xornadas de música contemporánea 2016 conciencia da palabra

Anuncio
XORNADAS DE
MÚSICA CONTEMPORÁNEA 2016
CONCIENCIA DA PALABRA
B
aixo o título Con’Ciencia’ da Palabra, as Xornadas de Música Contemporánea regresan a Compostela nos meses de outubro e novembro de 2016 co obxectivo de promover e difundir as últimas
tendencias e a innovación da música culta actual.
A filosofía, a ética, a ecoloxía, a arquitectura e a pintura súmanse á
música para conformar unhas xornadas que se inauguran coa proposta
Cruzando océanos do Airas Ensemble que inclúe unha estrea de Óscar
Colomina explorando etimoloxicamente a palabra son, en nórdico tamén
«estreito de mar que se pode cruzar nadando» e converter o espazo en
base narrativa dun concerto que se completa con obras dos galegos Jesús
Bal y Gay e Octavio Vázquez, o primeiro exiliado en México e o segundo
residente aínda en EEUU, alén do océano. Destacados solistas da música contemporánea galega integran Vertixe Sonora e será este ensemble
o que articule un programa ao redor da idea de Kairós, o instante en que
o son se produce e transfórmase, o momento oportuno en que as cousas
teñen un significado concreto e o Microteatro Psicopático, unha historia
de palabras perdidas, monstros e espazos misteriosos, teatro musical
para ensemble e actor, un achegamento á obra literaria de Javier Tomeo
co compositor chileno Óscar Carmona.
O Taller Atlántico Contemporáneo dirixido por Diego García Rodríguez
presentará dous programas (The Rothko Chapel de Morton Feldman e
Vox Balaenae de George Crumb) que falan do coñecemento compartido,
a conciencia, a universalidade, o ecoloxismo, unha viaxe musical en que
aborda elementos de ciencia, historia, filosofía e mesmo cuestións éticas
e morais.
Pola súa banda a Orquestra Universitaria do Espazo de Cámara da USC
ofrece un proxecto con composicións encargadas aos principais centros
superiores de estudos musicais de cada un dos tradicionais camiños de
Santiago: Camiño do Norte, Inglés, Portugués, Francés e Vía da Prata.
Distintas procedencias, redes de coñecemento que propician que todas
as obras deste programa sexan estreas absolutas.
O conxunto de cámara Zoar achega a estas xornadas tres propostas
programáticas ao redor de Miguel de Cervantes e William Shakespeare en
que literatura e música do século xx camiñan da man. Seguindo a inspiración narrativa destas dúas imprescindibles figuras, Zoar recupera obras
de relevantes compositores galegos como Bal y Gay ou Xabier Mariño.
Da man da Asociación Galega de Compositores e a través de dous quintetos de metais, Hércules Brass e InVento, chegarán ás obras dos compositores galegos máis actuais como Luís Carro, Miguel Brotóns, Juan Durán,
Margarita Viso, Xoán Antón Vázquez Casas, Javier María López Rodríguez,
Jesús González ou Xavier Comesanha.
Nesta cuarta edición das Xornadas de Música Contemporánea, a Real
Filharmonía de Galicia, dirixida por Jaime Martín, interpreta a obra gañadora do VII Premio de Composición AEOS-Fundación BBVA Tres pinturas
velazqueñas de Jesús Torres e que se completa con composicións de Kurt
Weill e Beethoven.
Coa súa vocación de chegar a novos públicos incluíronse charlas preconcerto impartidas, nesta edición, por docentes da Universidade de Santiago de Compostela que desde diferentes disciplinas, a ética, a musicoloxía, a ciencia ou a literatura, achegarannos ás composicións afondando
na relación da música cos seus ámbitos pedagóxicos.
A experiencia activa de escoitar música tamén poderá compartirse en
familia. Así, o Ensemble Música Práctica ofrece Catro tímbricas pintadas do compositor compostelán Fernando Buide, o TAC presentará Vox
Balaenae de Crumb; e Zoar, Un xogo de ladróns de Óscar Navarro, sobre
textos de Rinconete e Cortadillo de Miguel de Cervantes. Xunto a eles a
Orquestra Universitaria do Espazo de Cámara da USC e a Banda Municipal
de Santiago buscan fidelizar novos públicos.
Un programa que pretende abarcar e presentar un percorrido pola música contemporánea que enriquece a cultura de Compostela, ao que se
poden achegar públicos heteroxéneos e que non sería posible sen a complicidade da Universidade de Santiago de Compostela e o Centro Galego
de Arte Contemporánea así como o apoio do Consorcio de Santiago de
Compostela, do Centro Nacional de Difusión Musical (CNDM) e do Instituto Nacional das Artes Escénicas e a Música (INAEM).
Martiño Noriega Sánchez
Alcalde de Santiago de Compostela
ENTRADAS
AIRAS ENSEMBLE
Sábado 1 z 20:30 h z Paraninfo da Universidade
Acceso libre até completar o aforo
VERTIXE SONORA ENSEMBLE
* Real Filharmonía de Galicia:
1 decembro (Auditorio de Galicia)
15 €
MÚSICA RESERVATA
Descontos do 50%:
Desempregados, maiores de 65 anos,
xubilados, menores de 25 anos, estudantes,
familias monoparentais, familias numerosas,
perceptores de rendas sociais
OUTUBRO
Sábado 8 z 20:30 h z Auditorio de Galicia
Domingo 9 z 12:00 h z Auditorio de Galicia
Sábado 15 z 20:30 h z Igrexa da Universidade
ENSEMBLE MÚSICA PRÁCTICA
Domingo 16 z 12:00 h z Centro Galego de Arte Contemporáneo
TALLER ATLÁNTICO CONTEMPORÁNEO
Horario de despacho de billetes
Venres 28 z 20:30 h z Igrexa de Bonaval
Sábado 29 z 20:30 h z Vestíbulo do Auditorio de Galicia
Domingo 30 z 12:00 h z Vestíbulo do Auditorio de Galicia
Teatro Principal:
aberto de 18.00 a 21.00h, de martes a sábado
HÉRCULES BRASS
Auditorio de Galicia:
O día de concerto a partir das 18.00 h
CUARTETO BRETÓN
Venres 4 z 20:30 h z Igrexa da Universidade
NOVEMBRO
Sábado 5 z 20:30 h z Paraninfo da Universidade
ORQUESTRA DE CÁMARA GALEGA
Venres 11 z 20:30 h z Igrexa da Universidade
QUINTETO INVENTO
Sábado 12 z 20:30 h z Auditorio de Galicia
BANDA MUNICIPAL DE SANTIAGO
Domingo 13 z 12:00 h z Teatro Principal
ORQUESTRA UNIVERSITARIA DO ESPAZO DE CÁMARA DA USC
Venres 18 z 20:30 h z Sala Agustín Magán
Domingo 20 z 12:00 h z Sala Agustín Magán
DAVID APELLÁNIZ E ALBERTO ROSADO
Sábado 19 z 20:30 h z Paraninfo da Universidade
ZOAR
Venres 25 z 20:30 h z Centro Galego de Arte Contemporáneo
Sábado 26 z 20:30 h z Centro Galego de Arte Contemporáneo
Domingo 27 z 12:00 h z Centro Galego de Arte Contemporáneo
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA*
Xoves 1 z 20:30 h z Auditorio de Galicia
DECEMBRO
AIRAS ENSEMBLE
OUTUBRO
Sábado 1 z 20:30 h
Paraninfo da Universidade
océanos
Foi o desexo de volver tocar xuntos e compartir de novo o camiño, o que impulsou a reunión
deste grupo de músicos vencellados polo entusiasmo e a inquietude. Algúns deles coñecíanse de tempo atrás, despois de coincidir na
Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia,
Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia ou Joven Orquesta Nacional de España, e outros coñécense xa no mundo profesional compartindo
atrís en orquestras como a Real Filharmonía de
Galicia. As traxectorias vanse cruzando ata a
decisión de formar Airas Ensemble, coma quen
recompón e ensambla as pezas dun crebacabezas. Esta formación está composta por algúns
dos máis destacados solistas de vento de España, músicos cunha destacable traxectoria
que desenvolven as súas carreiras na Sinfónica de Bilbao, o European Chamber Ensemble,
a NDR Radiophilharmonie, Real Filharmonía
de Galicia, Orquesta Vigo 430, etc. O grupo
nace co obxectivo de desenvolver ao máximo as posibildades sonoras e cromáticas dos
instrumentos de vento combinados co piano
ou sós. No seu repertorio cabe case calquera
formación. Isto permite que os seus concertos abranguen varios períodos da historia da
música de cámara, o que introduce unha variedade de estilos e de resultados tímbricos moi
interesantes. Por riba de todo, o seu obxectivo
é gozar da música e facer gozar a quen os escoita.
