INFORME DA ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA (ESTUDO DE POBOACIÓN 2013) SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE FUNDACIÓN DEPORTE GALEGO UNIDADE DE PSICOLOXÍA DEPORTIVA (USC) Autor: Constantino Arce Fernández ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 ÍNDICE 1. Obxectivos do estudo ………………………………………………………….. 3 2. Metodoloxía …………………………………………………………………..... 4 3. Resultados ........................................................................................................... 8 4. Conclusións …………………………………………………………………... 62 Anexo I. Enquisa 2013 sobre actividade física e práctica deportiva en Galicia …....... 67 Anexo II. Categorización das actividades físicas e deportivas utilizada no estudo ...... 73 2 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 1. OBXECTIVOS DO ESTUDO O presente estudo se realizou por iniciativa da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia co ánimo de coñecer os hábitos actuais de actividade física e deportiva da poboación galega maior de 18 anos. Complementa outros estudos que se están a realizar desde a mesma Secretaría nos centros de ensino, con menores de idade en etapas escolares. No ano 2007 se realizou un estudo semellante coa diferenza de que naquel momento se fixo máis énfase na actividade deportiva e agora o interese se centra máis na actividade física. O presente estudo trata de identificar os hábitos de actividade física e deportiva da poboación galega durante o seu tempo libre pero tamén hábitos de actividade física propios da vida cotiá para poder disgnosticar os niveis de sendentarismo existentes e tratar, en consecuencia, de desenvolver iniciativas e plans de acción que axuden a reducilo na medida do posible. A nivel máis concreto, o estudo se realizou para tratar de coñecer as trece características da práctica de actividade física e deportiva da poboación galega que de seguido se relacionan: 1. O número de galegos/as que realizan actividade física ou deportiva de xeito regular durante o seu tempo libre. 2. O número de actividades físicas e deportivas que practican. 3. As actividades físicas e deportivas máis practicadas. 4. A frecuencia e duración das sesións de actividade física e deportiva. 5. Os lugares habituais de práctica. 6. Os motivos da práctica. 7. Os niveis de abandono da práctica de actividade física e deportiva e as súas causas. 3 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 8. Os niveis de inactividade física, as súas causas e percepcións. 9. A percepción da importancia da práctica de actividade física e deportiva. 10. A intención de práctica de actividade física e deportiva. 11. Os niveis de actividade física e de sedentarismo na vida cotiá. 12. Os beneficios percibidos da práctica de actividade física e deportiva. 13. Os factores explicativos da práctica de actividade física e deportiva dos galegos/as. Todos estas características se investigaron desde varios ángulos, tanto por grupos de idade, nivel educativo e profesión, como desde a óptica de xénero e de territorialidade. Os resultados que a continuación se presentan son xeneralizables a toda a poboación galega maior de 18 anos e pretenden ser un instrumento a disposición dos responsables da promoción de hábitos de actividade física e deportiva da poboación galega para que asenten as súas decisións políticas sobre unha plataforma empírica que permita avaliar a súa evolución co paso do anos. 2. METODOLOXÍA O estudo se realizou no ámbito da Comunidade Autónoma Galega, sendo o universo do mesmo todos os homes e mulleres residentes en Galicia maiores de 18 anos de idade que, segundo fontes do Instituto Galego de Estatística de 2012, ascende a 2.391.217. O tamaño da mostra utilizada foi de 1.200 persoas, elixidas de xeito aleatorio proporcional por cotas de sexo, idade, provincia e tamaño poboacional dos concellos. Como puntos de mostraxe se utilizaron 31 concellos elixidos ao azar nas catro provincias. 4 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 O procedemento de mostraxe utilizado foi polietápico, estratificado por conglomerados, con selección das unidades mostrais primarias de mostraxe (concellos) de xeito aleatorio proporcional, e das unidades últimas (individuos) por rutas aleatorias e cotas de sexo e idade. Para o cálculo do tamaño mostral, se utilizou un nivel de confianza do 95,5% (dúas sigmas), e P = Q, sendo o erro mostral do 2,89% para o conxunto da mostra e no suposto de mostraxe aleatorio simple. Na franxa de idade estudada, a porcentaxe de homes é do 47,77% e a de mulleres do 52,23%. As cotas de idades e as porcentaxes correspondentes utilizadas para o mostraxe foron as seguintes: 1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. 18-24 anos (7,55%) 25-34 anos (15,97%) 35-44 anos (18,58%) 45-54 anos (16,81%) 55-64 anos (14,48%) 65-74 anos (12,04%) 75 ou máis (14,55%) Por provincias, se fixo a seguinte distribución mostral: 1. A Coruña (41,08%) 2. Lugo (12,90%) 3. Ourense (12,20%) 4. Pontevedra (33,83%) As categorías que se estableceron para a clasificación dos concellos segundo o seu tamaño poboacional foron as catro seguintes: 1. 5.000 habitantes ou menos de 5.000 (16,67%) 2. 5.001 a 20.000 habitantes (31,89%) 3. 20.001 a 50.000 habitantes (15,49%) 4. Máis de 50.000 habitantes (35,95%) 5 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 Os concellos que resultaron elixidos foron: 1. Provincia de A Coruña 1.1. A Coruña 1.2. Santiago 1.3. Ferrol 1.4. Cambre 1.5. Ames 1.6. As Pontes 1.7. Laracha 1.8. Corcubión 1.9. Santiso 2. Provincia de Lugo 2.1. Lugo 2.2. Monforte 2.3. Viveiro 2.4. Burela 2.5. Cospeito 2.6. Fonsagrada 2.7. Abadín 3. Provincia de Ourense 3.1. Ourense 3.2. Verín 3.3. Carballiño 3.4. Ribadavia 3.5. Barbadás 3.6. Castro Caldelas 3.7. Pontedeva 4. Provincia de Pontevedra 4.1. Vigo 4.2. Pontevedra 4.3. Ponteareas 4.4. Lalín 4.5. Baiona 4.6. Poio 4.7. Meis 4.8. Catoira 6 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 No mapa de Galicia que se recolle máis abaixo se ofrece a situación xeográfica dos concellos utilizados na investigación. Os datos foron recollidos entre o 25 de outubro e o 7 de decembro de 2013 por 6 enquisadores/as, con experiencia e titulación deportiva axeitada as características do estudo. Para a súa formación específica realizáronse reunións de equipo nas que participaron membros da Fundación Deporte Galego e da Unidade de Psicoloxía Deportiva da USC. 7 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 A enquisa constaba de 23 ítems con contidos específicos sobre hábitos de actividade física e deportiva e 9 ítems de datos persoais (ver anexo). Foi elaborada en reunións de equipo nas que participaron membros da Secretaría Xeral para o Deporte, da Fundación Deporte Galego, e da Unidade de Psicoloxía Deportiva da USC. Tamén se contou co asesoramento de expertos asesores do Plan Galicia Saudable pertencentes a Universidade de A Coruña. 3. RESULTADOS 3.1. Número de galegos/as que realiza actividade física ou deportiva O estudo permite concluír que, a dia de hoxe, en Galicia hai aproximadamente unha porcentaxe do 70,75% de persoas de máis de 18 anos (é dicir, 1.691.786 habitantes) que teñen o hábito de realizar algún tipo de actividade física ou deportiva, de xeito regular, ao longo da semana durante o seu tempo libre. 80 70 60 Porcentaxe de galegos/as que realiza actividade física ou deportiva de xeito regular 50 40 30 20 10 0 SÍ NON Esta porcentaxe supón un avance de 15,65 puntos respecto ao nivel de práctica rexistrado no ano 2007, que se situaba nunha porcentaxe do 55,1%, entre os/as maiores de 18 anos. 8 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 80 70 60 50 40 30 20 10 0 Evolución da práctica de actividade física e deportiva en Galicia 2007 2013 Entre os/as que realizan actividade física ou deportiva de xeito regular hai unha porcentaxe maior de homes (73,74%) que de mulleres (68%), sendo a diferenza observada de 5,74 puntos porcentuais estatisticamente significativa (χ21 = 4,493; p = 0,029). 74 72 70 Porcentaxe de homes e mulleres que realizan actividade física 68 66 64 Homes Mulleres Esta diferenza se reduciu, non obstante, case en 2 puntos con respecto a de 2007. Naquel momento a porcentaxe de homes maiores de 18 anos que practicaba era do 58,9% e a de mulleres do 51,2%, sendo a diferenza de 7,7 puntos porcentuais. 9 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 8 6 Diferenza na porcentaxe de práctica entre homes e mulleres 4 2 0 2007 2013 Sen embargo, a pesares de seguir existindo a dia de hoxe unha diferenza na porcentaxe de práctica a favor dos homes, dado que na poboación total galega hai máis mulleres que homes, o número total de mulleres que realiza actividade física ou deportiva na actualidade (846.889) supera ao número de homes (844.897). Estimación do número de homes e mulleres galegos que realizan actividade física ou deportiva 847.000 846.000 845.000 844.000 843.000 Homes Mulleres Tamén se encontraron diferenzas estatisticamente significativas (χ23 = 14,875; p = 0,002) na porcentaxe de práctica segundo o nivel educativo das persoas, sendo maior o nivel de práctica a medida que aumenta o seu nivel educativo. A diferenza na porcentaxe de práctica entre os de maior nivel educativo (75,9%) e os de menor nivel educativo (57%) alcanza os 18,9 puntos. 