As vangardas Diversos movementos artísticos que pretenden una renovación total da arte. Primeiras décadas do século XX. • Características: Ruptura coa tradición cultural e a procura de novos camiños expresivos. Actividade antirromántica e antisentimental. Defenden a total liberdade creativa e reivindican a súa independencia. Propugnan a renovación da linguaxe, a eliminación dos signos de puntuación, una nova función das imaxes. Difunden as súas propostas a través de manifestos. • Correntes/ ismos Futurismo. – Marinetti, 1909. Defensa da modernidade e do futuro, representado na velocidade e nas máquinas. Lema: “Palabras en liberdade”, supón a ruptura coas normas sintácticas e ortográficas, a eliminación da métrica, o emprego de abundantes tecnicismos e barbarismos e a disposición especial dos versos na páxina. Cubismo.- Movemento pictórico, 1907, Picasso e Juan Gris. Emprego de formas xeométricas, presentando nun mesmo plano diferentes puntos de vista dun obxecto, e polas colaxes. “Caligramas” Guillaume Apollinaire. Dadaísmo.- Zürich, 1916. Artistas de distintas nacionalidades durante a Primeira Guerra Mundial, liberados polo romanés Tristán Tzara. Movemento antiarte e provocador que propoñía una rebelión contra as convencións establecidas. Surrealismo.- Movemento artístico e literario. Francia > André Breton > 1924 > 1º manifesto surrealista. Compoñente irracional do proceso de creación, incorpora as ideas da psicanálise de Freud. Plano literario: supuxo una renovación na linguaxe e a achega de novas técnicas de composición: escritura automática, imaxe visionaria… • A xeración do 25/ Xeración das vangardas/ Novecentistas Nos anos vinte e trinta xorde en Galicia un grupo de escritores, nados arredor do 1900, que leva a cabo a renovación da poesía galega mediante a incorporación das novidades das vangardas literarias europeas. Manteñen estreitas relacións cos compoñentes das Irmandades da Fala e da Xeración Nós: > Novidades vangardistas coa conciencia nacionalista. o As mostras máis significativas das vangardas galegas: - O manifesto “Máis alá”, 1922, Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro. - Revistas literarias [Resol (Santiago, 1933,1935), Cristal (Pontevedra, 1932, 1933), Papel de color (Mondoñedo, 1933, 1935)] se difunden os seus versos e se dan a coñecer os principais vangardistas españois. As vangardas galegas centráronse fundamentalmente na poesía. Tres movementos ou escolas poéticas principais: - Imaxinismo / Animismo / Hilozoísmo > Luís Amado Carballo - Neotrobadorismo > Fermín Bouza Brey e Álvaro Cunqueiro - Creacionismo > Manuel Antonio 1. Imaxinismo / Animismo / Hilozoísmo • Luís Amado Carballo (Pontevedra, 1901-1927) Iniciador e principal cultivador. “Proel” 1927 ; “O galo” 1928 ; “Os pobres de deus” 1928 ; Algúns relatos. Tema principal: Natureza, que aparece humanizada e animada mediante constantes personificacións e descrita por medio de imaxes moi plásticas. Combina a tradición paisaxística procedente do S. XIX coa riqueza das imaxes e metáforas características da poesía de vangarda. Poesía imaxinista: Gran sensualidade; a súa meta é a creación de imaxes nas que se reúnen elementos visuais e auditivos, con predominio das cores fortes e vivas. A pegada do imaxinismo foi moi importante na nosa literatura e foron moitos os autores que seguiron a estética desta corrente poética. 2. Neotrobadorismo • Fermín Bouza Brey .- “Nao senlleira” 1933 • Álvaro Cunqueiro .- Cantiga nova que se chama Riveira, 1933 Nace tras a difusión dos cancioneiros da lírica galego-portuguesa medieval, que se produce desde fins do S. XIX. Os poetas novos, marabillados ante a beleza das vellas cantigas, introducen na súa poesía numerosos elementos temáticos, formais e estilísticos da lírica medieval (tema amoroso, ambientación espacial, paralelismo, refrán…) Este interese pola literatura galega emprendida polo pensamento galeguista daquel tempo, é dicir, a existencia da literatura medieval demostraba a continuidade da literatura galega. 