Quinteto de vento (2016)
Óscar Colomina i Bosch (1977).
Composta para e en colaboración
co Airas Ensemble
Estrea absoluta
Cuarteto para frauta, óboe, clarinete e fagot (1942)
Jesús Bal y Gay (1905 - 1993)
Quinteto de vento (2016)
Octavio Vázquez (1972)
Encargo de Airas Ensemble
Airas Ensemble
Julia Estévez, frauta
Roberto Baltar, óboe
Beatriz López, clarinete
Alfredo Varela, trompa
Santiago López, fagot
O concerto comeza co Quinteto de vento de
Óscar Colomina basado na idea de que a etimoloxía nórdica para «son» é a mesma que para
«estreito de mar que se pode cruzar nadando».
Así, a idea de «cruzar» o espazo é a base da súa
narrativa e así mesmo, o fío condutor do concerto. Jesús Bal y Gay e Octavio Vázquez, dous
compositores galegos, de diferentes épocas,
un exiliado en México e o outro residindo en
EEUU, ao outro lado do océano.
7
OUTUBRO
Sábado 8 z 20:30 h
Auditorio de Galicia
Kairós, o momento oportuno
Le Piano engloutie (2015)
Manuel R. Valenzuela (1980)
piano preparado e amplificado con pedal
de guitarras
Kairós (1991-92/rev. 2005-06)
Agostino Di Scipio (1962)
saxofón soprano, computer-generated
tape e electrónica en vivo
T(t)- Blocks D (2014)
Manuel R. Valenzuela
3 maquinas de escribir eléctricas, vídeo e
obxectos
Patrulla Reliquia (2015)
Mauricio Pauly (1976)
piano amplificado, electrónica en vivo e
gravacións de follas secas arrastradas e
aplastadas sobre lousas de cerámica (para
un pianista sen axuda)
The Art of Metal II (2007-versión 2015)
Yann Robin (1974)
saxofón baixo e electrónica en vivo
Kairós, o momento oportuno no que as cousas
teñen unha significación especial. O instante en que o son se produce e se transforma:
instrumentos alterados electronicamente en
vivo, tradición clásica manipulada, gravacións
de «follas secas arrastradas e esmagadas sobre lousas de cerámica», máquinas de escribir
e saturación extrema nun espléndido caleidoscopio sonoro.
8
Desde a súa aparición en 2010,
Vertixe Sonora Ensemble converteuse nun auténtico
revulsivo da sociedade española. A
súa
permanente
estrea de obras
novas permite que
Galicia participe da
creación sonora internacional cun protagonismo activo e desafiante. Un referente insubstituíble para a última xeración internacional de
compositores que atopa nas súas producións a
oportunidade de desenvolver propostas musicais cunha perspectiva global e en permanente
estado de convulsión, na procura da excelencia
artística. Integrada por artistas sonoros e destacados solistas de música contemporánea,
Vertixe Sonora Ensemble mantén unha constante interlocución con artistas plásticos, músicos de jazz, intérpretes clásicos e xente do
teatro e da danza. A partir dunha consciencia
da multiplicidade no achegamento ao sonoro,
establece un constante diálogo e interacción
co pensamento, coa ciencia, coa tecnoloxía e
con outras formas artísticas desde unha óptica cosmopolita, integradora e transcultural,
para favorecer un espazo aberto á reflexión,
á discusión e ao intercambio no campo da música contemporánea, que non renuncia nin ao
Vertixe Sonora Ensemble
Pablo Coello
David Durán
Diego Ventoso
Ángel Faraldo
Saxofón, piano, obxectos sonoros, vídeo,
electrónica en vivo
www.vertixesonora.net
Vertixe Sonora Ensemble
FOTO: PABLO PRADOS
Vertixe Sonora Ensemble
rigor, nin á transgresión, nin ao espírito de vangarda.
Tamén integra o
Instituto
Galego
de Sonoloxía, unha
plataforma
para
investigar a experimentación sonora
con novos medios.
Vertixe Sonora
desenvolve unha programación diversificada
que dinamiza o ecosistema cultural europeo,
favorecendo o intercambio e a cohesión a través da música do noso tempo. O ciclo Música e
Arte: Correspondencias Sonoras (CGAC) e sonUTopías (campUSCulturae, da Universidade
de Santiago de Compostela), o Festival Internacional de Creación Musical Contemporáneo
Vertixe Sonora en Vigo ou o ciclo MIHLsons,
na cidade de Lugo, son algunhas das achegas
que están a renovar os públicos de música en
Galicia. O compromiso por divulgar a música
do noso tempo e ampliar o seu público lévaos
a organizar os cursos de divulgación musical
Aguzar o Oído (MARCO, Vigo), os Encontros
Internacionais de Música Contemporánea cAuSaL, obradoiros de composición e charlas
abertas...
O seu labor foi recollido no documental Correspondencias sonoras (2013), do cineasta
Manuel del Río.
Vertixe Sonora Ensemble
Pablo Coello, saxofón
Alejandro Vázquez, trompeta
Diego Ventoso, percusión
Criptana Angulol, violonchelo
Ángel Faraldo, electrónica
Antonio Romero, contrabaixo
Rubén Barros, guitarra eléctrica
David Durán, piano
www.vertixesonora.net
OUTUBRO
Domingo 9 z 12:00 h
Auditorio de Galicia
Microteatro Psicopático
palabras perdidas, monstros e espazos
misteriosos
Achegamento á obra literaria de Javier
Tomeo co compositor Óscar Carmona
Carlos Álvarez-Ossorio, actor
«Hai palabras escritas que non merecen estar
en ningún lugar por malas. As nosas, obviamente, merecen outro destino». Javier Tomeo
Teatro musical
Tempo despois, decidinme a escribirlle ao autor daquelas páxinas e ludicamente intercambiamos un par de correos electrónicos, con
fragmentos de historias inconclusas, palabras
perdidas e viaxes nas profundidades electrónicas… Hoxe, máis de dez anos despois, e tras
ler moitísimos dos seus textos, interésame
realizar un traballo cruzado, que dea conta do
seu mundo literario, das súas criaturas asimétricas, os seus monstros, pero tamén do
noso encontro virtual. Un cruzamento entre
o literario e o real, do ritmo escrito ao ritmo
sonoro, da palabra acompañada de música á
música acompañada de palabra, ou a palabra
feita música e tamén viceversa. En fin. Desde
unha banda sonora até un teatro musical, unha
colección de imaxes, de teatro sonoro, de contos breves ou microhistorias, de reflexións
musicais, de espazos virtuais perdidos que se
recrean nunha instancia musical lúdica ou simplemente nunha mestura sen apelidos, unha
combinatoria entre a literatura de Tomeo e a
miña música, e tamén entre a miña literatura e
a súa musicalidade, entre os espazos virtuais
compartidos, o non escrito, o imaxinado… z
Óscar Carmona, xaneiro de 2016
9
MÚSICA RESERVATA
OUTUBRO
Sábado 15 z 20:30 h
Igrexa da Universidade
Conceptio universalis
Encargo do CNDM (2015)
Tras 25 anos de actividade ininterrompida, Musica Reservata de Barcelona é un dos
conxuntos vocais máis coñecidos de España
pola súa dedicación exclusiva ao repertorio
relixioso do renacemento e, moi especialmente, á escola ibérica de polifonía. Numerosos
directores convidados achegaron a súa experiencia ao traballo de MRB, xa que o conxunto non ten director fixo: Jean-Marc Andrieu,
Peter Phillips, Andrew Carwood, Bart Vandewege, Paul Hillier, Bruno Turner, Romà Escalas, Josep Vila e Mireia Barreira. Actuaron
en España, Alemaña, Francia, Italia, Palestina,
Xordania, Polonia e Finlandia. Participaron
nos principais festivais españois: Granada,
Daroca, Barcelona, Ronda, Cuenca, Girona,
FIMTE (Almería) ou os de Ciutadella e Mahón,
en Menorca. En 1995 gañaron o primeiro premio do Concurso Permanente de Juventudes
Musicales de España. Gravaron cinco discos,
un deles é un concerto en directo ofrecido en
Granada en 1999, coa dirección do británico
10
Peter Phillips, co que presentaron o seu último CD en 2009. En 2016 previuse o lanzamento dun novo disco, coa recuperación das
Lamentaciones de Semana Santa do compositor Joan Pau Pujol. A pesar de dedicarse á
música antiga, o seu interese polo repertorio
contemporáneo levounos a interpretar Stimmung de Stockhausen, en Granada, Altea
e Cuenca. Os compositores A. Guinovart e A.
