infopolígono Boletín de actualidade preventiva Outubro de 2012 Sumario: Editorial ............................................02 Noticias .............................................03 Entrevista .........................................05 Actividades da asociación ...............07 Lexislación ........................................10 Difusión de servizos ........................11 Editorial Cada mes de outubro, na semana 43 do calendario, celébrase a Semana Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo, na que se levan a cabo centenares de iniciativas de sensibilización organizadas en toda a UE e fóra dela. Esta semana aglutina a celebración de actos como conferencias e exposicións, sesións de formación e actividades nas que colaboran entidades grandes e pequenas. É tamén importante a achega de moitas iniciativas locais e rexionais de sindicatos, empresas, ONGs e a Administración. Este ano a Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo puxo en marcha a campaña Traballos Saudables 2012-2013 Traballando xuntos para a prevención de riscos' que ten como obxectivo alentar a directivos, traballadores e outras partes interesadas a unir forzas para a mellora da seguridade e a saúde. A campaña céntrase na prevención de riscos, na xestión, no fomento da participación activa dos directivos na súa redución e no estímulo aos traballadores e os seus representantes e outras partes interesadas para colaborar cos directivos na atenuación dos mesmos. Por todo isto, o Gabinete de prevención de riscos da Asociación quere esforzarse máis no fomento da cultura preventiva nas empresas, e quere sumarse á iniciativa europea programando as súas propias actividades de prevención para as empresas do polígono San Cibrao e así celebrar a Semana da Seguridade e Saúde no Taballo, achegando novas iniciativas como a campaña de sensibilización A túa seguridade non é un xogo e o premio cero accidentes, cero incidentes sen esquecer as presentes. 02 Noticias Novo premio a nivel nacional para a Asociación de Empresarios É a segunda vez que obtén un galardón da prestixiosa revista Formación de Seguridad Laboral A Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao acaba de ser distinguida pola revista Formación de Seguridad Laboral pola súa acción destacada en materia preventiva. O xurado valorou expresamente o labor desenvolvido na mellora das condicións de traballo, dirixidas a elevar a protección da seguridade e saúde dos traballadores, e a capacidade de estender ao mundo do traballo a cultura da prevención. Os premios de Seguridade e Saúde Laboral 2012, foron entregados o día 1 de marzo en Madrid, en seis categorías: Innovación tecnolóxica en EPI e produtos, Investigación, Formación, Xestión de seguridade laboral, Organismo, entidade ou institución destacada na prevención de riscos laborais e Premio extraordinario do xurado. A revista pertence á Editorial Borrmart, especializada en publicacións técnicas de difusión nacional e internacional que tratan diferentes sectores como talleres, automoción, seguridade e limpeza, nas que se informa das novidades e se difunden as inquietudes profesionais. José Manuel González Tizón, responsable da Comisión de Prevención da Asociación de Empresarios, recolleu o premio en Madrid da man do presidente da editorial Borrmart, Javier Borredá A actividade premiada pola revista A revista valorou en primeiro lugar a creación no ano 2000 do Servizo de Primeira Intervención, ante a inseguridade e falta de equipamentos para facer fronte a un incendio. Este servizo conta con nove profesionais na extinción de incendios, que atenden ao colectivo industrial coa rapidez e o material necesarios, en horario ininterrompido as 24 horas do día, os 365 días do ano. Neste ámbito, o Servizo de Primeira Intervención desenvolve unha campaña informativa e de promoción de simulacros de urxencia nas empresas, totalmente gratuíta para os asociados e co dobre obxectivo de formar a todo o persoal nas rutinas de acción, para afrontar unha situación de perigo e cumprir coa normativa básica de autoprotección. O labor deste servizo é coordinada por un Gabinete de Prevención, creado pola Asociación para sensibilizar e formar en materia de seguridade e saúde laboral ao tecido empresarial do polígono. No terreo formativo, o Gabinete conciencia aos alumnos dos riscos existentes nos postos de traballo, e oriéntaos sobre as medidas que deben levar a cabo para previlos. Accións coma o uso de extintores, o desenvolvemento práctico de plans de urxencia nas empresas, primeiros auxilios etc, foron algúns dos cursos impartidos e nos que se viron superadas as expectativas de implicación empresarial. A Asociación de Empresarios consolídase así novamente como un referente a nivel nacional, ao ser capaz de combinar a mellora permanente da eficiencia empresarial coas técnicas de seguridade e saúde laboral; poñendo todos os medios para reducir os accidentes e creando un ambiente propicio para a implantación de sistemas produtivos seguros. 