ANIMAIS MARIÑOS VERTEBRADOS DAS AUGAS GALEGAS VERTEBRADOS:PEIXES LAMPREA,MELGACHO,CONGRO LAMPREA _ QUEN SON… é un vertebrado,un dos peixes mais primitivos de Galiza: a lamprea(significado:a lambe rochas),nome científico:Petromyzon marinus.Regresa a Galiza dende afastadas augas nas que vive unha boa temporada a profundidade de ata 500m. Tamén son coñecidas como chuponas ou chuponas de mar,por aquilo de que parasitan a outros peixes dos que se alimentan.Atopanse nos principais ríos da nosa terra. ONDE VIVEN…nace nos ríos,e aos 4 anos diríxense ao mar,onde completan o seu desenvolvemento.Ao alcanzar a madurez sensual ,regresa ao río onde naceu e remóntao para desovar e morrer.Viven no tramo inferior de moitos ríos galegos COMO SON… o seu corpo é cilíndrico,esvaradío e sen escamas.A boca e unha ventosa circular de varias filas de dentes cos que se fixa ás presas e cos que lles estrae o sangue do que se alimenta.Ten 7 buratos ,que tamén así se coñece ao becho polas dúas filas furadas que ten detrás dos ollos e que lles serve para respirar.A femia mais o macho morren nas augas en que pouco despois verán a luz as súas fillas. COMO VIVEN…Galiza é un país comedor de lampreas .Ao mellor había que dicir que é o país comedor delas ,xa que fora da nosa terra so gozan de aprecio semellante no norte de Portugal e algunhas zonas de Francia .E ata aquí hai unha gran diferenza entre o sur,cunha importante cultura arredor da lamprea na zona que vai das terras do Ulla ás do Miño,e o norte ,onde xamais existiu grande interese por este peixe. En tempos colleuse lamprea no río Ouro,as máis das veces de forma furtiva.Supoño que noutros ríos da Mariña tamén se collería,e pode que polos mesmos métodos ilegais,pero nunca gozou alí este peixe do poder de atracción doutras especies fluviais,como a troita,o reo ou o rei salmón. ANIMAIS MARIÑOS VERTEBRADOS DAS AUGAS GALEGAS VERTEBRADOS:PEIXES LAMPREA,MELGACHO,CONGRO MELGACHO _ QUEN SON…e un animal vertebrado das augas galegas, prefire a noite ca o día. ONDE VIVEN…é de hábitos nocturnos e alimentase basicamente de moluscos e crustáceos.É unha das quenllas máis coñecidas das augas galegas. O melgacho prefire a noite ca o día .As semellanzas entre o Melgacho e Patarroxa destas especies son moitas. Durante o día pousase o fondo agardando a que chegue a noite para comezaren a súa actividade depredadora.Se se lles molestan durante o descanse róscanse en forma dun novelo sobre o fondo.Aínda que e moi difícil de distinguilos a simple vista, o melgacho no supera o metro de lonxitude e ten poucas manchas.O melgacho vive en fondo de areas, lodo e cascallo, dende augas superficiais ata os 400 metros de profundidade.Alimentase de noite, de invertebrados bentónicos. COMO SON…e un peixe cartilaxinoso de pequeno tamaño e cor parda, con manchas características que aproveita para camuflarse nos fondos areosos onde vive.A súa pel e aspera e sen escamas, empregábase antigamente como lixa. As femias poñen os ovos envoltos nunha cápsula dura. COMO SE PESCA… É un peixe típico da nosa pesca de baixura. Captúrase fundamentalmente con palangre e liña. Tamén, ocasionalmente, os pequenos entran na nasa fanegueira. Resulta disparatado, sen embargo, a captura do congro pequeno, xa que non ten prezo nin valor gastronómico (pola excesiva espiña). De feito pódese afirmar que no mercado o congro ten "mala imaxe" por mor do congro pequeno. ANIMAIS MARIÑOS VERTEBRADOS DAS AUGAS GALEGAS VERTEBRADOS:PEIXES LAMPREA,MELGACHO,CONGRO Congro _ QUEN SON…o congro, anguiacho ou correlo así nomeas,nome cando son pequenos científico:conger conger. ONDE VIVEN…son depredadores puros e aliméntanse principalmente de cefalópodos e pequenos crustáceos.Durante o día descansan en gretas rochosas e pola noite saen a cazar. A femia pode acadar os 3 metros de lonxitude(50 kg de peso)o macho a metade.Trala fecundación, a femia atrófiase o aparato dixestivo lle deixa de se alimentar, viaxa a mar aberto e desova a uns 1000 metros de profundidade, e morre de fame.As correntes mariñas distribúen aleatoriamente os leptocéfalos.A reprodución prodúcese no verán,podendo chegar a por de 3a8 millóns de ovos. COMO SON…é u peixe angüiliforme cun corpo forte,corpo longo,cilíndrico(similar a do unha serpe) e de cor azulada.De hábitos nocturnos , refuxiase durante o día nas cavidades rochosas onde vive.Ten unha apertura branquia,en forma de rendiña;que chega ata o ventre. Carece de escamas e de aletas vestais mai si dispón de aletas vectoriais A aleta dorsal caudal a anal reúnese formando unha creste cutánea