Recuperando a memoria. As mulleres na represión. Recursos para a aula Mercedes González González, profesora de Historia no IES San Clemente É licenciada en Filosofía y Letras (sección Historia) pola Universidade de Sevilla. Pertence ao Colectivo Mª Castaña desde a súa fundación e a Sine Nómine, tamén desde a súa fundación no ano 2003, que é unha asociación cultural para desenvolver actividades de formación do profesorado, desde unha perspectiva crítica e histórica. Como membro do colectivo Mª Castaña formou parte das persoas premiadas co premio Educación e Sociedade do Ministerio de Educación e Ciencia (1995). Madrid, ás publicacións: Materiais didácticos para unha visión non androcéntrica da historia e Muller e traballo, ex aequo, elaborados por dito colectivo. Foi relatora e autora de numerosas publicación sobre a historia das mulleres e destinadas a dar a coñecer unha versión non androcéntrica da historia. 1 RECUPERANDO A MEMORIA. AS MULLERES NA REPRESIÓN. RECURSOS PARA A AULA. 1. AS MULLERES NA GUERRA CIVIL (1936-1939). 1.1. Papeis a desenvolver. 1.2. As mulleres na fronte de combate. As milicianas. 1.3. As mulleres na retagarda. 1.4. Organizacións políticas de mulleres 1.4.1. Mujeres Antifascistas 1.4.2. Mujeres Libres. 1.4.3. La Sección Femenina de la Falange. 2. AS MULLERES NO FRANQUISMO (1939-1978). 2.1. O exilio. 2.2. O cárcere. 2.3. O modelo feminino franquista. 2.4. A “maioría”: as outras mulleres. 3. A HISTORIA VISIBLE (os anos 1960-70) 3.1. As mulleres loitadoras antifranquistas. 3.2. A experiencia común das testemuñas. Decidimos y escribimos para que las experiencias de las mujeres no queden envueltas en silencio. En el recorrido de la Historia, como mujeres sabemos la importancia de la memoria, ya que recuperando ésta podemos recuperar nuestra identidad. (ROMEU, 2002:11) 2 1. AS MULLERES NA GUERRA CIVIL (1936-1939) 1.1. Papeis a desenvolver. Antecedente: a neutralidade española durante a primeira guerra mundial fixo que as mulleres non substituíran ós homes no traballo. España seguía a ser en gran medida rural e semiurbana, e o modelo de vida para a maioría das mulleres do campo a penas mudara desde principios do século. As mulleres na guerra civil desenvolveron tódolos papeis, como sempre. Pero unha cousa é o papel que desempeñan, que depende das necesidades da sociedade patriarcal e outra moi distinta o recoñecemento público e explícito. A muller traballadora non era simplemente un ideal senón unha necesidade práctica. Como os homes ingresaban en filas para loitar pola República, as mulleres eran necesarias non só para facer uniformes ou servir como enfermeiras, senón tamén para ocupar o traballo dos homes na industria. Carteis da Guerra Civil. Así que as mulleres tiñan que se incorporar ó traballo activo, e comprender a importancia da loita contra do fascismo. Na propaganda da época a imaxe da muller axudando coa sua iniciativa era unha imaxe familiar para os cartelistas da época. Identificáronse as aspiracións á igualdade das mulleres co triunfo da República e advertíuselles da escravitude que as esperaba se triunfaba o fascismo. (En Italia e Alemaña o único papel das mulleres era producir un grande número de fillos e fillas, para as guerras). Durante o século XIX ás mulleres atribuíaselles a cualidade da abnegación e na guerra foi remprazada pola valentía, aínda que nos textos históricos sobre a guerra e despois dela, a penas hai alusións á súa participación. (Nos anos trinta as mulleres españolas supuñan máis da metade da poboación, había uns 12 millóns de mulleres e 11 millóns de homes). 1.2. As mulleres na fronte de combate. As milicianas Onde primeiro entraron as mulleres foi no campo de batalla. Hai exemplos de milicianas antifascistas, como Rosario Sánchez “La Dinamitera”, membro da organización xuvenil comunista JSU, inmortalizada polos versos de Miguel Hernández. Rosario la Dinamitera era unha rapaza de dezaseis anos dos arredores de Madrid cando respondeu para coller as armas: “...Mientras estaba estudiando allí (clases gratuitas na JSU), estalló la guerra y llegaron algunos de los chicos, desesperadamente solicitando voluntarios porque la República estaba en grave peligro, y los militares querían destruir la constitución. Aunque sabía que estaban hablando a los chicos de nuestro grupo, y no a las chicas, sentí tanto peligro en lo que decían, tanta necesidad de ayuda, que se me ocurrió preguntar con una voz tímida: “¿Y las chicas? ¿Las mujeres podemos ir también?” Una voz fuerte me contestó: “Claro que sí”. Respondí: “Pues apúntame en la lista”. No dije nada, ni una palabra a mi familia. Estaban allá en el pueblo. Consideré decir algo a los parientes con quienes vivía, pero pensé: “¿Para qué? ¿Para que no me dejen ir?”