Ficha - Catalogación da alta Limia

Anuncio
Casa reitoral
030257
Datos de Localización
Nomenclator:
3206204
Coord. UTM:
X: 59559100
Casa Reitoral
Y: 465249200
Concello:
Porqueira
Parroquia:
PORQUEIRA
Lugar:
Forxa
Tipoloxía:
Arquitectura Civil
Tipo:
Casas Reitorais
Subtipo:
Casa Reitoral
Denominación:
Casa reitoral
Etapa Histórica:
Idade Moderna
Estilo relevante
Popular
Outros Estilos:
Descrición:
Porqueira ocupou durante a Idade Media un posto privilexiado na zona da Alta Limia. Ademáis da existencia dun
castelo contaba cun mosteiro que nos comezos era familiar e hereditario (no século XI parte do mesmo foi vedido ó
bispado da cidade de Ourense). Chama a atención a existencia deste elemento debido a que a Limia é unha das
zonas que conta cun menor número deste exemplares de toda Galicia. De feito tan só se poden citar tres e para iso
de entidade menor; serían Santa maría de Ribeira, Santa María de Porqueira e San Martiño de Grou. Os dous
últimos foron agostiños e o primeiro bieito. Ribeira acabou por integrarse na congregación monástica de San
Salvador de Celanova e os outros dous exemplares deberon estar notablemente influidos pola sé episcipal da
cidade de Ourense.
A orixe de Santa María de Porqueira quizais a haxa que buscar no mosteiro de Santiago de Poqueira que aparece
documentado pola segunda metade do século XI. Nesta mesma centuria parte del foi cedida ó bispo, sen embargo,
en 1204 a sé ourensana faise coa plenitude do mosteiro tras a venda que leva a cabo Afonso IX.
Cara principios do século XII parece que o cenobio de Porqueira se convirte en casa feminina, que sen saber as
causas xa desaparece poco antes de 1136. Xa nos últimos anos da centuria Santa María volvería a estar ocupada,
pero nesta ocasión por uns coengos agostiños.
A escasa documentación fai que sexa complicado seguir a evolución do mosteiro ou saber en que medida lle puido
afectar a reforma de finais da Idade Media. Parece que pouco, xa que no século XVI segue considerándose un
priorado agostiño. Aínda que tamén se debe dicir que a súa comunidade quedaría reducida á figura do prior (ás
veces citado como abade e que parece volverse nun título hereditario). Seguramente a regra xa quedara de lado e o
antigo cenobio reducido a unha simple parroquia, que debido ó seu pasado contaría cun beneficio eclesiástico de
maior envergadura cás veciñas. A diferencia fundamental entre o abade de Porqueira e os lindantes colegas
radicaba na maior riqueza patrimonial do de Santa María, pero sobre todo en que era o señor das parroquias de San
Martiño de Castelaus e de Santiago de Güin, cousa que aínda se daba no século XVIII.
A casa que hoxe se conserva, é unha amalgana de construccións anexas de diferentes épocas que non presentan
unha pranta moi definida. A organización das diferentes estancias do edificio faise mediante un patio interno. Para
acceder ó mesmo ábrese no muro un gran portalón alintelado. Enriba do mesmo unha construción que semella
unha pequena torre. No documento das obras de mellora do século XIX (Libro 34.9.26., s.f.) é denominada como a
torre-arquivo.
A maior parte das paredes do edificio están levantadas a base de perpiaños de boa labra, nuns casos con encinte e
Casa reitoral
030257
noutros sen él. Nun dos muros que dá cara o adro da igrexia consévase un pequeniño anaco de cornixa de bolas,
tan recurrida na arquitectura do románico. Probablemente sexa unha alusión ó primitivo edificio que no seu día se
pudo fundar neste terreo.
Consérvase un documento (Libro 34.9.26., s.f.) moi interesante da primeira metade do século XIX onde se fai unha
descripción bastante pormenorizada de como estaba a casa e dos seus destros. Queda reflectido o estado do
edificio cando entrou como abade Don Xosé Benito García Guntín e as diferentes reformas que nel foi realizando:
"Relacion de los desperfectos que havia en la casa Prioral de Santa María la Real de Porquera y sus diestrales en el
año de mil ochocientos veinte y cinco con espresion de las mejoras y reparos hechos .. ..a saber
Primeramente la Casa Prioral solo tenia tres havitaciones hacia el norte que pudiesen havitarse aunque inseguras
por la ruina que amenazaba dos vigas rotas, pisos inutiles y la armazon del tejado prosima a desplomarse por la
misma razon.