03 Noticias Intervencion psicosocial desde o coaching Unha nova forma de mirar a prevención de riscos psicosociais O mellor que podes facer polos demais non é ensinarlles as túas riquezas senón facerlles ver as súas propias. (Goethe) Unha organización competitiva, un directivo feliz e un traballador aportando todo o seu potencial no seu traballo non é unha ficción. É posible. E é posible porque poden ser adestrados para transformar o traballo nunha actividade de fluxo. Pero non basta con recoñecer a situación na que un se atopa, fai falta querer cambiar as crenzas e hábitos que dificultan ser máis efectivos e eficaces. En definitiva, asumir a responsabilidade para ser o que se quere ser e facer o que se quere facer. E este adestramento é o coaching, que se constitúe en vehículo para transportar ás organizacións e ás persoas a unha realidade óptima. A partir do aquí e agora da situación, sen pretender emitir xuízos, simplemente describíndoa para pasar a ser o que en potencia son. Guía Intervención Psicosocial desde el Coaching, reeditada por la CEO Para levar a cabo este proceso é preciso saber que a organización, o directivo e o traballador deben penetrarse nun territorio sempre desconcertante e incerto: aprender a aprender e a desaprender para ser sistemas organizacionales e individuais sans. A saúde de cada un destes sistemas, o equilibrio e a harmonía de cada un deles, é o que constitúe o reto para pensar, sentir e actuar xerando emocións positivas ou sinergias motivadoras. Coa intervención psicosocial desde o coaching preténdese mostrar que é posible trazar un horizonte de expectativas de desenvolvemento das persoas e das organizacións a través de obxectivos concretos e medibles. Conseguir o equilibrio entre o que cada persoa é potencialmente e o que as organizacións representan, desde a aprendizaxe tanto duns como doutros, conforma unha necesidade básica máis que un reto a alcanzar. Pois máis que nunca estamos necesitados de persoas e organizacións saudables ou, o que é o mesmo, en equilibrio. Desaprender hábitos, xa sexan individuais ou colectivos, sitúanos nun terreo pouco coñecido e esixe ter a capacidade de arriscarse a novas formas de establecer as relacións laborais máis aló do que serviu ata agora. O ser humano caracterízase pola gran capacidade de adaptación ao medio. A crise actual móstranos que algo non funciona, que o medio está evolucionando cara a novas formas de interrelación acodes-mundo laboral- mundo persoal. Trátase dun enfoque, que non sendo rigurosamente novo, pois xa foi tratado con anterioridad, proporciona amplitud e integración aos intereses das organizacións, os directivos e os traballadores desde unha visión positiva. Unha especialista na materia, Dª Blanca Bermejo Osés, Xefe de proxectos de Prevención de Riscos laborais do Grupo Quando (Prevalia), abordará este tema o próximo 25 de outubro na Confederación empresarial de Ourense con ocasión da conmemoración da Semana Europea da prevención. Nese mesmo acto será presentada a Guía A Intervención Psicosocial desde o Coaching, reeditada pola CEO co financiamento da Fundación para la Prevención de Riesgos Laborales. 04 Información facilitada polo Gabinete de asesoramiento e asistencia técnica en prevención de riscos laborais para empresas de ata 49 traballadores da Confederación empresarial de Ourense. prevencion@ceo.es Entrevista Rocío de Frutos Madrazo Inspectora de Trabajo y Seguridad Social Licenciada en Derecho, esta vallisoletana afincada en Ourense, pertenece al Cuerpo de Inspectores de Trabajo y Seguridad Social desde hace casi dos décadas, siendo jefa de equipo desde 1997. Tras su paso durante 4 años por la Secretaría General de la Subdelegación del Gobierno de Ourense, retoma su actividad en la Inspección de Trabajo en el año 2008 ¿Qué debe hacer una empresa para estar al día en prevención de riesgos laborales? ¿Considera que esto supone un coste añadido para el empresario? Lo primero que debe hacer la empresa es asumir que en toda actividad empresarial existen riesgos y que la obligación básica del empresario es garantizar la seguridad y salud de sus trabajadores; a partir de aquí, la clave está en integrar la prevención dentro de la actividad productiva e intentar que descienda a todos los niveles jerárquicos de la empresa. No se puede concebir la prevención como un coste añadido y no va a ser así desde el momento en que se asume que