10 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 NIVEL EDUCATIVO PORCENTAXE DE PRÁCTICA Sen estudios 57% Estudios básicos 68,8% Estudios medios 72,8% Estudios superiores 75,9% 80 60 40 20 0 Sen estudios Básicos Medios Superiores Porcentaxe de práctica segundo o nivel educativo Non se encontraron, sen embargo, diferenzas estatisticamente significativas na práctica de actividade física ou deportiva en ningunha das variables territoriais rexistradas. Non hai grandes diferenzas na porcentaxe de práctica entre provincias, nin entre concellos de distinto tamaño poboacional, nin entre o rural e o urbano, nin entre a costa e o interior. Significa isto que a práctica de actividade física está estendida por toda a xeografía galega e é semellante en todas as súas demarcacións territoriais. Tampouco se encontraron diferenzas estatisticamente significativas na porcentaxe de práctica por franxas de idade das persoas, nin polo réxime de convivencia (soas, en parella, etc.), nin polo tipo de actividade laboral desempeñada, nin polo sector produtivo onde se desenvolve a actividade laboral. Outro indicador máis de que a práctica de actividade física en Galicia non é propia dos máis xoves ou dos que realizan algunha 11 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 actividade laboral senón que se estendeu a todas as idades, a todas as profesións e a traballadores de todos os sectores produtivos por igual. Nas porcentaxes anteriores está incluída camiñar. Sen contar camiñar, a porcentaxe de práctica físico-deportiva en Galicia entre os maiores de 18 anos é do 43,08%, o que supón un incremento de 13,68 puntos respecto ao 2007, onde esta taxa se situaba no 29,4%. Sen incluír camiñar e considerando unicamente aos que practican máis de unha vez por semana e o rango de idade que vai dos 18 aos 70 anos, para nos poder comparar coa media española de práctica físico-deportiva, a porcentaxe de práctica en Galicia no 2013 entre os maiores de 18 anos é do 41,9%, situándose lixeiramente por enriba da media española que é do 41,8% (SportCvltvra Barcelona, 2013). 41,90% 41,85% 41,80% 41,75% Galicia España Porcentaxe de práctica físico-deportiva en 2013, sen incluir camiñar, máis de 1 vez á semana, 18 a 70 anos 3.2. Número de actividades físicas e deportivas practicadas polos galegos/as Unha grande maioría dos que practican actividade física ou deportiva en Galicia realiza unha soa actividade (66,8%), pero hai quen compatibiliza dúas actividades diferentes (27,2%), tres (5,4%) e ata catro actividades (0,6%). 12 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 3.3. Actividades físicas e deportivas máis practicadas polos galegos/as Con moita diferenza sobre as demais, a actividade física máis practicada polos galegos/as é camiñar. Un 40,42% dos galegos/as maiores de 18 anos teñen o hábito de camiñar (algo máis de 4 de cada 10 galegos/as). Esta porcentaxe ascendeu notablemente desde 2007, que se situaba no 27,47%. A estimación do número de persoas maiores de 18 anos que teñen o hábito de camiñar actualmente en Galicia ascende a 966.530. 13 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 50 40 30 Evolución da práctica de camiñar en Galicia 20 10 0 2007 2013 Logo de camiñar, por orde de práctica, están varias actividades físicas tales como o acondicionamento físico en ximnasio, que ocupa o segundo posto cun 8,33%, correr (3º posto, cun 7,83%), ximnasia de mantemento (4º, 5,42%), actividades aeróbicas con soporte musical (5º, 5.42%), nadar (6º, 5%), andar en bicicleta (7º, 4%), pilates (9º, 3%), acondicionamento físico na casa (11º, 2%), e o ioga (14º, 0,75%). Tamén están entre os quince máis practicados xogos ou deportes coma o fútbol (8º, 4%), o pádel (10º, 2,42%), o fútbol sala (12º, 1,83%), o tenis (13º, 0,92%) e a caza (15º, 0,67%). Posto Actividade Porcentaxe da Número estimado de poboación galega persoas maiores de 18 maior de 18 anos que anos que practican en practica Galicia 1 Camiñar 40,42 966.530 2 Acondicionamento 8,33 199.188 físico en ximnasio 3 Correr 7,83% 187.232 4 Ximnasia de 5,42 129.604 5,42 129.604 5,00 119.561 mantemento 5 Actividades aeróbicas con soporte musical 6 Nadar 14 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 Posto Actividade Porcentaxe da Número estimado de poboación galega persoas maiores de 18 maior de 18 anos que anos que practican en practica Galicia 7 Andar en bicicleta 4,00 95.649 8 Fútbol 4.00 95.649 9 Pilates 3,00 71.737 10 Pádel 2,42 57.867 11 Acondicionamento 2,00 47.824 físico na casa 12 Fútbol sala 1,83 43.839 13 Tenis 0,92 21.919 14 Ioga 0,75 17.934 15 Caza 0,67 15.941 Outras actividades tamén destacadas pola súa práctica son o taichí, o sendeirismo, as actividades rítmicas expresivas, as actividades subacuáticas, o atletismo, o baloncesto, o balonmán, o boxeo, o ciclismo, o judo, o montañismo, o motociclismo, a patinaxe, o pentatlón, o rugby, o taekwondo, o tiro con arco, a vela, a ximnasia, o golf, a hípica, a petanca, o squash, o voleibol, os deportes de inverno, a natación, e o surf, entre outras. Se comparamos, as dez actividades físicas ou deportivas máis practicados en 2013 coas máis practicadas en 2007, entre os maiores de 18 anos, se observa a seguinte evolución: • Oito actividades físicas ou deportivas que en 2007 estaban entre as dez máis practicadas seguen a estar entre as dez máis practicadas en 2013: camiñar, nadar, fútbol, acondicionamento físico en ximnasio, correr, ximnasia de mantemento, actividades aeróbicas con soporte musical, e andar en bicicleta. 15 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 • Baixan en 2013, con respecto a 2007, o fútbol (do 3º ao 8º posto), nadar (do 2º ao 6º), ademais do fútbol sala e a pesca, que saen da lista das dez actividades máis practicadas. • Soben, con respecto a 2007, o pilates e o pádel, que entran por primeira vez na lista das dez actividades máis practicadas en Galicia. Tamén adiantan posicións o acondicionamento físico en ximnasio, que se coloca de segundo na orde de práctica, correr, a ximnasia de mantemento, as actividades aeoróbicas con soporte musical, e andar en bicicleta. • Camiñar segue no primeiro posto na orde de práctica en Galicia, e ademais sube case 13 puntos porcentuais na porcentaxe de práctica respecto a 2007. Posto 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 2007 Camiñar Nadar 2013 Camiñar Acondicionamento físico en ximnasio Fútbol Correr Acondicionamento Ximnasia de físico en ximnasio mantemento Correr Actividades aeróbicas con soporte musical Ximnasia de Nadar mantemento Actividades Andar en bicicleta aeróbicas con soporte musical Andar en bicicleta Fútbol Fútbol sala Pilates Pesca Pádel Se temos en conta o sexo das persoas para analizar o tipo de actividade practicada e a frecuencia de práctica, obsérvanse as seguintes diferenzas e semellanzas: 16 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 A actividade física máis practicada polos homes e mulleres de Galicia é camiñar, pero hai un número maior de mulleres que camiñan (504.819) que de homes (461.711). Hai cinco actividades (acondicionamento físico en ximnasio, nadar, correr, andar en bicicleta, e pádel) que se sitúan entre as dez máis practicadas tanto no caso dos homes coma no caso das mulleres. Catro actividades (fútbol, fútbol sala, acondicionamento físico na casa, e a caza) están entre as dez máis practicadas no caso dos homes e non no das mulleres. E outras catro actividades (actividades aeróbicas con soporte musical, ximnasia de mantemento, pilates e ioga) están entre as dez máis practicadas polas mulleres pero non polos homes. HOMES Posto Actividade 1 2 Camiñar Correr 3 Acondicionamento físico en ximnasio Fútbol 4 5 6 7 8 9 10 Andar en bicicleta Nadar Fútbol sala Pádel Acondicionamento físico na casa Caza MULLERES Porcentaxe de homes galegos Posto que practican 36,00 1 13,22 2 Actividade 11,48 3 8,00 4 6,26 4,52 3,65 3,48 2,43 5 6 7 8 9 Camiñar Actividades aeróbicas con soporte musical Ximnasia de mantemento Acondicionamento físico en ximnasio Pilates Nadar Correr Andar en bicicleta Pádel 1,39 10 Ioga Porcentaxe de mulleres galegas que practican 44,48 9,76 9,44 5,44 5,44 5,44 3,04 1,92 1,44 1,28 17 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 Se comparamos a taxa de práctica de camiñar co resto das actividades físicas ou deportivas, entre aquelas persoas que realizan unha soa actividade, o 60,7% camiñan e o 39,3% practican outras actividades. É dicir que 6 de cada 10 galegos/as que practican unha soa actividade física ou deportiva o que fan é camiñar. Esta proporcionalidade mantense tanto no caso dos homes (58,9% vs. 41,1%) coma no das mulleres (62,5% vs. 37,5%). A evolución relativa destas dúas modalidades de práctica coa idade é a seguinte: nas primeiras etapas da adultez (dos 18 aos 44 anos) é maior a porcentaxe de persoas que practican outras actividades físicas ou deportivas que a porcentaxe de persoas que camiñan. E a partires dos 45 anos invértese esta relación, pasando a ser maior a porcentaxe de persoas que camiñan que a porcentaxe de persoas que realizan outras actividades físicas ou deportivas. 