¿Que me queres, amor?; Manuel Rivas

Anuncio
Resumo de
¿Que me queres, amor?
RESUMO DE ¿QUE ME QUERES, AMOR?
O libro titulado “¿que me queres, amor?” está escrito por Manuel Rivas, nacido na Coruña en 1957.
Está composto por dezaseis relatos curtos, independentes entre si e todos eles elaborados usando con
mestrÃ−a a linguaxe do cotián, o que fai que os relatos, ademais de cribles, resulten familiares e próximos.
Teñen, cada un deles, un final inesperado que nos dá pé para a reflexión sobre a vida, as persoas e as
súas relacións. Toma o tÃ−tulo do primeiro dos relatos.
VelaÃ− o resumo dos dezaseis relatos do libro un por un.
¿Que me queres, amor?
Tino, un rapaz sen traballo e con fondo sentimento de fracasado, está profundamente namorado da súa
veciña Lola. Lola traballa de caixeira nun centro comercial e vive ignorante dos sentimentos de Tino.
Para facerse notar e impresionar a Lola, Tino planea co seu amigo Dombo o atraco a un banco. Farano cunha
pistola de aire comprimido e por desexo de Tino a cara descuberta. Na fuxida do atraco Dombo consegue
fuxir pero Tino déixase coller e non evita que lle disparen. AsÃ−, Lola reparará nel.
A historia está contada en primeira persoa por Tino, dende o tanatorio onde se encontra cadáver. Ata alÃ−
se achegaron a darlle o pésame á nai e despedilo a el algunha veciña, o seu amigo Dombo e Lola que lle
di: “pero Tino, ¿como fuches capaz?”.
A lingua das bolboretas
Corre o ano 1936, un neno ao que lle contaron cousas terribles da escola está aterrorizado coa idea de ter que
empezar a ir a ela, ata o punto de que o seu primeiro dÃ−a de escola méxase polos pantalóns, e fuxe cara
o monte.
à ver que o mestre non pega, acaba por perderlle o medo á escola, e co tempo acabará por facerse gran
amigo do mestre, quen esperta no neno gran interese por aprender de todo.
Os sábados e os domingos, o neno e mais o mestre saen buscar bichos ó monte e o pai do neno, que é
xastre e de ideoloxÃ−a republicana coma o mestre acaba regalándolle un traxe.
No mes de xullo dese ano prodúcese o alzamento militar que darÃ−a paso a tres anos de guerra civil en
España.
A nai do neno, por medo a represalias contra o seu home que era republicano, queima na casa toda a
documentación que puidera comprometelo e faino ir á misa con ela.
Pola mañá, van á alameda para ver como son cargados nos camións os que foran detidos pola noite. Da
casa do concello saen os detidos atados en ringleira e ao cabo da ringleira estaba o mestre.
E os veciños, os máis movidos polo medo, empezaron a berrarlles insultándoos. Empuxado pola muller
1
berraba tamén o xastre cheo de carraxe. Bérralle ti tamén, Monchiño, bérralle ti tamén lle
dicÃ−a a nai ao neno. E o neno berráballe, e cando os camións arrincaron, o neno corrÃ−a tras deles
lanzando pedras e berrándolle ao mestre. Os únicos insultos que lle saÃ−an dende a súa rabia eran os
nomes dos animais e curiosidades que o mestre lle ensinara.
Un saxo na néboa
En 1949, un rapaz que carreta auga nun botixo aos albaneis da obra de aduanas do porto da Coruña, está
aprendendo a tocar o saxo despois do traballo. O mestre dille que a música ten que ter o rostro dunha muller
que namorar.
Un dÃ−a saÃ−ndo das clases, veo co saxo na man o que facÃ−a de xefe na Orquestra Azúl e contrátao
para a orquestra.
A orquestra estaba formada por homes de oficios diversos: un carteiro, un barbeiro, un obreiro dunha
fundición, un reparador de radios que era quen actualizaba o repertorio collendo as cancións que saÃ−an
novas “polo aire”, e outros máis. Tocaban un repertorio variado: corridos mexicanos, boleros, cumbias,
pasodobres, cuplés, polcas, valses… poñendo a música nas festas das vilas e aldeas dos arredores.
