VIAQUA BUSCA TALENTO ⇀ Fórmate coa FP Dual de Redes e Estacións de Tratamento de Augas e fai prácticas remuneradas na empresa. ! FP DUAL REDES E ESTACIÓNS DE TRATAMENTO DE AUGAS QUE É VIAQUA? Somos a empresa galega líder no sector do medio ambiente, con presenza en máis de 40 municipios de Galicia e máis de 50 anos de experiencia na xestión do ciclo integral da auga. Un equipo de máis de 500 profesionais con vocación de servizo que traballan para satisfacer as necesidades de máis de 765.000 galegos e galegas. Apostamos pola transformación dixital e a aplicación de solucións tecnolóxicas innovadoras orientadas cara unha economía circular que permita realizar unha xestión sostible da auga en grandes e pequenos núcleos de poboación. QUE POSTOS PODERÁS DESENVOLVER? ⇀ Montadora-montador de redes de abastecemento e distribución de auga ⇀ Montadora-montador de redes de instalacións de saneamento ⇀ Montadora-montador de redes de auga ⇀ Operadora-operador de planta de tratamento de auga de abastecemento e de augas residuais ⇀ Operadora-operador en instalación de incineración ⇀ Montadora-montador de instalacións de auga en edificios EN QUE CONSISTE A FP DUAL DA AUGA? A Formación Profesional Dual é unha modalidade de FP onde o estudante combina a formación no centro educativo coa actividade na empresa, aprendendo contidos e temáticas en conexión directa coa realidade da profesión. Esta modalidade de formación dual ten como obxectivo crear emprego de calidade, onde un empregado con formación solvente ten a capacidade de proporcionar un maior valor no seu desempeño a curto prazo, pero tamén a medio prazo pola capacidade de aprender continuamente. O alumnado percibe unha remuneración proporcional ao tempo de realización das prácticas na empresa. Este modelo educativo ten unha ratio de inserción laboral superior ao 90%. Dende o primeiro día de prácticas, o alumnado será un máis do equipo, realizando tarefas baixo a supervisión dun responsable asignado pola empresa. As prácticas realizaranse en distintos centros de Viaqua situados nas catro provincias galegas. O alumnado terá a opción de escoller aqueles centros de traballo do seu interese. Ao longo das prácticas, o alumnado pasará por diferentes traballos relacionados co ciclo urbano da auga: ESTACIÓN POTABILIZADORA ⇀ Control do proceso de potabilización ⇀ Control e rexistro de consumos ⇀ Control dosificacións reactivos ⇀ Toma de mostras ⇀ Medición de parámetros ⇀ Mantemento preventivo e correctivo ESTACIÓN DEPURADORA ⇀ Control do proceso de depuración ⇀ Control e rexistro de consumos de control ⇀ Control dosificacións reactivos e xestión de residuos ⇀ Toma de mostras ⇀ Medición de parámetros ⇀ Mantemento preventivo e correctivo REDE DE ABASTECEMENTO ⇀ Montaxe e mantemento de redes de abastecemento e saneamento ⇀ Reparación de avarías ⇀ Control de purgas ⇀ Busca de fugas ⇀ Control de verteduras ⇀ Mantemento preventivo redes ATENCIÓN AO CLIENTE ⇀ Control parque de contadores ⇀ Altas/baixas (instalación e retirada) ⇀ Inspección fraudes ⇀ Revisión instalacións idoneidade ⇀ Toma de lecturas de grandes consumidores ⇀ Relación con clientes VANTAXES DE TRABALLAR EN VIAQUA ⇀ Empresa galega líder no sector do medio ambiente e do grupo internacional Veolia ⇀ Ocupación de calidade que favoreza a igualdade de oportunidades, a accesibilidade e a inclusión. ⇀ Formación continua e plans de carreira personalizados. ⇀ Ambiente de traballo colaborativo e respectuoso. ⇀ Conciliación laboral e familiar. Buscamos profesionais con ganas de medrar xuntos. Ofrecemos oportunidades de emprego en diferentes áreas e perfís, dende a xestión das infraestruturas da auga, pasando polo persoal de rede ata o persoal administrativo ou de atención ao cliente. Ademais, valoramos a diversidade e o compromiso social nos nosos empregados e empregadas. ⇀ Uníndote ao noso equipo formarás parte dunha empresa galega comprometida co medio ambiente e coa sociedade, traballando para un futuro sostible e responsable. MÓDULO DO CICLO ⇀ ⇀ ⇀ ⇀ ⇀ ⇀ ⇀ ⇀ ⇀ ⇀ ⇀ ⇀ ⇀ Implantación en redes de auga Técnicas de mecanización e unión Montaxe e posta en servizo de redes de auga Construción en redes e estacións de tratamento de auga Hidráulica e redes de auga Mantemento de redes Formación e orientación laboral Montaxe e mantemento de instalacións de auga Estacións de tratamento de augas Instalacións eléctricas en redes de auga Calidade da auga Mantemento de equipos e instalacións Empresa e iniciativa emprendedora entra aquí! Infórmate sobre a FP Dual de Redes e Estacións de Tratamento de Augas www.viaqua.gal/gl/fp-dual Teléfono Correo 981 025 040 comunicacion@viaqua.gal