Naturaleza del lenguaje

Anuncio
• Introdución: complexidade dos fenómenos lingüísticos e enfoques da Lingüística.
Os fenómenos lingüísticos son complexos, heteroxéneos e cambiantes.
Deste xeito danse numerosas variacións nos usos lingüísticos:
• Variacións a nivel colectivo: pois hai moitas linguas no mundo ( máis de 6.000 na actualidade) e
existen grupos sociais que empregan varias linguas ( coma en Suíza, onde se emprega o alemán, o
francés, o italiano... ou en África do Norte que as comunidades usas o árabe xunto co bereber, o
bereber e o francés ou o francés e o árabe). Ademais, para non crear conflitos entre as distintas linguas
en moitos países africanos establécese como oficial a lingua do país ao que estiveron sometidos (
francés, inglés, portugués...).
• Variacións a nivel individual: pois a lingua empregada por cada falante individualmente varía
dependendo de:
~ os interlocutores
~ o tema ( por exemplo en medicina emprégase un vocabulario específico)
~ o contexto ( non falamos igual ca escribimos, pois o escrito permanece no tempo e o falado non).
~ a idade, pois non falamos igual nas diferentes etapas da nosa vida.
~ a preparación intelectual, da que depende un maior ou menor dominio da lingua.
Por outra banda, a complexidade e heteroxeneidade das linguas maniféstase tamén en problemas
comunicativos coma os seguintes:
• Problemas de déficit verbal:
~ problemas na pronuncia relacionados cos órganos de articulación.
~ dificultades na organización sintáctica de S + V + CD derivados dun traumatismo ou derrame cerebral.
~ individuos con deficiencias auditivas que teñen que suplir a linguaxe verbal pola xestual.
• Problemas de incomprensión:
~ pola distancia cultural, pois podemos dominar unha lingua mais non os seus principios de manexo ( un
chinés é quen de falar castelán pero usa a tonalidade do chinés, parecendo estar anoxado, e mira cara abaixo
cando fala porque así se fai na súa cultura, mais crearíalle unha situación de desconfianza a un occidental).
~ polo descoñecemento idiomático, xa que as persoas que non manexan unha lingua común teñen problemas
para se comunicar, para resolver isto sería preciso recorrer a un intérprete ou á lingua de signos.
~ polos prexuízos lingüísticos, pois estes crean problemas de comunicación ( prohibición do galego durante o
franquismo). Un exemplo de ausencia de prexuízos son as linguas pidgin e crioulas, creadas polos propios
falantes para se comunicar.
• Enfoques da Lingüística
1
• Diversidade lingüística:
~ Multilingüismo: recolle a diversidade de linguas presentes no mundo.
~ Ecoloxía Lingüística: preocúpase por evitar a desaparición das linguas en perigo de extinción.
~ Tipoloxía Lingüística: estuda a diversidade das linguas analizando as diferenzas entre elas. Esta disciplina
nace como consecuencia da investigación sobre diversidade lingüística feita por Sapir, que buscaba as
diferenzas entre as linguas, podendo ser estas:
» fonéticas
» morfolóxicas
» sintácticas
» léxicas
• Varias linguas nunha mesma comunidade:
~ Bilingüismo social: dúas linguas nunha mesma comunidade.
~ Polilingüismo social: máis de dúas linguas nunha mesma comunidade.
~ Diglosia: dúas ou máis linguas dentro dunha mesma comunidade das cales unha ou unhas teñen máis
importancia ca outra/s.
~ Planificación lingüística: trata de acabar cos desequilibrios entre linguas nunha mesma comunidade.
~ Sociolingüística:
» Cuantitativa ou da comunidade, que pon en relación trazos lingüísticos don factores sociais ( sexo,
idade...)
» Da linguaxe, que se ocupa das actitudes, disposición e consciencia dos falantes en relación coas súas
linguas mediante cuestionarios con preguntas que han de estar ben formuladas e que nos permiten coñecer a
psicoloxía social dunha comunidade.
• Cuestións lingüísticas:
~ Rexistro: variedade lingüística regulada polo contexto.
~ Polilecto: conxunto de variedades a disposición do falante para seren empregadas segundo o contexto. A
variedade usada vén dada pola rede comunicativa, cantas máis redes comunicativas está presente o falante,
máis polilectos ten á súa disposición.