Aracil dedicáronlles varias pezas polo seu décimo aniversario. En 2009, ademais, gravaron
Lamentaciones, de Joan Sanmartí, froito dunha exposición do artista Javier Pérez. Agustín
Charles e Miguel Anxo Hurtado compuxeron
senllas obras de encarga para celebrar o seu
25º aniversario.
Música Reservata
Isabel Juaneda e Marta Rodrigo, cantus
Jordi Abelló e Mercè Trujillo, altus
Albert Riera e Antonio Trigueros, tenor
Jordi Blanco e Tomàs Maxé, bassus
Victoria é feminino
Tomás Luis de Victoria (ca.1548-1611)
Nigra sum, sed formosa, a 6 vv. (1576)
Trahe me, post te, Virgo Maria, a 6 vv. (1583)
Alma redemptoris Mater, a 8 vv. (1576)
Alfredo Aracil (1954)
Trahe me, post te, Virgo Maria, a 7 vv. (2001)
Arvo Pärt (1935)
Magnificat (1989)
Victoria é escuridade
Agustín Charles (1960)
O vos omnes (2015).
Reestrea
T. L. de Victoria
Vere languores, a 4 vv. (1572)
Cum beatus Ignatius, a 5 vv. (1572)
O vos omnes, a 4 vv. (1572)
Versa est in luctum, a 6 vv. (1605)
Miguel Ángel Hurtado (1952)
Versa est in luctum (2015)
Victoria é luz
T. L. de Victoria
Dum complerentur dies Pentecostes, a 5 vv. (1572)
O quam gloriosum, a 4 vv. (1572)
Ardens est cor meum, a 6 voces (1576)
Dícese da música reservata que é unha «música de elevada expresividade, que presenta
un texto con intensidade e que o fai nun estilo
reservado para os expertos». Poida que esta
definición sexa certeira para este grupo de
cámara vocal barcelonés, despois de que se
especializara no repertorio menos coñecido
do renacemento e barroco, cun marcado interese pola música relixiosa. No entanto, o seu
programa xoga cos contrastes entre o novo e
o vello, con pezas do onte inseridas entre as
actuais, entre as que ademais figura unha reestrea de obra encargo do CNDM.
11
Música Práctica
OUTUBRO
Domingo 16 z 12 h
CGAC
Concerto familiar
Ensemble Música Práctica
Catro tímbricas pintadas (2013)
Fernando Buide (1980)
Formado por Jorge Montes, Fernando Buide
e Alejandro Sanz contan neste proxecto coa
colaboración de Juan Ibáñez e nace sen límites de repertorio, estilos ou formación. Basea
o seu ideal de traballo na calidade e respecto
pola música. O propio nome quere reflectir un
meticuloso pragmatismo á hora de afrontar
os proxectos, concertos etc. Na súa faceta didáctica é un proxecto multidisciplinar, que ten
como principal obxectivo mostrar o punto de
encontro entre diferentes linguaxes artísticas,
partindo sempre dunha idea musical. Desta
forma facilítase a súa comprensión ao establecer asociacións como poden ser timbre-cor,
ritmo-forma ou matiz-xesto.
Catro Tímbricas Pintadas desenvolve unha narrativa audiovisual en que as cores que configuran as imaxes están asociadas a cada un dos
catro instrumentos que conforman o ensemble. Asocia a cor negra á percusión, azul ao piano, vermello á frauta e amarelo ao violín. Dese
xeito, cada cor dá lugar a múltiples configuracións (figuras, tramas e fondos) cada timbre
desenvolve unha ampla gama de posibilidades,
desde xestos melódicos a efectos percusivos
ou ambientes sonoros. A interacción dos diferentes timbres e cores progresa desde as presentacións máis ou menos individuais de cada
instrumento a momentos de clímax de todo o
ensemble, e incorpora momentos onde o público participa na paisaxe sonora (por exemplo, a
partir de palmas). A narrativa musical elabórase a partir de seccións baseadas en diversas técnicas musicais: aparecen
mosaicos sonoros puntillistas —similares a algunhas técnicas utilizadas
por Pierre Boulez (1925) e Karlheinz Stockhausen (1928-2007)—, atmosferas con tramas máis densas (György Ligeti, 1923-2006), elaboracións
simples dun único son (Giacinto Scelsi, 1905-1988), ou melodías de inspiración popular ou tradicional (Luciano Berio, 1925-2003). En definitiva,
o compositor Fernando Buide (1980) utiliza nesta obra unha ampla gama
de técnicas musicais utilizadas polos compositores máis significativos da
segunda metade do século xx. A artista Gema Cilleros (1971) traballa en
colaboración co compositor achegando a parte pictórica e de narrativa
visual neste traballo interdisciplinar conxunto. A partir da composición
musical Cilleros puxo cor á música, creando imaxes e ritmos plásticos en
todos os movementos.
12
13
TALLER ATLÁNTICO CONTEMPORÁNEO
OUTUBRO
Venres 28 z 20:30 h
Igrexa de Bonaval
The Rothko Chapel (1971)
Morton Feldman (1926-1987)
para soprano e viola solistas, celesta,
percusión e coro mixto
Diego García Rodríguez, director
Ingrida Gápová, soprano
Ioana Ciobotaru, viola
VOX STELLAE
Luis Martínez, director do coro
AO INICIO DO concerto CHARLA CON
Montserrat Capelán
Doutora en filosofía e musicoloxía
Prof. de historia do pensamento musical
da facultade de Xeografía e Historia da
USC
A Capela Rothko é un templo ecuménico construído en Houston polo arquitecto Philip Johnson que alberga os últimos lenzos de Mark Rothko. Figura transcendental do expresionismo
abstracto, Rothko atopou un alter ego musical
en Morton Feldman. Ambos prestan unha gran
atención á materia prima das súas respectivas
disciplinas, a cor e o son. O interese de Feldman polo son en si mesmo, sen artificios, dá
lugar a unha obra absolutamente hipnótica e
fascinante, características que se verán potenciadas pola extraordinaria acústica da Igrexa de San Domingos de Bonaval.
14
O Taller Atlántico Contemporáneo (TAC) recibe
o Premio da Crítica Galega polo seu proxecto Os
Seráns do TAC en 2013, ano en que lle outorgan
o premio na categoría de Música clásica e contemporánea nos Primeiros Premios Galegos da
Música. Iniciou a súa andaina en marzo de 2010
na praza do Obradoiro de Santiago de Compostela coa obra de Mauricio Kagel Eine Brise, para
111 ciclistas. Quixo reivindicar desde un principio a proximidade que a música contemporánea
pode ter para calquera tipo de público e a posibilidade de facer concertos introducindo novos
elementos. En xuño do mesmo ano colocou un
piano de cola no faro de Fisterra para interpretar integramente a obra de Satie Vexations, 18
horas de piano ininterrompidas. Nesta ocasión
contouse coa colaboración de 27 pianistas. Paralelamente a este tipo de repertorio, abordou
no CGAC un ciclo de seis concertos dedicados á
música de compositores galegos escritos para
diversas formacións do ensemble, en 2011
continúa cun ciclo de tres concertos que tratará de achegar ao público unha pequena mostra
do repertorio que se fixo fóra das nosas fronteiras desde mediados do século XX até a actualidade con obras de Crumb, Schnittke e Berio. En xullo de 2011 actuaron no Festival Via
Stellae con Siniestro Total nun concerto (Land
of opportunity) conxunto onde tocaron música
da formación viguesa arranxada por Javier López de Guereña para o TAC. Ao longo de 2011
organizaron na Cidade da Cultura o ciclo “Os
Seráns do TAC” que incluían música contemporánea, humor e gastronomía. O TAC é un grupo
estable, de formación aberta e ten como director artístico a Diego García Rodríguez.
TALLER ATLÁNTICO CONTEMPORÁNEO
Diego García Rodríguez, director. Os seus compromisos como director invitado comprenden
orquestras españolas e internacionais, como a
Real Filharmonía de Galicia, Orquestra Sinfónica de Galicia, Orquesta Filarmónica de Málaga, Orchestre des Pays de Savoy (Francia),
Akademicka Orkiestra Bydgoszcz (Polonia) ou
a Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia. No
terreo operístico destacan a dirección musical de Carmen de G. Bizet en Opéraa Baltycka
(Gdansk, Polonia), a estrea mundial de It makes
non Difference..., ópera de cámara do compositor Simone Spagnolo no festival Tête à Tête dos
Riverside Studios de Londres, ou a produción
do Centro Dramático Galego A Ópera dos tres
reais, con dirección escénica de Quico Cadaval e
protagonizada por Luís Tosar. Durante a tempada 2010/11 do Teatro Real de Madrid, foi director asistente de Joseph Pons na produción The
Turn of the Screw de B. Britten e de Paul Daniel
na produción Król Roger de K. Szymanowsky.
