivos.
% Ind. negativos:
• Perda de falantes de lingua materna galega. Castelanización individual maior segundo nos aproximamos as
xeracións mais novas dos hábitats máis urbanos e clases sociais máis altas.
• Timidez con que avanza o proceso de normalización lingüística. A pesar de contar cun marco legal vese
reducida en moitos ámbitos a menos usos ritualizados (testemuñais,...)
• Escasa penetración do galego nos usos públicos desenvolvidos ou promovidos por axentes de titularidade
privada.
% Ind. positivos:
• O galego incrementou a súa presencia na vida pública. Crecemento que se pode apreciar na escala de
funcións que desempeña.
• A oficialización da lingua que aparecen en hábitos como a educación ou nos medios de comunicación.
• Proliferación de colectivos que defenden a normalización.
Nos últimos tempos hai unha mudanza positiva no códigos de valorización social da lingua, pero os factores
positivos non conseguen vencer a tendencia castelanizante.
%BILINGÜISMO E DIGLOSIA
Na Galicia actual hai unha alta porcentaxe de poboación que domina con diferentes graos de destreza as dúas
linguas. A este bilingüismo individual (ou semibilingüismo) superponse un bilingüismo social estendido que
se materializa nunha diglosia inestable de carácter conflictivo.
Polo que se refire os grupos sociolingüísticos, que se deriva da capacidade lingüísticas e da súa práctica social
a tendencia dos mesmos, presenta unha clara dirección a castelanización.
• Galegos monolingües. É o grupo máis numeroso que segue en aumento. Os galegos falantes iniciais que
pasan a engrosar este colectivo bilingüe usan en maior proporción o español do que os españois−falantes
orixinarios empregan o galego.
• Monolingües en español. Colectivo que incrementa o seu número de compoñentes día a día endeprimento
do grupo de bilingües.
• Monolingües en galego. En franco retroceso en número o integrarse grande parte dos falantes orixinarios
nos diferentes niveis dos grupos de bilingües dependendo da intensidade de proceso de castelanización o
que se ven sometidos. Mención a parte merecen aqueles individuos da comunidade que partindo
indistintamente de galego ou español como lingua primaria manteñen un uso monolingüe en galego por un
5
proceso de concienciación persoal emanado dos principios galeguistas. Este último grupo é o único que
incrementa o número de falantes monolingües en galego aínda que esta moi lonxe de contrarrestar a perda
de monolingües que afecta o resto do grupo.
Actualmente dáse en Galicia unha situación de bilingüismo social que se exterioriza nunha distribución do uso
das súas linguas dependendo das funcións dos contextos e/ou do interlocutor/−es co que se establece o
contacto lingüístico; polo tanto dáse diglosia o que xa constatamos noutras fases da historia lingüística de
Galicia.
Nos últimos tempos, producíronse algunhas modificacións salientables na súa materialización;
transformacións que na maioría dos casos operan de xeito positivo para o galego. Dúas situacións:
• Nos cambios dos usos lingüísticos en determinados contextos formalizados
2) Cambios nas valorizacións lingüísticas.
%AS SETE FUNCIÓNS LINGÜÍSTICAS NESTE ÚLTIMO
PERIODO
1)FUNCIÓN DE IDENTIDADE
A primeira vista os cambios xerais que se poden tirar da análise dos datos do Mapa Sociolingüístico Galego
(MSG) que é do ano 1995, é de certo optimismo. En efecto, dúas de cada tres persoas que viven no pais
aprenden a falar en galego, pero a pouco que profundicemos podemos extraer algunhas consecuencias, que
dependen de varios factores:
% Idade:
A porcentaxe de galego−falantes baixa segundo nos aproximamos as persoas mais novas. En menos de 50
anos Galicia perdeu un 47% dos galegos falantes iniciais. Para maiores de 65 anos a porcentaxe de galego
falantes iniciais está arredor do 82%; entre 36−45 anos estamos arredor do 72%; entre os 16−20 anos non
chega o 40%. Pese a estes datos partir dunha determinada lingua inicial non supón a adcripción exclusiva a
unha determinada comunidade monolingüe.
% Hábitat (espacio):
É outra variable fundamental, o lugar onde naceron os galegos. Apréndese a falar o galego en maior
proporción nos enclaves máis rurais, e viceversa. Ë de salientar o fenómeno da importante castelanización das
vilas en comparación coas zonas periurbanas. Nestas vilas hai moita mais castelanizacón que nas aforas das
cidades (Redondela, estrada, Caldas...). Máis de dúas terceiras partes dos habitantes de Galicia habitan en
núcleos menores de 2000 habitantes; de aquí extraemos como conclusión que a nivel humano−xeográfico o
galego é a lingua minoritaria nese momento.
% O nivel socioeconómico das persoas:
A adcripción a unha determinada clase socioeconómica determina variacións de uso de lingua. En liñas xerais,
a maior nivel socioeconómico maior utilización do castelán.
% O nivel de estudios:
As persoas que aprenderon a falar en galego teñen un nivel de estudios menor que aquelas que aprenderon en
6
castelán ou nas dúas.
2)FUNCIÓN FAMILIAR
Como en toda sociedade que vive un conflicto lingüístico acentuado, podemos apreciar nas relación familiares
dos galegos unha serie de pautas e de usos lingüísticos desequilibrados que se derivan da mencionada tensión.
Un dos fenómenos máis salientables é a codificación de usos en unha ou en outra lingua dependendo dos
medios da familia que entran en contacto. Tampouco podemos esquecer as variables de idade, hábitat, clase
social e nivel de estudios que tamén inflúen na relación familiar.
En termos xerais, o galego é a linga máis empregada nas diferentes interrelacións do ámbito familiar. O
galego emprégase máis coa relación cos avós máis que cos pais, máis cos pais que cos irmáns, máis cos
irmáns que coa parella, e máis coa parella que cos fillos.
3)FUNCIÓN LABORAL
As relacións lingüiísticas neste mundo repártense entre o galego e o español dependendo dunha serie de
factores. Inflúen as catro variables (idade, hábitat,...), e aquí hai que engadir a variable do carácter tradicional
ou no do traballo en cuestión; tamén se é un traballo máis formal o se o contacto que se establece no traballo
ten tamén unha consideración social máis elevada. Por exemplo, emprega máis o galego un albanel ou un
carpinteiro que o director dun banco ou un alto executivo dunha empresa. Úsase máis o galego no mundo
laboral da agricultura e da pesca que nas novas profesións vinculadas a informática. O galego esta máis
presente no contacto informal dos compañeiros que coas persoas que se dirixen a unha determinada empresa
(clientes), e nos contactos orais máis q nos escritos.
A análise dos datos MSG lévanos a afirmar que o galego é tamén a lingua maioritaria no mundo laboral en
Galicia.
4)FUNCIÓN LOCAL
Está estreitamente vinculada a factores como tipo de hábitat, clase social, idade e nivel de estudios; ademais
outro tipo de factores como o interlocutor e a formalidade do contacto lingüístico pode condicionar o uso de
unha ou outra lingua.
Se atendemos a lingua que se fala habitualmente, a poboación que usa so ou habitualmente o galego, é un
60% do total. Se atendemos o grao de formalidade do contacto lingüístico, a utilización é deste xeito:
• o maior nivel de utilización do galego dáse por este orde: na comunicación cun grupo galego−falante,
coas persoas de confianza, coa veciñanza galega e cos amigos.
• O emprego do español aparece en maior proporción: cos veciños e veciños de fora, cunha persoa
descoñecida e cun grupo español−falante.
5)FUNCIÓN INSTITUCIONAL
É aquela que desempeña unha lingua cando serve de vehículo normal de comunicación entre o individuo e os
diferentes estamentos político−administrativos, sociais, económicos e culturais do pobo o pais o que
pertencen. En liñas xerais, esta función en Galicia está exercida tanto polo galego como ó castelán que son
linguas cooficiais.
