Alnus glutinosa (Amieiro)

Anuncio
Alnus glutinosa (Amieiro)
Árbore de 20-30 m caducifolio. Follas de 6-12 cm cor verde-oscuro, moi forte polo
haz e máis claro no envés, redondeada e algo truncada no extremo, lampiñas (ausencia
de pelos) e permanecen sempre verdes ata a súa caída. As follas xoves e brotes son
pegañentos no estado xuvenil. Floración anterior á aparición das follas.
Xemas estritas e ovoides, clara e grosamente pedunculadas de cor pardo roxizo ou
violáceo.Inserción espiralada no ramillo. Atópanse cubertas por tres escamas sendo só
dúas as visibles.
Flores: Os amentos masculinos de 5 a 10 cm, delgados cilíndricos e pedunculares con
cor roxiza. Os femeninos son mais pequenos (2 cm) de cor marrón oscuro a negro,
duros e algo leñosos.
Propagación vexetativa a través de sementes e tamén a través de chupóns da raíz. As
súas raíces conteñen nódulos que lle permiten fixar nitróxeno atmosférico. asociado á
bacteria Actinomyces alni.
A súa ecoloxía remítese a zonas con cauce de auga permanente, polo que sempre
aparece asociada a entornos ripícolas.
USOS
O amieiro ten unha madeira moi clara que ao oxidarse vólvese vermella-anaranxada
por iso en moitos países de Europa crían que a árbore estaba embruxada. A madeira é
resistente á auga e o seu uso destinábase á realización de palafitos, os cementos da
cidade de Venecia están feitos coa madeira desta árbore.
Ten propiedades mediciñais na súa cortiza que conta coa presencia de taninos que
presentan compoñentes que sirven para rebaixar os niveis de colesterol.
A decocción da súa cortiza permite tratar problemas de anxinas ou farinxite.
Populus alba. Chopo Branco.
Lamagueiro (Álamo blanco)
Árbore caducifolio corpulento de forma redondeada e rápido crecemento de ata 30
metros de altura. Pode presentar diámetros do tronco moi grandes ata 3 metros. Copa
amplia e irregular.
Cortiza: lisa, blanquecina, gris, fisurada, máis oscura na base con cicatrices negruzcas
de antigas ramas.
As follas presentan dúas formas na mesma árbore palmeadas e ovaladas.
Froito: cápsula de 4 mm., primeiro verdosa e logo marrón.
O choupo prateado pode confundirse co bidueiro, pero as follas son diferentes, xa que
as do bidueiro son máis aserradas, e o chopo ten as follas mas verdes polo haz e máis
brancas poo envés. A altura que pode acadar o chopo é maior.
Hábitat: Ribeiras dos ríos e lugares frescos.
Usos: Árbore de gran valor ornamental, empregada en parques e xardíns.
A madeira é pouco resistente, emprégase para carpintería lixeira.
As follas e cortiza teñen propiedades astrinxentes.
Mediocre combustible.
Sambucus nigra (Sabugueiro)
Arbusto caducifolio de 4-6 m de altura.
Follas pecioladas compostas 5-7 foliolos por folla.
Flores: É hermafrodita con flores dispostas en corimbos terminais. Florece a
mediados de verán, e o froito e unha baia que serve como alimento para moitos
animais.
O saúco é unha planta mediciñal usada en infusión ou como bebida refrescante. As
baias son comestibles despois de cociñalas pero todo o resto da planta é tóxica xa que
conteñen oxalato cálcico.
A follaxe úsabase para atar na cola do cabalo para evitar moscas.
Úsanse para a elaboración de aguardente e incluso viños
Úsanse para problemas de pel e en infusión para calmar a tos, lavalos ollos, manchas
no rostro, e para as anxinas e encías inflamadas.
Extractos de cortiza de tallo, follas, froitos, raíces para tratar bronquite, tos,
infeccións de vías respiratorias, febre.
En bélxica fan xinebra coas baias.