3. Creacionismo • Manuel Antonio (Rianxo, 1900-1930) Principal figura da vangarda galega. Poeta máis innovador e orixinal da xeración do 25 e o prototipo do escritor vangardista do seu tempo. A súa obra caracterízase pola ruptura coa tradición literaria galega, e por unha aposta pola renovación temática e formal. “De catro a catro. Follas sen data dun diario de abordo.” 1928 19 poemas e estruturado en aparencia como a crónica dunha viaxe con tres etapas. “Obra completa.” Editada no 1972. Poemas de catro a catro e outros títulos que permanecerán inéditos. Manuel Antonio expón as súas ideas acerca da Literatura en dous textos en prosa nos que teoriza sobre o tema: - O manifesto “Máis alá”, 1922, xunto a Álvaro Cebreiro. - “Prólogo dun libro de poemas que ninguén escribeu”, 1924. "Máis alá”. – Os autores expresan a necesidade de que os escritores galegos rompan coa tradición e busquen novos camiños, inspirándose nos movementos renovadores da vangarda, aínda que sen adscribirse rixidamente a ningún, senón tomando elementos de cada un e adaptándoos ás peculiaridades de cada escritos, de maneira que cada autor amose a súa independencia e orixinalidade. Ideal fundamental: absoluta liberdade creativa. Compromiso coa lingua galega, afirman o seu monolingüísmo e critican os escritores galegos que escollen o castelán como lingua literaria. “Prólogo dun libro de poemas que ninguén escribeu”. -1924, publicado no xornal Galicia, Manuel Antonio insiste nalgún dos aspectos tratados no manifesto. Prosa vangardista • Rafael Dieste, (Rianxo, 1899-1981) - “Dos arquilos do trasno”, 1926. - “A fiestra valdeira” , 1927. Galicia a partir de 1936 o 18-Xullo-1936 > Abril-1939 Iníciase un longo período de silencio e represión, ausencia de liberdade e perda dos dereitos elementais dos cidadáns. Sublevación militar contra o goberno lexítimo da República. Derrota das forzas leais á República e a instauración da ditadura franquista. o CONSECUENCIAS • Paralización da vida política e cultural. • Retroceso dos avances conseguidos durante a República. • O Estatuto de Autonomía queda sen efecto. • Fusilamentos aos vencellados ao nacionalismo e ao mundo da cultura galega. • Exilios. • Exilio interior (apartalos do seu traballo). Primeiros partidos nacionalistas, nos anos 60, fundados na clandestinidade. Reivindican para Galicia o autogoberno e a oficialidade do seu idioma. • UPG. – Unión do Pobo Galego. • PSG. – Partido Socialista Galego. 1975. – Morre Franco, o que posibilita o paso á democracia e a recuperación dos dereitos das nacionalidades históricas. o A lingua galega na posguerra. Durante a ditadura, a pesar da represión, a maioría da poboación continuou tendo o galego como lingua habitual, o seu emprego reduciuse aos rexistros informais, xa que o castelán era a única lingua oficial. Así, intensifícase o proceso de desgaleguización e importantes sectores da sociedade adoptan o castelán por consideralo un modo de ascenso social, mentres que identifican o galego co rural, coa incultura e coas clases máis baixas. o Literatura de posguerra. Co inicio da Guerra Civil, péchanse editoriais, revistas e xornais e paralízase a edición e difusión de textos na nosa lingua. 1940-1950 Única produción literaria en galego será a que se leve a cabo no exilio americano: revistas culturais e literarias, créanse editoriais e continúase a produción literaria en galego. Exiliados: Castelao, Luís Seoane, Rafael Dieste, Blanco Amor, Ramón de Valenzuela… No exilio americano prodúcese unha poesía de forte denuncia social, cuxos principais representantes son Emilia Pita, Luís Seoane e Lorenzo Varela. Anos 50. Xorden iniciativas culturais que procuran a defensa e recuperación da nosa lingua e da nosa cultura. Xorden así editoriais como Monterrey, Edicións do Castro, a colección de poesía Benito Soto e, sobre todo, a editorial Galaxia, que inician a recuperación das letras galegas. Anos 60 e 70. Créanse asociacións culturais que teñen como obxectivo principal a defensa do pobo galego. o A narrativa de posguerra. Anos 50. Continúan o seu labor literario en galego escritores da