5.1)Lingua en organismos e institucións oficiais:
7
% No parlamento galego e na xunta de Galicia:
Non podemos negar a importancia que tivo e ten para Galicia o aparecemento destas institucións como
entidades de goberno propio xa que elevaron o emprego do idioma a esferas nas que antes era rexeitado ou
simplemente ignorado. Valor simbólico positivo para o prestixio da lingua. Aos ollos da cidadanía agora o
galego é unha linga na que se expresa o poder político. Así, nos últimos tempos comeza a materializarse unha
das vellas reivindicacións lingüísticas dos galeguistas a utilización da lingua por parte das persoas e órganos
que gobernan o pais. Pero o proceso de introducción da lingua nas esferas oficiais non é uniforme; así, en
termos xerais, xunto a unha progresiva implantación do galego no usos escritos, a práctica oral restrínxese en
moitos casos e contextos públicos máis formalizados (e non sempre).
No referente os usos escritos, a maior parte das publicacións oficiais emanadas das distintas consellerías da
xunta están redactadas en lingua galega. Aínda podemos encontrar números do español en descritos de
carácter oficial sobre todo en delegacións administrativas oficiais.
Nos usos orais, moitas autoridades manteñen un comportamento diglósico de características inversas ó
fenómeno tradicional, é dicir, falan galego nos contextos formalizados e español nos contextos
administrativos internos ou en contextos informais. Máis aínda, algúns altos cargos nin sequera usan galego
en actos formais. Estes feitos permítennos falar dunha especie de situalización parcial dos usos do galego en
determinados niveis institucionais.
% A utilización do galego nos organismos oficiais:
Os concellos constitúen a zona máis próxima a cidadanía e polo tanto a institución que entra con máis
contacto directo coa cidadanía.
A utilización do galego varía dunhas provincias a outras e depende sobre todo da vontade normalizadora do
propio concello, da existencia ou non de servicios de normalización lingüística, etc.
Se temos en conta a relación entra o uso do número de habitantes e usos lingüísticos en galego podemos
afirmar en liñas xerais que nos concellos máis pequenos o grao de castelanización é máis grande.
Nas cidades utilízase máis a lingua galega maioritaria a documentación en lingua galega, e vaise notar moito o
signo político de tipo de goberno.Como por exemplo na Coruña o alcalde ten esta tendencia.
Nos organismos dependentes da administración central do estado o comportamento lingüístico é monolingüe
en español.
% A lingua no mundo da xustiza:
Un dos ámbitos da vida comunitaria na que o uso lingüístico cumpre maior prestixio a unha lingua
determinada é o mundo da xustiza. Se ben o galego foi empregado para impartición da xustiza na etapa
medieval o certo é que desde o século XV o castelán é o vehículo de expresión(de xuíces) ata finais do século
XX.
A pesar do novo marco legal, a pesar da coofizalización do galego, hoxe o español é o idioma predominante
no exercicio da actividade xudicial de Galicia. Mesmo unha institución xudicial de ámbito exclusivamente
galego como é o tribunal superior de xustiza de Galicia presenta unha baixa porcentaxe de utilización da
lingua galega, salvo nalgunhas salas determinadas (salas do civil e do penal).
Houbo que agardar ata o 89 para contar coa traducción dos códigos civil e penal. Por estas datas tamén se
creou a sede de traductores e interpretes para asistir os xuízos.
8
Nos actos formais o emprego do español é maioritario, a o uso oral do español de xuíces , fiscais ou avogados.
Compre engadir o dos administrados nestes contextos o individuo ten adquirido o hábito de se dirixir en
español aos interlocutores que administran xustiza.
Nos usos escritos a grande maioría das sentencias están en español, mesmo declaracións feitas en galego son
na maior parte dos casos transcritos e pasados en asinar o declarante en castelán.
% A lingua na educación:
Convértese no ámbito de maior significación e transcendencia. De maior significación porque é no campo
educativo onde máis se centrou agora o debate sobre a normalización lingüística; e de maior transcendencia
porque xunto a esfera familiar é principalmente a través do ensino onde se forxan as pautas do comportamento
lingüístico dos máis novos.
Nos últimos 25 anos a presencia da lingua galega no mundo da educación; medrou sensiblemente dunha
ausencia practicamente total do galego, a introducción oficial nos programas de estudio das materias de lingua
e literatura galegas a un incremento do seu uso /incremento escaso) como lingua vehicular e mesmo a unha
mellora na súa valorización por parte do profesorado. Con todo e a pesar destes avances podemos dicir que en
xeral nos centros educativos de Galicia o español continúa a ser, e con moita diferencia, a lingua
predominante en todos os niveis do ensino.
Os niveis educativos con maior grao de utilización do galego dáse primeiro no ensino medio, despois no
primeiro, e despois no universitario. En ningún dos tres casos pasa do 30 %. No ensino universitario hai que
salientar o abandono e desprezo no labor investigador. O profesorado mantén un comportamento diglósico
acentuado, hai diferencia entre usos formais e usos informais orais (fronte a 28 % usaban o galego o 48 %
empregaba o galego entre a relación cos compañeiros).
O pequeno aínda que significativo incremento no uso do galego na práctica docente, está directamente
vinculado a unha mudanza nas actividades para o modelo lingüístico no ensino, pero esta mudanza positiva
non serve acompañada de medidas institucionais que sirvan para traducir esas transformación
ideolóxico−lingüísticas en maiores cuotas de utilización da lingua no ensino.
% Lingua e medios de comunicación:
Teñen unha importancia crecente na vida das sociedades modernas; xornais, radio e sobre todo televisión,
acaparan unha porción moi importante das experiencias lingüísticas diarias dos galegos. No tocante a
utilización da lingua do pais, os medios compórtanse dunha maneira diferente dependendo do tipo de medio e
da súa titularidade (públicos ou privadas). Hales maior presencia do galego na oferta televisiva, en segundo
lugar na radio e en terceiro nos medios escritos.
− Nos medios escritos: Neste momento non hai ningún diario en galego para todo o territorio galego (existiu a
publicación de este tipo correo gallego durante 7 anos). Outros diarios editados en Galicia utilizan unha
porcentaxe ínfima a lingua galega. Os xornais de ámbito estatal (El pais, El mundo,...) ignoran nas páxinas
específicas de Galicia a lingua galega. Lonxe de ir aumentando estas empresas xornalísticas a cuota de
utilización do galego constátase que conforme pasan os anos van reducindo a súa presencia. Neste momento a
cuota de utilización está arredor dun 3 % de media. Tamén é importante destacar a autoría dos textos en
galego; a maior parte dos usos está constituída pola publicidade institucional (xunta, concellos,...) ou artigos
de colaboradores, pero a información que sae da redacción do xornal é case inexistente, sobre todo informa da
contade normalizadora das empresas.
Ultimamente estase constatando que o galego empeza a saír do espacio cultual para aparecer timidamente
noutras áreas mesmo as veces en nacional e internacional. Compre engadir o pouco respecto que en xeral se
9
ten cos comunicados enviados en galego as redaccións dos xornais, ou mesmo con entrevistas e determinadas
persoas, tradúcense en moitos casos o castelán. En moitos casos a toponimia empregada non se corresponde
coa oficial.
Existen varias revistas de prioridade variada (semanais, trimestrais,...) de temas especializados: crítica
literaria, de investigación, ensaio e pensamento, como pode ser Grial, Verba, etc.
− Na radio: No conxunto de emisoras que poden ser sintonizadas en Galicia, no dial, tamén está lonxe do
ideal normalizador. Para toda Galicia hai unha emisora que emite integramente en galego que é A Radio
Galega. No resto das emisoras tanto públicas como privadas a emisión en galego é moi escasa e en algunhas
inexistente. Exemplo: Radio Nacional de España. Existen radios municipais ou comarcais nas que si é
bastante habitual e en outras emítense integramente en galego. Exemplo: Radio Fene.