Tamén colaborou co director francés Nicolas
Chalvin nas producións A Traviata de G. Verdi
no Thêàtre de Caen (Francia) Le Nez de D. Shostakóvich na Opéra Nantes-Angers (Francia) e
Carmen de G. Bizet na Opéra de Lausanne (Suíza). Diego é director artístico e musical do Taller Atlántico Contemporáneo, ensemble co que
desenvolve unha intensa actividade na difusión
da música contemporánea e a súa interrelación
con outras disciplinas artísticas a través de ciclos como Os Seráns do TAC, estreas de obras
de compositores actuais ou o proxecto Land of
Opportunity co grupo Siniestro Total e o compositor Javier López de Guereña. En Inglaterra,
a London Sinfonietta selecciónao para participar no seu primeiro Programa de novos directores na London Sinfonietta Academy 2010.
Traballou con Diego Masson nas edicións 2009
e 2010 da Dartington International Summer
School, dirixindo Madame Buterfly de Puccini e
Le nozze di Figaro de Mozart. O The Two Moros
Festival 2009 convídao a realizar a estrea mundial da obra de Torsten Rasch Die träumenden
Knaben.
OUTUBRO
Sábado 29 z 20:30 h
Vestíbulo do Auditorio de Galicia
Domingo 30 z 12:00 h
Vestíbulo do Auditorio de Galicia
Concerto familiar
Vox Balaenae (1971)
George Crumb (1929)
para violonchelo, frauta e piano
amplificados
AO INICIO DO concerto CHARLA CON
Antonio Segura
Decano da facultade de Bioloxía da USC
Sábado 29
Vox Ballaenae (A voz das baleas), para violonchelo, frauta e piano amplificados, de 1971,
está inspirada no canto dunha balea xorobada,
que Crumb escoitara nunha gravación. Cada un
dos tres intérpretes debe levar un anteface,
co que Crumb trata de esconder o elemento
humano para resaltar as forzas da natureza;
a natureza deshumanizada. Peza dun gran lirismo que trata de despersonalizar ao ser
humano fronte a unha natureza primixenia e
absoluta, minimizando o papel do ser humano
na comunicación entre a natureza e a música.
O elemento escénico xoga un papel importante nesta obra, cunha clara intención simbólica
por ser unha obra moi ligada a unha mentalidade en que a estética e a creación artística teñen unha implicación moi clara coas actitudes
e pensamentos do artista fronte ao mundo.
A obra consta de prólogo, variacións (que representan as eras xeolóxicas) e epílogo. Os
cantos da balea conviven nesta obra con sons
de gaivotas, do mar e con citas do Zarathustra
de Richard Strauss.
15
Hércules Brass
NOVEMBRO
Venres 4 z 20:30 h
Igrexa da Universidade
3 Historias Curtas (1957)
Luís Carro
Remember (2015)
Miguel Brotóns (1965)
Diesel 333 (2012)
Juan Durán (1960)
5 Bagatellas (2015)
Xabier Comesanha (1968)
Fala unha alberca (2014)
Margarita Viso (1957)
Hércules Brass
Alejandro Vázquez, trompeta
Víctor Vilariño, trompeta
Javier González, trompa
Esteban Méndez, trombón
Rodrigo Rodríguez, tuba
Un percorrido pola música actual galega a través das distintas estéticas musicales creadas
polos compositores da Asociación Galega de
Compositores
AO INICIO DO concerto CHARLA CON
Luís Carro, Juan Durán e Xabier Comesanha
Asociación Galega de Compositores
16
CUARTETO BRETÓN
Este quinteto de metais está formado por novos profesionais de vento metal cunha longa
experiencia tocando xuntos, principalmente
na Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia e na
Joven Orquesta Nacional de España. Afondaron na música de cámara no Curso de Especialización de Música de Cámara na EAEM (Escola
de Altos Estudos Musicais) de Santiago de
Compostela. O seu interese por ampliar e dar a
coñecer o repertorio para quinteto de metais é
patente no seu labor didáctico co proxecto Os
Superhércules; e no feito de que compositores
galegos como Xoan Antón Vázquez, Fernando
Arias e Juan Durán, dedicáronlle obras. Actúan en Galicia, Zamora, Asturias, País Vasco,
Comunidade Valenciana, Cataluña, Madrid e
Suíza e en 2012 foron convidados pola JONDE
para participar como profesores na Orquesta
Manuel María Gutiérrez e nunha serie de concertos en Costa Rica. Actuaron como solistas
coa Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia, a
Banda Unión Musical de Meaño, a Banda Municipal da Coruña e a Orquestra Sinfónica de
Galicia. Ademais, participaron en festivais
como o IX Curso Internacional Semana Musical
de Salceda de Caselas, Festival Spanish Brass
Alzira 2013, Festival Ticino Musica 2013 en
Suíza, este último como quinteto residente.
Recentemente foron protagonistas dunha das
emisións de ‘Música Joven’ en Radio Clásica de
RTVE e recibiron o Primeiro Premio no ‘eMuse’
Online Music Competition 2014. Desde agosto
de 2014 organizan o Festival Hércules Brass
Celanova, na localidade ourensá.
NOVEMBRO
Sábado 5 z 20:30 h
Paraninfo da Universidade
Cuarteto de corda núm. 8
en do menor, op. 110 (1960)
Dmitri Shostakovich (1906-1975)
O Cuarteto Bretón nace en 2003, cando catro
músicos con longa experiencia na música de
cámara comparten a necesidade de dar a coñecer cuartetos españois, tanto actuais como do
pasado, xunto ao gran repertorio da formación,
pondo unha énfase especial na obra de compositores como Ernesto e Rodolfo Halffter,
Guridi, Bautista, García Leóz, Bretón, Orbón,
Turina, Julio Gómez, Agustín Charles, Alfredo
Aracil, Tomás Marco, José Luís Greco, Mario
Carro ou Cristóbal Halffter, sen descoidar, por
suposto, o gran repertorio para cuarteto de
todas as épocas, de Haydn a Philip Glass. Foi
convidado a formar parte de numerosas series
de concertos nas salas máis importantes de
España: Auditorio Nacional, Fundación Juan
March, Auditorio da Fundación Canal, Difusión
de Música Contemporánea, Auditorio de Conde Duque, Teatro Albéniz, Auditorio Reina Sofía, Residencia de Estudantes, Ciclo de Verán
del Escorial, Teatros del Canal, Colegio Español de París, Fundación BBVA, Festival de Música Antiga de Aranjuez, Sendesaal de Bremen,
Música/Musika de Bilbao, Festival de Música
Contemporánea de Córdoba, Semana de Música Relixiosa de Cuenca, Auditorio Nacional,
Festival de Música Española de León, Festival
de Toledo, e os Festivais de Granada, Santander, San Sebastián e Luberon (Francia). A súa
actividade discográfica que inclúe as integrais
de cuartetos de corda de Rodolfo Halffter
e Jesús Guridi, cuartetos de T. Bretón (selo
Naxos), Alfredo Aracil (Verso), e dous quintetos con piano do Padre Soler e con Rosa Torres
Pardo (Columna).
Existes, para cuarteto de corda (2016)
Mario Diz (1980)
Estrea absoluta
Cuarteto de corda núm. 6 (2013)
Philip Glass (1937)
Estrea en España
Cuarteto Bretón
Anne-Marie North, violín
Antonio Cárdenas, violín
Iván Martín, viola
John Stokes, violonchelo
O Cuarteto Bretón fará gala do seu bo son
en tres obras moi distintas. Tras interpretar
o Cuarteto de cordas núm. 8 de Shostakovich, cuxos famosos temas foron reutilizados
noutras obras súas, unha estrea absoluta do
compositor Mario Diz dará a nota actual a este
concerto que concluirá cunha estrea en España, concretamente o do Cuarteto de cordas
núm. 6 de Philip Glass, definido polo seu autor
de tonal e post-minimalista. Trátase dunha das
súas obras máis coñecidas e tocadas, do que
certos temas foron reutilizados polo compositor noutras obras.
