SP_COM_MOD_4_UNID_14 - Consellería de Cultura, Educación e

Anuncio
Educación secundaria
para persoas adultas
Ámbito da comunicación
Educación a distancia semipresencial
Módulo 4
Unidade didáctica 14
A comunicación profesional
Páxina 1 de 39
Índice
1.
Introdución.................................................................................................................3
1.1
2.
Descrición da unidade didáctica ................................................................................... 3
Secuencia de contidos e actividades ......................................................................5
Olladas sobre Ramón Piñeiro.................................................................................. 5
Texto en castellano. El Maestrazgo de Teruel .............................................................. 6
Relato inconsistente ................................................................................................ 7
Texto en castellano. Michael Moore, más de lo mismo............................................ 8
A nai do violinista de Malá Strana.......................................................................... 10
Texto en castellano. Procusto ataca. La encrucijada de las librerías ..................... 11
A palabra das fillas de Eva .................................................................................... 12
Texto en castellano. Caballo de Troya................................................................... 13
Estratexias de autoavaliación ................................................................................ 14
Plan xeral de normalización da lingua galega........................................................ 15
O currículo persoal (curriculum vitae). Aspectos teóricos ...................................... 16
Texto en castellano. Acuerdo de suspensión de la ejecución de un acto............... 18
A literatura galega no século XIX. Precursores e Rexurdimento
(aspectos teóricos)....................................................................................................... 21
2.14 Texto en castellano. La literatura castellana en el siglo XIX. El Romanticismo
(aspectos teóricos) ..................................................................................................... 23
2.1
2.2
2.3
2.4
2.5
2.6
2.7
2.8
2.9
2.10
2.11
2.12
2.13
3.
Resumo de contidos ...............................................................................................25
4.
Exercicios de autoavaliación .................................................................................26
5.
Solucionarios...........................................................................................................29
5.1
5.2
Solucións das actividades propostas .......................................................................... 29
Solucións dos exercicios de autoavaliación ................................................................ 35
6.
Glosario....................................................................................................................38
7.
Bibliografía e recursos............................................................................................39
Páxina 2 de 39
1.
Introdución
1.1
Descrición da unidade didáctica
Esta unidade está dentro do bloque As cousas de palacio e denomínase A comunicación
profesional”. Dedicaremos a esta unidade o equivalente de 16 horas lectivas. Pode distribuílas como mellor lle pareza pero o recomendable é que diariamente traballe con ela entre unha e dúas horas. Ademais, debe ter en conta as seguintes cuestións:
A unidade contén textos e exercicios en galego e castelán, pois son as dúas linguas do
ámbito coas que imos traballar.
A unidade consta de dous tipos de textos ou contidos: uns que levan a etiqueta de aspectos teóricos, que son os que debe comprender e memorizar, e outros que carecen desa etiqueta, que son os que debe ler e comentar.
Outra cuestión que se dá nesta e no resto de unidades é que os contidos e actividades están
elaborados seguindo o que podemos chamar bloques de contidos. Son cinco: comunicación oral, comunicación escrita, coñecemento da lingua, lingua e sociedade, e educación
literaria. En cada un deses bloques aténdese especificamente a unha determinada cuestión,
tal e como os seus nomes indican..
Como poderá observar, logo de comezar a traballar coa unidade, nela non aparece de
xeito explícito esa división por“bloques. Isto fíxose así para lograr unha maior cohesión
temática e estrutural. De todos os xeitos, pode atopar explicitadas no apartado 3 as actividades e os contidos que abrangue cada un dos bloques.
Unha vez rematada a unidade deberá ser capaz de:
Valorar a importancia que ten a lingua oral como forma de comunicación universal.
Utilizar a lingua oral para tomar conciencia dos coñecementos, as ideas e os sentimentos propios e alleos para regular a propia conduta.
Detectar o tema e os subtemas dun texto argumentativo e analizar os argumentos.
Utilizar a composición escrita como fonte de información e aprendizaxe, e como forma
de comunicar as experiencias e os coñecementos propios.
Redactar e presentar textos escritos (currículo, etc.) en soporte impreso e dixital, coidando a estrutura formal e respectando as normas gramaticais, ortográficas e tipográficas.
Distinguir entre a forma (categoría gramatical) e a función das palabras.
Coñecer e usar as normas ortográficas, empregando os termos apropiados na explicación sobre o seu uso.
Apreciar o valor social que leva consigo un bo uso das normas ortográficas e a necesidade de cinguirse á norma lingüística.
Analizar e reflexionar a utilización e significado de diferentes formas gramaticais mediante comparación e contraste coas dúas linguas do ámbito.
Páxina 3 de 39
Utilizar estratexias de autoavaliación, aceptando o erro como parte do proceso de autoaprendizaxe.
Ser consciente da necesidade e das potencialidades de enriquecemento persoal e colectivo do uso normalizado da lingua galega, afirmando o plurilingüismo.
Comprender e analizar o uso das dúas linguas do ámbito nos documentos profesionais e
administrativos de uso frecuente.
Coñecer as características xerais dos grandes períodos da historia da literatura (das dúas
linguas do ámbito) do século XIX.
Localizar en bibliotecas do contorno textos literarios do período estudado (século XIX).
Desenvolver a autonomía lectora e o aprecio pola literatura como fonte de pracer.
Compoñer textos de intención literaria, especialmente líricos, como formas de expresión do seu mundo interior.
Páxina 4 de 39
2.
Secuencia de contidos e actividades
2.1
Olladas sobre Ramón Piñeiro
Vexa o vídeo titulado Olladas sobre Ramón Piñeiro, no seguinte enderezo web:
[http://www.youtube.com/watch?v=MxvACigqRYk]
Páxina 5 de 39
2.2
Texto en castellano. El Maestrazgo de Teruel
Vea el vídeo titulado (2/6) Un país en la mochila – El Maestrazgo de Teruel, en la siguiente dirección web:
[http://www.youtube.com/watch?v=6ftT3q3wt8s]
Actividades propostas (textos 2.1 e 2.2)
S1.
Texto 2.1. Vexa o texto e responda á cuestión: Cal é o tema principal do texto?
S2.
Texto 2.2. Actividad en lengua castellana. Vea el texto y responda a la cuestión:
¿Cuál es el tema principal del texto?
S3.
¿Para qué sirve la lengua oral? ¿Qué transmitimos con ella? Razone la respuesta.
Páxina 6 de 39
2.3
Relato inconsistente
O fío argumental da novela susténtase na procura dun manuscrito de Hamlet, que pode estar na biblioteca do pazo ribadense da familia Pérez-Barnes. O monicrequeiro Ricardo, fillo de Leandro, dono do pazo, é un obsesionado por Shakespeare e o seu teatro, o que o leva mesmo a montar un teatriño na súa casa e representar cos seus monicreques obras do
dramaturgo inglés co só público dunha prostituta. A historia do manuscrito combínase coas historias da relación entre o
novelista Eusebio Pontella e a profesora Adriana, así como coa do especialista e dobre de cine Frank Rinlo e Celia, criada
do pazo. Estas historias conflúen coa principal cando se descobre que o dono do pazo e pai de Ricardo, D. Leandro, mantén unha relación homosexual con Eusebio e Celia foi moza de Rinlo, ata o extremo de ter un fillo, que morreu e aparece
momificado no soto do pazo.
Personaxes e feitos resultan tópicos e as historias conflúen ao xeito do vello folletín e cuns recursos técnicos que están
moi afastados do que se lle pide a unha novela actual e que nos fan experimentar a sensación de que volvemos ás técnicas de Maxina, a primeira novela galega, en que o narrador, ao xeito dun deus, fai confluír dun xeito totalmente artificial e
inxenuo as distintas historias da novela nun desenlace de deus ex machina. Mesmo a historia de que Adriana escribía as
novelas do seu marido fai pensar no feixe de reportaxes sobre Martínez Sierra e a súa dona. A viaxe de Ricardo en globo
a Inglaterra non é esperpéntica, senón unha pura astracanada, co sal gordo engadido da súa caída sobre os xitanos evanxelistas.
O desenlace, con incendio incluído, non resulta de ningún xeito verosemellante e entra no terreo do puro disparate, por
máis que pretenda ser parodia do folletín, das películas da serie B ou do cine mudo. Pero non o consegue. Neste remate
de novela estraña así mesmo a crítica que fai o autor por boca de Adriana do éxito das novelas supostamente escritas polo
seu marido e traducidas a seis idiomas, que só teñen éxito pola incultura dos seus lectores. É unha socioloxía do éxito literario simplista e que parece condenar toda a narrativa con éxito de público ao desprezo. Sorprende isto cando na páxina
79 desta novela se nos di que o autor do himno galego é Curros Enríquez…
En canto á lingua, hai erros que demostran que o escritor non domina o galego, como é o emprego de lle como complemento directo, na mellor liña do castelán de Valladolid ou de Madrid (aínda lles divertía a silueta de Buster Keaton, páx. 74)
o cheísmo (Non che atraio? páx. 81), o uso inadecuado do reflexivo (o aceite que se botaba pola pel, páx. 112) ou o emprego incorrecto dos verbos pronominais (que acorde do que che dixen, páx. 81. Neste caso, con suplemento con de, o
verbo acordar é pronominal).