es una actividad propia y esencial de la empresa; la concepción de la prevención como un coste tiene en parte su origen en esa falta de concienciación que ha llevado a externalizar la prevención, a cumplir formalmente determinadas obligaciones preventivas que tienen como objeto esa integración. Tomar atajos en esta materia intentando reducir los costes económicos directos que puede suponer la actividad preventiva, va a implicar al final tener costes realmente inasumibles, tanto desde el punto de vista humano como económico, e incluso organizativo no sólo como ocurre en el supuesto de un accidente sino en aquellas muchas ocasiones en que ocurren incidentes por la falta de planificación y de adopción de medidas correctoras. El sector industrial atraviesa una situación complicada. ¿De qué manera están detectando esta circunstancia desde su departamento a la hora de las inspecciones en cuanto a seguridad? En nuestro trabajo diario, no sólo actualmente sino desde siempre, por parte de las empresas se ha acudido a la excusa de la situación económica (particular y actualmente general) para intentar justificar incumplimientos de obligaciones preventivas y la escasa actividad preventiva desarrollada por las mismas. Entiendo que no ha existido un descenso de medidas preventivas vinculadas a la crisis económica (partiendo de la premisa de que el nivel de cumplimiento por parte de muchas empresas ha sido siempre muy mejorable), lo que sí se está produciendo son determinadas situaciones en el seno de las empresas, que hacen que el clima laboral no sea el más adecuado para desarrollar un trabajo en condiciones de seguridad. También sería destacable en este punto el hecho de que esta situación de crisis ha llevado a muchas empresas (que sí entienden la prevención como un coste) a buscar conciertos más baratos, con la imposibilidad a veces de los servicios de prevención de dar una respuesta adecuada. A la hora de integrar las medidas preventivas en la empresa, ¿pesa más la iniciativa individual del empresario o el miedo a las sanciones? Me gustaría pensar que lo que prima es la iniciativa individual, que la concienciación del empresario es lo relevante a la hora de desarrollar en la empresa cualquier actividad preventiva, no olvidemos que de lo que estamos hablando es de la protección del derecho a la seguridad y a la salud de los trabajadores, no obstante creo que lo que más pesa a la hora de gestionar la prevención es saber que existe una normativa (y muy extensa) que impone una serie de obligaciones de evaluación planificación, condiciones materiales, formativas, emergencia, documentales y que su no cumplimiento puede llevar a exigir a la empresa no sólo responsabilidad administrativa sino civil e incluso penal. 05 Entrevista Es preciso desterrar la idea, aún arraigada en muchos empresarios, de fundamentar la prevención en la documentación, o como algo orientado a demostrar el cumplimiento de la Ley ante la Inspección de Trabajo y la Seguridad Social, pues de esta forma los instrumentos básicos de gestión de la prevención se convierten en un documento para guardar en el cajón. La prevención debe ir unida a la del cumplimiento real de las obligaciones, teniendo en cuenta los riesgos inherentes a los procesos productivos y las actividades desarrolladas en el centro de trabajo y no a la acción de la Inspección de Trabajo como órgano de control del cumplimiento de la normativa. No obstante que las empresas en general han avanzado en el cumplimiento de sus obligaciones en materia de prevención de riesgos laborales y la seguridad y la salud de los trabajadores, su garantía ha adquirido, en los últimos tiempos, una gran relevancia y preocupación por parte de los empresarios. ¿Cree que las actividades realizadas en materia de prevención por esta asociación cubren las necesidades de las empresas en cuanto a formación e información? ¿Considera que se podrían complementar con otro tipo de acciones? Conozco las líneas fundamentales del Plan que la asociación tiene previsto realizar en los próximos cinco años, en este sentido ésta y cualquier otra actividad dirigida a fomentar la formación empresarial, y en consecuencia esa iniciativa individual y concienciación en materia preventiva de las empresas a las que ya nos hemos referido, debe ser apoyada y reconocida, más aún cuando es desarrollada por asociaciones y entidades cuyas competencias no son estrictamente las referidas a esta materia. No obstante, la empresa debe tener presente que cualquier actividad preventiva que se desarrolle, incluida la formación, debe realizarse de forma suficiente y adecuada y en el marco preventivo que la legislación le marca. Si bien, como he señalado, estimo