18-24 anos Porcentaxe relativo de galegos/as que camiñan, entre os/as que realizan unha soa actividade física ou deportiva 12,8 25-34 anos 30,1 69,9 35-44 anos 38,4 61,6 45-54 anos 64,6 35,4 55-64 anos 67,5 32,5 65-74 anos 90,9 9,1 75 ou máis anos 96,8 3,2 Idade Porcentaxe relativo de galegos/as que realizan outras actividades físicas ou deportivas 87,2 18 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 100 80 60 40 20 0 18-24 anos 25-34 anos Camiñan 35-44 anos 45-54 anos 55-64 anos 65-74 anos 75 ou máis anos Outras actividades físicas ou deportivas 3.4. Frecuencia e duración das sesións de actividade física e deportiva Como medida da frecuencia da práctica de actividade física e deportiva rexistrouse o número de sesións semanais realizadas, sendo a media igual a 4,15, e o número de sesións semanais máis frecuente 7 (moda). Existe unha porcentaxe do 6,7% que realiza unha soa sesión semanal e unha porcentaxe moi pequena (do 0,6%) que realiza 20 ou máis de 20 sesións semanais. Estes últimos casos corresponden a persoas que teñen o hábito de ir ao traballo andando. Os/as que camiñan realizan unha media de sesións semanais moi superior aos que realizan calquera outro tipo de actividade física ou deportiva (5,46 versus 2,76), sendo a diferenza observada estatisticamente significativa (t674,641 = 16,844; p < .001). Con respecto a 2007, ascendeu o número de sesións semanais que realizan os/as que camiñan (de 4,54 a 5,46 de media), e baixou o número de sesións semanais dos que realizan outras actividades físicas ou deportivas (de 3,69 a 2,76). 19 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 A duración media dunha sesión resultou ser igual a 78,25 minutos, cunha desviación típica de 51,35 (coeficiente de variación igual a 65,62%), querendo isto dicir que existe unha variabilidade importante que vai desde sesións de 10 minutos ata sesións de 480 minutos. Estas últimas acostuman a corresponder a sesións de sendeirismo, montañismo ou semellantes. Se separamos aos que camiñan dos que realizan outras actividades físicas ou deportivas, se observa que a duración media das sesións é maior entre os/as que realizan outras actividades físicas ou deportivas que entre os/as que camiñan (85,71 versus 71,24 minutos). Se temos en conta a media de sesións semanais realizadas polos galegos/as que practican algunha modalidade de actividade física ou deportiva (4,15) e a duración media dunha sesión de práctica (78,25 minutos), obtemos que os galegos/as practican unha media de 324,74 minutos semanais, cantidade que duplica a recomendación da Organización Mundial da Saúde, que é de 150 minutos de actividade física semanal moderada. 350 300 250 200 150 100 50 0 Galicia Recomendación O.M.S. Minutos de práctica semanal 20 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 O umbral dos 150 minutos semanais o superan tanto os/as que camiñan, que practican unha media de 388,97 minutos a semana, coma os/as que realizan outras actividades físicas ou deportivas, que practican unha media de 236,56 minutos a semana. Na enquisa tamén se tratou de indagar sobre a intensidade da actividade física practicada para o que se lles preguntou aos enquisados/as se durante a actividade eran capaces de manter ou non unha conversa con normalidade sen que se alterase moito a súa respiración. O 84,8% contestou que si, mentres un 15,2% contestou que non, podendo isto querer dicir que unha grande maioría próxima ao 85% realiza actividade física ou deportiva con intensidade moderada e tan só unha minoría do 15,2% realiza actividade física de alta intensidade. Nove de cada dez galegos/as (o 90,4%) que realizan actividade física ou deportiva na actualidade lévano facendo con regularidade desde hai máis de 6 meses, e tan só un de cada dez (o 9,6%) comezou a practicar nos últimos 6 meses. 100 80 60 Meses de práctica 40 20 0 Máis de 6 meses Menos de 6 meses Entre os/as que comezaron a practicar nos últimos 6 meses, un de cada catro comezou a camiñar (o 24,7%) e tres de cada catro (o 75,3%) comezaron a realizar algunha outra actividade física ou deportiva. 21 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 3.5. Lugares de práctica En Galicia o lugar onde máis se practica actividade física é no medio natural (mar, praias, montes, vales, ríos, camiños, carreiros, etc.) cun 40,4%, seguido das instalacións deportivas (30,7%) e do entorno urbano (23,8%). Tan só un 5,1% practica noutros lugares tales como as dependencias das asociacións de veciños/as (2,8%), a casa (1,9%), os parques saudables (0,1), ou semellantes (0,2%). Ningún enquisado/a manifestou que realizara actividade física no entorno laboral durante o tempo libre (0,0%). Observáronse diferenzas estatisticamente significativas entre homes e mulleres en canto aos lugares de práctica (χ26 = 24,742; p < .001). As diferenzas prodúcense na porcentaxe de práctica no medio natural (hai unha porcentaxe maior de homes, 43,2%, que de mulleres, 37,6%) e na porcentaxe de práctica nas asociacións de veciños (hai unha 22 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 maior porcentaxe de mulleres, 5,4%, que de homes, 0,2%). No resto dos lugares (instalacións deportivas, medio urbano, casa, etc.) as porcentaxes de práctica son semellantes para homes e mulleres. 50 40 30 Homes 20 Mulleres 10 0 Medio natural Asociacións de veciños/as Tamén se observaron diferenzas estatisticamente significativas (χ236 = 166,814; p < .001) nos lugares de práctica por franxas de idade. A porcentaxe de persoas que realizan actividade física no medio natural e no medio urbano aumenta coa idade das persoas, mentres que diminúe coa idade a porcentaxe de persoas que utilizan instalacións deportivas. 60 50 18-24 anos 40 25-34 anos 30 35-44 anos 20 45-54 anos 55-64 anos 10 65-74 anos 0 Medio natural Medio urbano Instalacións deportivas 75 ou máis 23 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 Outros resultados salientables relativos ao lugar onde se practica foron os seguintes: • O nivel educativo das persoas está directamente relacionado coa utilización de instalacións deportivas, a maior nivel educativo maior porcentaxe de uso de instalacións deportivas. • O tamaño dos concellos relacionase cos lugares de práctica deportiva do seguinte xeito: o Canto maiores son os tamaños dos concellos maior é a porcentaxe de práctica en instalacións deportivas e a porcentaxe de práctica no medio urbano. o Canto menores son os tamaños dos concellos maior é a porcentaxe de práctica no medio natural. 3.6. Motivos da práctica de actividade física e deportiva O coidado da saúde é o motivo principal da práctica de actividade física dos galegos/as. Así o manifesta un 35,7% dos enquisados/as. Se a esta porcentaxe lle engadimos un 7,1% que realiza actividade física por prescrición médica, teríamos que a dia de hoxe en Galicia o 42,8% dos que practican algún tipo de actividade física ou deportiva de xeito regular fano para manter ou mellorar o seu estado de saúde. O segundo gran motivo de práctica é lúdico, practicar simplemente como modo de divertirse ou pasalo ben. Case tres de cada dez galegos/as practican por este motivo (un 29,3%). Os seguintes dous motivos de práctica son estar en forma (15,7%) e perder peso (4,6%). Motivos menos frecuentes son practicar por competir (1,2%), ou por estar cos amigos/as (3,5%) ou coa familia (0,9%). 24 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 A frecuencia dalgúns motivos, sen embargo, non é igual para homes e mulleres habendo diferenzas estatisticamente significativas entre eles (χ28 = 32,743; p < .001). As diferenzas máis salientables prodúcense na orde dos motivos máis importantes de práctica de actividade física: a saúde e a diversión. Para a muller o motivo de práctica máis frecuente é a saúde (42%); este sería o seu primeiro motivo de práctica, moi por diante da diversión (22,4%); mentres para o home o motivo de práctica máis frecuente é a diversión (36,2%), quedando a saúde no segundo lugar (29,3%). Perder peso tamén é un motivo máis frecuente entre as mulleres (6,6%) que entre os homes (2,6%) e competir, sen embargo, un motivo máis frecuente entre homes (1,7%) que entre as mulleres (0,7%). Nos demais motivos (estar en forma, prescrición médica, estar cos amigos/as, estar coa familia) existe bastante igualdade de xénero. 25 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 50 40 30 Homes 20 Mulleres 10 0 Saúde Diversión Perder peso Competir A idade das persoas tamén está asociada cos motivos da práctica deportiva do seguinte xeito: • A medida que aumenta a idade, practícase máis por razóns de saúde e prescrición médica. Estes motivos vanse facendo máis poderosos a medida que se van facendo maiores as persoas. • A medida que aumenta a idade, practícase menos por razóns de diversión, estar en forma, perder peso ou competir. Estes motivos van perdendo peso a medida que as persoas se van facendo maiores. • Nos demais motivos (estar cos amigos/as, coa familia) non se aprecian tendencias nin ascendentes nin descendentes en relación coa idade das persoas. 60 50 18-24 anos 40 25-34 anos 30 35-44 anos 20 45-54 anos 55-64 anos 10 65-74 anos 0 Saúde Prescripción médica Diversión Estar en forma Perder peso Competir 75 ou máis 26 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 3.7. Abandono da práctica de actividade física e deportiva En Galicia, a día de hoxe, non practica actividade física de xeito regular no seu tempo libre o 29,25% da poboación de 18 ou máis anos de idade (uns 699.431 galegos/as). Entre eles, un 12,10% (uns 289.425 habitantes) nin practica nin practicou nunca actividade física e o 17,15% restante practicou actividade física con anterioridade abandonou. En Galicia actualmente hai uns 410.006 casos de abandono. 