GALEGO. HISTORIA DA LINGUA − 1ª AVAL. SUBSTRATOS DO GALEGO Son as linguas existentes antes da chegada de Roma, que ocasionaron unhas deterinadas peculiaridades fonéticas, morfosintácticas e léxicas no modo de instalación do latín, que fixo que o galego sexa o que é hoxe, xa que non é só o resultado da evolución do latín. Porque ainda que o galego procede fundamentalmente do latín antes de que os romanos ocupasen o territorio de Galicia (s. V a.C.), dende o paleolítico, este xa estaba ocupado por unha grande variedade de pobos e culturas diferentes que coexistían ou se superponían uns a outros. SUBSTRATOS PREINDOEUROEOS Idade de Pedra. Formados por diversas camadas étnicas que ocupan sucesivamente o país e conviven mesturadas entre si. Pódense diferencias tres grandes grupos atendendo á correspondencia entre voces preindoeuropeas existentes en Galicia e outros lugares: • Euroafricano ou mediterráneo (cosco, mata, queiroga, palabras que comezan pola raíz carr−, como carrapucho, carrasco, carroucho, carqueixa...) • Hispano−caucásico (coto, sobaco, amorodo, morodo, morango, amorote, morogo...) • Tirrénico ( touza, morea, barro, balsa, esquerdo, veiga, chicharra, parra, codeso, sarna, cama...) SUBSTRATOS INDOEUROPEOS A partir do primeiro milenio a. C. , aparecen na Península Ibérica unha serie de pobos portadores dunha lingua indoeuropea que se superpoñen ás etnias anteriores. • Celtas: chegaron en dúas vagas, unha polo 800 a.C., procedentes do Centro e Norte de Europa, os preceltas. Préstamos: cabana, cabaz, cabazo, cabaceiro, paramo, sufixo −asc, −usc, en topónimos como Ledusco, Viascón, Tarascón. A segunda vaga chegou polo 600 a.C., que se establece en diversas zonas da Península, especialmente no noroeste, impulsados por causa dos pobos xermánicos. Os celtas son un conxunto de grupos tribais ou étnicos unidos por unha lingua e cultura comúns. Deles tempos a derivación do grupo latino CT en IT, a sonorización das consoantes oclusivas xordas intervocálicas latinas, P,T,K en B,D,G, e a perda do N intervocálico típica do Noroeste ibérico. Palabas (sobre todo toponimia): billa, berce, laxe, rodaballo, centola, beizo, seara, gancho, cántiga, burgallo, lama, tiona, camba, corio, callau, braña, bico, buraco, xouba, touciño, adubar, atrancar, virar, dolmen, bardo, druída, menhir. Topónimos: Coruña, Braga, Serantes, Barallobre, Callobre, Illobre, nomes de ríos: Deva, Sar, Sarela, Támega, Limia. ROMANIZACIÓN O NO foi unha das partes que máis tardou en ser conquistada polos romanos, ata a época do imperio, cando a zona do Mediterráneo e o sur xa fora dominada despois da 2ª guerra Púnica. Por historiadores coñecemos a existencia dun pobo chamado Gallaeci (ou Kallaikoi) no NO, diferenciado dos astures e lusitanos; e a conquista dese pobo en tres etapas: • Penetración e prospección: expedición militar de loita de Décimo Xunio Bruto (137 a.C.) tras derrotar ós lusitanos e os Callaici que os estaba a axudar. 1 • Sometemento: espedición militar vía marítima de Xulio César que o leva a Brigantium (Betanzos) no ano 61 a.C. debido as sublevacións continuadas. Non chega a someter e pacificar totalmente Gallaecia. • Asentamento: campaña de Octavio Augusto (29−19 a.C.) para reducir definitivamente as tribos astures, cántabras e galaicas. A conquista das terras conlevou un incremento da presencia de Roma e da súa cultura, organización e forma de vida, iniciándose así a súa romanización. Factores: ♦ A vida militar: moitos soldados romanos intálanse aquí. ♦ Comercio: os mercaderes traen ós indíxenas novidades culturais romanas e o latín. ♦ Novos instrumentos e técnicas agrícolas, mellorando o aproveitamento da terra. ♦ A administración depende do poder central, que utiliza o latín como lingua escrita. ♦ O cristianismo