Literatura galega contemporánea

Anuncio
1.Noriega Varela e Ramón Cabanillas. Obras representativas e características da súa escrita.
Noriega Varela
Nace en 1969 en Mondoñedo, é o máis vello dos poetas da xeración que M. Ferrín chama Antre dous séculos
. É un fácil versificador, comezou a ser recoñecido despois de gañar un famoso certame poético en
Mondoñedo. Autor dunha única obra que foi ampliando ó longo da súa vida Montañesas que a partir da
terceira edición para a chamarse Do ermo, que indica un cambio de tendencia na súa obra.Apoia a loita agraria
e únese ó grupo NÓS.
♦ ruralismo costumista: destaca pola riqueza da súa lingua, a descrición de paisaxes, e a métrica
popular.
♦ Lirismo da natureza: poesía paisaxística mais refinada e culta,sinte aprecio polo humilde e
influenciase de poetas portugueses.
Cabanillas
Nace en Cambados en 1876, marcha con 30 anos á Habana, é coñecido como
O poeta da raza porque recolle a inquedanza de Rosalía,o celtismo de Pondal, e a protesta de Curros, aparte de
introducir elementos innovadores.
♦ etapa pregaleguista: No desterro Vento mareiro, de carácter intimista que mostran
solidariedade polos labregos(Foros). Algúns poemas Acción galega chegan a ser símbolos
populares.
♦ etapa galeguista: Da terra asoballada reivindica a liberdade de Galicia fronte a Castela.
♦ etapa mítica: Na noite estrelecida está formada por tres partes e narran as historias do Rei
Arturo e o Santo Graal, pero galeguizándoos..(nun mosteiro de Ourense), escribe teatro
contemporáneo A man santiña e verso histórico O mariscal
♦ etapa de posguerra: Samos libro cheo de desengano e morriña.
2.Os movementos de vangarda. Características.Autores e obras.
Escritores nados a redor de 1900, renovación, introducen vangardas europeas. Promoven a creación do
Seminario de Estudios Galegos, algúns deles morren novos e outros quedan marcados polo drama da guerra
civil. Destacan principalmente na poesía.
−Nacen importantes revistas coma: Alfar, Ronsel, Resol,Papel de Cor... etc.
Poesía:
−Neotrobadorismo: Tradición medieval, cantigas de amigo ,de amor, empregan recursos coma o leixaprén e
paralelismos.
− Álvarez Blázquez Cancioneiro de Monfero ( fai crer que é antigo)
− Bouza Brey Nao Senlleira(20 poemas neotrobadorescos)
− Cunqueiro:Cantiga nova que se chama riveiranovo vs tradicional.Amancio Prada.
1
−Hilozoísmo : continúan a tradición paisaxística, imaxes vangardistas baixo unha forma tradicional aberta ós
sentidos. Os obxectos humanízanse.
− Amado Carballo: morre moi novo con 26 anos Proel O Galo (póstumo).
−Surrealismo: busca a liberdade interior humana.
− Cunqueiro: Poemas do si e do non de tema amoroso, recolle elementos típicos de todas as vangardas, pero
non hai automatismo nin dramatismo propios das demais.
−Creacionismo: o poeta crea unha realidade autónoma(Deus).
− Manuel Antonio: manifesto Máis alá (ós vellos de fai séculos) Sempre e máis despois De catro a
catro(caderno de bitácora) paisaxe mariña, técnico−natural
Prosa:
Dieste: Dos arquivos do trasno psicoloxía galega, maxia en perspectiva realista.
3.A xeración NÓS. Características autores e obras.
1920, Ourense sae o primeiro número da revista NÓS (Risco,Cuevillas,Pedrayo,Castelao)
Esta revista estendese a toda Galicia, vese interrompida pola guerra civil. É de tipo cultural, nela fálase de
etnografía, arqueoloxía,historia e literatura.
Todos estes autores son moi cultos, políglotas, europeizadores. Participan activamente no Seminario de
Estudios Galegos, Irmandades da Fala,Partido Galeguista...
Risco: Nace en 1884 en Ourense,no seo dunha familia acomodada comeza a súa formación coas lecturas
vangardistas europeas, funda a revista La Centuria.
As súas obras máis importantes son:
♦ Teoría no Nacionalismo Galego(ideario das Irmandades da Fala)
♦ Do caso que lle aconteceu ó doutor Alveiros (mundo de ultratumba)
♦ O Porco de Pé ( Sátira de Don Celidonio)
♦ O bufón d´el rei (teatro)
Pedrayo: Ourense, no seo dunha familia liberal,estudia filosofía e letras.
♦ Os camiños da vida decadencia da fidalguía
♦ Arredor de si un mozo en busca da súa identidade.
♦ O fidalgo unha das mellores mostras de narrativa breve.
♦ Teatro de máscaras
Cuevillas: Ourese, cursa farmacia pero non chega a exercer.