− Na televisión: Porcentaxe de utilización do galego comparativamente superior os outros medios. Entre o
ano 74−85 so se utilizaba o galego no programa territorial de TVE Panorama de Galicia. A partir do 85
creouse a Televisión Galega integramente en galego. Un tema a estudiar é a calidade do galego das emisións.
Un número importante de presentadores e outros profesionais que falan por televisión utilizan unha fonética
cargada de trazos do español. Os anuncios seguen aparecendo en gran número en castelán. TVE utiliza moi
pouco o galego xa. E nas cadeas privadas aínda que teñan emisións específicas para este territorio son
emitidas en castelán (Ex: antena 3). Existen televisións locais e comarcais que si emiten en galego. O índice
de aceptación en que a porcentaxe de utilización deste medio sexa elevado.
6)FUNCIÖN CULTURAL de civilización para expresar os accedes a conceptos ou a mensaxes das artes ou
das ciencias. Na actualidade en Galicia esta función é exercida en diferentes graos e medidas polo galego e o
español, e están presentes os comportamentos diglósicos que constatamos en noutras funcións.
Ademais de servir de vehículo de expresión oral a unha rica cultura popular, o galego afianzase nos últimos
anos en determinadas esferas da cultura formalizada en especial no Suso escritos. Ex: mundos da literatura, da
investigación lingüística, estudios pedagóxicos, historiografía, economía, etc.
Sen embargo os español continua a ser preponderante na inmensa maioría das parcelas do fenómeno cultural,
ben porque o galego segue a ser pouco empregado na producción dalgunhas áreas (medicina, química,
informática, etc.); ou ben porque a oferta da nosa lingua non cobre todas as necesidades dos individuos nesa
esfera determinada (Ex: literatura universal de todos os tempos, literatura contemporánea feita en outras
latitudes e literatura de determinados subxéneros: literatura política, literatura erótica, literatura de terror). A
isto hai que engadir outro factor negativo que son os hábitos herdados que según a estas vixentes no
comportamento lingüístico cultural da nosa sociedade por razóns históricas−sociais que xa comentamos, o
español acabou converténdose na lingua formal da cultura para os galegos. Hoxe moitos galegos son ágrafos
(sen escritura) na súa propia lingua e acoden o castelán para escribir.
7)FUNCIÓN INTERNACIONAL
O español funciona como lingua de relación internacional nos contactos establecidos polos galegos co resto
do estado e co resto do mundo; alterna relación internacional, se é posible, co inglés, e esporadicamente con
outras linguas.
É significativo que calquera estranxeiro de fala non española que pase unha tempada no noso pais nun 90 e
tantos longo % intentará aprender o español e non o galego.
% A DIVERSIDADE PLURILINGÜE E PLURICELULAR DE
ESPAÑA
10
• Identificación das linguas
• Territorio que ocupan
• Marco legal no que se desenvolven
No estado español fálanse hoxe en día as seguintes linguas autóctonas: galego (no territorio galego e nunha
franxa limítrofe de Asturias, León, Oviedo e Zamora; ademais fálase en 3 vilas do noroeste de Cádiz), catalán
(Cataluña, Valencia, Baleares, zonas limítrofes de Aragón), euskera [Euskadi, Navarra, Condado de
Treviño(Burgos)], artur leonés (centro oriente de Asturias, parte mais occidental de Cantabria e norte centro
León), Aragonés (norte de Huesca), Aranés (Val de Aran). Podemos citar o portugués en enclaves fronteirizos
de provincias de Salamanca e Cáceres. E no resto do territorio o español. Compre citar que si falamos do
estado español actualmente nas cidades de Ceuta e Melilla, fálase Árabe e fálase Tamazigh (bereber).
De todas estas só están recoñecidas polo estado español: o galego, catalán e euskera, que gozan de
cooficialidade co castelán nos seus respectivos territorios. Isto deixa ó galego, euskera e catalán, falados fora
do seu territorio, desprotexidos legalmente. Isto é consecuencia da non correspondencia entre territorio
lingüístico e territorio lingüístico administrativo.
% O ASTUR LEONÉS:
Padece desde finais da idade media a presión do castelán, que como lingua culta se apuxo nas cidades
primeiro. O asturiano loita hoxe por se considerado lingua e non dialecto do castelán. Aínda que ten un certo
recoñecemento legal en Asturias, a súa situación é moi delicada, inestable.
A universidade asturiana é dun dos seus principais defensores. Aínda que os datos de falantes son pouco
concretos podemos estimar que falan esta lingua entre 45000−10000 persoas de 1100000 habitantes. Hai
zonas no que o proceso de desaparición está consumando, sobretodo tendo en conta que a maioría dos seus
falantes son persoas maiores de 70 anos.
% O ARAGONÉS:
Considerado aínda hoxe variedade do castelán rústico. Na actualidade, o verdadeiro aragonés mantense en
varios vales da provincia de Huesca, falado por 15000 persoas, comprendido por 50000 persoas e estímase
que 30000 poderían falalo.
A súa permanencia está gravemente ameazada e non conta con protección legal. As cortes de Aragón están
intentando recoñecelo como tal lingua.
% O CATALÁN:
É unha lingua do estado español que tamén se fala en Francia, en Andorra e en sitios moi concretos da illa de
Sardella. Así por, é unha lingua falada en 4 estados europeos e conta cuns 7 millóns de falantes. Dos
territorios onde se fala só é lingua oficial en Andorra e cooficial en Cataluña, Valencia e Baleares. No resto
dos territorios ten recoñecemento pero escasa protección e corre perigo de desaparecer. É significativo o feito
de que o catalán é lingua da ONU desde a entrada de Andorra, pero non é lingua cooficial da comunidade
europea. (a pesar de ter, por exemplo, máis falantes con danés, que si o é)
% EUSQUERA:
É a única lingua non romana. Tense falado unha relación de parentescos de linguas de Asia e Europa, pero
certamente hoxe non se sabe a orixe. O que si e certo que chegou a Península no período Paleolítico.É
cooficial co castelán no Pais Vasco desde 1980; e tamén se fala en Navarra e no Pais Vasco francés. No ano
84 sentáronse as bases para a unificación dos diferentes dialectos vascos, o que deu lugar a un amplo labor
11
normalizador por parte da sociedade vasca.
Na actualidade estase recuperando como lingua entre a xente nova en Euskadi gracias a política lingüística das
autoridades do pais. Sen embargo, en Navarra e o Pais Vasco francés sucede o contrario; a porcentaxe de
falantes tende a decrecer porque non hai compromiso na política lingüística. O euskera fálano arredor de
200000 persoas, 500000 en Euskadi e Navarra, e o resto no Pais Vasco francés.
% O CASTELÁN:
É a lingua hexemónica do estado español, cooficial nas 3 comunidades históricas e oficial en solitario no
resto. As causas historias que provocaron a súa hexemonía van vencelladas o poder político e económico
acadado pola corte de Castela sobre todo a partir dos Reis Católicos.
O nº de falantes en España, tendo en conta que arredor de 8 millóns de persoas non o falan habitualmente,
estamos arredor de 32−34 millóns de falantes en España. Si temos en conta o resto do mundo, sitúase en 3º
lugar despois do chino e do inglés.
% O GALEGO:
En Galicia rexístranse 2 linguas en presencia o galego propio do pais e o castelán resultado dun proceso de
imposición; o galego é pois a lingua minorizada (que ten menos prestixio e que non ten desenvolvidas todas
as funcións), mentres que o castelán é a lingua hexemónica; sen embargo o galego é a lingua maioritaria por
nº de falantes, e minoritaria o castelán.
O galego é maioritariamente rural ou semirural propio dos estratos inferiores da escala social, e experimenta
un descenso acusado de uso nas novas xeracións. A pesar de ser cooficial é a falta da vontade política das
institucións autonómicas, e a pouca concienciación da sociedade galega fan que a súa situación sexa moi
delicada.