80 70 60 50 40 30 20 10 0 Abandono da actividade física Practican Nunca practicaron Practicaron e abandonaron Un 1,4% dos abandonos producíronse na infancia (13 ou menos anos), un 15,89% na adolescencia (14 a 17 anos) e a grande maioría, o 82,71%, na etapa de adulto (a partir dos 18 anos). 27 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 100 80 60 Etapa de abanodno 40 20 0 Infancia Adolescencia Adulto Na infancia sinaláronse tres causas de abandono: deixar de gustar a actividade (33%), falta de tempo (33%) e instalacións deportivas moi alonxadas (33%). Na adolescencia, as causas de abandono máis frecuentes foron a falta de tempo (un 50% abandonou por esta razón) e a crenza de que xurdiron obxectivos máis importante na vida que a realización de actividade física (20,6%). Sete de cada dez abandonos na adolescencia producíronse por algunha destas dúas razóns. Outras causas menos frecuentes foron deixar de gustar a actividade (8%), as enfermidades, lesións ou accidentes (8%), a perda de interese (2,9%), facerse maior (2,9%), ou as instalacións deportivas moi alonxadas (2,9%), etc.. 28 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 50 40 30 20 Causas máis importantes de abandono na adolescencia 10 0 Falta de tempo Crenza de que xurdiron obxectivos máis importantes na vida As actividades máis comúns que se encontraban realizando no momento do abandono eran o fútbol (41,2% dos casos), a natación (20,6%), o baloncesto (11,8%) e a ximnasia (8,8%). Máis de 8 de cada 10 abandonos na adolescencia producíronse nalgunha desta catro actividades. 50 40 30 Actividades máis comúns que foron abandonadas polos adolescentes 20 10 0 Fútbol Natación Baloncesto Ximnasia Durante a etapa de adulto (a partir dos 18 anos), hai unha aceleración do abandono da actividade física nos primeiros anos producíndose o 26,9% dos mesmos antes dos 24 anos, o 52% antes dos 34 anos e o 72% antes dos 44 anos. A partires desta idade prodúcese o 28% restante dos abandonos. 29 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 Etapa de adulto (18 ou máis anos) Idade das persoas Distribución dos casos de abandono (Porcentaxes acumuladas) 19 anos 10% 22 anos 20% 25 anos 30% 29 anos 40% 32 anos 50% 38 anos 60% 43 anos 70% 53 anos 80% 30 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 Etapa de adulto (18 ou máis anos) Idade das persoas Distribución dos casos de abandono (Porcentaxes acumuladas) 68 anos 90% 73 anos 95% 80 anos 99% Non se encontraron diferenzas estatisticamente significativas na taxa de abandono entre homes e mulleres en ningún dos grupos de idade, pero si que se encontraron diferenzas estatisticamente significativas segundo o nivel educativo das persoas (χ218 = 73,624; p < .001). A relación observada foi a seguinte: na franxa de idade que vai dos 18 aos 64 anos hai máis abandonos nos niveis educativos altos que nos baixos, pero a partires dos 65 anos ocorre ao revés, prodúcense máis abandonos nos niveis educativos baixos que nos altos. Entre os adultos/as a causa de abandono percibida máis frecuente segue sendo, coma no caso dos adolescentes, a falta de tempo (48,30%). No segundo lugar se sitúan as enfermidades, lesións ou accidentes (18,75) e no terceiro lugar a crenza de que xurdiron obxectivos máis importantes na vida (14,20%). Causas obxectivas coma instalacións deportivas moi alonxadas, motivos económicos, falta de oferta deportiva ou falta de instalacións deportivas son causas moito menos frecuentes de abandono deportivo en Galicia. 31 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 As actividades máis abandonadas polos adultos foron camiñar (19,2%), o fútbol (17,5%, o acondicionamento físico en ximnasio (11,9%), a natación (10,2%), as actividades aeróbicas con soporte musical (8,5%) e o baloncesto (7,3%). 32 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 20 15 10 5 0 Camiñar Fútbol Acond. Natación Act. Aer. Baloncesto Físico Soporte Ximnasio Musical Actividades máis comúns abandonadas polos adultos 3.8. Inactividade física: frecuencia, causas, percepcións En Galicia hai unha porcentaxe do 12,10% de persoas de 18 ou máis anos de idade (uns 289.425 galegos/as) que nunca practicou actividade física con regularidade, dos cales un 61,8% son mulleres (unhas 178.865) e un 38,2% homes (uns 110.560). 70 60 50 Distribución por sexo dos galegos/as que nunca practicaron actividade física ou deportiva en Galicia 40 30 20 10 0 Mulleres Homes 33 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 Hai persoas que nunca practicaron actividade física en todos os grupos de idade, aínda que hai un número considerablemente maior de persoas no grupo de 75 ou máis anos (25,7%). Tamén hai persoas que nunca practicaron pertencentes a todos os niveis educativos, se ben hai máis nos niveis educativos baixos que nos altos. 34 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 50 40 30 20 10 0 Sen estudios Básicos Medios Superiores Porcentaxe de galegos/as que nunca practicaron por niveis educativos No rango de idade que vai dos 18 aos 44 anos a porcentaxe de mulleres que nunca practicou supera a de homes, e dos 44 en diante é ao revés a porcentaxe de homes que nunca practicou supera a porcentaxe de mulleres. 30 25 20 Homes 15 Mulleres 10 5 0 18-34 35-44 45-54 55-64 65-74 75 ou máis As persoas que nunca practicaron encóntranse repartidas por toda a xeografía galega, nas catro provincias, nos concellos máis grandes e nos máis pequenos, nas zoas rurais e tamén nas urbanas. As causas máis comúns que sinalan os que nunca practicaron actividade física de xeito regular son de natureza subxectiva ou motivacional na súa maioría, coma a falta de tempo, informada por un 41,8% coma a causa principal de que nunca practicaran, a falta 35 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 de interese (15,6%), non gustar a actividade física (12,8%), a crenza de que un/unha se está facendo maior para practicar (7,1%) ou a crenza de que xurdiron obxectivos máis importantes na vida (0,7%). Causas obxectivas coma enfermidades, lesións, accidentes (9,2%), motivos económicos (2,1%), falta de oferta deportiva (2,1%) ou instalacións deportivas moi alonxadas foron sinaladas por un número relativamente menor de persoas. Aínda que nunca practicaron, hai unha porcentaxe do 44,4%, que declara que lle gustaría facelo, mentres que o resto nin practicou nunca ni lle interesa facelo no futuro (55,6%). 36 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 60 50 40 30 20 10 0 SÍ NON Porcentaxe de galegos/as que nunca practicaron interesados en practicar A pesares de non practicar actividade física con regularidade ao longo da semana durante o seu tempo libre, máis da metade (un 52,1%) declara que realiza actividade física de xeito regular a través do seu traballo ou ocupación principal diaria, nun grao moderado (23,16%), bastante alto (29,47%) ou incluso moi alto (12,63%). 37 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 Que non practicaran nunca actividade física no seu tempo libre de xeito regular, e que o seu traballo ou ocupación principal diaria lle requira pouca (25,26%) ou moi pouca (9,474%) actividade física, é dicir que se poderían considerar sedentarios/as, teríamos en Galicia unha porcentaxe do 2,75%, entre os/as maiores de 18 anos. Se a esta porcentaxe lle engadimos os casos de abandono aos que a súa ocupación principal diaria tamén lle require pouca ou moi pouca actividade física, chegaríamos a unha porcentaxe total do 6% de sedentarismo en Galicia (unhas 143.473 persoas maiores de 18 anos). Que nunca practicaran actividade física ou deportiva, hainos en todas as provincias, en todos os tipos de concellos, hai homes e mulleres, de todos os grupos de idade e niveis educativos, sendo o perfil máis típico o seguinte: persoas xubiladas (48,5%), persoas residentes en entornos urbanos (75,7%), persoas con niveis educativos baixos (66,7%). A pesares de non haber practicado nunca actividade física no seu tempo libre, a percepción que teñen da súa forma física é satisfactoria na súa maioría. Un 49,3% considera aceptable a súa forma física, un 19,2% a considera boa, e un 3,5% moi boa. Un 18,1% a considera, non obstante, deficiente e o 9,7% francamente mala. 38 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 A percepción que teñen do seu estado de saúde supera incluso á percepción que teñen da súa forma física. Un 34% a considera aceptable, un 40,3% a considera boa, e un 6,9% moi boa. Tan só un 11,8% a considera deficiente e un un 6,9% francamente mala. 39 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 3.9. Percepción da importancia da práctica de actividade física ou deportiva Un 71,3% dos galegos/as considera de alto interese ou de moi alto interese a práctica de actividade física ou deportiva, un 3,3% non ten claro o grao de interese que poida ter, e un 25,6% a considera de baixo ou moi baixo interese. Entre os que lle interesa, o caso máis común é o de aquel que lle interesa a actividade física ou deportiva, pero que non practica tanto como quixera (35,9%), no segundo lugar está o de aquel que lle interesa a actividade física e deportiva, e practica suficientemente (29,8%), no terceiro lugar sitúase aquel que lle interesa, practicou con anterioridade pero agora non o fai (13,1%), e no cuarto lugar aquel ao que lle interesa e a practica moito (5,6%). 