. ( Mangini:1997, pp.94-95). Mika Etchebéhère, revolucionaria francesa, foi miliciana e chegou a ser capitana do POUM (Partido Obrero de Unificación Marxista) no 1936.: 3 “He oído decir que en vuestra columna las milicianas tenían los mismos derechos que los hombres, que no lavaban ropa ni platos. Yo no he venido al frente para morir por la revolución con un trapo de cocina en la mano” MIKA ETCHEBÉHÈRE (1976):Mi guerra de España. Barcelona, px.5 Perspectiva dos milicianos sobre as súas camaradas femininas (H.E.Kaminski): “Otra cosa que me choca y que no se ve corrientemente tan cerca del enemigo, es que hay mujeres. Llevan pantalones y hacen exactamente lo mismo que los hombres. Inútil mencionar que aquí la vanidad no sirve para nada y que las mujeres no utilizan ni lápices de labios ni polvos. La mayoría llevan los cabellos cortados como los hombres, tanto que a veces es dificil distinguirlas”.(Mangini:1997, px.93) Fotos de mulleres milicianas. Realmente estas mulleres están excluídas das análises convencionais da guerra, porque saíron do seu papel de xénero, e cruzaron a fronteira do decoro feminino para entrar no ámbito público. Aínda nos anos oitenta está na idea de moitos historiadores, e nas propias mulleres que viviron a guerra a imaxe das mulleres activistas como deshonestas. Algunhas testemuñas, ó ser preguntadas sobre Mujeres Antifascistas e por que non se fala desta organización, responden que eran mulleres “pouco limpas” e eran “ agentes malignos del posible desenfreno sexual en la conducta de los hombres” (Mangini: 1997, px.86). Foi o franquismo o que se encargou de manchar a imaxe das mulleres activas e traballadoras, e moito máis das milicianas dado o seu papel de transgresoras. Segundo Mary Nash o modelo de muller que representaban as milicianas era só un símbolo da revolución e da guerra. Esta imaxe non estaba destinada a converterse nun modelo real para as mulleres. 1.3. As mulleres na retagarda. En maio de 1937 os comunistas empezaron a presionar a Largo Caballero, ministro da Guerra, para que disolvera as columnas de milicianos e formara un exército regular. Coa idea de introducir maior organización e disciplina volvéronse a delimitar as funcións masculinas e femininas. As mulleres á retagarda. Testemuña de Nieves Torres, en novembro do 1936 en Madrid. Taller de costura Pasionaria que producía roupa para as tropas. “Nosotras, las mujeres nos apresuramos en la producción – tejiendo, cosiendo todo lo que podíamos. Algunas se incorporaron al frente como soldados, pero sobre todo como enfermeras. Las mujeres entraron en las fábricas y los talleres, tomando el lugar de los hombres, no solamente en los trabajos auxiliares, sino también como “capataces” y directoras de fábrica. Afortunadamente, “ellos” no pasaron. (Mangini: 1997, px.87). As mulleres novas da clase obreira que non tiñan acceso á educación e só aprendían aspectos da vida doméstica, viron nos comezos da guerra a posibilidade de cambiar de vida. Testemuña de Maruja Cuesta: “La gente terminaba la escuela muy joven entonces, a los doce años. Esta ley de impotencia que me hizo imposible estudiar, me hizo rebelarme. La guerra estalló en 4 junio, y entonces vi el cielo abrirse. Me hubiera gustado ser maestra o abogada (...) Vi mi oportunidad, que era la posibilidad de trabajar para la “causa” en el lado republicano . Yo había estudiado mecanografía. Me llamaron para formar parte del equipo en las oficinas de mi pueblo. (...)Y de allí, me metieron en un centro de formación, en contra de la voluntad de mis padres, porque yo sabía que allí podía educarme. (...) Pero llegó la guerra y empezamos una actividad intensa, viajando por los pueblos para movilizar a los jóvenes campesinos. En el pueblo donde yo estuve, crearon talleres de costura para ayudar a los milicianos en las montañas. Las mujeres estaban en los talleres, las oficinas, las fábricas de armamento, en la línea de montaje y en las calles haciendo colectas. Las mujeres desempeñaron un papel clave durante la guerra. Se encontraban hasta en las trincheras”. (Mangini: 1997, px.88-89) Substitúese a imaxe da miliciana pola das mulleres que traballan nas fábricas. Moitas fábricas eran de armas e municións: “Si esto estallase ahora mismo (...) todas estas muchachas, y nosotros, (...) todo volaría por los aires convertido en partículas mínimas, en balines mortales, y del edificio sólo quedaría un inmenso agujero, y los pájaros del aire morirían golpeados por la tromba mortal” (Matilde de la Torre. Mangini:1997, px.89) 1.4. Organizacións políticas de mulleres. 