~ Competencia comunicativa: refírese ás destrezas do individuo para comprender acenos, miradas etc. A
competencia comunicativa é estudada pola Pragmática que se encarga das regras de uso das linguas e das
estratexias que acompañan á dinámica verbal ( acenos...).
• Problemas que xorden como consecuencia de déficits:
2
~ Patoloxía da linguaxe: reúne todos os casos nos que hai limitacións no manexo da lingua que crean
problemas de comunicación.
~ Lingua de signos: aqueles individuos con problemas auditivos non dispoñen de lingua oral e empregan un
sistema de xestos para se comunicar.
Para a solución destes problemas a lingüística dispón de tres campos:
~ Neurótica: investiga os paralelismos entre a actividade cerebral e a lingüística ( por exemplo cando
falamos actívase a área de Brocka no cerebro e cando falamos a de Wernicke).
~ Psicolingüística: interésase polo pensamento cognitivo ou mental que se produce mentres falamos ou
comprendemos. O tema máis importante desta disciplina é o estudo do desenvolvemento da lingua nun
neno.
~ Logopedia: é o campo profesional que elabora programas terapéuticos para recuperar falantes que teñen
limitacións.
• Problemas de incomprensión:
~ Pragmática intercultural: é a disciplina que se ocupa de realzar as diferenzas que hai entre as linguas
cando os falantes as usan. Por exemplo, o discurso en inglés parte de que o interlocutor ten un amplo
coñecemento e as secuencias son curtas e claras, pola contra, no castelán explícase todo e pártese do
descoñecemento do interlocutor. Outro bo exemplo é a diferenza entre o inglés a as linguas bálticas: o
primeiro é un idioma orientado cara a opinión pois preséntanse os acontecementos dunha maneiras flexible e
con moitos rodeos, permitíndolle ao interlocutor formar a súa opinión; mais as linguas bálticas presentan os
acontecementos de xeito categórico, coma se non houbese outra maneira de contalos, pois é unha lingua
orientada cara a verdade.
~ Tradución: é o campo da Lingüística que se encarga do proceso de transferir unha mensaxe dunha lingua
orixe a unha lingua termo. O importante deste proceso é manter o sentido da mensaxe e non a unicamente a
tradución de significados, é dicir, as expectativas que a mensaxe cumpre para os falantes da lingua orixe ten
que cumprilas tamén para os da lingua termo. Así, por exemplo, na tradución da Biblia a unha lingua esquimó
( inuit) deuse o problema de cómo traducir Año de Deus, pois nas comunidades esquimós non hai años. Para
atallar este problema buscouse outro animal que tivese para eles a mesma carga simbólica que ten para a
cultura occidental o año, de aí xurdiu a proposta de Foca de Deus.
~ Socioloxía da linguaxe: estuda as actitudes, comportamentos, consciencia e ideoloxía dos falantes
respecto das linguas ou as variedades das linguas, que teñen como resultado os prexuízos lingüísticos.
Cómpren estudos sociolingüísticos para a realización de planificacións lingüísticas. Por exemplo, antes de
implantar o hebreo en Israel como lingua oficial, Robert Cooper realizou un estudo sobre a psicoloxía dos
falantes; ao igual ca cando se introduciu o noruegués, xa que antes dos anos 40 se falaba unha lingua similar
ao sueco e ao danés e buscando diferenciarse dos daneses crean un perfil de lingua vencellado ao dialecto que
é implantado como lingua oficial logo de que Einer Haugen realizase un estudo sobre a psicoloxía social. Por
outra banda, un exemplo de implantación lingüística fracasada é a do gaélico ou irlandés por non estar
baseada nun estudo sociolingüístico.
• Natureza social e natureza biolóxica da linguaxe. Fundamentos culturais, simbólicos, psicolóxicos e
neuronais da linguaxe. Relevancia metodolóxica da función comunicativa.
Xa os primeiros gramáticos trataron de atribuírlles ás linguas e á linguaxe unha base, de aí que sexan
importantes dende os comezos da Lingüística as reflexións sobre a orixe ou natureza das linguas. Dentro
3
destas naturezas destacan a natureza social e mais a natureza biolóxica.