Fálao o 70% dos case 3 millóns de habitantes nesta sociedade, aínda que o comprende practicamente o 100%
e é capaz de falalo o 90%. No occidente de Asturias fálano unhas 50 mil persoas, e no occidente de León e
Zamora unhas 25 mil persoas.
A nosa lingua ten mais falantes que, por exemplo, o esloveno, o lituano e o letón, que van camiño de ser
linguas oficias na Unión Europea. Parece contradictorio que 2 millóns e pico de europeos galego falantes, non
teñan dereitos lingüísticos fronte a un millón de europeos letóns que si o terán.
% LINGUA MINORIZADA E LINFUA MINORITARIA.Definición, semellanzas e diferencias.
En xeral enténdese por linguas minorizadas todas aquelas que no son oficiais nun estado ou que sendo (en
cooficialidade) son as que gozan de menor prestixio e están pouco ou nada normalizadas.
Opóñense a estas linguas as minorizadas ou hexemónicas que son as oficiais dun estado os que posúen o
prestixio sociocultural e por suposto están totalmente normalizadas, é dicir, cumpren as 7 función lingüísticas.
Esta situación ten a súa orixe no concepto de estado−nación xurdido no séc.XIX que se entendía como
gardián da defensa do que é común potenciando os elementos integradores sobre os particularismos
disgregadores.
O elemento fundamental é a homoxeneización idiomática que supoñía a adopción dunha única lingua oficial
para todo o territorio. Para esta consideración de estado−nación o plurilingüísmo é un feito marxinal anómalo.
Sen embargo existen poucos estados en Europa que sexan lingüisticamente homoxéneos (Ex. Islandia). O
12
estado español ocupa un dos primeiros lugares en canto a estados plurilingües polo tanto o plurilingüísmo é o
habitual, o anormal é o unilingüísmo.
Interesa aclarar que non debemos confundir lingua minorizada con lingua minoritaria. Lingua minoritaria sen
máis é a que ten menor número de falantes nun determinado territorio. Dáse que a lingua minorizada é
maioritaria. Ademais unha lingua pode ser maioritaria nun estado e minoritaria noutro (Ex. o alemán).
Unha lingua maioritaria nun territorio pode estar minorizada (Ex.sardo). Tamén se pode dar o caso de que
unha lingua sexa maioritaria e maiorizada nun territorio (Ex. grego). Os conceptos de lingua maioritaria e
minorizada non explican sempre o prestixo que socialmente se lles atribúe os distintos idiomas.
Cabe sinalar que as linguas minorizadas sofren a competencia doutra lingua allea á comunidade o que
constitúe unha ameaza para a súa supervivencia. As solucións están ou ben en eliminar a diversidade
lingüística, ou ben protexela con todas as consecuencias.
% A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO GALEGO. ESTADO ACTUAL E PORVIR DA
LINGUA GALEGA.
Unha situación de conflicto lingüístico é a presión da lingua dominante tende a provocar a morte da lingua
dominada, se non hai unha actuación social que impide esa tendencia; esta actuación consiste na posta en
marcha de un proceso de normalización lingüística. No cal están implicados os cidadáns, as institucións de
carácter público e privado, a administración e tódolos grupos sociais.
Despois de un período de tres séculos relegada a os ámbitos familiar e coloquial a lingua galega iniciou o
camiño da súa normalización co Rexurdimento literario do século XIX, accedendo progresivamente a
distintos espacios sociais. Cando no último cuarto do século XX lle foi recoñecido o carácter de lingua oficial
comezou unha nova etapa do proceso de normalización.
A situación actual despois de dúas décadas de entrada en vigor da lei de normalización lingüística, revela que
se produciron sensibles avances na normativización e adquisición de competencia lingüística así como no
prestixio social do galego porque diminuíron os prexuízos. Neste avance incidiron tres factores principais:
• A condición de lingua autonómica e local (cooficialidade)
• A presencia no ensino
• Creación de medios de comunicación públicos en galego
Os aspectos negativos refírense principalmente a perda continuada de palabras e a ruptura de transmisión
interxeracional o que provoca a escasa presencia do galego como lingua habitual entre a xente nova.
Outro aspecto negativo é a fata de correspondencia entre a lexislación lingüística e as actuacións concretas;
parte das obrigas legais ou non se cumpren ou cúmprense a medias.
O proceso de normalización ten un desenvolvemento desequilibrado nos diferentes ámbitos da vida social. En
liñas xerais, pode dicirse que a administración pública é o sector onde se rexistran maiores avances,
especialmente na autonómica e na local. O ensino ten unha responsabilidade particular como instrumento que
garante a adquisición da competencia lingüística.
Noutros sectores como o sanitario e o xudicial a normalización vai moito máis lenta. Na empresa privada é, de
momento, minoritaria a presencia nas relacións comerciais e de publicidade. É só no mundo da cultura onde
se pode falar dunha situación próxima a plena normalización como corresponde a sectores sociais máis
sensibilizados coa problemática do pais.
13
Ademais das iniciativas institucionais ou as promovidas por universidades, partidos políticos e sindicatos, a
cidadanía comprometida creou movementos, asociacións e organizacións que interveñen en diferentes
ámbitos.
LITERATURA
% TEMA 1: A POESÍA GALEGA DE PREGUERRA. NORIEGA VARELA E CABANILLAS.
Desde 1888, ano da publicación da última obra de Curros Henríquez, ata 1913, en que Cabanillas publicou No
desterro, non apareceron libros importantes de poesía do xénero fundamental do XIX; a nosa literatura
experimentou unha certa depresión na súa calidade. As obras que se publicaban limitábanse a seguir os
camiños trazados por Rosalía, Curros e Pondal. Pese a isto cabe destacar unha figura: Antonio Noriega Varela
(1869−1947); na súa poesía podemos destacar dúas etapas:
1ª) Poesía realista descritiva de carácter costumista e representada polo seu libro Montañesas, ao que
incorporou os poemas longos De rueda e Leite fresca. Exalta a montaña como marco de vida labrega; coas
súas alegrías, sufrimentos, defende os costumes tradicionais e presta especial atención a paisaxe montañosa do
seu Mondoñedo natal.
2ª) Lirismo da natureza na liña do franciscanismo poético representado polo seu libro Do ermo. Neste libro
alcanza bos resultados estéticos sobretodo cos sonetos.
O poeta que resulta especialmente salientable entre o XIX e as vangardas, é Ramón Cabanillas (1876−1959):
contacto coas literaturas clásicas, en 1910 emigrou a Cuba, contactos cos grupos galegos: os 37 anos comeza a
escribir e ten unha longa e fructífera carreira literaria. Comprométese social e politicamente co movemento
agrarista, regresa a Cambados e 1915, participa na revista Nos e nos proxectos da irmandade da fala, ingresa
na academia española e tamén na galega. Morre en Cambados.
A súa producción literaria estructúrase en dúas etapas separadas entre si por mais de 20 anos de silencio e de
ambas etapas a mais interesante resulta a primeira.
Ramón Cabanillas é un poeta sensible á realidade de seu tempo e as tendencias poéticas nacidas fora de
Galicia. Comezou sendo un poeta vihinculado o movemento agrarista colaborou logo coas irmandades da fala
e asumiu despois o nacionalismo europeísta do Grupo Nós. Foi un poeta que viñan de fora.
A) POESÍA LÍRICA
Os tres primeiros libros de Cabanillas forman un conxunto No desterro, Vento Maeiro, Da terra asoballada.
Encontramos catro tipos de poesía:
1) Poesía intimista, os ecos dos poetas románticos como Béquer ou Heime aínda que é moito mas patente a
presencia de Rosalía o sentimento da vida como sufrimento e a saudade están moi presente nestes libros.
2) Poesía cívica, comprometida coa loita agraria contra os foros. Plasma o sufrimento dos galegos, moitos a
loita e arremete contra os culpables. Esta oposición que é aldea−vila. Cabanillas non é anticlerical, como era
Curros, pola contra era crente.
