Subido por Juan Carlos Paz

Tema 2 CCNN Resumo

Anuncio
As plantas.
1. Características.
As plantas foron dos primeiros seres vivos que habitaron o medio terrestre.
Actualmente, coñecemos máis dun millón de especies e aínda quedan moitos tipos por
descubrir.
Son alimento para moitos seres vivos, axudan a reducir a contaminación e son a materia
prima de moitos obxectos empregados no noso día a día.
1.1. Partes.

Raíz.
É a parte que está baixo terra. As súas funcións son:
-
Ancorar a planta ao solo.
Obter auga e sales minerais (zume bruto).
 Talo.
É a parte que permite que a planta se sosteña de pé. A súa función principal é o
transporte:
-
Do zume bruto (auga e sales minerais) das raíces ás follas.
Do zume elaborado (alimento)

Follas.
Son os órganos encargados de facer a fotosíntese, que é o proceso polo que captan
dióxido de carbono do aire e o xuntan co zume bruto (auga e sales minerais) e coa enerxía
da luz do Sol. Deste xeito, transfórmano no alimento para a planta (zume elaborado) e
liberan osíxeno ao aire.
-

A parte superior da folla chámase face e a inferior envés. É nesta última onde se
atopan os estomas, uns poros que permiten que se produza o intercambio de gases
entre a planta e o aire.
Vasos condutores
Son os tubos que percorren o interior da planta polas follas, talo e raíces. Hai dous tipos de
condutos:
-
Vasos leñosos: que conectan as raíces coas follas transportando o zume bruto.
Vasos liberianos: que unen as follas coas outras partes da planta transportando o
zume elaborado.
1.2. Tipos.
Plantas con flores.
As papoulas, as margaridas ou o xasmín son plantas con flor, pero os castiñeiros ou os piñeiros,
que son árbores, tamén teñen flores. Todos eles reprodúcense mediante as sementes.
Segundo onde se atope a semente, clasificamos as plantas en dous tipos:
-
Anxiospermas: son as plantas que teñen froito e as sementes están dentro del.
Exemplos: magnolia, roseira, aciñeira, olmo, carballo, xirasol, nogueira…
Ximnospermas: estas plantas non teñen froito polo que as sementes non están
recubertas. Exemplos: piñeiro, ciprés, teixo, alerce, cedro…
Plantas sen flores
Estas plantas reprodúcense mediante esporas, xa que non teñen sementes. Neste grupo
atopamos dous grandes tipos:
-
Musgo ou carriza: non ten vasos condutores e polo tanto non posúe verdadeiras raíces
nin follas. Isto fai que precisen vivir en ambientes moi húmidos. Un exemplo de musgo
é a coñecida co nome de la do pobre.
- Fento: ten vasos condutores e por iso posúe raíces e follas. O fento aguia ou a cola de
cabalo son exemplos de fentos.
2. Nutrición.
2.1. Alimentación.
Unha das características que fai que as plantas sexan únicas é que son capaces de fabricar o
seu propio alimento. A diferenza de nós, non necesitan alimentarse doutros seres vivos. A
alimentación das plantas ten catro fases.
-
1ª. Absorción de auga e sales minerais mediante as raíces. A combinación destes
compoñentes chámase zume bruto. Este líquido sobe cara ás follas por medio dos
vasos leñosos.
- 2ª. Absorción de dióxido de carbono do aire a través dos estomas que se atopan nas
follas.
- 3ª. Realización da fotosíntese. A fotosíntese ten lugar nas follas grazas á clorofila.
Mediante a clorofila, as plantas captan a luz solar que lles permite combinar o dióxido
de carbono co zume bruto (a mestura da auga e dos sales minerais) para formar o
zume elaborado, o alimento da planta. Durante este proceso despréndese osíxeno.
- 4ª. O zume elaborado, producido nas follas, viaxa por toda a planta a través dos vasos
liberianos.
2.2. Obtención de enerxía (respiración).
Como todos os seres vivos, as plantas tamén necesitan enerxía para poder vivir. Obtéñena por
medio da respiración. Pero, que ocorre durante a respiración? As plantas toman osíxeno do
aire e mestúrano cos nutrientes para producir a enerxía.
Durante este proceso despréndese dióxido de carbono.
3. Reprodución.
As plantas reprodúcense de dúas formas: sexual e asexualmente.
3.1. Sexual.
Na maioría das plantas, a reprodución sexual ten lugar nas flores.
Plantas con flor.