que aunque son muy importantes estas iniciativas de nada sirven si a la hora de actuar la empresa con respecto a los trabajadores en aspectos como formación, información, planes de emergencia, estas acciones se llevan a cabo en numerosas ocasiones vaciadas de contenido y en muchos casos se reducen a documentos y papeles. ¿Qué actuaciones tiene previstas la Inspección de Trabajo en nuestra provincia en materia de prevención de riesgos laborales? Junto a las actuaciones ya conocidas de la Inspección de Trabajo relativas a la vigilancia del cumplimiento de las condiciones materiales de seguridad y de la gestión de la prevención por parte de las empresas, así como la investigación de los accidentes, destacaría la campaña que estamos desarrollando en materia de riesgos psicosociales en tres sectores básicos de actividad que son empresas de transporte, Call Center y residencias de ancianos. ¿Qué mensaje enviaría a los empresarios de este polígono? Que no se excusen con la idea de que la crisis económica dificulta realizar actividad preventiva ya que, como en todos los ámbitos de la vida, mientras pensamos que no podemos hacer dejamos de hacer. Que se impliquen en la gestión de la prevención y abandonen la idea de que la prevención se hace en y por los Servicios de Prevención, que impliquen a sus directivos y también que aprendan a exigir tanto a los trabajadores, que en la empresa tienen obligaciones preventivas, como al servicio de prevención con quien tienen concertada la actividad preventiva. Por último, que sean conscientes de dos cuestiones, la primera es que como empresario es garante de la seguridad y salud de los trabajadores (aunque en esta labor no están solos y como he señalado deberían empezar a exigir) y el quebranto de esta salud puede conllevar unos costes personales y materiales inasumibles tanto para la empresa como para las personas físicas que la representan, más allá de la sanción de la Inspección de Trabajo; y la segunda, que la actividad preventiva debe ser una parte más de la actividad productiva, con la misma importancia que el resto de las actividades de interés para la empresa, y esto es, en definitiva, integrar la prevención, no siendo ya viable entender ésta tan sólo como una obligación legal que conlleva un coste añadido. 06 Actividades da asociación Aplicación para IPAD do mapa de riscos O Gabinete de prevención de riscos laborais da Asociación pon en marcha unha nova aplicación do mapa de riscos para dispositivos Ipad Abrirse cara ás novas tecnoloxías supón, para a nosa entidade un avance que nos fai cumprir co noso obxectivo de desenvolver proxectos e ferramentas que estean ligados aos canais de consulta actuais. Dentro deste contexto o gabinete presenta unha aplicación do mapa de riscos para dispositivos Ipad, ferramenta que suporá facilitar o acceso ao Servizo de Primeira Intervención de San Cibrao para un coñecemento exacto da situación das empresas da zona industrial, a visualización rápida e eficaz dos elementos de risco das empresas, e a rápida elaboración de informes e incidencias. Visualización da aplicación do mapa de riscos para Ipad Ademais, esta aplicación permitirá un coñecemento rápido e eficaz ante calquera perigo ou incidente aos servizos de emerxencia de fóra da nosa zona, como os bombeiros de Ourense e o 112. A través dunha interface sinxela e moi intuitiva a nivel visual, poderanse cumprimentar os correspondentes formularios cos datos necesarios para a elaboración posterior dos informes de riscos das diferentes empresas, e obter toda a información necesaria en canto á situación dos riscos e emerxencias nas industrias de San Cibrao. Blog de prevención O gabinete de prevención de riscos laborais da Asociación estrea un blog especializado en materia preventiva Outra ferramenta adaptada ás novas tecnoloxías é a creación dun blog especializado, que ten por obxecto a difusión e comunicación de diferentes aspectos da prevención: normativa vixente, actividades do gabinete da Asociación e aqueles aspectos que sexan relevantes en canto a seguridade e saúde laboral, entre os traballadores das empresas que forman parte da Asociación de Empresarios, fomentando a cultura da prevención e as comunicacións entre profesionais, empresarios e empregados. Este blog está pensado para que non sexa pechado, é dicir, terá a súa parte privada restrinxida só a aqueles usuarios que se identifiquen como membros da Asociación, e terá outra pública que permitirá a participación doutras empresas alleas á nosa entidade que queiran aportar información ou a súa opinión en canto a seguridade. http://blogriscos.poligonosancibrao.com O obxectivo final deste proxecto é garantir a interactividade dos traballadores das empresas da asociación en materia preventiva, xa que desta maneira poderán consultar as súas dúbidas en temas de seguridade de xeito inmediato, e coñecer as novidades e as urxencias que existan en canto as medidas de seguridade a adoptar. 