Unha ollada particular A parálise cerebral no cinema afundacion.org Obra Social ABANCA Achegar á sociedade as capacidades, necesidades e soños das persoas con parálise cerebral é o principal obxectivo deste ciclo, enmarcado nas actividades do Ano Galego da Parálise Cerebral. O meu pé esquerdo (My Left Foot) Jim Sheridan, Irlanda, 1989, 103 min, VOSE, TP O escritor irlandés Christy Brown, que padece de parálise cerebral, consegue derribar todas as barreiras que lle impedían integrarse na sociedade grazas á súa tenacidade e ao apoio da súa nai. VIGO. 9 de decembro, 20.00 h FERROL. 22 de decembro, 20.00 h Inside I'm Dancing Damien O’Donnell, Reino Unido, 100 min, VOSE, NRM 13 Michael e Rory, aínda que andan en cadeira de rodas, abandonan a residencia para discapacitados e van vivir a un piso. Xunto a Siobhán emprenderán unha experiencia inesquecible con imprevistos. FERROL. 15 de decembro, 20.00 h A CORUÑA. 22 de decembro, 19.00 h As chaves de casa (Le chiavi di casa) Gianni Amelio, Italia, 2004, 105 min, VOSE, NRM 13 Despois de quince anos sen verse, Gianni acompaña ao seu fillo Paolo a un hospital en Berlín onde se debe someter a varias probas. A viaxe supón unha ocasión para coñecérense. VIGO. 22 de decembro, 20.00 h A CORUÑA. 29 de decembro, 19.00 h Sedes Afundación Policarpo Sanz, 26. VIGO. 986 120 078 (Auditorio do Teatro) Cantón Grande, s/n. A CORUÑA. 981 185 060 Praza da Constitución, s/n. FERROL. 981 330 280 Infórmate polo miúdo en afundacion.org