Subido por manulareo

TEST SOCIAIS

Anuncio
TEST DE AVALIACIÓN : CIENCIAS SOCIAIS – UNIDADE 4: CLIMA E PAISAXE DE GALICIA E ESPAÑA
MODELO A
Nome e apelidos:
Nº
Instrucións: subliña con bolígrafo ou rodea a opción correcta para cada pregunta. Se te
trabucas, escribe antes do número da pregunta a letra da opción que escolles. Cada resposta
correcta ten un valor de 0’5 puntos. As respostas incorrectas non restan.
__________________________________________________________________
1. O clima oceánico é característico...
a) do Norte da Península Ibérica.
b) do Sur da Península Ibérica.
c) non é propio da Península Ibérica.
2. Un cabo é...
a) unha franxa estreita de terra que une dúas zonas terrestres.
b) a parte saínte ou porción de costa que penetra no mar.
c) unha extensión de terra ou pedra miúda á beira dun mar ou dun río.
3. É un elemento abiótico:
a) unha montaña.
b) a fauna.
c) a flora.
4. No clima de montaña, as temperaturas son...
a) baixas no inverno e frescas no verán.
b) altas no inverno e frescas no verán.
c) ningunha opción é correcta.
5. En zonas como Murcia, Alacante ou Almería dáse o clima...
a) semidesértico ou seco.
b) continental.
c) de montaña.
6. O esparto é un tipo de vexetación propia do clima...
a) oceánico.
b) de montaña.
c) semidesértico ou seco.
7. En Galicia predomina o clima...
a) mediterráneo.
b) oceánico.
c) de montaña.
8. Son extensións de terreo moi grandes, sen desniveis ou pouco ondulados, cunha altitude non
superior aos 200 metros.
a) Depresións.
b) Chairas.
c) Mesetas.
9. Extensión de area ou pedra miúda á beira do mar ou dun río:
a) Arquipélago.
b) Illa.
c) Ningunha das opcións é correcta.
10. Cal destes accidentes xeográficos é propio do relevo de interior?
a) Serra.
b) Cordilleira.
c) As dúas opcións son correctas.
11. O clima oceánico mediterráneo é propio...
a) dos vales do río Miño e do Sil.
b) do norte de Galicia.
c) do oeste de Galicia.
12. Os toxos, breixos e uces son propios de zonas galegas con clima...
a) semidesértico ou seco.
b) de montaña.
c) oceánico costeiro.
13. É o clima propio das Illas Canarias.
a) Clima semidesértico ou seco.
b) Clima subtropical.
c) Ningunha das opcións é correcta.
14. As depresións son...
a) áreas húmidas polas que descorren ríos.
b) áreas costeiras de alta montaña.
c) zonas de meseta.
15. É un accidente xeográfico propio do relevo continental:
a) Montaña.
b) Albufeira.
c) Baía.
16. As paisaxes naturais transformadas polo ser humano reciben o nome de...
a) paisaxes humanizadas.
b) paisaxes naturais.
c) ningunha das opcións é correcta.
17. O clima oceánico caracterízase...
a) por ter temperaturas suaves todo o ano e precipitacións abundantes que diminúen no verán.
b) por ter temperaturas elevadas todo o ano e precipitacións escasas.
c) ningunha das opcións é correcta.
18. É o clima propio da Cordilleira Cantábrica:
a) clima semidesértico ou seco.
b) clima polar.
c) clima de montaña.
19. Os piñeiros, os carballos, os castiñeiros, as aciñeiras e as sobreiras son propias...
a) de zonas con clima oceánico.
b) de zonas con clima de montaña.
c) de zonas con clima mediterráneo.
20. O acivro, o piñeiro silvestre, o érbedo, a sobreira, o rebolo ou teixo...
a) son propios do clima oceánico de montaña.
b) son propios do clima semidesértico ou seco.
c) as dúas opcións son correctas.
Descargar