unha vez un can que non sabía ladrar. Non ladraba, non miañaba, non bramaba, non rinchaba, non sabía dicir nada. Era un cadeliño solitario, a saber cómo caera nunha rexión sen cans. Por el non se dera conta de que lle faltaba algo. Os outros eran os que se llo facían notar. Dicíanlle: Había —Pero ti non ladras? —Non sei... son forasteiro... —Vaia unha contestación. Non sabes que os cans ladran? —Para qué? —Ladran porque son cans. Ladran aos vagabundos de paso, aos gatos despectivos, á lúa chea. Ladran cando están contentos, cando están nerviosos, cando están enfadados. Xeralmente de día, pero tamén de noite —Non digo que non, pero euuuuuuuuuuuu... —Pero ti que? Ti es un fenómeno, oe o que che digo: un día destes sairás no xornal. O can non sabía cómo contestar a estas críticas. Non sabía ladrar e non sabía qué facer para aprender. —Fai coma min — díxolle unha vez un galiño que sentía pena por el. E lanzou dous ou tres sonoros kikirikí. -Parece difícil—dixo o cadeliño. —Que va, é moi doado! Escoita ben e fíxate no meu peteiro. —Vamos, mírame e procura imitarme. O galiño lanzou outro kikirikí. O can tentou facer o mesmo, pero só lle saíu da boca un desamañado «keké» que fixo saír fuxindo aterrorizadas ás galiñas. —Non te preocupes —dixo o galiño—, para ser a primeira vez está moi ben. Veña, vólveo a intentar. O cadeliño volvía a intentalo unha vez, dúas, tres. Intentábao todos os días. Practicaba a escondidas, desde a mañá ata pola noite. Ás veces, para facelo con máis liberdade, íase ao bosque. Unha mañá, precisamente cando estaba no bosque, conseguiu lanzar un kikirikí tan auténtico, tan bonito e tan forte, que a raposa oíuno e pensou: « Ao fin o galo veu cara o meu encontro. Correrei a darlle as grazas pola visita...» 1 E inmediatamente botou a correr, pero non esqueceu levar o coitelo, o forcado e o pano de mesa porque para unha raposa non hai comida máis apetitosa que un bo galo. É lóxico que lle sentara mal ver en vez dun galo ao can que, deitado sobre o seu rabo, lanzaba un detrás doutros aqueles kikirikí. —Ah!!!! —dixo a raposa—, conque esas temos, preparáchesme unha trampa!!!!!. —Unha trampa? 1 —Desde logo. Fasme crer que había un galo perdido no bosque e escóndeste para atraparme. Menos mal que che vin a tempo. Pero isto é unha caza desleal. Normalmente os cans ladran para avisarme de que chegan os cazadores. _Asegúroche que eu... Verás, non pensaba en absoluto en cazar. Vin para facer exercicios. —Exercicios? De qué clase? —Exercitome para aprender a ladrar. Xa case aprendín, mira qué ben o fago!!!!!. E de novo un sonorísimo kikirikí. A raposa cría que ía a rebentar da risa. Rebolábase polo chan, apertábase a barriga, mordía os bigotes e a cola. O noso cadeliño sentiuse tan mortificado que marchou en silencio, co fociño baixo e as bágoas nos ollos. Por alí cerca había un cuco. Viu pasar ao can e deulle pena. —Qué che fixeron? —Nada. —Entón Por que estás tan triste? —Pois... o que pasa... é que non consigo ladrar. Ninguén me ensina. —Se é só por iso, eu ensínoche. Escoita ben cómo fago e trata de facelo coma min: cucú... cucú... cucú... comprendíchelo? —Parece fácil. —Facilísimo. Eu sabía facelo ata cando era pequeno. Proba: cucú... cucú... —Cu... —fixo o can—. Cu... Ensaiou aquel día,ao día seguinte. Ao cabo de unha semana xa lle saía bastante ben. Estaba moi contento e pensaba: _« Por fin, por fin empezo a ladrar de verdade. Xa non poderán volver a tomarme o pelo». Xustamente en aqueles días levantouse a veda. Chegaron ao bosque moitos cazadores, tamén deses que disparan a todo o que oen e ven. Dispararían a un reiseñor, si que o farían, si!. Pasa un cazador deses, escoita saír dun matorral cucú... cucú..., apunta o fusil e —bang! bang!— dispara dous tiros. Por sorte os perdigóns non alcanzaron ao can. Só lle pasaron rozando as orellas, facendo ziip ziip, como nos comics. O can botou a correr. Pero estaba moi sorprendido: - Ese cazador debe estar tolo, dispara ata aos cans que ladran...»