Quercus robur (Carballo)
Copa ampla, aovada, redondeada ou irregular e caducifolio. Tronco dereito, corto e
moi groso nos exemplares aillados, on ramas grosas e algo tortuosas; cortiza grisácea
ou blanquecina e de tonalidade parduzca nos exemplares vellos.
Follas: Grandes, simples, de disposición alterna, con estípulas alargadas que caen cedo,
lampiñas, cor verde intenso polo haz e máis pálidas no envés, cos nervios ben
marcados. Forma aovada co borde lobulado de 6-12 cm de longo e a metade de ancho.
Flores: masculinas en amentos colgantes, verde-amarelentos, que nacen solitarios ou
en grupos nas ramiñas do ano anterior. Florece ao tempo que crecen as novas follas,
abril-maio maduran en setembo e caen en outubro.
Landras: colgantes con longos pedúnculos, aovado-oblongas, con caperuza de escamas
case plana, empizarradas
O nome específico asignouse porque os romanos para designar os robles e calquer
outro tipo de madeira dura e de gran solidez. A madeira do roble é parda-leonada,
moi dura, de gran fino, con aneis de crecemento ben marcados, bastante pesada e moi
resistenta á putrefacción aínda dentro da auga.
Úsase moito para toneis e barricas de viño e licores así como para a contrucción de
barcos. Produce bo carbón. Árbore de laonga vida, pode superar os mil anos e tarda
en florecer ata 40 ou 50 anos.
Pyrus cordata (Pereira brava)
Arbusto de 2-3
Pode chegar a acadar os 8
metros de altura. Moi
espiñenta. A copa é pouco
densa e bastante irregular. As
pólas teñen picos igual que o
espiño.
Tronco: A cortiza é oscura e
gretada lonxitudinalmente.
Follas redondeadas de 4 cm
de longo, de cor verde máis
lustroso no haz que no envés.
Flores: ábrense entre as follas
máis xoves sendo brancas e
con cinco pétalos e os seus
estames carmesí que lle dan
aspecto rosáceo.
Froito: moi pequeno e
amargo.
Habita en fragas húmidas, vese moitísimo en ameneirais o pe de ríos de Galicia.
Gusta dos terrenos ácidos con condicións climáticas templadas e con moita chuvia.
Por eso vese moito en Galicia e todo o norte de España.
É moi abondoso en Galicia sobre todo na zona norte.
Ata 1.300 metros aproximadamente.
USOS
É utilizada como patrón para enxertar pereiras e maceiras.
A leña arde moi ben.
Salix atrocinerea
Árbore de ata 12 metros.
Follas enteras con dentes grosos e pouco marcados, rugosas, con nervios
prominentesde forma aovada ou lanceolada, pero algo máis anchas na parte apical. Ao
nacer son afieltradas e moi pilosas polas dúas caras. No haz tende a perder o pelo
tomando unha cor verde oscura, envés grisáceo. Peciolos 5-15 mm.
Flores dispostas en amentos moi vellosos que nacen nas follas, os masculinos son
aovados case sentados con brácteas foliáceas na base, estames longos na súa axila e un
nectario alongado. Os amentos femeninos son cilíndricos, con brácteas similares e un
pistilo aovado-cónico densamente piloso e con pedicelo claramente máis longo que o
nectario, rematado nun estilo con 4 lóbulos. Florece dende o mes de xaneiro ata
marzo ou abril, sendo a diseminación de semantes anemócora (por vento) entre os
meses de abril e marzo.
Froito é unha cápsula tormentosa que se abre en dúas valvas, con semente cuberta por
pelos blanquecinos.
HÁBITAT
Vive en terreos frescos, con preferencia dos pobres en bases, ribeiras areosas ou con
gravas de ríos, arroios e lagunas, prados, vagoadas e setos con certa humidade edáfica.
Atópase dende o nivel do mar ata os 2.000 m de altitude.
USOS
Ten propiedades terapéuticas a cortiza úsase como febrífugo, para tratar o
reumatismo, a artrite, estados inflamatorios de estados autoinmunitarios, a gota, a
disentería, a diarrea, as neuralgias e dores de cabeza. Ass follas úsanse tamién como
febrífugo, e serven para tratar cólicos.
