Manifestaciones artísticas referentes a la Guerra Civil

Anuncio
2. A paréntese da Guerra Civil
1. Manifestacións artísticas referentes á Guerra Civil
Na Guerra Civil hai dous bandos enfrontados a morte e artistas
circunscritos a cada un deles, polo que debemos distinguir entre a mensaxe e o valor
artístico da obra. As primeiras manifestacións danse nas artes plásticas e na poesía:
a) Artes plásticas. Picasso, co Guernika ou Castelao cos tres álbums de
debuxos que publica en Valencia: Galicia mártir (1937), Milicianos (1938) e
Atila en Galicia (1937).
b) Poesía. Poemas de Machado.
Hai máis de 1500 títulos en castelán que fan referencia á Guerra Civil e
desde a morte de Franco moitos autores, que non viviran o conflito en primeira
persoa, adoptaron tamén esta temática.
1.1. A novela en España
A novela referente ao conflito é máis tardía e eclosiona trala morte de
Franco. Atopamos novela por parte dos vencidos e dos vencedores.
a) Vencidos:
 La forja de un rebelde (1951) de Arturo Barea: trata os bombardeos sobre
Madrid e ten trazos autobiográficos.
 Requiem por un campesino español (1953) de Ramón J. Sender, que xira
en torno ás mortes por inimizade.
 Autores estranxeiros que apoian o bando republicano:
 Cemiterio baixo a lúa (1938) de Georges Bernanos, escritor francés
que critica feitos que se producen en Mallorca.
 L’espoir (1933) de André Malraux, novela á que se lle achaca falta
de realismo.
 Por quién doblan las campanas (1940 – 1957), novela escrita en
castelán por Ernest Hemingway.
b) Vencedores:
 Madrid, de Corte a chega (1939) de Agustín de Foxá, falanxista e
compañeiro de Primo de Rivera.
 La fiel Infantería (1943) de Rafael García Serrano, que tivo problemas coa
censura por ter escenas de carácter sexual.
 Raza, escrita por Franco baixo o pseudónimo de Jaime de Andrade, novela
que non pasa a censura até saberse quen é o seu autor.
1.2. A novela galega
A novela galega referente á Guerra Civil ten certas diferenzas a respecto
da española:
a) A temática. Non é a fronte de batalla, xa que en Galiza non se librou batalla
ningunha, senón que se centran na represión, a privación da liberdade, a
incerteza, as inquedanzas polo porvir, os cárceres, os maquis1...
b) Os autores son todos do bando dos vencidos, autores que viven o conflito e as
súas consecuencias, polo que as súas obras teñen trazos autobiográficos. Tamén
1
Termo xeolóxico que fai referencia a unha vexetación baixa e que en Francia pasou a denominar aos
grupos de resistencia á ocupación alemá durante a Segunda Guerra mundial. Por extensión,
denomínanse así as persoas fuxidas nos montes que viven en oposición a un sistema político.
1
Curso monográfico de narrativa galega
2006/2007
USC
2. A paréntese da Guerra Civil
hai autores máis novos que, sen ter vivido a guerra, a tratan na súa narrativa
(Manuel Rivas).
Entre as obras referentes ao conflito na novela galega destacan:
a) De autores que nacen arredor do ano 1910 e publican tralo Franquismo:
 Non agardei por ninguén (1957) e Era tempo de apandar (1980) de Ramón
de Valenzuela.
 O siñor Afranio. Ou como me rispei das gadoupas da morte (1976), de
Antón Alonso Ríos.
 O silencio redimido (1976) de Silvio Santiago.
 Scórpio (1987) de Ricardo Carvalho Calero, que sigue a técnica do
multiperspectivismo.
b) Xeración das Festas Minervais ou de La Noche, autores nados na década dos 30
que non teñen a lembranza da guerra, pero sofren as súas consecuencias. É o caso
de Méndez Ferrín en No ventre do silencio (1999). Imos ver algúns trazos desta
xeración:

Son autores que marchan estudar a Madrid nos anos 1957 – 1958, onde
coñecen a outros estudantes.