1.4.1. Mujeres Antifascistas. Organización de mulleres comunistas formada en 1933. Era a organización de máis peso no momento. Segundo conta Dolores Ibárruri buscaron o apoio das mulleres republicanas e dalgunhas socialistas.Tamén afirma que os homes dos partidos republicanos tentaron romper a alianza entre as mulleres dos seus partidos e as comunistas, montando gardas para que estas non poideran entrar nos círculos republicanos. Lanzaron unha publicación quincenal: Mujeres. A finais de 1936 o goberno recoñeceu a unha comisión: Comisión de Auxilio Feminino (Negrín encargoullo a Dolores Ibarruri, Victoria Kent entre outras) como organismo para encargarse de organizar o traballo das mulleres na retagarda. En Madrid en menos de quince días apuntaronse máis de dúas mil mulleres. Recaudaban cartos e roupa para os soldados e os refuxiados, formaron garderías, asilos para orfos de guerra, crearon equipos de mulleres para substituir ós homes nos transportes públicos, hoteis e comercios, correo para os homes do fronte, reparación de vehículos, metro, etc. A poboación feminina era un vínculo importante entre a retagarda e o fronte, e cumprían un tipo de servizo de intendencia. Algunhas viaxaban á fronte á cotío, e as que non ían, escribían cartas, mandaban paquetes, etc. Facían o papel de bisagra. Estas mulleres tiveron grandes problemas no sector público, sobre todo porque se enfrontaron cunha resistencia masculina constante durante eses anos. Pero tamén é preciso dicir que se as adoctrinaba para que se esforzaran na guerra e esquecesen calquera inxustiza social contra das mulleres. Non era un grupo feminista. A correspondencia entre Mujeres Antifascistas e os sindicatos confirma que os homes tardaron en facilitarllelos traballos ás mulleres, por medo a quedar sen eles despois da guerra. 5 Pero en 1939, co poder en mans de Franco, de novo as mulleres de esquerdas desapareceron da vida pública, ou retornaron ás súas casas, no mellor dos casos. Tamén foron represaliadas polas súas actividades, e en moitos casos, polas dos seus compañeiros. 1.4.2. Mujeres Libres Grupo de mulleres que xurdíu das organizacións anarquistas en abril do 1936. Ex: en xullo de 1938 había 20.000 mulleres organizadas nunha federación nacional. En contraste con Mujeres Antifascistas, esta era unha organización feminista. O grupo naceu da frustración que sentían as mulleres ante a desigualdade entre homes e mulleres. Segundo Mary Nash foi a primeira vez que se encarou en España a problemática da muller desde unha perspectiva de clase. Era un feminismo proletario distinto dos movementos feministas de carácter burgués. Os seus obxectivos principais eran a educación das mulleres mediante escolas, institutos, conferencias e cursiños especiais. Pero tamén se preocupaban por que a muller acadase o control sobre o seu propio corpo. Foi a organización que tomou un posicionamento máis feminista que calquera outro grupo ata despois da dictadura, especialmente nos seus obxectivos pedagóxicos e os seus intentos por erradicar a prostitución e promover a liberdade sexual. Fotos carteis anarquistas ou de Kati Horna Publicaron unha revista: Mujeres Libres cunha finalidade cultural e educativa cara ás mulleres, para proporcionarlles unha certa cultura política que lles permitira tomar parte nas actividades anarquistas. “El hombre revolucionario que hoy lucha por su libertad, solo, cambate contra el mundo exterior. Contra un mundo que se opone a sus anhelos de libertad, igualdad y justicia social. La mujer revolucionaria, en cambio, ha de luchar en dos terrenos: primero por su libertad exterior, en cuya lucha tiene al hombre de aliado por los mismos ideales, por idéntica causa; pero, además, la mujer ha de luchar por la