Salix viminalis (Vimbieira)
Arbusto que raramente sobrepasa os 8 m de altitude.
Ten un tronco flexible sendo a súa cortiza lisa de cor marronácea.
Copa da árbore baixa e arrendondeada.
Follas: Caedizas, simples, alternas moi longas linear-lanceoladas, cor verde por diante
e cubertas de pelos blancos prateados por detrás. Sobre 10 cm de longo e 1 de ancho.
As pólas teñen esta cor arrubiada que é moi característica.
Flores: As flores son verdosas e amarelas. Amentos son moi densos, aovados, e dun
pedúnculo moi corto.
HÁBITAT
Aparecen xunto o río nos prados e nas hortas
É unha árbore de segunda liña nos ríos, despois dos salgueiros, amieiros e
bidueiros. A súa cor rubia dos vimbios é moi característica.
USOS
En Galicia as ponlas da vimbieira, os vimbios, foron e son moi usados para atar feixes,
tamén nas viñas e para facer cestos.
Hoxe utilízanse tamén para atar as cepas de vide.
Algúns mestres "con moita autoridade e demasiado duros" usaban nas súas clases os
vimbios, xa fai anos...esta práctica hoxe non existe
Platanus hispanica
A orixe desta especie é supostamente unha hibridación entre Platanus orientalis e
Platanus occidentais.
Árbore caducifolio, de rápido desenvolvemento, pode sobrepasar os 40 m de altitude,
tronco erecto e cortiza que se desprende en placas cremoso-verdosas ou amarelentas.
Teñen unha lonxevidade de ata 300 anos.
Copa redondeada e ramas retorcidas, en ocasións coas ramiñas terminais moi
colgantes.
Follas alternas, estipuladas, pubescentes xoves e glabras de adultas palmatifídas en 3-6
glóbulus agudos.
Flores sobre pedúnculos longos e insignificantes.
Froito en aquenio, rodeado por un nacho de pelos na súa base e reunidos en
infrutescencias globosas. Froitos permanecen na árbore dende a sua maduración ata a
primavera seguinte. A semente recóllese en inverno e sembrada xermina
aceptablemente sen necesidade de tratamentos previos. A semente recollida en
inverno e sembrada inmediatamente xermina aceptablemente e tamén pode
multiplicarse a través de estaquillas de brotes dun ano.
USOS
-Ornamental, moi usado como árbore de sombra en plantacións lineais en rúas,
avenidas, xardíns, paseos. Soportan moi ben a poda e polución de cidades.
-Madeira úsase para fabricar utenslios de carpintería.
-Bo combustible
Fraxinus angustifolia
Árbore caducifolia que pode acadar os 18 m de altura, coa copa amplia e tronco de
cortiza grisácea e rugosa.
Follas opostas, imparipinnadas con 7-9 foliolos de forma ovada-lanceolada, con base
enteira e finalmente dentados na metade superior. Limbo verde claro no haz, glabro,
con pubescencia nos nervios no envés. Xemas de cor marrón claro.
Flores aparecendo ao principio da primavera despois de haberse despoxado das súas
follas xeralmente ao comezar o inverno ou con posterioridade. Son dioicos, e se
dispoñen en densas panículas terminais e axilares. Florecen en febreiro-abril.
Froito en sámara linear-lanceolada, truncada oblicuamente. Os froitos atópanse onde
empeza a ramiña do último ano.
Na antiga Roma , os freixos, xunto ós chopos, planteábanse para suxeias vidrieras, e
as follas funcionaban como alimento para o gando ovino e caprino
Din que aullentan ás cobras.
HÁBITAT
Zonas ripícolas de terreos silíceos, onde existe un nivel de auga freática oscilante ao
cabo do ano.
Corylus avellana
Árbore de 3-8 m de alura pode chegar
aos 15m.
Copa extendida irregular ramificado
dende a base. Cortiza marrón pálida
ou gris e profundamente estriada,
madeira dura, flexible e moi
resistente.Follas redondeadas, 6 a 12
cm de longo son suavemente
pubescentes por ambas caras, con
bordes doblemente aserrados.