que empeza xusto tras da aquelas pectorais. Congro Clasificación científica Reino: animalia Filo: chordata Clase: actinopterygii Familia: congridae Xénero: conger Nome científico Conger conger ANIMAIS MARIÑOS VERTEBRADOS DAS AUGAS GALEGAS VERTEBRADOS:mamíferos ARROACES,VALEAS,GOLFIÑOS _ Arroaces QUEN SON…Son animais mamíferos mariños viven moi cerca da costa, en augas de menos de 20 metros de profundidade.Medio millar de arroaces viven nas augas galegas. A poboación de arroaces (golfiños mulares)que habitan na costa galega poden situarse no torno a os 500 exemplares e unha das máis importantes de Europa. ONDE VIVE… O arroaz é a especie máis común e máis coñecida, porque adoita achegarse á costa e entrar no interior das rías, porque o seu comportamento social lle achega ás proximidades dos barcos e mesmo dos nadadores e porque é a que mellor se adapta ás condicións de catividade dos delfiniarios, o que o converteu no protagonista habitual destes espectáculos. Está presente en mares quentes e temperados de todo o mundo, en tódolos océanos excepto no Ártico e no Antártico. COMO SON… Tamaño dun arroaz en comparación co home.O tamaño nos adultos, moi variable segundo as poboacións que se estuden, oscila entre os 2 metros e un máximo de 4 metros, e o peso oscila entre os 275 e os 650 kg,. O corpo é robusto. A cor da pel é gris escura a negra, uniforme, con degradacións a gris abrancazado na cara inferior da cabeza e no ventre. As aletas dorsal, caudal e pectorais adoitan ser máis escuras có resto da pel. A aleta dorsal é central, de ancha base e borde traseiro escotado, dándolle unha forma falciforme. A aleta caudal mostra unha escotadura central ben definida. COMO VIVEN… A madurez sexual alcánzase ós 11 anos nos machos e 12 anos nas femias, cunha xestación de ó redor de 12 meses seguida dunha lactancia de 12-18 meses. A cría mide ó redor de 80-100 cm no momento do nacemento. Os arroaces aliméntanse de diferentes especies de peixe e cefalópodos (luras), incluíndo tamén na dieta algún crustáceo. Tamén é posible que coman do peixe capturado nunha rede, chegando a compe-las mallas, o que explicaría a tradicional aversión que lles teñen moitos pescadores. Pode mergullarse buscando comida ata os 100 metros de profundidade. ANIMAIS MARIÑOS VERTEBRADOS DAS AUGAS GALEGAS VERTEBRADOS:mamíferos ARROACES,VALEAS,GOLFIÑOS GOLFIÑO QUEN SON…Cetáceo de fociño alongado que con frecuencia aparece formando grupos numerosos.Vive en alta mar e en augas costeiras.Alimentase principalmente de peixes e moluscos,razón pola cal non é apreciado polos mariñeiros. ONDE VIVE… Clasificación científica, Reino: Animalia, Filo: Chordata, Clase: Mammalia ,Orde: Cetácea ,Familia: Delphinidae . O hábitat natural de trinta e tres especies de golfiño é na auga salgada, na costa ou no mar aberto. Porén, cinco especies viven en ríos e lagoas. Algúns golfiños de auga doce viven no encontro da auga doce coa salgada. A especie máis común de encontrar é a Delphinus delphis. A alimentación de golfiños na maioría dos casos é peixe e lura, mais algunhas especies aliméntanse de baleas, pingüíns ou focas. Os golfiños non conseguen mastigar a comida, eles pégana cos dentes e engólena enteira. Para cazar, os golfiños ás veces nadan en grupos un do lado do outro comendo todo o peixe que aparece na recta deles. COMO SON… A lingua dos delfíns pode adoptar unha forma "acanalada", o que lles permite ás crías mamar impedindo que se mesture o leite materno coa auga salgada. Sábese que os golfiños, xunto coas baleas e as marsopas, descenden de mamíferos terrestres, máis precisamente dos Artiodáctilos. Os esqueletos dos golfiños modernos teñen dous pequenos ósos na pelvis, remanente do que algunha vez foron extremidades posteriores. Proceso evolutivo do golfiño), en negro móstrase a silueta do cranio e na parte inferior a escala en metros . COMO VIVEN…Os golfiños son mamíferos que, diferentes do común, viven na auga. Eles teñen un período de xestación de 9 a 12 meses. Os fillotes nacen na auga, o que non é moi común entre mamíferos. Normalmente nace soamente un fillote, a non ser que sexan xémeos. Neste caso un xeralmente morre. Os fillotes de orcas nacen máis ou menos con 2,2 m e 136 kg. Na media da maioría das especies os golfiños pódense reproducir con 7 anos. Os predadores do golfiño son os tiburóns, as baleas e o ser humano. Eles soltan un son que cando encontra algo volta o son e permite que o golfiño saiba a distancia do individuo, barco, pedra. Os golfiños teñen orellas internas, que permiten que eles ouzam moi ben.