propia libertad interior, de la que el hombre disfruta ya desde hace siglos. Y en esta lucha, la mujer está sola. ILSE :La doble lucha de la mujer. Mujeres Libres. VIII Mes de la revolución 1.4.3. A Sección Femenina de la Falange En 1934 nos inicios do bienio negro fúndase la Sección Femenina de la Falange, nomeando José Antonio Primo de Rivera á súa irmá como xefa da organización, cargo que ocupou durante corenta e tres anos. En 1936 fundóuse en Valladolid o Auxilio de Inverno, que logo será coñecido como Auxilio Social. A súa creación debeuse en gran medida a Mercedes Sanz Bachiller, a viuva de Onésimo Redondo. Máis adiante integraráse na Sección Feminina para facerse co control dos servicios sociais do novo estado. Os seus obxectivos eran: “necesitamos madres fuertes y prolíficas, que nos den hijos sanos y abundantes con que llevar a cabo los deseos de imperio de la juventud que ha muerto en la guerra, dejando como único testamento este deseo, expreso en nuestros vientiseis puntos, en nuestros himnos y en nuestras consignas” Auxilio Social. Normas y orientaciones para delegadas provinciales.1937. px. 38-39. 6 Carteis de Auxilio Social. A organización foi creada para dar cobertura ás actividades violentas do grupo falanxista, como afirma a propia Pilar Primo de Rivera. O cometido fundamental destas mulleres era a recollida de fondos, pero tamén visitaban no cárcere ós presos falanxistas e proporcinábanlle contactos ás súas familias.Tamén ocultaban armas nos seus fogares, moito máis desde que a Falange foi ilegalizada no 1936. Nesta organización abundaban as mulleres de boa familia, e por suposto non traballaban. Se consideraba ás mulleres – de ámbolos dous bandos- como axudantes dos homes e non como protagonistas da guerra. Só 58 mulleres falanxistas morreron na fronte (Scanlon:1986, px.317). En 1938 Pilar Primo de Rivera trasladou a delegación nacional da Sección Feminina de Valladolid a Burgos, sede do goberno franquista. A Sección Feminina é un bon caso para entender o proceso patriarcal: as mulleres privilexiadas cooperan cos homes da súa clase “ a cambio de su subordinación sexual, económica, política e intelectual a los hombres, pueden compartir el poder de los hombres de su clase para explotar a los hombres y mujeres de la clase baja”. (G. Lerner:1990, px. 212, 213). A responsabilidade dos labores de enfermería no fronte tíñana as mulleres carlistas, pero co Decreto de Unificación quedaron englobadas en distintos servizos nos frontes e hospitais. E posteriormente, desde 1937 foi a S.F quen conseguíu o respaldo oficial. 7 2. AS MULLERES NO FRANQUISMO (1939-1978) 2.1. O exilio. O final da guerra civil marcou o inicio do exilio, aínda que xa con anterioridade ían chegando a Francia grupos de homes e mulleres que fuxían da represión política. Como exemplo temos un texto de Federica Montseny, que cando marchou ó exilio ía con varios membros da súa familia que non podían valerse por sí mesmos. ¿Quien olvidará esas horas, ese espectáculo de las montañas llenas de gente, que acampaban bajo los árboles, temblando de frío y de terror?. Por miles se alineaban los autos y los camiones, en una fila ininterrumpida que iba desde Figueras hasta Cerbère y hasta el Perthus. ¿Quién olvodará esas horas, el lloro de las criaturas bajo la lluvia, los gritos de als mujeres, las maldiciones de los hombres, el rumor siniestro de los aviones que volaban sobre nuestras cabezas?. (Mangini:1997, px.182) Silvia Mistral fala no seu diario da valentía e fortaleza das mulleres fronte á perda das súas familias. Di que hai moitos homes franceses que lles facían proposicións ás mulleres novas para que se instalaran en Marsella ou Paris, como prostitutas. Algo semellante ó que lles ocurría en España ás que se quedaron sen familia ou ás que saíron das prisións. 2.2. O cárcere. DVD Los niños perdidos del franquismo. 2000. (15 mn) Podemos enlazar esta parte coa enquisa da Historia visible. Os anos 70 e 80. 