As flores nacen antes que as follas, a
principios da primavera. Monoicas e
con amentos de sexo diferenciado. Os
masculinos de cor amarelo pálido
entre 5 a 12 cm de largo, os
femeninos
moi
pequenos
e
prácticamente ocultos nas xemas das que xurden os estilos vermello brillante, en
número de 1 a 3.
O seu froito é a avelá, en grupos de 1 a 5, cun involucro que encerra cerca das 3/4
partes de la nuez. A maduración tarda de 7 a 8 meses .
HÁBITAT
Terreo profundo, fresco, blando, de natureza silíceo-calcáreo-arxilosa e subsolo
permeable. É moi sensible á seca e se as terras son excesivamente calcáreas e de
natureza seca pode resentirse por falta de humidade.
USOS
Como comestible e de utilidade na repostería ata polas súas propiedades medicinais,
pasando pola súa plantación para fixar terrapléns.
Da abelá sácase de todo, dende aceite que se usa como alimento ata pinturas, xabróns,
perfumes, etc.
A madeira da abeleira é dura e utilízase para moitas cousas. Curiosamente utilízase
para facer carboncillos para dibuxo, entre outras cousas.
Castanea sativa
Árbore de gran desenvolvemento, 20 m de altura, e tronco que pode acadar os 2 m de
diámetro. A cortiza é de cor ceniza ou parduzco, profundamente resquebraxada. Nos
exemplares xoves case lisa e algo verdosa en ramas e tronco.
As follas son grandes, de entre 10-25 cm de longo e 3-10 cm de ancho, en disposición
alterna, e son oblongo-lanceoladas e profundamente dentadas. Teñen
un pecíolo corto, de ata 2 cm, sendo algo correosas e levan abundantes nervios
laterais.
Planta monoica: as flores de ambos sexos nacen en amentos verticais de 10-20 cm de
longo. As flores masculinas na parte superior e femeninas na inferior. Xurden a
finais de xuño e cara o outono, as femeninas se convirten en espiñentos (erizos) que
conteñen dous ou máis castañas parduzcas e se recollen entre outubre e novembro.
USOS
O castaño era moi importante económicamente, a súa madeira é moi estimada en
ebanistería e carpintería. Casi todo o interior das casas era de madeira de castaño,
dende as vigas ata as fiestras e mobles.
As varas utilízanse tamén en cestería e tonelería. Como leña é un mal combustible.
O seu froito a castaña foi, fai uns anos, fonte principal de alimentación; prácticamente
era a base da alimentación (crúas, secas, asadas, cocidas, de tódolos xeitos), ata que
chegou a patata e o maiz.
Utilízase tamén como mediciñal, as follas e a corteza ten propiedades astrinxentes.
Válido para a disentería, diarreas, e en infusión para a gorxa e a tose.O mel de
castiñeiro, as forraxes (coas castañas peores cebánbanse os porcos antiguamente) e os
usos das follas secas, son outras formas que se tiñan de uso de este gran árbore.
Betula alba
Tronco
delgado
e
blanco
característico desta especie. A base do
tronco tende a oscurecerses e
agrietarse coa idade. Copa máis ou
menos aovada, de pouca sombra e
con ramas case erguidas. As ramiñas
do ano son glabros con glándulas
resinosas. Xemasagudas.
Follas de 6 cm sendo 1/3 do seu
tamaño
o
peciolo.
Nervios
rectilíneos.
Florece a finais do inverno estando os
amentos masculinos formados dende
o outono, estos son sentados e
lampiños e miden 3-6 cm eaparecen
en grupos de 2-3.
Froito: Sámara bialada que integran
un racimo cilíndrico bastante
cmpacto que se vai desintegrando co
tempo. É unha especie de fácil
xerminación e diseminación.
HÁBITAT
Solos ácidos, húmidos e fértiles, atopándose a miúdo cerca de cursos de auga e en
zonas despexadas
Non sobrepasa os 120 anos de idade tendo un crecemento rápido ao principio. Brota
de esquexes semileñosos e sementes con facilidade.
