Consolidación de la sociedad feudal en Galicia

Anuncio
3. A consolidación da sociedade feudal
1. Economía e sociedade feudais
1.1. Economía no rural
No capítulo V do Códice Calixtino, cuxo autor é o galo Aimerico Picaud,
e do que non podemos obviar o seu carácter apoloxético, descríbese:

Unha Galiza de paisaxe agraria cunha importante humanización.

Unha economía diversificada.

Unha semellanza con rexións das Galias.
Nos séculos XII e XIII prodúcense, paralelamente, dous importantes
fenómenos:
a) Crecemento demográfico: fragméntanse as vilas (aparecen as vilanovas),
medran os núcleos urbanos e aparecen novos emprazamentos.
b) Expansión da agricultura:

Extensión do espazo cultivado:
 Agrandamento das vilas.
 Fundación de novas aldeas e vilas (vilanovas).
 Aparición de explotacións individuais, os casais, vilares ou locus,
antecesores dos lugares.

Intensificación da actividade agraria xa existente:
 Pódense estercar mellor as terras próximas ás cortes, xurdindo
cortiñas (leguminosas, hortalizas e frutais) e eixidos (sementeiras).
 Redución do barbeito no sur.
 Mellor instrumental agrícola:
- Xeneralízase o arado simétrico, aratrum ou arado romano (feito
que se manterá até mediados do século XX), e aparece o arado
simétrico ou vessadoiro, que non se xeneralizará até comezos do
século XX.
- O ferro será o material máis importante na fabricación de apeiros,
aínda que seguen a existir os de madeira. Son moi importantes os
coñecementos técnicos dos cistercienses neste eido e, a partir do
século XVI, xeneralizaranse as ferrerías.

Diversificación: esténdese o cultivo do viñedo polas ribeiras do Miño, o
Sil, o Avia, o Arnoia... Este cultivo non se xeneraliza até os século XII e
XIII.
1.2. Economía na cidade
A expansión da agricultura e a reactivación do comercio favorece o
crecemento de núcleos urbanos con cadanseu fuero e a aparición doutros novos,
nos que se concentraban:
a) As elites, algúns nobres e bispos, así consolídanse as sés episcopais.
b) Poboación dedicada á artesanía, o comercio e os servizos.
Estes núcleos urbanos vanse estruturando nos seguintes eixes básicos, que
serán a base dos actuais:
a) Compostela, o núcleo galego máis importante do momento, e final da rede
urbanística que supón o Camiño de Santiago materializada en vilas coma
Triacastela, Portomarín, Melide, Arzúa... xurdidas coa finalidade de
proporcionar os servizos mínimos aos peregrinos.
1
Historia de Galiza
2066/2007
USC
3. A consolidación da sociedade feudal
b) Na costa galega, trala fin dos ataques viquingos e normandos e a reactivación
do comercio, xorden numerosas vilas de base comercial e pesqueira (A
Coruña, Betanzos, A Guarda...) con cadanseu fuero.
c) No interior de Galiza, grazas ás políticas dos “reis galegos” (Afonso VII,
Fernando II, Afonso IX) tamén xorden pequenos núcleos aos que se lles
conceden fueros. Tamén na raia co novo Reino de Portugal (Salvaterra, Viana
do Bolo).
d) No século XIII aparecen algunhas pobras e novas vilas na costa (Muros,
Ortigueira...)
Establécese así unha xerarquía de cidades, vilas e pobras que dá lugar a
aparición de novas actividades neste contexto urbano, como a artesanía1 o comercio
ou os servizos. Isto xa se reflicte nas descricións do Códice Calixtino (século XII).
Todo isto, xunto coa mellora das comunicacións, favorece a reactivación
do comercio:
a) Interior: entre o campo e a cidade (os mosteiros comercializan os seus
excedentes).
b) Exterior: exportación de viño e importación de tecidos e sal.
1.3. Sociedade
A expansión da agricultura e o rexurdir dos núcleos urbanos
provocan cambios nas relacións sociais e no reparto da riqueza, un reparto
desigual:
a) No rural a riqueza estaba controlada, especialmente, polos frades de grandes
mosteiros.
b) Na cidade aparece a clase burguesa que quere librarse do control dos
señores.
Os instrumentos e figuras xurídicas que sustentaban este modelo son:
a) Tributos conservados de épocas anteriores:

A facendeira: prestación de días de traballo nas propiedades dos
señores.