17
ORQUESTRA DE CÁMARA GALEGA
A Orquestra de Cámara Galega foi fundada en
1995 por iniciativa de Rogelio Groba Otero,
director-concertino e Clara Groba, violoncelo principal e solista, e integrada por músicos
formados en diversos conservatorios europeos. Desenvolveu unha intensa actividade
que lle levou a interpretar un amplo repertorio
que abarca desde o barroco ata os nosos dias,
incluíndo a difusión de compositores galegos
e facendo especial fincapé na extensa obra
do compositor Rogelio Groba Groba, do cal se
levaron a cabo numerosos estreas. Con esta
finalidade, a OCGA realizou a súa actividade
musical polas principais salas de concerto
españolas entre as que destaca o Auditorio
Reina Sofía de Madrid, o Palau da Música de
Barcelona, a Sala Mozart do Auditorio de Zaragoza, a Real Maestranza de Sevilla, o Teatro
Jovellanos de Xixón, o Palacio da Ópera da
Coruña, Auditorio de Galicia. No ámbito internacional, actuou en Viena, Spanien Modern
Musikfestival, Nova York, Merkin Hall da Fundación Kaufman, Bos Aires, Teatro Metropolitan e Holanda, Utrech, Dean bosh, Amsterdam,
Middleburg e De Doelen Auditorium de Róterdam e Palacio Ducal de Xénova. Colaborou con
profesionais da talla de Teresa Berganza, Anthony Pay, Cecilia Lavilla, Ara Malikian, Juan de
Udaeta, José Ramón Méndez, Juan Lomba, José
Núñez e José Luis Estellés. Ademais das súas
gravacións en directo para TVE, TVG e Radio
Clásica, a OCGA gravou tres Cds. O primeiro
publicado polo selo Boanergies con música de
Rakov, Elgar, Groba e Groba Otero, o segundo
monográfico do compositor R. Groba co selo
Autor no que destaca a primeira gravación do
Concerto núm. 2 para chelo e orquestra inter18
pretado por Clara
Groba e o terceiro
editado polo selo
Almaviva do Centro
de Documentación
Musical da Junta
de Andalucía coa
primeira gravación
mundial en directo
da ópera Don Chisciotte do compositor Manuel García,na Real Maestranza de Sevilla.
Rogelio Groba é Titulado Superior na especialidade de Violín polo Conservatorio Superior de Música da Coruña, e en Música de
Cámara polo Conservatorio Superior de Música de Oviedo, prosegue a súa preparación
durante varios anos en Londres con Detlef
Hann, profesor da Guidhall School of Music
and Drama. En 1995, funda como directorconcertino a Orquestra de Cámara Galega. En
2000, dirixe a gravación da súa propia obra,
Divertimento para cordas, incluída no primeiro CD desta formación e en 2005 a gravación
do segundo CD dedicado integramente á obra
do seu pai Rogelio Groba Groba. Tamén participou na recuperación e estrea da ópera Don
Chisciotte, de Manuel García, así como a súa
gravación realizada en directo no Teatro da
Maestranza de Sevilla. En maio de 2007 dirixiu
á OCGA no Spanish Modern Festival de Viena
onde obtivo un gran éxito de público e crítica
interpretando obras de compositores galegos,
e en agosto nunha exitosa xira por Arxentina
que foi o preámbulo dunha serie de concertos
realizados por toda Galicia e parte do resto de
España. No ano 2008, ademais de numerosos
concertos por toda a xeografía galega e diversos puntos de España, dirixiu a OCGA no seu
debut en Nova York, no Merkin Concert Hall da
Fundación Kaufman. En 2010 dirixiu á Orquestra de Cámara Galega nunha xira por Holanda
con actuacións en Utrecht, Amsterdam, S-Hertogenbosch e Middelburg, finalizando a xira no
auditorio De Doelen de Róterdan, así como no
Auditorio 400 do Museo Reina Sofía (Madrid),
e o Palau da Música (Barcelona). Realizou gra-
vacións para Radio Galega, TVG, TV3, TVE e
RNE, e ademais de España, actuou en Portugal,
Francia, Austria, Gran Bretaña, Arxentina, Chile, Uruguai, Colombia e Venezuela, e foi director da Orquestra Sinfónica do Conservatorio
de Música da Coruña.
A frautista internacionalmente aclamada
Gili Schwarzman presentouse como solista
en todo o mundo con orquestras, incluíndo a
Jerusalem Symphony, Orquestra de Cámara
de Israel, Berliner Camerata, da Orquestra
de Valencia, Das Sinfonie Orchester Berlin, a
Orquestra de Cámara de Potsdam, Soloists
Hulencourt Brussles, Symphony Europea, Orquestra de Cámara de Tallinn, a Iventus Orchestra, entre moitos outros. Como solista e
músico de cámara, Gili Schwarzman colabora
regularmente con algúns dos músicos máis notables do noso tempo como Alisa Weilerstein,
Amihai Grosz, Lioba Braun, Emmanuel Pahud e
Guy Braunstein, tocando nas salas máis recoñecidas, como Musikverein Wien, Queen Elizabeth Hall en Londres, Mozarteum Salzburg,
Berlin Philharmonie, Hamburgo Laeiszhalle...
Gili toca regularmente en moitos festivais
perstigio como Jerusalem Chamber Music
Festival Musique de l’Emperi en Salon de Provence, Festival de Salzburgo, Lucerna Festival,
Zagreb Rolandseck Chamber Music Festival e
Festival en Alemaña. As súas actuacións foron
retransmitidas na radio e televisión coma RBB,
cultura WDR Radio Deutschland e a BBC. Despois de terminar os seus estudios con excelencia en Israel, continuou os mesmos na Academia de Música de Múnich, na clase do Prof.
Andras Adorjan. Durante os seus estudos,
gañou varios premios, incluíndo o Concurso
Internacional de Praga, a bolsa de estudos da
Fundación América-Israel e a bolsa da Tel Aviv
Academy. Gili tivo a oportunidade de recibir
consellos dos prestixiosos frautistas Emmanuel Pahud, Philippe Bernold, Michel Debost,
Davide Formisano e Pierre Yves Artaud. Durante os anos 2007-2012 foi membro da Divan
Orchestra West-Eastern, baixo a dirección do
Mestre Daniel Barenboim.
NOVEMBRO
Venres 11 z 20:30 h
Igrexa da Universidade
Impresiones de la Puna para frauta e cordas
A. Ginastera (1916 -1983)
Quena - Canción - Danza
Mímesis para flauta e orquesta de corda
Rogelio Groba (1930)
Moderato rítmico - Andante rubato Allegro molto rítmico
Andante impromptu para orquesta de corda
Luis Alvarez Cabado (1996)
Catro momentos nº 3 para orquesta de corda
Ernani Aguiar (1950)
Tempo de cabocolinhos - Tempo de
maracatú - Canto - Marcha
Simple symphony Op. 4
Benjamin Britten (1913 – 1976)
Boisterous Bourrée - Playful pizzicato Sentimental Saraband - Frolicsome finale
Rogelio Groba, director artístico
Gili Schwarzman, frauta
Seguindo as ondas do noso océano ata as ribeiras de todos os seus dominios podemos
escoitar os mesmos Sons do Atlántico cada
vez que toca nas rochas, nos cantis, nas praias.
Así, a Orquesta de Cámara Galega, quere recoller algún de esos sons da man de creadores do
Atlántico, sen fronteiras, para recalar durante
un intre nunha sentida homenaxe ó noso máis
prolífico compositor, o Mestre Rogelio Groba.
Obras creadas baixo o mesmo influxo desde
terras do Brasil por Ernani Aguiar, Arxentina
por Alberto Ginastera, Inglaterra por Benjamin Britten e Galicia por Luis Álvarez Cabado
e Rogelio Groba, interpretadas pola flautista
membro da Divan Orchestra West-Eastern,
baixo a dirección do Mestre Daniel Barenboim,
Gili Schwarzman e a Orquesta de Cámara Galega, dirixida polo seu director artístico Rogelio
Groba Otero.