07 Actividades da asociación Participación en PREVISEL 2012 Un ano máis a cidade de Ourense contou cun salón dedicado á prevención de riscos laborais Ourense foi testemuña do salón da prevención e seguridade laboral, o pasado mes de abril no recinto feiral de Expourense, durante dúas intensas xornadas nas que se levaron a cabo máis dunha trintena de actividades, encamiñadas a favorecer e implantar a cultura preventiva entre as empresas, traballadores e administración públicas. A Asociación de Empresarios contou cunha especial referencia neste encontro preventivo, a través do seu stand, no que amosou ós asistentes as actividades desenvoltas polo gabinete nos últimos anos, ademais do material e vehículos de extinción do Servizo de Primeira Intervención. Ademais, realizáronse encontros prácticos: a presentación do novo premio de seguridade e saúde laboral, e dous obradoiros impartidos polo Servizo de Primeira Intervención sobre o manexo correcto dos extintores. Stand no recinto feiral de Expourense da Asociación de Empresarios e o Servizo de Primeira Intervención 08 O martes 17 de abril tivo lugar, logo do inicio oficial da feira, unha presentación do Proxecto de prevención do Polígono de San Cibrao, ademais do premio de seguridade e saúde laboral recibido pola entidade o pasado mes de marzo. A exposición foi realizada por José Manuel González Tizón, membro da xunta directiva da Asociación de Empresarios, e responsable da comisión de prevención da mesma. Actividades da asociación Durante a intervención de González Tizón, fíxose especial relevancia á traxectoria do gabinete de prevención durante os últimos anos, á posta en marcha do Servizo de Primeira Intervención ou á realización de campañas informativas e formativas para traballadores e empresarios do Polígono San Cibrao. Ademais, destacou a presentación do recente estudo realizado pola Federación de Parques Empresariais de Galicia, a través do que se analizaron máis dunha vintena de parques empresariais de toda a comunidade galega, e do que se desprende que o Polígono de San Cibrao xunto co Parque Tecnolóxico de Galicia, son as zonas industriais mellor preparadas en canto a infraestruturas, accesos e instalacións ante emerxencias. En canto ao Servizo de Primeira Intervención, leváronse a cabo dous obradoiros teórico-prácticos de extinción de incendios, mediante os que os alumnos puideron coñecer as características dun extintor e cómo deberá empregarse en caso de emerxencia. Obradoiro teórico práctico de extinción de incendios impartido polo Servizo de Primeira Intervención Presentación dos proxectos de prevención da Asociación de Empresarios ante o público asistente á feira, e personalidades das diferentes administracións públicas Apertura da asociación de empresarios ás redes sociais O desenvolvemento do mundo da tecnoloxía nos últimos anos está supoñendo notables cambios na estrutura económica e social actual. As empresas, e a industria en xeral, converteron nunha realidade o intercambio de coñecemento e información actualizada a tempo real, sen demoras nin custos engadidos. Neste entorno tan cambiante, a Asociación de Empresarios quere abrir as súas fronteiras e ofrecer aos seus asociados e á poboación en xeral, información e asesoramento actualizado minuto a minuto, a través das diferentes redes sociais, porque hoxe en día, falar de redes sociais é falar de intercambios, avance e mellora. Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao Asoc Pol S. Cibrao 09 Lexislación PLANS DE AUTOPROTECCIÓN: ELABORACIÓN, IMPLANTACIÓN E REXISTRO. DATA LÍMITE OUTUBRO 2012 Rexistro Electrónico para os Plans de Autoprotección de Galicia Coa publicación da Orde do 27 de febreiro de 2012 créase o Rexistro Electrónico de Plans de Autoprotección na Comunidade Autónoma de Galicia e regúlase o seu procedemento, que dependerá da dirección xeral da Xunta de Galicia con competencias en materia de protección civil. O rexistro ten como finalidade o establecemento dunha base de datos sobre o contido dos plans de autoprotección, á que poderán acceder os servizos de emerxencias da comunidade autónoma de Galicia, aos efectos de ampliar a información sobre os centros, establecementos, espazos, instalacións ou dependencias que facilite e optimice as súas posibles intervencións en caso de sinistro. A inscrición neste rexistro é obrigatoria para tódolos centros, establecementos e instalacións dedicados a actividades que se determinan no catálogo de