3) Poesía costumista. Podemos incluír poemas de orientación madrileña e galega.
4) Poesía modernista. Influencia do modernismo hispano−americano que chegou a principios de século e que
suscita en Cabanillas composicións de evasión non centradas na realidade . Nalgunhas composicións o poeta
trasládanos a ambientes medievais, un mundo de fascinación e beleza propio desde poemas, e o vocabulario
14
moi sensual e a musicalidade do verso.
A rosa de 100 follas trátase dun libro que ten como tomo único o amor con todo o que suscita este: alegrías,
desenganos,...Hai un sentimento nostálxico do amor. Cando se identifica coa dor, o sufrimento, prodúcese
unha sublimación do primeiro. O sentimento amoroso está con frecuencia expresado con metáforas a través de
elementos da natureza: fontes piñeiros.
B) POESÍA NARRATIVA
A súa obra máis representativa é Na noite estrelecida e posiblemente a súa mellor aportación a literatura.
Inscríbese dentro do Nacionalismo que defendía Vicente Risco, europeísta e culturalista.
Para Cabanillas (como para risco tamén), Galicia ten unhas características culturais comúns cos países da
Europa Atlántica de ahi que tamén lle chamamos Atlantista que provén das raíces celtas do mundo celta e
relacionado coa tradición galega. O tema tradicional é o Rei Asthur e o Santo Graal. A obra está formada por
3 poemas longos; Arthur reúne os seus cabaleiros e envíaos na busca do santo Graal e un deles chamado
Galahaz ven a Galicia e atópao no Cebreiro. Polo tanto hai unha galeguización do tema.
Ademais escribiu O bendito San Hamaro e outro que se titula Samos son historias de este Santo Mosteiro (en
verso).
%TEMA 2: POESÍA DE VANGARDA.
Nas primeiras épocas do século XX un movemento de renovación estética revolucionou todos os aspectos da
arte; denominouse xenericamente Vangardismo ou adquiriron nas súas distintas formas a denominación de
ISMOS. Os ismos teñen unhas características comúns:
• Reivindican a materia artística como algo autóctono sen relación co mundo real.
• Percepción esteticamente intelectual da realidade e actitude antisentimental.
• Innovación de linguaxe figurado. As metáforas libéranse de toda rixidez, norma.
% PRINCIPAIS ISMOS:
1º) Neotrobadorismo: O descubrimento nos anos 20 da lírica medieval galego−portuguesa produciu o
nacemento deste movemento. O iniciador do movemento foi Fermín Bouza Brei [Nao Senlleira ( Nave
solitaria)]. Álvaro Cunqueiro é o cultivador da mais alta categoría estética (Cantiga nova que se chama
Ribeira). A poesía Neotrobadoresca caracterízase por unha extraordinaria percepción formal que recupera
procedementos propios dos cancioneiros (paralelismo, refrán,...) e ademais hai unha conexión do espírito
medieval coa sensibilidade do século XX. Tamén reivindica e utiliza as formas populares.
2º) Animismo ou Hilozoísmo: tendencia que asume a tradición paisaxística do século XIX combinándoa cos
recursos das Vangardas. Ten o seu iniciador o principal representante Luís Amado Carballo (Proel, O galo).
Os poemas sen unha sucesión de imaxes encadeadas cheas de elementos visuais e auditivos: personificación
da paisaxe. Métrica moi sinxela baseada en formas populares. Manuel Luís Acuña, Eduardo Blanco Amor...
3º) Creacionismo: Manifestase na literatura galega só nun escritor que é Manuel Antonio, que rompe
totalmente coa tradición anterior e procurou a orixinalidade e a universalidade escribindo en galego. Prescinde
de todo elemento realista porque o poeta pretende crear unha realidade autóctona; a técnica xira arredor da
imaxe como recurso case exclusivo. Exclúe o sentimentalismo, a musicalidade. No centro da temática de
Manuel Antonio está o mar e o eu.
Escribe os seguintes libros: Con anacos do meu interior. Sempre e máis despois nos que están presentes as
15
tendencias vangardistas pero o seu libro fundamental é De catro a catro(1928); foi composto durante a
primeira navegación do autor (era mariño profesional), constitúe unha especie de Caderno de Bitácora onde o
poeta vai anotando as incidencias marítimas, sometidas as vivencias intimas e a creación poética. Está
estructurado como unha viaxe, a paisaxe e o mar é o centro absoluto destes poemas.
4º) Superrealismo ou Surrealismo: Álvaro Cunqueiro da a entrada nas nosas letras a este Ismo co seu libro
Poemas do si e non en galego. A súa literatura está inspirada no surrealismo francés, pero o seu é sentimental,
inxenuo.
% RAFAEL DIESTE: Inclúese nas vangardas por cuestións de idade e de estética literaria. Obra: Dos
arquivos do trasno. Colección de relatos en que fai un uso interior das técnicas narrativas. Uns de tema
misterioso e outros de tema realista. Os elementos narrativos están unidos a elementos líricos e a un certo
humanismo. Os relatos desta obra manteñen unha forte unidade emotiva. Neles cóntase o que é esencial.
%TEMA 3: A XERACIÓN NÓS
Os escritores que coñecemos con esta denominación forman parte da xeración das irmandades da fala. A súa
dedicación abrangue a maior parte dos xéneros literarios así como outros campos da cultura. Centráronse máis
na elaboración dunha alta cultura que actualizase a cultura galega e puxese en sintonía coas culturas europeas
do momento dentro da xeración falamos especificamente do Grupo Nós no que incluímos a Vicente Risco,
Otero Pedrayo, Florentino Cuevillas, Losado Diéguez e en parte Castelao. O nome Nós provén da revista que
publicaron. O grupo caracterízase por:
• Procedencia social acomodada.
• Ideoloxía sincrética (que colle un pouco de todo) entre tradicionalismo fidalgo e progresismo pequeno
burgués.
• Formación cultural inicial desvihinculada da tradición galega. Buscando unha cultura universal
descobren que esta só existe se se suma todas as culturas particulares do mundo e a partir de ese
momento céntrase na súa.
• Rigorosa formación intelectual.
• Son os creadores da moderna prosa galega.
***Castelao non participa nas 3 primeiras características.
% RAMÓN OTERO PEDRAYO (1888−1976)
Ourensán, de familia fidalga de ideoloxía liberal. Amigo de Risco e Cuevillas. Doutorado en filosofía e
licenciado en dereito. Colabora ata a guerra do 36 en todas as actividades culturais do Nacionalismo. Con 25
anos publica a súa primeira obra.
% NARRATIVA: A súa obra está ambientada en 3 etapas:
1ª) A Idade Media. Obra: A Romeiría de Xelmírez, viaxe deste bispo a Roma.
2ª) Século XIX. Obras: Están concibidas desde un punto realista pero con elementos románticos. O tema
fundamental destas obras é a transformación que a sociedade galega sofre ao longo dese século. A decadencia
e desaparición dunha clase social, a fidalguía que posuía os pazos, e a aparición dunha nova clase, a
burguesía.
A obra máis ambiciosa titúlase: Os camiños da vida e engadimos títulos como Pantelas, home libre, O mesón
dos Hermos e O señorito da Reboraina. Un aspecto importante desta narrativa é a presencia da paisaxe unhas
veces realista e outras lírica.
16
3ª) Século XX. Obras: Enfoque diferente, novelas máis idealistas, máis líricas e cheas de referencias culturais.
Se nas anteriores presenta unha Galicia en crise, nestas quere saír dela e encontrar un rumbo. A máis
interesante titúlase Arredor de si, é unha novela autobiográfica, psicolóxica, na que se nos presenta a
evolución ideolóxica do protagonista. Outras son: Devalar, Escrito na néboa.