Estes erros, e xa non imos facer referencia aos léxicos ou mesmo gramaticais menos rechamantes (como os castelanismos despegar un avión por engalar, reanudar, o uso de quecer como intransitivo, pousar –páx.117 por posar…) fan que o
lector que é falante inicial ou habitual de galego perciba esta novela (e tamén outras que teñen as mesmas tachas lingüísticas) como algo falso e que mesmo pense que se escriben en galego, porque ao mellor é máis doado publicar nesta lingua ca en castelán ou ata acadar un premio. Eu non coñezo novelas premiadas en castelán onde, a non ser para caracterizar os personaxes, se utilicen como estándar o laísmo ou formas como se me cayó.
Xa que logo, nunha época en que a produción galega xa é o suficientemente abonda como para poder escoller e non como na época Nós ou nos sesenta-setenta, que se lía todo o escrito en galego, pois tan cativa era a produción editorial en
galego naquelas datas, esta novela é absolutamente prescindible e ninguén vai perder ren se non a le.
Crítica de Manuel Rodríguez Alonso ao libro de Jaureguizar: O Globo de Shakespeare;
extraída da edición dixital do suplemento cultural Cartafol de libros
Páxina 7 de 39
2.4
Texto en castellano. Michael Moore, más de lo
mismo
Un muñeco inarticulado, vulgar hasta el escándalo, autor de lamentables frases hechas con inmediato poder para alterar la
realidad, un criminal apabullantemente torpe y gris, le decía con escandalosa suficiencia a un fulano gordo, obsesivo,
tramposo, izquierdista, manipulador y procaz: "Búsquese un trabajo serio, señor Moore". Ocurría en Farhenheit 9/11. Era
un documental salvaje a costa de ser realista que revelaba los infinitos trapicheos de la familia Bush con los fundamentalistas que sembraron la duda del apocalipsis en la intocable América, que mostraba la grotesca estupefacción del jefe de la
patria cuando le cuentan en medio de una charla escolar que un avión se ha estrellado contra las Torres Gemelas, que el
insólito desorden y los volcanes de sangre están amenazando a la acorazada seguridad de la patria, que tu mundo se derrumba sin que tus supuestos y científicos conocimientos lo hubieran supuesto. Ese documental sobre los impunes desmanes del poder, sus ramificaciones, su complicidad con el terror, era brillante, didáctico y pavoroso, era la ácida investigación sobre la institucionalizada corrupción, sobre el espantoso estado de las cosas que han legitimado los canallas.
Ese documental vibrante y militante, espectacular y maniqueo, tenía antecedentes transparentemente personales, profundamente autorales. Michael Moore, el perro de presa progresista, el hombre deslenguado y audaz que mete el bisturí en
costumbres y rituales cotidianos como la surrealista y consentida familiaridad con las armas del ciudadano medio de Estados Unidos, el analista de horrendas consecuencias como la matanza en el instituto Columbine, retorna a la disección testimonial de los horrores que perpetúan los de siempre y pagan inevitablemente los eternos perdedores en Sicko.
Ahora se ha quitado la barba, sabe que es un icono, muestra la angustia no ya de los que carecen de cualquier tipo de seguridad social, sino de la clase media que se ha pagado un seguro sanitario que le va a estafar, de los legitimados robos
de instituciones bendecidas por el sistema y que se van a agarrar a la fraudulenta letra pequeña para ahogar las posibilidades de vida de los que están seriamente enfermos, de los que creyeron que una póliza rigurosamente pagada era el
salvoconducto para la aparición del monstruo, del tumor combatible, también de esa esperanza de vida que crees en tu ingenuidad que te la puede aliviar un seguro lleno de trampas, la fórmula del sistema para perpetuar sus infames negocios
políticos, económicos, sindicales, sanitarios.
Admitiendo la necesidad de la denuncia, resulta que el estilo de Michael Moore, inicialmente original, te suena a fórmula, a
plúmbeo, a conciencia estratégica de todos los males que afectan al rey de la tierra, y el lenguaje es cansino y los propósitos son encomiables y todo suena a visto y oído.
Y me acuerdo del acoso al fascista y armamentístico Charlton Heston, al hombre que hizo posible que llegaran a su maravilloso final dos obras de arte tituladas Mayor Dundee y Sed de mal. Y no llego al final de la concienciada Sicko. Todo en
ella parece verdadero, repetitivo, aburrido.
Crítica de Carlos Boyero a la película de Michael Moore: Sicko;
extraída de la edición digital del periódico El País
Actividades propostas (textos 2.3 e 2.4)
S4.
Texto 2.3. Lea o texto detidamente e responda ás cuestións:
Cal é o tema principal do texto?
Que subtemas están presentes no texto?
Que tipo de argumentos utiliza o crítico para concluír que o libro de Jaureguizar non é do seu gusto?
S5.
Texto 2.4. Actividad en lengua castellana. Lea el texto detenidamente y responda a las cuestiones:
¿Cuál es el tema principal del texto?
¿Qué subtemas están presentes en el texto?
¿Qué tipo de argumentos utiliza el crítico para concluir que la película de Michael Moore no es de su agrado?
Páxina 8 de 39
S6.
Redacte –mediante un procesador de textos– dous textos: un en galego e outro
en castelán que versen sobre algunha experiencia persoal (a extensión máxima
de cada texto é unha cara dun folio). Imprímaos.
Páxina 9 de 39
2.5
A nai do violinista de Malá Strana
A historias que arrastraba aquel estraño violinistas escoiteina por primeira vez da boca dun musico que vive en Valmaior.
contouma no despacho do conservatorio, nun edificio que mira cara a ponte de catro ollos que se ergue na desembocadura do río
Uns anos antes estivera percorrendo en bicicleta o baixo danubio. dende que as miñas dona me enganase cun
compañeiro de facultade, talvez para que ninguén me recordase a margura que sufrira despóis daquel descubrimento sempre viaxaba sen compañía. Daquel periplo por austria lembro unha visita que deixoume unha pegada inesquecible. Despois de camiñar polos recantos mais fermosos da abadía beneditina de Melk me atopei coa súa espléndida biblioteca. quedei asombrado non só pola antigüidade dos seus exemplares, senón pola luminosidade que
amosaban os andeles dourados e o teito de delicada trazaría.
Uns quilómetros máis abaixo, collendo a rúa peonil que bordea a marxe esquerda do Danubio, dexerguei un estraño
personaje. Vino camiñando polas rúas da vila de Dürstein, coa cabeza sumida nas lousas e unha pesada mochila nas costas. Éramos os dous únicos visitantes naquela hora do mediodía, cando o sol caía sen piedade e a sombra eran inexistentes eu estaba sentado no mazadoiro dunha casa. Tiven que recoller os pes para deixalo pasar. Esperaba a chegada dunha
muller que me alquilara un cuarto nunha casa situada no camiño que subía ata o cumio do castelo. Pero coido que aquel
home non reparara na miña presencia. mentres subía cara ás calellas máis empinadas da zona antiga,semellaba mergullado nas súas coita.
Fragmento do libro de Xerardo Agrafoxo, O violinista de Malá Strana;
extraído de GRIAL, Revista galega de cultura, número 181; xaneiro, febreiro, marzo 2009
Páxina 10 de 39
2.6
Texto en castellano. Procusto ataca. La encrucijada de las librerías
Ver Glosario: procusto
Es un hecho que las grandes superficies, con Carrefour a la cabeza, han ido aumentando su cuota de mercado en los últimos tiempos, y que es el suyo un modelo que funciona en determinados lugares y ambientes Ahora, se ha de deducir de
su relativo exito que ese ha de ser el espejo en que miren todas las librería? Las de El Corte Inglés aunque aún conservan
buena parte de su peso retroceden y son cada vez algo más residual en su propia organización, que las desplaza en favor
de la marroquinería o los cosméticos ¿Cuál es entonces la alternativa? Fnac es una fórmula limitada pero atractiva, de la
que se sabe que esperar y que sirve bien a determinado tipo de público. pero hay temáticas y editoriales muy mal o nulamente representadas. Bertrand, que esto días desembarca en españa, aporta un buen conocimiento, el famoso know-how,
mas el apoyo de otro gran grupo (Bertelsmann) y su exitosa experiencia en portugal. Aqui parte de cero y todos son posibilidades que esperamos no se vean defraudadas. Pero tampoco podrá cubrirlo todo
entre unos y otros quedan resquicios, huecos, que pueden ser aprovechados por los libreros independiente, especializados o no, que estén dispuestos, como los nuevos chefs, a hacer de la necesida virtual y manjares de las migas (que
son muchas) que caen de las mesas de los grandes. son ellos los especialmente dotados para al venta institucional, siempre que las institución públicas asuman que no pueden por un lado defender “la Cultura” y por otra aceptar, cuando no imponer, condiciones leoninas i descuentos desorbitados que contravienen el máximo legal del 15%. [...].
Artículo de Antonio Rivero Taravillo;
extraído de la revista sobre edición Trama & Texturas, número dos, mayo 2007
Actividades propostas (textos 2.5 e 2.6)
S7.
Textos 2.5. Lea o texto e faga o seguinte:
Corrixa no texto os erros ortográficos, de léxico e de puntuación que haxa. Explique o porqué das correccións (recorra á teoría do texto 2.13 da unidade 1 bloque 1, módulo 1- e do texto 2.14 da unidade 6 –bloque 1, módulo 2-.