Crearán o grupo Brais Pinto, integrado por persoas moi diferentes (Ferrín,
Beiras, Ramón Lourenzo...):
 Reúnense no Centro Galego de Madrid.
 Parece ser que o bautizou o grupo foi Fernández Ferreiro, quen
toma o nome dun afiador de Nogueira de Ramuín.
 Por discrepancias co entón director de Galaxia, Ramón Piñeiro, que
prefería a reivindicación cultural á política, crean a súa propia
editorial. Esta inaugurarase con Bocarribeira. Poemas para ler e
queimar (1958) de Otero Pedrayo.
 Son, en conclusión, un grupo que representa unha tentativa de poñer a
cultura galega nunha dirección de vangarda.

Considéranse a si mesmos unha xeración perdida, chea de represión, que
vive nun tempo de miseria moral e intelectual e soportando as consecuencias
dunha guerra inútil, o que se reflicte nas súas obras.
c) Máis tarde autores coma Manuel Rivas tamén tratarán o tema da guerra, así
acontece en O lapis do carpinteiro (1998).
Fernández Ferreiro é un autor da Xeración das Festas Minervais ou de
La Noche, que marcha a Madrid estudar Xornalismo, onde se relaciona con outros
persoeiros que conformarían esta xeración. Domina a escrita, está ideoloxicamente
comprometido e a lembranza da guerra está presente en toda a súa obra, de xeito
máis ou menos explícito.
2. A presenza da Guerra civil na narrativa galega: Fernández Ferreiroi,
Agosto do 36 (1991)
2.1.
Agosto do 36 dentro da obra de Fernández Ferreiro
Aínda que non é unha triloxía, podemos considerar que Agosto do 36 se
insire entre A ceo aberto (1981) e Os últimos fuxidos (2004). A anécdota que dá
lugar a Agosto do 36 aparece xa en A ceo aberto.
2
Curso monográfico de narrativa galega
2006/2007
USC
2. A paréntese da Guerra Civil
2.2.
Estrutura da obra
É unha estrutura clásica de exposición – nó – desenlace na que, sen
embargo, o desenlace se coñece ao comezo, xa que a obra comeza coa nova dos
asasinatos de Sara e Gregorio2. Estamos polo tanto perante un final anticipado.
Con todo, o autor consigue manter a tensión e a intriga durante toda a
obra.
A obra divídese en dúas partes que, á súa vez están formadas por
capítulos moi curtos: “O cerco” (8 capítulos) e “A execución” (15 capítulos).
2.3.
Narrador
Atopámonos con dous narradores que, en esencia, se ocupan de
cadansúa parte:
A) Narrador testemuña (“O cerco”): representado polos veciños de Abades, narra
desde o presente un feito que aconteceu 50 anos antes:

É un relato literaturizado, pero con aparencia de literatura oral.

Segue linealmente a vida de Sara e Gregorio desde a infancia, é unha ollada
introspectiva que se estende até o momento no que prenden a Sara.

Infórmanos da retesía entre o Garabís e o Xirandón por causa dunha
muller, feito que se repite cos seus fillos (Manuel e Gregorio
respectivamente), o que nos amosa que as causas da represión son en ocasións
persoais, non só políticas.

Amosa a actitude do clero perante a durísima represión, que a ignora ou
mesmo colabora con ela. Así, don Xenaro non fai nada para salvar a Sara.

Estre narrador popular introduce elementos que anuncian o terríbel
desenlace (“lúa tinxida de sangue”).

Nalgún momento hai un imperfecto narrador testemuña (páxinas 79, 80,
81) que fala das conxecturas dos veciños para intentar salvar a Sara.
B) Narrador omnisciente heterodiexético en terceira persoa (“A execución”):

Narra os acontecementos desde que apreixan a Sara o día 13 de agosto até
que a matan o día 173 ás 3 da tarde, eses cinco días de anguria, de carraxe
contida que se mesturan con lembranzas de soños imposíbeis.