2.3. O modelo feminino franquista. Despois da Guerra Civil, na época autárquica do réxime franquista, as españolas vénse sometidas a unha forte represión respecto dos avances que para elas supuxera a II República.. A lexislación apoia á familia e á súa promoción: son restrinxidas as carreiras con posibilidades para as mulleres. (Están pechadas as seguintes carreiras: Avogado do Estado, Axente de Cambio e Bulsa, Médico do Corpo Facultativo de Prisións, Técnico de Aduanas, Inspector Técnico de Traballo, Fiscal, Xuíz, Maxistrado, Corpo de Diplomáticos, Corpo de Rexistradores da Propiedade e Corpo de Notarios). Fotos da Sección Feminina A formación das mulleres encargouselle á Sección Feminina. O propósito da Sección Feminina non era só adoctrinar as rapazas que entraban na súa organización (élite) senón a toda a poboación feminina. Franco prometeulles un centro para a organización e a formación dos mandos: La Mota, en Medina del Campo, e respecto da poboación feminina, encargáronse de preparar ás mulleres para o fogar (eficiencia doméstica) e o coidado dos fillos. A prensa da S.F. fomentaba o ideal da muller no fogar, e un ideal de feminidade que non fora competencial co home: bos modales, código de conducta social, o “estilo” que lle chamaban. O decreto de outubro de 1939 fixo materias obrigatorias para as rapazas dende a escola primaria ata maxisterio as asignaturas de Fogar e Economía Doméstica, á vez que se crea o Servizo Social en 1940. (Só están eximidas de facelo as mulleres enfermas, 8 casadas ou viúvas con fillos ou fillas, monxas, a primoxénita dunha familia de alomenos 8 fillos e as mulleres obrigadas a traballar para manter á familia). Nas fábricas se escollía a certas muchachas e se as preparaba para ser “enlaces” entre a Sección Feminina e as outras obreiras, e difundir así a ideoloxía falanxista. Ironicamente o igual que as activistas republicanas, as mulleres da Sección Feminina apareceron moi pouco na historia. Pero a diferencia das mulleres de esquerdas que denunciaron esta situación, Pilar Primo de Rivera non denuncia o modo en que eran ignoradas, senón que está dentro do discurso patriarcal e aplaude ós homes por subordinar ás mulleres. Conferencia de Pilar Primo de Rivera en Medina del Campo en 1939. Estamos aquí solamente para festejar vuestra victoria y honrar a vuestros soldados. Porque la única misión que tienen asignada las mujeres en la tarea de la Patria es el hogar. Por eso, ahora, con la paz, ampliaremos la labor iniciada en nuestras escuelas de formación, para hacerles a los hombres tan agradable la vida de familia que dentro de la casa encuentren todo aquello que antes les faltaba, y así no tendrán que ir a buscar en la taberna o el casino los ratos de expansión. Enseñaremos a las mujeres el cuidado del hogar, porque es una pena que mueran tantos niños que son siervos de Dios y futuros soldados de España. Les enseñaremos también el arreglo de la casa y a conocer las labores artesanas y la música. (...) para que así ellas, cuando tengan hijos, formen a los pequeños en el amor de Dios y en esta manera de ser de la Falange” (Cit. en Scanlon: 1986, pp.319) 2.4. A “maioría”: as outras mulleres A Igrexa colaborou estreitamente na misión de reeducar ás rapazas españolas, sobre todo na castidade. As súas ensinanzas e a política demográfica coincidían respecto ás familias numerosas. Para esta tarefa é fundamental o matrimonio. No matrimonio o sacerdote dicía: “Vos, esposa, habeis de estar sujeta a vuestro marido en todo; despreciareis el ornato del cuerpo, en comparación con la hermosura de la virtud; (...) no saldreis de casa si la necesidad no os llevare, y esto con licencia de vuestro marido; sed como vergel cerrado, fuente sellada por la virtud de la castidad.(...) La mujer obedezca y obsequie a su marido; por tener paz, muchas veces pierde su derecho y autoridad” (Scanlon: 1986, px. 334). Unha das calidades que debe ter unha muller é a relixiosidade. Incluso moitos homes que non teñen crenzas relixiosas preferían que as súas mulleres fosen devotas, aínda que non tan devotas como para complicarlles a vida. Unha das razóns era a crenza de que a relixión proporcionaba os medios efectivos para controlar as paixóns das mulleres. Ex: “La mujer duda poco como duda poco el río o el tronco del árbol sobre la dirección que ha de tomar”.( PEMÁN, J.M. De doce cualidades de la mujer. 1947 px.182). A relixión tamén aseguraba a resignación, pois a Igrexa ensina que as inxustizas deben ser soportadas docilmente, xa que a verdadeira felicidade non se atopa neste mundo senón no outro. Hai que evitar a rebelión contra dun marido cruel ou infiel, porque o matrimonio era unha “cruz”. 