19
QUINTETO INVENTO
BANDA MUNICIPAL DE SANTIAGO
NOVEMBRO
Sábado 12 z 20:30 h
Auditorio de Galicia
NOVEMBRO
Domingo 13 z 12 h
Teatro Principal
Imaxes contemporáneas
Música para óboe e piano (2009)
Luís Carro (1957)
Cuadros campestres (ca. 1940)
Ricardo Fernández Carreira (1881-1959)
Estrea. Obra recuperada polo proxecto
Descubrindo as Nosas Músicas
Muiñeira (2010)
Xoan Antón Vázquez Casas (1964)
para cuarteto de vento-madeira
Equivalencia (2003)
Xoan Antón Vázquez Casas (1964)
para quinteto de vento-madeira
Identidade tarifaria (2014)
Javier María López Rodríguez (1969)
para frauta, óboe e piano
Cancioneiro (1996/98)
Jesús González (1965)
para frauta, óboe, clarinete e fagot
Ventos do sur (2015)
Xavier Comesanha (1968)
para quinteto de vento
Un repertorio exclusivamente galego que inclúe obras para vento metal, con piano nalgu­
nhas delas, pertenecentes aos séculos xx e xxi,
de diversos autores da Asociación Galega de
Compositores.
Quinteto Invento
Patricia González, frauta
Carolina Rodríguez, óboe
Emilio Alonso, clarinete
Alma Sarasola, trompa
Óscar Galán, fagot
Álvaro Blanco, pianista invitado
AO INICIO DO concerto CHARLA CON
Luís Carro, Juan Durán e
Xabier Comesanha
Asociación Galega de Compositores
20
InVento é un grupo de música de cámara que
xorde, en primeiro lugar, pola amizade dos
seus compoñentes. Tras coincidir na súa etapa
de formación, principalmente na Escola de
Altos Estudos Musicais de Galicia e na Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia, culminaron os seus estudos en prestixiosas escolas
europeas (Róterdan, Barcelona, Porto…).
Actualmente son convidados con frecuencia por diversas agrupacións profesionais,
compaxinando a actividade interpretativa coa
docencia. O seu concerto presentación como
quinteto tivo lugar no Conservatorio Profesional de Música da Coruña en marzo de 2014.
Desde entón actuaron no Festival Música non
Claustro (Tui), Liceo de Ourense (estreando
obras da Asociación Galega de Compositores),
Paraninfo da UDC, Parlamento de Galicia,
Hostal dos Reis Católicos… En novembro de
2014 foron seleccionados para participar na
fase final do Concurso Mirabent i Magrans,
actuaron no Palacio Maricel e recibiron moi
bos comentarios por parte do xurado. Co espectáculo didáctico Pedro e o lobo trasladaron a súa ilusión pola música a miles de nenos,
realizando numerosas funcións no Palacio da
Ópera da Coruña, Liceo de Betanzos, Museo
de Arte Contemporánea da Coruña, Hospital
Clínico de Santiago de Compostela, etc. InVento entende a música de cámara como algo
flexible e non suxeito a unha soa formación.
Por iso desde a estrutura principal de quinteto
de vento se amoldan a todo tipo de programa
e público, colaborando con outros músicos
segundo o programa.
É unha das máis antigas de Galicia, xa que nace
en 1849 como agrupación de afeccionados até
que en 1876, en mans do Concello, comeza a
profesionalizarse. As súas actividades máis
importantes eran os concertos, denominados
paseos, na Alameda, as festas da cidade, as
procesións de Semana Santa e os seus concertos no Teatro Principal na tempada de inverno
e na rúa do Vilar na de verán. Estas actividades
seguen a celebrarse na actualidade, e inclúen
ademais concertos didácticos, intercambios
culturais e actos protocolarios do Concello.
Chantada (2015)
Raúl Martín Niñerola (1983)
Dutch Masters Suite (2008)
Johan de Meij (1953)
Cadros dunha exposición (1874-1922)
Modest Mussorgsky (1839-1881)
Transc. para banda de Casiano Mouriño
Casiano Mouriño Maquieira, director
AO INICIO DO concerto CHARLA CON
Beatriz e Alberto Cancela
Descubrindo as nosas músicas
Dúas partes compoñen este programa que se
artella en torno á imaxe como elemento de inspiración musical. En primeiro lugar dúas obras
galegas de carácter costumista de cadansúa
época: a recente recuperación de Cuadros
campestres, unha obra de mediados de século
XX de Ricardo Fernández Carreira; e en contraposición a perspectiva actual do valenciano e
xa galego de adopción, Raúl Martín Niñerola,
inspirada e dedicada á terra de Chantada. A
segunda parte céntrase na relación existente
entre a música e a pintura. A inspiración que
provocan en Johan de Meij obras de Rembrandt, Vermeer ou Jan Steen; e, como colofón,
unha selección dos Cadros dunha exposición
do ruso M. Mussorgsky que nos vai guiando
pinturas do seu amigo, Viktor Hartmann.
21
ORQUESTRA UNIVERSITARIA
DO ESPAZO DE CÁMARA DA USC
NOVEMBRO
Domingo 20 z 12:00 h
Sala Agustín Magán
Concerto familiar
NOVEMBRO
Venres 18 z 20:30 h
Sala Agustín Magán
O século xx, un camiño de melodías
O século xx, un camiño de melodías
Mario Diz, director
Mario Diz, director
O programa realizarase con composicións e
estreas chegadas de alumnado pertencente
aos principais centros superiores de estudos
de composición de cada un dos cinco principais
camiños de Santiago.
O programa realizarase con composicións e
estreas chegadas de alumnado pertencente
aos principais centros superiores de estudos
de composición de cada un dos cinco principais
camiños de Santiago.
AO INICIO DO concerto CHARLA CON
Francisco Durán
Prof. Titular de Análise Xeográfico
Rexional da USC
A Orquestra do Espazo de Cámara da USC é un
proxecto educativo onde participan membros
da comunidade universitaria da USC, alumnos
estudantes de música ou cidadáns que superen
as probas de selección habilitadas para a ocasión. Adoitan participar en diversos concertos
públicos repartidos ao longo do curso escolar
e, en ocasións, organízanse 3 ou 4 encontros
por curso de 2 ou 3 días con ensaios intensivos
en fin de semana anterior a cada concerto.
Mario Diz é un músico que desenvolve a súa
carreira profesional ligada a diversos proxectos; director do Espazo de Cámara onde está
incluída a Orquestra Universitaria de Santiago
de Compostela, que dirixe desde o ano 2010,
como discípulo do mestre Antón García Abril,
exerce nos últimos anos unha intensa actividade compositiva para diferentes agrupacións profesionais e didácticas, entre as que,
recentemente, caben destacar estreas abso-
22
lutas nos dous últimos ciclos das Xornadas
de Música Contemporánea organizadas polo
CNDM e o encargo de Tres piezas para banda
por parte da Banda Municipal de Música de
Santiago de Compostela. Compuxo diferentes
pezas para distintas agrupacións de cámara
nas que ten unha mención especial a estrea e
gravación por parte da laureada mezzosoprano Nuria Lorenzo coa suite de nanas Todos los
niños sueñan para mezzosoprano, viola e arpa.
É membro do equipo directivo da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela
onde exerce como profesor de violín e viola,
a súa paixón pola didáctica destes instrumentos reflíctese na súa recente publicación
do libro Mi primer violín para a iniciación en
idades temperás, que inclúe máis de 20 pezas
compostas expresamente para este obxectivo; tamén en numerosos estudos comparados
sobre as diferentes metodoloxías de ensino
da corda fregada.
23
DAVID APELLÁNIZ/ALBERTO ROSADO
FOTO: hernandez marzal
David Apellániz, violonchelo Actuou como solista coa Real Orquesta Sinfónica de Sevilla,
Orquestra Gulbenkian de Lisboa, Orquesta
de Extremadura, Ensemble Nacional de Lyon,
Orquesta de Córdoba, Orquesta Nacional de
Honduras, as Sinfónicas de Valencia, da Región
de Murcia, de Barcelona, de Xixón, Orquesta
Ciudad de Granada, Orquesta de Cámara Reina
Sofía ou a Filarmónica de Málaga, en marcos
como o Festival de Salzburgo, Festival de Lyon
e Niza, Konzerthaus (Berlín), Festival A Tempo
(Caracas), Auditorio Nacional de Madrid, Teatro de la Maestranza, Palau da Música Catalá,
Festival Internacional de Granada, Palacio de
Festivais (Santander) e a Quincena Musical Donostiarra, entre moitos outros. Realizou máis
de 15 gravacións como solista para Naxos,
Sony, Col-legno, Neos, Verso e RNE, cualificadas por Scherzo, Ritmo, Melómano, BBC Ma-
24
gazine e Fanfare como traballos excelentes.
Gramophone destaca a súa intervención no seu
rexistro para Naxos como sobresaliente revelación. Actúa regularmente como violonchelo
solista coa Orquesta de Valencia, a Orquesta
Sinfónica de Navarra ou a Orquesta de Cadaqués, así como co Cuarteto Casals, N. Chumachenco, G. Caussé, Rainer Schmidt (Cuarteto
Hagen), A. Meunier, P. Halffter, D. Masson,
Paul McCreesh, C. Apellániz, A. L. Castaño, J. L.