Cre que a presentación formal do texto é correcta? Razoe a resposta e corrixa
no texto o que considere necesario.
Mediante un procesador de textos reescriba este texto 2.5 coas oportunas correccións que lle fixo nos exercicios anteriores. Imprímao.
S8.
Textos 2.6. Actividad en lengua castellana. Lea el texto y haga lo siguiente:
Corrija en el texto, los errores ortográficos, de léxico, de estructura formal y de
puntuación que haya en él. Explique el porqué de las correcciones (recurra a la
teoría del texto 2.13 de la unidad 1 -bloque 1, módulo 1- y del texto 2.14 de la
unidad 6 –bloque 1, módulo 2-.
Mediante un procesador de textos reescriba este texto 2.6 con las correcciones
que le hizo en el ejercicio anterior. Imprímalo.
S9.
Respectar as normas ortográficas e cinguirse a elas, tendo en conta o feito nas
actividades S7 e S8, en que nos beneficia? Razoe a resposta.
Páxina 11 de 39
2.7
A palabra das fillas de Eva
[...] Un dos debates recorrentes dos últimos anos (polo menos dos últimos anos) sobre a literatura contemporánea concerne á existencia ou inexistencia dunha literatura de muller. Probablemente en moitos foros tal debate reviste a esterilidade de todas as preguntas feitas en tempos de crise: a superficial actitude de formular preguntas para realizar, simplemente, o acto de preguntar; sen agardar, nin pretender sequera, respostas. Neste caso, a cuestión pouco ten que ver co
xénero. Mais, “existe o xénero?, existe un rol reservado á muller na sociedade posmoderna?” parece dicir burlonamente un
entrevistador, formulando unha pregunta que, de puro nihilista, semella aqueloutra “Ah, mais existe realmente a loita de
clases logo da caída do telón de aceiro?”. A pregunta acerca da literatura de mulleres precisa xa que logo formularse de
xeito máis esencial, máis feroz. Aceptemos, por un momento, a hipótese de que fose posible construír unha literatura feita
por mulleres, con algún tipo de recursos que non estivesen contemplados na literatura de homes. Non é necesario insistir
en que, como toda compartimentalización, esta sería relativa e podería derrubarse en calquera momento: literatura infantil,
literatura de compromiso, literatura realista, literatura oral, literatura de masas ou calquera outra etiqueta son categorizacións difusas, que non determinan nin encadran nada. Volvamos ao suposto. ¿E se puidésemos defender que hai unha literatura de muller con algún tipo de perfil (temático, de ton, de contidos, de estilos, do que for)? Nese suposto hipotético, o
feito de que a muller sexa sempre segundona nas historias de literatura, da arte, do mundo, pasa a cobrar singular importancia. O tópico di que a muller fala. Mesmo asegura que fala máis có home. Porén o seu discurso é un discurso irrelevante, lixeiro, discurso de conversa, de leria, de relato oral, pura rexouba. [...]
Moure, Teresa, A Palabra das fillas de Eva, Galaxia, Vigo, 2005
Páxina 12 de 39
2.8
Texto en castellano. Caballo de Troya
Mi reloj señalaba las tres de la tarde. Faltaban dos horas para que el Cementerio Nacional de Arlington cerrara sus puertas. Yo había consumido la casi totalidad de aquel lunes, 12 de octubre, frente a las tres tumbas de los soldados desconocidos y a la minúscula y perpetua llama anaranjada que da vida al rústico enlosado gris bajo el que reposan los restos del
presidente John Fitzgerald Kennedy.
Aunque a fuerza de leerla había terminado por aprendérmela, consulté una vez más la clave que me había entregado el
mayor.
Por enésima vez escruté el macizo sarcófago de mármol blanco que se levanta en la cara este del Anfiteatro Conmemorativo y que constituye el monumento inicial y más destacado de la Tumba al Soldado Desconocido. En la cara Oeste han
sido esculpidas tres figuras que simbolizan la Victoria, alcanzando la Paz a través del Valor. Pero aquel panel no parecía
guardar relación con mi clave...
Lentamente, como un turista más, bordeé el cordón que cierra la reducida explanada rectangular y fui a sentarme frente a
la cara posterior de la tumba central, en las escalinatas de un pequeño anfiteatro. Exhausto, repasé cuanto había anotado.
Frente a mí, a cinco metros de las tumbas, un soldado de infantería del Primer Batallón de la Vieja Guardia, con sede en
Fort Myer, paseaba arriba y abajo, fusil al hombro, luciendo el oscuro uniforme de gala.
Aunque la cadena de seguridad me separaba unos diez metros de esta parte de la tumba, la leyenda grabada en el mármol podía leerse con comodidad: «Aquí reposa gloriosamente un soldado de los Estados Unidos que sólo Dios conoce.» «
¿Estará ahí la clave?», me pregunté con nerviosismo.
El solitario centinela, enjuto y frío como la bayoneta que remataba su brillante mosquetón, se había detenido. Tras una
breve pausa, giró, cambiando el arma de hombro. Segundos después volvía sobre sus pasos, deteniéndose frente a la
tumba. Allí repitió el cambio de posición de su fusil y, girando de nuevo, reinició su solemne desfile.
Mi amigo el mayor norteamericano si hacía referencia al soldado que monta guardia día y noche en el cementerio de los
héroes, en Washington.
«El centinela que vela ante la tumba te revelará el ritual de Arlington», rezaba la primera frase de su postrera carta....
Benítez, J. J., Caballo de Troya I, Planeta, Barcelona, 2005
Actividades propostas (textos 2.7 e 2.8)
S10.
Texto 2.7. Lea o texto e diga a que categoría gramatical pertencen e que función
sintáctica cumpren as palabras marcadas en negra
S11.
Texto 2.8. Actividad en lengua castellana. Lea el texto y diga a qué categoría
gramatical pertenecen y qué función sintáctica desempeñan las palabras marcadas en negrita.
S12.
Que diferenza existe entre categoría gramatical e función sintáctica? Razoe a
resposta.
S13.
Diga, coas súas propias palabras, para que serven o artigo, o substantivo, o adxectivo e o verbo nas dúas linguas do ámbito.
Páxina 13 de 39
2.9
Estratexias de autoavaliación
Deseguido propónselle un cadro que lle pode servir para avaliar o seu traballo en calquera
das unidades didácticas que leva feitas. Para que a autoavaliación resulte óptima as respostas que ofreza deben ser sinceras e adecuarse á realidade.
Pense que responder de xeito intencionadamente erróneo ás cuestións que se lle formulan no cadro ha repercutir negativamente no seu propio proceso de aprendizaxe.
Folla de autoavaliación
Unidade X
Instrumentos
Autoavaliación do alumno
Caderno
Teno limpo? Ten os apuntamentos que haxa nela relacionados con esta unidade ordenados e completos?
Probas escritas
Como lle saíron as probas escritas desta unidade? Fíxoas
todas? Que puntuación lle puxo o profesor? Valoración
persoal.
Actividades
Fixo todas as actividades da unidade? Deixou algunhas
sen facer? Por que?
Traballo individual
Resultoulle esta unidade difícil de facer? Doada? Por que?
Como valora o seu propio traballo? Cre que lle dedicou á
unidade pouco tempo? Valoración persoal.
Expresión
Faltas de ortografía, caligrafía, acentuación: en que necesita mellorar?
Comprensión
Comprende ben os textos que le? Uns mellor que outros?
Valoración persoal.
Actitude
Cre que a súa actitude negativa influíu no desenvolvemento práctico desta unidade? Ten problemas para concentrarse ? Valoración persoal.
Conclusións
Que nota se poñería ou como definiría o traballo que vostede realizou nesta unidade? Algunha outra observación?
Páxina 14 de 39
2.10 Plan xeral de normalización da lingua galega
O Plan xeral de normalización da lingua galega aprobouse por unanimidade no Parlamento de Galicia o 21 de setembro de
2004. Nel recóllense máis de catrocentas medidas concretas, elaboradas a partir da realidade lingüística de Galicia, para
favorecer o uso do idioma nos distintos ámbitos da sociedade e garantir que calquera cidadán poida vivir plenamente en
galego. Este documento, concibido coa participación de máis dun cento de profesionais representativos de todos os ámbitos da sociedade galega, constitúe un dos avances máis importantes en política de extensión do uso social do galego, tras
a aprobación da Lei de normalización lingüística de Galicia, en xuño de 1983.
O Plan xeral de normalización da lingua galega establece obxectivos xerais e concretos, estruturados en dous grandes bloques sectoriais de actuación. O primeiro bloque integra os sectores de carácter transversal: dereitos lingüísticos, novas
tecnoloxías e implementación do corpus. O segundo grupo correspóndese cos denominados bloques verticais, correspondentes aos sete ámbitos sociais nos que se pretende actuar: Administración, educación, familia e mocidade, economía,
sanidade, sociedade e proxección exterior da lingua.
Texto extraído da páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia:
[http://www.xunta.es/linguagalega/plan_xeral_de_normalizacion]
Actividades propostas (texto 2.10)
S14.
Que se que quere dicir no texto cando se fala de carácter transversal? E implementación do corpus?
S15.