Cando chegan á aldea na que Ã−a debutar, o rapaz sente que non está preparado para tocar, sÃ−ntese un
fraude ante o recibimento que na aldea de Santa Marta de Lombás lle fan á orquestra; o saxo quédalle
grande. O xefe da orquestra dille “Ti non sopres rapaz, fai que tocas e xa está”, e iso é o que fixo na
sesión vermú, cando perdÃ−a a nota deixaba de soprar e seguÃ−a movéndose coma se tocase.
Na casa onde lle dan pousada, coñece unha chinesa coma a da Enciclopedia Ôlvarez e prendeu nos seus
ollos.
Pola noite na verbena, dende o palco non deixa de mirar os ollos da chinesa no medio da espesa néboa,
mentres soña que foxen xuntos, sen deixar de tocar despreocupadamente o saxo sen reparar en se sabe ou
non sabe tocar. ¡Vas fenomenal, rapaz! ¡Tocas coma un negro, tocas como Deus! dille o xefe.
A leiteira de Vermeer
O personaxe ten coincidencias biográficas co autor: naceu en 1957, criouse na Coruña, é escritor...
aÃ−nda que non sabemos se é el mesmo.
O personaxe, fillo dunha leiteira, conta que en 1992 visitou Amsterdam e alÃ− quedou enfeitizado polo cadro
de Vermeer titulado “A leiteira”. Diante do cadro, maxina que lembra como foi conseguida a misteriosa luz
do cadro hai séculos (a mediados do s. XVII). El, que tiña tres anos estaba alÃ− coa leiteira, que era a
súa nai e escribiu un poema contando como acontecera e dando detalles da xente que vivÃ−a naquela casa.
Ao chegar á casa deulle o poema a súa nai e amosoulle unha foto da pintura da leiteira.
Uns dÃ−as máis tarde a súa nai amosoulle unha foto dela cando era nova, lembraba a casa onde fora feita a
foto, e a xente que alÃ− vivÃ−a cadraba co que el contaba no poema. Na foto, a súa nai era igualiña que a
muller da pintura feita tres séculos antes.
Só por aÃ−
Un matrimonio pasa toda a noite sen durmir preocupados porque non saben onde está o seu fillo. Xa de
madrugada chaman á casa dos amigos pero alÃ− non está. Pola mañá o pai, un viaxante que vai
vendendo xénero polas mercerÃ−as marcha traballar sen saber nada do fillo.
2
Tras un duro dÃ−a de traballo chama á casa, a muller dille que o rapaz xa está na casa, seica estivo só e
por aÃ−. Só por aÃ−, foi a única explicación que lles deu un rapaz despreocupado polos demais, case era
o que máis lle doera ó pai, quen tras unha noite sen durmir e todo un duro dÃ−a de traballo aÃ−nda tiña
que coller o coche e volver para a casa dende Ribeira ata A Coruña.
Vostedes serán moi felices
O doutor Freire, un recoñecido cardiólogo, invita ó seu pazo de Amoril a un prestixioso colega
americano, o doutor Kimbal e a súa muller.
O pazo mantÃ−ñano habitado, limpo e en bo estado un matrimonio de mediana idade: Reme e Andrés.
Reme era boa cociñeira e Andrés, ademais de facer de xardineiro facÃ−a un pouco de todo: carpinteiro,
electricista, o que fixera falla. Andrés tamén sabÃ−a adiviñar o futuro coas cartas.