40 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 Entre os que non lle interesa, hainos que que nin practican nin lle interesa facelo (6,7%), que nunca practicaron pero que lle gustaría facelo (5,8%), e que non lles interesa pero que practican por obrigación (3,3%). Observáronse diferenzas estatisticamente significativas entre homes e mulleres nalgúns tipos de interese pola actividade física ou deportiva ((χ26 = 30,186,624; p < .001), sendo as diferenzas máis salientables as seguintes: • Hai unha maior porcentaxe de mulleres (38,1%) que de homes (33,6%) ás que lles interesa a actividade física, pero que non practican tanto como quixeran. • Hai unha maior porcentaxe de mulleres (7,4%) que de homes (4%) que nunca practicaron pero que lles gustaría facelo. • Hai unha maior porcentaxe de homes (32%) que de mulleres (27,7%) aos que lles interesa a actividade física e a practican suficientemente. 41 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 • Hai unha maior porcentaxe de homes (8,7%) que de mulleres (2,7%) aos que lles interesa e practican moito. Se ordenamos o grao de interese de 1 a 7, onde 1 significa un grao de interese moi baixo pola actividade física ou deportiva, e 7 un grao de interese moi alto, a media dos homes sitúase en 4,86 (desviación típica = 1,58) e a media das mulleres en 4,51 (desviación típica = 1,60), sendo a diferenza estatisticamente significativa (t1198,69 = 3,759; p < .001). Coa idade, vai diminuíndo o interese pola actividade física ou deportiva, cun repunte na franxa dos 65 aos 74 anos (Estatístico de Brown-Forsythe, con 6 graos de liberdade no numerador e 1042,630 no denominador, igual a 2,456, p = 0,023). 42 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 A medida que aumenta o nivel educativo das persoas aumenta o seu grao de interese pola actividade física e deportiva (Estatístico de Brown-Forsythe, con 3 graos de liberdade no numerador e 492,003 no denominador, igual a 11,121, p < .001). Unha enorme maioría dos galegos/as é consciente dos beneficios da actividade física sobre a saúde. Un 56,6% cre que son moitos os beneficios que produce, e un 35,3% cre que son bastantes. Tan só unha minoría cre que son moderados (6,5%), poucos (1,3%) ou nulos (0,3%). A media, nunha escala de 1 a 5, onde 1 significa ningún beneficio e 5 significa moitos beneficios, sitúase en 4.67 (desviación típica igual a 0,70). 43 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 Os/as que practican perciben a práctica de actividade física e deportiva como máis beneficiosa para a saúde (media igual a 4,55) que os/as que non practican (media igual a 4,27), sendo a diferenzas entre as medias estatisticamente significativa (t532,04= 5,803; p < .001). Ningún Porcentaxe entre os/as que practican 0,1 Porcentaxe entre os/as que non practican 0,6 Pouco 0,5 3,4 Moderado 5,3 9,4 Bastante 32,6 41,9 Moito 61,5 44,7 Beneficio percibido 44 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 Non se observaron diferenzas estatisticamente significativas entre homes (media igual a 4,44) e mulleres (media igual a 4,49) na percepción dos beneficios da actividade física sobre a saúde (t1198 = -1,184; p < .001) pero si se observaron diferenzas estatisticamente significativas por grupos de idade (Estatístico de Brown-Forsythe, con 6 graos de liberdade no numerador e 1029,882 no denominador, igual a 12,608, p < .001) e por niveis educativos (Estatístico de Brown-Forsythe, con 3 graos de liberdade no numerador e 368,816 no denominador, igual a 32,810, p < .001). Por grupos de idade, a valoración dos beneficios mantense sempre por enriba dos 4 puntos (escala 1-5), pero experimenta un descenso que alcanza significatividade estatística a partires dos 75 anos de idade (proba de Games-Howell, p < .001). 45 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 Por niveis educativos, ascende a percepción dos beneficios da actividade física sobre a saúde a medida que aumenta o nivel educativo das persoas, alcanzado sempre as diferenzas entre niveis educativos consecutivos significatividade estatística (proba de Games-Howell, p < .05). A media máis baixa obsérvase entre os que non teñen estudos (media = 3,99; desviación típica = 0,96), e a máis alta entre os que teñen estudos superiores (media = 4,70; desviación típica = 0,51). As persoas con estudos básicos teñen unha media de 4,32 (desviación típica = 0,73) e as persoas con estudos medios unha media de 4,59 (desviación típica = 0,60). Nunha escala de 1 a 5, onde 1 significa ningún e 5 significa moito, os galegos/as lle conceden a actividade física un valor medio de 3.78 (desviación típica = 1,06), sendo estatisticamente superior a media dos homes (3,84, desviación típica = 1,04) a media das mulleres (3,72, desviación típica = 1,08); t1195,762 = 2,019, p = 0,044. 46 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 De maneira semellante ao que ocorre coa percepción dos beneficios da actividade física, o valor que se lle concede a actividade física tamén diminúe a partires dos 75 anos de idade e aumenta co nivel educativo das persoas. 3.10. Intención de práctica de actividade física e deportiva Un 54,3% dos galegos/as mostra bastante ou moita intención de práctica de actividade física de cara o futuro, un 29% moderada, un 9,6% pouca e un 7,1% ningunha. Nunha escala que vai de 1 a 5, onde 1 significa ningunha intención de práctica e 5 moita, a media sitúase en 3,56 (desviación típica = 1,17). 47 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 Os/as que practican teñen unha intención de práctica media de 3,93, nunha escala de 1 a 5, e os/as que non practican de 2,67, sendo a diferenza entre as medias estatisticamente significativa (t510,39= 17,07; p < .001). Porcentaxe entre os/as que practican 0,1 Porcentaxe entre os/as que non practican 23,9 Pouca 5,4 19,7 Moderada 28,4 30,5 Bastante 33,7 17,4 Moita 32,4 8,5 Intención de práctica Ningunha A intención de práctica é maior entre os/as que practicaron e abandonaron (media igual a 3,05) que entre os/as que nunca practicaron (media igual a 2,14), sendo a diferenza estatisticamente significativa (t344 = 7,185; p < .001). A media dos homes (3,64, desviación típica = 1,19) é estatisticamente superior a media das mulleres (media igual a 3,48, desviación típica = 1,15); t1198 = 2,372; p = 0,018. Respecto a idade e ao nivel educativo das persoas, seguen a observarse as mesmas tendencias que se observaban respecto aos beneficios percibidos da saúde ou ao valor que se lle concede a actividade física; é dicir, diminúe a intención de práctica coa idade das persoas e aumenta a intención de práctica co seu nivel educativo. 48 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 Teñen unha maior intención de práctica os/as que abandonaron (media = 3,05, nunha escala de 1 a 5) que os/as que nunca practicaron (media = 2,139), t345 = 7,200; p < .001. 49 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 4 3 3 2 2 1 1 0 Os/as que abandonaron Os/as que nunca practicaron Intención de práctica A grande maioría das causas sinaladas da intención de non practicar son de natureza subxectiva: non me interesa (30,1%), fíxenme maior para seguir practicando (20,5%), non me gusta (15,7%), falta de tempo (8,4%), xurdiron obxectivos máis importantes na miña vida (3,6%), etc. E tan só unha delas é de natureza obxectiva: enfermidade, lesión ou accidente (20,5%). 50 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 3.11. Estilo de vida: actividade física cotiá e sedentarismo Na enquisa se lle pediu aos enquisados/as que, independentemente de si realizaban ou non actividade física ou deportiva no seu tempo libre, fixeran unha valoración do grao de actividade física total que realizaban no dia a día, nunha escala de 1 a 5, onde 1 significaba ningunha actividade e 5 moita actividade. Un 3,9% manifestou que realizaba moita actividade, un 22,8% bastante, un 43,3% moderada, un 26,6% pouca, e un 3,5% ningunha. A media se situou nos 2,97 puntos, que ven significando un grao de actividade física moderado, non habendo diferenzas estatisticamente significativas entre homes e mulleres (t1155,440 = 1,052, p = .293). Para tratar de identificar onde se producía a actividade física cotiá sinalada, se estableceron dúas posibilidades: (1) nos desprazamentos que se realizan na vida cotiá (a pé, en bicicleta) ou (2) durante o desempeño do traballo ou ocupación principal diaria. 51 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 Un 74,1% dos galegos/as ten o costume de desprazarse a pé para realizar as súas actividades cotiás, sendo maior a porcentaxe de mulleres (78,2%) que de homes (69,6%), χ21 = 11,290; p = .001. A estimación do número de persoas maiores de 18 anos que ten este costume en Galicia é de 1.771.892. E un 6,1% ten o costume de facelo en bicicleta, sendo maior neste caso a porcentaxe de homes (8,7%) que a de mulleres (3,7%), χ21 = 12,323; p < .001. A estimación do número de persoas maiores de 18 anos que teñen o costume de desprazarse en bicicleta para realizar actividades da vida cotiá en Galicia é duns 145.864. 