Redacte un texto en que expoña a súa opinión de por que é necesario normalizar a lingua galega nos sete ámbitos que se mencionan na parte final do texto
2.10 (extensión máxima unha cara dun folio).
S16.
En Galicia temos dúas linguas que comparten cooficialidade: a galega e a castelá. Cre que este feito nos beneficia ou enriquece persoalmente fronte a outras
comunidades lingüísticas nas que só é oficial unha lingua? Razoe a resposta
(pode responder en galego ou castelán).
Páxina 15 de 39
2.11 O currículo persoal (curriculum vitae). Aspectos teóricos
O currículo persoal
O currículo persoal ou curriculum vitae (en latín significa a carreira da vida) é o historial
da nosa vida académica e profesional. No currículo, ademais de presentarmos os nosos datos persoais, relatamos a nosa formación académica e intelectual, a nosa experiencia profesional e todos os outros méritos que consideremos que son importantes para un determinado posto de traballo que nos interesa ou algún beneficio que queremos conseguir. Velaquí algunhas situacións en que, normalmente, terá que presentar o seu currículo:
Como solicitante de emprego.
Como aspirante a un posto de traballo nunha grande empresa.
Como aspirante a un posto de traballo nunha pequena ou mediana empresa.
Como opositor ou opositora á función pública en calquera organismo público.
Como solicitante dunha bolsa de estudios.
Como solicitante dunha bolsa de investigación.
Características do currículo
O currículo é un texto narrativo, xa que o interesado relata cronoloxicamente os acontecementos salientables que teñen que ver coa súa vida académica e profesional. Con todo, e
dado que o destinatario é unha empresa ou un organismo, o currículo non é un texto narrativo literario, senón unha narración de carácter formal (comercial ou administrativa).
Por todo isto debemos evitar redactar o currículo como se fose unha novela sobre a nosa vida. Este documento ten que concibirse como unha relación clara e unha exposición
precisa dos méritos que se alegan para o emprego ou beneficio que se quere conseguir.
Formato e modo de elaboración. Debe seguir as seguintes pautas:
– Pode elixir o tamaño de papel, aínda que se establece como modelo estándar o Din
A4 (o utilizado na maioría de escritos en organismos públicos e empresas privadas).
– Para facilitar a visualización do currículo, debe ser escrito unicamente por unha cara
do folio. Podemos considerar esta norma como a máis elemental de todas.
– A redacción debe ser cun procesador de textos. Debe deixar unha marxe de tres centímetros pola esquerda e dous pola dereita. Isto non é un capricho, é unha norma
administrativa que facilita o arquivo do documento e a súa clasificación.
– Algunhas veces, cando interesa coñecer o tipo de letra da persoa aspirante, é necesaria a elaboración do currículo á man. Mediante estudios e análises desa letra (grafoloxía, estudio grafolóxico) pódense coñecer algúns aspectos interesantes da persoa
que axuden a decidirse ou non polo candidato ou candidata.
Características básicas. A modo de resumo, estas son as características básicas de redacción e de presentación do currículo:
– Debe facer unha redacción clara sobre o que quere salientar.
– Non utilice formas rebuscadas e redacte o escrito de maneira simple, sen complicar a
sintaxe (isto é, a forma) nin o contido.
Páxina 16 de 39
–
–
–
–
Debe ser un escrito breve e conciso.
Sempre se presentará escrito por unha cara.
Debe estar redactado cun procesador de textos.
Nalgúns casos concretos é necesario elaboralo á man.
Clases de currículos
O currículo pode ser de dúas clases segundo se queira salientar a vida académica e profesional en xeral, ou se queira sinalar un aspecto concreto que sexa o realmente interesante.
Currículo xeral: é a compilación sistemática e completa de todos os datos persoais,
académicos e profesionais que se foron alcanzando ano tras ano.
Currículo concreto: é o que se elabora para cada caso particular, concretando só os
aspectos salientables, é dicir, é unha forma abreviada do currículo xeral.
Independentemente de que o currículo sexa xeral ou concreto, existen diferentes formas de
estruturalo. Velaquí as máis utilizadas:
Currículo cronolóxico: recibe este nome o currículo que vai redactando cronoloxicamente todos os aspectos salientables.
Currículo funcional: denomínase así o currículo cando se presentan as actividades desenvolvidas en bloques independentes. Deste xeito destácanse só aqueles datos que interesan, e quedan en segunda liña os que non son verdadeiramente importantes para ese
posto de traballo.
Deseguido ten un exemplo de currículo onde a información aparece especificada por bloques. Fíxese no primeiro bloque (datos persoais), despois no segundo (experiencia en vendas), a continuación no terceiro (experiencia en contabilidade e cálculo), despois no seguinte (experiencia en informática), para rematar no último (formación).
Observe como se salienta a experiencia (primeiros bloques) en detrimento da formación
(último bloque).
Datos persoais
D. Xosé Francisco Vázquez Couto, nado en Ferrol o día 2 de xuño de 1978, solteiro, con domicilio en Ferrol, Praza de España nº 25, 6 E. C P 15625 e DNI 03339888.
Experiencia en vendas
– Vendedor na empresa de hipermercados "Carrocheo SA" no período 2002-2003.
–
–
–
Vendedor da empresa de iluminación "Superwatt SL" no ano 2004.
Repoñedor na empresa de hipermercados "Carrocheo SA" no ano 2005.
Vendedor-repoñedor da cadea de supermercados "Bonus Plus " no período 2006-2007.
Experiencia en informática
–
–
–
–
Curso de informática para usuarios, 1999. (50 horas)
Curso de Word iniciación, 2000. (30 horas)
Curso de Word perfeccionamento, 2001. (30 horas)
Curso de informática de caixas (a cargo da empresa "Carrocheo SA"), 2002. (10 horas)
Formación
– FP rama administrativa no IFP de Caranza-Ferrol, 1997.
Ferrol, 14 de xuño de 2009
Páxina 17 de 39
2.12 Texto en castellano. Acuerdo de suspensión de
la ejecución de un acto
Páxina 18 de 39
Documento administrativo: Acuerdo de suspensión de la ejecución de un acto;
extraído de la siguiente dirección web: [http://www.060.es]
Actividades propostas (textos 2.11 e 2.12)
S17.
Texto 2.11.
Cales son as partes principais que debe ter un currículo funcional?
Cales son as características formais que debe ter un currículo?
No seguinte enderezo web ten máis exemplos de modelos de documentos administrativos e profesionais en galego, explicados debidamente:
[http://www.usc.es/snl/asesora/modelosdocumentais/presentacion.htm]
Páxina 19 de 39
S18.
Texto 2.11. Elabore un currículo funcional cos seus datos persoais. Se aínda non
ten experiencia profesional, imaxínea.
S19.
Texto 2.12. Actividad en lengua castellana. Lea el texto y Responda a las siguientes cuestiones:
Este ejemplo es el modelo de un tipo de textos administrativos, ¿cuál es la finalidad de este modelo?
¿Cómo describiría el lenguaje y la presentación formal utilizado en este documento? (sencillo, complicado, visualmente atractivo...) ¿Por qué?
En la siguiente dirección web tiene más ejemplos de modelos de documentos
administrativos y profesionales en castellano, debidamente explicados:
[http://www.060.es/guia_del_estado/como_trabaja_la_administracion/docume
ntos_administrativos/index-ides-idweb.html]
Páxina 20 de 39
2.13 A literatura galega no século XIX. Precursores
e Rexurdimento (aspectos teóricos)
Ver Glosario: foro
Contexto histórico
A comezos do século XIX a poboación de Galicia era fundamentalmente rural. A economía galega dependía case exclusivamente da agricultura, sostida por un campesiñado que
traballaba terras que non eran súas, senón arrendadas mediante un sistema chamado foro
que obrigaba a pagarlles aos propietarios unha parte da produción (a renda foral). A miseria propiciaba a emigración, verdadeira sangría da poboación campesiña.
As clases sociais privilexiadas eran a fidalguía e o clero, que apoiaban o absolutismo,
ideoloxía reaccionaria que pretendía perpetuar o Antigo Réxime que defendía os seus intereses. Contrarias ao absolutismo eran as ideas liberais que tiñan os seus adeptos na burguesía que en Galicia era maioritariamente comercial; a burguesía industrial que establece
as primeiras fábricas procedía na maior parte de fóra de Galicia: cataláns, vascos...
A lingua empregada na fala das clases populares era o galego. Para a escrita empregábase o castelán, pero esta situación empeza a cambiar por razóns de tipo político. No ano
1808 prodúcese a invasión francesa e a conseguinte Guerra da Independencia (18091812), fanse entón os primeiros escritos en galego que teñen como finalidade mobilizar os
labregos na loita contra os franceses. Nos anos que seguiron foron aparecendo na prensa
textos políticos que recollían a polémica da época entre absolutistas e liberais e que eran
escritos en galego para facilitar a súa difusión entre as clases populares.
Por eses anos desenvolvíase en Europa o movemento cultural e literario chamado Romanticismo, que en Galicia entrou serodiamente, pero que creou un clima favorable entre
os intelectuais da época polo estudo da historia dos pobos e das súas peculiaridades, o que
favoreceu o desenvolvemento das linguas chamadas “rexionais”.