avanza tamén cara o norte, utilizando o latín. ♦ Créanse as villae e constrúese unha ampla rede viaria que pon en contacto distintas poboacións, permitindo a penetración de todo o que viña de Roma. Debido a estes factores acabou implantándose o latín, despois dun longo período de bilingüismo, no que se utilizaba só coas relacións cos romanos. Para o s. V d.C., a totalidade da hispania falalba latín na súa forma vulgar e coas variedades dialectais propias de cada zona. Este latín en Galicia era principalmente o dos colonos provenientes da Bética, de carácter arcaizante. Isto unido á situación marxinal do NO durante o baixo imperio e o reino visigodo, fixo que nesta área se conservasen certos elementos latinos desparecidos en case o resto da Romania. LINGUAS DE SUPERESTRATO Desparecido o Imperio Romano e separadas entre si as provincias que o integran, iníciase un proceso de disgregación do latín falado que se viu afectado polas linguas dos pobos que se asentaron na zona. SUPERESTRATO XERMÁNICO Merecen atención especial na Gallaecia os pobos xermánicos suevos e visigodos. Os suevos invaden a Península no 409 d.C., asentándose en Galicia onde fundaron un reino que durou ata o ano 585, cando estiveron incorporados á monarquía visigoda e ata a chegada dos árabes. Non tiveron unha influencia lingüística importante que se reduce as palabras referidas á actividade bélica. A razón disto está en: • A inferioridade numérica • A invasión non foi un proceso organizado senón que cada tribu tiña independencia das demais. • Eran fundamentalmente guerreiros e non tiveron capacidade para organizar un aparello político administrativo camparable ó romano. • Desde o punto de vista cultural, estes eran moi inferiores ós romanos, de aí que o idioma non tivese o presitixo social do latín. Parece ser que houbo un xermánico común pero sen cultivo literario, do que temos como único testemuño a Biblia Gótica do bispo Ulfilas. No tocante á influencia directa no galego hai que falar de tres fases: • Termos imcorporados a través do latín: albergue, tregua, bando, bramar, xabrón, roubar... • Palabras introducidas coas invasións propiamente xermánicas: antropónimos: Fernando, Gonzalo, Afonso, Alberte...; topónimos: Godos, A Gudiña, Suevos, Zas, Saás, Sales, Lobios, os rematados en −riz: Guitiriz, en −mir ou −mil: Castromil, en −sende: Hermosende, en −munde: Taramudi, Baamonde, en −mar: 2 Gondomar, Xermar... • Xermanismo que entran no galego a través do franco ou provenzal: durante a Idade Media (Camiño de Santiago): xardín, toalla, brando, frecha, orgullo, guerra, gabarse,... SUPERESTRATO ÁRABE Os árabes entran na península no ano 711 e apodéranse do reino visigodo, mais a súa presenza en Galicia foi breve e a súa aportación ó galego fose a través das outras linguas hispánicas coas que conviviu máis. Parecen ser de incorporaicón directa: argola, albarda, alforxa, aceite, laranxa, quintal, maquí, acea, albeite... Outras, pode que indirectamente: arrebato, xabarín, azul, arreicfe, adival.., a preposición ata e a interxección oxalá. AS LINGUAS HISPÁNICAS A partir do s. IX podemos falar do nacemento das novas linguas hispanas tras a evolución do latín coa intervención das linguas posteriores e anteriores. Estes novos dialectos latinos son: galego−portugués, astur−leonés, castelán, aragonés, catalán e falas mozárabes. Como lingua prerromana que non chegou a ser substituída polo latín, sobrevivía o basco ou eusquera. Non adquiren a categoría de linguas escritas ata ben entrado o s. XII, privilexio que só tiña o latín considerada lingua de cultura ata o s. XVIII. BIMEMBRACIÓN DO GALEGO−PORTUGUÉS. Causas • A independencia de Portugal (s. XII) fixo que se fragmentase a unidade lingüística. Coa expansión territorial portuguesa cara ó sur, facilitouse a incorporación de trazos árabes, mentras que a fala de Galicia se vía sometida ás influencias do castelán. • A hexemonía política que foi conseguindo o reino de Castela, e que levou a que o castelán se estendese a outros territorios da Península desprazando as linguas que se falaban nos mesmos: de maneira máis intensa o astur−leonés e o navarro−aragonés (as flas máis limítrofes co castelán) e, nun grao un pouco menor, o galego e o catalán (que se estenderá a Valencia, Murcia e Valeares), máis periféricos e afastados. 