Galego, A. Rosado, J. Torre, A. Sukarlan, M. Borrego, Cuarteto Bacarisse, J. Puchades, Ashan
Pillai, J. M. Román, entre outros. É violonchelo
solista da Orquesta de Cámara Reina Sofía e
profesor de violonchelo no Conservatorio Superior de Aragón.
Alberto Rosado, piano Inicia os seus estudos
musicais na súa cidade natal e proségueos en
Budapest con Peter Nagy e en Ámsterdam con
Jan Wijn. A partir de 1994 traballa regularmente con Josep Colom en Alcalá de Henares
onde ademais estuda música de cámara con
Ferenc Rados. En 1997 comeza unha estreita
colaboración con Luca Chiantore que influirá
enormemente na súa relación co piano e coa
interpretación. O seu interese pola música
contemporánea está presente durante toda
a súa carreira, pero en 1999 a súa actividade
dá un xiro cara á música actual ao entrar a formar parte do Plural Ensemble e do Proxecto
Gerhard, a través dos que toma contacto con
directores como Fabián Panisello, José Ramón
Encinar, Zsolt Nagy, Jean Paul Dessy ou Peter
Rundel, comezando tamén unha estreita relación con numerosos compositores españois
NOVEMBRO
Sábado 19 z 20:30 h
Paraninfo da Universidade
Grave (1981)
Witold Lutoslawski (1913-1994)
Escapes land (2016)
Juan José Eslava (1970).
Estrea absoluta
Im Traume (1980)
Kaija Saariaho (1952). Estrea absoluta.
e do resto de Europa. Presentouse en Festivais como Aspekte, Presences, Ars Musica, A
Tempo, Música de Estrasburgo ou a Quincena
Donostiarra e nas principais cidades de Europa, América e Xapón. Actuou como solista con
algunhas das mellores orquestras europeas
dirixidas por Josep Pons, Rafael Frühbeck
de Burgos, Arturo Tamayo, Philip Greenberg,
Alejandro Pousadas, José Luís Temes e Dorel
Murgu. Realizou gravacións cos selos Naxos,
Col-legno e Verso con obras de Ligeti (incluído o Concerto para piano e orquestra), Messiaen, Takemitsu, Cage, Camarero, Panisello,
Del Puerto e as obras completas para piano
de José Manuel López López e de Cristóbal
Halffter. Imparte música de cámara e piano
contemporáneo e coordina o Taller de Música
Contemporánea no Conservatorio Superior de
Música de Salamanca.
Toroni (2016)
Ramón Souto (1976)
Encargo del CNDM
Estrea absoluta
Wintersonnenwende II (2007)
Ramón Lazkano (1968)
Lied III (2007)
Toshio Hosokawa (1955)
Variaciones para violonchelo y piano (2004)
Jesús Torres (1965)
David Apellániz, violonchelo
Alberto Rosado, piano
Catro obras de compositores españois, incluído un encargo do CNDM, e outras tantas
de compositores internacionais consagrados,
dan forma a este programa contemporáneo
en que o dúo se terá que empregar a fondo.
Creado tras unha longa relación co Plural Ensemble, ambos os intérpretes especializáronse na música española e iberoamericana máis
actual, á parte dos grandes clásicos europeos.
Hai pouco presentaron o seu disco Dipolo con
obras para violonchelo e piano de compositores españois e latinoamericanos, dentro da
colección que a Fundación BBVA ten co selo
Verso.
25
ZOAR
NOVEMBRO
Venres 25 z 20:30 h
CGAC
SH4K3SP34R3
Morning (Summer’s Lease) (1981)
Mary Chandler (1911-1996)
para óboe solo
Musik zu Hamlet (1929)
Stefan Wolpe (1902-1972)
para frauta, clarinete e violonchelo
Three songs from William Shakespeare (1953)
Igor Stravinsky (1882-1971)
para mezzosoprano, frauta, clarinete e
viola
Noon (Summer’s Lease) (1981)
Mary Chandler (1911-1996)
para óboe solo
Canzona Seria «A Hamlet monologue» (1957)
Werner Josten (1885-1963), para frauta,
óboe, clarinete, fagot e piano
SOS (2013)
Xabier Mariño (1983)
para mezzosoprano e quinteto de ventos
(Encargo de Zoar)
Nightfall (Summer’s Lease) (1981)
Mary Chandler (1911-1996)
para óboe solo
Sonnet 116 (2015)
Scott A. Switzer (1986)
para mezzosoprano e fagot
Songs for Ariel (1962)
Michael Tippett (1905-1998)
para mezzosoprano, frauta, clarinete,
trompa e piano
Shakespeare Suite (1957)
Duke Ellington (1899-1974)
para quinteto de ventos (arr. Zoar)
AO INICIO DO concerto CHARLA CON
Jorge Sacido Romero
Prof. de Literatura Inglesa da USC
27
ZOAR
NOVEMBRO
Sábado 26 z 20:30 h
CGAC
C3RV4NT3S
Chorale, Fugue et Prelude (2005)
Patrick van der Deurzen (1964)
Estrea en España
Suite del ballet Don Quijote (1957)
Jesús Bal y Gay (1905-1993)
(Arr. Zoar)
6 fragmentos de D.Q (2016)
para quinteto de vento
José Luis Turina (1952)
(Don Quijote en Barcelona, 2016)
(Encargo de Zoar)
Don (1998)
Sebastián Mariné (1957)
para quinteto de viento
Juego de ladrones (2016)
para quinteto de vento
Óscar Navarro (1981)
(Encargo de Zoar)
AO INICIO DO concerto CHARLA CON
Santiago Fernández Mosquera
Catedrático de Literatura Española da
USC
ZOAR
Zoar é un conxunto
de cámara estable
e activo, con formación de quinteto
de vento clásico.
Desde 2009 actuaron nalgúns dos
máis representativos escenarios galegos, como o Teatro Colón e Centro
Ágora na Coruña, e
Teatro Jofre de Ferrol ou a Cidade da
Cultura en Santiago
de Compostela, participando en acontecementos culturais de importancia como a entrega
dos Premios da Cultura Galega, ou LVI Festival
da Ópera da Coruña, o Ciclo de Outono do Museo de Belas Artes da Coruña ou Ciclo Músicas
da Ilustración, en Ferrol. Ofrecen propostas
orixinais, incorporando músicas actuais ou
descoñecidas, colaborando con outros músicos e cantantes e interaccionando con outras
disciplinas artísticas: Monicreques Cachirulo,
Manuel Rivas, Monicreques de Kukas, Lytos,
Alfonso Rivera, Xiana Vilas ou Ana Inés Jabares. Unha das súas principais inquietudes é o
apoio á nova creación, achegando así novidades ao repertorio tradicional e dinamizando
a vida musical. Proba diso son as estreas que
realizaron das obras de compositores tales
como Gabriel Bussi, Xabier Mariño, Òscar Álvarez, Juan Durán, Paquito D´Rivera, Federico Mosquera, Fernando Buide, así como de
próximas como Óscar Navarro. Así mesmo,
complementan a súa actividade artística coa
pedagóxica e son profesores convidados a encontros da Orquestra Clásica de Xove e da Jove
Orquestra Nacional de Catalunya.
Zoar presenta tres propostas programáticas
ao redor de Miguel de Cervantes e William
Shakespeare como inspiración literaria de expresión musical do século XX. Os concertos,
28
complementarios
e análogos, ofrecerán
diferentes
composicións para
quinteto de vento e
para algún dos instrumentos que integran a formación.
Ademais, atendendo ao patrimonio
musical galego recuperan tres obras:
unha
adaptación
para quinteto do
ballet Don Quijote
de Jesús Bal y Gay, a obra Sueño de un atardecer de otoño de Manuel Balboa e un encargo de
Zoar a Xabier Mariño: SOS. Tamén encargo do
ensemble ao compositor alacantino Óscar Navarro é a proposta Juego de ladrones. A estrea
da adaptación para quinteto de vento dalgúns
interludios musicais da ópera D.Q. Don Quijote
en Barcelona de José Luís Turina encargada para
a ocasión, completarán o programa. Con espírito de interrelación da música e a literatura, nos
concertos estarán representados diferentes
modos de ler os textos dos dous escritores, ben
a modo de recitado nas composicións ou como
parte das creacións musicais como partes cantadas mesmo como fragmentos narrados entre
cada unha das obras musicais.