Tamén o espírito de rebeldía preconizado polo Romanticismo, xunto coas ideas liberais da época, propiciaron o nacemento dun movemento ideolóxico e político que hoxe
coñecemos co nome de Provincialismo (1840-1854) e que, partindo do recoñecemento da
especificidade de Galicia, ten como obxectivo a súa rexeneración social e económica. Podemos dicir do Provincialismo que foi o precursor do que hoxe coñecemos co nome de
“galeguismo”. Estaba formado por intelectuais de clase media-alta que utilizaban a prensa
para dar a coñecer as súas ideas. Un acontecemento fundamental deste movemento foi a
súa participación no levantamento do xeneral Solís no ano 1846, que supuxo a rebelión de
Galicia contra o centralismo. Fracasado este levantamento, once dos seus dirixentes foron
fusilados (os chamados “Mártires de Carral”), os provincialistas terán que dispersarse
marchando moitos ao exilio, entre eles varios dos considerados precursores do Rexurdimento galego, como Francisco Añón.
Precursores e rexurdimento
No que se refire á literatura en galego, os escritores relacionados co movemento provincialista forman un grupo ao que se denomina os precursores ou prerrexurdimento.
Páxina 21 de 39
A poesía era o único xénero cultivado e entre estes poetas destacaron Juan Manuel Pintos
(1811-1876), autor que fai unha atinada defensa do galego no seu libro A gaita gallega
1853), e Francisco Añón (1812-1861), que publicou poemas de contido costumista e patriótico.
O labor cultural deste grupo de precursores será recollido por unha xeración posterior
de mozos e mozas que se declaran os seus herdeiros e que toman o ano 1846 (levantamento de Solís) como o seu punto de referencia. Entre estes mozos salientan os nomes de Manuel Murguía, Eduardo Pondal e Rosalía de Castro.
No ano 1863 aparece o libro de Rosalía de Castro Cantares gallegos e tradicionalmente
se considera esta data como o inicio do Rexurdimento pleno.
A produción literaria increméntase notablemente a partir do ano 1875 coa aparición de
numerosas publicacións periódicas, o que fai que a prensa da época desempeñe un importante papel no Rexurdimento literario. Tamén tiveron repercusión os certames literarios
entre os que destacaremos os Xogos Florais de Tui do ano 1891 nos que salientou como
orador Manuel Murguía e que supuxo un fito histórico do emprego do galego como lingua
pública en usos formais.
Lírica. É o xénero literario máis importante do Rexurdimento; os tres grandes poetas
da época son Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez e Eduardo Pondal.
Prosa de ficción foi moito menos cultivada, en parte porque a escasa formación do hábito lector en galego determina a preferencia polas formas líricas, máis breves, que poden aparecer con facilidade nas páxinas dos xornais, en parte tamén pola crenza instalada no seo da sociedade da época de que o galego resultaba unha lingua particularmente idónea para a poesía. A primeira novela longa escrita en galego é Maxina ou a filla
espúrea, de Marcial Valladares Núñez e que apareceu por entregas na revista La Ilustración Gallega y Asturiana, ao longo do ano 1880 e na que se mesturan elementos costumistas, románticos e realistas propios da época. Outro autor de novelas é Antonio
López Ferreiro que nos deixou tres relatos longos: A tecedeira de Bonaval (1895), O
castelo de Pambre (1895) e O niño de pombas (1905), os tres aparecidos por entregas
en xornais santiagueses. Ademais destas novelas, escribíronse varias coleccións de contos dominadas polo costumismo e o afán de preservar as tradicións galegas.
Teatro. Tendo en conta o carácter limitado da produción teatral da época e a baixa calidade das obras, non se pode dicir que exista propiamente un teatro do Rexurdimento.
Ademais da produción literaria, o interese dos intelectuais pola lingua e a cultura propicia
a aparición das primeiras gramáticas, dicionarios e obras de crítica literaria. Os historiadores desenvolverán un importante labor na procura dos sinais de identidade específicos de
Galicia, salientando a obra de Manuel Murguía Historia de Galicia (1865-1913) que senta
as bases da consideración de Galicia como nación.
Politicamente, o nacente galeguismo concrétase no chamado movemento rexionalista
(1886) que ten o seu fundamento teórico na obra de intelectuais como Alfredo Brañas e
Manuel Murguía, e que é de onde arrincan as futuras organizacións nacionalistas. Pero este rexionalismo, fortemente dividido no seu interior, non consegue conectar coas clases
populares nin prender con forza nas clases medias.
Páxina 22 de 39
2.14 Texto en castellano. La literatura castellana en
el siglo XIX. El Romanticismo (aspectos teóricos)
Introducción
El Romanticismo europeo penetra en España, principalmente, por Andalucía y Cataluña.
Las circunstancias más importante para la introducción del Romanticismo fue el regreso, a
partir de 1833, de varios centenares de liberales españoles que se habían exiliado huyendo
de la persecución absolutista de Fernando VII, y que se han imbuido de las nuevas ideas
en Europa. Entre ellos están Martínez de la Rosa, el Duque de Rivas, Espronceda, etc.
Alcance del romanticismo
El Romanticismo español alcanza su apogeo hacia 1835. Pero ese apogeo fue corto: pronto fue imponiéndose el espíritu de una burguesía moderada, poco sensible al idealismo
romántico. Y hacia mediados de siglo, ya estaba presionando otra moda literaria francesa:
el Realismo. Sin embargo, como el Romanticismo es la corriente literaria que predomina
en España durante el siglo XIX, nos centraremos exclusivamente en él, tocando, muy por
encima, el Realismo.
El Romanticismo dejó una huella. Creó algunos géneros importantes: la novela histórica, la leyenda y el drama heroico. Rehabilitó el romance, casi olvidado en el siglo XVIII.
Y sobre todo, supuso la irrupción de muchas cosas con las que entramos en nuestra contemporaneidad. Así, en la poesía, el giro hacia un lirismo subjetivo, que no dejará de tener
vigencia hasta hoy. O, en un plano más general, el muy extendido inconformismo del artista en un mundo cada vez más deshumanizado.
Principales géneros románticos
Poesía: sus temas y sentimientos característicos son, unas veces, el hastío de vivir, la
melancolía, el desaliento; otras, la rebeldía contra la sociedad o contra la vida misma.
Por supuesto, el amor, con sus ilusiones y sus desengaños, ocupa un lugar central. Pero
también son importantes los temas legendarios, históricos y exóticos. Algunos poetas
románticos son: Espronceda, Bécquer, Rosalía de Castro, Juan Arolas, Nicomedes Pastor Díaz, Gertrudis Gómez de Avellaneda, Carolina Coronado...
Teatro: trata temas legendarios, caballerescos, aventureros o de historia nacional, siempre dramáticos. El protagonista de estos dramas suele estar marcado por un destino extraño, singular y misterioso, que hace alardes de gallardía y de cinismo. Abundan las
escenas nocturnas y sepulcrales, desafíos y suicidios. Se mezcla lo trágico y lo cómico.
Por último, el teatro del Romanticismo aspira a conmover, no a adoctrinar. Algunos escritores de teatro romantico son: Francisco Martínez de la Rosa, el Duque de Rivas,
Antonio García Gutiérrez, Juan Eugenio Hartzenbusch, José Zorrilla...
Prosa: tres géneros destacan en la prosa romántica: el artículo periodístico, el cuadro
de costumbres y la novela histórica.
– Artículo periodístico: cuenta con la inmensa figura de Mariano José de Larra.
– Cuadro de costumbres: gozó de gran favor entre 1820 y 1870. Son descripciones de
modos de vivir y de tipos populares.
Páxina 23 de 39
Este género, creado en Francia, revelaba el interés de los románticos por todo lo que
fuera representativo del carácter nacional y de lo autóctono. Triunfó pronto en España, que contaba con claro antecedentes (Cervantes, Torres Villaroel...). Y lo cultivaron, aparte de Larra, Ramón de Mesonero Romanos y Serafín Estébanez Calderón.
Los cultivadores de este género, a pesar de que el costumbrismo tenía un origen romántico, se burlaron a menudo de los excesos del Romanticismo. Y con su observación de lo cotidiano, contribuyeron al triunfo del Realismo.
– Novela histórica: se escribieron cientos de novelas de este género en España durante
el siglo XIX. Entre los principales autores cuentan: Trueba y Cossío, Navarro Villoslada y Enrique Gil y Carrasco.
Adaptado de: VVAA, Literatura Española 2 (Bachillerato), Anaya, Madrid, 1995
Actividades propostas (textos 2.13 e 2.14)
S20.
No Rexurdimento galego, unha das voces líricas máis importantes é a de Rosalía de Castro. Diríxase a unha biblioteca do seu contorno e colla en préstamo a
obra de Rosalía titulada Cantares Gallegos. Léaa.
S21.
Actividad en lengua castellana. En el Romanticismo español, una de las voces líricas más importantes es la de José de Espronceda. Diríjase a una biblioteca de
su entorno y coja en préstamo la obra titulada Poesías (1840). Léala.
S22.
Compoña -en galego ou castelán- un texto lírico como forma de expresión do
seu mundo interior.
Páxina 24 de 39
3.
Resumo de contidos
No bloque de comunicación oral (secuencia de contidos e actividades 2.1 a 2.2)
Valoramos a importancia de utilizar a lingua oral para tomarmos consciencia dos coñecementos, as ideas e os sentimentos propios e alleos para regular a propia conduta.