4.1 − Contexto socio−político e cultural. O XVIII iníciase coa instauración en España da monarquía borbónica, que vén reforzar o centralismo coa conseguinte marxinación e supeditación de Galicia ós intereses centrais. O progresivo empeoramento das condicións de vida das clases inferiores (1710, o ano da fame) provoca o aumento da emigración (a Castela, Portugal ou Andalucía) O indice de analfabetismo é moi alto durante este século teñen lugar tímidos intentos de industrialización por parte dunha burguesía moderna non galega e asistimos a un intento de mellorar esta situación por parte dos ilustrados que se centra no aspecto económico e agrario. Por este motivo créanse as Sociedades Económicas de Amigos do País (en Santiago ou Lugo) e a Academia de Agricultura del Reino de Galicia. É neste século cando algúns intelectuais eruditos se preocupan pola situación de marxinación do galego, negando que este sexa un dialecto do castelán. Arremeten contra a infravalorización do galego e contra a inxustiza lingüística que se comete ó non ser utilizada no seu propio territorio para determinadas funcións básicas (educativas, relixiosas, administrativas...). Pretenden buscar alternativas para superar o subdesenvolvemento económico, social e cultural. Os principais ilustrados son: PADRE FEIJÓO 3 Considérase unha importante figura da cultura ilustrada en España. Para él foi Galicia e non Portugal o berce da fala galego−portuguesa, protestou contra os que vían ós galegos como rudos e incapaces de cultivalas ciencias. Ademáis intentou demostrar que o galego non era un dialecto do castelán senón unha lingua románica máis, como eran o portugués, o castelán... JOSÉ CORNIDE Y SAAVEDRA Foi un ilustrado economista historiador e autor de libros de viaxes e traballo de historia natural e xeografía que conteñen interesantes datos sobre Galicia. Fundou a academia de agricultura e a sociedade económica de Santiago. Dende os eus escritos denunciou o trato de colonia que se lle daba a Galicia quieren que Galicia sea un país de indias. Foi autor dun soneto prerromántico titulado Soneto a Filida, que foi unha mostra do que pudo ter sido a literatura prerromántica en Galicia se esta estivese nunhas circunstancias normais. DIEGO CERNADAS DE CASTRO (CURA DE FRUIME) Foi o máis fecundo poeta galego do x. XVIII e a súa obra é un grito de indignación por Galicia e polas inxustizas dasque era vítima. Consideraba a súa lingua materna como unha lingua capaz de cultivo literario ocmo eran outras que existían na península. PADRE SOBREIRA Foi un estudioso do noso idioma e un gran coñecedor do noso país PADRE MARTÍN SARMIENTO (Ilustración) Naceu en Vilafranca do Bierzo, foi lingüista, historiador, biólogo, xeógrafo, ... Foi a personaxe do s. XVIII que máis reivindicou a nosa lingua e loitou polo proceso da súa dignificación. Entre as súas obras destacan: Colección de voces y frases gallegas, Catálogo de vocces y frases de la lengua gallega, Onomástico−etimológico de la lengua gallega. Son moi importantes tamén as súas aportacións ó campo da pegagoxía, pois consideraba que tódolos nenos debían aprender unha lingua extranxeira na súa lingua materna (o galego) e non noutra tamén extranxeira (castelán). 4