O Home Lobo de Allariz

Anuncio
Lendas de Allariz - O home Lobo de Allariz
O Home Lobo de Allariz
Manuel Blanco Romasanta naceu no ano 1810 na
aldea de Regueiro, parroquia de Santa María de
Esgos. Exerceu varias profesións: labrego, tendeiro…
No 1846, Manuela García, veciña do pobo ourensán de
Rebordechao (Allariz), decidiu deixar a vila en busca
de mellor fortuna. Manuel Blanco, tendeiro e vendedor
ambulante, gran coñecedor dos camiños e bosques da
rexión, ofreceuse para escoltar a súa veciña e a filla
desta, na súa viaxe a Santander.
Semanas máis tarde Manuel Blanco regresou a
Rebordechao afirmando que Manuela e a súa filla
estaban moi ben colocadas como asistentas na casa
dun cura santanderino, e así outras veciñas do pobo
acompañarían o tendeiro en viaxes ata Asturias e
Santander na busca dunha boa colocación.
Pasaron meses e anos, sen que as familias daquelas mulleres que viaxaron con
Romasanta recibisen noticias das desaparecidas. E as sospeitas dunha desgracia
confirmáronse cando se descubriu que Romasanta vendera obxectos persoais das
desaparecidas a unha veciña da Serra de San Mamede (Allariz).
A partir dese momento desatouse a busca do tendeiro pola sospeita de nove
asasinatos.
Pasaron varios anos, ata que o 2 de xullo de 1852, uns galegos de Verín, contratados
para a colleita en Toledo, recoñecesen a Manuel Blanco cando se encontraron
casualmente nun campo de Castela. Estes xornaleiros, denunciaron inmediatamente a
Romasanta ante o alcalde como sospeitoso daqueles supostos asasinatos e foi detido
inmediatamente pola Garda Civil da vila toledana.
Blanco Romasanta foi conducido á prisión de Verín, onde ingresou o 25 de agosto,
pero en seguida o preso foi trasladado ó cárcere de Allariz, e no xulgado instruirase a
causa contra el.
O xuízo acaparou a atención de toda a prensa da época, chegando a transcender as
fronteiras de España.
O sumario desta causa conservase no Arquivo Histórico do Reino de Galicia, onde se
especifica cómo Manuel Blanco non tarda en confesarse autor de todos os crimes que
se lle imputaban. Romasanta narrou como conducía as vítimas polos bosques
galegos. Ó chegar a un lugar discreto, como a Serra de San Mamede, desgarraba e
destrozaba os seus corpos, a veces nenos de poucos meses, que seguidamente
devoraba.
Relatou ós letrados, con total serenidade, que fora vítima dunha maldición familiar que
o convertía en lobo sen poder evitalo. Durante 13 anos, viuse obrigado a sufrir unha
terrible enfermidade que o convertía en “lobisome”, perdendo, a partir dese momento,
a conciencia humana e sendo presa dunha incontrolable furia animal que o facía matar
e devorar a carne da súas vítimas. Solo cando recuperaba a forma humana, dous ou
tres días despois, era consciente do seu crime e choraba arrepentido.
Concello de Allariz
++++
www.allariz.com
Lendas de Allariz - O home Lobo de Allariz
Os intentos do seu avogado de conseguir a absolución por falta de probas e polo
absurdo da confesión, derrubáronse cando Blanco Romasanta conduciu ós xuíces ó
bosque de San Mamede, onde afirmaba haber cometido algúns dos seus crimes, e
encontrarse no lugar restos humáns.
O xuízo contra o home lobo durou un ano. O 6 de abril de 1853 emítese sentencia
contra o home lobo, condenándoo a garrote vil e a pagar as costas do xuízo, así como
unha indemnización ás familias das vítimas.
Sen embargo, a fortuna habería de sorrir ó lobisome, ó recibir na Corte española unha
carta asinada por un tal míster Philips, hipnotizador francés que seguira o proceso, e o
coñecer a sentencia decidirase a escribir á raíña Isabel II para solicitar a absolución do
acusado.
Segundo afirmaba, podía demostrar que Blanco era “desgraciado acometido dunha
especie de monomanía coñecida polos médicos antigos baixo o nome de licantropía”.
A carta surtiu efecto e o 24 de xullo revocábase a sentencia cunha real orde que
condenaba agora ó home lobo a cadea perpetua. Romasanta morrería pouco despois
na mesma cárcere de Allariz, hoxe convertida na Casa de Cultura da vila.
Concello de Allariz
++++
www.allariz.com
Descargar