Bloque de comunicación escrita (secuencia de contidos e actividades 2.3 a 2.6)
Vimos e analizamos o tema, os subtemas e os argumentos de dous textos argumentativos nas dúas linguas do ámbito.
Utilizamos a composición escrita como forma de comunicar as experiencias e os coñecementos propios.
Corriximos dous textos nas dúas linguas do ámbito cuxa presentación formal, ortografía, acentuación e tipografía era incorrecta.
Bloque de coñecemento da lingua (secuencia de contidos e actividades 2.5, 2.6 e 2.7 a
2.9)
Mediante dous textos nas dúas linguas do ámbito distinguimos entre forma (categoría
gramatical) e a función das palabras.
Servíndonos dos textos 2.5 e 2.6 do bloque anterior de contidos aprendemos a utilizar
conscientemente as normas ortográficas, empregando os termos apropiados na explicación sobre o seu uso e apreciando o seu valor social e a necesidade de cinguirse á norma lingüística.
Aprendemos novas estratexias de autoavaliación, aceptando o erro como parte do proceso de autoaprendizaxe.
Bloque de lingua e sociedade (secuencia de contidos e actividades 2.10 a 2.12)
Concienciámonos da necesidade e das potencialidades de enriquecemento persoal e colectivo do uso normalizado da lingua galega, afirmando o plurilingüismo.
Comprendemos e analizamos o uso das dúas linguas do ámbito nos documentos profesionais e administrativos de uso frecuente.
Bloque de educación literaria (secuencia de contidos e actividades 2.13 a 2.14)
Coñecemos as características xerais dos grandes períodos da historia da literatura (das
dúas linguas do ámbito) do século XIX.
Localizamos en bibliotecas do contorno textos literarios do período estudado (século
XIX).
Desenvolvemos a nosa autonomía lectora e aprecio pola literatura como fonte de pracer.
Compuxemos textos de intención literaria, especialmente líricos, como formas de expresión do noso mundo interior.
Páxina 25 de 39
4.
Exercicios de autoavaliación
1.
A comezo do século XIX como era a poboación de Galicia?
2.
De clase media.
Do sector de servizos.
Do sector industrial.
Do mar.
Da agricultura.
A fidalguía e o clero.
A fidalguía.
O clero.
Os agricultores.
Que xénero literario foi cultivado no Rexurdimento galego?
5.
Rural.
Cales eran as clases sociais privilexiadas no século XIX en Galicia?
4.
Nalgunhas zonas rural e noutras urbana.
De que dependía a economía galega no século XIX?
3.
Urbana.
A poesía.
A poesía e especialmente o teatro.
A narrativa.
A narrativa e o teatro.
Que nomes destacan no Prerrexurdimento galego?
Ramón Cabanillas e Rafael Dieste.
Manuel Murguía, Eduardo Pondal e Rosalía de Castro.
Manuel Antonio, Vicente Risco e Castelao.
Celso Emilio Ferreiro, Luz Pozo Garza e María Mariño.
Páxina 26 de 39
6.
En que ano aparece o libro Cantares Gallegos? De quen é?
7.
1863. Rosalía de Castro.
1863. Marcial Valladares.
Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez e Luz Pozo Garza.
Rosalía de Castro, Nicomedes Pastor Díaz e Eduardo Pondal.
María Mariño, Manuel Curros Enríquez e Eduardo Pondal.
Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez e Eduardo Pondal.
Como se chama e de quen é a primeira novela longa escrita en galego?
9.
1800. Padre Sarmiento.
Cales son os tres grandes poetas do Rexurdimento galego?
8.
1863. Francisco Añón.
Os libros arden mal. Manuel Rivas.
Maxina ou a filla espúrea. Marcial Valladares.
Crónica de nós. Méndez Ferrín.
Grupo Abeliano. Cid Cabido.
Por onde penetra o Romanticismo europeo en España?
Por Galicia e Asturias.
Por Andalucía e Cataluña.
Por Valencia e Canarias.
Por Galicia e Andalucía.
10. Que temas aparecen na poesía do Romanticismo español?
A melancolía e o desalento.
Varios, pero sobre todo a denuncia social da realidade que nos rodea.
Nomeadamente o fastío de vivir, a melancolía, o desalento; noutros casos, a rebeldía
contra a sociedade ou contra a vida mesma.
A rebeldía e a denuncia social.
Páxina 27 de 39
11. Que temas aparecen no teatro do Romanticismo español?
Temas fantásticos.
Temas cabaleirescos.
Temas lendarios.
Temas lendarios, cabaleirescos, aventureiros ou de historia nacional, sempre
dramáticos.
12. Que tres xéneros destacan na prosa romántica?
O artigo periodístico, o cadro de costumes e a sátira.
O artigo periodístico, a crítica social e a novela histórica.
O drama, o cadro de costumes e a novela histórica.
O artigo periodístico, o cadro de costumes e a novela histórica.
Páxina 28 de 39
5.
Solucionarios
5.1
Solucións das actividades propostas
S1. Texto 2.1.
A historia da vida de Ramón Piñeiro.
S2.
Texto 2.2.
Un viaje a través del Maestrazgo de Teruel para conocer sus gentes, su historia...
S3.
La lengua oral sirve para comunicarnos entre nosotros, para transmitir ideas, sentimientos, conocimientos. Es
el canal de comunicación por excelencia del ser humano.
S4.
Texto 2.3.
Cal é o tema principal do texto?
Unha crítica negativa ao último libro escrito por Jaureguizar: O Globo de Shakespeare.
Que subtemas están presentes no texto?
O elemento ou tema central é a propia crítica ao libro de Jaureguizar mais esta divídese –ao mesmo tempo- e
céntrase en diversos aspectos que configuran un todo. Polo tanto, temos os seguintes subtemas neste texto:
cuestións acerca do fío argumental, dos personaxes e feitos, do desenlace e dos erros lingüísticos d´O Globo
de Shakespeare.
Que tipo de argumentos utiliza o crítico para concluír que o libro de Jaureguizar non é do seu gusto?
Argumento de semellanza: o crítico minusvalora a historia que presenta a novela de Jaureguizar comparándoa
coa primeira novela galega Maxina ou a filla espúrea, de Marcial Valladares. Exemplo: “Personaxes e feitos resultan tópicos e as historias conflúen ao xeito do vello folletín e cuns recursos técnicos que están moi afastados
do que se lle pide a unha novela actual e que nos fan experimentar a sensación de que volvemos ás técnicas
de Maxina, a primeira novela galega, en que o narrador, ao xeito dun deus, fai confluír dun xeito totalmente artificial e inxenuo as distintas historias da novela nun desenlace de deus ex machina”.
Argumentos baseados nas consecuencias dun feito: como consecuencia do comentado no argumento anterior
o crítico conclúe o seguinte: “A viaxe de Ricardo en globo a Inglaterra non é esperpéntica, senón unha pura astracanada, co sal gordo engadido da súa caída sobre os xitanos evanxelistas”. O mesmo en todo o parágrafo
seguinte: “O desenlace, con incendio incluído, non resulta de ningún xeito verosemellante e entra no terreo do
puro disparate, por máis que pretenda ser parodia do folletín, das películas da serie B ou do cine mudo. Pero
non o consegue. Neste remate de novela estraña así mesmo a crítica que fai o autor por boca de Adriana do
éxito das novelas supostamente escritas polo seu marido e traducidas a seis idiomas, que só teñen éxito pola
incultura dos seus lectores. É unha socioloxía do éxito literario simplista e que parece condenar toda a narrativa
con éxito de público ao desprezo. Sorprende isto cando na páxina 79 desta novela se nos di que o autor do
himno galego é Curros Enríquez…”
Páxina 29 de 39
Argumento de autoridade: o crítico recalca os erros lingüísticos que contén o texto de Jaureguizar. Para facer
iso, e como o libro está escrito na norma oficial argumenta (implicitamente) baseándose nas regras escritas
gramaticais (que podemos atopar en diversos manuais) que indican como se debe escribir correctamente.
Exemplo: “En canto á lingua, hai erros que demostran que o escritor non domina o galego, como é o emprego
de lle como complemento directo, na mellor liña do castelán de Valladolid ou de Madrid (aínda lles divertía a silueta de Buster Keaton, páx. 74) o cheísmo (Non che atraio? páx. 81), o uso inadecuado do reflexivo (o aceite
que se botaba pola pel, páx. 112) ou o emprego incorrecto dos verbos pronominais (que acorde do que che dixen, páx. 81. Neste caso, con suplemento con de, o verbo acordar é pronominal)”. E tamén no seguinte anaco:
“Estes erros, e xa non imos facer referencia aos léxicos ou mesmo gramaticais menos rechamantes (como os
castelanismos despegar un avión por engalar, reanudar, o uso de quecer como intransitivo, pousar –páx.117
por posar…) fan que o lector que é falante inicial ou habitual de galego perciba esta novela (e tamén outras que
teñen as mesmas tachas lingüísticas) como algo falso e que mesmo pense que se escriben en galego, porque
ao mellor é máis doado publicar nesta lingua ca en castelán ou ata acadar un premio. Eu non coñezo novelas
premiadas en castelán onde, a non ser para caracterizar os personaxes, se utilicen como estándar o laísmo ou
formas como se me cayó”
Argumentos baseados nas consecuencias dun feito: Como consecuencia das argumentacións expostas polo
crítico ao longo do seu texto conclúe esta última, consecuencia directa das anteriores: “Xa que logo, nunha época en que a produción galega xa é o suficientemente abonda como para poder escoller e non como na época
Nós ou nos sesenta-setenta, que se lía todo o escrito en galego, pois tan cativa era a produción editorial en galego naquelas datas, esta novela é absolutamente prescindible e ninguén vai perder ren se non a le”.