9 Tamén propugnaba a submisión: tanto no Antigo como no Novo Testamento se representa á muller como subordinada ó home. A súa inferioridade xa se establece no mito da creación: o home foi creado “ a imagen y gloria de Dios”, pero a muller foi creada para gloria do varón (Corintios I, XI, 7, 8 y 9). Eva representa todo o malo da muller. A Virxe María é o ideal, pois é a encarnación perfecta de todas as calidades que un home podía desexar para o seu propio benestar. Ex: La intuición femenina: “...permite a las mujeres comprender todo lo que es, como ellas, intuitivo e irrazonado, por eso prefieren ser dominadas antes que convencidas mediante un argumento y aceptan facilmente el patriotismo de himno, filosofía de refranes y amor de copla”. (PEMÁN: 1947, px.207) Pero a pesar da clara posición de subordinación que a Igrexa lle adxudicou á muller, a doutrina cristiá predica que as almas dos homes e das mulleres son iguais ante os ollos de Deus. Toda discusión sobre a emancipación da muller carecía de sentido, pois xa foi liberada pola Igrexa, así que aquelas que se preocupan por semellante tema inexistente só demostran a súa ingratitude. Desde o final da guerra a muller española foi despoxada de calquera noción de conciencia feminista que houbese adquirido. Calquera noción de igualdade, que durante a guerra desenvolveu debido ás novas responsabilidades, desapareceu en canto tomou o poder o réxime franquista. Ex. “Su delicioso e irracional charloteo con su hijo es su privada venganza contra la aburrida seriedad, sin fantasía, de los periódicos, la política o los maridos” (PEMÁN: 1947, px.104) O resultado foi o aumento da taxa de analfabetismo feminino, un nivel moito máis baixo de escolarización das nenas que dos nenos na primeira e segunda ensinanza e unha débil presencia das mulleres na educación profesional e universitaria. Testemuña de Mª Victoria Valenzuela sobre a educación universitaria. “Cuando veníamos hacia aquí- decía yo a Eliseo- vi a tu sobrino que entraba con su madre en casa de Fernández, el médico de niños. -Si. La gente es tan irresponsable que ya no se acuerda de que ése es médico “por la breve”. -¿Y eso que significa?. – interrogué. - ¿No sabes lo que significa “por la breve”?. Pues yo te lo esxplicaré: al terminarse la guerra, a los estudiantes les convalidaron los años del frente por años de facultad, y así se hicieron médicos por la breve, abogados por la breve, arquitectos por la breve etc,etc. -¿Los profesores de las Universidades no opinaron que eso era un disparate? - Los profesores bastante problemas tenían para subsistir con sus exiguas pagas, así que todo eso de opinar les quedó algo a trasmano. Además no te olvides de que, en este país, se da una orden arriba y no queda más que cumplirla”. (Mª Victoria Valenzuela: 1987,px.138). 10 3.1. As mulleres loitadoras antifranquistas. Experiencia común. Algunhas mulleres viviron o franquismo establecendo e formando redes de solidariedade que axudaron a fortalecer a mobilización política. A maioría de elas recoñecen que continúan a tradición familiar de ideas políticas de esquerdas. Serviron como enlaces, de canle de comunicación entre o interior dos cárceres e o exterior, fixeron elas mesmas de caixa de resonancia no ámbito público para lembrarlle ó réxime e denunciar a situación de miles de presos e presas que sufrían e estaban privados de liberdade. Colaboraron tamén nas tarefas de distribución de propaganda clandestina. A súa vida vese condicionada pola militancia política dende moi novas, xunto coa busca de traballo asalariado, polas difíciles condicións familiares e ademais con atrancos derivados da persecución policial á que estiveron sometidas tanto elas como as persoas ás que axudaban. Moitas veces, para alonxarse da policía franquista, iniciaban movementos migratorios que facían difícil a conservación dun traballo ou calquera habito cotiá. Pódese observar unha relación parella entre a súa actividade e os acontecementos políticos que ocorren ó longo dos anos, así que as actividades motivadas por causas políticas (represión) vanse readaptando. Estas mulleres van modificando os seus métodos de loita segundo as posibilidades que lles deixa a dictadura. Case sempre é o Partido Comunista ou a CNT quen marca as prioridades da actividade política do marido ou familiar, actividade clandestina sempre e asumen a responsabilidade de converterse ademais no soporte