% TEATRO: Influído polo teatro simbolista europeo. Teatro de máscaras, A lagarada, O desengano do prioiro
% ENSAIO: Múltiples temas e unha obra fundamental: Ensaio histórico sobre a cultura galega
% VICENTE MARTÍNEZ RISCO (1884−1963)
Ourensán. A fin do 17 con Pedrayo ingresou nas irmandades da fala. Cando comeza a guerra civil abandona o
seu Nacionalismo.
Risco é un pensador de grande agudeza intelectual que se define el mesmo como un inadaptado na sociedade,
un rebelde, un inconformista (intelectualmente). Buscaba no arte unha forma de evasión. Hai tres etapas no
seu pensamento:
1ª) Etapa Pregaleguista: moi individualista e moi culturalista.
2ª) Etapa Galeguista ou Nacionalista: contraria a primeira, comprometido cunha causa.
3ª) Etapa nacional católica.
% NARRATIVA: As máis significativas obras deste xénero son: Os europeos en Abrantes (novela sen
rematar), é unha sátira antiburguesa como tamén o é O porco de pé. En ambas obras utiliza agudo inxenio
para descubrir contradiccións moita ironía, sátira feroz e critica sobre todo o mal gusto, a fealdade. Outras
obras: Do caso que lle aconteceu o doutor Alveidos, é unha obra de humor macabro, onde o protagonista vive
unha aventura de tipo ocultista; O lobo da xente e A trabe de ouro, son dúas narracións breves entroncadas na
evocación etnográfica do autor.
% TEATRO: Escribiu unha única obra O bufón de el Rei.Teatro simbólico.
% ENSAIO: Nós, os inadaptados. A súa formación intelectual e artística o seu pensamento e como este foi
evolucionando ata chegar o nacionalismo. Despois de chegar a esta ideoloxía escribe outro ensaio: Teoría do
nacionalismo galego. O compromiso coa lingua, a cultura e a terra galega parecen claros. Mitteleeuropa son as
súas impresións da súa viaxe a Alemaña no momento en que se estaba dando o enfrontamento entre dúas
ideoloxías: o Fascismo e o Comunismo.
% FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS (1896−1958)
Naceu en Ourense. Evolución ideolóxica moi parella a de Otero Pedrayo. O seu labor intelectual orientouse
xeralmente a prehistoria e en especial os estudios sobre os castros. A súa obra literaria foi recollida nun
volume titulado Prosas galegas.
% ANTÓN ROSADA DIEGUEZ (1884−1929)
Naceu en Ourense. Importante influencia que exerceu sobre os demais para que entrasen no galeguismo. No
campo literario, algúns contos publicados en revistas, e algunha peciña teatral titulada A Nomeadora.
% CASTELAO (1886−1950)
17
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, de Rianxo. Con 9 anos marcha a Arxentina, experiencia da emigración.
1900 Volve a Galicia, reside en Santiago. Volve a Rianxo e publicacións en periódicos. En Pontevedra
traballou como funcionario. Ingresa nas irmandades da fala. Presentouse o deputado do partido galeguista
antes da guerra. Cando estalla a guerra vai para América e morre en Bos Aires.
% Características:
Hai dúas características esenciais do seu labor artístico e literario que son o humanismo e galeguismo.
Expresa amor polos personaxes cando pertencen as clases populares; non os idealiza aparecen coas súas
virtudes e cos seus defectos e estes motivados polo proceso sociopolítico. A parte da súa militancia política, o
Nacionalismo e o galeguismo está patente no seu servicio de espírito e entrega o pais. Outras características:
• Visión populista da arte e da literatura, e dicir, distanciado do elitismo dos outros do grupo Nós.
• Crítica das inxustizas e denuncia da miseria.
• Humanismo reflectido de forma especial na caricatura.
• Lirismo, sentimento de amor ou piedade.
% NARRATIVA:
− Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete:
Son as memorias escritas por un esquelete de cidade, de humor macabro, e o humor aquí non é un fin en si
mesmo senón que é unha forma de analizar criticamente a realidade.
− Cousas
É un conxunto de 45 textos todos eles acompañados dun deseño, dun debuxo, intimamente relacionado co
texto. É unha das obras máis orixinais da nosa literatura, mesmo pola dificultade a escribilo a un determinado
xénero literario comparte características de narrativa, pero tamén da lírica. Outra característica fundamental de
esta obra é a sínteses igual que ocorre nos súes debuxos. Nos debuxos busca con trazos simples o mais
fundamental. Son textos moi pulidos, moi acrecentados nos que se selecciona o esencial. A esto axuda a
construcción de oracións que son frases breves e moi equilibradas, con riqueza léxica a partir da lingua
popular.
Mostrase crítico cun proceso que ven provocado pola acumulación de capital e que lonxe de provocar a
felicidade, provoca inxustiza e de aí infelicidade.
− Os dous de sempre :
Está centrada na vida de dous protagonistas desde a infancia a madurez con dúas personalidades contrapostas.
Un deles é Pedriño, de familia pobre, vago, inactivo, usilanime. A única aspiración de el é comer moito
traballando o menos posible; consegue (por enchufe) un posto de traballo cómodo, no que vai pasando a súa
vida de unha forma neutra. Rámolas de orixe familiar desastrosa, teirado das pernas, pero é unha persoa
aguda, activa, emprendedora, capaz de superar calquera problema. A súa aspiración é poder andar. Aséntase
na súa vida natal con un oficio, pero nese momento come case a sentir infeliz porque tivera ata ese momento e
o sentimento de fracaso lévao suicidio.
Está estructurada en 40 capítulos, e protagonizados de forma alterna. Tres elementos: lirismo, realismo e
humanismo.
− Retrincos:
18
Colección de 5 contos que o propio Castelao nos presenta como autobiográficos. Un está situado na Arxentina
e os outros dous aquí.
% TEATRO:
Escribe unha obra titulada Os vellos non deben de namorarse. Tivo a oportunidade de coñecer o teatro
vangardista europeo, onde se fundía o texto coa música, coa danza, coas luces, coas cores,... e de aí toma a súa
idea.
Divídese en tres actos de estructura e tema moi semellantes. Tres vellos ricos que se namoran de tres mozas
pobres e que por intentar conseguir o seu amor acaban morrendo. A obra termina cun epílogo (conclusión) en
que os tres vellos despois de mortos dialogan no cemiterio sobre a vida das súas namoradas que seguen vivas.
A obra ten un tema tráxico pero está tratado de un xeito humorístico. Os vellos confiados no poder dos seus
cartos chegan a ser obxeto de burla de toda a xente.
% ENSAIO:
A dúas obras que son: As cruces de pedra na Bretaña e As cruces de pedra na Galicia, que son dous estudios
dende o punto de vista artístico e endográfico sobre os cruceiros.
A obra máis significativa é Sempre en Galicia, nela expón o seu pensamento político e demostra a existencia
de Galicia como unha nación por posuír os elementos fundamentais que a constitúen, e dicir, idioma propio,
territorio diferenciado, vida económica propia e cultura autóctona.
% TEMA 5: TENDENCIAS DA LIRICA NA 2ª METADE DO SÉC. XX. Grupos e poetas.
A censura da dictadura trouxo como consecuencia que tres xeracións de poetas se desen a coñecer no mesmo
período. Para a recuperación nos anos 50 foi vital a creación de varias editoriais adicadas as obras en galego
entre elas Galaxia como a mais significativa.
Antes de analizar algúns grupos de poetas debemos deternos nun poeta anterior, pero que polas circunstancias
non publicou ata despois da guerra, este é Luís Pimentel (Lugo 1895−1958). En vida só publicou unha obra
Triscos, despois da súa morte aparece a súa obra fundamental Sombra do aire na herba. Inicialmente ten un
gusto polo léxico relixioso, recargado, repintado,...fala da realidade triste, gris, pobre, as vivencias da paisaxe
cotiá, a dor solidaria cos que sofren inxustizas; é unha poesía tenra, recollida, pouco dada os excesos. Na
técnica é significativo a utilización do verso libre.