actividades, recollido no anexo I do Decreto 171/2010, do 1 de outubro, sobre plans de autoprotección en Galicia. As non incluídas no devandito catálogo poderán, así mesmo, inscribirse no rexistro con carácter voluntario. Prazos As empresas dedicadas a actividades industriais e almacenamento, a actividades sanitarias, infraestruturas enerxéticas e de transporte, centros de día, edificios que alberguen actividades comerciais, administrativas ou de prestación de servizo, entre outros, están obrigadas a contar cun Plan de autoprotección e a inscribilo no Rexistro Galego de Plans de Emerxencia (REGAPE) antes do 22 de outubro deste ano. Contidos Tanto o catálogo de actividades, como o contido mínimo do plan de autoprotección, o certificado da implantación do plan e o contido mínimo do rexistro de datos dos centros, lugares ou establecementos onde sexa habitual a concentración de persoas, recóllense no Decreto 171/2010, de 1 de outubro, sen prexuízo de que se poida requirir a presentación doutra documentación que se considere oportuna. Inscrición Os titulares de centros, establecementos e instalacións deberán solicitar a inscrición no rexistro diste plan con carácter previo ao inicio da súa actividade ou a modificación do exercicio da xa autorizada, e deberán utilizar a aplicación electrónica habilitada na páxina web da Xunta de Galicia, mediante sinatura electrónica, na dirección https://sede.xunta.es/ 10 Información facilitada polo Gabinete de asesoramiento e asistencia técnica en prevención de riscos laborais para empresas de ata 49 traballadores da Confederación empresarial de Ourense. prevencion@ceo.es Difusión de servizos Campaña cero accidentes, cero incidentes Dende a Asociación de Empresarios queremos seguir coa nosa labor preventiva, ampliando a asistencia prestada coa incorporación dun servizo de prevención de riscos coordinado para a elaboración de estudos e actividades de información e formación de traballadores e empresarios, que permitirá conectar medios e esforzos para loitar por un fin común: a redución da sinistralidade laboral. 1. REALIZACIÓN DE AUDITORÍAS NAS EMPRESAS DO POLÍGONO SAN CIBRAO O primeiro paso será coñecer a situación na que se atopan as empresas para valorar posteriormente as necesidades e carencias co obxectivo de establecer as accións correctoras e boas prácticas a desenvolver. Un equipo técnico encargarase de realizar visitas personalizadas na empresa, consistentes nunha minuciosa labor de campo na que se analizarán todos os aspectos laborais e industriais. Unha vez avaliada a situación na que se atopa o Polígono, estimaranse as accións correctoras para realizar, e levarase a cabo as campañas pertinentes de formación e información.. 2. SEMANA DA PREVENCIÓN NO POLÍGONO SAN CIBRAO Dentro desta campaña e con motivo da semana da prevención de riscos laborais que se celebra no mes de outubro (22 ao 26) dende a Asociación levaranse a cabo diferentes simulacros de emerxencias nas empresas do Polígono San Cibrao e accións formativas en materia de incendios, primeiros auxilios, riscos psicosociais, etc. 11 Difusión de servizos 3. REALIZACIÓN DE CAMPAÑAS INFORMATIVAS Unha vez analizada a situación na que se atopan as empresas, realizarase unha campaña de longa duración, nun período de 5 anos, co obxectivo de reducir a sinistralidade do Polígono San Cibrao. Fomentar o uso de boas prácticas para a diminución dos accidentes laborais, facilitando ao empresario toda a formación e información que precise segundo as carencias detectadas con anterioridade, será o eixe central desta campaña. En definitiva o que se pretende é promover os usos preventivos no polígono San Cibrao favorecendo así a redución dos accidentes. 4. PREMIO CERO ACCIDENTES, CERO INFRACCIÓNS Dende a Asociación queremos premiar e alimentar as boas prácticas preventivas que se leven a cabo no colectivo empresarial. Para iso, dentro da campaña Cero accidentes, cero incidentes imos poñer en marcha unha entrega de premios, motivando así o cumprimento da normativa vixente en prevención de riscos laborais e animar ao empresariado de San Cibrao das Viñas a introducir a cultura preventiva na súa actividade diaria, favorecendo deste xeito a redución da sinistralidade. Para inscribirse ao premio, as empresas tan só deberán certificar o número de accidentes ocorridos no último ano e un xurado da valorará as diferentes propostas, elixindo a mellor candidata para o premio. A empresa gañadora será premiada cun recoñecemento durante o acto da Asemblea Xeral Ordinaria anual, e ademais será recoñecido o traballador que mellor xestionara a prevención na mesma, porque os empregados son quen fan posible que a sinistralidade laboral se reduza no polígono.