Hai un cambio de escenario de Abades á Touza, un lugar caracterizado polo
misterio no que Sara agonía eses 5 días. Só hai dous momentos nos que a
acción sae do escenario da Touza na segunda parte:
 No capítulo XIV a acción volve a Abades para describir o ambiente
que se respira entre os veciños ante a situación na que está Sara.
 No capítulo XVII os falanxistas van a Abades para intentar
apreixar a Gregorio.
2.4.
Personaxes
A) Sara e Gregorio.
B) Lázaro, o taberneiro: o personaxe mellor caracterizado psicoloxicamente e que
vencella os dous escenarios da segunda parte:
2
Gregorio morre no cruceiro do Bispo, que sería fusilado anos despois polos maquis, ao igual que
aconteceu no Cerro de los Ángeles.
3
O 17 de agosto matan a Alexandre Bóveda.
3
Curso monográfico de narrativa galega
2006/2007
USC
2. A paréntese da Guerra Civil



Sente un amor imposíbel por Sara, tena idolatrada. Esa visión sublime e
platónica mesturarase cos seus instintos máis primarios cando a ve espida.
É unha persoa covarde que, malia a admiración que sente por Sara, non é
quen de salvala dos falanxistas, aínda desprezándoos.
O seu físico lembra a don Celidonio de O porco de pé.
C) Falanxistas: todos con caracteres negativos (definidos coma “desertores do
arado”), seres desprezábeis, cheos de odio, amigos das armas, o que se acompaña
dunha fala soez. Pero teñen diferentes motivacións:

O Garabís, Manuel:
 O único cunha motivación clara, aínda que iso non o xustifique, xa que a
muller dos seus soños está casada con outro e repítese a historia do seu
pai e de Gregorio.
 É de caste ruín e está loitando a súa propia guerra, feito do que se
decatan os outros.
 Está namorado de Sara e, aínda que diante dos seus compañeiros quere
quedar coma un machote, impide a súa violación.
 Hai un triunfo do torturado sobre o torturador4 xa que a vontade de Sara
é infranqueábel, polo que está psicoloxicamente nas súas mans, xa que
ela está namorada do seu marido.

Luís: é un personaxe tipo, un señorito convencido da ideoloxía de Primo de
Rivera que defende os privilexios da súa clase social. É un personaxe ruín e
un dos seus disparos acaba accidentalmente coa vida de Gregorio, pero non se
atreve a darlle o tiro de graza.

Xan: é un home sen vontade, sen criterio propio, que acata a autoridade do
Garabís (canso se discute se violar ou non a Sara).

Leonardo: un home “sen oficio coñecido”, un parasito que, a diferenza de
Luís, é un pervertido sexualmente. Quere violar a Sara e, ao non o conseguir,
oponse ao Garabís e pretende deixar o grupo.
2.5.
Outras características
a) Creación dunha atmosfera de medo, terror e violencia.
b) Paisaxe chea de vida, con senso hilozoísta: unha paisaxe rural con alma, con
espírito propio.
c) Presenza abafante do sol e da calor5, un elemento recorrente na súa obra (A
ceo aberto, O minotauro).
***
Fernández Ferreiro desenvolve unha anécdota con minuciosidade
narrativa, na que todo está encadeado e xustificado, adobiando todo isto con intriga e
suspense, así coma con terror e as paixóns da carraxe e do amor.
i
Entrevista a Fernández Ferreiro en A Nosa Terra
Isto tamén acontece en Pedro y el capitán de M. Benedetti ou en “Botas de elástico” de Arraianos
(1991) de Ferrín.
5
Tamén en L’étranger (1942) de Camus.
4
4
Curso monográfico de narrativa galega
2006/2007
USC
Descargar