económico e familiar. Irene Abad di : las mujeres de preso se convertirán... en las mediadoras entre lo legal del gobierno franquista y lo ilegal de las cárceles españolas (Abad: 2004. px: 8) polo tanto circulan entre o ámbito privado e o ámbito público constantemente, entran e saen de cada espazo entre os límites que lles marca o franquismo e o espazo carcerario. Estas mulleres foron as que levaron adiante mobilizacións pola amnistía xeral e como consecuencia do seu traballo de asistencia ós presos e de solidariedade, tamén se converten elas mesmas en víctimas da represión franquista. As condicións de vida destas mulleres están determinadas tanto polo xénero (mulleres) como polo posicionamento do réxime ante este xénero, é dicir, actuaban en contra do modelo feminino que o discurso franquista trataba de impoñer. Así a maioría recibiron formación política a cargo do partido, cando as mulleres no discurso de xénero do franquismo eran só obxectos decorativos, e do que menos debían entender era de política, (contra corrente de novo). Dende finais dos anos cincuenta o franquismo difundiu a idea de que non había presos políticos nos cárceres, todos os que había eran delincuentes comúns, así que as mulleres intensificaron a súa campaña pola amnistía, foi cando escribían cartas a institucións relixiosas ou do estado para solicitar revisión de penas, cartas nas que aproveitaban para denunciar que os seus familiares estaban cumprindo condenas por cuestións políticas. Era outra forma de facer pública unha situación que se trataba de maquillar. Moitas veces a militancia era dobre, política e sindical pasando dunha a outra sen separar. Non son frecuentes os casos nos que se produza unha identificación importante co traballo, senón que é o revés, a maior importancia do traballo parece que se identifica cos momentos de maior intensidade na loita política. Todas chegaron a adquirir un compromiso político importante, aínda que nun principio a súa resposta estivera motivada só pola asistencia ós presos. Ó pouco tempo comezan a 11 realizar accións prácticas, unha veces respondendo ó que lles pedían os propios presos ou o partido, e outras porque chegaron a ter maior conciencia de clase pola natureza das súas actuacións. Colaboraban con outras mulleres para decidir que comidas se levaban ó penal, para que tódolos presos recibiran o mesmo ou como recadar cartos para os familiares. (Redes de solidariedade feminina) Nas súas accións públicas hai, cando é preciso, reivindicacións sobre o traballo específico das mulleres, e comentan que xorden reaccións dos compañeiros varóns adversas, o que demostra que os conflictos de xénero existen e seguen pendentes, aínda hoxe. Non hai unha militancia feminista, a marxe das militancias política e sindical. Algunhas pensan, que aínda que lle interesan moito as cuestións relativas ás mulleres, non hai que ter unha visión específica porque é suficiente coa loita de clases, que para elas leva implícita a liberación feminina. A cuestión das mulleres era un problema de clase e de economía, pero non de xénero. Tamén participan en movementos veciñais, ou en asociacións de barrio, nos lugares onde viven, é dicir, que na actualidade continúan cunha actividade pública que lles sigue permitindo unha circulación desde o espazo privado ó espazo público en ambos sentidos. A maioría atopa irrelevante a narración da súa propia historia. Xustifican este posicionamento dicindo que a súa experiencia é igual á das demais mulleres da súa época. Era o que tiñan que facer, non pensan nin sequera en acadar outras formas de vida. É como o destino, e non recoñecen o valor que ten a súa aportación durante os anos 60 e 70 á mellora das condicións laborais e políticas do país. Quizais sexa debido ó papel que desenvolven, que ten que ver coas redes de solidariedade, a conservación da vida e a atención das necesidades dos demais, e que consideran é o seu papel natural ou quizais teña que ver coa propia sociedade patriarcal que as fai invisibles. Cando falan procuran non facer valoracións da realidade, mais alá da súa experiencia. Pero se se lles pregunta, falan. Falan sobre a súa vida doméstica e como se organizaban para transitar desde o ámbito privado ó ámbito público. Poucas veces recoñecen o seu valor persoal, a pesar de tomar decisións difíciles; din que foi o que lles tocou