NOVEMBRO
Domingo 27 z 12 h
CGAC
Concerto familiar
Juego de ladrones
de Óscar Navarro
(sobre textos de Rinconete y Cortadillo
de Miguel de Cervantes)
Ao redor do texto de Rinconete y Cortadillo de
Miguel de Cervantes está concibida a adaptación didáctico-musical de Óscar Navarro Juego de Ladrones. A construción do espectáculo céntrase nas relacións da música co texto,
pondo en relevo o descritivo da partitura do
compositor nas diferentes referencias ao escrito por Cervantes.
Zoar
Álex Salgueiro, fagot
Joan Ibáñez, frauta
David Villa, óboe
Benxa Iglesias, trompa
Antonio Suarez, clarinete
Intérpretes invitados
Nuria Lorenzo, mezzosoprano
Teresa Morales, violonchelo
Paula Santos, viola
Javier Ares, piano
29
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Real Filharmonía
de Galicia
Nace da man da Xunta de Galicia en 1996
cunha vocación universal, como a propia cidade onde ten
a súa sede, Santiago
de Compostela. O
Consorcio da cidade
de Santiago é o organismo encargado da súa xestión. A orquestra está formada por cincuenta músicos de
diferentes nacionalidades que achegaron a
súa experiencia, formación, tradición musical,
empeño e ilusión. Xunto a eles, mestres como
Helmuth Rilling, o primeiro director titular da
orquestra; Antoni Ros Marbà, que consolidou
a súa traxectoria durante catorce anos e, agora, Paul Daniel, desde 2013, tiveron e teñen a
responsabilidade de conducir esta formación
musical. A Real Filharmonía de Galicia mantén
unha tempada estable no Auditorio de Galicia
de Santiago de Compostela que compatibiliza con xiras e concertos nos escenarios de
países como Alemaña, Austria, Francia, Brasil,
Arxentina e, especialmente, Portugal, ademais
das principais cidades españolas, onde destaca a súa participación na tempada cultural
de Vigo. Ten gravado, con Helmuth Rilling, as
catro primeiras Sinfonías de Schubert, un disco dedicado a Joaquín Rodrigo e con Amancio
Prada, un centrado en compositores galegos.
Na discografía da RFG, con A. Ros Marbá, destacan traballos dedicados a Manuel de Falla e
Frederic Mompou, e a Maurice Ravel asi como
o disco Variacións (2013), no que a orquestra e a soprano María Bayo renden homenaxe
a Antón García Abril. O seu último CD (2016)
recolle tres obras para guitarra (Concerto de
Aranxuez de Joaquín Rodrigo, Concerto de Benicássim de Leo Brouwer e Guitare de Frank
Martin), baixo a dirección de Óliver Díaz e Miguel Trápaga á guitarra.
30
Jaime Martín ,
director
Despois dunha intensa carreira como
solista de frauta,
accedeu ao mundo
da dirección orquestral tras unha xira en
2008 coa Orquesta
de Cadaqués, da que é
director titular desde
2011. En xuño de 2012 foi nomeado director
artístico e titular da Gävle Symfoniorkester en
Suecia e, desde 2013, principal director convidado da Orquesta Sinfónica de Castilla y León.
Jaime Martín é o director artístico do Festival
Internacional de Santander. Dirixiu orquestras
como a Philharmonique de Radio France, a National du Capitol de Toulouse, a London Mozart
Players, a Simfònica de Barcelona i Nacional de
Catalunya, as Sinfónicas de Galicia, de Castillla y León e Tenerife, a Irish Chamber Orchestra
e a Orchestre National de Lyon. Os seus recentes compromisos inclúen o debut operístico no
Festival del Escorial e a Quincena Musical de
San Sebastián con A frauta máxica e O barbeiro de Sevilla coa English National Opera
en Londres, así como concertos coa Academy
of St. Martin in the Fields, a English Chamber
Orchestra, a Lausanne Chamber Orchestra, a
Beijing Symphony, a Orchester Musikkollegium Winterthur e a London Philharmonic Orchestra. Futuros proxectos inclúen o retorno á
English National Opera con As vodas de Figaro
de Mozart, coa London Philharmonic no Royal
Festival Hall, e debuts coas orquestras Liverpool Philharmonic, Swedish Radio Symphony
e St. Paul’s Chamber, entre outras. Ten varios
CD gravados coa Orquesta de Cadaqués e a
Orquesta Simfònica de Barcelona i Nacional
de Catalunya para o selo Tritó. En 2012 dirixiu
tamén a súa primeira gravación coa Academy
of St. Martin in the Fields.
Anthony Marwood, violín
Actúa como solistas nas mellores orquestras
e colabora regularmente con Les Violons du
Roy en Canadá (actualmente é Principal Colaborador Artístico), a Orquestra de Cámara de
Noruega (Colaborador Artístico na tempada
2016-17), Tapiola Sinfonietta, Orquestra de
Cámara australiana e a Sinfónica de St. Louis. Traballou con Valery Gergiev, Sir Andrew
Davis, Thomas Søndergård, David Robertson,
Gerard Korsten, Ilan Volkov, Jaime Martin e
Douglas Boyd. En 2015 fixo xiras coas Sinfónicas de Nova Zelandia, Sydney, Tasmanian e
Adelaide, e este ano debuta coa Sinfónica do
Novo Mundo en Miami e aparece en Festivais
en Australia, Austria, Nova York e Quebec,
onde interpretará o Concerto para violín Beethoven. Tamén debutará coa Leipzig Gewandhaus Orquestra e a English Chamber Orchestra
e visitará tanto Estados Unidos e Europa con
Les Violons du Roy. Regresa coa Amsterdam
Sinfonietta para unha xira e tocará con Alexander Rudin o Dobre Concerto de Brahms na Sala
Chaikovski en Moscova. En música de cámara, colabora habitualmente con Thomas Ades,
Martin Fröst, Steven Isserlis, Lawrence Power
e Aleksandar Madzar. Ten gravados máis 30
CDs para Hyperion (o último o Concerto para
violín de Walton), como solista e como membro
do Trío Florestan; tamén gravou para EMI, BIS
e Wigmore Live. Escribiron concertos para el
Thomas Adès, Steven Mackey, Sally Beamish e,
máis recentemente, o americano Samuel Carl
Adams. Foi nomeado Instrumentista do ano
2006 polo Royal Philharmonic Society e membro da Guildhall School of Music and Drama en
2013. É codirector do Festival de Música de
Cámara de Peasmarsh co chelista Richard Lester e aparece anualmente no Yellow Barn Festival en Vermont. Colabora frecuentemente
coa Academia Nacional Australiana da Música
en Melbourne e a Academia Nacional Pettman
en Auckland. Entre os seus profesores están
Emanuel Hurwitz e David Takeno. Toca un violín
de 1736 realizado por Carlo Bergonzi.
DECEMBRO
Xoves 1 z 20:30 h
Auditorio de Galicia
Tres pinturas velazqueñas (2015)
Jesús Torres (1965)
Obra gañadora de VII Premio de
Composición AEOS-Fundación BBVA
Concerto para violín
e instrumentos de vento op. 12 (1924)
Kurt Weill (1900-1950)
Sinfonía núm. 4
en si bemol maior op. 60 (1806)
L. v. Beethoven (1770-1827)
Jaime Martín, director
Anthony Marwood, violín
Tres pinturas velazqueñas versa sobre tres
lenzos de Velázquez. O primeiro movemento
dedícase a La Venus del espejo: «Un constante
fluír de diversos motivos en permanente ebulición, cos seus múltiples ecos e ramificacións»
reflicte «a sensualidade e poesía da imaxe»,
comenta o autor. O segundo movemento aborda «a translación sonora de Cristo Crucificado,
percorrendo camiños que van desde o sombrío e dramático comezo até o místico e abatido final». Termina a obra co triunfo de Baco,
onde Torres explora «a posibilidade musical de
pensar na lixeireza, cunha célula recorrente de
seis notas que aparece completa, fragmentada ou pulverizada nunha miríada de mixturas
tímbricas e harmónicas». Weill coñecía ben a
escritura para ventos, algo tamén frecuente
entre compositores como Hindemith ou Stravinski, cuxa influencia se adiviña no Concerto
para violín de Weill en que destacan o equilibrio entre as seccións contrapuntísticas e as
homofónicas, así como a transparencia da polifonía e a proximidade ao atonalismo. A rítmica
stravinskiana e certas alusións a Mahler e Berg
son evidentes nesta obra.
31
Deseño e ilustracións: Fausto Deseño Asociados 2016
Descargar