Esa noite, habÃ−a unha forte treboada. Acabouse por ir a luz. Ô luz do candil e da lareira, o doutor Freire
propuxo que Andrés lles lese o futuro aos seus invitados. Andrés procedeu a botar as cartas dun dos
varios xeitos que sabÃ−a. A primeira carta que destapou foi o tres de bastos cabeza abaixo. Andrés recolleu
as cartas e botounas doutra maneira: volveu saÃ−r o tres de bastos cabeza abaixo. Botounas doutro xeito, por
terceira vez e volveu saÃ−r a mesma carta. Andrés dille ó doutor Freire que é algo moi malo, que é
mellor deixalo. O invitado pregunta que ocorre e o doutor Freire dille en inglés: que serán vostedes moi
felices, sae sempre igual.
Carmiña
O'Lis de Sésamo, na súa visita semanal á cantina o domingo pola mañá, mentres o resto dos
veciños están na misa, cóntalle ó taberneiro como fora a súa relación con Carmiña de Sarandón.
Unha relación puramente carnal cunha muller moi fogosa como era Carmiña.
Como testemuña das súas relacións sempre estaba presente Tarzán, o can de Carmiña, que non
deixaba de ladrar preto deles, o que lle daba a Carmiña a súa fogosidade.
Un dÃ−a O'Lis de Sésamo dÃ−xolle a Carmiña que debÃ−a prender o can e o can, coma se o entendera,
tentou mordelo, O'Lis botou o can e Carmiña apagouse.
Pola noite O'Lis volveu ás agachadas e matou o can. E aÃ− acabou para sempre a súa relación con
Carmiña de Sarandón.
O MÃ−ster & Iron Maiden
Un pai e un fillo,discuten durante un partido de fútbol no que xoga o Deportivo da Coruña. O fillo opina
que a culpa de non gañar é do adestrador, que está vello e deberÃ−a retirarse. à rematar o partido, o
rapaz marcha e pasa a noite bebendo e sen durmir.
Os dous traballan xuntos como percebeiros, o fillo gobernando a lancha e o pai apañando os percebes na
rocha. Pola mañá o pai está doÃ−do, non lle ten perdoado que dixese que o adestrador tiña que
retirarse por vello, non lle fala nin tomou as precaucións que acostumaba. O fillo tiña resaca. Con todos
estes ingredientes e un oficio tan arriscado como o de percebeiro, só podÃ−a haber un desenlace fatal: a
lancha acaba contra a rocha impulsada por un golpe de mar.
O inmenso camposanto da Habana
O tÃ−o Amaro, quen tivera varios ataques de catalepsia, fora oficial xardineiro maior no camposanto da
3
Habana. El non tiña nada, só un dente de ouro, cando chegou a revolución alguén lle dixo que llo Ã−an
quitar e fuxiu para salvar o dente. Agora tiña a sensación de ter perdido A Habana enteira.
Unha noite, mentres o está contando na taberna do sobriño, morre de súpeto. O sobriño queda durmido
mentres o vela por se é outro ataque de catalepsia e ó espertar ve que o tÃ−o Amaro está frÃ−o e
vótalle en falta o dente de ouro.
A moza do pantalón pirata
Un grupo terrorista vai asasinar un ditador, facendo voar a ponte por onde vai pasar. Uns minutos antes da
hora, unha rapaza con pantalóns pirata cruza a ponte en bicicleta, na metade da ponte detense e ponse a ver o
rÃ−o sen que os gardas a fagan saÃ−r da ponte como estaba previsto. Finalmente voan a ponte coa rapaza.
A culpa de que os gardas non despexaran a ponte foi de que o que estaba a escribir o relato parárase a botar
un cigarro.
Curioso relato, onde a o decorrer da historia mestúrase coa dimensión e o tempo de quen a está a escribir.
Conga, conga
Un home, que se dedica a amenizar festas infantÃ−s como pallaso, vai facer o cumpreanos dun rapaz de 9
anos. AlÃ− atópase con que entre o rapaz do cumpreanos o un amigo seu traman estragarlle a súa
actuación, chegando a encerralo nun invernadoiro onde pasa moito medo e de onde terán que quitalo.
O pallaso vÃ−ngase deles cando consigue encerralos no cuarto de baño.
As cousas
Nunha casa ocorreu unha morte cun disparo de pistola.