• Natureza social da linguaxe
Foi a máis estudada e é a máis comprobábel, pois ao comunicármonos usamos expresións que deben ter
interese para un interlocutor, polo que a comunicación non é un proceso individual, xa que precisa dun
emisor e un receptor, é dicir, é un fenómeno social.
Os principais estudosos da natureza social da linguaxe foron Ferdinand de Sausure, Thomas Givon (
discípulo de Pike), Edward Sapir e Pike. Mais Sapir, Givon e Pike admiten tamén a relevancia da natureza
biolóxica, dando así unha visión integral da linguaxe.
Dentro da natureza social da linguaxe temos que distinguir entre:
• Dimensión cultural ou antropolóxico−social: está vencellada á visión que cada comunidade ten do
mundo, polo que debemos nomear a hipótese ( inexistente, porque en realidade non se formulou)
Sapir −Whorf ( Sapir era un lingüista humanista estadounidense e Whorf o seu discípulo). Segundo
esta hipótese a forma ou as unidades da lingua están totalmente subordinadas ao entorno ( os
esquimós teñen moitas verbas para designar os diferentes tipos de neve ao igual que en galego hai
moitas palabras para denominar os diferentes tipos de choiva), esta hipótese establecería un
determinismo extremo. Mais isto non é así, xa que a miúdo as unidades das linguas xorden
arbitrariamente, sen teren ningunha relación co entorno, polo que sería preferíbel un determinismo
menos radical. Por outra banda, vencellado á dimensión cultural está o relativismo, segundo o cal as
linguas son moi diferentes e cada unha ten cadanseus significados imposíbeis de transferir a outra
lingua. Isto limitaría, a priori, a tradución, mais non é así se temos en conta que ao traducir debemos
transferir o sentido da mensaxe e non os significados concretos de cada verba.
• Dimensión simbólica: existe porque para comunicar elementos da realidade ( vencellamento coa
visión do mundo) ou coñecementos codificamos a nosa mensaxe na lingua, que serve de
intermediario para representar esa realidade ou coñecemento. A dimensión simbólica está
relacionada co estruturalismo ( Sausure), segundo o cal a lingua é un sistema ordenado de signos
que poden ser sinxelos ( a verba) ou complexos ( frase, oración, texto, novela...). Ademais da
linguaxe oral tamén existen outras linguaxes, igualmente simbólicas, que a completan: os xestos, a
escritura, os sinais... Por outra banda, dentro dos símbolos temos que falar de símbolos
convencionais e arbitrarios, que non teñen relación coa realidade que representan ( como o son a
maioría das palabras ), e símbolos icónicos, é dicir, que teñen algunha relación coa realidade que
representan. Entre estes últimos podemos pór exemplos coma as onomatopeas ( miañar, de miau, ten
relación co son que emite un gato), a iconicidade poética en poemas coma Il pleut de Apollinaire, os
símbolos ideográficos ( kanjis xaponeses) ou a linguaxe xestual dos xordos. Ademais non debemos
esquecer que a iconicidade está relacionada coa percepción ( percibimos aquilo ó que estamos afeitos)
e co entorno ( os sinais de tráfico que advirten do perigo de animais non son iguais en todos os
lugares).
• Natureza biolóxica da linguaxe
Foi estudada principalmente por Chomsky, segundo o cal a linguaxe ten a súa base na especie, é dicir, o
home por ser home ten a capacidade de pensar e a linguaxe non é máis ca unha capacidade cognitiva máis,
segundo explicaba nos primeiros estudos dos anos 60 e 70. A partir dos anos 80 este teórico comeza a afirmar
que a base da linguaxe está nos xenes, non na mente. Ademais para Chomsky falamos porque temos a
necesidade de expresar o noso pensamento, non de comunicármonos.
Estudar a natureza biolóxica da linguaxe é estudar a actividade mental do falante no proceso comunicativo (
4
motivación, intención, nivel de intelixencia...) , isto é, estudar a lingua como proceso, non como produto.
Chomsky cambiou o plantexamento da aprendizaxe de segundas linguas.
• Vertente psicolóxica: caracterizada pola adquisición da lingua, a cognición e a habilidade
lingüística. Para manexar a linguaxe debemos coñecer o código que regula a combinación de sons e
palabras, así como é preciso aprender a ler e escribir. Malia todo, non todos os falantes teñen o
mesmo grao de dominio sobre unha determinada lingua ( depósito cultural).