preguerra como Otero Pedrayo. Autores máis significativos: Eduardo Blanco Amor, Álvaro Cunqueiro, Ánxel Fole. Anos 60. Xeración que integra o que se denominará “Nova Narrativa Galega” e que vai renovar a nosa literatura mediante a incorporación de novas técnicas e novos temas. Xosé Luís Méndez Ferrín, Gonzalo Mourullo, Carlos Casares, Xohana Torres, Mª. Xosé Queizán… Anos 70. Alfredo Conde, Paco Martín, Xosé Fernández Ferriro, Xabier Alcalá… irán consolidando a importancia da narrativa galega. Eduardo Blanco Amor (Ourense 1897-Vigo 1979) 1919. – Arxentina. – Xornalista (Nós, Céltiga, Terra…). Proxecto galeguista. Irmandade Nazonalista Galega. Defende á República dende América, colabora cos exiliados galegos en actitude de oposición ao réxime franquista. Actividade cultural (periodista, comentarista de radio, conferenciante, profesor universitario). Funda o teatro Popular Galego de Bos Aires. 1950. – Publicación das súas obras máis significativas. 1960. – Galicia. – Publica artigos xornalísticos. É considerado como un dos nosos máis grandes escritores e autor das mellores novelas da literatura galega. Narrativa. As súas tres principais obras da narrativa, desenvólvense en Auria, trasunto literario de Ourense. Características: - Localización espacial en Auria. - Localización temporal nas dúas primeiras décadas do século XX. - Protagonismo infantil e xuvenil. - Preferencia polo narrador subxectivo que narra en 1ª persona. - Interese, reiterado nos prólogos das obras, por facer literatura realista. • “A esmorga.” Primeira novela cunha historia tráxica nun ambiente urbano ou suburbial de Auria. 1ªparte: “Documentación”, un narrador-autor explica como obtivo a información necesaria para escribir a historia que a continuación se presenta. 2ªparte: Conta a historia en si a través de cinco capítulos que recollen a declaración de Cibrán, o Castizo, ante o xuíz. Mediante este interrogatorio reconstrúense as vinte e catro horas de esmorga dos tres personaxes (o Bocas, o Milhomes e o Castizo). Finalmente, Cibrán, único supervivente e por iso tamén único acusado, narra os sucesos acaecidos, o itinerario seguido e as circunstancias da morte dos seus compañeiros. 3ªparte: Reaparece o narrador-autor para dar conta da morte do principal personaxe, deixándonos na dúbida acerca das verdadeiras causas da mesma. • “Os biosbardos.” Conxunto de sete relatos breves protagonizados por nenos e adolescentes nas dúas primeiras décadas do século XX. • “Xente ao lonxe.” Novela longa. Biografía infantil e xuvenil de Suso: Coñecemos a súa historia persoal e a súa evolución e maduración desde a infancia ata a mocidade. Historia da familia de Suso, (Vilar), vinculada a organizacións de carácter obreiro e sindical. Crónica da sociedade ourensá de comezos de século, clases traballadoras e acontecementos históricos da España do momento. 170 personaxes. >Novela de protagonismo colectivo <. Poesía “Romances galegos” 1928. “Poema en catro tempos” 1931. “Cancioneiro” 1956. Teatro. Dous volumes que reúnen varias pezas teatrais: “Farsas para títeres” 1973. “Teatro para a xente” 1974. “Proceso en Jacobusland” 1980. ·Fonética· A fonoloxía estuda os fonemas. Os fonemas son as unidades lingüísticas máis pequenas da lingua. Sen significado. Función distintiva (permite diferenciar palabras). Realización fonética. Representación /X/ A fonética estuda o son. O son é a realización física dun fonema. Representación [x] A ortografía ocúpase do uso correcto das letras da escrita. As letras son a representación escrita dos fonemas. ·Sistema fonolóxico galego· 26 fonemas: 7 vocálicos e 29 consonánticos. Punto de articulación Anteriores Modo de articulación Pechadas Medias Centrais Posteriores /i/ /u/ Semipechada s /e/ /o/ Semiabertas /Є/ /Ͻ/ Abertas Características dos fonemas: - Grao de abertura / modo de articulación. - Localización /punto de articulación. - Sonoridade. Ditongos. Vogal aberta/ media + vogal pechada Vogal pechada + vogal pechada U, i + a, e, o . – A, e, o + i, u . – Crecentes Decrecentes Hiatos. /a/ U, i + i, u . Homoxéneos