MAPA DAS LENDAS Sanxoandeirada 2016 AS LENDAS DE Lagoa de Carregal “Onde foi o león?” RUADA TEATRAL COMUNITARIA Castro Cidá Na lagoa de Carregal, que se olla ó pe do monte, está asolagada a cidade de Malverde onde había mouros que foron desbotados por Calromano e os Doce Pares de Francia e máis Oliveros, e n-unha peneda do monte hai unha patada do cabalo de Roldán, dada cando iste pideu, despois do sol posto, unha hora de día pra derrubar ós enemigos. I-é dende entón, que, despois do sol posto, hai unha hora de luz.” León de Padín Home de Sagres Relatado por Antonio Fernández Bermúdez, veciño de Ribeira, a F. López Cuevillas e F. Bouza Brey en Prehistoria e folklore da Barbanza.(1927) Nós. Fotos de Mariño. Antonio Parada Serea de Sálvora Na historia de “Onde foi o león?” Bolboreta e as súas amizades axudan á feiticeira Enkhanta Dora a atopar ao león, á raiña Amín Dameaghana e aos rastreadores da súa tribo, os Serangili, que chegaron dende a sabana africana ata Ribeira na procura de auga para a súa xente e as súas terras. Polo camiño atópanse con distintos personaxes que axudarán a resolver as dificultades. Parte da historia está baseada en relatos lendarios interpretados de modo libre. Neste díptico refírense algunhas desas lendas. A SEREA,ROLDÁN E PADÍN A MALDICIÓN DOS OESTRYMNIOS. A LENDA DO HOME DE SAGRES “Al regresar Roldán de Roncesvalles, llegó embarcado a la isla de Sálvora, donde atraído por la voz de una sirena, habría tenido de ella un hijo, de nombre Paadín, el cual habría dado origen a otro distinguido linaje de aquellas riberas marineras en torno a la isla de la Toja.” Texto de J,Crespo del Pozo, en Blasones y Linajes de Galicia.Vol.XIX e XX. Historia de Galicia. R.A.G.. Foto de Antonio Parada Mariño. “Contan que fai moitísimos anos moraba nestas terras un pobo coñecido de Oestrymnios. A súa forma de vida sería semellante a de outras tribos da bisbarra, a caza, a pesca e o marisqueo, serían os medios dos que se valerían para subsistir. Un mal día chegou un home chamado Saepes ao mando dun poderoso exército. Estes estranxeiros tiñan por tótem a serpe, do que ven o nome do xefe, Saepe ou Sephes. A idea de estas xentes era de dominar nas illas, e a mellor maneira de conseguilo era casar ca filla do xefe da tribo de nome Forcadiña. “Hablo de esto ahora mismo porque, en una revista belga de genealogía, un erudito en estas cuestiones estudia nada menos que diecisiete linajes de Bretaña, Dinamarca, Inglaterra e Irlanda que dicen descender de sirenas de la mar. Si el profesor Van Oesten estuviera al tanto de las genealogías gallegas, tendría que añadir alguno más, que aquí también hay descendencia de sirena: los Mariño, los Padín, los Goyanes, que creo vengan todos de la misma fábula. (Yo estoy entre éstos, por mi abuelo paterno, don Carlos Cunqueiro y Mariño de Lobeira). La cosa es que una sirena de la mar apareció preñada nada menos que de don Roldán, el amigo de Carlomagno, que tan triste muerte tuvo en Roncesvalles. Dónde se conocieron el señor de la marca de Bretaña y la sirena nadie lo dijo. Cómo fueron de solazados aquellos amores, y cómo el caballero superó las dificultades que llamaremos físicas y engendró en la niña cantora, nin se sabe. A los nueve meses, la sirena apareció en una playa gallega, creo que del mar de Arosa, y parió. Gente atraída por su canto, recogió al hijo, un hermoso mamoncete que fue bautizado Palatinus por ser su padre el paladín Roldán. Sería la sirena quien lo contaría a quienes se quedaron con el crío para criarlo, mientras la madre se volvía a las mareas. Y de Palatinus, por corrupción, vino Paadin, Padi.”.. Texto de Álvaro Cunqueiro, en Fábulas y leyendas de Mar.Tusquets Editores. Foto de Antonio Parada Mariño Tiveron un fillo o que lle puxeron o nome de Noro. Conforme ía pasando o tempo e Saepes non chegaba a dominar nas ta ansiadas illas, maltrata a súa dona Forcadiña, con tanta xenreira que a lingua salta partida en sete anacos: As Sete Linguas, a Queixada foi dar o Falcoeiro, os Canteiros (caninos en castelán) caeron polo suroeste de Pragueiros, a Testa foi dar a Area Mesa, as Moas van dar ao Carreiro e a Dianteira, (os peitos) entre Pragueiros e Sagres. O pai da Forcadiña cando veu o que tal acontecera, bótalle unha terrible maldición a Saepes, Home de Sagres, que alcanza tamén a filla, e a xente que o seguía, quedando todos convertidos en pedra para sempre. Contan que as pedras que rodean a illa de Sagres e arrededores son os restos do exército que acompañaba a Saepes. Ninguén quedou a salvo de tan terrible castigo, nin tan sequera os animais que formaban parte da facenda. Aí está,: O porco de Sagres, na mesma illa, O Cabalo de Insuavela, entre Sálvora e Sagres, O Cabalo da Forcadiña, na Forcadiña, O Galo de Vionta, en Vionta, O salto da Cabra, en Couso, O Curro das Cabras e Area dos Bois en Sálvora, onde pacerían tranquilamente estes animais sen sospeitar o que se lles viña encima. Os pastos na Illa debían ser bos, pois xa a xente de Carreira levaba o seu gando a pacer a esta illa no ano 1764 según Diego Antonio Cornide de Saavedra. O que foran os bens da familia como o Chapeu do Home de Sagres foi caer preto de Vionta. Casa e terras tamén quedaron abandonados e espallados polos arredores, asi temos: A Hortiña no Carreiro, As Cortiñas en Sagres, o lado do Porco, Os Asadoiros en Sálvora, O Cabeceiro Grande e o Pequeno ao leste de Noro, Os Fornos en Sagres, e as Barqueiras de Torán o nordeste da mesma illa, e Fosaporcas preto de Sagres onde O Porco de Sagres pasaría os seus días rebuldando.” Texto e foto de Antonio Parada Mariño.