♦ Prosas galegas homenaxes a escritores e estudiosos galegos.
Castelao: Rianxo, de familia mariñeira, ten facetas de político participa nas Irmandades da Fala a constitución
e Partido Galeguista, deputado nas cortes e loitador polo Estatuto.
2
Como artista gráfico é moi coñecido ten unha gran sensibilidade, conta tamén cunha ampla obra ensaística : −
As cruces de pedra na Galiza Sempre en Galiza
Como narrador:
− Un ollo de vidro.Memorias dun esquelete(ultratumba)
♦ Cousas 45 relatos de humor e denuncia.
♦ Os dous de sempredosu tipos de ser humano fundamentais.
♦ Retrincosmomentos autobiográficos.
Como dramaturgo: − Os vellos non deben de namorarse (3 actos, tópico universal)
4.A literatura galega no exilio.Autores e obras.
En Galicia, a nosa lingua foi retornada á categoría de dialecto (castelán mal falado)
• aldeanismo, (atraso) América latina como refuxio para os exiliado, evitan que a cultura se apague ( 18
libros en galego de 1940 a 1944) Buenos Aires, capital da cultura galega ,(revistas ( céltiga, Galicia),
programas de radio, conferencias).
• Autores:
♦ Castelao: sempre en Galicia os vellos non deben de namorarse
♦ Dieste: anterior ó exilio, Dos arquivos do trasno
♦ Blanco Amor: A Esmorga
Narrativa:
Silvio Santiago: Vilardebós
Ramón de Valenzuela: Non agardei por ninguén O naranxo
Antón Alonso Ríos: Da saudade: amore arte e misticismo Nidia
Poesía:
Luís Seoane: Fardel de eisiliado Na brétema Sant−Iago As cicatrices
( pretende devolver a conciencia da historia colectiva da patria esquecida)
Teatro: A Soldadeira o irlandés astrólogo
Lorenzo Varela: Catro poemas para catro gravados (épica)
Lonxe(guerra civil e consecuencias)
Emilio Pita: Jacobusland Serán
Florencio Delgado Gurriarán: (neorromántico)
Ramón Rey Baltar: A gaita ó falare: lembranzas e maldicións
Ernesto Guerra da Cal: Seis poemas galegos
3
Características: En xeral son escritores antifranquistas, que lembran a súa terra, defenden os dereitos dos
galegos exiliados, e critican duramente ó réxime e a guerra.
6. Tendencias da narrativa galega de posguerra.Autores e obras.
A guerra civil creba na literatura, a producción Bos Aires.
1950(A xente da barreira) comezase a publicar (Fole, Cunqueiro,Amor) liñas diversas.
−Anxel Fole: A Lus do Candilcontos relacionados entre si ,estructura sinxela e encadramento
Terra brava descrición da paisaxe do pais ,temática misteriosa, tradición oral.
−Cunqueiro: Merlín e familia explora a materia de Bretaña, Merlín resolve problemas
As crónicas do Sochantre peripecias dun músico, cambio de narrador.
Se o vello Simbad volvese ás illas , Simbad retirado máis paisaxe de Galicia.
−Blanco Amor: A esmorga narra a realidade opresiva e triste cun gran realismo.
Xente de lonxeexplora diferentes técnicas narrativas na súa obra, forte pegada.
Finais de 1950 e 1960, Nova Narrativa Galega.
−Características: Punto de vista omnisciente, obxectivo−cámara,influenciados por Joyce, Kafka, Faulkner,
innovacións técnicas coma o monólogo interior, varios narradores,tempo desfigurado, antiheroe amagado pola
sociedade, o poder da historia, a angustia, impotencia, escenarios indefinidos ou exóticos,adaptación da
psicoánalise, mundo dos soños.. Todos universitarios, inquietudes galeguistas,dominio de idiomas e viaxes.
Autores: − Gonzalo Mourullo: Nasce unha árobre
Memorias de Tains vangardas narrativas
− Méndez Ferrín : Percival e outras historias
O crepúsculo e as formigas libros fantásticos.
− Xohana Torres: Vento ferido
− Neira Vilas: Memorias dun neno labrego de gran éxito, a súa producción(afastada dos da NNG) destaca en
dúas grandes correntes que son: o tema de Galicia e a vida campesiña;A emigración dende a perspectiva dos
derrotados, destaca pola linguaxe directa e estructura aparentemente sinxela que fan doada a lectura.
7.O teatro no século XX.Tendencias autores e obras.
Teatro anterior á guerra civil:
Fonte de xuramento Fco Mª Iglesia en 1882.
ambientación rural < Irmandades da Fala(Conservatorio Nacional da arte galega,Escola dramática galega
Leandro Carré, (representan obras de Shakespire e Molière)) < gaña prestixio social.
4
Autores: Vilar Ponte: O mariscal
Cabanillas: A man santiña
Dieste: (Unha visión nova do mundo) A fiestra baldeira
A xeración NÓS, non lle concede tanta importancia ó teatro pero aínda así o fai participar nas correntes
europeas.