80 70 60 50 40 Homes 30 Mulleres 20 10 0 A pé (porcentaxe) En bicicleta (porcentaxe) Un dos indicadores máis utilizados para medir o sedentarismo é o número de horas que as persoas están sentadas de xeito seguido, sen levantarse. Os galegos/as adoitan estar sentados/as, de xeito seguido, sen levantarse, unha media de 2,24 horas, non observándose diferenzas estatisticamente significativas entre homes e mulleres (t1198 = 1,792; p = .073). Máis concretamente, un 37,3% adoita estar sentado/a de xeito continuado menos de 2 horas, un 28,8%, 2 horas, e un 33,9% máis de 2 horas. 52 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 40 30 20 10 0 Menos de 2 horas 2 horas Máis de 2 horas Número de horas seguidas que pasan os galegos/as sentados/as (Porcentaxes) A media está por encima de 2 horas en todas as franxas de idade, coa excepción da franxa que vai dos 55 aos 64 anos, que se sitúa lixeiramente por debaixo (1,91 horas). 53 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 A media máis alta en canto ao número de horas seguidas sentado/a obsérvase entre as persoas con niveis educativos superiores (2,51 horas). Un 44,58% dos galegos/as realiza actividade física como parte do seu traballo ou ocupación principal diaria e un 55,2% non a realiza, observándose diferenzas estatisticamente significativas entre homes e mulleres (χ21 = 23,675; p < .001). Hai máis mulleres que realizan actividade física mentres traballan ou desempeñan as súas ocupacións cotiás (51,4%) que homes (37,2%). 54 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 60 50 40 30 20 10 0 Mulleres Homes Porcentaxe de galegos/as que realizan actividade física como parte do seu traballo ou ocupación principal diaria Tamén se observan diferenzas estatísticamente significativas segundo o nivel educativo das persoas; a medida que aumenta o nivel educativo diminúe a porcentaxe de persoas que realiza actividade física no seu traballo ou na súa ocupación principal diaria (χ23 = 75,187; p < .001). Para os/as que teñen estudos básicos a porcentaxe é do 46,2%, para os/as que teñen estudos medios do 31,8% e para os/as que teñen estudos superiores do 13,6%. 50 40 30 20 10 0 Estudos básicos Estudos medios Estudos superiores Porcentaxe de galegos/as que realizan actividade física como parte do seu traballo ou ocupación principal diaria, segundo o seu nivel educativo Aqueles/aquelas que realizan actividade física mentres traballan ou desempeñan as súas ocupacións principais diarias valoran o grao de actividade física requirida pola 55 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 actividade, nunha escala que vai de 1 a 5, onde 1 significa moi pouca actividade e 5 moita actividade, cunha media de 3,26 (desviación típica = 0,95). Un 10,53% manifesta que o grao de actividade física requirido é moito, un 27,3% que é bastante, un 42,1% moderado, un 17,8% que é pouco, e un 2,4% moi pouco. Unha maioría do 61,8% realizan o traballo ou a súa ocupación principal diaria principalmente de pé e o 38,3% faino principalmente sentado. 56 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 3.12. Beneficios psicolóxicos da práctica de actividade física e deportiva No estudo rexistrouse, nunha escala de 1 a 5, a forma física percibida, a saúde percibida e a satisfacción vital. En todas estas variables se observaron diferenzas estatisticamente significativas entre os/as que practican actividade física ou deportiva e os/as que non o fan, sendo en todos os casos a media superior entre os/as que practican. É dicir, que os/as que practican actividade física cren que teñen mellor forma física que os/as que non o fan (3,34 versus 2,87), cren que teñen mellor saúde (3,74 versus 3,44) e se senten máis satisfeitos/as na vida (3,83 versus 3,57). 57 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 3,34 Media dos/das que non practican (Desviación típica) 2,87 (0,80) (0,94) 3,74 3,44 (0,79) (0,94) 3,83 3,57 (0,76) (0,95) Media dos/das que practican (Desviación típica) Forma física percibida Saúde percibida Satisfacción vital t Graos de liberdade p-valor 8,637 1198 < .001 5,183 566,163 <.001 4,479 541,217 <.001 4 3,5 3 2,5 2 1,5 1 0,5 0 Practican Non practican Forma física percibida Saúde percibida Satisfacción vital Unha tendencia semellante xa se observara en 2007. Os galegos/as que practicaban naquel intre tamén se percibían como máis sans (con mellor estado de saúde) e máis satisfeitos na vida que os/as que non practicaban. 58 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 3.13. Factores explicativos da práctica de actividade física e deportiva Tratouse de identificar aqueles factores que distinguen ou diferencian ás persoas que practican algún tipo de actividade física ou deportiva de xeito regular ao longo da semana durante o seu tempo libre respecto aos que non practican. A través de múltiples análises de regresión loxística, encontráronse cinco variables que están relacionadas coa práctica de actividade física: o sexo das persoas, o seu nivel educativo, os beneficios percibidos da actividade física sobre a saúde, o valor percibido da práctica de actividade física e o grao de interese pola práctica de actividade física ou deportiva. O sexo ten unha influenza moi pequena, pero estatisticamente significativa, hai unha lixeira tendencia a unha maior práctica por parte dos homes que das mulleres. O nivel educativo, o beneficio percibido da actividade física sobre a saúde, o valor percibido da actividade física e o interese pola actividade física teñen todos eles un efecto positivo sobre a práctica de actividade física. Canto maiores son, maiores son as posibilidades de práctica. Cada unha destas variables por si soa explicarían as seguintes porcentaxes de práctica: sexo (0,6%), nivel educativo (1,5%), beneficio percibido sobre a saúde (4,5%), valor percibido da práctica de actividade física (19,4%), e interese pola práctica de actividade física ou deportiva (81,3%). Resultados das análises de regresión loxística simple B p-valor Odd Ratio R2 de Nagelkerke Sexo -0,279 .029 0,757 0,006 Nivel educativo 0,247 <.001 1,280 0,015 Beneficio saúde 0,548 <.001 1,730 0,045 Valor percibido 0,933 <.001 2,300 0,194 59 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 Resultados das análises de regresión loxística simple B Interese 2,387 p-valor <.001 Odd Ratio 10,878 R2 de Nagelkerke 0,813 Obsérvase que o grao de interese pola práctica de actividade física ten un poder explicativo moi superior ás demais variables. De feito, se se realiza unha análise de regresión loxística múltiple, introducindo á vez as cinco variables como predictoras o grao de interese absorbe toda a capacidade explicativa da práctica de actividade física perdendo a súa significatividade estatística as restantes variables. Se a práctica depende na súa maioría do interese pola práctica, entón a cuestión relevante a partir de aquí consiste en tratar de explicar de onde procede o interese pola práctica de actividade física ou deportiva. E aquí e onde interveñen as outras catro variables. Análises de regresión simple e múltiple mostraron que todas elas están relacionadas co interese pola práctica. Os homes amosan unha pequena tendencia a ter máis interese que as mulleres pola práctica de actividade física ou deportiva. E o nivel educativo, o beneficio percibido da práctica e o valor que se lle concede a práctica de actividade física ou deportiva se relacionan de xeito positivo co interese pola práctica; canto maiores son, maior é o interese pola práctica. A variable que ten maior efecto sobre o interese pola práctica de actividade física ou deportiva é o valor que se lle concede a propia actividade. O sexo, o nivel educativo e o beneficio percibido sobre a saúde teñen un efecto considerablemente menor. Resultados da análise de regresión múltiple B BETA T p-valor Sexo -0,275 -0,086 -3,415 .001 Nivel educativo 0,139 0,080 3,033 .002 Beneficio saúde 0,139 0,061 2,102 0,036 60 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 Resultados da análise de regresión múltiple Valor B BETA T p-valor 0,656 0,435 15,468 <.001 Realizáronse análises estatísticas semellantes con outras variables rexistradas de tipo persoal tales como o grupo de idade ao que pertencía a persoa, se a persoa vivía só/soa ou non, o tipo de actividade laboral que desempeñaba ou o sector produtivo onde traballaba, e en ningún caso se encontraron efectos significativos sobre a práctica de 61 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 actividade física. Tampouco se encontraron efectos significativos de variables territoriais coma a provincia, o tamaño do concello, ou o tipo de entorno onde residían as persoas (rural versus urbano, ou costa versus interior). 