As cousas da casa: a televisión, un libro, un vaso, unha lámpada, etc… mesmo a escuridade, falan tratando
de aclarar como ocorreu a morte.
Debuxos animados
Dous guionistas de pelÃ−culas de debuxos animados, acaban de deixarse como amantes. Ela consigue un
contrato para facer unha serie que será competencia directa da do seu ex-amante, e tamén do produto que
promociona: unha serie promociona salchichas vexetais e a outra salchichas de porco. O éxito da serie dela
e absoluto e está a piques de acabar coa serie del.
Un dÃ−a estando na súa casa, ela colle medo por unha forte treboada, chámao a el que acode axiña. Ao
chegar agrédea fÃ−sica e verbalmente por estar acabando con el e a súa serie. Ela promételle que
retirará a serie.
En canto pasa a treboada, dÃ−xolle que Ã−a facerlle a cea ao seu amor, e vai para a cociña onde ten os
ingredientes para a cea de hoxe: salchichas vexetais, e cápsulas de veleno.
Unha flor branca para os morcegos
Dani naceu cunha facultade innata para detectar a merda. De neno limpaba as cubas de viño de seu avó e
agora de grande busca narcotraficantes na costa: Dani é policÃ−a.
4
Por estar cerca de coller algún peixe gordo, foi trasladado ás oficinas, onde recolle denuncias dos
cidadáns.
Estando na oficina preséntase unha señora que xa estivera máis veces polo mesmo, alarmada porque un
famoso delincuente dunha serie de TV a querÃ−a matar. Dani interésase pola vella e ofréceselle para
acompañala e darlle protección para que poida durmir.
Xa na casa da vella, a piques de quedar durmido fÃ−xase nunhas fotografÃ−as. Nunha está Don, o máis
famoso narcotraficante da rÃ−a, coa súa nai. Noutra Don, vestido de soldado. Don, sorrinte, con autoridades.
E varias fotos máis de Don.
à espertar, a señora pÃ−delle desculpas: “cando chega a noite perdo a cabeza”, di.
Dani pÃ−delle que o acompañe a un sitio, e a señora accede. Lévaa ao pazo do seu fillo Don, e alÃ−
dille ao narcotraficante: “coide da súa nai. NecesÃ−tao”.
A luz da Yoko
Yoko é a marca dunha pequena televisión portátil que forma parte das escasas pertenzas coas que viaxa
un matrimonio sen traballo e o seu fillo pequeno, acostumados a mudar de cidade con frecuencia. O relato
conta un deses dÃ−as de mudanza en que volveron a cambiar de cidade.
A chegada da sabedorÃ−a co tempo
Old M. é un home moi tÃ−mido e retraÃ−do, moi influenciable e preocupado pola opinión dos demais, un
home que aÃ−nda oe como se seu pai lle rifara como cando era neno.
Old acostumaba a ir ao pub Glimmer, onde traballaba a camareira Maggi. El e Maggi tiñan dende habÃ−a
anos unha relación de monosÃ−labos e intercambio de cervexa por diñeiro. Cada noite, durante anos, Old
limitábase a ir e permanecer bebendo, encerrado en si mesmo.
Unha noite de vento, camiño do pub, saudou ao garda da prisión e este contestoulle cunha frase que Old
gardou para si: “Anque as follas sexan moitas, a raÃ−z é só unha”.
No pub, Maggi saudouno dicÃ−ndolle que facÃ−a moito vento e Old soltoulle: “Anque as follas sexan
moitas, a raÃ−z é só unha”. Maggi quedou parva oÃ−ndo tal cousa da boca de Old e contestoulle: “Nos
mentirosos dÃ−as da miña mocidade abanei as miñas flores ao sol”. Coma un milagre isto supón un
antes e un despois na vida de Old. De súpeto é un home novo, un home cambiado, sen timidez e seguro de
si mesmo. Empeza a dar a súa opinión sobre todos os asuntos, contar boas historias, resultando ser un tipo
interesante, lido e seguro de si mesmo.
Volve para a casa feito un home novo.
1
5
Descargar