Subido por Larkes hd

Lingua e Sociedade (1)

Anuncio
Lingua galega e Literatura. Unidade 2. Lingua e sociedade
As funcións sociais da lingua. Conceptos clave
Persoa bilingüe: individuo que, ademais da súa primeira lingua (L1), ten unha competencia
semellante noutra lingua (L2) e que é quen de usar unha ou outra en calquera circunstancia con
parecida eficacia. Para analizar o bilingüismo individual debemos ter en conta tanto a
competencia (ou grao de coñecemento) como o uso que se fai das linguas. En sentido estrito, se
unha persoa que pertence a unha sociedade bilingüe coñece as dúas linguas, pero usa unha para
uns contextos e outra para outros, ese falante fai un uso diglósico das linguas, non exerce como
bilingüe funcional.
Competencia ou destreza lingüística: capacidade dun individuo para entender e empregar un
idioma tanto oralmente como por escrito. Tradicionalmente a didáctica das linguas clasificou as
destrezas implicadas na adquisición ou aprendizaxe das linguas en función do modo de
transmisión (orais ou escritas) e ao papel que desempeñan na comunicación (activas ou pasivas):
expresión oral (falar), expresión escrita (escribir), comprensión oral (entender a oralidade) e
comprensión escrita (ler).
DESTREZAS
ORAIS
ESCRITAS
ACTIVAS
Falar
Escribir
PASIVAS
Entender
Ler
Contacto lingüístico/ contacto de linguas: situación sociolingüística que se produce ao
conviviren dúas ou máis linguas nun mesmo espazo xeográfico. A consecuencia directa do
contacto lingüístico é o bilingüismo social.
Bilingüismo social: situación sociolingüística que se produce en lugares nos que conviven dúas
lingua. O habitual é que as situacións de bilingüismo social impliquen que as linguas en contacto
teñan, por distintos factores, unha desigualdade funcional que coñecemos co nome de diglosia.
Diglosia: situación sociolingüística propia das sociedades nas que conviven dúas linguas entre
as que se produce unha desigualdade funcional. Nestes contextos existe, por unha parte, unha
lingua alta, dominante ou hexemónica que se emprega nas situacións formais e que se asocia
coas clases sociais altas e, por outra parte, outra lingua, a baixa, dominada ou minorizada, que
ten pouca presenza nas situacións formais (ou que directamente quedou relegada ás situacións
informais) e que se asocia coas clases sociais baixas.
Lingua maioritaria: nun contexto de linguas en contacto, lingua cun maior número de falantes.
Lingua minoritaria: nun contexto de linguas en contacto, lingua cun menor número de falantes.
Lingua dominante/ hexemónica/ alta: lingua con maior prestixio dentro dun contexto de
linguas en contacto.
Lingua dominada/ minorizada/ baixa: lingua que, malia ser historicamente propia dun
territorio, ten as súas funcións restrinxidas (non está presente en todos os ámbitos) e goza de
menor prestixio social que a lingua dominante.
Conflito lingüístico: situación sociolingüística que pode xurdir en contextos de contacto de
linguas cando se altera ou se intenta alterar o estatus dalgunha das linguas en contacto.
Actividades
1. Fíxate na seguinte táboa de datos e resolve as cuestións que figuran máis abaixo:
a)
Que se representa nesta táboa de datos?
b) Na oralidade, cal era a lingua maioritaria en Galicia en 2003?
c)
Na oralidade, cal era a lingua maioritaria en Galicia en 2018?
d) Na oralidade, cal era a lingua minoritaria en Galicia en 2018?
e) Que porcentaxe de falantes declara facer un uso bilingüe das dúas linguas en 2003? E en 2018?
f)
Que tendencia presenta ao longo do tempo o monolingüismo en galego?
g)
Que tendencia presenta ao longo do tempo o monolingüismo en castelán?
h) Permiten estes datos saber se os falantes que declaran usar as dúas linguas empregan as linguas
como bilingües funcionais?
2.
Analiza e comenta a táboa de datos do exercicio 1 de xeito que inclúas na explicación o
significado dos conceptos “contacto lingüístico”, “lingua maioritaria”, “lingua minoritaria”,
“bilingüismo ou individuo bilingüe” e “diglosia”.
Descargar