4. CONCLUSIÓNS • En Galicia hai, na data de realización do presente estudo, unha porcentaxe do 70,75% de persoas maiores de 18 anos que realiza algún tipo de actividade física ou deportiva de xeito regular ao longo da semana no seu tempo libre. Esta porcentaxe supón un avance de 15,65 puntos respecto ao nivel de práctica rexistrado no ano 2007, que se situaba no 55,1%. A estimación do número de galegos/as maiores de 18 anos que realizan actividade física ou deportiva de xeito regular é de 1.691.786. • Entre os/as que realizan actividade física de xeito regular hai unha porcentaxe maior de homes (73,74%) que de mulleres (68%). Sen embargo, dado que na poboación total galega hai máis mulleres que homes, o número total de mulleres que realiza actividade física ou deportiva (846.889) supera ao número de homes (844.897). • A práctica de actividade física en Galicia deixou de ser exclusiva dos máis xoves ou dos/das que viven en entornos urbanos, e está a dia de hoxe estendida por todas as idades (xoves, adultos, maiores) e por todas as demarcacións territoriais galegas: provincias, concellos de distintos tamaños poboacionais, rural, urbano, costa e interior da xeografía galega. • A actividade física máis practicada polos galegos/as é camiñar. Catro de cada dez galegos/as maiores de 18 anos teñen o hábito de camiñar de xeito regular ao longo da semana durante o seu tempo libre. O hábito de camiñar ascendeu case 13 puntos 62 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 porcentuais desde 2007. Na actualidade, o número de persoas maiores de 18 anos que teñen o hábito de camiñar en Galicia ascende a 966.530. Entre as dez actividades máis practicadas polos galegos/as hai actividades máis modernas coma o acondicionamento físico no ximnasio, a ximnasia de mantemento, as actividades aeróbicas con soporte musical, os pilates ou o pádel, e outras máis tradicionais coma correr, nadar, andar en bicicleta, ou o fútbol. Se descontamos os que só camiñan, para podernos comparar coa media española de práctica deportiva, a porcentaxe de práctica deportiva en Galicia no ano 2013 é do 41,9%, situándose lixeiramente por enriba da media española que é do 41,8%. • Atendendo ao sexo das persoas, obsérvanse as seguintes diferenzas e semellanzas: A actividade física máis practicada polos homes e mulleres de Galicia é camiñar, pero hai un número considerablemente maior de mulleres que camiñan (504.819) que de homes (461.711). Hai cinco actividades (acondicionamento físico en ximnasio, nadar, correr, andar en bicicleta, e pádel) que se sitúan entre as dez máis practicadas tanto no caso dos homes coma no caso das mulleres. Catro actividades (fútbol, fútbol sala, acondicionamento físico na casa, e a caza) están entre as dez máis practicadas no caso dos homes e non no das mulleres. E outras catro actividades (actividades aeróbicas con soporte musical, ximnasia de mantemento, pilates e ioga) están entre as dez máis practicadas polas mulleres pero non polos homes. • Os galegos/as que practican algunha modalidade de actividade física ou deportiva realizan unha media de 4,15 sesións semanais, cunha duración media de 78,25 minutos cada sesión, o que supón unha práctica media de 324,74 minutos a semana, cantidade que duplica a recomendación da Organización Mundial da Saúde, que é de 150 minutos de actividade física semanal moderada. 63 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 • O lugar preferido polos galegos/a para a práctica de actividade física ou deportiva é o medio natural (a beira dos ríos, as praias, o mar, os montes, os camiños, os sendeiros, as rutas, etc.). O segundo e o terceiro lugar o ocupan as instalacións deportivas e o entorno urbano, respectivamente. Canto maior é o tamaño do concello, máis se practica en instalacións deportivas ou no entorno urbano, e canto menor é o tamaño do concello máis se practica no medio natural. As persoas con niveis educativos máis altos son as que máis usan as instalacións deportivas. Lugares de práctica menos habituais son os locais ou recintos das asociacións de veciños/as, a propia casa ou os parques saudables. Non se observaron casos de persoas que practiquen no entorno laboral. • O primeiro motivo de práctica dos galegos/as é o coidado da súa saúde. Máis de 4 de cada 10 galegos/as practican por esta razón. O segundo motivo, por orde de frecuencia, é o desfrute que produce a propia práctica da actividade física ou deportiva. Case 3 de cada 10 galegos/as practican porque desfrutan practicando. Os seguintes dous motivos de práctica máis frecuentes son estar en forma e perder peso. Motivos moi minoritarios son competir e estar cos amigos/as ou coa familia. Homes e mulleres se diferencian na orde dos dous primeiros motivos. Para a muller o primeiro motivo de práctica é a saúde, mentres para o home é o desfrute da actividade. A medida que aumenta a idade das persoas vólvese máis importante o coidade da saúde e perde importancia o desfrute da actividade e todos os demais motivos. • Tres de cada dez galegos/as de máis de 18 anos non teñen o hábito de practicar actividade física ou deportiva. Entre eles, máis da metade practicou actividade física ou deportiva con anterioridade e abandonou. En Galicia actualmente hai uns 410.006 casos de abandono (que constitúen o 17,15% da poboación maior de 18 anos). A maioría dos abandonos se produciron a partires dos 18 anos, pero tamén hai casos de abandono na adolescencia (14-17 anos) e incluso na infancia (13 ou 64 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 menos anos). A etapa de adulto onde máis abandonos se producen e a que vai dos 19 aos 32 anos. Aos 32 anos xa se produciron a metade dos abandonos que teñen lugar na adultez. O motivo percibido de abandono máis frecuente en todas as etapas da vida é a percepción de falta de tempo para practicar. • En Galicia hai unha porcentaxe do 12,1% de persoas de máis de 18 anos de idade (uns 289.425 galegos/as) que nunca practicou actividade física ou deportiva con regularidade, dos cales un 61,8% son mulleres (unhas 178.865) e un 38,2% homes (uns 110.560). A pesares de non practicar actividade física ou deportiva con regularidade ao longo da semana durante o seu tempo libre, a maioría (un 65,26%) declara que realiza actividade física de xeito regular a través do seu traballo ou ocupación principal diaria. Que non practicaran nunca actividade física ou deportiva no seu tempo libre de xeito regular, e que o seu traballo ou ocupación principal diaria lle requira pouca ou moi pouca actividade física, é dicir que se poderían considerar sedentarios/as, teríamos en Galicia unha porcentaxe do 2,75%, entre os/as maiores de 18 anos. Se a esta porcentaxe lle engadimos os casos de abandono aos que a súa ocupación principal diaria tamén lle require pouca ou moi pouca actividade física, chegaríamos a unha porcentaxe total de sedentarismo en Galicia do 6% (unhas 143.473 persoas maiores de 18 anos). • Os/as galegos/as, na súa maioría, valoran positivamente a práctica de actividade física ou deportiva, a consideran de interese e son conscientes dos beneficios que pode ter para a súa saúde. Esta tendencia se mantén en todas as etapas da vida cunha lixeira devaluación a partires dos 75 anos. Tamén a valoran máis as persoas con niveis educativos altos, e algo máis os homes que as mulleres. • Independentemente de se realizan ou non algún tipo de actividade física ou deportiva no seu tempo libre, unha grande maioría dos galegos/as (un 74,1%) mantén o costume de desprazarse a pé diariamente para realizar as súas actividades 65 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 cotiás e unha porcentaxe do 6,1% ten o costume de facelo en bicicleta. A estimación do número de galegos/a maiores de 18 anos que teñen o costume de desprazarse a pé diariamente é de 1.771.892 e en bicicleta 145.864. Hai máis mulleres que homes que se desprazan a pé e máis homes que mulleres que o fan en bicicleta. Tamén hai unha porcentaxe do 44,58% dos galegos/as que realiza actividade física como parte do seu traballo ou ocupación principal diaria, sendo neste caso maior o número de mulleres que de homes. Tamén realizan máis actividade física no seu traballo ou ocupación principal diaria as persoas con niveis educativos máis baixos. • A práctica de actividade física ou deportiva non só produce beneficios para a saúde física das persoas senón tamén para a saúde mental. Os galegos/as que practican actividade física ou deportiva se perciben en mellor forma física que os/as que non practican, cren que teñen un mellor estado de saúde que os/as que non practican, e se senten máis felices e satisteitos/as que os/as que non practican. • A variable que máis influencia ten sobre a práctica de actividade física ou deportiva dos galegos/as é o interese que amosan pola propia práctica. A maior interese maior posibilidades de práctica. E o interese pola práctica está determinado en grande medida polo valor que se concede á práctica de actividade física ou deportiva e tamén, aínda que en menor grao, polo sexo das persoas (amosan algo máis de interese os homes que as mulleres), polo seu nivel educativo (a maior nivel educativo máis interese) e polos beneficios percibidos para a saúde (a máis beneficios percibidos maior interese). 66 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 ANEXO I ENQUISA 2013 SOBRE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA EN GALICIA 1. No seu tempo libre, practica actualmente algún tipo de actividade física ou deportiva? 1. Sí 2. Non (IR a 5) 2. ¿Cantas actividades físicas ou deportivas diferentes practica no seu tempo libre? _____ 3. Por favor, especifique cada actividade física ou deporte practicado Nome de cada actividade física ou deportiva* Nº de sesións á semana Duración de cada sesión (minutos) Durante a actividade pode manter unha conversa con normalidade sen que se altere moito a súa respiración? 1 = SI; 2 =NON Lugar onde practica** Desde cando practica? 