_ pensou o cadeliño. Mentres tanto o cazador buscaba ao paxaro. Estaba convencido de que o matara. —Debeu levalo ese cadeliño, a saber de onde saíu —refunfuñaba. E para desafogar a súa rabia disparou contra un ratiño que sacara a cabeza fóra do seu niño, pero non lle deu. O can corría, corría... PRIMEIRO FINAL O can corría. Chegou a un prado, no que pacía tranquilamente unha vaquiña. —A onde corres?—Non sei – dixo o can. —Logo párate. Aquí hai unha herba estupenda. —Non é a herba o que me pode curar... —Estás enfermo? —Xa o creo. Non sei ladrar. —Pero se é a cousa máis fácil do mundo! Escóitame: muuu... muuu... muuuu... Non che sona ben? —Non está mal. Pero non estou seguro de que sexa o adecuado. Ti es unha vaca... —Claro que son unha vaca. —Eu non, eu son un can. —Claro que es un can. E que? Non hai nada que impida que fales o meu idioma. —Que idea! Que idea! —Cal? —A que se me está ocorrendo neste momento. Aprenderei a forma de falar de todos os animais e farei que me contraten nun circo de cabalos. Terei un éxito moi grande, fareime rico e casarei coa filla do rei. Do rei dos cans, enténdese. _Bravo, qué boa idea. Entón ao traballo. Escoita ben: muuu... muuu... muuu... —Muuu... —fixo o can. Era un can que non sabía ladrar, pero tiña un gran don para os idiomas. 1 SEGUNDO FINAL: O can corría e corría. Atopou a un campesiño —Onde vas tan de présa? —Nen sequera eu o sei. —Entón ven á miña casa. Precisamente necesito un can que me garde o galiñeiro. —Por min iría, pero eu avísoo: non sei ladrar. —Mellor. Os cans que ladran fan fuxir aos ladróns. En cambio a ti non che oirán, achegaranse e poderás trabarlles, así terán o castigo que se merecen. —De acordo —dixo o can. E así foi cómo o can que non sabía ladrar atopou un emprego, unha cadea e un prato de comida todos os días. TERCEIRO FINAL: O can corría e corría. De repente detívose. Oíra un son raro. Facía guau guau. Guau guau. —Isto sóame —pensou o can—, sen embargo non consigo acordarme de cal é a clase de animal que o fai. —Guau, guau. —¿Será a xirafa? Non, debe ser o crocodilo. O crocodilo é un animal feroz. Terei que achegarme con coidado. Deslizándose entre os arbustos o cadeliño se dirixiuse cara a dirección da que procedía aquel guau guau que, a saber por qué, facía que lle latira tan forte o corazón baixo a pel. —Guau, guau. —Vaia,, outro can. Sabedes, era o can daquel cazador que disparara pouco antes cando oíu o cucú. —Ola, can!. —Ola, can!. —Saberías explicarme o que estás dicindo? —¿Dicindo? Para que saibas, eu non digo, eu ladro. —Ladras? Sabes ladrar? —Naturalmente. Non pretenderás que barrite coma un elefante ou que ruxa coma un león. —Entón, ensinarasme? —Non sabes ladrar? —Non. —Mira escoita ben. Faise así: guau, guau... —Guau, guau —dixo en seguida o noso cadeliño. E, moi emocionado e feliz, pensaba para si mesmo: « Ao fin atopei ao mestre adecuado .» FINAL DO AUTOR: 1 Decididamente estou co terceiro final. É importante encontrar ao mestre adecuado: máis importante que converterse en estrela de circo ou ter todos os días a sopa preparada no prato. 1 1.- Reforzando as palabras: une cada palabra co seu significado: 1.-Munxía 2.-Rinchaba 3.-Fenómeno 4.-Críticas 5.-Auténticos 6.-Mortificados 7.-Veda 8.-Fusil __Cousa extraordinaria e sorprendente __Xuízos en base a principios __Molestos, avergonzados, humillados. __Voz do cabalo. __Época na que se prohibe a caza ou pesca. __Arma de fogo portátil. __Voz do boi, vaca ou touro. __Verdadeiro, real 2.-Sabes o que é unha onomatopea? Pois dicimos que son onomatopeas aquelas palabras que imitan a voz ou son dun animal. Relaciona as seguintes palabras co animal correspondente: Ladrar elefante ______ Miañar cabalo ______ Bramar león ______ Rinchar can ______ Cacarexar galo / galiña ______ Barritar gato Ruxir búfalo ______ ______ Escribe o son que fai cada animal na liña que tes ao carón. 1 3.- Le esta poesía e completa o que falta ordenando as palabras entre parénteses: O ____(ñoa) pitaño vai no paraño. A _______ (abucax) luxa marchou onda a bruxa. O _____ (atog) cegato fuxiu ao burato. O ______ (oelloc) vello anda no cortello. O ______ (ogla)ralo rubiuse no valo, i a ____ (ailñga) tiña está na cociña. Anda, neniña, déixaos estar, e imos brincar coa cunchas do mar. 1 Cales dos animais do poema aparecen no conto? 