S5.
Texto 2.4.
¿Cuál es el tema principal del texto?
Una crítica negativa a la última película de Michael Moore titulada Sicko.
¿Qué subtemas están presentes en el texto?
El elemento o tema central es la propia crítica a la película de Michael Moore pero esa crítica se divide y se centra
–a su vez- en diversos aspectos que configuran un todo. Por lo tanto, en el texto están presentes los siguientes
subtemas: una alabanza a la anterior película de Michael Moore: Farhenheit 9/11; el pésimo sistema de seguridad
social que existe en E.E.U.U.; el estilo cinematográfico plúmbeo de Michael Moore del que el crítico está aburrido.
¿Qué tipo de argumentos utiliza el crítico para concluir que la película de Michael Moore no es de su agrado?
Exposición de los hechos: el crítico inicia el texto informándonos sobre el anterior trabajo de Michael Moore –
que le pareció muy bueno- para de esta forma, asentar la tesis que pretende demostrar: por qué no le gusta esta última película de Moore. Ejemplo: “Un muñeco inarticulado, vulgar hasta el escándalo, autor de lamentables
frases hechas con inmediato poder para alterar la realidad, un criminal apabullantemente torpe y gris, le decía
con escandalosa suficiencia a un fulano gordo, obsesivo, tramposo, izquierdista, manipulador y procaz: "Búsquese un trabajo serio, señor Moore". Ocurría en Farhenheit 9/11. Era un documental salvaje a costa de ser realista que revelaba los infinitos trapicheos de la familia Bush con los fundamentalistas que sembraron la duda
del apocalipsis en la intocable América, que mostraba la grotesca estupefacción del jefe de la patria cuando le
cuentan en medio de una charla escolar que un avión se ha estrellado contra las Torres Gemelas, que el insólito
desorden y los volcanes de sangre están amenazando a la acorazada seguridad de la patria, que tu mundo se
derrumba sin que tus supuestos y científicos conocimientos lo hubieran supuesto. Ese documental sobre los impunes desmanes del poder, sus ramificaciones, su complicidad con el terror, era brillante, didáctico y pavoroso,
era la ácida investigación sobre la institucionalizada corrupción, sobre el espantoso estado de las cosas que han
legitimado los canallas”. O también en: “Ese documental vibrante y militante, espectacular y maniqueo, tenía antecedentes transparentemente personales, profundamente autorales. Michael Moore, el perro de presa progresista, el hombre deslenguado y audaz que mete el bisturí en costumbres y rituales cotidianos como la surrealista
y consentida familiaridad con las armas del ciudadano medio de Estados Unidos, el analista de horrendas consecuencias como la matanza en el instituto Columbine, retorna a la disección testimonial de los horrores que
perpetúan los de siempre y pagan inevitablemente los eternos perdedores en Sicko.”
Páxina 30 de 39
Argumento de semejanza: el resto de la crítica de Boyero es consecuencia directa de lo dicho en la tesis ante-
rior, pues ahora viene a decir que ese estilo que tanto alabó del director norteamericano en su penúltima película le resulta en Sicko aburrido y cansino. Ejemplo: “Ahora se ha quitado la barba, sabe que es un icono, muestra
la angustia no ya de los que carecen de cualquier tipo de seguridad social, sino de la clase media que se ha pagado un seguro sanitario que le va a estafar, de los legitimados robos de instituciones bendecidas por el sistema
y que se van a agarrar a la fraudulenta letra pequeña para ahogar las posibilidades de vida de los que están seriamente enfermos, de los que creyeron que una póliza rigurosamente pagada era el salvoconducto para la aparición del monstruo, del tumor combatible, también de esa esperanza de vida que crees en tu ingenuidad que te
la puede aliviar un seguro lleno de trampas, la fórmula del sistema para perpetuar sus infames negocios políticos, económicos, sindicales, sanitarios. O también: “Admitiendo la necesidad de la denuncia, resulta que el estilo de Michael Moore, inicialmente original, te suena a fórmula, a plúmbeo, a conciencia estratégica de todos los
males que afectan al rey de la tierra, y el lenguaje es cansino y los propósitos son encomiables y todo suena a
visto y oído”; “Y me acuerdo del acoso al fascista y armamentístico Charlton Heston, al hombre que hizo posible
que llegaran a su maravilloso final dos obras de arte tituladas Mayor Dundee y Sed de mal. Y no llego al final de
la concienciada Sicko. Todo en ella parece verdadero, repetitivo, aburrido”.
S6.
Impresión.
S7.
Textos 2.5.
Corrixa...
Para a explicación da acentuación o alumno ou alumna debe recorrer á teoría
sobre normas ortográficas que se lle indica no exercicio.
A historia que arrastraba aquel estraño violinista escoiteina por primeira vez da boca dun músico que vive en Valmaior. Contouma no despacho do conservatorio, nun edificio que mira cara á ponte de catro ollos que se ergue na
desembocadura do río.
Uns anos antes estivera percorrendo en bicicleta o Baixo Danubio. Dende que a miña dona me enganase cun
compañeiro de facultade, talvez para que ninguén me recordase a amargura que sufrira despois daquel descubrimento, sempre viaxaba sen compañía. Daquel periplo por Austria lembro unha visita que me deixou unha pegada
inesquecible. Despois de camiñar polos recantos máis fermosos da abadía beneditina de Melk, atopeime coa súa
espléndida biblioteca. Quedei asombrado non só pola antigüidade dos seus exemplares, senón pola luminosidade
que amosaban os andeis dourados e o teito de delicada trazaría.
Uns quilómetros máis abaixo, collendo a rúa peonil que bordea a marxe esquerda do Danubio, dexerguei un estraño personaxe. Vino camiñando polas rúas da vila de Dürstein, coa cabeza sumida nas lousas e unha pesada
mochila nas costas. Eramos os dous únicos visitantes naquela hora do mediodía, cando o sol caía sen piedade e
as sombras eran inexistentes. Eu estaba sentado no mazadoiro dunha casa. Tiven que recoller os pés para deixalo pasar. Esperaba a chegada dunha muller que me alugara un cuarto nunha casa situada no camiño que subía
ata o cumio do castelo. Pero coido que aquel home non reparara na miña presenza. Mentres subía cara ás calellas máis empinadas da zona antiga,semellaba mergullado nas súas coitas.
Cre que a presentación formal do texto é correcta? Razoe a resposta e corrixa
no texto o que considere necesario.
Non, non é correcta porque unha parte do texto non respecta as marxes debidas e, polo tanto, desentoa co resto
do texto e pode dificultar a súa lectura. Xa que logo, a presentación formal non é coidada e débese corrixir igualando as marxes dese anaco de texto coas do resto del.
Mediante un procesador de textos reescriba este texto 2.5 coas oportunas correccións que lle fixo nos exercicios anteriores. Imprímao.
O alumno ou alumna debe seguir as indicacións do exercicio para a súa resolución.
Páxina 31 de 39
S8.
Textos 2.6.
Corrija...
Para la explicación de la acentuación el alumno o alumna debe recurrir a la teoría sobre normas ortográficas que se le indica en el ejercicio
Es un hecho que las grandes superficies, con Carrefour a la cabeza, han ido aumentando su cuota de mercado en
los últimos tiempos, y que es el suyo un modelo que funciona en determinados lugares y ambientes. Ahora, ¿se
ha de deducir de su relativo éxito que ese ha de ser el espejo en que miren todas las librerías? Las de El Corte
Inglés, aunque aún conservan buena parte de su peso, retroceden y son cada vez algo más residual en su propia
organización, que las desplaza en favor de la marroquinería o los cosméticos. ¿Cuál es entonces la alternativa?
Fnac es una fórmula limitada pero atractiva, de la que se sabe qué esperar y que sirve bien a determinado tipo de
público. Pero hay temáticas y editoriales muy mal o nulamente representadas. Bertrand, que estos días desembarca en España, aporta un buen conocimiento, el famoso know-how, más el apoyo de otro gran grupo (Bertelsmann) y su exitosa experiencia en Portugal. Aquí parte de cero y todos son posibilidades, que esperamos no se
vean defraudadas. Pero tampoco podrá cubrirlo todo.
Entre unos y otros quedan resquicios, huecos, que pueden ser aprovechados por los libreros independientes,
especializados o no, que estén dispuestos, como los nuevos chefs, a hacer de la necesidad virtud y manjares de
las migas (que son muchas) que caen de las mesas de los grandes. Son ellos los especialmente dotados para la
venta institucional, siempre que las instituciones públicas asuman que no pueden por un lado defender “la Cultura”
y por otra aceptar, cuando no imponer, condiciones leoninas y descuentos desorbitados que contravienen el
máximo legal del 15%. [...]
Mediante un procesador de textos reescriba este texto 2.6 con las debidas correcciones que le hizo en el ejercicio anterior. Imprímalo.