Xantar: obriga de dar pousada e comida aos señores por parte dos
campesiños.

Loitosa: tributo a pagar co mellor animal cando morría o cabo de casa.
b) O foro: o instrumento máis importante na regulación das relacións entre
señores e campesiños.Caracterízase por2:
Asegura máis ou menos a

Longa duración, ou perpetua.
estabilidade dos patrimonios

Pago dunha renda, fixa ou proporcional.
señorais e a dependencia dos

Servizos de tipo vasalático.
campesinos respecto dos
señores.
A estrutura da sociedade feudal era a seguinte:
a) Unha maioría de campesiños: son a base da sociedade e dependen dos
señores da terra, malia conseguir certa autonomía por mor da solidariedade
comunitaria de aldeas e parroquias para o aproveitamento dos bens comúns.
1
Os artesáns adoitaban agruparse en gremios, que podían ocupar toda unha rúa ou praza, o que deu
orixe a moitos nomes de prazas e rúas actuais (praterías, acibechería...)
2
As características do foro medieval distan moito das do moderno. A partir do século XVII o foro
cambia, e a dobre condición anterior que supoña que os señores tiñan dereitos sobre a terra e sobre os
campesiños vai mudar.
Historia de Galiza
2
2066/2007
USC
3. A consolidación da sociedade feudal
b) Burgueses urbanos: artesáns, comerciantes, cambistas etc. que ocupan cargos
políticos (homes boos) e se opoñen aos privilexios señoriais (revolta comunal
de Compostela no século XII).
c) Nobreza:

Laica: estaba debilitada xa que non era quen de organizar as casas e
liñaxes (non o conseguirían até finais da Idade Media), ademais a
aparición do Reino de Portugal provoca a súa fragmentación interna.

Eclesiástica: é a que realmente ten o poder en Galiza, feito que se acentúa
coa chegada dos cistercienses:
 Contribúen á bieitización dos mosteiros.
 Perseguían a autonomía económica e política dos seus mosteiros.
 Estaban organizados xerarquicamente.
 Tiñan o apoio dos reis, que non se fiaban da nobreza laica e dalgunha
eclesiástica. A monarquía encoméndalles as misións de:
- Transformar e organizar a produción agraria.
- Control político do territorio.
 Explotan os seus patrimonios do seguinte xeito:
- Directo, nun primeiro momento, tanto nos coutos coma nas
propiedades afastadas. Para isto créase unha rede de granxas
dirixidas polos magister gragiae e nas que traballan “conversos”
(laicos retirados nos mosteiros), frades labradores e traballadores a
soldada.
- Indirecto máis adiante, de xeito que as granxas pasan a ser
priorados dependentes dos mosteiros. A explotación directa perde
forza co espallamento do foro.
2. A era compostelá. Xelmírez
3. A creación do Reino de Portugal
3.1. Antecedentes
Desde o século VIII e durante moito tempo os monarcas asturianos e
leoneses residían en Galiza non enviaban representantes. Nos séculos XI e XII danse
uns conflitos que, segundo Murguía, supoñen a perda da ocasión máis favorábel para
formar unha monarquía galega:

Trala morte de FERNANDO I divídese o seu reino entre os seus dous fillos,
de xeito que DON GARCÍA se volve rei de Galiza (1065-1070).

O irmán de Don García, AFONSO VI, rei de León, quítalle o poder e Galiza
pasa a integrarse no reino leonés gobernada por condes.

No 1090 é enviado RAIMUNDO DE BORGOÑA como conde, casada con
DONA URRACA, filla de Afonso VI e en 1096 e enviado HENRIQUE DE
BORGOÑA como conde de Portugal, casado con DONA TAREIXA, irmá de
Dona Urraca. Así, comeza a división política entre os dous antigos conventos
lucense e bracarense.