As flores son os órganos reprodutores que teñen os gametos masculinos e femininos.
- Os gametos femininos ou óvulos son producidos no pistilo. O pistilo está formado
polos óvulos, o ovario, o estilo e o estigma. Este último é a parte superior do pistilo e o
que recibe o pole.
- Os gametos masculinos ou pole son producidos nos estames.
Estas flores son coñecidas co nome de flores hermafroditas. Ademais, as flores están formadas
polo cáliz (sépalos) e a corola (pétalos)

-
-
Proceso de reprodución sexual:
1º. Polinización. Procura a unión ente o pole e o óvulo sobre todo a través de insectos
e o vento.
2º. Fecundación. Prodúcese cando o pole transportado ata o pistilo doutra flor alcanza
o ovario e alí únese co óvulo formando a semente.
3º. Crecemento da semente e do froito. Ao mesmo tempo que nace a semente, o
pistilo aumenta de tamaño ata converterse no froito e as sementes quedan gardadas
no seu interior.
4º. Xerminación. Prodúcese cando a semente sae do froito que a rodea e medra ata
converterse nunca planta nova. Isto terá lugar sempre que as condicións da terra e o
clima sexan as adecuadas.
Plantas sen flor.
As carrizas e os fentos son plantas sen flor e non forman sementes, reprodúcense por esporas.
As esporas son células reprodutoras que poden xerminar e dar unha nova planta se as
condicións de temperatura e humidade son as axeitadas.
Nas carrizas fórmase un filamento que remata nunha cápsula onde se producen as esporas.
Nos fentos as esporas fórmanse no envés, a cara inferior das follas, nunhas estruturas
chamadas soros.
3.2. Asexual.
A reprodución asexual dáse en plantas cando unha parte delas se divide. Este fragmento
desenvólvese ata converterse nunha planta que é idéntica ao seu proxenitor, é dicir, non
inclúe unha modificación xenética. Este tipo de reprodución pode darse en plantas que tamén
teñen capacidade para reproducirse sexualmente.
Realizase basicamente a través de:
Bulbos (1). Son órganos subterráneos formados por escamas e que contén os nutrientes.
Cando se enterran, fan medrar unha nova especie desa planta. Exemplos: allo, cebola, narciso,
tulipán, xacinto...
Tubérculos(2). Son órganos subterráneos que gardan nutrientes e dos que medran certas
plantas. Exemplos: pataca, cenoria, remolacha...
Rizomas(3). Son talos que medran baixo terra de forma horizontal e dos que xorden novas
plantas. Exemplos: xenxibre, lirio, cana de río...
Gallos(4). Son fragmentos das plantas que se separan e se plantan na terra para facer medrar
outra planta. Exemplos: xeranio, hortensias, oliveira...
Barbados(5). Os barbados son talos que tamén medran horizontalmente e que dan lugar a
raíces das que medran outras plantas. Exemplos: amorodos, trevos...
4. Relación.
As plantas, igual que os animais, tamén se relacionan coa contorna. Son capaces de detectar
cambios, ou estímulos, na contorna e elaborar respostas axeitadas a eles.
Movementos das plantas
As plantas poden responder aos cambios da contorna con movementos chamados e tropismos
e nastias.
-
-
Os tropismos son movementos da planta producidos por un axente externo (presenza
da auga, luz, gravidade...) e que teñen como consecuencia o crecemento de dita
planta. A transformación é lenta e permanente. Un exemplo de tropismo é a
capacidade das árbores para crecer verticalmente nunha zona onde o terreo está
inclinado. Isto ocorre grazas á gravidade.
As nastias son movementos rápidos e reversibles que non teñen como consecuencia o
crecemento da planta. O tulipán realiza nastias cando regula a apertura das súas follas
en relación á temperatura do ambiente.
O clima e as plantas
Ademais dos movementos que describimos antes, as plantas teñen outro tipo de reaccións
relacionadas cos cambios ambientais (horas de luz solar, humidade, temperaturas...).
Descargar