Subido por Cristina Bedia

tema 1 promoción evs completo

Anuncio
OS ESTILOS DE VIDA
SAUDABLES
O estilo de vida é o conxunto de
actitudes e comportamentos que
as persoas adoptan e desenvolven
individual ou colectivamente para
satisfacer as súas necesidades
como seres humanos e lograr o seu
desenvolvemento persoal.
Levar un estilo de vida pouco
saudable (vida sedentaria, dieta
pouco equilibrada, consumo de
tabaco, alcol ou drogas…) pode ser
moi prexudicial para a saúde
mentres que un estilo de vida
saudable pode ser moi
beneficioso.
O estilo de vida saudable non só ten un impacto positivo
sobre a saúde física, tamén é importante para a saúde
mental. O goce axeitado do tempo libre, actividades de
socialización, manter unha alta autoestima, etc. é
importante para o noso benestar.
TEMA 1:
Actividade física como hábito
de vida saudable.
A ACTIVIDADE FÍSICA
A práctica regular de actividade física non só
mellora a nosa saúde física senón que é unha
forma ideal de desfrutar do noso tempo libre,
socializar e manter unha alta autoestima. Deste
xeito melloraremos a nosa condición física e
mental.
Por actividade física entendemos "calquera movemento corporal que redunde
nun gasto enerxético (queimar calorías)".
A actividade física inclúe, ademais das actividades diarias (subir escaleiras,
camiñar cara o instituto...), o exercicio físico e os deportes (aínda que a veces
os usamos como sinónimos):
Exercicio físico : é unha actividade física estruturada, repetitiva e
planificada que se realiza cun obxectivo relacionado coa mellora ou mantemento
da condición física (sair a correr, a andar en bici...).
Deporte: é unha actividade física regulada dirixida a acadar resultados
nunha competición xeral (pertencer a un equipo de fútbol, natación,
atletismo…).
En canto á actividade física o estilo de vida
pode ser activo pero tamén pode ser:
https://www.youtube.com/watch?v=6h6j_Wrh1og
https://encuestas.msssi.gob.es/limesurvey/index.p
hp/786235?lang=es
Con esta enquisa podedes saber de forma sinxela se cumpres as
recomendacións de actividade física para manter un bo estado de saúde
(é totalmente anónimo).
ACTIVIDADES:
1.Qué diferenzas existen entre a actividade física e o
deporte?
2.Que é o sedentarismo ou estilo de vida sedentario?
3.É o mesmo o sedentarismo e a inactividade física?
Xustifica a túa resposta cun exemplo.
4.Cres que a sociedade actual é sedentaria? Xustifica a
túa resposta.
5.Enumera medidas coas que penses que podemos loitar
contra o sedentarismo de forma sinxela.
A CONDICIÓN FÍSICA
A condición física dunha persoa é a capacidade de facer esforzo físico.
Esta capacidade depende de:
-
A forza do corazón e os pulmóns (resistencia cardiorrespiratoria)
A forza dos músculos (forza e resistencia muscular)
A flexibilidade das articulacións.
A coordinación.
Manter unha boa condición física é sinónimo de boa saúde dende pequenos.
Ademais hai outros compoñentes da condición física que están máis relacionados
co rendemento deportivo que coa saúde a potencia e a velocidade, entre outros.
TIPOS DE ACTIVIDADE FÍSICA QUE
PODEMOS REALIZAR
A práctica de actividade física beneficiosa para a nosa saúde inclúe a
realización de diversos tipos de exercicios, sempre en función da
nosa condición física e idade, polo que non só debemos ter en conta
o tipo de exercicio senón a intensidade
Intensidade do exercicio físico
●
●
●
Leve: É unha actividade que nos permite falar ou cantar sen esforzo mentres a
facemos, como camiñar a ritmo lento..
Moderada: É unha actividade que aumenta a sensación de calor e aparece unha lixeira
sudoración. A frecuencia cardíaca acelera e a respiración está máis axitada, pero
podes falar sen sentir falta de aire. Por exemplo: camiñar rapidamente ou andar en
bicicleta.
Vigorosa: É esa actividade onde a sensación de calor e sudoración é máis forte. A
frecuencia cardíaca é máis alta e é máis difícil respirar, o que dificulta a conversación
mentres se practica. Por exemplo, correr ou andar en bicicleta pedaleando
rapidamente.
BENEFICIOS DA ACTIVIDADE FÍSICA
Vídeo resumo:
https://www.youtube.com/watch?v=GM4FsH13Qwo
TRABALLO TEMA 1
Realiza un rexistro semanal da túa actividade física (como no exemplo
da taboa da seguinte diapositiva) e contesta ás seguintes preguntas:
1. Chegas a os 60 minutos de actividade física diaria que se aconsella?
2.- Fíxate no cadro que aparece ao final da presentación. Segundo a túa actividade en que nivel te atoparías
(1,2,3,4 ou 5)? Apuntao no apartado “Conclusión” da taboa xunto cos beneficios para a saúde que aporta o teu nivel
de actividade física.
3.- Reflexiona: poderías cambiar algún destes hábitos para ser máis activo? Cal ou cales?
4.- Que opcións hai na túa localidade para realizar actividade física. Indaga na rede.
5. Elabora da forma máis concreta posible un plan para o incremento da actividade física diaria, reducindo os
tempos de inactividade e os desprazamentos a motor (supoñendo que non estamos confinados).
Descargar