Coa morte de Henrique de Borgoña prodúcese unha crise que leva a que a
nobreza se divida en dous bandos:

Os que apoian a Dona Urraca.

Os que apoian a AFONSO RAIMÚNDEZ, fillo de Dona Urraca e
marxinado na coroa leonesa (entre os apoios que recibe, están os do
conde de Traba). Este é consagrado rei por Xelmírez en 1111.
3
Historia de Galiza
2066/2007
USC
3. A consolidación da sociedade feudal


En 1126 Afonso Raimúndez reina en Castela e León, converténdose en
AFONSO VI. Así, foi o último rei de Galiza, pero tamén o que a integrou na
monarquía leonesa, incluíndo á nobreza “rebelde”, coma o caso dos Trabas.
Comeza así un proceso de centralización no que Galiza fica cada vez máis
lonxe do poder central
3.2. A aparición do Reino de Portugal
A formación do Reino de Portugal dáse, entón, nun contexto de
importantes loitas políticas nas que están implicados os monarcas e a nobreza
(Xelmírez). Ten a súa orixe no condado de Portucale xa que un fillo do conde
Henrique, AFONSO ENRÍQUEZ, se proclama rei en 1128 despois da batalla de
San Mamede (Guimarães).
A aparición do reino portugués é un feito complexo, que a tradición
historiográfica deforma con diferentes obxectivos:
a) A tradición historiográfica portuguesa, moi nacionalista, explícao coma
unha reacción anti-galega.
b) A tradición historiográfica galega considérao unha secesión para se librar
da política anexionista de Xelmírez.
O certo é que, dada a presenza de galegos na corte portuguesa, non hai tal
reacción anti-galega, senón que a fundación deste novo reino non fai máis ca
confirmar as diferenzas que, desde época romana, hai entre os conventos bracarense
e lucense.
3.3. Consecuencias
A formación do reino portugués supuxo unha importante ruptura
estrutural, tanto da tradición cultural coma nas comunicacións da Gallaecia co
exterior (realizadas por vía marítima desde a Lusitania). Así, a Galiza lucense:

Ficou pechada en si mesma, integrada na monarquía castelá, pero
comunicada con Europa a través do Camiño de Santiago.

Desenvolveu unha serie de trazos que lle permitiron manter a súa identidade,
entre eles un importante esplendor cultural que podemos apreciar en catedrais
e cancioneiros que se coñece como era compostelá.
4. O esplendor: arquitectura e cultura
O esplendor da chamada era compostelá maniféstase en diferentes eidos,
especialmente nos dous seguintes:
4.1. Arquitectura
Desde o século XI e ata o XIII esténdese por Galiza o estilo románico e,
seguindo a súa liña, atopamos:
a) Catedrais, unha das actividades máis importantes deste período, xa que
supoñen un importante esforzo económico e material que amosa o poder da
Igrexa do momento. Das cinco catedrais construídas, Lugo, Tui, Ourense,
Mondoñedo e Compostela3, é esta última a máis importante.
b) Escultura, que ornamentaba as catedrais, sendo o exemplo máis importante o
Pórtico da Gloria da catedral compostelá.
3
Máis info aquí.
4
Historia de Galiza
2066/2007
USC
3. A consolidación da sociedade feudal
c) Mosteiros: case todos eles do Císter, aparecendo así o austero estilo
cisterciense, que aínda podemos contemplar en mosteiros coma o de Meira
(moitos foron reformados posteriormente).
d) O románico rural: composto por unha morea de pequenas igrexas, con
pouca decoración. Destaca, por exemplo, a de Vilar de Donas por conservar
pinturas murais.
4.2. Cultura4
Nos séculos XII e XIII dáse unha importante lírica en galego-portugués,
vencellada ás cortes castelá (Fernando III, Afonso X) e portuguesa (Don Dinís) que
conxuga a tradición latina, occitana e mozárabe coa lírica popular e, como é lóxico,
coa relixión.
Este grande esplendor non se podería explicar sen un grande centro
cultural coma Santiago de Compostela, que recibe as influencias europeas a través
do Camiño de Santiago.
4
Máis info aquí.
5
Historia de Galiza
2066/2007
USC
Descargar