% A XERACIÓN DO 36
Os autores deste grupo eran mozos cando estalou a guerra e algúns xa tiñan publicado antes. Son poetas
nacidos entre 1910−1920. Inicialmente sitúanse próximos a xeración Nós pero non tardan en extremar as súas
posturas e distanciarse ideoloxicamente deles. A maior parte son poetas que veñen de pequena burguesía
progresista, e vihincúlase o esquerdismo galeguista. Continúan algúns dos movementos de vangarda xa vistos
(surrealismo, neotrobadorismo, hilozoísmo) e ademais aparecen tendencias novas como o Ruralismo (a
paisaxe é a protagonista duns versos cultos e equilibrados), Clasicismo (entendido como adaptación os
métodos tradicionais e a expresión seria e mesurada), Social − Realismo.
% AQUILINO IGLESIA ALVARIÑO (Lugo 1909 − 1961)
A súa primeira obra titulada Señardé, son arredor de 50 sonetos con influencias modernistas. En Corazón o
vento, depura o modernismo, ensaia co verso libre e composicións próximas o Surrealismo e ao Hilozoísmo.
19
A súa obra máis coñecida Cómaros verdes, é un poemario dispar; nel atoparemos neotrobadorismo,
Hilozoísmo e influxo da xeración do 27 española. A paisaxe rural convértese no centro da temática, ademais
da riqueza do galego falado na Terra Chá.
% CELSO EMILIO FERREIRO (Celanova 1912 − 1979)
O soño sulagado é a súa primeira obra, e nela xa comeza coa denuncia dos problemas colectivos. Aquí
céntrase na angustia polo paso do tempo o medo a soidade e a morte.
A súa obra mais importante Longa noite de pedra; a denuncia crítica do sistema pasa a ocupar o centro do
poemario. Foi a obra con que se iniciou o chamado Social − Realismo na poesía galega. Foi un dos maiores
éxitos na nosa literatura no momento e a obra sálvase do planfletismo de outros autores gracias a súa
autenticidade. Séntese solidario cos que neste mundo aturan inxustizas e aldraxes; séntese antirracista,
antibelicista. En moitos poemas reflexa o medo a un estado represivo a violencia institucionalizada. Céntrase
tamén na situación de Galicia na defensa da lingua, etc. En canto a forma utiliza: imaxes surrealistas;
amorecemento, repetición de palabras; variedade métrica,etc.
Viaxe o pais dos ananos, é feito da súa experiencia en Venezuela e critica os dirixentes dos centros galegos;
ofrécese unha visión da emigración moi negativa.
Cantigas de escarnio e maldicir: Cimeterio pisado, son os epitafios sobre distintas persoas,...
% RICARDO CARBALLO CALEO (1910 − 1990)
Como poeta publicou Vieiros e o silencio axionllado antes da guerra. Despois Anxo de Terra, ríxida estructura
formal e libres asociacións do surrealismo, liña que seguen as súas obras posteriores: Poemas pendurados dun
cabelo.
% XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO (1914 − )
publicou unha soa obra titulada Mingos, pero moi significativa. A súa literatura reside nas preocupacións do
home, da vida, do amor e a morte. Tamén a vivencia relixiosa, a nostalxia da infancia no agro, e o tema de
Galicia.
% MIGUEL GONZÁLEZ GARCÉS (1916 − 1991)
Poesía caracterizada polo escepticismo, un dominio dos mais variados artificios literarios. Obras: Nas faíscas
do soño, Sede de luz.
% A PROMOCIÓN DE ENLACE
Son poetas nacidos no ano 20, experimentan os efectos inmediatos da pobreza económica e cultural. Os
únicos modelos literarios os que poden acceder son os da poesía española. Non gardan coherencia como
grupo.
% ANTÓN TOVAR
Poesía con imaxes de tipo surrealista temática intimista soidade, ausencia dos seres queridos, o fluír do tempo
a preocupación relixiosa. Poesía moi musical e conscientemente sinxela. Obras: O vento no teu colo, Calados
esconxuros.
% LUZ POZO GARZA (1922 − actualidade)
20
O paxaro na boca, primeiro poemario, tema amoroso que trata con equilibrio entre sensualidade e delicadeza.
Verbas derradeiras, a poetiza endurece a súa lírica, trata as sombras existenciais con certo deutono.
Prometo a flor de loto e sobre todo Códice Calixtino, conságranse na poesía da 2ª metade do século XX.
% Citamos a MANUEL CUÑA NOVÁS e a TOMÁS BARROS.
% A XERACIÓN DAS CESTAS MINERVAIS (Nados entre 1930 − 40). Representantes:
% MANUEL MARÍA (1930 − actualidade)
Inaugura e consolida a chamada Escola da Tebra con obras como Muiñeiro do Brétemas. Os escritores da
escola da Tebra caracterízanse por exteriorización dun mundo atormentado de sufrimento no que o ser
humano non ten saída.
A partir do anos 60 o ton social irá en aumento, utilízase a sátira, a denuncia, mesturado tamén co tratamento
da paisaxe da súa Terra Chá natal. Obras: Poemas de outono, A primavera de Venus, O Miño, canle de luz e
néboa.
% XOSÉ LUIS MÉNDEZ FERRÍN (Ourense 1938 − actualidade)
Inicia a súa obra poética con Boce na néboa, mundo íntimo, denso, simbólico. A os poucos vaise situando na
poesía mais social sobre Galicia. Por exemplo o título Poesía enteira de Heriberto Bens. O seu poemario mais
importante é Con pólvora e Magnolias, poemas que van do persoal o colectivo, densos, cheos de referencias
culturais, imaxes moi elaboradas, obra de grande influencia nos poetas actuais. Coa obra O fin dun conto
continúa a renovación da obra anterior.
% UXÍO NOVONEYRA
A súa poesía é unha poesía sobre a natureza, pero un tratamento orixinal ata ese momento, pero non imita
precedentes. O seu cosmos poético é a Serra do Courel, a vivencia neste entorno das distintas épocas do ano
constitúe o núcleo temático de Os eidos. Elexías do Courel e outros poemas, con ela empeza a fundirse e
identificarse coa natureza as veces séntese desamparado e pequeniño diante dela, fora da experiencia
paisaxística. Poemas caligráficos e Poemas da doada certeza, ten un estilo directo, desarmado, sinxelo, con
moita forza interna e con utilización de recursos fónicos e gráficos.
% VERNANDINO GRAÑA
Iniciouse na poesía en galego con Poema do home que quixo vivir, onde predomina o ton de sufrimento
existencial propio da Escola de Tebra. Co título Profecía do mar, atopa a súa voz poética persoal e o mar pasa
a ser o espacio lírico, simbólico que utilizaba. Outros títulos: Non vexo, nin Vigo nin Cangas, Se o noso amor
e os peixes..., Himno verde. Trata a parte do mundo da natureza, o amor, a destrucción do medio por parte dos
homes de fin do século XX.
% XOHANA TORRES (Compostela)
Reducida pero moi intensa obra que se inicia co Do surco. Nesta obra ten un estilo perfeccionista e orixinal,
que tratará temas como o amor, o tempo, a paisaxe,... Estacións ao mar, busca no tempo e na natureza humana
a través do recordo, poesía melancólica.
% TARAMANCOS
21
Aínda que non forme integramente parte desta xeración, escribe obras como As moradías do vento, Cantos
Cáucanos, As torres no Ar. Poesía de riqueza significativa, rigorosa e suxerentes imaxes, intensidade emotiva,
relación coa natureza. Na súa última obra titulada Última fuxida a Harar.
% TEMA 6: TENDENCIAS DA NARRATIVA GALEGA DE POSGUERRA. AUTORES E OBRAS.
No caso da prosa non se publicara ningún libro ata 1951 co título A xente da Barreira de Carballo Caleo.