USOS
A súa cortiza foi utilizada para escribir, antes da aparición do papel.
Mediante a destilación da súa cortiza obtense unha brea que se emprega para a
elaboración de pomadas para as enfermidades da pel. Coas súas follas elabóransen
infusións con propiedades diuréticas.Da cortiza destílase un aceite (alquitrán de
abedul) que se usa para curtir coiro, apara protexer do ataque de insectos.
Madeira branca moi fácil de traballar.
Laurus nobilis
Entre 5 a 10 metros. Pode chegar ata os
20 m.
Follas: son coriáceas, borde enteiro
lanceoladas, cor verde escura, máis pálida
no envés. O rompelas e rozalas na man,
confiren un olor característico.
Flores: Dispostas en umbelas sésiles de 46 flores. A unisexualidade das flores é
debida a un fenómeno de aborto, e proba
delo é a presencia de 2-4 estaminodios nas
flores femeninas. As flores aparecen en
marzo-abril e son amarelentas.
Flores dispostas en umbelas sésiles de 4-6
flores. A unisexualidade das flores é
debido a un fenómeno de aborto, e proba
delo é a presenza de 2-4 estaminodios nas flores femeninas. As flores aparecen en
marzo-abril, e son amarillentas, sen interés. O froito é drupáceo, ovoide, de 1-1.5 cm
de lonxitude, tornándose de cor negro na madurez. Madura a principios de outono.
Madeira moi dura
HÁBITAT
O laurel dase prácticamente en toda Galicia, máis nas Provincia de Pontevedra e A
Coruña, xa que é moi abondoso no litoral e penetra polos ríos ata o interior.
Quere chans que sexan húmedos, xa que non aguanta a sequía.
USOS
O laurel é básico na cociña, sobre todo para cocer marisco, nos escabeches, etc.
O ramo do loureiro é o símbolo históricamente da victoria, con este ramo eran
coronados os príncipes e tamén se lle poña os poetas. Tamén era utilizada para
venerar os deuses.
A madeira é moi dura e ten moitísima utilidade aparte do bon olor.
As súas propiedades medicinais son abondosas: para o reuma, o estómago, etc.
Planta ornamental.
Ademais sobre o loureiro hai un refrán: "o que planta un loureiro nunca o verá
medrar", este refrán fai mención de que o loureiro tarda moito en medrar.
Tilia cordata (tilo)
Árbore que pode chegar a acadar os 30 m de altura.
Follas non miden mais de 8 cm. Na parte inferior das follas presentan pelos nas axilas dos
nervios que son de cor vermello-ladrillo.
Froito de 8mm de diámetro e non ten costelas , pódese romper cos dedos.
Xemas: Envoltos por dúas escamas
Ramiñas glabras, non teñen vello.
USOS
É a árbore nacional da República Checa.
As flores úsanse para facer infusións con funcións relaxantes
Un número grande demeles monoflorais están elaboradas a base das flores desta árbore.
Aos petos gústalle moito aniña nesta árbore.
Acer campestre
Árbore caducifolia de 7-10 m de altura, coa cortiza gris-castaña, corchosa, escamosa, fisurada
cos anos.
Follas de 3-4 palmatilobuladas, de 10-12 cm, algo glaucas co envés lixeiramente tormentoso,
marxe enteiro, algo ondulado. Peciolo de 8-10 cm de lonxitude con látex.
Flores cor verde amarelento, aparecendo antes que as follas as inflorescencias corimbosas
terminais.
Froito pequeño en dobres sámaras de 3-5 cm de lonxitude, de ás opostas.
USOS
Apreciada madeira en carpintería polo seu gran fino e tono moi claro, resistente a ataque dos
insectos. Mediante a defoliación prodúcense láminas usadas en ebanistería. Especie melífera
moi usada en apicultura. En cosmética é usada para peles enroxecidas
Acer saccharum
Árbore de 15-25 m de altura. Cortiza de cor gris clarocon grosos bordes irregulares rizados.
Ramas delgadas, brillantes de cor marrón roxizo. Brotes terminais puntiagudos, de cor marrón
e pubescentes.
