A ESMORGA EDUARDO BLANCO AMOR El

Anuncio
A ESMORGA
• EDUARDO BLANCO AMOR
Eduardo Blanco Amor naceu en Ourense en 1897, onde comeza a súa labor como xornalista para El
Diario de Ourense.
Sendo aínda moi novo emigrou á Arxentina, lugar no que residirá unha boa parte da súa vida. Na
emigración desenvolveu múltiples actividades culturais: conferenciante, director e colaborador de
revistas, profesor...Dende alí desenvolveu como moitos outros dos nosos autores un importante labor
galeguista sempre ó lado da causa republicana.
Blanco Amor regresou a Galicia con 60 anos de idade, pero a súa terra distaba aínda moito da patria
coa que el soñara. Falece en 1979.
1.1 Blanco Amor poeta
Faceta que desenvolveu fundamentalmente antes do 36.
• Romances Galegos, 1928
• Poema en catro tempos, 1931
• Cancioneiro, 1956
• Blanco Amor dramaturgo
Campo no que mostra un claro afán renovador con respecto ó teatro tradicional galego.
♦ Farsas para títeres, 1962
♦ Teatro prá xente, 1974
♦ Blanco Amor e a narrativa de posguerra
É a de Blanco Amor unha narrativa na que impera o valor do realismo crítico.
◊ A esmorga, 1959
◊ Os biosbaardos, 1962
◊ Xente ao lonxe, 1972
♦ A ESMORGA
Obra de grande importancia por se−la primeira que Blanco Amor publica na nosa
lingua e pola introducción do mundo da marxinación na literatura galega sen ter un
carácter folclórico ou costumista.
Nela preséntasenos a descrición da realidade social, económica e cultural dunha época
de Galicia, a partir duns acontecementos e personaxes concretos.
2.1 Voces narrativas e estructura:
♦ Narrador−autor
Trátase dun narrador que se corresponde co autor, que conta en primeira persoa e que
aparece só ó comezo e ó remate do relato. Este, dinos que a historia lle foi contada por
1
distintas persoas en épocas diferentes e intervén ó remate da obra para deixar no lector
a dúbida acerca da morte de Cibrán.
♦ Narrador−protagonista
O narrador protagonista é Cibrán, quen conta a historia en primeira persoa dende o
capítulo I ata a fin do capítulo V, parte que constitúe o relato propiamente dito.
Os feitos preséntanse mediante o recurso da técnica telefónica, a través da cal o lector os
vai coñecendo polas declaracións que Cibrán presta ante un xuíz do que non oímo−las
preguntas que formula, pero que podemos deducir polas propias respostas do acusado.
2.2 O espacio
O cambio de escenario é continuo na novela, pero trátase sempre dun itinerario urbano
que os protagonistas seguen para escapar da xustiza e procura−lo máximo pracer no
que pode se−lo seu último día de liberdade.
O espacio narrativo de A esmorga é Ourense (Auria) coas súas rúas e prazas, as súas
fontes e igrexas, e sobre todo os seus mesóns, tabernas e prostíbulos dos baixos fondos.
2.3 O tempo
A novela presenta dous tempos:
◊ Os dous días que dura a declaración de Cibrán diante do xuíz (1º día: capítulos I
e II; 2º día: capítulos III, IV eV)
◊ As 24 horas que dura o percorrido dos tres esmorgantes desde o seu encontro un
luns ó amencer ata que Cibrán é atopado por uns varrendeiros.
Existe ademáis un terceiro tempo, distante do relato, que é correspondente ó momento
no que o narrador−autor escribe a crónica.
Cómpre ter en conta tamén as historias que cada personaxe vai encaixando no relato
principal ó longo do mesmo (recordos de Cibrán, historia da dona do pazo contada polo
Bocas, etc.)
2.4 Os personaxes
◊ Cibrán.
A súa presencia é imprescindible posto que el é quen narra a historia. A súa
caracterización faise de maneira indirecta, por exemplo a través dos seus alcumes
(tiñica, puchapodre, castizo). Cibrán é un obreiro de familia moi pobre que trata de
comezar unha nova vida ó carón dunha prostituta á que deixa embarazada (intención
que se verá truncada polos fatídicos feitos posteriores)
− O Milhomes.
Tamén chamado maricallas ou setesaias. Tiña un oficio de xastre e unha maneira de ser
moi burlona, a cal foi consecuencia de numerosas pelexas, como por exemplo a que
mantivo co Bocas e que finalmente remata co incendio do pazo.
− O Bocas.
2
Personaxe que completa o trío dos esmorgantes. Home corpulento, de carácter forte, e
por iso, vencedor nas pelexas nas que se ve inmerso e xefe do grupo dos esmorgantes. É
de salientar tamén a brutalidade que o vai caracterizando ó longo de toda a obra.
◊ O xuíz.
Actúa como interlocutor mudo na declaración de Cibrán e aparece definido por un
guión (−) seguido dunha liña en branco e tamén polas alusións que Cibrán fai ó mesmo
durante as súas declaracións. Pertence ó grupo de personaxes que veñen de fóra de
Galicia e descoñecen a realidade da terra, así como a lingua da mesma.
◊ Personaxes secundarios.
Xunto ós personaxes principais xa sinalados, aparece un grande número de personaxes
secundarios máis ou menos importantes segundo a súa intervención no relato. En
conxunto, estes personaxes completan a representación do ambiente urbano, con todos
os estamentos da sociedade ourensá da época: desde as prostitutas ata a fidalguía do
señor Andrade; desde os empregados do concello ata os tratantes de gando ou o cego
que canta coplas. En fin, toda unha serie de tipos que reflecten o mundo das clases
traballadoras e, sobre todo, o mundo dos marxinados .
2.5 Resume
A esmorga nárranos a tráxica historia de tres compañeiros que se encontran un luns ó
amencer e deciden pasa−lo día enteiro de borracheira polos baixos fondos da cidade de
Auria.
Pero sen querer van deixando tras de sí un rastro de crimes que os obrigará a iniciar
unha viaxe−fuxida para evitar ser capturados pola xustiza. Os feitos iranse volvendo en
contra deles ata acabaren traicionándose os uns ós outros.
Finalmente, Cibrán, o único personaxe que logra remata−lo día con vida, é apresado
pola Garda Civil e verase obrigado a prestar declaración ante o xuíz.
A novela remata coa dúbidosa morte de Cibrán, da cal non se nos desvelarán as causas
exactas (suicidio ou tortura).
1
4
3
Descargar