• Vertente neuronal: estuda as patoloxías lingüísticas e a localización da linguaxe:
~ Fala: área de Brocka do cerebro.
~ Escrita: área de Wernicke.
~ Pensar: globalidade do cerebro.
~ Ver: área occipital.
Segundo algúns teóricos a linguaxe áchase en áreas determinadas do cerebro ( Brocka e Wernicke), mais
outros coma Antonio Damasio defenden que cando falamos tamén pensamos e vemos, polo que é o cerebro
na súa globalidade o que está activo.
• Multidimensionalidade da linguaxe e áreas da Lingüística
3.1 Natureza biolóxica
3.1.1 Dimensión psicolóxica ( Psicolingüística)
• Adquisición da linguaxe: prodúcese no período crítico e é unha actitude pasiva e inconsciente,
polo que non se pode considerar aprendizaxe.
• Cognición e habilidade lingüística: Na aprendizaxe dunha lingua hai que ter en conta as
capacidades mentais do individuo, a súa habilidade cognitiva, para saber como será a súa habilidade
lingüística. Así o estilo de aprendizaxe pode ser:
♦ Analítico ou creativo, no que o individuo desenvolve as súas propias estratexias na
aprendizaxe ( exercicios de composición).
♦ Sintético ou imitativo, no que o individuo se serve de estratexias de aprendizaxe xa deseñadas
( exercicios para rematar secuencias de palabras...)
As calidades mentais do individuo inflúen na aprendizaxe de novas linguas.
• Patoloxías lingüísticas orixinadas por causas non orgánicas: son patoloxías cuxa causa é
funcional ou psicolóxica, como é o caso da tartamudez, unha limitación comunicativa provocada pola
timidez, nerviosismo, pouca sociabilidade... ( en principio, pois segundo recentes estudos podería ser
hereditaria).
3.1.2 Dimensión neuronal ( Neurolingüística)
• Patoloxías lingüísticas orixinadas por causas orgánicas: trátase de patoloxías cuxas causas son
lesións físicas no cerebro ( traumatismos, derrames, tumores...). Un bo exemplo é a afasia, patoloxía
que provoca a perda de capacidade para falar ( ausencia de estrutura sintáctica, de artigos, de
preposicións...).
• Localización e lateralidade da linguaxe:
5
♦ Localización: trátase de determinar a área ou áreas que entran en actividade no cerebro
cando se leva a cabo o acto comunicativo. En principio estas serían a de Brocka ( expresión)
e Wernike ( comprensión), mais debemos ten en conta que ao nos comunicar tamén
pensamos, actividade que pon en funcionamento todo o cerebro. Polo que sería conveniente
seguir unha tendencia menos localista e máis holista ou globalizadora. Esta argumentación
vese reforzada ao sabermos que o cerebro se pode recuperar funcionalmente, é dicir, cando
unha área do cerebro resulta danada a función que esta desenvolvía pódese trasladar a outra.
Sen embargo o cerebro non é recuperábel organicamente ( a área danada non pode volver
funcionar).
♦ Lateralidade. A lateralidade da linguaxe refírese ao hemisferio do cerebro no que esta fica.
Para os destros a linguas maternas localízanse no hemisferio esquerdo e as aprendidas no
dereito. As persoas zurdas, pola súa banda, localizan segundo o sexo: as mulleres no dereito
( especialmente se os seus antepasados tamén son zurdos), mais os homes non localizan todos
no mesmo hemisferio.
3.2 Natureza social
3.2.1 Dimensión cultural
• Lingua e visión do mundo: ( Etnolingüística), isto é, hai un importante paralelismo entre a
relevancia que a comunidade lle atribúe a unhas ou outras percepcións e as súas formalizacións
lingüísticas, xa que cada comunidade ten uns principios para valorar o entorno que os rodea que son
reflectidos na lingua. Podemos citar varios exemplos:
♦ As linguas esquimós ou inuit conteñen numerosas palabras para se referiren aos distintos
tipos de neve.
♦ Ao galego acontécelle o mesmo cás linguas esquimós coa choiva ( orballo, poalleira,
miudiño, patuñar, morriñar...).