El alumno o alumna debe seguir las indicaciones del ejercicio para su resolución.
S9.
Axúdannos a comprender de forma adecuada un texto xa que nos indican as pausas que debemos facer na lectura, a acentuación das palabras, cando pasamos dun tema a outro, o ton que debemos empregar (interrogacións,
exclamacións...), etc. Sen elas, a comprensión adecuada dun texto escrito sería moi difícil.
S10. Texto 2.7.
Concirne: verbo; núcleo de oración.
Probablemente: adverbio; CC.
Moitos: indefinido; adxacente do substantivo (foros).
A: artigo; determina o substantivo que acompaña (cuestión).
Cuestión: substantivo; suxeito.
Muller: substantivo; suxeito.
De: preposición; introduce funcións sintácticas desenvoltas por outras clases de palabras.
Literatura: substantivo; complemento do nome.
Irrelevante: adxectivo; adxacente do substantivo (discurso).
Páxina 32 de 39
S11. Texto 2.8.
Mi: posesivo; determina al sustantivo que acompaña (reloj).
Reloj: sustantivo; sujeto.
De: preposición; introduce funciones sintácticas desempeñadas por otras clases de palabras.
Mármol: sustantivo; sintagma nominal.
Blanco: adjetivo; adyacente del sustantivo al que acompaña (mármol).
Lentamente: adverbio; CC.
El: artículo; determina al sustantivo que acompaña (Solitario).
Solitario: adjetivo: adyacente del sustantivo al que acompaña (Centinela).
Centinela: sustantivo; sujeto.
S12.
A categoría gramatical establece unha diferenza de tipo semántico entre os membros que a forman: verbo, adverbio, substantivo, adxectivo... Mentres que a función sintáctica indícanos como se combinan e onde se deben situar
as palabras nunha frase, oración ou texto.
S13.
Artigo: acompaña ao substantivo, determínao e delimita ou precisa o seu significado.
Substantivo: principalmente serve para designar persoas, animais, obxectos reais ou irreais do noso mundo.
Adxectivo: principalmente acompaña ao substantivo, modificándoo, sinalando unha determinada calidade.
Verbo: funciona como núcleo de oración e pode expresar acción, movemento...
S14.
Carácter transversal: dise do carácter que incide en varias cousas ou planos e non se limita a un só.
Implementación do corpus: refírese a introducir, inserir palabras e estruturas (o corpus) que compoñen e dan
forma a unha lingua en concreto e completan a súa capacidade de expresión. Por exemplo, termos científicos e
técnicos, etc.
S15.
Resposta aberta, pero debe gardar relación coa seguinte: é necesario normalizar a lingua galega neses sete ámbitos porque, en moitos, deles -por exemplo na xustiza- o uso do galego é residual e, polo tanto, cómpre pór en
marcha políticas dinamizadoras que fomenten o seu uso e que o estendan para chegar a esa pretendida normalización.
S16.
Resposta aberta, pero a conclusión lóxica do alumno, tendo en conta o que levamos visto ao longo desta e do
resto das unidades, é que o plurilingüismo é un elemento enriquecedor porque nos ofrece unha diversidade de
perspectivas maiores có feito de coñecer só unha lingua.
S17. Texto 2.11.
Cales son os apartados principais que debe ter un currículo funcional?
Páxina 33 de 39
Primeiro bloque, datos persoais; segundo bloque, experiencia profesional ; terceiro bloque, formación.
Cales son as características formais que debe ter un currículo?
Redacción clara e simple, non utilizar formas rebuscadas nin complicar a sintaxe; debe ser un escrito breve e conciso; sempre se presentará escrito por unha cara; debe estar redactado cun procesador de textos. Nalgúns casos
concretos é necesario elaboralo á man.
Enderezo web.
O alumno ou alumna dirixirase á páxina web que se lle indica no exercicio para ver os demais tipos de documentos administrativos e profesionais que existen en galego. Deste xeito, poderá familiarizarse con eles.
S18.
Resposta libre. O alumno deberá seguir os apartados de contido e as características formais específicas á hora de
redactar o seu currículo.
S19.
Es el modelo para un acuerdo de suspensión de la ejecución de un acto.
¿Cómo describiría el lenguaje y la presentación formal utilizado en este documento? (sencillo, complicado, visualmente atractivo...) ¿Por qué?
La presentación visual es clara y concisa pero más complicada que la del texto 2.11. El lenguaje, aunque pretende ser conciso para evitar interpretaciones erróneas, es complicado ya que está lleno de estructuras oracionales o
frases que hacen referencia al ámbito jurídico, que puede desconocer la persona que rellena el formulario.
Dirección web.
El alumno o alumna se dirigirá a la página web que se indica en el ejercicio para visualizar los demás tipos de
documentos administrativos y profesionales que existen en castellano. Así, podrá familiarizarse con ellos.
S20.
O alumno ou alumna debe seguir as indicacións da actividade para a súa resolución.
S21.
El alumno o alumna debe seguir las indicaciones de la actividad para su resolución.
S22.
O alumno ou alumna debe seguir as indicacións da actividade para a súa resolución.
Páxina 34 de 39
5.2
Solucións dos exercicios de autoavaliación
1.
Rural.
2.
Da agricultura.
3.
A fidalguía e o clero.
A poesía.
4.
5.
Manuel Murguía, Eduardo Pondal e Rosalía de Castro.
Páxina 35 de 39
6.
1863. Rosalía de Castro.
7.
Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez e Eduardo Pondal.
8.
Maxina ou a filla espúrea. Marcial Valladares.
9.
Por Andalucía e Cataluña.
10.
Principalmente o fastío de vivir, a melancolía, o desalento; outras, a rebeldía
contra a sociedade ou contra a vida mesma.
Páxina 36 de 39
11.
Temas lendarios, cabaleirescos, aventureiros ou de historia nacional, sempre
dramáticos.
12.
O artigo periodístico, o cadro de costumes e a novela histórica.
Páxina 37 de 39
6.
Glosario
F
P
Foro
Contrato agrario polo cal o campesiñado tiña que pagar aos donos das terras (nobreza e
clero) unha boa parte da súa colleita e outros servizos. En Galicia, o movemento agrarista
fixo presión para que os labregos puideran acceder á posesión das terras
Procusto
Na mitoloxía grega, Procusto, tamén chamado Damastes (‘avasalador’ ou ‘controlador’),
Polipemón (‘moitos danos’) e Procoptas, era un bandido e pousadeiro da Ática (ou segundo outras versións, dos arrabaldes de Eleusis). Tíñaselle por fillo de Poseidón. Coa súa
esposa Silea foi pai de Sinis.
Procusto tiña a súa casa nos outeiros, onde ofrecía pousada ao viaxeiro solitario, seducíao
e invitábao a tombarse espido nunha cama de ferro. Se a vítima era alta, Procusto deitábaa nunha cama curta e serráballe as partes do corpo que lle sobresaían. Se, pola contra,
era máis baixa, invitábaa a deitarse nunha cama longa, onde lle ataba as mans e a desfacía cun martelo ata estricala (de aquí vén o seu nome). Segundo outras versións, ninguén
coincidía xamais co tamaño da cama porque esta era secretamente regulable: Procrusto
alongábaa ou acurtábaa segundo a súa vontade antes da chegada das súas vítimas.
Procusto continuou co seu reinado de terror ata que se atopou co heroe Teseo, quen se
deixou seducir, pero cando entrou na choza de Procusto “axustouno” cortándolle a cabeza
e os pes a golpes de machado. Matar a Procusto foi a última aventura de Teseo na súa
viaxe desde Trecén (a súa aldea natal do Peloponeso) ata Atenas.
En xeral, denomínase procústeo a aquilo oposto ao ergonómico, é dicir, que parte da idea
de que é o home quen debe adaptarse aos obxectos e non ao revés.
.
Páxina 38 de 39
7.
Bibliografía e recursos
Bibliografía
Alarcos Llorach, Emilio, Gramática de la lengua española, Espasa, Madrid, 1999.
Benítez, J. J., Caballo de Troya I, Planeta, Barcelona, 2005.
GRIAL, Revista galega de cultura, número 181; xaneiro, febreiro, marzo 2009.
ILG e RAG, Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, ILG e RAG, Vigo,
2003.
ILG e RAG, Vocabulario ortográfico da lingua galega, ILG e RAG, 2004.
Moure, Teresa, A Palabra das fillas de Eva, Galaxia, Vigo, 2005.
RAG, Dicionario da Real Academia Galega, Xerais e Galaxia, Vigo, 2000.
RAE, Diccionario de la lengua española (2 tomos), Espasa Calpe, Madrid, 2008.
Trama & Texturas (revista), número dos, mayo 2007.
VVAA, Literatura Española 2 (Bachillerato), Anaya, Madrid, 1995.
Ligazóns de internet
[http://www.060.es/]
[http://www.anosaterra.org/]
[http://www.digalego.org/]
[http://www.elpais.com/]
[http://www.galicia-hoxe.com/]
[http://www.galipedia.org]
[http://www.xunta.es/linguagalega/]
[http://www.usc.es/snl/]
[http://es.wikipedia.org]
[http://vello.vieiros.com/publicacions/veredicion.php?Ed=38]
[http://es.youtube.com]
Páxina 39 de 39
Descargar