4.- Poderías adiviñar quen son? Eu son o amo que manda aquí, teño unha pucha de cor rubí e ao neno guapo esperto así: ¡quiquiriquí! ________ En que parte do conto aparece? Ao principio do conto? No medio? Ou ao final? Ensinoulle algo ao cadeliño do noso conto? Qué? Por que pensas que lle quería ensinar algo? 5.- E quen pensas que son ? Adiviñas? Señora moi aseñorada, de moitos mendos e ningunha puntada, con fillos amarelos de camisa branca, cada vez que ten un alborota a casa. __________ Sabes se tamén é unha personaxe do conto? 6.- Une as sílabas correctamente e forma palabras que aparecen no conto: bun nal der da que pa za te va xor a li bos tram dor for do ga pren de ber ca 7.- Escribe en orde as oracións seguintes: ? sabes Non ladrar ______________ alcanzaron perdigóns can. non ao Os fago Qué o ben! Saberías dicir cal oración é interrogativa, cal exclamativa e cal enunciativa? Busca máis oracións no conto e subliña de laranxa 3 interrogativas e de verde 3 exclamativas. 8.- Algúns animais do conto viven co ser humano, por iso lles chamamos animais domésticos. Subliña cales son animais domésticos desta serie: burro – vaca – touro – crocodilo – raposo – donicela – cabalo – egua – bolboreta – aguia – xabaril – parrulo – ovella – elefante – bubela – moucho. Poderías dicir se hai algún outro animal que apareza no conto que non sexa doméstico? 1 9.- Imos buscar xogar co significado destes adxectivos: Adxectivo Contento Nervioso Enfadado Aterrorizado Forte Bonito Sinónimo Antónimo Escolle un sinónimo para cada un dos adxectivos e escríbeo na columna de sinónimos: Intranquilo, Anoxado, Robusto, Alegre, Fermoso, Asustado, Escolle un antónimo para cada un dos adxectivos e escríbeo na columna de antónimos: Sereno, Apoucado, Aplacado, Horrible, Triste, Tranquilo 10.- Completa as oracións seguindo a orde que aparece no conto: ____ O can atopouse coa raposa. ____ Unha mañá, cando estaba no bosque, lanzou un kikirikí. ____ Por alí cerca había un cuco. Viu pasar ao can e deulle pena. 11.- Que final che gusta máis? Por que? Gustaríache que o conto tivese un final diferente? Podes inventar ti o teu final e contarllo aos teus compañeiros de clase. 1 12.- Le este poema e despois busca no conto o debuxo dos animais dos que falan e coloreaos: O can, o can o demo do can, roeulle as cirolas ó meu cirolán e se llas roeu, deixarllas roer que outras noviñas lle han de facer. Abeira, vaquiña, abeira, con tres follas á ribeira: unha ó cabo, outra ó rabo e outra ó rabo do seu amo. Canta, cuco, canta, cuco, que xa cantou a bubela, cantan os bechiños todos no tempo da primavera 1 13.- Busca os verbos nesta sopa de letras: A K T E R Q F C U E S F W M H Ñ N C V I N E H T O H M L G G A I Y I F A F R T Z T D R D F A J A S M W R R Ñ R A A I T H J R Y S V I F M T Ñ K Z O B V F U DESLIZAR SABER ESQUECER ACHEGAR ESCOITAR DESAFOGAR U M D L I E E Y S X S E A V A S B J F Q E B O U R L G E P Q A C K W R E G E T R X I R H APRENDER TENTAR IMITAR FUXIR 1 . Tengo una moto estropeada y tengo un coche que no anda. Tengo un pez que no sabe nadar y tengo un perro que no sabe LADRAR. Tengo una radio estropeada y tengo un loro que no habla. Tengo un mono que no sabe gritar y una mosca que no me deja en paz. Todos me dicen: ¿Qué te pasa? y yo no sé qué contestar. Todos se piensan que estoy triste desde que tú te fuiste de casa. Y me preguntan: ¿Qué te pasa? y yo no sé qué contestar, (bis) Tengo el blues de la mañana y tres relojes que se atrasan. Tengo un amigo que no sabe soñar y una guitarra que no puedo afinar. Todos me dicen: ¿Qué te pasa? y yo no sé qué contestar, Todos se piensan que estoy triste desde que tú te fuiste de casa. Y me preguntan: ¿Qué te pasa? y yo no sé qué contestar, Tengo una casa sin ventanas y una tristeza enamorada. Tengo un disfraz pero no es carnaval y esta locura que no puedo parar. Todos me dicen: ¿Qué te pasa? y yo no sé qué contestar, Todos se piensan que estoy triste porque tampoco volviste a casa 1