♦ En galego é frecuente responder a unha pregunta por outra xa que os galegos somos,
antropoloxicamente, moi prudentes.
♦ En latín facíase a seguinte diferenciación pola importancia que tiñan as liñaxes:
tío
tía
patruus
anunaculus
amita
matertera
irmán do pai
irmán da nai
irmá do pai
irmá da nai
6
• Modos de interacción: ( Pragmática). Cando nos referimos a modos de interacción estamos a falar
de estilos comunicativos á hora de relacionármonos. Estes varían:
♦ Entre as distintas comunidades lingüísticas. Por exemplo en chinés, ao contrario do que
sucede nas culturas occidentais, é frecuente iniciar a conversa preguntando cantos fillos tés?
e rematala con boa colleita de arroz. Ademais a distancia entre os interlocutores é maior, a
mirada diríxese ao chan e o ton e brusco ( a un occidental semellaríalle que está anoxado).
♦ Dentro dunha mesma lingua danse variacións vencelladas á zona xeográfica, idade,
profesión...
♦ En cada individuo, pois a mesma persoa tamén pode trocar o seu modo de interacción
dependendo do contexto, a confianza co interlocutor...
A Pragmática é unha disciplina que se ocupa do éxito da comunicación e, para que este sexa posíbel,
establece regras sobre os usos dunha lingua.
• Usos lingüísticos e estratos sociais: ( Sociolingüística): refírese ás propiedades lingüísticas ligadas
a factores socias, coma por exemplo:
♦ O sexo: mentres os homes empregan, en xeral, un léxico máis directo con ausencia de
eufemismos, conducen as pautas da conversa e adoitan tratar temáticas determinadas coma os
deportes, coches... as mulleres usan máis eufemismos, empregan un discurso máis
cooperativo e tocan outros temas ( roupa, rapaces...).
♦ A idade, pois a xente nova usa un léxico específico baseado en diminutivos.
3.2.2. Dimensión simbólica
• Actitude, conciencia ante a lingua ( Socioloxía da linguaxe), analiza os rangos que, por mor de
diferentes simbolizacións, o falante lle atribúe as diferentes linguas ou variedades:
♦ Variedades: o español da Arxentina é considerado máis doce e cortés, mentres que o de
Andalucía máis gracioso, o que lle dá un maior rango ao primeiro.
♦ Linguas: uso dunha ou doutra dependendo da finalidade que se busca ( galego e castelán na
Galiza).
• Ontoloxía dos elementos lingüísticos ( Filosofía da linguaxe), refírese á busca da orixe dos
elementos lingüísticos. Estas reflexións baséanse en preguntas coma:
♦ Teñen unha orixe lóxica? ( algunha base lóxica teñen que ter se somos quen de transferilos á
linguaxe informática).
♦ Orixínanse en convencións sociais?
♦ Orixínanse no cerebro ou nos xenes?
• Constitución e estrutura das linguas, as linguas están constituídas por elementos simbólicos que
forman unha estrutura fechada dando lugar a unidades ben definidas como son os sons, as frases,
as palabras, as oracións... Estas unidades son estudadas por:
♦ Fonética: sons.
♦ Fonoloxía: fonemas.
♦ Gramática: regras de combinación de palabras.
♦ Lexicoloxía ou Semántica: significados.
A LINGUAXE E AS LINGUAS
A LINGÜÍSTICA
7
Algúns
Natureza Dimensións temas de
Disciplinas
interese
Adquisición
da lingua
Cognición e
habilidade
lingüística
Patoloxías
lingüísticas
Psicolingüística
Patoloxías
lingüísticas
Localización e Neurolingüística
lateralidade da
linguaxe
Lingua e visión
Etnolingüística
do mundo
Modos de
Pragmática
interacción
Usos lingüísticos
Sociolingüística
e estratos sociais
Actitude,
Socioloxía da
conciencia ante a
linguaxe
lingua
Ontoloxía dos
Filosofía da
elementos
linguaxe
lingüísticos
Fonética
Constitución e
estrutura das
linguas
Fonoloxía
Gramática
Lexicoloxía
1. A LINGUAXE: A SÚA NATUREZA
10
DIVISIÓNS
Cultural
SOCIAL
Simbólica
RAMAS
Neuronal
8
Psicolóxica
BIOLÓXICA
9
Descargar