Follas opostas, simples , palmatilobuladas e venosas de 3-9,5 cm de longo e de 3,5-11 cm de
ancho, con tres a cinco lóbulos algo redondeados e un longo peciolo. Son de cor verde por riba
máis pálido e pubescente por debaixo.
En outono adquire tonalidades laranxas e amarelas.
Flores regulares, pentámeras e aparecen en corimbos.
Froito sámara de 1,5- 3 cm de longo
Salix alba
Árbore que pode acadar os 25 m de altura e pode chegar a acadar 1 m de diámetro.
Copa alongada e irregular con numerosas ramas erguidas. Cortiza lisa, pardaamarelenta. Xemas pequenas, aquilladas e sedosas.
Follas lanceoladas co ápice agudo e base cuneiforme con marxe aserrado, densamente
plateado. Sedosas de xoves e lampiñas de adultas no haz, e no envés sedosas e glaucas
ou prateadas.
Flor masculina con dous nectarios, un externo e outro interno e dous estames de
filamento libres e pilosos. A femeninaten un único nectario e pistilo glabrosésil ou
subsésil.Florece de marzo a maio.
Froito cápsula ovoidea, obtusa e lampiña.
USOS
Madeira flexible para facer mixtos
Para aliviar dores e baixala febre. Os nativos indios americanos xa a usaban
antigamente para as dores de cabeza, febres, dores musculares, e reumatismos.
A cortiza ten unha substancia que é a salicina predecesor da actual aspirina, con
propiedades analxésicas
INVASORAS
Robinia pseudoacacia
Árbore caducifolia de crecemento
rápido e moi lonxevo, pode vivir
ata os 200 anos. Que alcanza
unha altura de 15-30 m
O tronco é rugoso agrietado de
cor marrón grisáceo.
Follas: Compostas por foliolos
ovalados de cor verde no haz e
envés algo máis pálidos que
adoptan posturas caídas durante a
noite.
Son imparipinnadas de 20-35 cm
de lonxitude con foliolos de 11-23
subopostos,ovalados,
redondeados,
lixeiramente
truncados na base e apiculados no
ápice.
Flores en racimos péndulos de 715 cm, de cor blanco, cheirentas e
melíferas, florecen en abril-maio.
Froito: legume seca, comprimida
e de cor pardo.
USOS
Ornamental.
A madeira úsase en ebanistería, tornería, carpintería. Ten unha elevada resistencia e
unha durabilidade natural moi boa. Úsase tamén como leña para facer fogo ou estacas.
As abellas producen coas flores de robinia unha mel coñecida como mel de acacia.
As raíces teñen unha elevada capacidade para a fixación de nitróxeno atmosférico,
feito conferido por ser unha leguminosa
Úsase moito como ornamental en cidades e pobos.
Combustible excelente
Flores comestibles se coñecen vulgarmente co nome de pan ou quesitos.
Infusión con propiedades calmantes, antiespamódicas, emolientes, tónicas e
astrinxentes.
Acacia melanoxylon
Glabro, perennifolio de 8 a 15 (ata 45) m de alto; fuste recto, copa densa e piramidal a
cilíndrica, as veces con poucas ramas moi pesadas.
Folla: Bipinnadas nas plantas ou ramas xoves. Plantas adultas as reemplazan por
filodio de 7-10 cm de longo, de grisáceos a verde negruzco, curvos con 3-7 venas que o
percorren lonxitudinalmete
Flor: Amarelo pálidas en cabezuelas globulares
Froito: vainas de cor pardo-roxizo, retorcidas, mási angostas que os filodios.
Semente: Chatas, redondeadas, negras de 2-3 mm de lonxitude. Dispersión
entonomogama ( a través das aves).
Multiplicación sexual e vexetativamente
A madeira é moi dura de moi boa calidade, e crea unhas poboacións tan densas que é
complicado o desenvolvemento doutras especies no seu sotobosque, de feito por iso se
lle chama acacia negra, porque crea un sotobosque no que difícilmente accede a luz
natural.
É considerada unha praga, xa que ao cortarse espállase con moita facilidade.
Descargar