Segundo la mitad del cuerpo de la casa al mediodia estaba inabitable pues la oficina que mira al atrio era un palomar
y las restantes unos quartos ouscuros que solo por necesidad podian destinarse a dormitorios de criados.
Tercero la entrada principal se componia de un arco con puertas viejas con un cerrojo que no prestaban mas
defensa que la de contener la entrada de ganados o personas que no quisiesen pasar sin llamar a que se agregaba
la pequeña elevacion del muro de una mala manposteria que facilmente se asaltaba.
Cuarto por el naciente mirando al atrio habia una pequeña puerta para salir a el con vestigios de haver tenido un
valcon a lo largo del lienzo de la casa que fueron cerrando a trozos con ladrillos tabique piedra y otras cosas que
ademas de lo espuesto a ser asaltada con facilidad la casa ofrecia desgracias la amenaza de su ruina.
Quinto: la escalera para entrar a la casa por el patio era angosta toscamente construida que arrancaba a la derecha
de la entrada principal con un pequeño pasillo para el balcon hallandose cubierto mitad del lienzo del poniente sobre
la puerta que sale a la huerta pero faltoso de teja y arruinado de maderas.
Sesto: la cocina se hallaba sin luces: la parez conlinante con el atrio arruinada y la cheminea en muy mal estado,
faltandole puertas y ventanas como a otras oficinas de la casa: tampoco tenia fallado el tramo contiguo a dicha
cocina.
Seutimo la huerta se hallaba en su mayor parte inculta llena de malezas con un pequeño y malo muro arruinado en
la mayor parte de modo que por algunas transitaban sin dificultad los vecinos haciendo paso por ella.
Octavo; todos los muros del diestral, eran de tierra que hallanavan los ganados y en la touza se reconocian vestigios
de que fuera murada en parte pero ya entonces los pequeños restos que lo indicaban demonstraban estar
desfigurados de mas de dos siglos a esta parte en que pudieron haver desaparecido: tambien todos los prados se
hallavan sin muros por cuya razon por cuya razon las avenidas de los contiguos al rio hacian daños de
consideracion. Todos los desperfectos espresados y otros reparos consiguientes fueron mejorados hasta el estado
en que hoy se reconoce.. ..".
Unha vez referenciado o estado da casa e dos seus diestros noméanse a uns peritos para que examinen,
recoñezan e tasen as obras de mellora realizadas polo Prior. Quedan designados para avaliar a carpinteiría Manuel
Fernández, veciño da Forxa e Manuel Fernández veciño de San Miguel de Carballedo partido da Lama, na provincia
de Pontevedra. A canteiría foi examinada polos mestres canteiros Pedro Durán, veciño do pobo e Ignacio Peletero
veciño de San Andrés de Balongo, tamén do partido da Lama na provincia de Pontevedra. Unha vez vistas as obras,
foron tasados os gastos da canteiría en 29030 reais e os de carpinteiría en 11790 reais. En total foi gastada a
elevada suma de 40820 reais no arranxo da casa prioral. Notificada a resolución de todo o proceso ó Prior, afirmou
este último que os gastos foran moito máis elevados ca os que tasaran os peritos, pero que aceptaba a súa tasa.
DOCUMENTACIÓN:
-A.H.D.OU.:
Libro parroquial 34.9.26.
-Ficha do Inventario do Patrimonio Arquitectónico de Interés Histórico Artístico do Ministerio de Cultura.
BIBLIOGRAFÍA:
-PÉREZ RODRÍGUEZ, F.J.: "Mosteiros medievais na terra la limia", Lethes, nº8, 2006-2007, pp.30-41.
-VV.AA.: Val do Limia: un rio dous países.
Características Construtivas
Plantas:
B+1
Edif. Anexas:
Mat. Fachada:
Mat. Estrutura:
Mat. Cuberta:
Granito
Casa reitoral
030257
Mat. Cuberta:
Elementos singulare
Construtivos:
Decorativos:
Delimitación do Ben e da contorna
Situación:
Outros
Area de Proteción:
100m.
Proteción
Inventariado
Tipo de ben:
Proposta de tipo de ben:
Estado de Tramitación:
Declarado
Nivel de Protección Arq.:
Tipolóxico
Proposta Nivel de Protección Arq.
Grao de Protección Arq.:
-----
Proposta Grao de Protección Arq.
-----
Xustificación da Protección:
Titularidade
Polígono:
Parcela:
Conservación-Intervención
Estado de Conservació
Regular
Uso Actual:
Habitacional
Alteracións Morfolóxicas
Tipo:
Data:
Descrición:
Proxecto:
Axentes:
Observacións:
Bens Mobles
Casa reitoral
030257
Casa reitoral
030257
Casa reitoral
030257
Descargar