Entre o ano 50 e 60 tres autores manteñen individualmente un universo literario propio e peculiar e deron a
luz as páxinas da nosa mellor prosa. Estes autores son: Álvaro Cunqueiro, Eduardo Blanco amor e Ánxel Fole.
% ÁLVARO CUNQUEIRO (1911 − 1981)
No seu primeiro libro, Merlín e familia, rastrexamos algunhas das claves que definen a súa narrativa:
• Grande capacidade para a imaxinación e a fantasía
• Gusto pola creación do mito
• Fino sentido do humor, asociado co marabilloso
• Sintaxe moi complexa que se corresponde coa súa facilidade para a invención
En As crónicas do Sochante na Bretaña do Séc. XVIII. Aparece o tema mítico en títulos como Se o vello
Simbad volvese ás illas. Escribiu libros de relatos nos que caracteriza a grande variedade de personaxes
humanos ou imaxinarios; son instantáneas que ía tirando da realidade con moito de real e moito máis
inventado.
% EDUARDO BLANCO AMOR
A publicación da súa obra A Esmorga leva a nosa novelística o proceso de renovación no que estaba a
literatura mundial. Obra: Os Biosbardos, inclúense sete narracións breves situadas en Auria (Ourense) e tendo
como protagonistas a nenos. Narracións en 1ª persoa e reflexan un mundo infantil onde predomina o
negativismo, os medos, as angustias e as pequenas amarguras.
Xente ao lonxe (obra quizais máis importante ca Esmorga), retrata os duros indicios do movemento obreiro en
Ourense. O contido organízase en tres niveis: individual, familiar e social. A protagonista é unha familia
obreira.
% ÁNXEL FOLE (1903 − 1986)
A súa narrativa céntrase no relato breve. Iníciase con Á lus do candil, composto por 15 contos, narrados polas
noites, en que 4 fidalgos e os seus criados quedan aillados pola neve. A súa obra Terra brava, recorre de novo
o recurso de incluír os contos dentro do conto principal. Outros títulos: Contos de néboa, Historias que
ninguén cre, nos que continúa cos esquemas anteriores.
Parte da tradición oral popular do sur de Lugo. En canto a técnica é partidario de conservar o máximo a
aparencia oral do relato escrito; coa lingua fai o mesmo, xa que procura transcribir o galego propio da zona.
% A NOSA NARRATIVA NOS ANOS 60
Desde finais dos 50 e toda a década dos 60, desenvólvese este movemento de renovación. Os caracteres
globais son os seguintes:
• Preocupación por renovar a técnica. A innovación farase desde o coñecemento da novelística da
vangarda mundial e fundamentalmente desde a novelística francesa.
22
• Distanciamento da realidade abafante na que viven. Sitúannos en lugares estraños impersoais ou
exóticos. O tempo, as veces, é indeterminado.
• Escapar do protagonista heroe, e pola contra aparecen recurrindo na alienación persoal e social
Autores representativos:
% XOSÉ ÑUIS MÉNDEZ FERRÍN
Producción en prosa mas abundante que en verso. Os eixes do mundo narrativo de Ferrín son o misterio e a
violencia, o simbolismo, o lirismo, a nostalxia, que levados ao texto literario mediante unha lingua moi
expresiva produce unha obra de recoñecida singularidade nas nosas letras. O seu mundo era xira arredor de
tres eixes que son:
• Incursións na realidade fantástica dun mundo centrado na recreación innovadora de personaxes e ambientes
do mundo céltico e da materia da Bretaña. O lado escuro da vida aparece atenuado polo soño (rasgo propio
da nosa narrativa), o amor, e a esperanza.
• Ferrín explora o absurdo e a angustia da vida humana, a violencia individual e institucional sempre tratada
de forma literaria e estética. Os personaxes e sucesos aparecen movidos por forzas internas e fatais que lle
impoñen o ser humano un destino tráxico.
• (Síntese dos dous anteriores) Persoal mitoloxía de Ferrín. Crea o seu mundo mítico no que a sitúa en Tagen
Ata, que é a metáfora de Galicia. É moi singular na súa obra a plurisignificación que fai que a cada lectura
xurdan novas interpretacións.
Algúns títulos representativos: O crepúsculo e as formigas, Peraval e outras historias, Arayamos, No ventre do
silencio.
% CARLOS CASARES
A súa narrativa revela unha considerable capacidade inventiva, asentada sempre en referencias realistas;
cidades e vidas galegas forman o marco referencial das súas obras, e a lograda caracterización dos personaxes
proporciona verosimilitude e grande eficacia comunicativa.
As primeiras obras tratan sobre as crises da adolescencia e a necesidade marcadas por un tempo de
prohibición e intolerancia, ademais do ambiente socioeconómico do momento.
Fortemente opta pola recreación imaxinativa de referentes momentos históricos, para situar neles a súa
concepción do mundo. Ten unha visión pesimista e escéptica da sociedade o individuo aparece
frecuentemente derrotado pola intolerancia, inxustiza e a represión. No fondo latexa a idea de absurdo da
existencia, pero nel esta visión nunca é nin agrea nin tremendista. Debuxa personaxes tenros nos que as
emocións humanas son transparentes. O estilo caracterízase polo dominio da forma breve, linguaxe clara e
consegue un ritmo narrativo moi compensado.
Títulos: Vento ferido, Xoguetes para un tempo prohibido, Ilustrísima, Deus sentado nun sillón azul.
% Citamos a XOHANA TORRES e CAMILO GÓNSAR, etc.
% NEIRA VILAS
Obra diferente dos autores da nova narrativa galega é a de Xosé Neira Vilas. Ten cultivado tamén narrativa,
poesía e ensaio para nenos. O escritor reproduce a realidade galega desde unha óptica novedosa que se centra
en dous focos: a Galicia interior e a Galicia emigrante.
23
· A Galicia interior:
As narracións que teñen como tema central a Galicia interior, encóntranse obras nas que o protagonista é
infantil e noutras adulto. Entre as primeiras atopamos Memorias de un neno labrego. Estas organízanse
arredor da evolución dun neno de aldea a través dos seus contactos co medio e cos adultos, nunha sociedade
campesiña, marcada pola opresión e a pobreza, economía, cultural e ideolóxica.
Nas narracións de protagonista adulto, como por exemplo Xente no rodicio, intensifica a pintura negra da
sociedade campesiña; os personaxes parecen incapaces de escapar do seu mundo de atraso onde mandan
condicionantes políticos e relixiosos.
· A Galicia emigrante:
Nas obras sobre a Galicia emigrante (Ex: Historias de emigrantes) hai unha visión dos problemas xerados a
causa do éxodo forzoso. Angustia, morriña da terra, illamento, dificultade de adaptación o mundo urbano.
Utiliza técnicas narrativas innovadoras tanto no punto de vista do narrador como na estructura. En resume a
súa obra podémola situar dentro dun realismo crítico.
% OS ANOS 70 E A XERACIÓN DOS PREMIOS DE NOVELA
A epígrafe en galego sofre unha certa parada e volve a dinamizarse cara o ano 75. Neste proceso de
axilización inflúe a instalación dunha democracia formal que leva aparellada a liberdade de expresión e a
consecución de estatuto de autonomía que procurara a normalización da lingua e da cultura galega.
Neste marco non debe estrañar a proliferación de premios e concursos literarios, tanto de relato breve como de
novela. Citar: Premio Blanco Amor e Premio Xerais. Descóbrense así novos valores para a literatura e
consolídanse outros. Podemos salientar os seguintes:
% ALFREDO CONDE. Obra: Xa vai o Griffón no vento. Premio Blanco Amor E Premio Nacional de
Literatura.
% VÍCTOR FREIXANES. Obra: O triángulo inscrito na circunferencia.
% XABIER ALCALÁ. Obra: A nosa cinza.
% SUSO DE TORO. Obra: Polaroid, Trece badaladas.
% MARTÍNEZ OCA. Obra: As florestas do Manñuema.
24
Descargar