facer. E para o modelo de muller que tratou de impoñer o franquismo, estas mulleres representaban unha ruptura importante, xa que incluso viaxaban, se movían e poñían en práctica as súas inquedanzas por aprender e coñecer e adquirir máis cultura. En ocasións tamén aproveitaron o propio modelo franquista de muller para que as súas accións fosen desvalorizadas ( “son mulleres”) polos represores e poder pasar desapercibidas, ou finxiron ignorancia (“de muller”) para recibir penas nos xuízos menores que as dos homes. (Historicamente é habitual este pedir desculpas por parte das mulleres polo propio saber). Estas mulleres son as que traspasaron o espello. Compostela, en abril de 2006. 12 BIBLIOGRAFÍA. ABAD BUIL, Irene (2004) Las mujeres de presos republicanos: movilización política nacida de la represión franquista. Doc. 2/2004. Fundación 1º de Mayo, Madrid ANDERSON Bonnie y ZINSSER, Judith (1991). Historia de las mujeres: una historia propia. Ed. Crítica, 2 vol. Barcelona. BORDERÍAS, Cristina (1993). Entre Líneas. Trabajo e identidad femenina en la España Contemporánea. La Compañía Telefónica. 1924-1980. Ed. Icaria, Barcelona. CABRERO, Claudia (2004). As mulleres e as folgas: modalidades de participación feminina na conflictiviade laboral durante a dictadura franquista. Revista Dez Eme, nº 8, pp.19-24, Santiago de Compostela. CAPEL MARTÍNEZ, Rosa Mª (1999). Mujer y trabajo en el siglo XX. Ed. Arco, Cuadernos de Historia, nº 65, Madrid. CERRADA JIMÉNEZ, Ana I. y SEGURA GRAÍÑO, Cristina (2000). Las mujeres y el poder. Representaciones y prácticas de vida. Ed. Al-Mudayna, Madrid. COLECTIVO Mª CASTAÑA (1997). As Mulleres na Historia. Ed. Xerais, Materiais, Vigo. DI FEBO, Giuliana (1979). Resistencia y movimientos de mujeres en la España de 1936 a 1976. Ed. Icaria, Barcelona. DUBY E PERROT, Michelle (1993). Historia de las Mujeres. Ed. Taurus, 5 tomos, Madrid. GALLEGO MÉNDEZ, Mª Teresa (1983). Mujer, Falange y franquismo. Ed. Taurus, Madrid. GARRIDO, Elisa et alia (1997). Historia de las mujeres en España. Ed. Síntesis, Madrid. HERNÁNDEZ HOLGADO, Fernando (2003). Mujeres encarceladas. La prisión de Ventas: de la República al. Franquismo, 1931-1941. Ed. Marcial Pons, Madrid. IBÁRRURI, Dolores (1984). Memorias de Pasionaria, 1939-1977. Planeta, Barcelona LERNER, Gerda (1990). La creación del patriarcado. Ed. Crítica, Barcelona, MANGINI, Shirley (1997). Recuerdos de la resistencia. La voz de las mujeres de la guerra civil española. Ed. Península, Barcelona. MOLINERO, Carme (1998). Mujer, franquismo, fascismo. La clausura forzada en un “mundo pequeño”. Historia Social, num.30, pp.97-117. NASH,Mary (1983). Mujer, familia y trabajo en España, 1875-1936 . Anthropos, Barcelona. NASH, Mary (1999). Rojas. Las mujeres republicanas en la guerra civil. Ed. Taurus, Madrid. NASH, Mary (2004). Mujeres en el mundo. Historia, retos y movimientos. Ed. Alianza-Ensayo, Madrid. PRENSA . Sección Hemeroteca da USC. PEMÁN PEMARTÍN, J.M. (1947). De doce cualidades de la mujer. Madrid. RICHMOND, Kathleen (2004). Las mujeres en el fascismo español. La Sección Femenina de la Falange, 1934-1959. Ed. Alianza, Madrid. ROCA Y GIRONA, Jordi (1996). De la pureza a la maternidad. La construcción del género femenino en la postguerra española. Ministerio de Educación y Cultura, Madrid. RODRÍGUEZ GALDO, Mª Xosé (Coord). (1999). Textos para a historia das mulleres en Galicia. Ed. CCG, USC, Santiago de Compostela.. RODRÍGUEZ GALLARDO, A. (2005). Letras armadas. As vidas de Enriqueta Otero Blanco. Fundación 10 de marzo, Santiago de Compostela. ROMEU ALFARO, Fernanda (1994). El Silencio roto...Mujeres contra el franquismo. Edición propia, Valencia. SCANLON, Geraldine (1986). La polémica feminista en la España Contemporánea, 1968-1974. Ed. Akal, Madrid. VALENZUELA, Mª Victoria (1987). Tres tiempos y la esperanza. Ed. do Castro, A Coruña. VINYES, Ricard (2002). Irredentas. Las presas políticas y sus hijos en las cárceles franquistas.Ed, Temas de Hoy, Madrid. ENDEREZOS INTERESANTES NA REDE mujeresdenegro.com nodo50.org/mujeresred. andainamulleres.org synodalia.net ( para coñecer información sobre mulleres católicas) 1mayo.org/publicaciones. historiadelpresente.com cimacnoticias.com congresodehistoria/comunicaciones. portaldelexilio.org memoriahistorica.org galicia.ccoo.es/f10m historiasiglo20.org sbhac.net aeihm.org 13