1 = hai menos de seis meses 2 = hai máis de seis meses * ver códigos na táboa ** 1 = en instalacións deportivas, 2 = no medio rural, 3 = na casa, 4 = no entorno urbano, 5 = nos parques saudables, 6 = no traballo, 7 = noutros lugares (especificar), 8 = nas comunidades veciñais 67 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 4. Cal é o motivo(s) principal(es) polo que practica actividade física ou deportiva? Motivo 1. Lúdico (pasalo ben, divertirse) 2. Saúde (manter ou mellorar o estado de saúde) 3. Por prescrición médica 4. Perder peso 5. Estar en forma 6. Estar coa familia (práctica en familia) 7. Estar cos amigos/as, relacionarse 8. Aprender novas habilidades 9. Competir 10. Outros (especificar ...........................................) (IR A 8) 5. Aínda que agora non practica actividade física ou deportiva no seu tempo libre ¿practicouna con anterioridade e abandonouna? 1. Sí 6. 2. Non (IR a 7) Por favor, especifique o seu caso na seguinte táboa. Época na que abandonou Qué Desde actividade/s que idade practicaba?* practicaba? Abandonou Por Idade qué?** Anos de práctica 1. Infancia (13 ou menos anos) 2. Adolescencia_Xuventude (14 a 17 anos) 3. Adulto (18 ou máis anos) * ver códigos na táboa ** 1 = Non me interesaba; 2 = Malas experiencias (problemas co adestrador, cos compañeiros/as, co profesor de educación física ...), 3 = Non me gustaba; 4 = Falta de tempo; 5 = Falta de apoio social (familia, amigos/as, adestrador/a, compañeiros/as, ...); 6 = Motivos económicos; 7 = Falta de oferta deportiva: 8 = Falta de instalacións deportivas; 9 = Instalacións deportivas moi alonxadas da miña vivenda; 10 = Xurdiron outros obxectivos máis importantes na miña vida; 11 = Enfermidade, lesión ou accidente; 12 = Fíxenme maior para seguir practicando actividade deportiva ou física; 13 = Outras causas (especificar ..................................................................................) 68 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 7. Cal é a causa principal pola que non fai deporte ou actividade física na actualidade? 1. Non me interesa 2. Malas experiencias previas (problemas co adestrador, cos compañeiros/as, co profesor de educación física ... 3. Non me gusta 4. Falta de tempo 5. Falta de apoio social (familia, amigos/as, adestrador/a, compañeiros/as, ...) 6. Por motivos económicos 7. Falta de oferta deportiva 8. Falta de instalacións deportivas 9. Instalacións deportivas moi alonxadas da miña vivenda 10. Xurdiron outros obxectivos máis importantes na miña vida 11. Enfermidade, lesión ou accidente 12. Fíxenme maior para seguir practicando actividade física ou deportiva 13. Outras causas (especificar ..................................................................................) 8. Se temos en conta o grao de interese que as persoas teñen pola actividade física ou deportiva e a súa práctica, ¿con cál dos grupos que lle vou indicar a continuación se identifica vostede máis? 1. Interésalle a actividade física ou deportiva, e practica moito. 2. Interésalle a actividade física ou deportiva, e practica suficientemente. 3. Interésalle a actividade física ou deportiva, pero non practica tanto como quixera 4. Non lle interesa a actividade física ou deportiva, pero practica por obrigación (enfermidade, clases, traballo, ...) 5. Interésalle a actividade física ou deportiva, practicouna, pero agora xa non practica 6. Nunca practicou actividade física ou deportiva, pero gustaríalle facelo 7. Nin practica, nin lle interesa 9. Cre que a práctica de actividade física ou deportiva beneficia a saúde das persoas? 1. Nada 2. Un pouco 3. Moderadamente 4. Bastante 5. Moito 10. Que valor lle concede á actividade física ou deportiva na vida? 1. Ningún 2. Un pouco 3. Moderado 4. Bastante 5. Moito 69 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 11. Pensando no futuro, ten intención de practicar (ou seguir practicando) actividade física ou deportiva? 1. Ningunha 2. Pouca (IR a 13) 3. Modera (IR a 13) 4. Bastante (IR a 13) 5. Moita (IR a 13) 12. Se non ten intención de practicar (ou seguir practicando) no futuro actividade física ou deportiva, cal é o motivo principal? 1. Non me interesa 2. Malas experiencias previas (problemas co adestrador, cos compañeiros/as, co profesor de educación física ... 3. Non me gusta 4. Falta de tempo 5. Falta de apoio social (familia, amigos/as, adestrador/a, compañeiros/as, ...) 6. Por motivos económicos 7. Falta de oferta deportiva 8. Falta de instalacións deportivas 9. Instalacións deportivas moi alonxadas da miña vivenda 10. Xurdiron outros obxectivos máis importantes na miña vida 11. Enfermidade, lesión ou accidente 12. Fíxenme maior para seguir practicando actividade física ou deportiva 13. Outras causas (especificar ..................................................................................) 13. Nun día normal da súa vida, cántas horas seguidas adoita estar sentado/a sen levantarse? _______(horas) 14. O seu traballo ou ocupación principal diaria, require actividade física? 1. Sí 2. Non (IR a 16) 15. Valore de 1 a 5 o grao de esixencia física do seu traballo ou ocupación principal diaria 1. Moi pouca 2. Pouca 3. Moderada 4. Bastante 5. Moita 16. En que posición realiza o seu traballo ou ocupación principal diaria? 1. Principalmente sentado/a 2. Principalmente de pé 70 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 17. Ten o costume de desprazarse a pé para realizar as súas actividades cotiás? 1. Sí 2. Non 18. Ten o costume de desprazarse en bicicleta para as súas actividades cotiás? 1. Sí 2. Non 19. Ten o costume de desprazarse en patíns, patinete ou monopatín para as súas actividades cotiás? 1. Sí 2. Non 20. Considerando o seu día a día, valore de 1 a 5 o grao de actividade física que realiza? 1. Ningunha 2. Pouca 3. Moderada 4. Bastante 5. Moita 21. Valore de 1 a 5 a súa forma física actual 1. Francamente mala 2. Deficiente 3. Aceptable 4. Boa 22. Valore de 1 a 5 o seu estado de saúde actual 1. Francamente malo 2. Deficiente 3. Aceptable 4. Bo 5. Moi boa 5. Moi bo 23. Valore de 1 a 5 o seu grao de satisfacción na vida en xeral 1. Moi insatisfeito/a 2. Insatisfeito/a 3. Nin satisfeito/a nin insatisfeito/a 4. Satisfeito/a 5. Moi satisfeito/a 24. Sexo 1. Home 2. Muller 25. Idade …....…. (anos) 26. ¿Con quén vive vostede? 1. Só/soa 2. En parella 4. Sin parella e con fillos/as 5. Con familiares 7. Outros 3. En parella e con fillos/as 6. Con outras persoas 71 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 27. Nivel educativo 1. Sen estudios 2. Estudios básicos (Ensinanza Primaria, EXB ou Secundaria Obrigatoria) 3. Estudios medios (Bacharelato, BUP, FP, similares) 4. Estudios superiores (diplomaturas, graos, licenciaturas, doutoramento) 28. Actividade laboral principal 1. Estudante 2. Traballador/a por conta allea 3. Empresario/a 4. Autónomo/a ...........................) 5. Empregado/a público/a 6. En paro ou desempregado/a 7. Xubilado/a 8. Labores domésticas, amo/a de casa 9. Outras profesións (especificar 29. No caso de estar traballando, en que sector produtivo? 1. Primario (agrogandeiro, pesqueiro, minería ...) 2. Secundario (construción, industria, ...) 3. Terciario (servizos) 30. Entorno onde reside habitualmente? 1. Urbano-costa 3. Rural-costa 2. Urbano-interior 4. Rural-interior 31. Provincia 1. A Coruña 32. Concello 1. A Coruña 2. Santiago 3. Ferrol 4. Cambre 5. Ames 6. As Pontes 7. Laracha 8. Corcubión 9. Santiso 2. Lugo 3. Ourense 4. Pontevedra 10.Lugo 17. Ourense 11. Monforte 18. Verín 12. Viveiro 19. Carballiño 13. Burela 20. Ribadavia 14. Cospeito 21. Barbadás 15. Fonsagrada 22. Castro Caldelas 16. Abadín 23. Pontedeva 24. Pontevedra 25. Vigo 26. Ponteareas 27. Lalín 28. Baiona 29. Poio 30. Meis 31.Catoira 72 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 ANEXO II CATEGORIZACIÓN DAS ACTIVIDADES FÍSICAS E DEPORTIVAS UTILIZADA NO ESTUDO CÓDIGO ACTIVIDADE CÓDIGO ACTIVIDADE 1 Camiñar 39 Fútbol sala 2 Correr 40 Golf 3 Nadar 41 Halterofilia 4 Andar en bicicleta 42 Hípica 5 Ximnasia de mantemento 43 Hockei 6 Taichí 44 Judo E.D.A. 7 Ioga 45 Kárate E.D.A. 8 Sendeirismo 46 Kung-Fú 9 47 Loita 48 Montañismo 49 Motociclismo 50 Motonáutica 51 Natación 14 Pilates Acondicionamento físico na casa (bici estática, cinta rodante, wii, consolas para moverse) Acondicionamento fisico en ximnasio (musculación, cardio…) Actividades aeróbicas con soporte musical (aerobic, spinning, body contact..) Actividades rítmicas expresivas (bailes de salón, danza, danza do ventre, danza contemporánea…) Actividades de risco (puenting, barranquismo, ráfting…) 52 Orientación 15 Actividades subacuáticas 53 Patinaxe 16 Aeronáutica 54 Pádel 17 Atletismo 55 Pelota 18 Automobilismo 56 Pentatlón 19 Bádminton 57 Pesca 20 Baloncesto 58 Petanca 21 Balonmán 59 Piragüismo 22 Béisbol 60 Remo 23 Billar 61 Rugby 24 Bolos 62 Salvamento 25 Boxeo 63 Squash 26 Caza 64 Surf 27 Ciclismo 65 Taekwondo 28 Colombofília 66 Tenis 10 11 12 13 73 ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013 CÓDIGO ACTIVIDADE CÓDIGO ACTIVIDADE 29 Columbicultura 67 Tenis de mesa 30 Chave 68 Tiro con arco 31 Deportes de inverno 69 Tiro ó vo 32 70 Tiro Olímpico 33 Modalidade deportiva de minusválidos físicos Modalidade deportiva de Minusválidos Psíquicos 71 Vela 34 Deportes Xordos 72 Voleibol 35 Esgrima 73 Xadrez 36 Espeleoloxía 74 Ximnasia 37 Esquí Naútico 75 Outras 38 Fútbol 74