Autores: Risco: O bufón d´El Rei
Pedrayo: A Lagarada Teatro de máscaras
Castelao: Os vellos non deben de namorarse
Teatro na emigración e no exilio:
Feito polos inmigrantes(técnicas novas) sentimento, morriña, orgullo de ser galego.
Compañía Galega Maruxa Villanueva (actores, Maruxa, Fernando Iglesias) representan obras de Varela
Buxán: A xustiza dun mariñeiro, Castelao: Os vellos non...
Teatro de posguerra:
40,50 censura obras folclóricas se ridiculiza ós galegos. Aínda así se escriben obras que non poderán ser
representadas.
Autores: Franco GrandeChoídoManuel Mª Auto do taberneiroMarinhasA revolta
Álvaro Cunqueiro: O incerto do señor Lamlet
Nos últimos anos destaca o grupo: Abrente, de Ernesto Chao, xorden grupos independentes, e autores como
Manuel Lourenzo, Vidal Bolaño. Destaca en 1984 a creación do Centro Dramático Galego.
8. Os modelos narrativos de finais do século XX. Características.Autores e obras.
Podemos diferencias dúas liñas temáticas claramente diferenciadas
♦ de quiosco( policial, científica, oeste, erótica)> sen grandes pretensións
♦ Autóctona ( Realista, histórica,feminina,intimista,GC,experimentalista)
Promocións:
de 1970 Xeración de cambio consolidan o proceso da NNG
Xosé Fernández Ferreiro. Explora liñas temáticas máis diverxentes
♦ A morte de Frank González primeira novela do oeste galega
Alfredo Conde.
♦ Breixo superpón a fantasía coa realidade, rompe a secuencia temporal.
5
♦ Sempre me matan reflexión sobre a emigración.
Xavier Alcalá.
♦ A nosa cinza visión retrospectiva da infancia da súa xeración.
Destaca nesta época tamén a literatura galega en Latino América.
de 1980, deixa paso a unha xeración de novos escritores con gran éxito
Manuel Rivas.
♦ Un millón de vacas , relatos de ironía amable
♦ O lapis do carpinteiro
♦ ¿ Que me queres,amor ?
Suso de Toro
♦ Polaroid experimentalismo técnico, realismo feísta, rexistros coloquiais.
♦ Ambulancia xénero policial
Outros autores: Freixanes,Xohán Cabana, Cid Cabido Panificadora
de 1990
X.C Caneiro, dous premios mais importantes de Galicia Ébora Pentaloxía , O infortunio da soidade.. Ramón
Caride Os ollos da noite Marilar Aleixandre Teoría do caos
9.Tendencias actuais da lírica, da narrativa,da dramática e da ensaística.
Lírica: 80: idade de ourorenovación, distanciamento poeta−sociedade, integración de elementos da cultura
urbana e marxinal:drogas,depresión,influencia M.Antonio,preocupación formalista
Autores: XMA Cáccamo: Praia das furnasManuel VilanovaE direivos eu do mester de cobras
• Carácter individualista de cada poeta, linguaxe directa,temas cotiáns,predominio de recitais,novas
sensibilidades: ecoloxismo,feminismo..
Autores: Pilar Pallarés, Marica Campo,Iolanda Castaño e máis os autores dos 80.( en madurez)
Narrativa: Galego no ensino literatura xuvenil, novas editoriais(Ir Indo),exploración de novos temas, ten
menos éxito do esperado pola influencia do ensaio, o xénero con maior difusión é o policial Crime en
Compostela destaca tamén a novela negra crítica social .
Continúa tamén a novela histórica Darío Xohan Cabana, que segue o tratamento de Cunqueiro.
Autores: Suso de Toro:Polaroid,Tic−tacManuel RivasO lapis do carpinteiro XC CaneiroÉbora
Drama: É posiblemente o xénero que menor desenvolvemento acadou, como avances ,os grupos
profesionalízanse,( Antroido, Troula) aparecen outros coma(Teatro do Morcego) a fundación do Centro
Dramático Galego, proliferan revistas dedicadas ó teatro (Revista Galega de Teatro) , ábrense novas salas,
liñas: Crítica( ironía), e Culta.
6
Autores: Candido Pazó, Anxo Mourado.
Ensaio: Ten acadado maior pulo, debido a : A trabe de Ouro (revista),creación de colección nas editoriais e a
galeguización da universidade.Desenvolvese diferentes temáticas:
−Economía: Carlos Mellas A Galicia posible
−Historia: situación do galego ensaios sociolongüisticos; O galego e as leis Pilar García Negro.
−Teolóxico: O misterio do lume Chao Rego
−Etnográfico: Cultura popular Mariño Ferro
−Feminista: Recuperemos as mans Mª Xosé Queizán,
7
Descargar