A Esmorga Capitulo I:

Anuncio
A Esmorga
Capitulo I:
No primeiro capítulo Cibrán aparece declarando nun xuízo, narrando o acontecido nunha
noite co Milhomes e o Bocas, dous amigos seus.
No xuízo só fala el contestando ás preguntas do xuíz que actúa como interlocutor “mudo”
na declaración de Cibrán; aparece definido por un guión e tamén polas alusións que
Cibrán fai ó mesmo durante as súas declaracións. Cibrán nomea varias veces o
“pensamento”, que é como o remordimento e o arrepentimento que sinte por aquela noite
de troula, bébedo.
Cibrán, descríbese como un home humilde, de clase baixa, que se acaba de reconciliar
coa súa muller, e que quere refacer a súa vida e convertirse nun home responsable e
respetable. Conta que cando vai cara o seu traballo, nun dia moi chuvioso atopa o Bocas
e o Milhomes, dous amigos seus bébedos. Milhomes, tamén chamado “maricallas” ou
“setesaias”, traballaba como xastre; tiña unha maneira de ser moi burlona, e as veces era
moi bruto; esto ten como consecuencias pelexas. O Bocas, o líder do trío dos
esmorgantes, é un home corpulento, forte, e por iso, vencedor nas pelexas. É de salientar
tamén a brutalidade que o vai caracterizando ó longo de toda a obra.
Cando Cibrán os ve, estos convenceno para que vaia con elesde esmorga. E pasan o día
enteiro polos baixos fondos da cidade de Auria, en Ourense, de borracheira, vagando por
varios lugares e bebendo sen cesar:
Capítulo II
Despois de seguir vagando por Auria, de bar en bar, o Milhomes ten a idea de ir a un pazo
onde traballa un parente seu, que lles invita a quedarse na bodega , onde seguen a beber.
Por descoido préndenlle lume ó pazo e escapan de alí.
Capítulo III
Nunha das dúas aventuras, ó saír dunha taberna, deciden ir o pazo dos Andrada onde
queren ver a unha fermosísima muller, xa que todos os do pobo din que alí vive, pero que
pouca xente a ollou así que entran por un burato do xardín para podela ver, e consiguen
vela, está na galería e un deles, O Bocas, queda namorado dela.
CapituloIV
Despois, como ainda teñen algúns cartos, deciden ir a casas de alterne, pero da primeira
vótanos fóra, e acusan o Bocas de asasino, decindo que a noite pasada deixou morto a
un home; e na segunda tamén os votan; así que deciden voltar ós bares de bébeda.
Empezan a pensar en fuxir de Auria á mañá seguente nun tren, e entón aproveitan as
últimas horas nun bar, pero un home advírtelles que a garda civil sospeita que van
escapar e pensa esperalos na estación.
Capítulo V
Como O Bocas ten a teima de estar coa muller que viran pola mañá. Deciden voltar á
casa dos Andrada; e así entran dentro da casa, onde o Bocas e o Milhomes rouban unhas
alfaias. Pero enfádanse o atopar a muller, que resultou ser unha boneca, e o Bocas
enfurécese e afirma que quere estar cunha muller que non sexa unha prostituta.
Para satisfacer a súa teima van ó vertedeiro de Auria, onde vive unha muller, Socorrito,
que din que está tola, e que quere ter moitos fillos, pero só con homes que ulan ben, o
Bocas obrígaa a estar con el. Cando o Milhomes e Cibrán escoitan os berros da muller
van onda eles. O Milhomes intenta axuda-la muller, e colle unha navalla, e aínda que
Cibrán intenta detelo, iste mata ó Bocas dunha coitelada, e logo fere, a Cibrán. O intentar
fuxir cae nunha lagoa xeada, e afoga.
Despois a garda civil colle a Cibrán , e cando este remata as declaracións o xuíz ordénalle
voltar ó cuartelillo, pero desesperado, Cibrán colle a navalla que servira como proba e
crávase con ela. Cibrán morreu tras declarar ante o xuíz, aínda que o autor da obra
informanos que non se soubo claramente como morreu, xa que tamén se mencionan os
maltratos os que Cibrán foi sometido pola garda civil.
Comentario persoal:
Creo que neste libre reflíctese moi ben a realidade da época no que está narrado,
especialmente nos mundos marxinais da cidade de Auria, por como as persoaxes están
descritas, o final e algo dubidoso quedando sen descubrir como foi a morte do
protagonista, Cibrán.
O narrador
Cibrán, quen conta a historia en primeira persoa dende o capítulo I ata a fin do capítulo V,
parte que constitúe o relato propiamente dito.
Os feitos preséntanse mediante o recurso da “técnica telefónica”, a través da cal o lector
os vai coñecendo polas declaracións que Cibrán presta ante un xuíz do que non oímo-las
preguntas que formula, pero que podemos deducir polas propias respostas do acusado.
O espacio
O cambio de escenario é continuo na novela, pero trátase sempre dun itinerario urbano
que os protagonistas seguen para escapar da xustiza e procura-lo máximo pracer no que
pode se-lo seu último día de liberdade.
O espacio narrativo de A esmorga é Ourense (Auria) coas súas rúas e prazas, as súas
fontes e igrexas, e sobre todo os seus mesóns, tabernas e prostíbulos dos baixos fondos.
O tempo
A novela presenta dous tempos:
•Os dous días que dura a declaración de Cibrán diante do xuíz (1º día: capítulos I e II; 2º
día: capítulos III, IV eV)
•As 24 horas que dura o percorrido dos tres esmorgantes desde o seu encontro un luns ó
amencer ata que Cibrán é atopado por uns varrendeiros.
Os personaxes
-Cibrán.
A súa presencia é imprescindible posto que el é quen narra a historia. A súa
caracterización faise de maneira indirecta, por exemplo a través dos seus alcumes
(“tiñica”, “puchapodre”, “castizo”). Cibrán é un obreiro de familia moi pobre que trata de
comezar unha nova vida ó carón dunha prostituta á que deixa embarazada (intención que
se verá truncada polos fatídicos feitos posteriores)
-O Milhomes.
Tamén chamado “maricallas” ou “setesaias”. Tiña un oficio de xastre e unha maneira de
ser moi burlona, a cal foi consecuencia de numerosas pelexas, como por exemplo a que
mantivo co Bocas e que finalmente remata co incendio do pazo.
-O Bocas.
Personaxe que completa o trío dos esmorgantes. Home corpulento, de carácter forte, e
por iso, vencedor nas pelexas nas que se ve inmerso e xefe do grupo dos esmorgantes. É
de salientar tamén a brutalidade que o vai caracterizando ó longo de toda a obra.
-O xuíz.
Actúa como interlocutor “mudo” na declaración de Cibrán e aparece definido por un guión
(-) seguido dunha liña en branco e tamén polas alusións que Cibrán fai ó mesmo durante
as súas declaracións. Pertence ó grupo de personaxes que veñen de fóra de Galicia e
descoñecen a realidade da terra, así como a lingua da mesma.
-Personaxes secundarios.
Xunto ós personaxes principais xa sinalados, aparece un grande número de personaxes
secundarios máis ou menos importantes segundo a súa intervención no relato. En
conxunto, estes personaxes completan a representación do ambiente urbano, con todos
os estamentos da sociedade ourensá da época: desde as prostitutas ata a fidalguía do
señor Andrade; desde os empregados do concello ata os tratantes de gando ou o cego
que canta coplas. En fin, toda unha serie de tipos que reflecten o mundo das clases
traballadoras e, sobre todo, o mundo dos marxinados .
Descargar